Page 1

roberto vidal bola単o ies salvaterra de mi単o

O ESTOXO maio 2013 1


IDENTIDADE DIXITAL E REDES SOCIAIS, Alfredo Álvarez Rivera Algúns amigos do meu fillo de nove anos, da súa mesma idade, xa teñen smartphones ou teléfonos intelixentes. No noso instituto rural, o 80% do alumnado de 1º da ESO ten acceso a internet con smartphones, ultraportátiles, computadores ou tablets. Todo este alumnado e, en xeral, cada unha das persoas que navegamos, ou non, por internet e facemos uso das redes sociais, temos a nosa identidade dixital. Pero tamén moitas destas persoas, sobre todo se son tan novas como o noso alumnado, fan unha diferenciación errónea entre o seu mundo dixital e o seu mundo real. Tal distinción non existe xa que non temos un mundo virtual e outro real, ambos son reais e o que fagamos no virtual ten consecuencias, ás veces moi negativas, no real. A nosa identidade dixital é o que internet di de nós tomando como base, entre outros elementos, os nosos comentarios, fotos, contactos, perfís ou contidos dispoñibles na rede pero tamén todo aquilo que outras persoas soben ou din de nós. Poderíamos dicir, sen medo a errar, que a nosa identidade dixital vai durar case o que Google queira, deixando un rastro de consecuencias, positivas ou negativas, pero sempre na nosa vida real. Tamén, e pode ser un dos riscos claves aos que non enfrontamos, podemos ter unha identidade dixital que pode ser creada por outras persoas ou por nós mesmos/as pero sen ser conscientes do que facemos. Por isto, moitas persoas estudosas deste tema están a advertir reiteradamente, desde hai xa certo tempo, que un dos grandes desafíos do uso das TIC na próxima década será o da privacidade. No caso concreto que nos ocupa, o noso alumnado novo adoita ter moitos problemas para diferenciar entre a súa identidade dixital e a analóxica. Cústalles moito, por falta de formación neste campo, ser conscientes de que a súa identidade dixital acompañaraos toda a súa vida e que existe unha porcentaxe mínima de risco, en comparación cos grandes beneficios, no uso de internet e as redes sociais. Tampouco van ser moi conscientes das repercusións e consecuencias dalgúns dos seus actos nas redes sociais como, por exemplo, a suplantación de identidade ou subir contidos inadecuados á rede. A día de hoxe xa estamos a sufrir en moitos institutos o ciberbullying ou acoso entre iguais nas redes sociais, o sexting ou envíos de contido ou temática sexual e o grooming ou engano e acoso sexual. Tamén estamos a detectar bastantes casos de ciberadicción en alumnado que necesita, cada vez máis, estar conectado moitas horas ao día e se non o pode estar aumenta moito a súa ansiedade. Doutra banda, somos moi conscientes de que a tecnoloxía é unha gran ferramenta de comunicación na distancia, pero 2


non debemos esquecernos de que o noso alumnado debe “conectar” coas persoas máis próximas porque senón o illamento social pasa a ser outro dos riscos no que poden caer se abusan, como está a ocorrer en moitos casos, do uso das novas tecnoloxías. As familias debemos coñecer as amizades físicas e virtuais das/os nosas/os fillas/os e débense potenciar as relacións físicas e o contacto social fronte ás virtuais. A modo de resumo, a información que nós e as nosas amizades publicamos e compartimos e a que existe sobre nós na rede, conforma a nosa identidade dixital que pode estar exposta a unha serie de riscos como a perda de privacidade, ataques á nosa reputación, permanencia da información na rede ou incluso a suplantación da nosa identidade. Non é infrecuente chegar a situacións, ao noso alumnado ocórrelle, nas que non lles gusta a súa imaxe en internet, nas que os comentarios doutras persoas fan que se sintan mal ou nas que a xente sabe cousas delas/as que non queren que saiban. Polo cal, a modo de recomendacións moi xenéricas, debemos elixir sempre con moito coidado quen vai poder ver os nosos datos e contidos e configurar as opcións de privacidade nas redes sociais, non facilitar datos persoais innecesarios ou excesivos, reflexionar ben antes de publicar, subir contido, usar o sentido común e realizar un seguimento periódico dos nosos datos en internet. Debemos tentar que a nosa imaxe en internet reflicta, se é o que queremos, quen somos en realidade tendo en conta, antes de publicar información ou imaxes, que unha vez publicadas perdemos o control sobre elas. Para saber se hai información nosa en internet que descoñecemos podemos buscarmos en google (googlearnos) de cando en vez, non debemos facer nas redes sociais o que non nos gustaría que nos fixesen a nós e se calquera cousa fai que nos sintamos mal, como antes comentamos, debemos pedir axuda á nosa familia e ao profesorado da nosa escola ou instituto. Temos que educar á xuventude, tanto expertos como as familias e profesorado, na responsabilidade. En internet non todo vale e debemos facer chegar á mocidade que teñen o deber de respectar os dereitos das demais persoas, internautas ou non. Internet non é anónimo e ser menor de idade non exime de certas responsabilidades, isto é, aínda que non sexan maiores de idade son responsables das consecuencias dos seus actos posto que o descoñecemento das leis non exime do deber de cumprimento das mesmas.

3


PROXECTO SALVAT(i)ERRAS OS PROGRAMAS EUROPEOS Forma parte do PAP (Programa de Aprendizaxe Permanente), programa auspiciado e financiado pola Unión Europea. Ten por obxectivo que a xente e as institucións teñan a posibilidade de moverse e cooperar con outros países dentro dunha filosofía que considera que cooperación + mobilidade = aprendizaxe entre iguais. A Axencia española encargada de supervisar e xestionar os programas europeos é a OAPEE (Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos). O Programa Comenius ten por obxecto reforzar a dimensión europea no campo da educación infantil, primaria e secundaria, promovendo a mobilidade e a cooperación entre centros educativos. Existen Comenius Bilaterais (entre dous centros escolares) e multilaterais (máis de dous). Estas asociacións escolares entre centros educativos tamén permiten desenvolver proxectos educativos conxuntos para alumnado e profesorado. Existen Programas Europeos de intercambio tamén para outros niveis educativos chamados Erasmus (Educación superior), Leonardo (FP) e Grundtvig (Educación adultos). Actualmente estamos no desenvolvemento do PAP 2007 – 2013. O programa presenta este balance: 3 mil millóns de euros de inversión, 900.000 períodos de mobilidade, 720.000 estudantes participantes e 180.000 profesores.

PROGRAMA COMENIUS SALVAT(i)ERRAS O 2 de febreiro de 2010 recibimos un correo electrónico da Escola Básica e Secundária de Salvaterra de Magos (localidade situada a pouco máis de 50 Km de Lisboa) interesada en realizar un programa de intercambio europeo. Nos seguintes meses perfilamos posibles ideas a desenvolver e conseguimos financiamento europeo para viaxar a Salvaterra de Magos e poñer en común que é o que queremos facer entre as dúas escolas. Estivemos os días 31 maio, 1, 2, 3 xuño de 2011. Foi unha experiencia moi satisfactoria e chea de sintonía polo que decidimos realizar un proxecto co título SALVAT(I)ERRAS coa esperanza de ser elixidos pola OAPEE (Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos).

4


En febreiro de 2012 presentouse o proxecto Comenius: Asociación Escolar Bilateral ante a OAPEE. A OAPEE na súa resolución do 10 de xullo de 2012 aprobou 50 proxectos españois entre os que se atopa o do I.E.S. Salvaterra de Miño. Na nosa comunidade autónoma só saíron elixidas 3 candidaturas no programa Comenius Bilateral. Os centros elixidos terán que aplicar o seu proxecto antes do verán de 2014.

DESENVOLVEMENTO

DO

PROXECTO

Entre o 4 e 13 de novembro de 2012, 22 alumnos de 4º ESO do IES Salvaterra de Miño viaxaron a Salvaterra de Magos xunto aos dous profesores coordinadores do proxecto (Juan Carlos Paz González e Demetrio Prego Martínez) e entre o 4 e 15 de abril de 2013 viñeron 21 alumnos portugueses con tres profesores. O intercambio está subvencionado totalmente pola Unión Europea. Un dos obxectivos é a convivencia e o acollemento familiar. O alumnado quedou a hospedado nas casas das familias de acollida. Como unha primeira ferramenta de comunicación creamos na rede social Facebook o grupo SALVAT(i)ERRAS: https://www.facebook.com/groups/SALVATiERRAS/?ref=notif&notif_t=group_r2j O proxecto conta coa colaboración de moitos axentes sociais e culturais de Salvaterra de Miño: Concello de Salvaterra de Miño, Empresas como Adegas Fillaboa, Alfarería Añón, Porto de Vigo, Museo ANFACO, Banda de Música de Salvaterra de Miño, Escola de Música de Salvaterra de Miño, AC PONTENOVA, Asociación de mulleres rurais “ TEMPO GAÑADO” e moitos locais de restauración do concello. OBXECTIVOS QUE SE PERSEGUEN:  Poñer en valor o noso patrimonio cultural e natural.  Tratamos de enfocalo desde unha perspectiva local, rexional e cunha finalidade europea. Para conseguir esta finalidade europea sería o principio dunha posible asociación multilateral entre as distintas localidades "Salvaterra" de Europa (Portugal, Francia, Italia e España).  Fomentar o coñecemento dos nosos contextos socioeconómicos para incentivar o respecto do medio ambiente.  Establecer lazos de unión entre o Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara Municipal de Salvaterra de Magos.  Traballar unha conciencia do ensino máis globalizado, aberta á diversidade de coñecementos , actitudes e valores.  Fomentar valores fundamentais como o traballo en grupo e a sociabilidade. 5


 Favorecer entre o profesorado e o alumnado o intercambio de experiencias e o coñecemento de diferentes sistemas educativos a todos os niveis: persoal e profesional.

Visita do alumnado do IES SALVATERRA DE MIÑO á EBS de SALVATERRA DE MAGOS. Entre o 4 e 13 de novembro de 2012, 22 alumnos de 4º ESO do IES Salvaterra de Miño viaxaron a Salvaterra de Magos xunto aos dous profesores coordinadores do proxecto (Juan Carlos Paz González e Demetrio Prego Martínez). Saímos de Salvaterra de Miño con moita ilusión arredor das 7:00 h. Iamos cargados de ilusión, ganas, incerteza e desexo de descubrirmos cousas novas. Arredor das 14.30 h. xa estabamos en Salvaterra de Magos, alí as familias de acollida estaban agardando por nós, lucían nas caras unha grande ilusión. Tod@s miraban para tod@s, uns xa se coñecían polo Facebook outros buscaban entre os pais para saber cal era o seu. Foi un momento moi intenso e agradable. Ao día seguinte fomos recibidos na escola dunha maneira moi festiva. Era o inicio dunha semana intensa de actividades. Comezamos con actividades para que o alumnado se coñecese a través de baile de salón, moderno e rexional así como actividades deportivas. Pouco tempo fixo falta para que o alumnado sentise empatía uns cos outros. O primeiro paso, a primeira meta xa estaba conseguida. A esta actividade sucedéronlle moitas outras: 

Visita á xigantesca escola de arredor de 1800 alumn@s. o Falcoaría Real, Museo Etnográfico, Peirao ao pé do río Tejo, Casas dos pescadores e Capela Real.

6


Barragem de Magos, Museo Etnográfico de Glória, Olaría do Sr. Domingos en Muge, Casas de pescadores de Escaroupim.

Visita a Lisboa. Mosteiro dos Xerónimos en Belem. Monumento aos descubrimentos. Torre de Belem.

Oceanográfico. Centro comercial Vasco da Gama.

Visita á Mata Nacional de Escaroupim onde puidemos ver arredor de 150 especies diferentes de eucaliptos.

7


Recepción na Biblioteca de Salvaterra de Magos de representantes do concello. Realizamos uns murais con material de reciclaxe.

Gozamos dunha marabillosa xornada de convivencia de alumnos, pais, profesores e persoal non docente na escola con cea, espectáculos musicais e baile.

Plantamos árbores no recinto escolar, carballos e nogueiras.

8


Visitamos a feira internacional do cabalo na localidade de Golegá.

Fomos recibidos polo Rancho Folclórico de Salvaterra de Magos onde coñecemos o folclore e costumes da localidade.

Coñecemos a cidade de Santarem visitando os principais monumentos e localidades .

Asistimos a un pequeno obradoiro de teatro que fixo participar a alumnado das dúas comunidades.

Houbo tempo para traballar e expor uns traballos na Biblioteca da escola.

