Issuu on Google+

setembro 201 3

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

"O barrio de Recimil, e o de San Pablo, precisan urxentemente que o goberno local poña en marcha actuacións que faciliten a convivencia harmónica entre a veciñanza, e atallen situacións de risco de exclusión social. Por tanto, é máis necesario que nunca unha abordaxe integral dos problemas, coa máis ampla participación de tódolos colectivos que conforman a comunidade de cada barrio, para tomar decisións consensuadas e viables respecto ao seu presente e futuro. De ahí a necesidade dos Plans Comunitarios como instrumento eficaz para artellar todas estas cuestións”.- Natividad González, voceira do Grupo Municipal Socialista.

Plan Comunitario páx. 5 de Recimil e San Pablo


setembro 201 3

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

ÚLTIMA HORA

Propostas para orzamentos xerais Estado PGE201 4

os do

NOVAS E PROPOSTAS Novo plan de viabilidade de FIMO que evite o despedimento do persoal Balance das festas e informe sobre a súa adxudicación Emendas aprobadas da ordenanza de tenza de animais

Plan comunitario Recimil e San Pablo Ruta cultural e turística de As Meninas de Canido Deportes: Javier Gómez Noya

MOCIÓNS

1 2 4 6

Rexeitamento das Políticas de "austeridade" do PP

7

GALERÍA DE IMAXES OPINIÓN

8

Prestación ortoprotésica sen repago


Última hora

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

FIXEMOS EMENDAS AOS PGE2014 PARA A CIDADE DE FERROL POR UN IMPORTE DE 170 MILLÓNS DE EUROS

1


Novas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

RESPONSABILIZAMOS AO ALCALDE PERSOAL DE FIMO

DOS

Novas DESPIDOS

DO

O noso concelleiro Jaime Pena, acompañado dos traballadores e traballadoras de Fimo, rexeitou o plan de viabilidade do goberno local, que supón o despido de 5 dos 9 traballadores do ente feiral da cidade.

Neste senso, denunciamos que na comisión de facenda do 28 de agosto, fai apenas un mes, o goberno trouxo unha modificación de crédito de 1 50.000 € para facer fronte ás nóminas dos traballadores ata fin de ano, polo que este grupo municipal votou a favor da mesma.

A este respecto, os traballadores informaban que este xoves, o representante da cámara chamou ao persoal para que fixeran unha oferta en canto á modificación das condicións laborais para poder chegar a un consenso, comunicándolles que non iba a haber despidos. O persoal reuniuse o venres para acomodar a masa salarial, e axudar no plan de viabilidade de FIMO, sen embargo o luns os convocaron para darlles as cartas de despido.

Sen embargo, agora constatamos que a devandita transferencia tiña como obxectivo o despedimento e indemnización de 5 traballadores dos nove que quedaban. Por elo esiximos o alcalde quede explicacións públicas e pedimos responsabilidades políticas como consecuencia desta grave mentira a cidadanía, á oposición e aos traballadores de FIMO. “Non pode ser que este engano non teña consecuencias, xa que está comprometida a credibilidade do alcalde e do goberno ante a cidade.” O Plan de viabilidade é en realidade un Plan de Liquidación do recinto feiral, que está sendo desmantelado polo goberno local.

UN NOVO PLAN DE VIABILIDADE DE FIMO

Propostas

Un plan que evite o despedimento do persoal e que garanta a supervivencia do recinto no medio e longo prazo, pola vía dunha optimización das súas instalacións, basicamente nos sectores de feiras e congresos. Cunha xerencia profesional, contratada mediante concurso público, e con capacidade para deseñar e organizar as actividades feirais do recinto, e chegar a acordos coa plantilla de persoal, e o resto de acredores do consorcio. QUE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS PARTICIPEN NO ACCIONARIADO

A necesaria inxección de recursos en FIMO,pasa pola implicación de tódalas administracións, xa que se recaera o peso da débeda unicamente no Concello de Ferrol, estaríamos poñendo en risco a capacidade de concello de prestar os servizos públicos aos que está obrigado. Por elo, o goberno local debe esforzarse e xestionar que a Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña se involucren no accionariado, e na inxección de capital. NON AO DESPEDIMENTO DOS TRABALLADORES

2

Pedimos que se deixe sen efecto o plan de viabilidade aprobado no consello de administración do mes de agosto, por adoecer dos mesmos defectos que o aprobado o ano anterior e que tivo como infausto resultado unha redución á metade dos ingresos feirais e o despedimento do 40% do persoal.


