Escolma Febreiro2014

Page 8

PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS HOMENAXEAR A FIGURA DA FERROLÁ ÁNGELA RUÍZ ROBLES NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Tamén instamos aos populares a darlle cumprimento ao acordo plenario proposto polo Grupo Socialista en materia de muller fai un ano. E propuxemos continuar co nomeamento de rúas con nomes de mulleres relevantes do noso acervo cultural. Venimos de propoñerlle ao goberno local na comisión de benestar varias actuacións de cara ao Día Internacional da Muller, que este ano se conmemora baixo o lema de “Igualdad de las mujeres: Progreso para tod@s”.

Neste senso, instamos á convocatoria do Consello Sectorial da Muller, en cumprimento do regulamento do mesmo, que esixe reunións trimestralmente, considerando que co gallo do devandito día internacional é necesario, máis que nunca, contar co órgano de participación das mulleres onde ao Grupo Municipal Socialista lle gustaría presentar as súas propostas. Pedímoslle ao goberno local que se homenaxee a figura da ferrolá Ángela Ruíz Robles, que foi unha mestra, escritora e inventora, precursora do libro electrónico. Destacou a este respecto que os Ministerios de Economía e Competitividade e de Educación, Cultura e Deporte veñen de editar conxuntamente unha monografía, que baixo o título de “Ángela Ruíz Robles y la invención del libro mecánico” recollendo o invento (a Enciclopedia Mecánica) dunha veciña de Ferrol que exerceu o seu maxisterio na escola de Santa Uxía de Mandiá e no Instituto Ibáñez Martín entre outros, exemplar do que dispón o Concello por xentileza da familia da inventora. Neste senso, dende o Grupo Socialista entendemos que son máis que suficientes os méritos que ten acumulados esta figura feminina para facela merecedora dun recoñecemento da cidade na que tanto traballou, polo que propoñemos unha mención especial pola corporación do seu traballo no acto do Día 8 de marzo deste ano e o nomeamento dunha rúa na súa honra, así como recoller o reflexo da súa pegada na cidade na sinalización das rutas turísticas da cidade. Así mesmo, a Enciclopedia Mecánica, atópase na actualidade exposto no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, polo que o Grupo Socialista considera interesante que a Concellería de Igualdade promova unha visita das asociacións de mulleres da cidade. Tamén instamos ao cumprimento do acordo plenario acadado fai un ano que o noso Grupo propuxo con ocasión do devandito día Internacional Internacional da Muller 201 3, criticando que aínda falten por cumprir, o que mostra o desinterese do goberno local nesta materia, as seguintes actuacións:

6

a) Nomear unha rúa ou praza representativa da cidade co nome “As Constituíntes”. b) A recuperación da ruta turística “Ferrol en Feminino” e se faga a súa difusión, incluíndoa na programación estable da Concellería de Turismo, que poña en valor o traballo desenvolvido polas mulleres na historia da cidade. c) A posta en marcha da sinalización, alusiva ás pegadas que as mulleres deixaron na cidade. d) Trasladar a devandita resolución ao Consello Sectorial da Muller.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.