Page 1

febreiro 201 4

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

"É necesaria unha nova rede de transporte público, acorde as necesidades reais da cidade e das persoas, aumentando a cobertura e as frecuencias cara aos equipamentos sanitarios, administrativos, docentes, deportivos e culturais, con criterios de mobilidade segura, fluída, sostible e equitativa" Natividad González, voceira do GMS.

UNHA NOVA REDE DE TRANSPORTE PÚBLICO

Páx. 5


febreiro 201 4

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

NOVAS E PROPOSTAS

Carpetazo xudicial á Operación Torre Visita sorpresa de Feijoo Bandazos na ordenanza das terrazas Fondo municipal contra a pobreza enerxética Impulso ao transporte público na cidade e na zona rural Homenaxe a Ángela Ruíz Robles

PLENO XANEIRO Mocións febreiro

OPINIÓN As nosas praias Manuel Santiago

GALERÍA DE IMAXES

1 3 6 7 8 9


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

ARQUIVADA A OPERACIÓN TORRE: DEMOSTRADA ASÍ A INOCENCIA DO NOSO CONCELLEIRO GERARDO LÓPEZ CASTRILLÓN E O EXEDIL SOCIALISTA ÁNGEL MATO

Lembran que a Fiscalía considerou desproporcionada a medida, solicitando o arquivo da causa.

Gerardo L. Castrillón e Ángel Mato compareceron en rolda de prensa para facer declaracións respecto ao sobreseimento da operación Torre.

O noso concelleiro Gerardo L. Castrillón, que era responsable da Concellería de Obras durante o anterior mandato socialista, compareceu en rolda de prensa, acompañado do exedil de Urbanismo Ángel Mato, para celebrar o auto que arquiva a denominada “Operación Torre”, relacionada cunha presunta trama de adxudicacións irregulares no Concello de Ferrol, na que estiveron imputados. Neste senso, manifestou que "tras dous longos anos de silencio, e tralo asalto sufrido por este Concello, demóstrase agora que aquí non hai ladróns".

Gerardo López, xunto co exedil Ángel Mato, abandonou o duro silencio de dous anos para deixar clara a súa inocencia e "demostrar, ao fin, a nosa honradez e inocencia", dado o sobresemento decretado polo Xulgado, da “Operación Torre”. A este respecto, subliñaron que no auto xudicial faise referencia a importantes erros de cálculo do IVE no informe policial, polo que as facturas parecían infladas. Así mesmo, o auto pon de manifesto “unha discusión laboral entre tres funcionarios, non un acordo entre público e sector privado para evitar licitacións”. Tanto Gerardo López como Ángel Mato manifestaron que "tras todo o que saiu en prensa, queda demostrado agora, dous anos despois, que viñamos a traballar ao servizo da cidade e que somos persoas honradas. Con esta “Operación” fomos vilipendiados e arroxados aos leóns, cando o que fixemos foi traballar catro anos". O exedil Ángel Mato afirmou pola súa banda, que “se hai posibles indicios de corrupción, por suposto que é necesario investigar”, aínda que recoñeceu que o peor momento do seu paso pola Concellería de Urbanismo “foi cando un venres a policía xudicial vén á miña casa e impútame por uns delitos dos que non sabía de que me estaban falando”. Así mesmo, engadiu que “rexeitamos a corrupción e o comportamento non ético”, manifestando que "é importante que se poñan as cousas no seu sitio, xa que non todos somos iguais". E, por iso, avogou pola presunción de inocencia ata que se dite sentenza. Declarou que "sempre souben que non había causa pero até agora quixemos manter o silencio e dannos a razón, pero non sen antes sementar unha dúbida, que non existiu en catro anos nos que estivemos traballando con toda a honradez por mellorar a cidade". “Por tanto, é unha boa nova para todo o anterior goberno socialista, que o único que fixo é traballar durante 4 anos con auténtica vocación pública, e procurando a mellora da cidade e da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.” Os socialistas manifestaron tamén a súa solidariedade cos técnicos municipais que tamén se viron inmiscuidos na investigación sen razón, e que finalmente demostrouse a súa inocencia.

