Lúa nº 4

Page 9

lúa a forza da MAREA

9

“Dende os anos 90 hai unha loita entre a auga como ben económico ou a auga como un dereito humano” “A xestión da auga debe ser democrática, responsable e con rendición de contas” “O dereito á auga non se refire só ao acceso, senón tamén á accesibilidade e calidade do servizo” abastecemento humano, porque xa é considerada como un ben económico. Desde entón hai unha loita entre a auga como ben económico ou a auga como un dereito humano (referíndonos á auga para beber). Dende o Movemento pola Auga Pública nós reivindicamos que é un dereito humano. E imos máis aló. A auga é un común. E en todos os usos debe ser xestionada sen ánimo de lucro. E, concretamente, a “auga de boca” é un dereito que non poder ser xestionado de forma mercantil. Este é o punto de partida para opoñernos á privatización. Lúa.- Esa xestión pública é probablemente máis doada en comunidades pequenas. Pero, como se leva a cabo nunha cidade mediana, ou nunha gran cidade? G.M.- Reivindicando os modelos de xestión dos sistemas da auga. O que asumimos é que o dereito humano á auga non é só o dereito de acceso á auga. No é só ter dereito a un mínimo que te permita vivir dignamente. O dereito á auga, como o define Nacións Unidas, ten toda unha serie de criterios normativos que afectan á calidade do servizo en canto á accesibilidade, á dispoñibilidade, á calidade do recurso... que configuran o que é o nivel do servizo. Pero hai outros criterios transversais aos dereitos humanos, que se refiren á participación, á rendición de contas, á transparencia, ao acceso á información e á sustentabilidade. Son criterios que afectan a como se xestionan os sistemas. Tanto os criterios normativos como os criterios transversais configuran un dereito á producción duns sistemas de auga acordes co dereito humano, e configuran un modelo. Dende o punto de vista do Movemento pola Auga Pública, pártese da reivindicación da titularidade da auga. Pero o paso seguinte é que non é suficiente que a xestión dos servizos da auga a fagan os concellos, senón que esa xestión debe ser democrática, responsable e con rendición de contas. A loita é para aplicar un modelo democrático. Agora, por exemplo, en moitos territorios do Estado estase a avanzar con máis ou menos intensidade en im-

plantar modelos democráticos a través da aplicación do dereito humano á auga. As remunicipalizacións que tiveron lugar recentemente non soamente implican acceder a unha xestión eficiente da auga, senón unha xestión na que a cidadanía teña a posibilidade de controlar e participar en todos os niveis de toma de decisións. Pásase da esixencia de titularidade á esixencia, ademais, dun modelo democrático de xestión. Este modelo democrático de xestión susténtase nos criterios definitorios do dereito humano. Por iso para nós é importante a definición do dereito humano e a propia idea, que trascende á formulación de “eu accedo á auga porque é un dereito humano”. Non. Vai moito máis aló. O dereito á participación é un dereito humano. En Barcelona esgrímese a necesidade

dunha consulta sobre o modelo de xestión. Nós entendemos que calquera cambio no modelo de xestión debe estar precedido da participación activa da cidadanía. Activa quere dicir con voz e voto. E esa participación ten que ser en todos os niveis de decisión, incluso nos consellos de administración. Por exemplo, en Córdoba está a cidadanía representada nun consello. Elíxese a unha persona para que estea con voz e voto. Tamén en París, en Montpelier... Son modelos completamente distintos aos tradicionais. Non reivindicamos unicamente unha xestión eficiente (que si, porque é un dos criterios), senón unha xestión na que a cidadanía poida exercer un control democrático dos seus servizos públicos. Lúa.- Pero esa consideración da auga como un común forma parte da nosa cultura. Os sistemas de rego en Galicia, o Tribunal das Augas de Valencia... Por que se perdeu? G.M.- Pola mercantilización. Lúa.- Cando di mercantilización, refírese a falar en termos de rendibilidade económica? G.M.- Si. É tratar os servizos buscando maximizar os beneficios. Aínda en contra da propia sustentabilidade dos sistemas. Por exemplo, estou convencido de que aquí non hai unha política planificada dos sistemas da auga que contemple, nun prazo de cinco anos, cal é o estado da rede, a súa renovación, necesidade de control de fugas. Nos lugares nos que non hai contadores, ademais, non se pode facer unha xestión da demanda. É necesario saber canto se consume en cada vivenda, polo menos. Entón teríamos un coñecemento real do que pode custar a auga. E a partir de aí pódense facer unhas políticas tarifarias equitativas. A utilización da tarifa é tamén un medio para xerar beneficios. O Canal de Isabel II, en Madrid, é unha institución pública, pero a súa xestión é mercantil. Ten unha cifra de negocio de arredor de800 millóns de euros ao ano e ten uns beneficios duns 200 millóns. Estes beneficios, antes do comezo da privatización, revertían na Comunidade de Madrid, que é a titular Segue en pax. 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.