Page 77

marzo  xerais  77

Rexina Rodríguez Vega

Dark Butterfly NARRATIVA

14,50 x 22,00 cm 176 páginas Rústica ISBN 978-84-9914-336-1 Código 1331314

€ 16,65

Carlos González Reigosa

Tras da Corda NARRATIVA

14,50 x 22,00 cm 320 páginas Rústica ISBN 978-84-9914-337-8 Código 1331315

€ 20,00

A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta. Narrada nunha ambigua voz que camiña sobre o gume, que se amarra á linguaxe para non perderse, para exorcizar un mal que ameaza con esfarelar toda identidade, esta novela enfróntanos ao proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á escisión e a exclusión. Un literal descenso aos infernos ante o que a psiquiatría revela toda a súa impotencia. Dark butterfly é unha novela memorable, unha obra que deixa unha fonda pegada emotiva. A confirmación literaria dunha autora afouta que explora coa maior sutileza e profundidade unha das caras máis fráxiles e agochadas da condición humana.

Estes relatos de Carlos G. Reigosa son unha realidade auténtica e constante. Neles hai tensión narrativa, paixón levada ós límites, humanas cobizas e fraxilidades, temple de heroe ás veces… Adivíñase ás claras o esforzo introspectivo do narrador, mentres vai burilando os personaxes e urdindo situacións, sen que a liberdade na inventiva estrague a coherencia ou a verosimilitude (…). O narrador forxa unha prosa fluída de alta transparencia semántica, de autenticidade inobxectable.

VALENTÍN PAZ-ANDRADE

Admirable libro de narracións de Carlos G. Reigosa.

ÁNXEL FOLE

Libro de estilo directo no que Reigosa nos traslada á súa Corda natal para facernos copartícipes da vida e milagres duns personaxes que sen dúbida son os heroes e heroínas dunha mitoloxía tan persoal como entrañable e inesquecible.

ALFREDO BRYCE ECHENIQUE

Novedades Grupo Anaya marzo 2012  

Boletín de Novedades Grupo Anaya marzo 2012