Revista de novedades septiembre 2020

Page 95

XERAIS

Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus

Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19. Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade. Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.

10 SETEMBRO ALBERTO AVENDAÑO A TROPA CONTRA O VIRUS CAMALEÓN 13,00 x 21,00 | 104 pp | Rústico 978-84-9121-744-2 | 1334050

€ 12,30

Todas as vidas recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu confesor. Coa súa habilidade e mestría habitual, Xosé Ramón Pena ofrécenos historias cheas de vida, como a crónica aceda da «máis chula do barrio», atrapada entre o thriller e o terror ou os amores e desvaríos dun aprendiz moderno de pirata coxo.

XOSÉ RAMÓN PENA SÁNCHEz (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como Literatura galega medieval (1992), Manuel Antonio e a vangarda (1996), Xograres do mar de Vigo (Xerais, 1998) ou Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, O reverso do espello (Xerais, 1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (Xerais, 1991), A era de Acuario (Xerais, 1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (Xerais, 2008), Como en Alxeria (Xerais, 2012) e Todas as vidas (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal Faro de Vigo, son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida (Xerais, 1988), Da terra asoballada (Xerais, 1989), No desterró (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, Ramón Cabanillas. Poesía galega completa (Xerais, 2009).

10 SETEMBRO XOSÉ RAMÓN PENA TODAS AS VIDAS NARRATIVA 15,50 x 23,00 | 384 pp | Rústico 978-84-9121-705-3 | 1331464

€ 21,00

*HYYEZB|217053]

*HYYEZB|217442] De 12 anos en diante

xerais.gal   93


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.