Novas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

BALANCE DAS FESTAS 2013: UNHAS FESTAS MARCADAS POR INCIDENCIAS, DESCONTROL E INSEGURIDADE O Grupo Municipal Socialista fixo balance das festas, asegurando que estiveron marcadas polos incidentes e sobrou improvisación na súa organización. Neste senso, sinalaron que de 5 concertos programados, dous sufriron algún contratempo -o Festival Eletrolatino e a atuación de orquéstraa Panorama- o que cualificaron de auténtico desastre. Así, apuntaron que se nos vai a coñecer porque somos incapaces de montar un placo sen incidencias. Desde o grupo municipal socialista tamén criticaron que a atracción estrela, a noira, tivésese que suspender por segundo ano consecutivo. En relación a este incidente, remarcaron que se o goberno non inicia un expediente para reclamar á empresa hai que deducir que a culpa é do goberno e non da empresa encargada da montaxe da atracción.

Tamén censuraron as localizacións elixidas para a celebración dos concertos. Non entenden o motivo polo que non levaron a cabo na Praza de España, polo que achacan a un complexo do Alcalde o que non queira festexar as festas alí, ata que non poña o seu selo na praza.

EN ROLDA DE PRENSA CONXUNTAMENTE CON ESQUERDA UNIDA, FIXEMOS PÚBLICO QUE O INFORME DO SECRETARIO RESPALDA AS NOSAS CRÍTICAS Á ADXUDICACIÓN DAS FESTAS

Representantes do grupo socialista e do de EU, compareceron xuntos en rolda de prensa para explicar a resposta dada polo secretario aos seus requirimentos sobre a adxudicación de todos os festexos até o final do mandato. Segundo explicaron no informe que lles foi entregado o xoves afírmase que non era pertinente utilizar o procedemento de urxencia para a licitación, posto que se trata de acontecementos xa previstos no calendario. Ademais, tamén se indica que no expediente non se achegou a documentación precisa para confirmar que as outras dúas empresas ás que se consultou eran competentes para organizar as festas. Destes datos conclúen que se tratou dun proceso dirixido e organizado para darlle as festas á empresa que o goberno quería, porque se sacou un prego de condicións que só podía cumprir quen o coñecese de antemán e porque as outras dúas compañías ás que a lei obriga a consultar teñen uns CIF que non figuran nos rexistros oficiais como provedoras dun servizo destas características. Insistiron en que non se trata dun procedemento contra ningunha empresa, senón contra o modo de proceder do goberno local.

3


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

GRAZAS AS NOSAS EMENDAS, FERROL CONVERTIRASE NA PRIMEIRA CIDADE DO SEU ENTORNO EN PERMITIR QUE AS PERSOAS POIDAN ACUDIR A UNHA PRAIA COS SEUS ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Así a cabeceira de comarca, convértese en xeradora de ideas respecto ás ordenanzas de animais de compañía, xa que a ordenanza de Ferrol servirá de base para o resto de concellos, a través da Mancomunidade de municipios.

Expresamos a nosa satisfacción pola inclusión no texto de gran parte das nosas propostas, evitando que fose unha ordenanza meramente prohibitiva, e se convertise nunha ordenanza de tenza responsable de animais domésticos.

A nosa voceira, Natividad González, e o concelleiro Gerardo López, manifestaron a satisfacción do Grupo Municipal Socialista pola modificación da ordenanza de animais domésticos.

Entre as novidades incorporadas polo Grupo Socialista, destacan maiores medidas de protección para os animais ou a dotación de máis medios humanos e técnicos para o seguimento e cumprimento da normativa, posibilitando que a ordenanza sexa efectiva.

