Page 1

Grupo Municipal Socialista

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA ESCOLARES E CAMPAMENTOS NAS VACACIÓNS DE VERÁN

COMEDORES

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol, a través da súa portavoz, Natividad González Laso, conforme ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación a presente MOCIÓN PARA COMEDORES ESCOLARES E CAMPAMENTOS NAS VACACIÓNS DE VERÁN, ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo, en base a seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: A infancia e a adolescencia son períodos fundamentais na vida das persoas, etapas de especial crecemento e desenvolvemento que requiren atencións especiais dende tódolos puntos de vista, especialmente respecto da educación e da nutrición que se reciben, dado que estas carencias poden ser determinantes para o futuro. Moitas enfermidades crónicas, na idade adulta, están moi relacionadas coa nutrición, polo que a prevención na infancia e na adolescencia convertese nunha necesidade, por ser o momento axeitado para a instauración de hábitos de vida saudables. Do mesmo xeito, o exercicio físico contribúe aos procesos de desenvolvemento e maduración do potencial de cada quen. Pois, a actividade deportiva entendida como xogo ou actividade lúdica, que implique movemento, mellora as funcións cardiovasculares e procura unha axeitada maduración do sistema músculo-esquelético e das habilidades psicomotoras. Velaí a importancia dunha dieta equilibrada, acompañada de exercicio físico continuado, para conservar a saúde e preservar de enfermidades cardiovasculares e dexenerativas como a arterioesclerose. Por outra parte, un exercicio regular produce, nos menores, beneficios nas habilidades motoras e cognitivas, fomenta as súas relacións persoais, a sociabilidade,e a integración, obtendo benestar físico e psicolóxico. As administracións públicas temos a obriga de velar porque tódolos menores reciban unha educación e unha alimentación axeitada, e mesmo dispoñer os medios que aseguren que ninguén sufra esas carencias. É sen dúbida a mellor inversión de futuro que podemos facer como sociedade, para garantir a igualdade de oportunidades de tódalas persoas. Por todo elo, a atención que se presta a nenos e nenas, en idade escolar, no debe limitarse aos aspectos estritamente docentes, se non abarcar todos aqueles ámbitos que favorecen o seu desenvolvemento, mediante una educación integral que inclúa, entre outros aspectos, a alimentación e a socialización. Estas necesidades e requirimentos que, sendo obriga da administración autonómica, están sendo atendidos, na nosa cidade, coa colaboración entre a Xunta e o Concello, vense interrompidas en períodos non lectivos, especialmente nas vacacións de verán, podendo afectar moi negativamente a nenos e nenas de familias que atravesan por especiais dificultades. 1


Grupo Municipal Socialista

É ben sabido que a situación de crise que está a atravesar a nosa comunidade, está afectando a moitas familias e, en particular, aos menores que forman parte das mesmas. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística e do Instituto Galego de Estatística, a pobreza infantil en Galicia afecta ao 22’2% dos menores ata 16 anos, sendo España o segundo país con máis pobreza infantil de Europa, superado só por Rumanía. O mesmo informe fai referencia tamén ao risco de pobreza ou exclusión na poboación infantil, sinalando que acada unha taxa do 33’8% segundo Eurostat. O Concello de Ferrol, lonxe de ser alleo a esta problemática, é o que ten a máis alta taxa de desemprego, 31,9%, é dicir, 8.075 persoas atópanse nesta situación, e 2.722 persoas esgotaron todas as súas prestacións. Por elo, non parece descabellado pensar, que os nenos e nenas que conviven nesas familias sofren necesidades alimenticias, razón pola que o Grupo Municipal Socialista propuxo ao goberno local, xa vai mais de un mes, levar a cabo un plan de detección de posibles carencias alimenticias dos menores, nos centros escolares da cidade. Esta proposta, tiña por obxecto avaliar, en colaboración cos centros educativos, a necesidade, ou non, de poñer en marcha unha oferta de comedores escolares no verán no noso concello e mesmo acompañar esta oferta con maior número de prazas nos campamentos de verán, que posibiliten dar cobertura a un maior número de nenos e nenas, que precisan de atención no verán, no momento en que rematan as actividades educativas docentes e desaparece a figura do titor ou titora. Ao mesmo tempo, pretendíamos que o Concello puidese deseñar e programar con suficiente antelación qué centro ou centros poderían ser os que prestasen este servizo, a modo de proxecto piloto, para que ao menos nas zonas nas que se detecten necesidades se manteñan abertos os comedores escolares necesarios nos períodos de vacacións, e se garanta deste xeito a alimentación dos menores no Concello de Ferrol. Tamén consideramos necesaria a atención complementaria, mediante campamentos de verán, de xeito que os nenos e nenas que acudan ao comedor escolar reciban tamén unha atención que contribúa ao desenvolvemento persoal e o proceso de socialización coa realización de actividades educativas, lúdicas e deportivas, acudindo aos tradicionais campamentos do Concello. Para atender a esta necesidade é preciso aumentar o número de prazas dos Campamentos de verán e destinar espazos para este fin, como pode ser o caso do espazo da Praza de España xunto coa ludoteca do Cantón, ou o Centro Cultural Carvalho Calero, ou mesmo algún centro educativo que conte con instalacións axeitas. Por todo elo o Grupo Municipal Socialista presenta esta MOCIÓN ante do Pleno da Corporación de Ferrol, para que se tomen os seguintes acordos de resolución: 2


Grupo Municipal Socialista

1º.- A apertura no verán, de a lo menos dos comedores escolares no Concello de Ferrol, con fondos propios ou mediante acordo de colaboración coa Xunta de Galicia, a modo de experiencia piloto, á vista da demanda e a necesidade de dar resposta á mesma. 2º.- Poñer en marcha, un maior número de prazas de campamentos de verán, para que os nenos e nenas, que o requiran se poidan incorporar a estas actividades de ocio e socialización, integrándose nos mesmos e evitando a estigmatización dos nenos e nenas.

En Ferrol, a 23 de maio 2014

Asdo.: Natividad González Laso Voceira do Grupo Municipal Socialista

ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

3

Moción Comedores Escolares e Campamentos de verán  

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA COMEDORES ESCOLARES E CAMPAMENTOS NAS VACACIÓNS DE VERÁN

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you