9


Xa estabamos no último día, coa sinatura dun “Libro de enderezos” demos por finalizada a nosa aventura na EBS de Salvaterra de Magos.

A intensidade coa que se viviu o intercambio manifestouse esta xornada. Unha xornada entre emotiva e emocionante. Despois de cumprirse moitas expectativas ninguén quería volver a Salvaterra de Miño. Non temos moitas fotos da despedida porque ninguén podía facer ningunha foto que puidese transmitir tanta emoción.

Chegamos a Salvaterra de Miño con ganas de preparar un programa ilusionante de benvida para abril de 2013.

Visita do alumnado da EBS de Salvaterra de Magos ó IES Salvaterra de Miño Entre os días 4 e 15 de abril de 2013 a delegación portuguesa realizou varias visitas de interese cultural, socioecómico e medioambiental pola nosa zona. 

O alumnado do noso IES recibiunos cun espectáculo musical de benvida e foron visitar o centro.

10


Visitamos o concello. Fomos recibidos pola tenente alcalde Marta Valcárcel do noso concello.

Visitamos as Covas de Dona Urraca, Adegas Fillaboa e a Alfarería Añón.

Paseamos pola beira do río Tea para coñecer este ecosistema.

Rastrexamos o parque de A Canuda ata o último recuncho. Formando equipos mixtos de galegos e portugueses.

Visitamos a Base de helicópteros de defensa contra incendios forestais de “O Campiño” en Pontevedra.

11


Comezamos un mural e fixemos as esculturas de lixo que estaban programadas.

Esculturas deseñadas por Marta Fernández e Jonathan González de 4º da ESO.

Estas esculturas trataban de incidir nas “tres erres”: Reutilizas, Reciclar e Reducir.

Chegou o momento de visitar Vigo e o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Fixémolo nunha goleta chamada “Nieves”. Unha goleta actualmente rehabilitada pero do ano 1910.

Visitamos o Porto de Vigo.

12


Museo ANFACO (Asociación Nacional de Fábricas de Conservas).

Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén fixemos unha plantación de árbores nos arredores do IES que trouxeron de Salvaterra de Magos.

Vivimos unha xornada moi emotiva na Casa de Cultura. Xuntámonos pais/nais, profesorado, alumnado do IES, Banda e Escola de Música de Salvaterra de Miño, Charanga animada por alumn@s do IES, Grupo de baile e gaitas da AC PONTENOVA e a improvisación de Jenny Lopes, unha estupenda acordeonista de Salvaterra de Magos.

13


Quedaba por coñecer o Baixo Miño, A Guarda ata Baiona. E así o fixemos.

Deixamos para o último día a visita ao Castelo de Vilasobroso e Mondariz.

Queremos facer unha especial mención á Asociación de Mulleres Rurais “Tempo Gañado” de Salvaterra de Miño o interese por colaborar dunha maneira moi especial co proxecto Salvat(i)erras.

E chegou o último día no que entregamos os certificados de participación no programa Comenius Salvat(i)erras...

14


e despois.... a hora da despedida.

Nesta crónica, os coordinadores do proxecto, queremos aproveitar esta oportunidade na revista O Estoxo para agradecer a tod@s as persoas que colaboraron neste proxecto: Equipo Directivo, profesorado, persoal non docente, Concello de Salvaterra de Miño, Banda e Escola de Música, AC Pontenova. Asociación de Mulleres Rurais “Tempo Gañado” de Salvaterra de Miño, aos rapaces Henry e Piñe que fixeron de Djs na festa da casa da cultura, así como a tod@s os que colaboraron indirectamente con nós . Foron 22 días de Comenius. Para o alumnado: Foron 22 días de aprender: a convivir, a perder a timidez, unha lingua, a saber ser unha persoa, a valorar o traballo dos outros, a saber relacionarse, a recoñecer a diversidade, a valorar o que temos na nosa casa, a ter respecto aos demais, a ter máis confianza, a ser máis animado... Foron 22 días de coñecer: outras formas de vida, outra cultura, outra lingua, xente nova e marabillosa, novos amig@s, novas tradicións... Para o profesorado: Foron 22 días de actividades na que se implicou moito profesorado colaborando desde a maioría dos departamentos didácticos. Para o centro: Foron 22 días nos que se falou dun proxecto europeo. O centro saíu a Europa dándoselle unha nova dimensión formativa. Non credes que merece a pena ? Nós estamos convencidos de que si. Quédanos o curso 2013-2014 para continuar este proxecto e ofertalo a novo alumnado. Agardamos que teña a mesma acollida que tivo este ano. Parabéns a tod@s. Xuño 2013, os coordinadores: Juan Carlos Paz González e Demetrio Prego Martínez.

15


O número d’O Estoxo deste ano saíunos viaxeiro. Chegados de Portugal grazas ao Comenius, imos agora visitar a Patagonia e Uganda a través da mirada de Ana e Laura. Tres razóns para visitar…. E por fin, un traballo de Anxo Rodríguez, de 3º ESO C, lévanos a Chipre. Abrochade os cintos!!!

A solitaria costa atlántica Pola RN3 podemos achegarnos á riqueza da fauna costeira: a balea franca austral, en perigo de extinción, ten unha famosa zona de cría na Península de Valdés. Os pingüíns de Magalláns, cos seus orneos, forman unha impresionante colonia en Punta Tombo, de máis de medio millón de exemplares. Pero tamén se poden ver de preto leóns e elefantes mariños, golfiños, focas e multitude de aves.

A PATAGONIA E A TERRA DO FOGO Ana González Cabaleiro A Patagonia e a Terra do Fogo están situadas ao sur do continente suramericano, comparten territorio entre Arxentina e Chile. Terra do Fogo, formada por illas, está separada do continente polo estreito de Magallanes. A mellor época para visitar esta rexión é no verán, coincidindo co noso inverno, xa que o resto do ano as condicións climáticas son extremas; ademais pola súa situación xeográfica no verán poden chegar a 20 horas de luz ao día na zona máis ao sur, ao contrario que no inverno. Hai centos de motivos para Patagonia, tres deles poden ser:

Pola súa marabillas

natureza:

viaxar

chea

á

de Os rangos de marea son tan altos que en zonas moi chás de Terra do Fogo como a Baía de San Sebastián o mar pode avanzar e retroceder ata 11km cos cambios de marea.

Cruzar a Patagonia supón percorrer grandes espazos, miles de km de natureza salvaxe e deshabitada... As paisaxes, a fauna a flora... a xeoloxía, todo é tan grandioso e diferente ao que temos aquí, que non deixas de sorprenderte e marabillarte a cada momento Hai dúas estradas principais que van de Norte a Sur: a ruta nacional 3 (RN3) pola costa e a ruta nacional 40 (RN40), que o fai bordeando a cordilleira dos Andes.

As estepas patagónicas A estepa, extremadamente chá e asolada por un vento constante, é unha gran extensión cuberta de matos e con quilómetros e quilómetros de estradas en liña recta que se perden no horizonte. A cordilleira andina retén a maior parte das chuvias e a neve no lado Chileno, de xeito que a vertente arxentina é moito máis árida, a pesar diso pódense observar facilmente moitos animais. O guanaco é o mamífero máis abundante, coa súa pelaxe alaranxada e unha gran facilidade para saltar todo tipo de valados; as macas, unha especie de lebre pero coas patas máis longas; tamén 16


raposos, tanto os grises como os colorados, percorrendo o terreo en busca de comida, un pode achegarse a eles para fotografalos, especialmente se se están a dar un banquete cunha ovella morta.... Os ñandús, similares a unha avestruz, corrican en parella, seguidos da súa prole, en busca de sementes... Pero se un animal impresiona polo seu tamaño e maxestosidade é o cóndor, un ave preeira que chega aos catro metros de envergadura. Si!, si!, catro metros de punta a punta das ás, cuxo movemento se escoita a distancia.

Entre os glaciares, o glaciar Perito Moreno é o máis famoso, xa que a súa situación permite achegarse ao fronte do glaciar e ver, pero sobre todo, escoitar a caída dos fragmentos que se desprenden a cada intre... Pero hai moitos máis glaciares, nacen no campo de xeo sur, unha das maiores extensións de xeo do planeta, situado en plena cordilleira, a meirande parte deles inaccesibles e apenas coñecidos. Navegando polo estreito de Magallanes, entre os fiordos pódense ver algúns glaciares máis desembocando directamente no mar, entre rochas cubertas de centos de especies de liques

As costas do dragón: a Cordilleira dos Andes A RN40 paralela á cordilleira dos Andes ofrece sen dúbida a paisaxe máis maxestosa dende a zona dos Lagos ao norte, con percorridos tan evocadores como a Ruta dos Sete Lagos, todos de cores diferentes; ou máis ao sur, onde podemos atopar os picos

Pola súa xente: tomando mate

charlando

e

A xente é acolledora e afable, gústalles falar e non deixan escapar a oportunidade de preguntarlle aos estranxeiros pola situación actual, economía, política... especialmente se o estranxeiro é galego (somos os inmigrantes máis coñecidos), iso sempre da pé a iniciar unha conversa.

máis famosos e visitados como o Cerro Fitz Roy ou os do Parque chileno de Torres del Paine, paraíso de escaladores, camiñantes, ou simples amantes da natureza. Algúns deses picos son volcáns activos que de cando en vez dan algún susto aos habitantes da zona.

Mate a todas horas Un dos costumes máis propios é o mate, un ritual practicado por todos. O mate é unha infusión feita coa folla seca e picada dunha planta do mesmo xénero que o noso acivro. Tómase nunha cabaza á que se lle vai engadindo auga quente. O líquido sorbese cunha bombilla, unha especie de palliña metálica cun filtro no estremo inferior. O mate intercambiase e compártese, pero o xeito de facelo segue sempre unhas normas

Nas ladeiras das montañas atopamos bosques de especies distintas ás nosas, as máis abundantes son do tipo das faias: os ñires, as legas e os colihues, baixo cuxa protección viven os pumas e os huemules e os misteriosos pudus, equivalentes aos cervos europeos, moi difíciles de ver. 17


determinadas, que están encantados de explicar aos non iniciados. O mate consómese en calquera parte, na rúa, no traballo e, sobre todo, a calquera hora. Unha familia paseando por un ruta de montaña, vai co seu termo na mochila intercambiándose o mate ao tempo que seguen o camiño.

000 anos despois chegaron ata a Patagonia, onde conseguiron adaptarse e sobrevivir. Cando chegaron os españois atoparon pobos nómades que cazaban guanaco e ñandu con arcos, frechas e boleadoras. Había moitas tribos diferentes, cada unha coas súas peculiaridades: na Patagonia os pehuenches, os puelches e os mapuches; na Terra do Fogo os selknan, os haush, os yaganes e os alacalufes. Catro mil anos antes de Cristo, América xa estaba descuberta. Logo chegaron os europeos, europeos de todas partes, ademais dos galegos, italianos, vascos, ingleses, ucraínos, alemáns,... Hai multitude de historias de aventura e supervivencia neste mundo de emigración, como a dos galeses, hoxe unha especie de illa dentro da Patagonia, conservando parte da súa cultura e costumes

Dime de que etnia es.... A pesar de costumes e hábitos comúns, a xeografía e a etnia marcan o modo de vida. Non ten nada que ver a vida dun bonaerense coa dun indíxena de Terra del fogo ou coa dos habitantes dun val dos Andes, cunha agricultura de subsistencia e onde a Pachamama marca o correr dos días. A vida á cabalo Non se pode falar das xentes da Patagonia sen nomear aos gauchos. Apareceron a finais do século XVIII, son o equivalente aos cowboys de América do Norte, cazaban gando salvaxe e domaban cabalos. Hoxe en día os gauchos traballan contratados nas estancias para controlar o gando e seguen mantendo o seu domino da natureza e a habilidade cos cabalos que os fixo famosos.

