Page 1

outubro 201 3

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

"A grave crise económica está a provocar efectos devastadores no pequeno comercio e na actividade dos emprendedores, que precisa de medidas de apoio, tamén no ámbito local. Por elo presentamos propostas, para alcanzar un máis xusto equilibrio no reparto da carga impositiva entre as grandes superficies comerciais, o pequeno comercio local e as persoas emprendedoras. ”.- Natividad González, voceira do Grupo Municipal Socialista.

Propostas socialistas Ordenanzas fiscais 2014

Páx. 5-6


outubro 201 3

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

ÚLTIMA HORA

1 NOVAS E PROPOSTAS 2 4 5-6 Conferencia Política PSOE 201 3

Parque de bombeiros Xestión económica e de contratación Benestar social e educación As nosas propostas ás ordenanzas fiscais 201 4

PLENO OUTUBRO Posicións socialistas

MOCIÓNS

Rexeitamento das Políticas de "austeridade" do PP

7 8

Prestación ortoprotésica sen repago Repago fármacos hospitalarios

GALERÍA DE IMAXES

9


OPINIÓN

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

REINICIAR O SOCIALISMO DENDE AS RAÍCES, RECONSTRUÍR O PRESENTE E CONSTRUÍR O FUTURO Natividad González

Delegación galega na Conferencia Política. Os días 8,9 e 1 0 de novembro puidemos comprobar con satisfacción que “hai partido” e mesmo que é necesario que así sexa. Porque moita xente esta pendente do que pensa e do que fai o PSOE, porque sabe que somos o único partido de esquerdas, capaz de parar a esta dereita empeñada nunha cruzada contra todo o social, modelando ideoloxicamente a nosa sociedade para facela máis desvalida e menos libre. Unha cuestión insoportable, nunha sociedade evolucionada como a nosa.

PARA

Queremos mercados democráticos e libres para que a xente sexa libre e poida exercer os seus dereitos e a súa liberdade de decidir. Estamos, pois, ante unha cuestión ideolóxica, non ante unha cuestión económica. Por iso é necesario ter o convencemento do valor da política, e do valor da democracia, porque so así se poden cambiar gobernos e se poden modificar as políticas. Asi ou a esquerda goberna os mercados e democratiza a economía global, ou os mercados poden acabar coa democracia e coa política. Ese é hoxe o reto da socialdemocracia, democratizar a globalización para evitar a catástrofe social, pois non podemos aceptar que se lle negue o progreso social ás clases traballadoras, nin que á mocidade so se lle ofrezca paro e miseria, ou que aos nosos maiores e nenos e nenas se lles deixe a súa sorte.

Porque saben que idea de país temos,e a onde vamos, porque xa o fixemos anteriormente, pois calquera avance en convivencia ou en cohesión social producido no noso país leva a sinatura dun goberno socialista.

Por iso, fixemos propostas para reconstruír o presente e construír o futuro, sabendo que estamos nun gran debate e confrontación ideolóxica, que vai a condicionar como saímos desta crise, se consolidando unha desigualdade estrutural, ou afianzando a igualdade de oportunidades e o estado social.

Uns avances que debemos defender e liderar con valentía e responsabilidade, para reconstruír o estado social, agora arruinado, pois ninguén mellor que o propio arquitecto que o construíu, para reconstruílo de novo.

Propuxemos un modelo de desenvolvemento urbano, centrado na cohesión social e na rehabilitación integral, como a proposta do GMS sobre plans comunitarios de barrio.

Por iso hoxe, máis que nunca, o PSOE é algo máis que un número de militantes, non nos pertence en exclusiva, pertence á cidadanía, pois é a ferramenta imprescindible para facer realidade as aspiracións lexítimas de igualdade e progreso social, que comparten a maioría das persoas do estado español.

O acceso da xente nova e persoas desfavorecidas a vivendas de aluguer social, con parques públicos de vivendas que incorporen tamén vivendas privadas e pertencentes a entidades bancarias, como tamén propuxemos en moitas ocasións dende o GMS.

E claro que non somos iguais ao PP, porque non pode ser igual o que constrúe o estado do benestar, que o que o destrúe. Tampouco somos antisistema, nin lle temos medo ao mercado, pois dado que a globalización é irreversible, o problema é a non regulación dos mercados.

