Revista de novedades octubre

Page 153

outubro

Premios

2017

xerais

151

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 3 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIVª edición do Premio Xerais de Novela, a IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles. Esta festa literaria consistiu nun acto literariomusical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón. Á velada asistiron trescentas persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, editoras, libreiras, críticas, bibliotecarias, profesoras e outras persoas colaboradoras da editorial. O acto foi emitido en directo por Internet. Neste mes de outubro aparecen as tres novelas gañadoras desta edición A arte de trobar de Santiago Lopo (Premio Xerais de Novela 2017), Ceiba de Luz de Manuel Lourenzo González (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017) e Muriel de María Canosa (Premio Merlín de Literatura Infantil 2017).

xerais.gal


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.