Pola súa historia: descubriu América

Colón

Está terra é miña Nesa conquista do "novo mundo" os prexudicados foron os indíxenas. Os europeos arrasaron con estas culturas primeiro en busca de prata, de aí o nome da Arxentina (procede de argentum a voz latina que designa a prata) Non atoparon o prezado metal e moitos dos primeiros colonos brancos morreron de fame e frío incapaces de soportar condicións tan duras. Os brancos desprezaban aos indios por consideralos inferiores cando eran eses indíxenas os que podían sobrevivir, atopando alimento, protexéndose das inclemencias, mantendo os seus lumes e cambiando de lugar seguindo as estacións... Posteriormente o motivo foi a terra, entre 1872 e 1879 na chamada Conquista do Deserto, matáronse a miles de indíxenas coa intención de quedar coas súas terras para a agricultura e gandería. Os que sobreviviron foron desprazados a lugares máis pobres e sen posibilidade de manter as súa cultura. Hoxe só quedan os museos e algúns descendentes, aínda que se están a facer esforzos por recuperar parte dos seus coñecementos e as súas linguas.

non

Todo empezou co descubrimento de América hai 30 000 anos, cando un grupo de poboación humana se desprazou dende Siberia ata Alasca polo estreito de Bering. 20 18


científicos. Algúns con nomes famosos como Drake, Cook ou o mesmo Darwin, tamén Lucas Bridges ou Bruce Chatwin coa súa obra En la Patagonia, ou o escritor galego Víctor Freixanes con A cidade dos Césares. Moitas historias de navegantes recollen como o feito de dobrar o Cabo de Fornos era o máximo logro para un mariñeiro. O piloto e escritor francés Antoine de Saint-Exupéry autor d’ O Principiño, voou sobre as terras da Patagonia, e algunhas das ilustracións orixinais da súa famosa obra reflicten paisaxes desta rexión. Ademais da literatura, o cine tamén recolle moitas das imaxes e historias emblemáticas: dende o humor d’ "O meu mellor inimigo" ata documentais como "As costas do Dragón", pasando por "Diarios de motocicleta", relato da viaxe do Che por Arxentina e Chile.

O fin do mundo Terra del Fogo é o territorio habitado máis austral do Mundo, por iso pódese dicir que chegar aquí é chegar "á fin do mundo", así é como se coñece a cidade arxentina de Ushuaia. Ela leva a fama, pero a fin do mundo está aínda un pouco máis ala, en Porto Williamns, unha pequena vila da illa Navarino, ao outro lado do estreito de Magallanes. Alí si que esta a fin do mundo e abofé que o parece.

Hoxe en día, moita desta historia queda lonxe a pesar de ser recente. A Patagonia e Terra do Fogo xa non son aquelas paraxes afastadas é inaccesibles; cada vez parecen máis a Terra dos Turistas. Aínda así… segue habendo miles de razóns para viaxar ata alí.

Pero Usuhaia ten outras historia, a máis curiosa é a do presidio que funcionou dende 1902 ata 1947, construído polos propios presidiarios. Hoxe é un museo e conserva intacto un dos corredores... pasear por el provoca calafríos. Outro dos lugares históricos é a Estancia Haberton, fundada en 1886 por un misioneiro cuxo fillo, Lucas Bridges, relatou a súa vida en El último confín de la Terra. Imaxinade un neno inglés que ten por compañeiros de xogo a indios yagans espidos e que, a medida que se fai adulto, ten que aprender a cazar touros salvaxes, rescatar barcos naufragados ou sobrevivir ás incursións dos bandidos... Lucas aprendeu as linguas dos indios e deixou constancia dos seus costumes con respecto e coñecemento de causa... Todas esas historias que atraen viaxeiros están recollidas nunha rica literatura de viaxes escrita por persoas de todo tipo: aventureiros, relixiosos, militares ou 19


TRES RAZÓNS PARA VISITAR UGANDA

sorriso resplandecente e verdadeiro, quizais non moi común n@s nos@s nen@s. Para un europeo podería resultar chocante esta alegría, pois non procede de ningunha posesión material, de ningún éxito profesional ou persoal... Esa alegría está no seu interior; e iso é o marabilloso, que son felices sen ter aparentes motivos para selo, son felices porque si.

Laura Novoa García Entender outras maneiras de vivir A primeira razón pola que penso que é interesante viaxar (sexa onde sexa) é que viaxar abre a nosa mente, os nosos ollos a unha realidade que moitas veces non somos capaces de percibir, sumidos como estamos nos nosos problemas e desacougos. Viaxar relativiza eses problemas, pois comprendemos que existen outros verdadeiramente importantes e que os nosos moitas veces non son tales. Nunha cultura diferente á nosa descubrimos outros costumes, outras maneiras de vivir, outras formas de relacionarse, outras maneiras de entender a vida, o tempo, a familia, as relacións, a sorte...

Coñecer lugares e animais fascinantes A segunda razón que podo dar é que en Uganda podedes visitar e descubrir paisaxes e animais sorprendentes. Para min sen lugar a dúbida o descubrimento máis impactante foron os gorilas de montaña. Despois dunha longa e difícil travesía atopamos unha familia entre a espesa vexetación. Estivemos unha hora observándoos a uns 6 metros de distancia, pero verdadeiramente o tempo voou. O seu comportamento, a maneira en que nos ignoraban, esas mans que poderían ser as dun humano e sobre todo a súa mirada... Esa mirada que con tan só recordala me percorre un arrepío polo corpo. Unha mirada que se diría humana. Os gorilas de montaña foron a razón pola que escollín

En Uganda descubrín cores, olores, risas, sensacións nunca antes coñecidas ou esquecidas. Coñecín xente amable, hospitalaria, feliz... Loxicamente non todo o mundo é feliz, pero o que un percibe nos pobos ugandeses é alegría...@s nen@s que saían das súas chozas para saudarnos ao paso do noso camión mostraban sempre un 20


Uganda e non calquera outro país de África para esta viaxe e penso que foi unha boa elección.

iso tamén merece a pena coñecelo. Entre os lugares espectaculares que visitamos quedaríame sen dúbida coas cataratas Murchison, sen esquecer, por suposto, o famoso lago Victoria ou o sempre impresionante Nilo. Vivir unha experiencia única A miña terceira razón non é nin moito menos a menos importante, máis ben ao contrario. En Uganda puiden, como xa dixen, descubrir e entender outra maneira de vivir. Entendín que non sempre o prisma dende o que nós xulgamos é o único nin o correcto. Que a nosa maneira de percibir a vida, o amor, a honra, o paso de tempo non é o único; respecto do tempo en África podería contar varias anécdotas, pero resumiríaas nun frase

Pero en Uganda non só hai gorilas. Alí tiven a fortuna de ver tamén aos “famous big 5” da fauna africana: elefantes, búfalos, leóns, leopardos e rinocerontes. Excepto no caso do leopardo (animal complicado de ver), a todos tivemos a oportunidade de velos de preto e con calma: unha gran familia de elefantes con varias crías, dúas leoas xogando cos seus pequenos, manadas enormes de búfalos e aos rinocerontes a uns pouco metros de distancia nun safari a pé. A estes espectaculares animais engadiría o hipopótamo (o animal que causa máis mortes en África, tralo home e o mosquito), non só pola cantidade deles que vimos, senón tamén porque puidemos ser testemuñas do seu espertar do aletargamento diúrno e acuático á súa intensa e rápida actividade nocturna (que nos fixo un pouco difícil conciliar o sono polo preto que pasaban das nosas tendas).

que me dixeron nada máis chegar: o branco (mzungu) ten o diñeiro; o africano ten o tempo. Fun aínda máis consciente da miña fortuna, e non me refiro só as comodidades que aquí nin valoramos, senón a simples feitos como por exemplo ter nacido onde nacín sendo muller (ese tema daría para escribir moitas liñas, pero simplemente direi que ser muller en África é de todo menos sinxelo), ter

Claro que non todo foron animais. Uganda é un país de paisaxes espectaculares, verde e marrón, con auga manando de todos lados, penso que niso é un país pouco africano, por 21


acceso a unha educación ou a un sistema sanitario... O bo de calquera viaxe é que o visto e o vivido permanece para sempre na nosa retina. Neste caso a luz do solpor africano, a tenrura da mirada dun gorila, o comportamento tan coñecido dos chimpancés, o sorriso dos nenos, a hospitalidade das mulleres a emoción dun rafting ou dun baño rodeada de hipopótamos no Nilo, un baile ou unhas historias de bruxos africanos arredor dun lume... Tantas e tantas cousas, vivencias e persoas que quedarán por sempre comigo e que fixeron que desexase coñecer máis de África e que, probablemente, esta non sexa a miña derradeira viaxe a esa máxica terra

22


Chipre, oficialmente a República de Chipre é un Estado membro da Unión Europea, situado na illa co mesmo nome, cuxa forma de goberno é unha república presidencial. O seu territorio está dividido en seis distritos administrativos. A súa capital é Nicosia. Esta República é un estado internacionalmente recoñecido, pero só controla dous terzos da illa. O terzo restante (norte da illa) foi ocupada por Turquía en 1974, polo que se establece a República Turca de Chipre do Norte. O último territorio só é recoñecido pola República de Turquía. Na illa hai tamén os enclaves de soberanía de Acrotiri e Dhekelia, pertencentes ao Reino Unido. A illa de Chipre está situado no Mar Mediterráneo, a 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste da Siria, e a 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre converteuse en membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960. Xeograficamente, Chipre pertence ao suroeste de Asia, mais politica e culturalmente, é considerado parte de Europa. Historicamente sempre houbo a ponte principal entre os dous continentes. Polo seu tamaño, Chipre é a terceira maior illa do Mediterráneo, despois de Sicilia e Sardeña. Esta illa ten unha lonxitude duns 160 km, ao cal debe ser engadido 72 km dunha estreita franxa de terra localizada no extremo nordeste. O ancho máximo de Chipre é 97 km Como a historia indica, Chipre debe ser o "Quitim" nas Escrituras Hebraicas. (Is 23:01, 12;. Da 11:30) A illa era famosa non só polo seu cobre, senón tamén pola súa excelente madeira, incluíndo ciprés, exportado a Tiro, na costa fenicia, para a construción naval. Goberno O goberno de Chipre está organizado de acordo coa Constitución de 1960, que dividiu o poder entre as comunidades chipriota grega e chipriota turca. -En 1974, Turquía gañou o control dun terzo do territorio ao norte do país. -En 2004, Chipre adheriu á Unión Europea. Con todo, a aplicación do acordo limítase á parte sur da illa, ata que a reunificación ocorra. -De 1936 ata 2013 o parlamento gobernouno o Partido Progresista do Pobo Traballador de Chipre (nome do Partido Comunista, de 1941, coñecida como AKEL). Este xogo aínda vai favorecer a reunificación e estar en Europa. Foi lanzado polo Partido Democrático de Chipre, no contexto da crise económica. Organización Política e administrativa A república de Chipre está dividida en seis distritos administrativos: Nicosia, Famagusta, Limassol, Paphos, Larnaca e Kyrenia. Cada provincia é gobernada por un representante do goberno central. Os distritos de Famagusta, Kyrenia e parte de Nicosia, están situados dentro da República Turca auto-proclamada de Chipre do Norte. 23


Pola súa banda, os territorios das bases soberanas de Acrotiri, no sur da illa, e Dhekelia, ao leste, están baixo o control dun administrador designado polo Reino Unido. Nestas áreas hai bases militares do goberno británico.

Actualidade O rescate europeo para Chipre: A decisión financeira para Chipre demostra unha vez máis que a Unión Europea está sempre detrás dos acontecementos. En principio, o acordo resúmese en contribuír con 10.000 millóns de euros, contra un número de opcións que precisa para levar a cabo o Goberno chipriota que, pola súa banda, vai impoñer algunhas sancións aos depositantes que teñan máis de 100,00 € nas súas contas. En paralelo, o Goberno chipriota impuxo un corralito, como o da Arxentina, que prohibe retirar máis que 300 € por día. Con todo, as decisións a curto prazo van ter efectos moi negativos sobre a zona euro a medio e longo prazo: a) destruír a economía fortemente dependente do turismo de Chipre sen capacidade financeira para afrontar os investimentos necesarios para a explotación de recursos enerxéticos; b) forzará a Chipre a buscar outros aliados fóra da Unión Europea, o que afectará os actuais problemas xeo-económicos, especialmente en relación ás reservas de enerxía; c) noutros países fará que comece unha recollida dos depósitos bancarios, no caso de que tales medidas poidan estenderse a outros países en dificultades. Haberá tamén movementos de capitais fóra da zona euro. Países do BRICS esperan detrás dos problemas europeos.

Imaxe de Nicosia, a capital da República de Chipre. Anxo Rodríguez, 3º ESO – C 24


Tres traballos que realizaron alumnos de Nieves, a profesora de PT, tratan temas tan variados e interesantes como o da contaminación nos ríos, a rapa das bestas en Galicia e a existencia ou non dos extraterrestes. Preguntas básicas sobre a contaminación nos ríos. 1. Tipos de residuos segundo a súa orixe?