Así ata 1 30 medidas concretadas na axenda do novo proxecto socialista para recuperar a confianza da cidadanía. A ese desafío nos debemos, pois como dixo Lenin, ou somos parte da solución, ou somos parte do problema. Aí estamos!!

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Novas

Novas

PEDÍSMOSLLE AO GOBERNO LOCAL QUE CANTO ANTES INICIE A CONSTRUCIÓN DUN NOVO PARQUE PÚBLICO DE BOMBEIROS

Instamos ao goberno local a que, mentres tanto, realicen as melloras necesarias no parque actual, coa elaboración dun plan de mantemento integral que contemple unha programación anual de melloras coa súa correspondente partida económica. Reiteramos así a petición feita ao alcalde no pleno de xullo, para que o goberno iniciase os procedementos para a construción dun novo parque de bombeiros, toda vez que xa dispoñemos dunha parcela destinada para este fin. Esta nova infraestrutura estaría concebida como un novo espazo que deberá cumprir os requisitos para acoller unha infraestrutura axeitada ás necesidades de hoxe en día, que contemple, na súa distribución, a incorporación dos elementos dotacionais e dos recursos humanos necesarios para que o actual parque público municipal de bombeiros, que na actualidade fai un servizo comarcal, se poida transformar nun parque público comarcal. Lembrámoslle ao alcalde que existe unha parcela de propiedade municipal no entorno de San Pedro de Leixa, detrás do Centro Hospitalario Universitario de Ferrol, reservada no anterior mandato para tal fin. Mentres tanto, insistimos en desenvolver un plan de mantemento integral do parque actual, realizando as melloras necesarias e urxentes, tal como se evidencia unha vez máis nestes días, consecuencia da falta de planificación no mantemento da infraestrutura do parque de bombeiros da cidade, que está condicionando a propia tarefa de prestación deste servizo, así como as condicións laborais dos seus traballadores.

2

Pedimos tamén que o goberno local mellore a estrutura organizativa dos efectivos do parque de bombeiros, para evitar a minoración continua de persoal na prestación deste servizo público esencial.

O parque de bombeiros fai augas por tódolos lados.

Reclamamos unha vez máis que o goberno local elabore un plan de mantemento integral desta necesaria infraestrutura, que contemple unha programación anual de melloras coa súa correspondente partida económica, para poder ser levada a efecto. O obxectivo é realizar planificadamente as actuacións que impidan o deterioro das instalacións, e que mesmo permita o seu uso en condicións axeitadas, tanto para unha prestación do servizo en condicións, como para cubrir o equipamento necesario, de garda e seguridade, para o desenvolvemento do traballo do persoal. Apoiamos así as xustas reivindicacións dos traballadores, e lamentamos as penosas condicións de traballo ás que están sendo sometidos.


Novas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

DENUNCIAMOS QUE O CONSELLO DE CONTAS DEVOLVE AO CONCELLO A CONTA XERAL DO EXERCICIO 2012 POR CONTER 128 ERROS Para o ente fiscalizador o documento contén defectos de tal natureza que impiden a súa consideración de conta rendida. Dende principios de mandato denunciamos a errática xestión económica do goberno local. Así, no ano 2011 solicitaban un crédito ICO por importe de 2,5 millóns de € para facer fronte ao pago de facturas, mentres depositaban a prazo fixo en 4 bancos da cidade 8 millóns de € de remanentes de tesourería, e no exercicio 201 2 o goberno local acudiu a un novo crédito de 4,3 millóns de €. Un crédito que so serviu para que o concello contribúa con centos de miles de euros á solución da crise bancaria a través do pago de comisións e intereses innecesarios. Pero no ano en curso tanto a intervención coma a tesourería municipal acreditaron un remanente (sobrante) do presuposto de 201 2 por valor de 5,8 millóns de €, amosando ben claro que era innecesario os créditos solicitados con anterioridade. A última evidencia desta nefasta xestión económica do goberno de Rey Varela a puxo de manifesto o Consello de Contas de Galicia que o 1 3 de setembro do ano en curso devolveu o concello a conta xeral do exercicio 201 2 por conter 1 28 erros, polo que o Consello de Contas de Galicia a considera como “documentación recibida con defectos de tal natureza que impiden a súa consideración como conta rendida”. Por conseguinte, denunciamos a absoluta falta de profesionalidade do goberno de Rey Varela ao fronte da economía municipal, que mesmo pode provocar o bloqueo das transferencias do Estado e do resto de administracións públicas.