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

NOVAS

DENUNCIAMOS O PARTIDISMO DO ALCALDE NINGUNEANDO Á CORPORACIÓN NA VISITA SORPRESIVA DE FEIJOÓ

Criticamos o intendo do Partido Popular de patrimonializar as institucións, neste caso, o Concello de Ferrol. Reclamamos que se saquen a contratación os servizos que están sendo prestados sen contrato.

Jaime Pena e María López nunha foto de arquivo. Denunciamos a ocultación polo alcalde da visita que Feijoó tivo realizado á cidade no mes de febreiro, amosando que non ten intención de ser o Alcalde de todos. Para nós, o acontecido é moi grave, polo desprezo que supón á corporación municipal, particularmente a corporación municipal que non é do PP, e que conleva a toda a cidadanía que representamos, calificándoo de sectarismo por parte do alcalde. Queremos saber por qué o Presidente da Xunta anda as agachadas, e por que o alcalde comete un acto de descortesía sen precedentes coa corporación municipal.

2

Denunciamos tamén que non é o único acto institucional ao que non foron convidados nesta mesma semana, así lamentan non ter sido convidados a conmemoración do pasamento de Concepción Arenal, denuncia que fixo asimesmo a asociación de veciños do barrio onde se atopa a estatua da ilustre pensadora e se realizaba a ofrenda floral. Un novo desprezo a participación cidadán e partidismo novamente.

Criticamos unha vez máis a paralización destes procesos de contratación, que estaban en marcha no anterior mandato socialista, e que está a provocar que se teña que pasar a convalidación facturas cando tería que haber un contrato público, garantíndose así a transparencia na xestión municipal e a igualdade de oportunidades para as empresas. Falamos de servizos dun gran importe, como son o mantemento das instalacións eléctricas, e o servizo de asesoría xurídica, oficina de rehabilitación, desratización, etc. Servizos sin contrato que supón ao Concello validar uns montantes de 55.542 euros/mes relativo ao servizo de mantemento de instalacións eléctricas e 1 4.1 60 euros/mes do servizo de asesoría xurídica. Saimos ao paso das declaracións do Alcalde “Lamento que se haya prestado un servicio sin contrato” por haberse prestado el transporte público en la zona rural, servizo que eles continuaron, e sinalan “para que o entenda, decímoslle ao Alcalde que ve a palla no ollo alleo e non a viga no propio”, lembrando as reiteradas denuncias feitas polo noso grupo do abuso excesivo por parte do goberno local do procedemento de convalidación de facturas para pagar servizos que teñen que contratarse. Así as cousas, os socialistas denuncian que o goberno local vai incluir a Ferrol no Libro Guinness dos Records pola cantidade de servizos que se prestan sen contrato neste mandato.Lembrándolle que leva recoñecidos servizos sen contrato por máis de tres millóns e medio de euros no ano 201 3, e aínda non está todo contabilizado.


PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

INSTAMOS A QUE A ORDENANZA DE TERRAZAS PERMITA O USO E O DISFRUTE DO ESPAZO PÚBLICO E GARANTA A ACCESIBILIDADE

Fixemos varias propostas para garantir a accesibilidade universal das persoas e evitar certas inseguridades xurídicas.

Denunciamos os bandazos do goberno local na regulación das terrazas, lembrando que en xuño do 201 3 a normativa reguladora foi retirada da orde do día sorpresivamente, cando esta xa estaba ditaminada favorablemente. Neste tempo, o goberno local estivo enredado nunha loita de competencias, sen interese pero con consecuencias para a cidadanía, entre as concellerías de facenda e de urbanismo.