Residuos urbanos, residuos industriais, residuos de construción e demolición, residuos sanitarios, residuos biosanitarios, residuos citotóxicos, residuos mineiros, residuos agrícolas, gandeiros e forestais e residuos radioactivos. 2. Quen verte residuos aos ríos ?. As persoas, as fábricas, os pobos e as cidades, os vehículos acuáticos a motor. 3. Que tipo de residuos sólidos aparecen no río Miño ao seu paso por Salvaterra? Papeis, botellas de vidro, plásticos (bolsas, envases), latas, zapatos, pilas...etc. 4. Que danos sofre o río Miño por culpa da contaminación? Afecta á súa flora e fauna. Hai especies O

de animais e plantas que van desaparecendo.

ecosistema sofre modificacións e aparecen especies de fóra que

se converten

en

invasoras. Ademais, os habitantes da zona tamén sofren algunhas consecuencias: augas non aptas para o baño, diminución

das

especies

que

se pescan,

malos olores, zonas de

acumulación de lixo, etc. 5. Que hábitos serven para coidar dos nosos ríos, en Galicia?Non tirar plásticos, papeis, vidros, produtos químicos, etc.; que as persoas que aproveitan os recursos pesqueiros do río sexan respec-tuosos/as co medio; que se busquen actividades económicas nos ríos, sen deterioralos; que se eduque os fillos/as na idea do coidado da natureza de Galicia. 6. Que peixes atopamos no río Miño en Salvaterra? Peixes autóctonos: a lamprea, a troita, a anguía, o salmón, a sabela vermella, taíña, escalo, barbela do Miño e espiñento.

lamprea anguía

25


Hai tamén peixes de fóra introducidos no río Miño, como

os seguintes:

carpín dourado

(procedente de Asia e devorador de algas e peixes), perca negra (procedente de América e gran devorador, sobre todo de peixes e cangrexos),

gobio (procedente de Francia e

devorador de ovos e crías doutros peixes) e a gambusia (procedente de EEUU e devoradora de larvas )

7. Que aves viven no Miño? Autóctonas: picapeixe, andoriñas, parrulos, garza, lavandeiras, merlo rieiro, bilurico bailón, picafollas común. Invasoras: cotorra arxentina, pico de coral común e algunha máis.

andoriñas

Picapeixe ou martiño pescador

Iván Busto Patricio 1º ESO B

26


OS CURROS DE CABALOS OU RAPA DAS BESTAS 1. Que son e que se fai neles. Un curro é unha festa tradicional galega que se realiza no monte. Consiste nunha xuntanza de persoas que se reúnen para ver como os donos dos cabalos salvaxes os traen do monte para marcalos e limpalos. A festa comeza pola mañá cedo cando os cabaleiros saen en grupos a recoller as manadas que andan soltas. Traen os cabalos para un cerrado grande e métenos alí ata despois do xantar. Pola tarde entran os rapadores no cerrado e cóllenos de un en un cunha corda enganchada nun pao. Sácanos para fóra, córtanlle as crinas e os rabos, márcanos cunha ferradura quente e chífranos cun líquido insecticida para matarlles os parasitos. Logo volven ser libres. 2. Cales hai na nosa provincia ? Velaí vai un calendario: MAIO XUÑO

XULLO

AGOSTO

-Curro de Valga, en Oia (Pontevedra) 2º domingo -Curro de Torroña, en Oia (Pontevedra) 1º domingo -Curro de Mougás, en Oia (Pontevedra) 2º domingo -Curro de Morgadáns, en Gondomar (Pontevedra) 3º domingo -Curro de San Cibrán, en Donas- Gondomar (Pontevedra) 4º domingo -Curro de Sabucedo, en San Lourenzo de Sabucedo- A Estrada (Pontevedra) 1º sábado, domingo e luns -Curro de Amil, en Amil-Moraña (Pontevedra) 2º domingo -Curro de Monte Castelo, en Cotobade (Pontevedra) 2º domingo de xullo -Curro da Paradanta, en Luneda-A Cañiza (Pontevedra) 4º domingo

FONTE: http://turismodepontevedra.blogspot.com.es/ 3. Quen vai a eles? Os donos dos cabalos salvaxes e quen colabora con eles na tarefa: rapador e persoal de medioambiente. Ademais montan bares ambulantes de comidas e hai vendedores con postos variados: sombreiros, rosquillas, obxectos de hípica e mesmo xeados!! O público que asiste é diverso: a xente que ten ou que lle gustan os cabalos, veciños/as da vila e dos arredores, xornalistas e fotógrafos, turistas estranxeiros, tratantes de animais, carniceiros, etc. 27


4. Que razas de cabalos hai no monte galego? Fundamentalmente cabalos do monte, é dicir, cabalos de pura raza galega (que se atopan en perigo de desaparición, por ter sido cruzados con outras razas foráneas). Ademais hai animais mestizos con outras razas como: appaluso, español, percherón. Hai que dicir que a introdución de animais de fóra tivo as súas dificultades. Os sementais

sobrevivían pouco tempo, debido ás duras condicións climáticas e aos ataques dos depredadores. O cabalo galego está moi adaptado ao medio. 5. Cales son as características máis destacadas do cabalo de pura raza galega? Trátase dun cabalo moi duro e resistente, adaptado a condicións extremas. Ten unha alzada entre os 120-140 cm, é dos de maior tamaño entre as tallas pequenas. Os exemplares de Pura Raza Galega son moi aptos para a práctica da equitación en todas as súas modalidades, tanto en equitación deportiva de competición coma en equitación de lecer. Ademais, polo seu temperamento tranquilo e nobre, serán moi válidos para centros de hipoterapia (equitación terapéutica) con discapacitados físicos ou psíquicos e poden axudar á reinserción social de drogodependentes e marxinados sociais. FONTE: http://www.ceibesnomonte.com/inicio.htm César Domínguez Fernández 1º ESO

28


Os alieníxenas A palabra OVNI significa obxecto voador non identificado. Neles suponse que veñen os alieníxenas. Aos alieníxenas tamén se lles chama os grises (en ufoloxía, grises, tamén chamados os extraterrestres de Roswell ou Zetas Reticulianos, son unhas das supostas distintas formas de vida extraterrestre máis famosas e actualmente coñecidas). Din que os extraterrestres teñen o corpo un pouco raro: a caluga alongada cara atrás (como se levasen un casco de ciclismo), os ollos grandes, os brazos longos e as pernas pequenas, delgados, de pouca estatura e ademais son moi intelixentes. Por outra banda están os defensores da idea de que os alieníxenas tiveron relación cos antigos exipcios, por exemplo falan de que o faraón chamado Akenaton (pai de Tutankamón) e o seus fillos maila súa muller podían ser alieníxenas, porque tiñan unha cabeza alongada cara arriba e consideraban deus ao Sol (posible referencia a un ovni).

No 2008 un satélite enviou á NASA unha fotografía de Marte na que se observa unha misteriosa forma. Para algúns é un ser que camiña, para outros unha simple formación rochosa. Vós decidide. Hai varios casos de ovnis que caeron do ceo: en Roswell (EE.UU), en Bos Aires, no deserto de Novo México. Mais non se atoparon restos definitivos. Tamén existe xente que afirma telos visto ou mesmo ter estado na súa nave. Xeralmente, quen o escoita, pensa desas persoas que están tolas. Cóntase que unha periodista de EE.UU entrou no Pentágono e tirou fotos dos alieníxenas e das súas naves. Aos 3 días de facer esas fotos apareceu morta na súa casa. Botaron a noticia pola tele e pola radio. A miña opinión sobre se existen ou non os alieníxenas, é que si que existen, porque resulta pouco crible que o ser humano sexa a única criatura intelixente nun universo tan infinito. Diego Dos Santos Pérez 1º ESO B 29


O Días das Letras Galegas de 2013 estivo dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. A lembrar a figura deste autor e ao teatro, o xénero que non só cultivou como escritor senón tamén como actor e director de actores, van as seguintes páxinas, a través dun traballo realizado polo alumnado de 4º ESO.D

Eu son un home… un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en dia, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosa.

30


Roberto Vidal Bolaño naceu en Compostela o mesmo ano en que morreu Castelao en Buenos Aires. Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da estrea da súa primeira peza teatral, 1965, cando só tiña quince anos, a súa vida transcorre entre o traballo e uns precoces inicios formativos co cinema e coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo. Desde moi novo, con apenas doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Ata que lle toca ir a Ceuta para facer o servizo militar no exército español, entre os anos 1971 e 1973, coñece oficios que van desde os ultramarinos ou o automóbil ata unha axencia de viaxes. A narración de historias con personaxes en movemento que se exhiben en toda a súa complexidade ante os ollos de todos parece fascinalo especialmente. Primeiro, o mundo do cine, que o manterá sometido ás súas luces e aos seus modos narrativos para sempre. A súa condición de asalariado e de home en proceso de formación relaciónano, sendo aínda un neno, coas Xuventudes Obreiras Cristiás, as XOC, que constituíron a porta de acceso á militancia sindical e política antifranquista durante a Longa Noite de Pedra. Precisamente, a súa primeira peza teatral, O Xogadeiro, estréaa Roberto Vidal Bolaño no colexio Placeres de Marín, durante a celebración do Día do Aprendiz programado por esta organización obreira.

31


En 1977, Roberto Vidal Bolaño é despedido da entidade bancaria na que traballaba. Esa incidencia laboral tamén determinará a intensidade e a insistencia da súa dedicación ao teatro. Memoria de mortos e ausentes (1978), Antroido na rúa (1978), Ruada das papas e do unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) ou Romance dos figos de ouro (1983) son algúns dos seus espectáculos durante ese período.

O mesmo ano da creación do Centro Dramático Galego, Roberto Vidal Bolaño escribe e dirixe Agasallo de sombras, unha visión desmitificadora e densa arredor de Rosalía de Castro e da súa relación con Manuel Murguía. No ano 1985, nace a Televisión de Galicia, e con ela empeza a andar o xermolo das primeiras industrias audiovisuais. Entre elas, a da dobraxe de películas ao galego. Roberto Vidal Bolaño participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia. En 1992 Días sen gloria, que obtén o Premio Rafael Dieste e queda finalista do Premio Nacional de Literatura. No ano 2002, a compañía Teatro do Aquí estrea Animaliños, unha montaxe na que Vidal Bolaño non só achega o texto, senón tamén a dirección, o espazo escénico e a iluminación. É o seu derradeiro traballo dramático. O 11 de setembro, pouco despois da publicación do monólogo Sen ir máis lonxe, a enfermidade, que non o dera apartado dos escenarios nin dos seus textos, cóbrase a vida de Roberto.

32


O pasado mes de xuño de 2012, o plenario da Real Academia Galega (RAG) decidiu a dedicación do Día das Letras Galegas, en maio do 2013, ao Santiagués Roberto Vidal Bolaño. Roberto Vidal Bolaño cumpre este ano o seu décimo aniversario de falecemento, condición necesaria para a candidatura á homenaxe. A inmediata asignación do Día das Letras Galegas con respecto ó cumprimento do requisito suxire o interese que suscita a súa figura na literatura Galega do século XX. Así o confirma a propia RAG ó considerar a este autor como imprescindible non só na nosa literatura, senón tamén na dramaturxia europea do último cuarto de século XX.

33


O día 21 de marzo fomos ao

teatro. O alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º

bacharelato asistimos a un espectáculo a cargo da compañía Teatro da Esmorga que representou seis sketchs independentes enfiados por un narrador facendo un percorrido polo teatro galego dende o Rexurdimento ata os nosos días. Comezou o espectáculo cun fragmento da primeira obra do teatro moderno galego, A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia. Vimos como don Ramón, o fidalgo da obra de Castelao os vellos no deben de namorarse discutía cos retratos do seus pais. Fragmentos de obras de Roberto Salgueiro e Manuel María. E, como non, tamén escoitamos parte da obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Asistimos á loita con fouciños entre dous paisanos, a don Ramón falando cos pais, escoitamos as queixas dun espermatozoide ou a leria entre unha parella de porcos.

Alumnado preparado para asistir á representación. Unha galería de sorrisos!!!

34


…e teatro tamén no instituto. Unha das actividades realizadas na Semana das Letras Galegas consistiu nunha lectura dramatizada de fragmentos da peza O achado do castro, de Manuel Núñez Singala. Elenco: alumnado de 2º de ESO.

O alumnado de 2º ESO A en escena: Beatriz Gómez, Miguel Fontán, Javier Fernández, Sofia Bancoff, Diego Alonso e Xaquín Alves.

Varias exposicións relacionadas con Bolaño, a súa obra e co día Letras Galegas poden ser visitadas nos corredores do instituto. Organiza o equipo da biblioteca.