Froito das nosas denuncias, a revista Interviu cualifica de contrata máxica en Ferrol a organización das festas da cidade Efectivamente,xa no ano 201 2 a contratación das festas da cidade se concede a unha empresa que nace un día antes do concurso convocado por urxencia, e que xa tiña aos artistas apalabrados. Neste ano, invítase a tres empresas, e dúas delas non estaban capacitadas legalmente para concursar, como acreditou o informe de secretaría a petición do GMS. Como consecuencia, todas as festas ata final de mandato se lle adxudicaron á mesma empresa do ano pasado, única que presentou oferta, e por un importe de 630.000 €. A propia Marta Sánchez anunciou por facebook que cantaría en Ferrol no mes de agosto, cando aínda estaban sen contratar as festas de verán.

3


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Propostas

Benestar Social

Grupo Municipal Socialista de Ferrol INSTAMOS AO GOBERNO

Grupo Municipal Socialista Ferrol MUNDIAL DA CONMEMORAMOS O deDÍA ALIMENTACIÓN URXINDO AO GOBERNO A POÑER EN MARCHA O BANCO DE ALIMENTOS Tamén pedimos que se promovan acordos cos grandes produtores para garantir un aproveitamento eficiente dos alimentos, evitando a súa destrución sistemática. O Día mundial da Alimentación ven de lembrar a finalidade do devandito día, proclamado en 1 979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), que é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra o fame, a desnutrición e a pobreza. Lamentablemente esta loita contra a fame e a pobreza está na portada da axenda política do Grupo Municipal Socialista, xa que na nosa cidade son cada vez máis as familias que teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas e, entre elas, a alimentación. “Instamos, por tanto, a imprimir axilidade neste tema tan prioritario para nós, que tamén debería selo para o goberno local, pedindo ademais, como xa fixemos no 201 2, que se promova un gran acordo para garantir un aproveitamento eficiente dos alimentos evitando a súa destrución sistemática.”

Educación

INSTAMOS AO GOBERNO A RECLAMAR DA XUNTA DE GALICIA O COMEDOR ESCOLAR PARA O COLEXIO DE PONZOS

Reclamamos ao goberno local que esixa á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares Trasladamos na comisión correspondente a preocupación pola situación do colexio de Ponzos, que un ano máis non contará cun servizo básico e necesario, o servizo de comedor escolar, o que “repercute negativamente na matrícula do alumnado, que require deste servizo básico e esencial, que complementa o educativo e peza clave na conciliación familiar e laboral e ten que ser unha prioridade”.

4

“Unha vez máis insistimos na devandita necesidade do comedor no colexio de Ponzos, polo que xa advirtimos, tal e como fixemos o ano anterior, voltaremos a propoñer como emenda aos orzamentos da Xunta do ano 201 4 a súa posta en marcha”.

LOCAL A PROMOCIONAR E PUBLICITAR AS BECAS PARA ESCOLAS INFANTÍS PARA QUE SEXA UNHA MEDIDA DE CONCILIACIÓN REAL

Denunciamos que a infrautilización da Casa da Muller, e a súa falta de programación como sala de exposicións de temática feminina. Interesámosnos polo reducido número das solicitudes de becas para escolas infantís, pedindo que se informe e divulgue oportunamente, tanto nas escolas infantís, como na web do Concello, a información e as bases para as solicitudes, para o coñecemento xeral dos pais e nais que estean interesados e teñan dereito a solicitalas. A este respecto, fixemos varias propostas co obxectivo de mellorar as bases que rexerán as axudas para as escolas infantís, acadando así que finalmente o goberno local garantice que non haberá lista de espera para a concesión, xa que todas as familias que cumpran os requisitos recibirán a beca. Pediron así mesmo que se priorice ás familias que teñen menos recursos na concesión das becas de escolas infantís. Así mesmo, conseguimos que o goberno local eliminase o tope de nenas e nenos beneficiarios, co obxectivo que todas as familias que o necesiten poidan recibir a estas axudas. Destacamos a importancia de ter en conta a renda das familias, pedindo a introdución dun baremo económico progresivo que favoreza ás familias que teñen menos recursos.