Coas nosas propostas o Concello asume as súas obrigas como administración pública, para promover a convivencia entre a veciñanza cunha normativa acorde cos tempos actuais, onde un 45% de familias conviven con animais de compañía. Así, o Concello terá que, entre outras obrigas, promover as adopcións, evitar o abandono dos animais, habilitar espazos específicos para animais nos diferentes barrios, e promover accións formativas de tenza responsable. Grazas as nosas peticións, suprimiuse da norma un punto que indicaba cantos animais podían permanecer nunha vivenda, en función dos metros cadrados con que conte esta, xa que ao noso xuízo, entrábase no ámbito privado das familias. Tamén prestarase auxilio e loitarase contra os malos tratos a animais en espectáculos públicos. A inscripción no Rexistro Municipal será gratuíta, e terá coma contrapartida para as persoas que rexistren os seus animais, a posiblidade de asistir a cursos de tenza responsable, e de conducción correcta dos animais.

4

Nova oportunidade das nosas praias As persoas que queiran compartir a súa estancia na praia con algún dos seus animais de compañía, agora poderán facelo tamén durante o verán, nalgún dos areais do Concello de Ferrol. Esta peculariedade será un novo valor engadido dos nosos areais, que actuará como polo de atracción cara a nosa cidade, das persoas que viaxan cos seus animais.


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PROPUXEMOS A POSTA EN MARCHA DUN PLAN COMUNITARIO NO BARRIO DE RECIMIL E SAN PABLO Tamén pedimos unha reunión da Xunta Local de Seguridade para o abordaxe das situacións dos devanditos barrios. Para elo o Grupo Municipal Socialista propón ao Goberno local acollerse a orde de 6 de agosto de 201 3 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións de programas desenvolvimos polas corporacións locais para a inclusión da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 201 3 cofinanciada polo Fondo Social Europeo. - Solicitar a devandita subvención para destinala aos seguintes programas ou liñas de actuación:

DE

- Inclusión social da comunidade xitana. Propoñemos abordar un programa de acompañamento para todas aquelas personas que desexen participar nun dispositivo de inserción social, con accións formativas dirixidas á adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais e hábitos prelaborais

POÑER EN MARCHA UN PLAN COMUNITARIO NO BARRIO DE RECIMIL E SAN PABLO.­ Que sexa

- Inclusión social da poboación inmigrante. Cumprimento do I Plan de Inmigración Concello de Ferrol. Levar a cabo a proposta da asociación Rumiñahui con sede nacidade, de inserción laboral dirixido a inmigrantes para favorecer a incorporación e promoción no mercado laboral de traballadores que presenten un alto grado de vulnerabilidade social.

O Grupo Municipal Socialista propón as seguintes medidas a levar a cabo para abordar a situación de dous barrios con características singulares e unha problemática semellante: REUNIÓN DA SEGURIDADE.­

XUNTA

LOCAL

Para a abordaxe das situacións dos devanditos barrios, ocupacións irregulares, problemas de convivencia, tráfico e consumo de sustancias estupefacientes, etc.

quen de facer un diagnóstico certeiro e de atopar alternativas viables de solución. Pensamos que a abordaxe dos problemas e a necesaria prevención dos mesmos debería ser colectiva mediante un programa comunitario comprensivo que abranga calquera aspecto da comunidade. Canto maior sexa a participación da comunidade, sempre que exista un bo nivel de coordinación, máis fácil será acadar os obxectivos preventivos.

- Inclusión social de persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia (Risga). Facer uso dos datos recollidos no Dispositivo municipal de incorporación sociolaboral. Unha vez detectado o aumento do número de usuarios/as que demandan de atención personalizada cara a unha mellora das súas capacidades persoais e sociais, trátase de abordar un proxecto axeitado as características das persoas participantes, que compense diferenzas e faga efectivo o principio de igualdade de oportunidades.

5


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Cultura e turismo

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS QUE "AS MENINAS DE CANIDO" SEXA UNHA RUTA CULTURAL E PICTÓRICA

Demandamos ademais do apoio económico, a implicación das Concellerías de Cultura, Educación e Turismo no proxecto. Lembramos a solicitude feita a principios de ano dende o Grupo Municipal Socialista, e reiterada en numerosas ocasións, pedindo o respaldo do goberno local á iniciativa cultural de As Meninas de Velázquez, promovida polo artista ferrolá Eduardo Hermida, e que se considere coma ruta cultural pictórica e turística para a nosa cidade.