Exposición de obras do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Abaixo carteis da exposición “50 + 1 = 51 anos das Letras Galegas”

35


Eis unhas recensións dalgunhas

novelas galegas para animarvos

a ler durante este verán. Á volta das vacacións pasamos lista… Felipe González Bernárdez, 2º Bacharelato Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez, é unha novela negra, un libro de intriga e misterio. A historia ambiéntase nunha vila ourensá. Está protagonizada por catro escritores que chegan a Galiza buscando refuxio da presión mediática e política que sofren nos seus, respectivos países. Extorsionados por unha organización mafiosa, terán que investigar a desaparición do Padre Abel, un sacerdote galego desaparecido hai 20 anos. O crime organizado, o tráfico de droga, a loita de ideoloxías, o medo, a chantaxe, a metaliteratura, o fanatismo e o machismo dos países islámicos… son outros subtemas dos que trata esta historia. Está novela asentase sobre o feito histórico de que España recibiu lingotes de ouro, entre 1942 e 1944, procedentes das moas, xoias e demais pertenzas dos xudeus dos campos de concentración nazis. O ouro nazi serviu como moeda de pago ao volframio e as sales potásicas, extraídas das minas galegas, que España enviou a Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Formalmente, a estrutura é lineal, é dicir, presentación, nó e desenlace. A narración é obxectiva en primeira persoa, e vanse alternando os narradores (multiperspectivismo). A linguaxe e sinxela é directa, xa que prima a contido e a acción por encima da forma. O autor xoga moi ben coa velocidade de narración: Incrementa o ritmo da narración nos puntos de máxima tensión, con oracións moi breves e con descricións pictóricas. A intriga, ben dosificada, mantense ata o final. Cómpre destacarmos que esta obra foi Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2010. Outro dato curioso é o nome da obra: DEUS XOGANDO AOS DADOS. É a negación da famosa frase de Albert Einstein: “Deus non xoga a os dados”. Porque é este o título? É unha boa razón para ler o libro. En síntese, é unha obra recomendable para todo aquel a quen lle guste a acción, a intriga e o suspense. A novela negra é un xénero que crece en número de lectores no noso pais. E esta é unha boa obra, tanto se che gusta este tipo de libros como para comezares a lelos. Fernando Méndez: Deus xogando aos dados, ed. Sotelo Blanco.

36


Matusa Pazó Rodríguez Estirou o pescozo. Quería presentarse coa cabeza ben alta, imitando a figura de James Bond… Así empeza esta trepidante historia dunha parella formada por “O Varas”, un delincuente de pouca monta que, cando se pon nervioso, cre que é infalible, e a súa muller, “Rica”, cando van visitar os seus fillos xemelgos a un Centro de Acollida Familiar. Unha vez alí comezan unha desordenada e frenética fuxida a non saben ben onde.Representan unha familia desestruturada en todos os aspectos e non teñen onde caer mortos. A súa fuxida lévaos a un montón de escenarios diferentes, como se dunha película de acción se tratase, e incluso a cruzarse no camiño dunha camioneira culta e licenciada que escribe nun blog e é fan de Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión en 1932. Esta historia tranquila e intimista dálle sosego á trepidante fuxida da parella cos seus fillos. Moita acción que consegue meternos na historia e non deixar de ler ata o remate para ver onde chegan na súa tolemia. Moi actual. Fácil de imaxinar as escenas en lugares que nos son familiares, como se dunha película se tratase pero… non esquezamos que a historia está baseada nun feito real. Fran Alonso: A punta de pistola, ed. Xerais

Matusa Pazó Rodríguez …Cando che pareza que xa non podes máis, cando se che faga insoportábel o cheiro da derrota, entón baixa até o fondo da Fraga Mesta a reunirte comigo… (Val) ….E cando será iso?... (Aurora) …Iso sucederá cando unha parte da nena que es hoxe te abandone e comece a florecer en ti unha arela nova, o degoiro de algo que non sabes ben dicir que é, pero que te empuxará a emprender un camiño novo… (Val) Baixo estas premisas arranca unha fantástica historia que nos transporta a unha época pasada de pazos e señores, como se fose o bosque de Robin Hood. No país de Glearim, onde reina Ambulosac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen de seguido, pois no pasado 37


concedéranlles o don de non morrer mentres durmían, así que, co medo a morrer e coa idea da inmortalidade, deixan de “vivir en vida” e cada vez dormen máis.

Aurora é unha das poucas que coñece o segredo, así que, reunirase co seu amigo Val e as súas xentes para liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Irán vila por vila librando duras batallas e buscando seguidores que os axuden na recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo libre. Para conseguilo, en cada vila deberán atopar un libro… Vivir libres é o obxectivo e a loita é o camiño… Dá ganas de viaxar no tempo e axudalos no seu empeño. Bonita historia de amizade, chea de valores e sentimentos. Xabier P. Docampo: O país adormentado, ed. Xerais.

Matusa Pazó Rodríguez O día que Damián recibiu a carta que lle había cambiar a vida, nada facía presaxiar que a súa rutina diaria quedaría rota para sempre… Así é como comeza a historia dunha parella madura que o autor utiliza para falar da realidade da nosa sociedade actual onde a exclusión e invisibilidade social dunha certa poboación é palpable… chegados os cincuenta e se quedas sen traballo é como se vivises fóra do mundo, da rutina, da sociedade galopante onde só hai cabida para o consumo e a vida ás presas. Os protagonistas intentan ser conscientes da súa situación, aproveitala e compartila con outros no seu mesmo estado para que sexa máis levadeiro. O libro é tamén unha homenaxe ao cine, as películas e a esa maxia das salas de proxección que están desaparecendo. Damián sempre ten unha cita dunha boa película para aplica á súa vida. Así é a maxia do cine: sen ser a vida mesma, axuda a entendela e a encher de esperanza o corazón. Agustín Fernández Paz: Fantasmas de luz, ed. Xerais.

38


Natalia Faro Lubiáns, 3º ESO A Nils, un rapaz de dezaseis anos, diagnostícanlle un cancro terminal. El non é quen de pensar con claridade diante de tal realidade, non comprende por que ten que morrer tan novo, con toda a vida por diante, con todo o que calquera adolescente devece por facer. Ten que decidir con quen pasar o tempo que lle queda. Ou é no hospital, coa xente que sente o mesmo ca el; ou é volvendo a vivir cos pais. Pero coñece a Helene, unha rapaza que padece a mesma enfermidade, aínda que está peor ca el. Ao coñecer esta rapaza, descobre un posible sentido para os seus derradeiros días de vida: quedar no hospital e pasalos xunto a Helene. Este é un libro un pouco triste, xa que é moi duro pensar que rapaces tan novos como os desta historia, morren por culpa desta enfermidade. Aínda así, é unha historia bonita, na que o protagonista lle atopa un sentido aos poucos días que lle quedan de vida. Emocioneime cando Nils, o protagonista, lle foi axudar á enfermeira Ulla para que un rapaz pequeno perdese o medo e puidese durmir. Ulla e Nils representaban obras de teatro con monicreques e contaban aos pequenos, que se foron sumando como público, historias poboadas por princesas, crocodilos… Facer isto estando ti desanimado pola enfermidade é algo moi fermoso. Unha historia que non acaba de todo ben, pero marabillosa. Birgit Schlieper, Nina Stahl: Ás veces quero morrer coa risa, ed. Galaxia.

39


Durante o presente curso escolar e dende a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, os alumnos de 1º Bacharelato elaboraron artigos relacionados co medio ambiente para a páxina web “Climántica”. Dentro deste proxecto, organizouse un concurso de microrrelatos de ciencia-ficción. Publicamos a continuación o relato gañador deste certame, escrito pola alumna de 2ºESO B Ilea Rodríguez Márquez, e o do alumno de 4º ESO D Sergio Rodríguez Antúnez.

O MUNDO DENTRO DE 100 ANOS NON MELLORA… Só quedaban uns metros. Tiña que darme présa. Saíra despois do toque de queda, o cal estaba prohibido, e se un deles me pillaba estaría morto. -Este é o mundo que me deixaron os meus antepasados? Ía correndo. Suaba moito polo esforzo de correr 10 km con ese maldito traxe obrigatorio; era azul e gris, dunha tea como de chándal, pero nada transpirable. Xa case estaba. Uns metros máis e chegaría a casa... de súpeto todo parou, así, sen máis, non sentía nada. Que pasara? Mirei atrás... un deles collérame. Eu xa estaba morto e nin me dera conta. Inxectárame un deses velenos seus e non me quedaban máis duns minutos para... collín traballosamente aire e esmorecín. Aquel noxento home do goberno collérame e ditaminara a miña sentenza, a morte. Exhalei o meu último alento. Ilea Rodríguez Márquez

A FIN DO MUNDO Esta historia comezou cando aínda era un rapaz, corría o ano 2032 e tiña 20 anos, nese momento eu aínda non me dera conta do que acontecía realmente, tal vez non quería darme conta, xa que a verdade era moi triste. Eu nese momento estaba pensando en atopar un traballo, conseguir algo de pasta e irme de vacacións cos amigos. Que cheo de vida estaba! Estabamos entrando no inverno, pero os días pasaban e seguía habendo ese ambiente cálido propio do verán, a min parecíame xenial que seguiran os días e o tempo non cambiara, era feliz, Je! que enganado estaba.

40


Na televisión, na radio, nos xornais … todos falaban do mesmo feito, os polos estaban derreténdose. Esta noticia repetíase cada vez máis, e cada vez máis xente estaba asustada polo que estaba a acontecer. Podíase escoitar a mesma frase en calquera cidade, vila, rúa … A Fin do Mundo. Pero eu non, eu non cría niso, ó longo da historia houbo moitos acontecementos e lendas da fin do mundo, pero por desgraza, esta vez non foi ningún conto senón a crúa realidade. Sigo con esta triste historia que vos estaba a contar. Esta vez estamos no ano 2047, pasaron 15 anos, 15 anos nefastos. Neste ano a Terra xa non é o que recordaba, xa non é aquel mundo onde vive a humanidade, agora é o mundo onde intenta sobrevivir a raza humana. Os polos xa non existen, como parte da superficie terrestre que foi invadida pola auga, o clima xa non varía, todo o planeta está na mesma estación todo o ano, e non é o verán, o verán sería o inverno hoxe en día; a vexetación xa non se encontra en calquera recuncho, o mundo xa non é o que era. Intento seguir relatando esta historia coas poucas enerxías que me quedan, xa pasaron 57 anos dende que empecei a escribir, estamos no ano 2089. A humanidade segue viva, e eu incriblemente tamén. Poucas persoas quedan vivas, só sobrevivimos os máis fortes. A miña vida, ao igual que o mundo, chega á súa fin e, se alguén le este relato, poida que sexa porque a humanidade sobreviviu. Se é así, espero que esta historia axude a non cometer os mesmos erros do pasado. Xa non recordo o meu nome, pero espero que se me recorde como O Home que Mantivo o Sangue Frío na Fin do Mundo. Sergio Rodríguez Antunes, 4º D

41


Continuamos co xénero narrativo. O alumnado de 1º ESO B contribúe con tres relatos breves que tratan diferente temática: a ciencia ficción nun mundo poboado por dinosauros, o misterio que se agocha detrás dun túnel e unha lenda popular na Fillaboa.

Invasión cretácica, Lois González Pérez 1º ESO B No ano 2250 un científico quixo saber cómo eran os dinosauros. Nese mesmo día creou un vórtice que fixo que aparecesen os dinosauros. Cando todo ía ben o vórtice descontrolouse e os dinosauros apareceron en masa esparexéndose por toda a cidade... Tanto se expandiron que conquistaron a Terra de novo e extinguiron a especie humana. Pero non de todo, quedaron un grupo de humanos e reuniron tódalas armas e mailas tácticas que estaban ao seu alcance. Daquela loitaron para acabar con eles. Ao cabo de douscentos anos a antiga especie de réptiles estaban case extinguidos e os humanos repoboaron a Terra...

A vía morta, Mar Lorenzo Álvarez 1º ESO B Nunha vía de tren atopábase unha nena cun vestido, un sombreiro e unha maleta. Pasaba un vello por alí e preguntoulle: Podería indicarme o camiño á cidade? El virouse, ela ao ver o seu rostro retrocedeu. O seu ollo dereito era branco e carecía de expresión. —Como di a señorita? —Dicíalle se é tan amable de indicarme o camiño á cidade. —Ah, entendo! Siga pola vía morta ata o túnel. Sorte! Non recordaba o tempo que levaba camiñando, cando un calafrío de espanto lle percorreu a pel. Aos poucos metros atopouse coa cidade e nun banco estaba o vello sentado cun maléfico sorriso...

