Issuu on Google+

www.encomun.es

EC Año 6 - nº 118

Primera Quincena Enero 2011

Municipal

Luis Fernández Guitián, candidato do PP a alcaldía de Sober Quincenal comarcal gratuito

Lemos Sarria Chantada Quiroga

EnComún // Crónica del Sur de Lugo

Cara e cruz da situación empresarial na comarca:

O parque solar do Saviñao e o conflicto de Catisa protagonizan estes días

Obras Aberto o prazo para solicitar axudas da Deputación para obras veciñais

Urbanismo

250.000 euros en danos pola crecida do Cabe • O presidente da Confederación Hidrográfica visita Monforte e compromete arranxos para as zonas afectadas

A Coruña Tlfno. Fax 981 081 438 infocoruna@inpublic.es Polígono de Pocomaco - 5ª Avda. - Parcela D 4 - Portal 6 - 1ª planta

Sarria recupera a normalidade coa apertura ó tráfico da remodelada rúa Calvo Sotelo


2 • EC // Nº 118 Enero 2011

Empresa

Perfiles das novas propostas empresariais para o sur de Lugo

Pasado e futuro no eido •O proxecto de Solidaridad Solar aposta •A apertura de Pacadar completaría unha A comarca loita por manter a súa potencialidade máis de 400 persoas e a todos os grupos políticos estaremos producindo”. En canto aos beneficios desta obra Díaz quixo destacar que o “beneficio será total”. “Unha vez que esté en produción, a horta non vai nin consumir carreteras, nin consumir nada de nada, quero dicir que o produto ven do sur, produce enerxía e automáticamente volve ao sur, volve a meterse na rede, co cal non consume ningún ser-

Imaxe da superficie do parque solar cos seguidores xa instalados. (Cedida por Solidaridad Solar)

Redacción Monforte

• A comarca de Lemos conta con algunhas das iniciativas empresariais que máis están a dar que falar nos últimos tempos. É o caso de Solidaridad Solar, unha empresa de O Saviñao que naceu a finais do ano 2006, e cuxa idea principal é a construcción dun parque solar. Tal e como explicou un dos promotores do proxecto, Jesús Díaz Gómez, a iniciativa consiste en crear un parque solar, ou tamén chamado horta solar, de 23 Megas (o equivalente a

EnComún Depósito Legal: LU 150-06

Os responsables da horta solar prevén que este proxecto vai xerar un beneficio aproximado de quince millóns de euros ó ano

20.300 kilowatios). “Esta será a produción coa que vai contar a horta cando estea acabada, ademáis de que a enerxía que vai producir cando esté a pleno rendemento servirá para dar enerxía fotovoltáica a toda a comarca de Lemos e de Chantada”, engadiu Jesús Díaz. Dito proxecto conta cun orzamento de preto de cen millóns de euros; unha iniciativa que ademáis dará emprego na construcción da propia planta a unhas 400 persoas. “Ata o de agora estivemos coa tramitación de permisos, un tema moi laborioso que sempre

se alarga, pero agora xa estamos na fase de inicio da obra, para o que contamos con 130 hectáreas de recalificación de terreo”, apuntou Díaz. E dentro dese terreo vanse incluir aproximadamente 690 seguidores de 36 kilowatios cada un deles (o seguidor é a máquina que segue ao sol para que as placas estén sempre ben orientadas). Solidaridad Solar comezou con esta obra tamen no ano 2006, e para que esté completa contan agora cun período dun ano dende finais do pasado mes de decembro. “Contamos que para outono deste ano 2011 xa

vizo, pero polo contrario vaise ter un beneficio aproximado de quince millóns de euros ó ano”. É de destacar que esta empresa de O Saviñao está constituida por 230 sociedades diferentes, cunha produción por cada sociedade de 100 kilowatios, agrupando ao mesmo tempo a unhas 400 persoas que están dentro e entre as cales se vai a repartir a produción económi-

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 C/ Orense 7- Galerías San Antón 1ºb Monforte de Lemos 27400 - Lugo Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres Directorio Monforte:

Redacción: 982 402129 lgallardo@encomun.es cviqueira@encomun.es Coordinación: 982 402129 sveiga@encomun.es Corresponsal Chantada: ecchantada@encomun.es