O edil socialista Manuel Santiago e a concelleira María López manifestaron en rolda de prensa que o goberno local aínda non ten claro o proxecto de cidade que queren. "Nós si, e é máis accesible, ordenado e con criterios claros para todos e todas."

Ao respecto, instamos ao goberno local a contar coa participación de todas as entidades e asociacións, para compatibilizar con ecuanimidade o uso e os disfruta do espazo público. Esperamos, ao igual que pasou no no caso do peche dalgúns tramos de rúa ao tráfico, que este tema non se converta tamén nunha decisión unilateral do goberno local, tomada de costas aos afectados e á corporación municipal, e que non se vulnere o dereito dos veciños e veciñas ao disfrute e uso do espazo público, e tampouco os das persoas con mobilidade reducida ou diversidade funcional.

As nosas propostas para a mellora da ordenanza - Axilidade na concesión de autorizacións de terrazas. Para elo a comisión de avaliación técnica das terrazas debería ter unha finalidade non so de emitir informes preceptivos e vinculantes, para que fose tamén resolutiva. Para axilizar os trámites deberían formar parte dela persoal do negociado de patrimonio, de urbanismo e de tráfico, evitando así a dispersión en negociados e centralizando nese órgano toda a tramitación ata a resolución final.

- Respecto á autorización de terrazas nas beirarrúas: a) Con carácter xeral, en atención ás particularidades da vía, o ancho de beirarrúa libre para paso de peóns, unha vez instalada a terraza, terá un ancho mínimo de 1 ,5 metros. b) No caso de que se instale na zona límite da beirarrúa coa calzada, a instalación deberá separarse 0,50 metros do bordillo. Grupo Municipal Socialista de Ferrol c) Respectar a distancia de 1 ,5 metros naquelas beirarrúas e espazos públicos nos que exista un aparcamento de minusválidos. - Evitar a inseguridade xurídica que xera algúns apartados, que inclúen elementos de certa discrecionalidade como pode ocorrer no artigo 21 .5 “Non poderán ir ancorados ao chan, nin a fachada do edificio salvo que expresamente se contemple na autorización”, facendo referencia a aqueles casos nos que sexa posible. - Que non se interrompa a liña de fachada que constitúe a referencia para as persoas con visibilidade reducida que se auxilian con bastón branco, dispoñendo de elementos perimetrais ríxidos que delimiten o ámbito da terrazas, e que non existan obstáculos, sen delimitación ou protección, que impidan ás persoas con diversidade funcional, detectar e bordear as terrazas en 3 condicións de seguridade vial.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PROPOSTAS

PROPUXÉMOSLLE AO GOBERNO LOCAL A CREACIÓN DUN FONDO PARA EVITAR A POBREZA ENERXÉTICA NA CIDADE

Denuncian que as medidas do Partido Popular so agravan a pobreza enerxética das familias, en lugares de buscar solucións. Instan ao alcalde a esixir ante a Xunta de Galicia a reposición do servizo de calefacción no Centro da Terceira Idade de Caranza.

A nosa concelleira María López, e a nosa voceira, Natividad González, nunha foto de arquivo.

Sen calefacción no Centro da Terceira Idade de Caranza

Así mesmo, instamos ao alcalde a esixir ante a Xunta de Galicia a repoñer o servizo de calefacción no Centro da Terceira Idade de Caranza, alertando de que as persoas usuarias están ateridas de frío no que vai de inverno, polas continuas restricións e recortes da administración autonómica, nunha necesidade básica como é a calefacción. “Iso que os populares chaman racionalizar, recortes sobre recortes”, censuramos. Para concluír, cremos que cunha xestión eficiente e a contratación dos servizos públicos sen contrato, é posible habilitar partidas específicas para a creación dun fondo que permita evitar que familias da cidade sufran a consecuencia da pobreza enerxética.