42


LENDA Contrabando na Fillaboa, Carlos Besada Rodríguez 1º ESO B Esta historia aconteceu alá polos anos setenta, nas illas da Fillaboa. Era unha noite de contrabando coma outra calquera pero aquela noite ía acontecer algo que se recordaría para sempre. Os contrabandistas querían pasar uns poucos quilos de café. Tiñan que ir en barco a Portugal para cargar e facían moito ruído... E sendo de noite os ruídos escóitanse mellor. O problema é que sempre hai unha parella de gardas vixiando, polo que a única maneira de facer a descarga sen arriscarse era subornar aos gardas, coma sempre. Ata aquí era todo normal, só que un dos gardas desa noite era novo no cuartel, así que o outro garda foi o que quedou co diñeiro do suborno. Pero o garda novo tiña ganas de demostrar que valía para o posto e toleaba por atopar algún contrabandista. No momento da descarga, o garda corrupto mandou ao garda novo que atravesara o río Tea onda a Fillaboa e que se internase pola illa que hai ao lado da ponte do tren xa que segundo el escoitara ruídos por alí. Esta era unha mentira para apartar ao garda novo e así os contrabandistas poder descargar os fardos. O garda novo non quería ir xa que non sabía nadar e non coñecía a illa. O garda corrupto díxolle que o río ía baixo, que lle daría polo peito e unha vez que estivese dentro da illa escoitaría os contrabandistas e el atraparíaos fóra. O garda novo cruzou o río Tea, entrou pola illa e deu volta en busca de alguén; pero non encontrou a ninguén. Mentres os contrabandistas pasaban o café, o garda corrupto recibiu as dúas partes do suborno. Esta historia non ten un bo final, xa que o río Tea subiu moito o caudal e como o garda novo non sabía nadar, cando quixo volver afogou. Ó día seguinte viu ata a Fillaboa o capitán de Pontevedra porque morrera o garda. Naquel tempo o Tea ía moi crecido... As culpas da morte levárona os contrabandistas, pero a culpable foi a avaricia do seu compañeiro. Proverbio: Non sexas avaro e non te metas nas augas da Fillaboa se non sabes nadar!

43


Cantigas A selección de poemas que veñen a continuación foron realizados polos trobadores e trobadoras de 3º da ESO que se serviron dos recursos dos devanceiros dos séculos XIII e XIV como o leixaprén, o paralelismo ou o refrán, construíron rimas e empregaron o léxico da época.

Sopra o vento lene dos verdes prados, falando baixiño do meu amado. Estou sen arrimo!

Sopra o vento lene dos verdes montes, falando baixiño ás augas das fontes. Estou sen arrimo!

Falando baixiño do meu amado, violíns e violas tocadas de anxos. Estou sen arrimo!

Falando baixiño ás augas das fontes, violíns e violas debaixo das pontes. Estou sen arrimo! Nara González Gómez, 3º ESO – A

44


Árbores de Lourido que estades aquí comigo, onde está o meu amigo?

Árbores dos prados que estades aí plantados, onde está o meu amado? Vaiamos María á ría! Que estades aquí comigo esperando nun suspiro…

Na beria da ría, gozaremos do día saltando as ondas, miña amiga.

onde está o meu amigo? Vaiamos María ao mar! Que estades aquí plantados dando sombra en todos lados…

Na beira do mar, imos pasear saltando as ondas, miña amiga.

onde estará o meu amado? Aroa Rodríguez, 3º ESO B

Na beira da ría, gozamos do día mentres o sol polo horizonte saía… saltando as ondas, miña amiga.

Na beira do mar, fomos pasear mentres o amigo me andaba a buscar. saltando as ondas, miña amiga. Iria Rodríguez da Silva, 3º B

45


Ai amores, ai amores do ceo nubrado, se sabedes algo do meu namorado. Ai Deus, onde está?

Ai amores, ai amores do ceo encapotado, se sabedes novas do meu amado. Ai Deus, onde está?

Se sabedes algo do meu namorado, aquel que marchou sen deixar rastro. Ai Deus, onde está?

Se sabedes novas do meu amado, Aquel que non cumpriu o xurado. Ai Deus, onde está? Ángel Cánfora Lorenzo, 3º ESO B

46


Ai nubes, ai nubes que de gris tedes o ceo tinguido, se sabedes onde está meu amigo. Ai Deus, onde está?

Ai nubes, ai nubes que non dades fuxido, se sabedes onde está meu amigo. Ai Deus, onde está?

Se hai novas do meu amigo, aquel que me enganou e acabou comigo. Ai Deus, onde está?

Se hai novas do meu amigo, aquel que non volveu tras dicir cousas ao oído. Ai Deus, onde está? Ana Martínez Gómez, 3º ESO – C

47


Uns versos de Eva Villar, alumna de 1º de Bacharelato, que trasladan ao mundo da lírica a visión dunha realidade problemática e para nada poética.

1 No mundo de fóra, ninguén pode ser. Meigallos ocultos en cuncas de té. Segredos gardados dun soño imposible, que fan a este mundo a vida perder. 2 Ese bico esquecido na boca do demo. Cumpre só ás veces o seu cometido que é, sen dengues, contar o ocorrido... ...incautos a salvo do frío do mundo, con vendas nos ollos non ven, sen querelo, a vida de fóra. Na casa esa xente, na rúa o mendigo que tamén sen querelo, morre de frío. Á vista de todos 48


ninguén testemuña do inxusto da vida, que enche de medo ao que vive sen risa.

3 Un dia tras outro abrindo os seus ollos, pechando os recordos dun tempo pasado. Erguendo a cabeza, ocultando as feridas que nun tempo deixaron, esa alma sen vida. Como nun mal feitizo o seu espírito marcha. esquecendo a este xeito os soños perdidos, as noites amargas. Ela soa e o frío. Os días sen luz para sempre perdidos.

4 Os ollos abertos, os sentidos pechados, por mans invisibles, que dirixen o mundo 49


sen ter escoitado os problemas reais, ditando sen tino, roubando aos máis pobres Enchendo as mans de cartos con dono que xa pode dar, por sempre perdidos.

5 O fume saíndo, dun negro acibeche que tingue os sorrisos de quen antes soñaba. O lume vermello, sen medo subindo, rompendo os recordos, duns días felices. As bágoas rodando fazulas abaixo recordan o tempo, alí invertido. Os berros da xente que intenta arranxar enorme desfeita que un dia foi fogar

50


6 Liberdade relativa dun mundo controlado no que a verdade é mentira e a mentira, verdade. Mais ninguén se decata, tal vez é o diñeiro, que nubra os sentidos evitando a realidade. Presos en liberdade, como nunha gaiola invisible que controla os nosos limites facéndonos crer invencibles.

7 Perdidos están, os que un día investiron, investiron en soños, soños perdidos, perdidos por mor dun gran desatino, desatino xeral co que todos cumprimos.

51


A BIBLIOTECA Novidades, lecturas en alto, exposicións, proxección de vídeos, premios, préstamos... e cantas cousas mais? Imos facer un repaso das principais actividades feitas estas ano dende a biblioteca: Co teu carné: miles de libros e algo máis . Grazas á biblioteca podes dicir que es rico/a en libros, libros de todo tipo, máis de 8000 fondos que inclúen tamén, filmes, música, xogos de pc, xogos de mesa, revistas e material informático... Só necesitas ter o teu carné e cumprir os prazos de devolución, recordade que son quince días para os libros e catro para os CDs e pelis.... A biblioteca conta con material variado, non só para o alumnado tamén para os pais e nais e para o profesorado. Ademais de prestar materiais temos ordenadores conectados a Internet, recanto de lectura relaxada, mesas nas que se pode consultar e estudar. Non esquezades que para o verán se poden levar libros, co compromiso de traelos de volta a primeiros de setembro. Aproveitade a última semana de clase para escoller as vosas lecturas. Se pensas que falta algo temos un caixón de suxestións, no que podes solicitar que se compre algún material ou facer as túas suxestións.

Os premios da biblioteca Na biblioteca gústanos ver como se moven os libros e materiais. Este ano os que máis empregaron o servizo de préstamo de libros son, por esta orde: Ivan Busto Patricio de 1º B, Andrés Tobío Alonso de 1º C e Paula Pereira Pino de 1ºC e Diego Dos santos Pérez de 1ºB.

52


Estes usuarios recibiron un agasallo especial, tamén levaran un pequeno recordo os dez seguintes da lista dos máis usuarios da biblioteca. Tamén daremos un premio especial á gañadora do concurso de microrrelatos "O mundo dentro de cen anos" convocado a través dos blogues de "Climántica en Salvaterra" e coa colaboración dos departamentos de Bioloxía e Lingua Galega. A gañadora foi Ilea Rodríguez Márquez de 2º ESO C. Parabéns a todos Cando é a hora de ler? Hora de ler, hora de soñar, ... poder ler libremente o que máis che guste...que "ben"!, pero ás veces non é fácil, especialmente se esqueces a túa lectura na casa, se o teu compañeiro ou compañeira non cala, ou se Oh, Horror!! descobres que o libro escollido non che gusta.... Non te preocupes, todo se pode mellorar: anota na axenda a próxima hora de ler, analiza ao teu compañeiro ou compañeira e búscalle ti unha lectura que o faga calar (gústalle o deporte? hai libros na biblio...; gústalle a música? hai libros na biblio...; o medo? hai libros na biblio........). Si, si, hai de todo na biblio, cando te canses dunha lectura será que non é momento dese libro, xa chegará .... pero mentres, quedan miles por ler. Espérante na nosa biblioteca! Ás veces o difícil é escoller, non dubides en preguntar tanto aos teus amigos, para que che falen dos libros xa lidos, como aos teus profesores ou na túa casa, sempre hai alguén na familia que nos pode aconsellar. No CONCURSO DA MELLOR CLASE LECTORA a puntuación baseábase no número de alumnos que traían a súa lectura e no ambiente de lectura silenciosa que se acadaba na aula. Os gañadores foron: No primeiro trimestre: Gañadores : cursos de 4º ESO D, 1º ESO A e 1º ESO C Premio: xa teñen o seu diploma e puideron visitar o palacio da Breiçoeira en Monçao. No segundo trimestre: Gañadores no primeiro ciclo: 1º ESOC e 1º ESO A 53


Gañadores do segundo ciclo: 3º ESO C e 4º ESO D. Premios: Os primeiro asistiron ao taller “Do papel ao libro”, onde puideron coñecer o proceso para elaborar papel e encadernalo. Os do segundo ciclo foron coñecer a biblioteca Penzol en Vigo e de alí a unha librería onde escolleron os seus títulos favoritos para a biblioteca, que aportou 100 euros para a compra. E no terceiro trimestre: Gañadores: 3º ESO D, 3º ESO B e 4º ESO A. Darémoslles os parabéns cunha comida no parque da Canuda, que remataremos con xogos cooperativos e de confianza.

E ti de que club es? Tres, foron tres os clubs que se mantiveron este ano. Os Lecturecas, coordinados por Carme Parada, leron Vaiche Boa! de Paul JeJennigs e El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher. Decoraron eles mesmos unhas camisetas que lles quedarán de recordo das súas lecturas compartidas. Os lecturecas son : Serxio Estevez Souto, Reyes Fernández Quintas, Lucia Valije Gómez, Melissa Fernández Gonçalves e Marcos Castro Fernández O grupo Merlín, coordinado por Teresa, leu Veronika decide morrer de Paulo Coelho, El alquimista impaciente de Lorenzo Silva, La nieta del señor Linch de Philippe Claudel. Este grupo de grandes lectores para grandes libros... son Caroline Alves de Souza (3ºD), Safaed Marchoud e Karla Queiroz Alves (4ºD), e Anxo Rodríguez Alvarez(3ºC) O terceiro club foi o de Vaiche Boa!. As lecturas escollidas foron O home que plantaba árbores de Jean Giono. Este grupo estaba coordinado por Sandra Parada. Esperamos que sigan o no próximo curso e que moitos máis lectores se unan aos clubs.

54


Quen nos conta un conto? Como agasallo final para os clubs de lectura e algúns cursos máis teremos a visita do contacontos Celso Sanmartín, que nos ofrecerá as historias que ao longo da súa traxectoria ten recollido por toda a xeografía galega. A estas historias engádelles un toque contemporáneo, porque os contos da nosa tradición oral son tamén actuais. O Parladoiro O Parladoiro está cada vez máis concorrido, é o noso recanto de charla e xogos de mesa durante o recreo, aínda que tamén é moi útil para facer traballos en grupo ou simplemente charlar. Este curso foi tamén o escenario para disputadas partidas de xadrez. Para empregalo non hai que esquecer pedir a autorización na conserxería.