Dpto. Comercial: 618 971 981 sveiga@encomun.es Cartas al Director: C/Orense 7Galerías San Antón 1ºb Monforte de Lemos 27400 - Lugo mail: lectores@encomun.es

ca que se obteña da horta solar. PACADAR EN MONFORTE A instalación definitiva da empresa Pacadar no polígono industrial de Monforte é outra das iniciativas empresariais da comarca de plena actualidade. Tanto é así que os afiliados da agrupación monfortina do PSOE participaron nunha asamblea celebrada a finais do mes de decembro, na que a dirección local informou sobre a situación do proxecto da fábrica de cementos. O secretario xeral dos socialistas monfortinos, José Tomé, explicaba así as vantaxes da instalación desta empresa no concello: “É unha gran empresa, unha empresa industrial e un proxecto que xestionamos os socialistas e que pertence a un grupo económico importante en España que agora se vai instalar no polígono industrial. Ocupará máis de cen mil metros cadrados, vai crear máis de cen empregos directos, contará cunha inversión moi importante que superará varios millóns de euros sin ter en conta a inversión que vai facer a Deputación en adquisición de terreos e viais, e en urbanizar os terreos, e practicamente vai ocupar unha gran parte do parque empresarial de O Reboredo”. “Con todo isto tratamos de que os afiliados coñeceran un pouco máis en profundidade todos estes detalles, xa que se trata dunha actuación importantísima para a nosa cidade en máis de trinta anos”, indicou Tomé. Foi precisamente o exvoceiro municipal e parlamentario socialista quen na precampaña das anteriores eleccións municipais fixo pública a intención desta empresa de abrir as súas instalación en Monforte. Agora, con


EC // Nº 118 Enero 2011 • 3

Empresa

Cara e cruz do horizonte empresarial no sur de Lugo

empresarial na comarca polas enerxía limpas como fonte de riqueza perspectiva de forte inxección laboral empresarial: os traballadores de Catisa convocan a locais nunha marcha contra o ERE da empresa esta asamblea deuse a coñecer a marcha do proxecto e o papel dos socialistas en dita iniciativa a todos os seus afiliados. Pola súa parte, dacordo co proxecto que obtivo o respaldo da Deputación, a fábrica de Pacadar situarase entre a gasolineira de O Reboredo e o punto verde industrial. Mentras tanto, o proxecto sectorial para a recalificación dos terreos tardará en tramitarse entre varios meses, polo que está previsto que os accesos e a dotación de servizos por parte da Deputación (a través de Suplusa), se realicen de forma simultánea coa urbanización da parcela. Á vista está que iniciativas como o parque solar de O Saviñao ou a instalación da fábrica de Pacadar en Monforte servirán para dinamizar o emprego na comarca. En relación á fábrica de Pacadar, o secretario dos socialistas monfortinos, José Tomé, mantivo fai unhas semanas unhas reunión cos afiliados para poñelos ao día sobre este tema. MANIFESTACIÓN EN SARRIA Análises, puntos de vista e cambios políticos que pasan en Sarria nestes intres polo apoio de toda a corporación municipal aos traballadores da empresa Catisa, antiga Zaera, en relación ao expediente de regulación de emprego que a fábrica instalada en San Xulián da Veiga ten en marcha. I é que para intentar frear este expediente os traballadores da empresa, convocados pola Confederación Intersindical Galega (CIG) celebraron o pasado 23 de decembro unha manifestación en Sarria. O voceiro do sindicato e un dos organizadores, Antonio Niño,

explicou que os expedientes de regulación de emprego que afectan a esta empresa implican a un volume importante

O concello sarriano en pleno apoiou as reivindicacións dos traballadores de Catisa, dos que máis de 40 son de Sarria de traballadores da provincia, a maior parte deles procedentes de Sarria e Monforte, e ademais, que a proposta realizada dende a entidade “é absolutamente ridícula”. “Por este motivo, dende o sindicato queremos agradecer e valorar a participación dos traballadores da empresa na manifestación e tamén de moitísima outra xente dos arredores, así como representantes da corporación local que acudiron ese día para apoiar esta protesta. A manifestación congregou aproximadamente a unhas 400 persoas”, indicou Niño. POSTURA SINDICAL Na actualidade, engadiu o voceiro da CIG, “seguimos facendo alguhnas movilizacións puntuais, mentras o tema atópase no punto en que os expedientes de regulación de emprego seguen coa súa tramitación no período de consultas”. En principio non hai ningún acor-