4

Propuximos ao goberno local a creación dun fondo para evitar a pobreza enerxética na cidade, incrementando deste xeito as políticas sociais contra a exclusión social, atendendo as necesidades mínimas vitais e garantir os suministros básicos enerxéticos (de luz e de gas), das familias ferrolás máis desfavorecidas que non poidan facer fronte ao pago dos mesmos. Lembramos que hoxe 1 7 de febreiro se conmemora o Día contra a pobreza enerxética, no que os datos na nosa comunidade acadan ao 25% dos fogares. Dada a situación que están a vivir tantas familias, cómpre denunciar a insensibilidade do Partido Popular, que está a establecer medidas que agravan a pobreza enerxética, en lugares de darlle solución a este problema tan acuciante. Así,manifestaMOS que os populares, lonxe de buscar solucións aos problemas reais que está a vivir a xente, impoñen medidas que so favorecen ás eléctricas, referíndose ás reformas da Lei do Sector eléctrico do 201 3. A estas reformas eléctricas debemos engadirlle agora, unha vez máis, os incrementos dos prezos da electricidade, abandonando o goberno central deste xeito calquera compromiso contra o cambio climático e a pobreza enerxética, e o apoio á eficiencia enerxética e o autoconsumo. Así, a pobreza enerxética en España, agravada polas últimas subidas da luz, verase incrementada pola nova estrutura do recibo da luz, subindo a parte fixa da factura


PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PROPUXIMOS Á IMPLANTACIÓN DUNHA NOVA REDE DE TRANSPORTE PÚBLICO, COMPATIBLE CUNHA MOBILIDADE SEGURA, FLUÍDA, SOSTIBLE E EQUITATIVA

Plantexamos na nosa proposta a recuperación da xestión das liñas de bus urbano e rural.

Certamente as redes de transporte colectivo teñen un papel clave neste novo modelo de mobilidade, que require dunha planificación en rede circular, que circule pola rede viaria básica, que se transforme nun verdadeiro sistema de transporte de viaxeiros de alta capacidade, innovadora e competitiva.

Esta rede pivotaría sobre as actuais estacións de tren e autobuses, a modo de intercambiador modal, coa vantaxe de que se atopan situadas no O noso voceiro adxunto Jaime Pena e o centro xeográfico do núcleo urbano. Por esa edil socialista Gerardo López en rolda de estación intermodal pasarían a maioría das liñas prensa. de autobús e sería o engranaxe de todo o sistema de transporte público, interconectando o sistema interno do concello, urbano e rural, co resto do Plan de mobilidade Lembramos o consenso no anterior goberno territorio metropolitano, autonómico e nacional, socialista da implantación en Ferrol do Plan tanto por estrada como por tren. de Mobilidade, un documento elaborado PROPOSTAS pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona, para lamentar que neste Abordar a necesidade de implantar unha nova mandato non se produciu ningún tipo de rede de transporte público, acorde coas avances. necesidades de mobilidade detectadas no plan de mobilidade redactado no ano 2009, negociado Tal e como se reflicte no devandito plan, coas empresas concesionarias e o concello de consideramos obsoleto o sistema radial Ferrol, que aumente a cobertura e as frecuencias vixente, no que todas as liñas están das lilñas. orientadas cara ao centro da cidade, cando existen outros puntos onde se ubican moitos Transformar e adecuar as paradas de autobuses equipamento (de tipo sanitario como os en puntos de información cidadá e en verdadeiras administrativos, os educativos, deportivos e-info-terminais ou culturais), e hai que terlos en conta á Resolver coa máxima celeridade, mediante a hora de deseñar os servizos. colaboración das empresas concesionarias, a Así podería porse en marcha unha das liñas cobertura de liñas de transporte no Complexo circulares que contempla o Plan de Hospitalario Universitario de Ferrol, prolongando Mobilidade, a que enlaza Caranza co porto as liñas que chegan ao CHUF e ao CAMF, ata o e o Inferniño, cunha frecuencia de 1 5 Hospital Naval. minutos. Este servizo conectaría os barrios máis poboados da cidade e evitaría que os Estudar a posibilidade de asumir dende o Concello viaxeiros de determinadas zonas tivesen de Ferrol a concesión deste servizo público, para que coller até dous autobuses para acudir a poder tomar dende a administración local as5 decisións neste ámbito. un hospital ou á sede de Facenda.


PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS HOMENAXEAR A FIGURA DA FERROLÁ ÁNGELA RUÍZ ROBLES NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Tamén instamos aos populares a darlle cumprimento ao acordo plenario proposto polo Grupo Socialista en materia de muller fai un ano. E propuxemos continuar co nomeamento de rúas con nomes de mulleres relevantes do noso acervo cultural. Venimos de propoñerlle ao goberno local na comisión de benestar varias actuacións de cara ao Día Internacional da Muller, que este ano se conmemora baixo o lema de “Igualdad de las mujeres: Progreso para tod@s”.

Neste senso, instamos á convocatoria do Consello Sectorial da Muller, en cumprimento do regulamento do mesmo, que esixe reunións trimestralmente, considerando que co gallo do devandito día internacional é necesario, máis que nunca, contar co órgano de participación das mulleres onde ao Grupo Municipal Socialista lle gustaría presentar as súas propostas. Pedímoslle ao goberno local que se homenaxee a figura da ferrolá Ángela Ruíz Robles, que foi unha mestra, escritora e inventora, precursora do libro electrónico. Destacou a este respecto que os Ministerios de Economía e Competitividade e de Educación, Cultura e Deporte veñen de editar conxuntamente unha monografía, que baixo o título de “Ángela Ruíz Robles y la invención del libro mecánico” recollendo o invento (a Enciclopedia Mecánica) dunha veciña de Ferrol que exerceu o seu maxisterio na escola de Santa Uxía de Mandiá e no Instituto Ibáñez Martín entre outros, exemplar do que dispón o Concello por xentileza da familia da inventora. Neste senso, dende o Grupo Socialista entendemos que son máis que suficientes os méritos que ten acumulados esta figura feminina para facela merecedora dun recoñecemento da cidade na que tanto traballou, polo que propoñemos unha mención especial pola corporación do seu traballo no acto do Día 8 de marzo deste ano e o nomeamento dunha rúa na súa honra, así como recoller o reflexo da súa pegada na cidade na sinalización das rutas turísticas da cidade. Así mesmo, a Enciclopedia Mecánica, atópase na actualidade exposto no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, polo que o Grupo Socialista considera interesante que a Concellería de Igualdade promova unha visita das asociacións de mulleres da cidade. Tamén instamos ao cumprimento do acordo plenario acadado fai un ano que o noso Grupo propuxo con ocasión do devandito día Internacional Internacional da Muller 201 3, criticando que aínda falten por cumprir, o que mostra o desinterese do goberno local nesta materia, as seguintes actuacións:

6

a) Nomear unha rúa ou praza representativa da cidade co nome “As Constituíntes”. b) A recuperación da ruta turística “Ferrol en Feminino” e se faga a súa difusión, incluíndoa na programación estable da Concellería de Turismo, que poña en valor o traballo desenvolvido polas mulleres na historia da cidade. c) A posta en marcha da sinalización, alusiva ás pegadas que as mulleres deixaron na cidade. d) Trasladar a devandita resolución ao Consello Sectorial da Muller.


MOCIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN INSTANDO AOS BANCOS A POÑER A DISPOSICIÓN DA CIDADANÍA AS VIVENDAS DESOCUPADAS, A PETICIÓN DA PAH

Presentamos unha moción conxuntamente cos grupos municipais de Esquerda Unida e BNG, no rexistro municipal a petición e en apoio ás peticións da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Dentro das propostas de resolución desta iniciativa pedíamos que se puxese en marcha medidas municipais para facer fronte á emerxencia habitacional, e a elaboración e aprobación dun Plan Municipal de Vivenda actualizado. Pedíase tamén elaborar e aprobar Programas de inspección co fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmobles que se atopan en situación de permanente desocupación, empezando polos que son de entidades financeiras e outras grandes empresas; así como instruír procedementos administrativos contraditorios, unha vez detectada a desocupación, finalizando cunha resolución que declare se se está producindo unha situación de desocupación permanente constitutiva dunha utilización anómala da vivenda. Finalmente, algunhas das medidas requiren instar á Xunta de Galicia e ao goberno do estado, a enviar urxentemente ao Parlamento e ao Congreso, respectivamente, as iniciativas lexislativas necesarias para darlle cobertura legal ao procedemento que permita, dentro do marco das súas competencias, co obxectivo de emprender accións neste ámbito coa finalidade de iniciar un procedemento sancionador, impoñendo multas coercitivas. INSTAMOS A QUE O GOBERNO SE SUME Á DENUNCIA DA LEI DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

Presentamos unha moción que o PSOE levou aos plenos de todos os concellos do país, instando o goberno local a solicitarlle ao Tribunal Constitucional que paralice e anule a Lei 27/201 3 de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local.

Lembramos que o alcalde de Ferrol preside a Fegamp, polo que veremos o que decide finalemente votar, e se se posiciona a favor ou en contra da reforma que menoscaba a autonomía local dúas nosos municipios. "Ímonos medir no pleno", manifestou a nosa voceira.

Consideración da Así esta Lei articula una serie de 4. iniciativa económica local medidas, moitas delas, con carácter subsidiario, en consideradas inconstitucionais: favor sempre da iniciativa 1 . Redución das competencias privada. Outro claro xiro propias (art. 25 da Lei Básica de ideolóxico do proxecto. Réxime Local), focalizando dita redución, na non atribución de 5. Atribución forzosa ás capacidade para prestar servizos Deputacións da prestación de servizos obrigatorios nos sociais. municipios de menos de 2. Xeneralización da técnica de vinte mil habitantes (preto competencias delegadas, que do 95 % dos concellos de choca coa Carta Europea de España). Autonomía Local . 6. Imposición dun novo Plan 3. Limitación da prestación de económico-financiero, outro actividades complementarias, as mais, aos concellos que chamadas “competencias incumpran o obxectivo de impropias”, supeditadas sempre estabilidade presupostaria, débeda pública ou regra de a criterios económicos. gasto.

7


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

OPINIÓN

AS NOSAS PRAIAS "Ferrol se di que vive de costas ao mar, creo que vive de costas a todo o seu entorno natural."