Propostas

Ordenanzas fiscais 201 4

FIXEMOS PROPOSTAS PARA A MELLORA DAS ORDENANZAS FISCAIS DO ANO 2014 Apostamos, entre outras melloras, a fomentar o emprego e favorecer ao pequeno comercio, mellora da transparencia, medidas para flexibilizar o pago e apostar por unha fiscalidade verde. As ordenanzas fiscais teñen gran importancia porque fixan a capacidade do Concello para financiar a actividade pública local e, polo tanto, garantir a prestación de servizos públicos aos que está obrigada. Os concelleiros socialista, Jaime Pena e Ramón Veloso, presentaron a nosa proposta de emendas ás ordenanzas fiscais 201 4.

1 .- Mellora da transparencia 1 .1 .- É convinte un Texto Refundido de Ordenanzas Fiscais do Concello de Ferrol, para facilitar a súa consulta.

Por iso, as propostas do Grupo Municipal Socialista van na liña mantida ata o de agora, que se basea nos seguintes principios: - Principio de beneficio, polo que as persoas que se benefician dun servizo publico individualizado, e con escasa dimensión redistributiva, deben financiar tamén o seu custo a través do tributo que corresponda.

1 .2.Ao mesmo tempo, consideramos necesario que en cada unha dos impostos ou taxas se faga referencia á normativa lexislativa marco na que se fundamenta.

- Principio da capacidade de pago, garantido a prestación dos servizos en condicións de equidade, facendo uso das bonifacións cando sexan necesarias, e habilitando mecanismos que faciliten o cumprimento da obriga fiscal e a diminución da morosidade.

2.- Fomento do emprego: Propostas de apoio a autónomos e pequeno comercio

- Non deben comprometer os ingresos municipais, de xeito que impidan prestar os servizos necesarios.

A grave crise económica que estamos a sufrir e que se ceba especialmente na cidade de Ferrol, está a provocar efectos devastadores no pequeno comercio e na actividade dos emprendedores, que precisa de medidas de apoio, tamén no ámbito local. Por elo presentamos unha serie de propostas, co obxecto de alcanzar un máis xusto equilibrio no reparto da carga impositiva entre as grandes superficies comerciais, o pequeno comercio local e as persoas emprendedoras.

- Facer uso da capacidade normativa e reguladora das taxas fiscais para fomentar o emprego, fomentar a fiscalidade verde para incorporar definitivamente as tres RRR (Reducir, Reutilizar, Reciclar), fomentar a mobilidade sostible, e garantir que esa mobilidade mellore as condicións de vida de tódalas persoas, facilitando ademais o seu disfrute para as persoas con diversidade funcional. - Facilitar a comprensión e aplicación das ordenanzas.

5


Ordenanzas fiscais 201 4 Neste senso, propoñemos unha modificación na ordenanza fiscal nº 1 4, reguladora da taxa pola recollida, e taxa polo tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos: 2.1 .- Pequeno comercio e autónomos. 2.2.- Para a taxa de tratamento de lixo: Secuenciar a tarifa comercial (3A) por tramos, en función dos metros cadrados de superficie do local adicado a negocio, quedando como segue: 3.- Centros comercias Na actualidade, a tarifa pola recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos e a taxa pola subministración de auga potable para centros comerciais é do mesmo importe que para un bar. Isto resulta absolutamente desproporcionado, polo que propoñemos homologar as devanditas tarifas dos centros comerciais coa dos hipermercados, quedando do seguinte xeito: 4.- Academias 4.1 .- Ao respecto das ordenanzas nº 1 4, nº 1 5 e nº 1 6, propoñemos a inclusión no ámbito comercial (tarifa 3A), da actividade de academias que na actualidade se encadra no ámbito industrial (2D). 4.2.- A tarifa da ordenanza nº 1 4 para estas academias, axustarase aos novos tramos por superficie adicada a negocio propostos anteriormente para a tarifa comercial, e recollidos nos apartados 2.1 e 2.2. 5.- Locais baleiros 5.1 .- Co obxecto de facer máis equitativa a taxa, propoñemos unha tarifa en función dos metros cadrados do local. 5.2.-Asemade se solicita que estes locais queden exentos do pago polo tratamento e eliminación de residuos, mentres estean sen actividade, dado que o custe para o concello deste servizo está en función das toneladas de residuos xerados na cidade e levados a tratar a planta de Sogama. Dado que estes locais non xeran residuos parece lóxico que estean exentos do pago da taxa.