Instalacións da empresa Catisa no polígono de San Xulián da Veiga, en Sarria. EC

do, polo que de todo continuar así a resolución corresponderá finalmente ás administracións. “Nós entendemos que non se pode autorizar este expediente de regulación de emprego posto que non se dan as causas para o mesmo, e a empresa pretende facer despidos baratos; entón eu creo que con esas condicións ningunha administración pode avalar un ERE deste tipo, no que a empresa non permite nin o cobro das indemnizacións como establece a lei”, puntualizou Niño. “UNHA EMPRESA IMPORTANTE PARA SARRIA”, SEGÚN GARRIDO O representante da CIG quixo facer por último un chamamento á empresa para que “desbloqueen o tema e poñan cartos encima da mesa”. “Se

A CIG considera que non se dan as causas para o ERE da empresa queren despedir, nós non vamos a asumir o despido gratis, porque ademáis contamos co apoio de todos os grupos políticos”, concluiu. I é que a corporación sarriana, a maiores de asistir á manifestación, tamén comezou o seu último pleno coa lectura dun manifesto en defensa dos traballadores da empresa Catisa. Segundo explicou o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, “o obxectivo do noso apoio é que

a empresa conta con máis de corenta traballadores aquí en Sarria, é unha empresa tradicional de Sarria, e polo tanto é importante para o concello”. Garrido tamén indicou que a pretensión última dende o concello foi a proposta de elaboración dun plan de viabilidade realista que dera oportunidade á empresa e aos traballadores. “O apoio non é tanto de cuestión laborais, senon máis ben de continuidade da empresa porque sabemos, e é fundamental, que é unha empresa que non tivo ningún problema de mala xestión, senón doutras cuestións de grupo, polo que non se debe castigar coa perda dunha empresa como esta en Sarria. En resumo, plan de viabilidade e apoio a ese plan de viabilidade para a continuidade da empresa”.


4 • EC // Nº 118 Enero 2011

Emprego

Un novo plan de emprego no contexto da crise da Galicia Interior

O Lugo Emprega na zona sur A Deputación aposta pola creación de emprego creando postos en cada un dos concellos A comarca de Lemos mailos concellos de Chantada, Quiroga e Sarria sumarán máis de 122 novos empregados cia tan só o Incio non se adherirá porque non enviou a solicitude axustándose aos criterios establecidos. O perfil das persoas que se contratarán serán, fundamentalmente, operarios municipais que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local. O Plan, dotado con 8 millóns estaría xa operativo. Contexto de crise Galicia ten máis paro que nunca, afirmou o presidente da De-

Antón Bao e Gómez Besteiro no pleno provincial que aprobou esta iniciativa GDPL

• Todos os Concellos da provincia, agás o de Incio, confirmaron a súa adhesión ó Lugo Emprega; o programa co que a Deputación pretende reducir o número de parados na provincia ó tempo que incrementa a cooperación cos Concellos coa contratación de 711 desempregados durante 6 meses, que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local. Sumado ao Pacto Provincial polo Emprego,invístense 12 millóns en frear o desemprego no contexto da grave crise económica, agudizada máis se cabe nos pequenos municipios do interior. No que se refire á nosa zona, a distribución por concellos, que

vai en relación ao número de habitantes beneficiará a todos e cada un. Comarca de Lemos En Monforte crearánse un total de 30 empregos cun investimento de máis de 326.000 euros, sendo un dos municipios con maior volume da provincia en correspondencia co número de habitantes que posúe, despois de Lugo. No contorno da comarca, Pobra do Brollón terá 7 novos empregos ao igual que o de Bóveda e o de Sober. Pantón e O Saviñao, pola súa parte contarán con 9 postos de traballo en cada caso. Quiroga O concello de Quiroga, pola

súa parte, terá outros 9 empregos, xa que o seu volume poboacional representa en torno ao 5% do total de habitantes da provincia. Sarria Máis cara o centro do territorio lucense, o Lugo Emprega creará en Sarria municipio un total de 24 novas oportunidades para outros tantos desempregados, cun investimento total de 261.000 euros. Chantada Chantada, pola súa parte contará cun total de 20 empregos no concello, a través dun investimento de 217.000 euros. Gran acollida Dos 67 municipios da provin-

Tódolos concellos da provincia, agás O Incio, colaboran nesta iniciativa na que o organismo provincial inviste 8 millóns de euros en 2011 putación, encabezando as comunidades onde máis medrou en termos absolutos -só por detrás de Castela León- e chegando a máximos históricos. A Deputación paga os salarios, e os concellos o material A Deputación asume ó 100% dos custes salariais e os custes da indemnización por finalización do contrato. Mentres, o Concello tan só ten que aportar a roupa para os operarios e o material e as ferramentas necesarias para facer as obras. .

