Page 1

A LAGOA DE ANTELA: 50 ANOS DE AGONÍA PRESENTACIÓN O aveiro do 50 aniversario da desecación da Lagoa de Antela (1958/9-2008/9), faise necesario facer unha valoración deste enclave que aínda perdura de forma diletante na memoria nas xentes que poboan a súa contorna. Visible aínda en algún amplo lugar da Limia, quedannos testemuños orais, gráficos, lendas, anécdotas e rasgos e restos xeográficos e biolóxicos da presenza da maxestuosa masa de auga que anegaba a chaira limiá. O que pretendemos coa elaboración deste traballo é, precisamente, recordar o pasado da Lagoa, recabar a maior información de calquer disciplina sobre a mesma e analizar o seu porvir co papel fundamental e dinamizador na comarca. Por suposto, sen perder de vista as posibilididades de retornar á antiga Lagoa, ou, ao menos de conservar de bo grado a fauna e flora que aínda pervive. OBXECTIVOS ■ Explicar a orixe e describir a orixe e as características da Lagoa de Antela, así como do nicho ecolóxico creado ó seu aveiro. ■ Recordar e analizar como foi no pasado a Lagoa de Antela, e explicar as causas que levaron a súa situación actual. ■ Reunir e compilar a maior información posible sobre as lendas, tradicións orais, recordos, anécdotas,etc... das xentes que viven na contorna da Lagoa. ■ Observar e estudar a situación actual da Lagoa de Antela, a súa explotación económica, os recursos do seu entorno e os problemas derivados da súa situación actual. ■ Valorar criticamente os usos dos recursos da Lagoa e elaborar propostas conservacionistas sobre o seu estado actual. ■ [...] PLANIFICACIÓN ♦ Podemos deseñar un traballo interdisciplinar dende o cal poidamos abordar os distintos obxectivos marcados. ♦ P.Ex.: Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química (tamén dende Xeografía) poderíase encargar do apartado sobre, orixe-formación da Lagoa (a nivel xeolóxico) a Fauna e Flora (pasada/presente), problemas ecolóxicos actuais (sensibilización na comarca)... ♦ P.Ex.: Galego e CCSS poderían encargarse dos puntos sobre Patrimonio Oral e Escrito sobre a Lagoa (testemuños orais, lendas, cartas, fotografías, video-montaxes); e Historia da Lagoa e da súa desecación, e consecuencias socio-económicas (Xeografía Humana), respectivamente.


METODOLOXÍA E  PLANIFICACIÓN  LAGOA

PARA O  DESENVOLVEMENTO  DO 

PROXECTO

Na busca da mellor planificación para levar a cabo o inxente e intenso traballo que  acabamos   de   prantexar,   creemos     que   diversificar   o   traballo   entre   varios   os   varios  grupos de traballo que deseñamos  é a opción máis  factible  para garantir un óptimo  resultado.  Este   proxecto   constará   por   tanto,   de   catro   pilares   ben   diferenciados   pero  relacionados entre si: ► Xeografía e historia (Dept. de Xeografía e Historia) ► Etnografía e antropoloxía (Dept. Língua Galega) ► Bioloxía e patrimonio natural (Dept. de Bioloxía e Xeoloxía) ► Ecoloxía e explotación económica (Dept. de Física e Química) A súa vez cada grupo de alumnos, guiados por un ou dous profesores, dependendo  do   caso,   poderanse   dividir   en   subgrupos   para   ter   unha   mellor   manexabilidade   da  información e análise da mesma. Desta   maneira   deseñamos   un   traballo   dividido   en   4   grupos   que   operarán   de  maneira independente pero que ó remate da súa laboura compartirán e contrastarán os  seus resultados para que finalmente extraían as súas conclusións de maneira conxunta e  participativa. Cada  grupo  de  alumnos   –cuxo nº  dependerá   da súa  dispoñibilidade,  pero  non  estará  formado por menos  de  10 alumnos­ traballará  tutelado  como mínimo  por un  profesor   –nalgún   caso   por   dous­   que   marcarán   os   obxectivos,   guiarán   ó   alumno   e  deseñarán as pautas de actuación. No proxecto, un puntal moi importante   é a comunidade educativa. Profesores,  persoal non docente, pais e avós dos alumnos, veciños da comarca… son unha fonte  básica   de  información  que   debe  ser  recollida   por  eles  para   manter   viva  a   memoria  asolagada da lagoa. Así, testemuños orais de lendas ou feitos reais, fotos, recordos, vivencias, cartas,  prensa   da   época,   boletíns   oficias,   cartografía,   apeiros   de   labranza,   utensilios  domésticos… son de vital importancia para o noso proxecto, e nada debe ser desbotado. De forma  resumida   e detallada,   o resultado   da nosa  planificación   vai  ser da  seguinte maneira:

GRUPOS DE TRABALLO E DISTRIBUCIÓN CAMPO DE ESTUDIO

PROFESO

ALUMNOS

RES

• Xeografía e Historia • Etnografía e antropoloxía • Bioloxía e patrimonio natural • Ecoloxía e explotación económica

1­2 2 1­2 1­2

1 grupo de 12  Alumnos 4 grupos de 15  Alumnos 1 grupo de 30  Alumnos 1 grupo de 10  Alumnos


CAMPOS DE ESTUDIO E OBXECTIVOS  Como  vimos  de indicar,  o proxecto  consta  de 4 campos  de  investigación  que  converxen de maneira centralizada nos obxectivos xerais anterioremente descritos. Mais  cada   un  destes   campos  de  estudio  ten   un  prantexamentos  e   obxectivos  propios  que  podemos sintetizar da seguinte maneira:

♦ Xeografía e historia A   laboura   primordial   do   grupo   deste   grupo,   será   contextualizar   xeográfica   e  historicamente o ecosistema da Lagoa de Antela, antes e despois da súa desecación,  valorando   especialmente   o   impacto   social   e   económico   que   produxo   tal   feito,   pero  tamén na memoria colectiva das xentes da limia e no seu rico patrimonio oral e popular. 1. Obxectivos ◘ Conectar a materia de estudo coa realidade. ◘ Ampliar os coñecementos do alumnado sobre a súa propia contorna. ◘ Coñecer a orixe, forma e extensión da Lagoa de Antela antes da súa seca. ◘ Valorar como fonte histórica os testemuños, recordos e lendas das xentes da  comarca recompilados mediante enquisas e cuestionarios a familiares e veciños. ◘ Investigar sobre os motivos e precedentes que houbo para levar a cabo a  desecación da Lagoa. ◘ Involucrar as familias no estudo dos seus fillos e fillas. 2. Desenvolvemento ◘ Formación de grupos de traballo en función do lugar de residencia. ◘ Traballo de campo coa recollida de testemuños orais, recordos, fotografías,  cartas... etc. calquer dato que sexa útil para o noso traballo, extraídos aos habitantes das  aldeas sitas na Lagoa. ◘ Investigación en mapas actuais, cartografía antiga e sistemas de  información xeográfica, de como era a Lagoa de Antela. ◘ Investigación (fontes escritas) sobre os motivos e precedentes a desecación  franquista da Lagoa. ◘ Selección  daquelas historias máis relacionadas coa Lagoa de Antela e a súa  comarca. ◘ Gravación visual e sonora da antoloxía elaborada anteriormente. ◘ Plasmación nun panel dunha selección do traballo anterior. 3. Participantes ◘ Alumnado de 1º de bacharelato  e 4ªciclo de ESO. ◘ Familias e veciñanza do alumnado que recolle a información.

Proxecto Lagoa Act. 5  

Apuntamentos para facer a actividade 5.