Días é días para celebrar. Como xa é costume, a biblioteca colabora con outros departamento na celebración de distintas efemérides. Na semana correspondente faise unha exposición de libros ou películas relacionadas coa temática, pero fixemos máis cousas: O 30 de xaneiro foi o Día da Paz, na biblioteca proxectáronse varios vídeos moi ben acollidos. Escolléronse algunhas das curtas premiadas pola ONG Fundipau, curtas impactantes que, en poucos minutos e incluso cun toque de humor, conseguen facernos reflexionar sobre a importancia dun mundo sen violencia. Tamén puidemos escoitar o discurso de Charles Chaplin na película O gran ditador. E pensar que foi un filme estreado en 1940....! Pero sen dúbida o que máis gustou foi o vídeo musical do artista Matisyahu, con el recordamos que a Paz non consiste soamente en evitar as guerras ou as armas, conséguese

55


día a día con pequenas cousas. Como ben dicía o vídeo, a bondade é o que mantén á flote o mundo. Podedes voltar a velos na rede. Todos os vídeos foron presentados por alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e 2º e 3º ESO. Moitas grazas a Mª Agustina Barbosa Barcía, Eva Villar García, Lucas Arbones Rodríguez, Irma Silva Hervella, Antía Pereira Fernández, Doa González Gómez de 1º Bacharelato, Daniel Candendo Gándara e Ramón W. Da Silva Rodríguez de 3º ESO A; e Ingrid Ludmilla Pereira Vitorino e Trinidad Rodríguez Fernández de 1ºESO C.

O día da muller traballadora foi o 8 de marzo. Tamén hai na biblioteca moito material, incluso contamos cun apartado específico da CDU dedicado ao tema da muller e o feminismo. Puidemos gozar coa selección de poesía que leron moitas voluntarias e voluntarios. Tedes publicada esa pequena selección e podedes consultala na biblioteca.

O día do libro, 23 de abril, celebramos a nosa V Feira do Troco. Decenas de libros cambiaron de mans e van continuar acompañando a nosa imaxinación. Intercambiáronse máis de sesenta libros. Moitas grazas a todos os que intercambiades libros ou colaborastes na organización. A exposición que escollemos para esa semana foi a dos Libros máis curiosos da biblioteca.

O día das letras galegas, 17 de maio foi dedicado este ano á Roberto Vidal Bolaño. Con el aproveitamos para pasear a nosa imaxinación por moitas das obras de teatro da escena galega nos últimos anos, ou cos diferentes obras de teatro coas que contamos na biblioteca. Este é o 51º ano que se celebra o Día das letras Galegas. Os cincuenta autores anteriores podedes consultalos nos carteis da exposición da Academia da Lingua Galega que nos

56


chamamos 50 + 1, cincuenta carteis colocados un a carón doutro recorrendo varios andeis, remata nas distintas exposicións dedicadas á Vidal Bolaño. Pero que mellor maneira de celebrar o teatro que facendo teatro. Os alumnos de 2º ESO A interpretaron na biblioteca unha lectura dramatizada da obra O achado do castro de Manuel Núñez Singala. Entusiasmo e bo traballo, o teatro engancha. Os participantes foron: Beatriz Gómez, Miguel Fontán, Javier Fernández, Sofia Bancoff, Diego Alonso e Xaquín Alves

O día mundial do medio ambiente, 5 de xuño tamén fixemos unha exposición de materiais da biblioteca seleccionados polo alumnado de 1º Bacharelato. As mochilas viaxeiras As nosas mochilas viaxan. E viaxan moito. Van percorrendo todos os fogares do alumnado de primeiro de ESO. A mensaxe dende a biblioteca para as familias é: se ti les, eles len.... A mochila pasa unha semana en cada casa. Con esta actividade pretendemos dar a coñecer toda a variedade de materiais cos que contamos, polo que, a mochila leva libros destinados ao alumnado paro tamén aos pais e nais, ademais de banda deseñada, cine, música.... o que queremos e espertarlles o "apetito da lectura" para que entren na biblioteca e pidan máis.

57


Nas mochilas tamén vai algo moi especial para nós: o "caderno viaxeiro", un diario da viaxe no que esperamos atopar a opinión das persoas que gozan desta actividade, as suxestións e as críticas. Todas serán tidas en conta para mellorar e conseguir que cada ano gusten máis.. Seguro que a moitos vos parece unha boa idea... Ah! pero é só para 1º ESO. Que mágoa!. Pois non, non é só para primeiro, temos máis mochilas na biblioteca esperando que alguén as solicite. De que vos gustaría levarvos a casa unha mochila chea... de viaxes?, de películas?, de libros de amor?, de biografías interesantes? de banda deseñada? de como educar os vosos fillos?.... Vós escollede o tema e nos preparamos a mochila: Agradecementos Queremos agradecer a todos os que fixestes posible o traballo da biblioteca, profesores que dedican moito tempo non recoñecido (non polas administración, pero si por nós); grazas ao alumnado por valorar, coidar e respectar o material da nosa biblioteca e grazas as familias por estar aí e facervos máis visibles cada curso que pasa. Proxectos: Para o curso que vén, xa temos dous retos abrir un blogue para facer visibles os nosos traballos na rede de bibliotecas de Galicia e contar cun grupo permanente de axudantes da biblioteca... Quen se anima? Es alumno/ a con ganas de participar? Es profesor ou profesora con ganas de facer cousas? Es pai ou nai e queres axudar a mellorar o centro dos teus fillos? COLABORA COA BIBLIOTECA, o centro de recursos vivo, un xeito de ofrecer materiais seleccionados igualador de oportunidades. Necesitámoste.!!

58


INFORME DA VISITA Á FUNDACIÓN PENZOL, Teresa Monteagudo O noso instituto participa nun proxecto chamado “Hora de ler” que consiste en dedicar unha hora cada semana á lectura na aula. A actividade é valorada polo profesor encargado do grupo nese momento quen avaliará que tódolos alumnos teñan a súa lectura individual, respecten o silencio na aula, manteñan unha correcta disposición lectora, etc. Na segunda avaliación o premio á mellor aula na “Hora de ler” foi unha viaxe á Vigo para visitar a biblioteca Penzol e a megalibrería “Casa do libro”. A visita á Fundación foi moi interesante pois alí o director da institución D. Francisco Villares recibiunos na sala de xuntas onde nos contou que o edificio fora antigamente a sé do concello de Vigo, algúns datos históricos da cidade e quen fora don Fermín Penzol, o gran filántropo e patriota galego que fundou a institución, e don Francisco Fernández del Riego, o consolidador deste centro de cultura tal e como o coñecemos hoxe. A Fundación Penzol conta cunha valiosísima biblioteca con doce mil volumes, 8.690 folletos, máis de 300 revistas... onde tódalas ramas do saber e da cultura galega están representadas. O seu director amosounos as instalacións e algúns dos seus fondos máis senlleiros; por exemplo, un incunable (un libro publicado entre 1500-1600), un documento notarial do ano 1367 e mesmo un mapa de feito á man do ano 1897. A cartografía conta tamén cunha ampla representación neste edificio. No seu segundo piso visitamos a sala de exposicións onde nos amosou algunhas das obras máis representativas dos pintores galegos máis destacados: Luís Seoane, Laxeiro... mesmo dous cadros pintados por Ovidio o fillo pintor de Rosalía de Castro. Nesa sala tamén están expostas algunhas esculturas de grande interese. No terceiro piso visitamos a sala de investigadores. Alí tamén vimos unha reprodución da sala da casa de Ramón Piñeiro, un galeguista que foi moi importante en Santiago para mobilizar e concienciar os mozos cun pensamento galeguista trala ditadura. Contribuíu á fundación do Partido Galeguista e á defensa do galeguismo no parlamento para sermos conscientes dos nosos dereitos como cultura. 59


A nosa experiencia no concurso “Odisea”. Agustina Barbosa Barcia, 1º Bacharelato No mes de febreiro, todos os alumnos de Grego do noso instituto (Saúl Ubiña Carrera, José Carlos Otero Pino, Irma Silva Hervella, Jéssica Gil Sobral, Leticia González Álvarez, Pablo Ricón Porto e María Agustina Barbosa Barcia) participamos no concurso “Odisea”. Este concurso consistiu en responder a través de internet durante tres días a preguntas de diferentes ramas (mitoloxía, historia e costumes grecolatinos) no menor tempo posible. Así, coa axuda da nosa profesora Yolanda Soba e da nosa Xefa de estudos que tamén é profesora de Grego e Latín, Ana Bolívar, participamos nos catro días de concurso (os tres de preguntas específicas e o último, “o preguntón”, que contiña varias preguntas xerais e a derradeira, que se formaba coa inicial de cada unha das respostas ás preguntas anteriores). E ben, o meu grupo formabámolo Pablo e mais eu. Os tres primeiros días todo nos foi como esperabamos. Viñemos todos os días ao instituto (eses días cadraban coa folga de tres días de febreiro) e conseguimos levar a máxima puntuación posible e, en canto ao tempo (para a clasificación contaban os puntos que che aportaban as respostas correctas ás preguntas, pero o tempo que tardabamos en facer o cuestionario tamén era importante), non iamos mal. As preguntas saían ás 9 horas e nós, ás 9.20 (ao comezo da nosa segunda hora) poñiámonos mans á obra.

O último día, eramos os únicos dous do noso instituto nun posto posible para gañar. Eramos sextos! Sextos entre máis de cen grupos! Todos queriamos que o resultado fose o primeiro posto e durante toda a mañá, coa axuda de Yolanda e Ana, fixemos o famoso “Preguntón”. Buscamos en internet, libros, falamos con outros profesores… e despois de varias horas, xa o remataramos. Que fallou? Por que, se puidemos quedar no 1º posto quedamos no 28º? Como xa vos dixen antes, o Preguntón contiña máis de dez preguntas xerais e a última pregunta tiña na súa resposta a inicial de todas as respostas anteriores ordenadas. Así, se sabías as respostas de todas as preguntas,a última resposta tamén a sabías, e esa era a que máis valía. Ese era o noso caso. Sabiamos todas as respostas e todas estaban ben, e a última, formada coas iniciais tamén a sabiamos: “Quintilianus”. Aquí o meu fallo, o meu gran fallo. A resposta final era en latín e, no último momento, xusto antes de mandar a resposta, puxen aquel bendito nome en castelán: “Quintiliano”. Este pequeno despiste pola miña parte deixounos fóra da seguinte fase 60


tan desexada… Recordo que ao día seguinte, cando vin o meu fallo, quería morrer! Pero xa non podía facer nada… A pesar de quedar sen premio e sen concurso, foi unha experiencia moi divertida, que chegou ás redes sociais e puidemos compartir eses momentos cos demais. Se ben lle puxemos moitas ganas, nada sería posible sen a axuda e os ánimos das nosas profesoras que, por certo, nos regalaron un volume da Odisea polo noso traballo no concurso que leva o mesmo título que o cómic. Espero que poidades participar neste concurso os próximos anos, e que teñades sorte! Sobre todo: lede dúas veces… poñelo en castelán cando se pide en latín pode custarche…

#yoconozcomiherencia, Ana Bolívar #yoconozcomiherencia foi o hadstag creado na rede social Twitter para participar no evento ideado por AMUPROLAG (Asociación Murciana de Profesores de Latín e Grego) e a SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos) co fin de reclamar un lugar para a Cultura Clásica, o Grego e as Humanidades na LOMCE. Tratábase de que todos os profesores de Latín e Grego fixeramos cos nosos alumnos/as algunha lectura de textos clásicos gregos e latinos o día 12-12-12 ás 12:00 hh. Debido a que esta profesora de Latín e Grego andaba este curso un tanto atarefada, despistámonos á hora de preparar algo verdadeiramente interesante pero non quixemos deixar de participar aínda que fose testemuñalmente: lemos e escribimos o coñecido poema de Safo (Semella igual que un deus ese que xunto a ti se senta) e subimos ao Twitter a foto que podedes ver aquí.

Ao carón, foto de familia da viaxe a Lugo (xunto con alumnado do IES As Neves) para acudir ao “Festival de Teatro Clásico Greco-latino”. Representouse a obra Tesmoforías, de Aristófanes.