A nosa voceira Natividad González, e a nosa concelleira María López estiveron nunha nova e magnífica edición das "Meninas de Canido". Gran traballo do ferrolán Eduardo Hermida e dunha multitude de artistas que o acompañaron. Para nós ten que convertirse nunha ruta cultural e pictórica, situando a Ferrol e a Canido nos circuítos europeos.

Xa entonces, instábamos á coordinación das concellerías de cultura, turismo e educación para facer disto unha realidade, e garantir a continuidade e o respaldo institucional desta acción que conta cun carácter multidisciplinar, gozando de interese dende distintas perspectivas, e nos ámbitos educativos, culturais e turísticos.

Lamentamos que a coordinación demandada non se teña dado, e nas comisións de cultura insistimos en reclamar para o ano que ven unha coordinación que non se debe limitar a un apoio económico (que este ano se aportou dende a Concellería de Urbanismo), senón a necesidade de que as INSTAMOS AO GOBERNO LOCAL A devanditas concellerías deben implicarse en CELEBRAR O TERCEIRO CAMPEONATO promover as accións e iniciativas necesarias DO MUNDO DO FERROLÁN JAVIER para darlle ao proxecto o pulo que merece.

Deportes GÓMEZ NOYA

6

Queremos dar mostra pública do apoio ao deportista e felicitalo polo gran triunfo acadado, unha vez máis, no deporte olímpico máis duro que existe. Un triunfo que tamén o é de todas e todos os ferroláns, por elo merece o máximo recoñecemento social e institucional por parte do concello de Ferrol. Solicitamos que, polo menos, o goberno local faga unha recepción oficial no Concello, e se coloque na fachada do palacio municipal unha gran lona, como sempre se fixo. Pé de foto: o concelleiro Manuel Santiago.

Lembramos que esta iniciativa, levada a cabo no barrio de Canido, comezou no ano 2008 e tivo como obxectivo, a reivindicación da conservación deste barrio histórico, ademais do proxecto artístico e participativo que conleva. “É unha iniciativa dinamizadora que conta co apoio de numerosos artistas e respaldo cidadán, e non sería razoable que un proxecto que conta co recoñecemento de altas instancias europeas e esperta o interese internacional non conte cun respaldo institucional estable e continuado do Concello no que se desenvolve. Temos que rachar co dito de que ninguén é profeta na súa terra, e as administracións teñen unha tarefa importante neste senso.”


As nosas mocións

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

REXEITAMOS AS POLÍTICAS DE AXUSTE QUE APLICA O PP Mostramos o noso rexeitamento ás políticas de axuste que aplica o Partido Popular, tanto nos gobernos central e autonómico, como no de Ferrol e que so deprimen a nosa economía e incrementan a desigualdade.

A voceira, Natividade González Laso, e o concelleiro Ramón Veloso compareceron en rolda de prensa. PEDIMOS EXPLICACIÓNS CONTRATO DO FLOTEL DE PEMEX

POLO

Ramón Veloso pediu concreción para este encargo anunciado fai máis dun ano por Feijoo, e lamentou que o que se vendeu como un contrato asinado sexa, en realidade, unha proposta para facerse cun concurso público con outras once empresas. Nese senso, esixiu á Xunta que aclare se ese contrato xa está adxudicado de antemán, e a Feijóo que dea a cara para explicarlle aos traballadores desta comarca a situación real.

A moción do Grupo Socialista propón investir nas persoas e no crecemento económico, nos servizos públicos, implantar medidas de protección social, fortalecer a democracia institucional e desenvolver sistemas fiscais xustos e equitativos. Aludimos ao último informe de Oxfam para incidir en que as políticas de recortes non solucionan a crise, senón que levan ao empobrecemento da maioría das persoas, e ao enriquecimento dunha minoría, xa de por si enriquecida. Polo tanto, concluímos decindo que as políticas de recorte e de reducción do gasto público son ineficaces, e teñen fracasado xa con anteriordidade para resolver calqueira tipo de crise. Pedimos que muden este tipo de políticas e que se apliquen na creación de emprego e na distribución equitativa da riqueza.

