Escolma Outubro2013

Page 9

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Limitación de acceso aos plenos

Pleno outubro Posicións Socialistas Ordenanzas fiscais 201 4 Votamos en contra das ordenanzas fiscais propostas pola inclusión a última hora da suba do canon de Sogama.

Instamos ao alcalde a que as invitacións do Grupo Municipal Socialista sexan postas a disposición das persoas, sumándoas ás 1 0 de acceso libre.

Foron incorporadas algunas das nosas propostas ao documento inicial do goberno, que tiñan por obxecto acadar un maior equilibrio e progresividade, coma foi que os baixos baleiros non tivesen que pagar polo tratamento do lixo - dado que non xeran ningún residuo- a inclusión da suba do canon de Sogama a última hora, que non se está a aplicar en tódolos concellos, foi crucial para o voto en contra do noso grupo.

Consideramos que o acceso ao pleno non debe ser xestionado polos grupos municipais, entendendo que ningún veciño ou veciña debe verse obrigado a recurrir a un grupo político para poder xestionar unha invitación para

Parque Científico Tecnolóxico

Así, o Grupo Municipal Socialista negouse en rotundo a xestionar invitacións, que o goberno local decidiu distribuír deixando unicamente 1 0 entradas de acceso libre.

Votamos a favor de que exista cooperación entre o Concello de Ferrol e a Fundación Parque Científico Tecnolóxico.

Pedimos, por tanto, que as 1 4 invitacións que corresponderían ao Grupo Socialista, sexan postas a disposición dos ferroláns, non facendo un uso político das mesmas en todo o mandato. Instamos ao alcalde a que as invitacións sexan postas a disposición das persoas, sumándoas ás 1 0 de acceso libre.

Entendemos que calqueira axuda é pouca, dada a redución do PP en I+D+I, que conleva unha grave pérdida de capital humano. As políticas científicas, universitarias e a empresa deben ir da man, e a financiación da investigación e o desenvolvemento non pode ser considerado un gasto, senón unha inversión social, xa que sen transferencia de coñecementos a nosa sociedade non poderá progresar.

Nomeamento das rúas de O Boial

Propuximos que para o nomeamento de rúas nesta zona da cidade, se utilizase a toponimia do lugar. Así, a Avda Principal entendíamos que debería nomearse Avenida de O Boial. Pola contra, a proposta do goberno foi utilizar diferentes nomes de buques, o que consideramos moito máis indicado para algunhas rúas do Arsenal da cidade, que ademais non cumpre coa Lei de Memoria Histórica.

7


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.