Issuu on Google+

O noso colexio está situado na península do Morrazo, Concello de Cangas, parroquia de Aldán, Lugar da Espiñeira. De aquí vén o seu nome. Estamos moi cerca do mar e cunhas das praias máis fermosas, segundo din moitos dos que, despois de coñecelas, volven visitarnos ano tras ano. A pequena ría de Aldán soe ter a auga máis quente, parece ser que polo seu menor tamaño, que as que ten ao lado, a ría de Pontevedra, da que formaría parte segundo algúns, ou a ría de Vigo.

O noso colexio ten unha planta parecida a isto Aos lados ten dúas alturas e no corredor central só unha. Neste están os despachos, a antiga cociña e o comedor actual. Nas bandas están as aulas distribuídas en dous andares, tres clases en cada un, seis en cada lado, doce aulas en total. Ademais das que ocupamos os cursos, temos unha que lle chamamos “Informática”, con moitos ordenadores aínda que algúns son moi


antigos. Tamén outras para inglés, música, biblioteca e pedagoxía terapéutica (P.T.). Dentro dos terreos do propio centro tamén hai outra construción con pequenas vivendas antigas para o profesorado do noso centro ou da zona, o pavillón, unha charca coa súa mina de auga, un monte que imos intentando aproveitar para plantar árbores froiteiras, patacas, tomates, pementos, feixóns, chícharos, leitugas, remolachas … que logo repartimos entre nós, un parque infantil, patios asfaltados e de terra ... As clases empezan ás nove e media da mañá e rematan ás dúas e media. Hai actividades todas as tardes ata as cinco e media ás que asistimos moitos, tanto algúns que quedamos no comedor coma outros que os traen as súas familias. Ata hai poucos anos non tiñamos autobuses, porque dicían que só eran para aqueles que estaban a máis de dous quilómetros do centro e había moi poucos. Durante moitos anos tampouco funcionou o comedor, pero agora si aínda que non hai cociña. Unha empresa de Vigo trae a comida a moitos colexios desta zona.

Esta é a nosa mascota. Chámase Espiñeiriña e ademais de atopala polo colexio, vén connosco a moitos sitios porque está no noso chándal, na camiseta e na gorra do colexio …


Un anaquiño de HISTORIA O noso colexio da Espiñeira- Aldán, é popularmente coñecido como “O Grupo” entre a xente maior, para diferencialo doutro colexio privado-concertado que hai no núcleo da parroquia ao lado do peirao de Aldán, á beira do mar. Inaugurouse no ano 1970. Naqueles primeiros anos levantábase a bandeira antes de entrar no colexio. Nos recreos dábase leite a cada neno e nena e tamén había un gran comedor onde agora está a aula de música e unha cociña na actual aula de traballos manuais. Tamén tiñamos un equipo de voleibol bastante bo dirixido por Don Juan. Estas son unhas fotos antigas do noso colexio que tiña un dos nosos pais gardadas:

Aquí é onde está agora a nosa biblioteca.


1 un anaquiño de historia