Page 1

Unha reflexión sobre o proceso educativo é o punto de partida no cambio de metodoloxía da escola para este curso 2011-2012. Centrar o currículo en espertar a capacidade de búsqueda, evitar o parcelamento das aprendizaxes, e integrar o desenvolvemento das tarefas manuais e intelectuais; son os principais obxectivos da proposta. A nosa intención é crear unha organización na que sexa posible que as crianzas poidan facerse cargo da súa propia vida o antes posible, atendendo aos ritmos individuais e ás potencialidades grupais. Para isto é preciso proporcionar unha dinámica educativa participativa en tódalas tarefas cotiás, baseando a aprendizaxe nas propias necesidades e intereses das nenas e nenos. Esta metodoloxía vivencial, require dun esforzo pola nosa parte; pois da nosa actitude depende que as crianzas medren nun ambiente que permita a liberdade, a autorregulación e a responsabilidade. Nun ambiente que fomente a coeducación , mediante a igualdade de oportunidades, as crianzas progresarán na adquisición da liberdade de desprazamento, de decisión, de elección, de relación e de aprendizaxe. Deste xeito, coa igualdade como base da liberdade, nenos e nenas xestionan a súa propia aprendizaxe, intervindo en tódalas decisións relacionadas co devenir cotiá. Na nosa man está permitir o ensaio-erro, evitar as imposicións , e potenciar o razoamento crítico , como conducta habitual na escola. Ademais das nosas actitudes, contamos coa adaptación dos espazos e a disposición de materiais, para posibilitar a eficacia da autonomía que irán acadando progresivamente. Favorecendo o tanteo experimental dun xeito natural, os nenos e nenas aprenden a autorregularse, a aceptar normas propias e non impostas, e a buscar o coñecemento a través da autoaprendizaxe. O feito de non facer distincións entre o traballo físico ou manual, e o traballo intelectual, dalle ás crianzas a posibilidade de asumir e aceptar compromisos, adquirindo habilidades de cooperación e responsabilidade. Nesta escola vivencial, todo acontece de xeito fluido, sen paróns temporais: unhas cousas van detrás doutras, o que nos permite orientarnos no tempo, recoñecer situacións e anticiparnos a elas. Isto na práctica quere dicir que tod@s xogamos, nos axudamos, satisfacemos as nosas necesidades de sono, hixiene e alimentación, eleximos como, cando e de que forma queremos utilizar os espazos , materiais e xogos para aprender; movéndonos con liberdade e respetando ao resto de persoas que conviven con nós. A eliminación da separación temporal imposta evita o parcelamento das aprendizaxes, de tal forma que as crianzas asocian por sí mesmas experiencias e coñecementos. Resumindo, en tódalas situacións que se poden dar na escola e na vida, apréndendese contidos a nivel de linguaxe, de matemáticas, de orientación


no espacio e no tempo, do corpo e da hixiene, de creatividade e expresión, de afectos e conflictos, de respeto polo grupo e pola identidade propia, etc... Seguindo como liña vehicular os sentidos, as crianzas da escola traballarán tódolos aspectos que lles permitirán acceder a unha aprendizaxe nos cauces da liberdade e a responsabilidade; medrando como persoas autónomas e curiosas polo saber.

aportación metodoloxía  

proposta metodolóxica

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you