61


IV SEMANA DO CINE GALEGO Na semana do 19 ao 23 de novembro, celebramos a xa IV Semana do Cine Galego coa proxección na aula de Audiovisuais do noso instituto de películas de realización galega. A actividade estivo dirixida ao alumnado de ESO, PCPI e 1º de Bacharelato. O programa foi o seguinte: Data

Grupo

Película

Luns 19

1º Bach.

Sempre Xonxa

Mart. 20

2º ESO

A lingua das bolboretas

Mérc. 21

3º ESO

Crebinsky

Xov. 22

1º ESO

Selección de curtametraxes

Venr. 23

4º ESO PCPI

Os mortos van ás présas

A proxección da película Crebinsky contou cunha introdución e posterior charla co noso compañeiro profesor de Música no instituto Fernando Abreu que participara na parte musical do filme. Contou en primeira persoa anécdotas da realización da película que resultaron moi interesantes e divertidas.

62

As actividades que desde o Equipo de Normalización Lingüística impulsamos este curso foron, por unha banda, continuadoras das de cursos anteriores como a Semana do Cine Galego, a participación no Correlingua ou o concurso Pasaletra; e outras máis anovadoras como a gravación de vídeos para conmemorar efemérides como os 150 anos da publicación dos Cantares gallegos. O ENL aproveita este espazo para dar as grazas a todas e todos os que colaborastes nos vídeos, nesta revista…


Outono da Ciencia e da Tecnoloxía No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Dende hai tres anos, a celebración da UNESCO foi adoptada nos centros educativos galegos como Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego co obxectivo de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no eido do ensino, para impartir as materias científico-técnicas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) creou un espazo denominado Outono de Ciencia (http://www.xunta.es/linguagalega/outono_de_ciencia) con información e recursos educativos de interese: instrucións para a construción da ponte desmontable de Leonardo, un interesante xogo chamado Tecnopoly, vocabularios do ámbito científico, etc. O ENL deu publicidade, a través da páxina web do IES e participamos co alumnado de Física de 1º e 2º de Bacharelato na vídeoconferencia “Facendo Física de Partículas polo mundo” á que fomos convidados pola Coordinadora Galega de ENDL e o servizo de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. A vídeoconferencia vía web tivo lugar o martes 6 de novembro. Nela, destacados investigadores en Física de Partículas formados en institutos galegos achegaron temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, o alumnado tivo a oportunidade de interaccionar con ele vía chat.

63


Os relatores foron: o o o o o

Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN. Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos. Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN. Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo.. Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

Estes expertos, homes e mulleres galegos, non só falaron de experimentos científicos levados a cabo no CERN (a descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informativos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo), senón das vantaxes que lles supuxo falar galego (Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica)

O alumnado de Física de Bacaharelato coa profesora Ester Pérez participan na actividade. 64


Neste curso 2012-13 celebramos dous aniversarios de relevancia para a historia da poesía galega: o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1981) e os 150 anos da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, libro pioneiro da nosa literatura. Para conmemorarmos o centenario de Celso Emilio pedíusenos a todos os centros de ensino que realizásemos unha lectura pública do poema “Deitado frente ao mar” diante dunha pancarta que levase o lema da actividade: “RecitandoCelsoEmilio”. A lectura debería realizarse o día 12, do mes 12, de 2012, ás 12 horas. Participaron os alumnos e alumnas de 1º de ESO. O poema foi recitado por un grupo de dezasete rapaces e rapazas, dous versos cada un, mentres se gravaba un vídeo que pode verse na páxina web do noso centro. O conxunto resultou harmónico e emotivo. Nos días previos, alén da pancarta, o alumnado de 1º ESO C traballou na elaboración dunha colaxe na que se podían ler os versos que compoñen o poema e que foi exposto no corredor do instituto.

O alumnado de 1ºC realizando a colaxe.

O recitado do poema e gravación en vídeo.

65


A idea para lembrarmos os 150 anos da publicación de Cantares gallegos partiu da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que pediu a todos os centros de ensino de Galicia un vídeo coa lectura dun dos 36 poemas de que consta o libro coa intención de publicar unha lectura conxunta na internet que pode verse desde o día 24 de febreiro, día do nacemento da autora. Nós participamos coa lectura do Cantar 24. Como se trata dun poema posto en boca dun mozo que escribe unha carta á súa namorada que ficou lonxe, o texto foi lido por dez alumnos de todos os niveis, dende 1º de ESO ata 2º de Bacharelato. Cada un deles leu un fragmento de entre oito e catorce versos: cada un deles nun marco diferente, un curruncho do noso instituto: a entrada, a biblioteca, os corredores, a horta… O alumnado que participou foi: -

Sara Otero Suárez (4º ESO) Iván Castro Estévez (2º Bac.) Óscar González Pérez (3º ESO) Moisés González Iglesias (2º Bac.) Christian Cerdeira Rodríguez (PCPI) Fernando Areal Alvite (1º Bac.) Tomás Valderrama Santomé (1º Ba) Iván Cerqueira Blanco (3º ESO) Xesús González Fernández (1º ESO) Marcos Sa Fernández (4º ESO) Juan Bargiela Souto (1º ESO)

Sara figura como a protagonista a quen van dirixidos os versos. Da dirección e montaxe do vídeo encargouse Demetrio Prego. O resultado pode verse no seguinte enlace de Youtube http://youtu.be/DK6y75bupgw Nas fotografías, tres momentos da rodaxe do vídeo. Arriba, Iván na entrada do instituto lendo os primeiros versos do poema “Queridiña dos meus ollos…”; Moisés nas escaleiras de subida ao primeiro andar; e Juan na horta escolar, pechando a lectura do poema: “… escribírache un poema/ nas alas dun paxariño”.

66


Un ano máis o alumnado de 1º de ESO participou no CORRELINGUA que, desta volta, tivo lugar no Rosal o 10 de maio. Despois de percorrermos as rúas da vila, asistimos a un espectáculo conducido polo actor Pepe Penabade. Nesta ocasión un grupo de alumnas do IES de Salvaterra participou activamente cunha coreografía ao ritmo da canción “Chamádeme trubisqueira” do grupo porriñés “Malvela”. Nos días previos preparamos unha pancarta co lema da actividade, inspirado nuns versos do poeta Manuel María, “Galego, a chave do mundo”.

De esquerda a dereita, Nerea, Sara, Paula, Lucía, Ingrid e Noelia, antes da actuación e enriba do escenario. Todo o público bailou con elas, foron os minutos máis movidos da mañá.

Pepe Penabade amenizou a xornada.

Un grupo de alumnos pasándoo moi ben.

67


II Concurso de Adhesivos con lema. Os deseños gañadores foron:

Categoría A: 1º e 2º de ESO: Juan Bargiela Souto (1º A)

Categoría B: 3º e 4º de ESO: Diego Antelo González (4º A)

Accésits para os seguintes deseños.

Paula Pereira Pino 1º ESO C

Miguel Tejo González 1º ESO C

68


Alberto García Bernárdez 1º ESO A Eduardo Marcos Lóriga 4º ESO B

Nuria Míguez Ferreira 4º ESO C

Lara Rodríguez Mira 4º ESO B

Iván Gándara – 2º Bacharelato

69


PasaLeTRa maio2013 Xa tradicional, este concurso chega en maio todos os anos. Nesta ocasión participaron 148 alumnos/as de ESO. Nas finais celebradas os días 23 e 24 de maio concursaron: 1º- 2º ESO Efrén Fernández Otero – Xesús González Fernández - Lois González Pérez – David Martín Gomes - Antón López Carballo – Carlos Besada Rodríguez - Melissa Fernández Gonzalves – Laura Alfonso Fandiño - Miguel Tejo Rodríguez – Andrés Tobío Alonso - Paula Pereira Pino – Borja Pedreira Domínguez - Sara Céspedes Alves – Sara Crucera Domínguez - Miguel Fontán Arjones – Samuel Fernandes Fernández - José Iglesias Moure – Xaquín Alves González

3º - 4º ESO -

Moisés Álvarez Rivas – Xabier Iglesias Pérez Sara Gándara Díez – Daniel Candendo Gándara Diego Antelo González – Marcos Saa Fernández Sara Otero Suárez – Carla Celia Míguez Amil Inácio da Conceiçao Rosa – Eduardo Marcos Lóriga Nazaret Vaqueiro Pereira – Marcos Iglesias Domínguez Jonathan Ferreira Fernández – Eloy Fernández Grandal Daniel Valiño Bértolo – Darío Serodio González Ángel González Fernández – Martín Antelo González Jorge Fernández Quintas – Carlos Méndez Castellanos

Os campións foron as parellas formadas por Lois González e David Martín, de 1º de ESO; e Moisés Álvarez e Xabier Iglesias, de 3º. Parabéns! Abaixo unha panorámica do público.

70


A HORTA ESCOLAR, Santiago Groba e Beatriz Lemos No noso instituto temos unha horta escolar na que rapaces e rapazas traballamos. Este ano fomos o grupo de 4º ESO D. Cultivamos a terra e plantamos: cebola, allos, cenoria, pirixel, framboesas, patacas, tomates, tirabeques, amorodos… Primeiro quitamos as malas herbas e cavamos a terra, deixámola repousar uns días para que a terra airee e sexa máis doado de traballar nela; logo abrimos os sucos, abonamos a terra e tapamos cun chisco de terra para que a semente non toque directamente co abono, pomos a semente e cerramos o suco, por último aplanamos a terra e regamos. A miúdo temos que ir arrincando as malas herbas para logo ter uns bos produtos ecolóxicos e regar regularmente. A recolleita efectúase cando os alimentos maduran o suficiente. Xa recollemos amorodos, framboesas e tirabeques.

AGRICULTURA ECOLÓXICA, Safae Marchoud e Karla Queiroz Na nosa horta non se utilizan fertilizantes químicos nin insecticidas e tampouco se empregan sementes modificadas xeneticamente. Os alimentos ecolóxicos son de mellor calidade, máis nutritivos, máis sans, saborosos e con mellor aroma, conteñen menos auga que os que saen do emprego dos abonos químicos. Nos empregamos ecolóxico.

abono

orgánico

O COMPOSTEIRO, Silvia Fernández e Laura Martínez Na horta temos un composteiro que serve para facer compost e botarllo ao noso cultivo. Nel imos botando restos 71


de plantas, regámolo para facer que o proceso sexa máis rápido. Despois de abonar as plantas e baleiralo empezamos outra vez co mesmo proceso. A compostaxe é un proceso de xestión de lixo que consiste en reintegrar os materiais de refugallo orgánicos no proceso produtivo do solo como fertilizantes despois dunha descomposición aeróbica. En realidade, a compostaxe non é máis que reproducir, nunhas circunstancias particulares e controladas, o proceso habitual da natureza para a xestión de materia orgánica en descomposición.

72


ALGO CO QUE ENTRETERSE Coma todos os anos, quérovos presentar un par de pasatempos para que rompades un pouco a cabeza … se é que non foi suficiente o que fixestes ao longo do curso (seguro que algúns ou algunhas, en verdade, non o fixestes e aínda vos quedan suficientes folgos para intentalo). SUMA DE LETRAS Na seguinte suma temos substituídos os díxitos por letras. A díxito igual, letra igual. Trátase de atopar o valor de cada letra. RAAP + GGAP __________ PMBMR ENCRUCILLADO NUMÉRICO É ben doado, todos sabedes resolver encrucillados non si? Tede en conta que non hai ceros. 1

2

3

4

5

HORIZONTAIS: 1.- Múltiplo de 3 3.- Cadrado perfecto 5.- A suma dos díxitos é 12 (todos os díxitos son pares e distintos) VERTICAIS 1.- Múltiplo de 4 2.- Cada díxito é maior ca o anterior 4.- Cadrado perfecto Andrés E. Cabana Do libro “Juegos para devanarse los sesos” de Eric Emmet

73


Unhas poucas testemuñas gráficas da actividade escolar 2012-13.

Viaxe a Andorra.

Actuación musical durante a entrega dos premios da Biblioteca, do ENL e de EPeV. 74


Detalles do graffiti realizado na entrada do instituto por un grupo de alumnos e alumnas.

Exposición de traballos realizados polo alumnado de Tecnoloxía de 2º de ESO.

Pancarta que paseou o alumnado de 1º de ESO no Correlingua 2013 celebrado no Rosal.

75


1863-2013

cantares gallegos 150 anos “ Cal ela, ningunha tan doce que cante soidades amargas, sospiros amantes, misterios da tarde, murmurios da noite…”

rosalía de castro

76

O estoxo 2013 corrixido  

Revista escolar O Estoxo 2013 ENL IES Salvaterra de Miño

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you