Issuu on Google+

“Ao Laxeiro chegou un barco cargadiño de… Quen me quere axudar ?”

Proxecto cooperativo sobre o mar e a pesca.


Imaxínome que xa estades informados de que este ano no colexio imos traballar de forma “cooperativa” nun proxecto documental sobr e o mar e máis concretamente, sobre a pesca. Como sabedes, cooperar é traballar todos xuntos para log rar un obxectivo. A continuación veredes a programación de actividades moi diversas e que traballaremos de forma cooperativa: todos os niveis, todos os equipos do colexio, as aulas específicas, as distintas especialidades e as familias xuntarán os seus esforzos para acadar o obxectivo.


Cooperación dos ciclos O que vai traballar cada ciclo

INFANTIL 1º CICLO OS ECOSISTEMAS OFICIOS e MATERAIS Medios Mariños: animais e plantas. Especies. Aves Acuáticas das nosas costas. A Praia. Illas Cíes.

Redeiras: redes e nudos mariñeiros. Cesteiros. Aparellos: nasas, cañas. Percebeiros. Mariscadoras. Mantemento de barcos. Asteleiros. Fareiros/faros. Buzos. Pesca submariña. Tesouros submariños.

2º CICLO

PORTO PESQUEIRO Tipos de pesca: de baixura. de altura. deportiva. Pesca artesanal. Marisqueo. Embarcacións. Vedas.

3º CICLO

COMERCIALIZACIÓN DISTRIBUCION VENTA Lonxas. Conserveiras. Asteleiros. Piscifactorías. Sanidade: controis sanitarios. Etiquetado. Transporte. Cociña. Cooperativa de Armadores. A Historia ( Vigo) Prensa: noticias sobre o tema.


Cooperación do alumnado Como vai traballar o alumnado. INVESTIGANDO

CREANDO

Escollemos a actividade/es que máis nos gusten dentro das suxeridas ou doutras posibles dentro do tema.

Montaxe dos traballos nun libro. Álbumes das visitas (fotos, reflexións, información, dípticos/trípticos informativos...) Elaboración de distintos tipos de textos: folletos

Investigamos. Reflectimos por escrito a investigación. A recollemos para publicar en diferentes soportes. Facemos publicidade.

t u r í s t i c o s, c a r t a d u n restaurante, redación de noticias...

Inventamos poemas, contos, cancións... Confeccionamos libros: de poemas, de refráns, cociña, dos peixes, das aves..

Escaneamos os traballos para publicar nos blogues

REALIZANDO Manualidades de todo tipo:

móviles, murais, maquetas...

Facemos un acuario. Murais na entrada de infantil e primaria con materais de reciclaxe. Construcións.


Cooperación dos equipos docentes Que van facer os profesores

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e COMPLEMENTARIAS Entradas principais do colexio: mural ecosistema para infantil, mural da lonxa para primaria. Saidas: mercado de Bouzas, conserveira, bateas, cesteiros... Exposición en colaboración coas familias: traxes, apeos de pesca, oficios, fotos....

TICS Busca de enlaces en Internet relacionados cos temas a investigar. Pasarán información aos grupos. Axudar á montaxe do material elaborado polo alumnado para subilo á páxina Web e/ou aos blogues (ISSU,Slide...). Crear: LIM, WESKEST, POWER-POINT...

NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA Elaboración de unidades didácticas relacionadas cos temas a investigar. Vocabulario específico. Preparación dos faladoiros. Tarxeta para o Nadal. Murais nos corredoiros. Monográfico da revista Encontros. Teatro. Obradoiros. Glosario de vocabulario en galego, castelán e inglés.

BIBLIOTECA Elaboración do Proxecto e presentación ao Claustro de profesores. Programación do Proxecto cos equipos docentes. Merca de libros relacionados co mundo mariño. Programación de charlas: m a r i ñ e i r o, m a r i s c a d o r a , redeira...en colaboración cos equipos docentes. Proxección de películas. Busca en Youtube de contos, vídeos relacionados co tema para subilos aos blogues. Preparación de contos relacionados co mundo mariño a cargo do Club dos ContaContos ( alumnado de 5ºcurso) Teatro. Ambientación da biblioteca relacionada co tema. Recompilación do material para a elaboración da Memoria Final.


Cooperación das especialidades LINGUA INGLESA

MÚSICA

Unidade didáctica

Traballar as cancións: “ABC song in the sea” “Once I caught a fish aline” “Dora The Explorer Ar the Beach” “Einstein Bby neptune”

Facer un mural do mundo submariño, engadindo a vocab ulario en inglés. Relación de deportes acuáticos. Busca de vocabulario relacionado co relieve. Aprender rimas sinxelas relacionadas co tema e adxuntalas ao libro de rimas. Confeccionar un libro cos nomes dos animais mariños, aves e prantas. Relación das profesións r elacionadas co tema. Busca de cancións relacionadas co tema.

TEATRO EDUCACIÓN FÍSICA PT/AL

RELIXIÓN

Montaxe e representación dunha obra relacionada coa cooperación.

Xogos cooperativos.

Elaboración dun libro sobre os valores: Axuda. Traballo en equipo. Solidaridade. Amizade. Xenerosidade.


Inspirámonos en... Películas., libros, cancións, vídeos, páxinas web...para BUSCA e PROPOSTAS Propostas de traballo para os ciclos/niveis. Información: dos equipos...enlaces... páxinas web... Bibliografía. Unidades didácticas. Materiais elaborados polo profesorado. Murais das entradas. Participación dos paisnais aportando material e fotografías para a exposición final.

ACTIVIDADES DO COLEXIO VENCELLAS AO PROXECTO Outubro: “Día das Bibliotecas Escolares” Nadal. A Paz. Entroido. Día do Libro e do IBY. Día da Poesía. Teatro. Faladoiros. Festa de Fin de Curso

FIN DO PROXECTO Exposición dos traballos dos distintos niveis e ciclos. Murais. Libros temáticos por niveis/ciclos. Exposición de: traballos do alumnado, de materiais relacionadas cos oficios e as artes de pesca, traxes..e fotos. Exposición de aparellos de pesca, traxes, fotos... Festa Mariñeira.

BLOGUES Explicación do proxecto a cargo dos personaxes do blog. Publicación de traballos. Publicación de películas, libros...nos blogues.



A pesca