Page 1

A LAGOA DE ANTELA: 50 ANOS DE AGONÍA

PRESENTACIÓN O aveiro do 50 aniversario da desecación da Lagoa de Antela (1958/9-2008/9), faise necesario facer unha valoración deste enclave que aínda perdura de forma diletante na memoria nas xentes que poboan a súa contorna. Visible aínda en algún amplo lugar da Limia, quedannos testemuños orais, gráficos, lendas, anécdotas e rasgos e restos xeográficos e biolóxicos da presenza da maxestuosa masa de auga que anegaba a chaira limiá. O que pretendemos coa elaboración deste traballo é, precisamente, recordar o pasado da Lagoa, recabar a maior información de calquer disciplina sobre a mesma e analizar o seu porvir co papel fundamental e dinamizador na comarca. Por suposto, sen perder de vista as posibilididades de retornar á antiga Lagoa, ou, ao menos de conservar de bo grado a fauna e flora que aínda pervive.

OBXECTIVOS ■ Explicar a orixe e describir a orixe e as características da Lagoa de Antela, así como do nicho ecolóxico creado ó seu aveiro. ■ Recordar e analizar como foi no pasado a Lagoa de Antela, e explicar as causas que levaron a súa situación actual. ■ Reunir e compilar a maior información posible sobre as lendas, tradicións orais, recordos, anécdotas,etc... das xentes que viven na contorna da Lagoa. ■ Observar e estudar a situación actual da Lagoa de Antela, a súa explotación económica, os recursos do seu entorno e os problemas derivados da súa situación actual. ■ Valorar criticamente os usos dos recursos da Lagoa e elaborar propostas conservacionistas sobre o seu estado actual. ■ [...]

PLANIFICACIÓN ♦ Podemos deseñar un traballo interdisciplinar dende o cal poidamos abordar os distintos obxectivos marcados. ♦ P.Ex.: Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química (tamén dende Xeografía) poderíase encargar do apartado sobre, orixe-formación da Lagoa (a nivel xeolóxico) a Fauna e Flora (pasada/presente), problemas ecolóxicos actuais (sensibilización na comarca)... ♦ P.Ex.: Galego e CCSS poderían encargarse dos puntos sobre Patrimonio Oral e Escrito sobre a Lagoa (testemuños orais, lendas, cartas, fotografías, video-montaxes); e Historia da Lagoa e da súa desecación, e consecuencias socio-económicas (Xeografía Humana), respectivamente.


METODOLOXÍA E PLANIFICACIÓN PROXECTO LAGOA

PARA O DESENVOLVEMENTO DO

Na busca da mellor planificación para levar a cabo o inxente e intenso traballo que acabamos de prantexar, creemos que diversificar o traballo entre varios os varios grupos de traballo que deseñamos é a opción máis factible para garantir un óptimo resultado. Este proxecto constará por tanto, de catro pilares ben diferenciados pero relacionados entre si: ► Xeografía e historia (Dept. de Xeografía e Historia) ► Etnografía e antropoloxía (Dept. Língua Galega) ► Bioloxía e patrimonio natural (Dept. de Bioloxía e Xeoloxía) ► Ecoloxía e explotación económica (Dept. de Física e Química) A súa vez cada grupo de alumnos, guiados por un ou dous profesores, dependendo do caso, poderanse dividir en subgrupos para ter unha mellor manexabilidade da información e análise da mesma. Desta maneira deseñamos un traballo dividido en 4 grupos que operarán de maneira independente pero que ó remate da súa laboura compartirán e contrastarán os seus resultados para que finalmente extraían as súas conclusións de maneira conxunta e participativa. Cada grupo de alumnos –cuxo nº dependerá da súa dispoñibilidade, pero non estará formado por menos de 10 alumnos- traballará tutelado como mínimo por un profesor –nalgún caso por dous- que marcarán os obxectivos, guiarán ó alumno e deseñarán as pautas de actuación. No proxecto, un puntal moi importante é a comunidade educativa. Profesores, persoal non docente, pais e avós dos alumnos, veciños da comarca… son unha fonte básica de información que debe ser recollida por eles para manter viva a memoria asolagada da lagoa. Así, testemuños orais de lendas ou feitos reais, fotos, recordos, vivencias, cartas, prensa da época, boletíns oficias, cartografía, apeiros de labranza, utensilios domésticos… son de vital importancia para o noso proxecto, e nada debe ser desbotado. De forma resumida e detallada, o resultado da nosa planificación vai ser da seguinte maneira:

GRUPOS DE TRABALLO E DISTRIBUCIÓN CAMPO DE ESTUDIO

PROFES

ALUMNOS

ORES

• Xeografía e Historia • Etnografía e antropoloxía • Bioloxía e patrimonio natural • Ecoloxía e explotación económica

1-2 2 1-2 1-2

1 grupo de 12 Alumnos 4 grupos de 15 Alumnos 1 grupo de 30 Alumnos 1 grupo de 10 Alumnos


CAMPOS DE ESTUDIO E OBXECTIVOS Como vimos de indicar, o proxecto consta de 4 campos de investigación que converxen de maneira centralizada nos obxectivos xerais anterioremente descritos. Mais cada un destes campos de estudio ten un prantexamentos e obxectivos propios que podemos sintetizar da seguinte maneira:

♦ Xeografía e historia A laboura primordial do grupo deste grupo, será contextualizar xeográfica e historicamente o ecosistema da Lagoa de Antela, antes e despois da súa desecación, valorando especialmente o impacto social e económico que produxo tal feito, pero tamén na memoria colectiva das xentes da limia e no seu rico patrimonio oral e popular. 1. Obxectivos ◘ Conectar a materia de estudo coa realidade. ◘ Ampliar os coñecementos do alumnado sobre a súa propia contorna. ◘ Coñecer a orixe, forma e extensión da Lagoa de Antela antes da súa seca. ◘ Valorar como fonte histórica os testemuños, recordos e lendas das xentes da comarca recompilados mediante enquisas e cuestionarios a familiares e veciños. ◘ Investigar sobre os motivos e precedentes que houbo para levar a cabo a desecación da Lagoa. ◘ Involucrar as familias no estudo dos seus fillos e fillas. 2. Desenvolvemento ◘ Formación de grupos de traballo en función do lugar de residencia. ◘ Traballo de campo coa recollida de testemuños orais, recordos, fotografías, cartas... etc. calquer dato que sexa útil para o noso traballo, extraídos aos habitantes das aldeas sitas na Lagoa. ◘ Investigación en mapas actuais, cartografía antiga e sistemas de información xeográfica, de como era a Lagoa de Antela. ◘ Investigación (fontes escritas) sobre os motivos e precedentes a desecación franquista da Lagoa. ◘ Selección daquelas historias máis relacionadas coa Lagoa de Antela e a súa comarca. ◘ Gravación visual e sonora da antoloxía elaborada anteriormente. ◘ Plasmación nun panel dunha selección do traballo anterior. 3. Participantes ◘ Alumnado de 1º de bacharelato e 4ªciclo de ESO.


◘ Familias e veciñanza do alumnado que recolle a información.

Lagoa de Antela  

Pois o que che conto

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you