Si facemos un pouco de memoria, aló polo ano 2000 cun goberno municipal de coalición BNG- PSOE, acometese un proxecto de potenciación turística e infraestruturas das nosas praias, que consistiu en crear e dotar a tódolos areais de infraestruturas básicas, como foi levar a rede de auga, duchas e baños portátiles, casetas para o servizo de salvamento e comezouse un plan de acesibilidade, iniciándose as primeiras ramplas pasarelas. Paralelamente se cursan as peticións de BANDERA AZUL para varios areais. Seguidamente no 2003 cambia o goberno municipal, pasa a mans de PP – IF e comeza o retroceso, xa que se fai unha mala programación e mantemento, acometendo obras como ás pasarelas das praias de Ponzos e Marmadeiro que se instalan en zona dunar protexida e sen autorización da Demarcación de Costas do Estado que e a Administración competente ou a paralización dos proxectos de rexenerizacion e dotación de aparcadoiros nas praias de Penencia, S. Xurxo, Esmelle e Fragata- Vilar. Ten que ser de novo un goberno formado polo PSdG-PSOE cando no 2007 retome os proxectos, comezando pola legalización do servizo de vixiancia das praias, xa que nos encontramos coa ameaza, da organización de concesión de “ Bandera Azul”, de retirada das bandeiras se non contratabamos os vixiantes acorde a normativa laboral vixente. Así mesmo damos un pulo na xestión e profesionalización dos socorristas, se programa a limpeza dos areais con anticipación a Semana Santa e dotando de cuadrilla propia e permanente na tempada de praia, aprobando una Ordenanza Reguladora de Usos das Praias, traballando conxuntamente coa Demarcación de Costas do Estado no avance de proxectos, mantementos e dotacións de servizos. Esta coordinación con Costas levounos a desenrolar proxectos como: derrube do chiringuito na praia de Doniños, construción de senda peonil e carril-bici entre Covas e San Xurxo, este en colaboración coa Deputación da Coruña; aparcadoiros, adecuación e preservación do entorno dunar das praias de Esmelle, Fragata e Vilar en Covas; instalación permanente de baños e duchas e recuperación de entornas en Emelle, Vilar e Penencia; mirador en Diniños como homenaxe a Adolfo Ros; preservación da Lagoa de Doniños; adecuación do entorno da praia de San Felipe, derrube da galería de tiro en Doniños; pequenas intervencións nas praias de Santa Comba e Ponzos para estudar e redactar proxectos de rexeneración e aparcadoiros. e moitas e variadas intervencións en todo o litoral rematando con tres infraestruturas que quedaron iniciadas como eran a senda litoral do noso Concello con 58 km de percorrido pola costa, comezada en Ponzos e Santa Comba, a redacción dun proxecto básico do gran cámping que Ferrol precisa no campamento de Marmadeiro en Covas e a construción dunha infraestrutura para salvamento e deportes na praia de Doniños por valor de un millón de euros que o PP se encargou de tirar a papeleira cando estaban tódolos tramites e autorizacións concedidas. De novo como e costume en Ferrol prodúcese cambio no goberno despois das eleccións do 2011 obtendo o PP a maioría absoluta e como en todo retrocedemos: abandonase o sistema de profesionalización dos socorristas ( isto motiva unha sanción da Inspección de Traballo) a perda ou non solicitude de bandeiras azuis, incúmprese a Ordenanza de praias, no que atinxe a presenza de socorristas; suprímense servizos ( Marmadeiro e covas) abandónanse tódolos proxectos pendentes do goberno anterior do PSdG- PSOE. Non se sigue unha política de fomentar o turismo náutico e de aventura, deixando morrer probas tan importantes como o Campionato do Mundo de Body Board que se celebraba tódolos anos no mes de Agosto. Para rematar despois de tódolos temporais que sufrimos en este inverno, o goberno do PP aínda non puxo en marcha ningún plan de control, preservación do espazo dunar e acceso ás praias para primeiro que non sufran accidentes as persoas e segundo que non se deterioren mais os fermosos areais que temos. Por todo isto Ferrol precisa dun goberno que crea nos recursos que temos e na capacidade das súas xentes para desenvolvelos.

Artigo de Manuel Santiago.- concelleiro do Grupo Municipal Socialista de Ferrol.

8


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Galería de imaxes

A nosa voceira Natividad González, cos voceiros de Eu e Bng, e representantes da Plataforma de Afectados pola Hipoteca rexistrando unha moción conxunta. Defendendo o dereito das mulleres a decidir sobre a súa maternidade, coas compañeiras e compañeiros das Xuventudes Socialistas de Galicia e do PSdG-PSOE, na manifestación en Madrid.

Asistimos á manifestación convocada por Alianza Social Galega, uníndonos á chegada da mesma ao Concello, onde estabamos coa celebración do pleno ordinario do mes de febreiro. "POR OUTRA SAÍDA DA CRISE". A nosa concelleira María López en Madrid con compañeiras do PSdG diante do Congreso dos Deputados. Imaxe da dereita: Rexeitando a reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo, na rolda de prensa da Plataforma a favor do aborto.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol

Escolma Febreiro2014  

Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.