CONTRA A NOVA ORDE DE PRESTACIÓN ORTOPROTÉSICA QUE APROBOU A XUNTA Alertamos de que agora o pago destas operacións deberase realizar por adiantado,xerando problemas ás persoas afectadas, que perderán calidade de vida e, mesmo saúde, por motivos económicos. Unha decisión inxusta e antisocial da Xunta. A orde aprobada sobre a prestación ortoprotésica, dirixida a persoas de avanzada idade ou a aquelas que sufriron algún accidente que lles obriga a adquirir unha prótese, coloca aos máis vulnerables en situación de anguria nos momentos máis delicados da súa vida. Por iso pedimos que o Concello de Ferrol rexeitase esta orde, que obrigará a adiantar o pago deste servizo, sen contemplar a posibilidade real de facelo e abandonando ás persoas a súa sorte por cuestións meramente económicas. Pé de foto: María López e Natividad González.

7


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Asisitimos á cea anual solidaria de Afal Ferrolterra. Parabéns á Asociación de Familiares de persoas enfermas de Alzheimer polo seu traballo diario e incansable. #AlzheimerCuestiónDeEstado

A nosa concelleira María López, na edición das Meninas de Canido deste ano, xunto a Suso Basterrechea e o seu mural.

8

Galería de imaxes

Na Semana Cultural da AVV A Graña. Parabéns aos veciños e veciñas polo seu traballo.

Rolda de Prensa da presentación do Festival Galego de Teatro "EstéNaRúa"

O noso concelleiro Vicente Irisarri participando como membro do Xurado do Premio Solidario 201 3. Iniciativa pioneira e de fomento da cultura solidaria Polo dereitos das mulleres a decidir sobre en Ferrol, que foi creada no anterior mandato, con os nosos corpos! .- Coa Plataforma Polo Vicente como alcalde do goberno socialista.

Dereito ao Aborto


Opinión

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

A ÚNICA SAÍDA Por Vicente Irisarri Cando paso pola Malata gústame ver á xente paseando e, sobre todo, facendo exercicio nos diferentes aparellos do seu parque biosaludable. Cando vou por San Pablo e vexo o Centro Socia,l ou o Palco dás Ánimas no Inferniño, ou aos críos xogando en Decepciónanos, con todo, a cegueira Amboage, sinto as mesmas daqueles que se aferran ao pasado como única alternativa, a volta ao de sempre, sensacións. coma se a historia puidese dar marcha Sucédeme en moitos lugares da nosa atrás. cidade... Decepciónannos tamén aqueles que o E que dicir cando disfrutando da bici único que saben é criticar percorro o carril entre San Jorge e demagoxicamente, pero nin teñen un Covas e observo as dunas de proxecto de cidade, nin de saída da Esmelle sen coches, salvadas para crise...a culpa sempre é dos outros. sempre. Os socialistas, pola contra, sabemos ben Ferrol é un bo sitio para vivir, para que a única saída, a de verdade, é a formar unha familia. Penso entón e, diversificación da nosa economía. A alégrame, que nós aportásemos o perseveranza nese obxectivo, explicámolo tantas veces... noso granito de area. Pero esas sensacións positivas Xa sabemos que non é unha solución vense turbadas cando de inmediato fácil nin rápida, pero canto antes nos penso nos milleiros de persoas que poñamos a iso antes chegaremos á non poden sequera pararse a meta. reflexionar, porque a vida, na súa cidade, non lles ofrece hoxe ningunha oportunidade. Por iso debemos seguir traballando, non vale deterse, desde o goberno ou na oposición, como agora, hai que seguir colaborando no progreso de Ferrolterra, é a nosa responsabilidade. Máis aló de calquera rendibilidade electoral hai que pensar nas familias, na xente, goberne quen goberne.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: Ramón Veloso, María López, Jaime Pena, Natividad González, Vicente Irisarri e Manuel Santiago.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Escolma Setembro 2013