6

6.- Vivendas baleiras Propoñemos que a taxa de tratamento das vivendas baleiras sexa eliminada.

7.- Facilitar o pago das obrigas tributarias ás familias Proponse ampliar o período de pago do IBI ao 5 de decembro para facilitar as familias a súa liquidación con cargo a paga extra de nadal, se fora o caso. 8.- Fomento da utilización das instalacións deportivas Propoñemos que o pago da utilización das instalacións deportivas se poida facer a través da administración electrónica, e que tamén poidan aboarse nas máquinas habilitadas ao efecto na casa do Concello, e nas instalacións deportivas. 9.- Fiscalidade verde e mobilidade sostible 9.1 .- Propoñemos unha bonificación do 1 0% do IBI a aquelas empresas que poñan a en marcha un plan de transporte para os seus empregados, colaborando así na desconxestión do tráfico de vehículos particulares, e na mellora das condicións medioambientais e acústicas na cidade. 9.2.- Unha bonificación do 50% na taxa de tratamento de residuos sólidos urbanos a todos aqueles veciños e veciñas do rural que poñan en marcha un plan de compostaxe caseiro. 9.3.- Queremos fomentar a utilización do servizo de préstamo de bicicletas, para elo propoñemos impulsar a facilidade de pago a través da administración electrónica. 1 0.- Aposta pola accesibilidade universal. 1 0.1 .- Bonificación do 90% do imposto sobre a construción, instalación e obras, para todas aquelas obras de reforma destinadas a favorecer a accesibilidade. 1 0.2.- Incorporar un recargo dun porcentaxe no IVTM, a aqueles vehículos de transporte público que non estean adaptados para seu uso por persoas con mobilidade reducida. 11 .- Mellora na recadación de ingresos: cobro do IBI ás confesións relixiosas. Co obxecto de camiñar cara a equidade fiscal, e que ninguén quede exento de contribuír a obriga de colaborar no financiamento dos servizos públicos, propoñemos o cobro do IBI a tódolos inmobles rexistrados a nome da Igrexa Católica e doutras confesións relixiosas, que non teñan vinculado o seu uso ao culto relixioso ou actividade pastoral.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Limitación de acceso aos plenos

Pleno outubro Posicións Socialistas Ordenanzas fiscais 201 4 Votamos en contra das ordenanzas fiscais propostas pola inclusión a última hora da suba do canon de Sogama.

Instamos ao alcalde a que as invitacións do Grupo Municipal Socialista sexan postas a disposición das persoas, sumándoas ás 1 0 de acceso libre.

Foron incorporadas algunas das nosas propostas ao documento inicial do goberno, que tiñan por obxecto acadar un maior equilibrio e progresividade, coma foi que os baixos baleiros non tivesen que pagar polo tratamento do lixo - dado que non xeran ningún residuo- a inclusión da suba do canon de Sogama a última hora, que non se está a aplicar en tódolos concellos, foi crucial para o voto en contra do noso grupo.

Consideramos que o acceso ao pleno non debe ser xestionado polos grupos municipais, entendendo que ningún veciño ou veciña debe verse obrigado a recurrir a un grupo político para poder xestionar unha invitación para

Parque Científico Tecnolóxico

Así, o Grupo Municipal Socialista negouse en rotundo a xestionar invitacións, que o goberno local decidiu distribuír deixando unicamente 1 0 entradas de acceso libre.

Votamos a favor de que exista cooperación entre o Concello de Ferrol e a Fundación Parque Científico Tecnolóxico.

Pedimos, por tanto, que as 1 4 invitacións que corresponderían ao Grupo Socialista, sexan postas a disposición dos ferroláns, non facendo un uso político das mesmas en todo o mandato. Instamos ao alcalde a que as invitacións sexan postas a disposición das persoas, sumándoas ás 1 0 de acceso libre.

Entendemos que calqueira axuda é pouca, dada a redución do PP en I+D+I, que conleva unha grave pérdida de capital humano. As políticas científicas, universitarias e a empresa deben ir da man, e a financiación da investigación e o desenvolvemento non pode ser considerado un gasto, senón unha inversión social, xa que sen transferencia de coñecementos a nosa sociedade non poderá progresar.

Nomeamento das rúas de O Boial

Propuximos que para o nomeamento de rúas nesta zona da cidade, se utilizase a toponimia do lugar. Así, a Avda Principal entendíamos que debería nomearse Avenida de O Boial. Pola contra, a proposta do goberno foi utilizar diferentes nomes de buques, o que consideramos moito máis indicado para algunhas rúas do Arsenal da cidade, que ademais non cumpre coa Lei de Memoria Histórica.

7


As nosas mocións PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN FÁRMACOS HOSPITALARIOS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

CONTRA

O

REPAGO

DE

TAMÉN DEBATEMOS NO PLENO DE OUTUBRO A MOCIÓN NA QUE REXEITAMOS AS POLÍTICAS DE AXUSTE QUE APLICA O PP

Presentamos os seguintes ACORDOS DE RESOLUCIÓN: 1 .- Rexeitar o novo repago para os fármacos que se dispensan nos hospitais de manera ambulatoria. 2.- Urxir á Xunta de Galicia que inste ao Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade a derrogar a Resolución de 1 0 de setembro de 201 3, da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluidos na prestación farmacéutica del Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación da aportación da persoa usuaria. 3.- Instar a que a Xunta de Galicia, ao igual que teñen anunciado outros Gobernos Autonómicos, acorde e manifeste publicamente que a citada Resolución no se fará efectiva no territorio da nosa Comunidade Autónoma, e que polo tanto os ciudadáns afectados no terán que realizar ningún tipo de pago polo suministro de fármacos nos hospitais da Comunidade Autónoma.

Mostramos o noso rexeitamento ás políticas de axuste que aplica o Partido Popular, tanto nos gobernos central e autonómico, como no de Ferrol e que so deprimen a nosa economía e incrementan a desigualdade. A iniciativa do Grupo Socialista propón investir nas persoas e no crecemento económico, nos servizos públicos, implantar medidas de protección social, fortalecer a democracia institucional e desenvolver sistemas fiscais xustos e equitativos. Aludimos ao último informe de Oxfam para incidir en que as políticas de recortes non solucionan a crise,

MOCIÓN EN CONTRA DA NOVA ORDE DE PRESTACIÓN ORTOPROTÉSICA QUE A XUNTA APROBOU NO MES DE MAIO

8

Alertamos de que agora o pago destas operacións deberase realizar por adiantado, cando antes abonábanse despois de que a Xunta fixésese cargo del, xerándose maiores problemas de saúde e producirase unha perda de Pés de foto: Natividad calidade de vida para as persoas afectadas. González e María López.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

A nosa voceira representando ao noso grupo na Inauguración da exposición da Candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, promovida por Cofer. Aquí podedes vela, entre outros, con Araceli Torres, vicerrectora do Campus universitario de Ferrol.

A mesa dunha conferencia das I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública, en Ferrol.

Galería de imaxes

Estivemos no debate sobre o Estado da Autonomía, no Parlamento galego.

Nas Xornadas de "Muller, Traballo e sociedade", organizado pola Facultade de Ciencias do traballo, e a Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC.

No acto institucional polo Día da Policía no Pazo da Cultura de Narón. Aquí podedes ver á nosa voceira, A nosa voceira Natividad González, e o noso Natividad González, xunto ao noso concelleiro Jaime concelleiro Gerardo L. Castrillón, co Pte da Pena Alvariño, e á segunda teniente de alcalde e Avv Valle de Esmelle, nas X Xornadas do concelleira de acción social e participación cidadá no 9 Proxecto Esmelle. Concello de Narón, Katy García Blanco.


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol

Escolma Outubro2013  

Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you