Proceso para os demandantes O 1 de marzo, como data límite, os desempregados estarán traballando nos Concellos. Os concellos empezan estes días a recibir os convenios tipo para formalizar a súa adhesión xa comunicada e o xoves publicaronse no BOP as bases deste programa. Os exames celebraránse no mes de febreiro en distintos puntos da provincia para facilitar a participación. O tipo de contratos Todos os Concellos contarán cun mínimo de 4 efectivos, de tal xeito que o máximo de traballadores, un total de 73, asignóuselle ó Concello de Lugo, que representa un 10% do Plan. A categoría dos contratantes inclúese dentro do que se denomina Operarios de Servizos Múltiples. En total, o soldo bruto de cada operario será de 1.110 euros. Nos de menos de 5.000 habitantes o organismo provincial non só financia a contratación, senón que realiza a selección dos traballadores porque os Concellos pequenos non dispoñen de todos os recursos para facelo. Valoracións O deputado popular Xosé Manuel Barreiro e presidente do PP provincial, posturouse en contra desta iniciativa e dixo que que a Deputación non é a que ten as competencias directas en políticas activas de emprego, senón a Xunta A este respecto, Gómez Besteiro criticou que fronte ó goberno autonómico que “só concedeu obradoiros de emprego nos Concellos do Partido Popular, o organismo provincial desenvolve un plan para todos os municipios da provincia.


EC // Nº 118 Enero 2011 • 5

Temporal

Valoración dos danos causados pola crecida do río Cabe

A Confederación Hidrográfica comprométese en Monforte a executar a reparación dos danos ocasionados polas choivas no tramo urbano do río Cabe • O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, desprazouse esta semana ata Monforte para comprobar e supervisar os danos causados no paseo fluvial pola crecida do río Cabe debido ás choivas caídas durante os últimos días. Tras reunirse co alcalde do concello, Severino Rodríguez, ámbolos dous realizaron unha visita ao longo do paseo comentando e comprobando os desperfectos que deixou tras de sí o temporal de choivas. Liñares comentou que “as choivas de días atrás non foran torrenciais pero sí moi prolongadas, o que provocou que o Cabe rexistrara o día cinco de xaneiro un caudal de 40 metros cúbicos por segundo ao seu paso por Monforte, caudal que se multiplicou por cinco o día seis ás doce da noite, acadando os 200 metros cúbicos por segundo”. Ante esta situación, o responsable da CHMS sinalou que o alcalde lle entregara unha valora-

ción dos danos, realizada polos técnicos municipais, que ascende a preto de 250.000 euros. Unha cantidade que inclúe os gastos necesarios para repoñer o pantalán que foi arrastrado pola forza da corriente ata a presa do Parque dos Condes. Ainda así, dende a Confederación Hidrográfica realizarán tamén a súa valoración, xa que segundo manifestou o presidente “é obvio que os danos foron cuantiosos, polo que nos comprometemos a executar as obras de reparación do paseo fluvial no menor tempo posible, aproximadamente uns tres meses e mediante un procedemento de urxencia”. Con todo, a cifra última en canto a danos será determinada finalmente polos técnicos da Confederación, que realizarán en breve unha visita a Monforte, tal e como apuntou o seu presidente. Sen embargo, para iniciar as obras será preciso, en primeiro lugar, agardar a que baixe o caudal do río e, en segundo lugar, facer unha

Severino Rodríguez e Francisco Fernández Liñares, durante a visita á zona danada pola crecida. EC

escollera no tramo que resultou especialmente danado debido a que se trata dun punto no que a auga baixa con máis forza ao discorrer en curva. “Esta foi unha obra que xa realizamos nós hai poucos anos, polo que é importante a súa pronta rehabilitación, e a maiores disto

tamén recuperaremos agora o pantalán que levou a riada ou substituirémolo por un novo de non ser posible a súa reparación”, engadiu Liñares. Pola súa parte, Severino Rodríguez comentou que se trataba dun “paseo emblemático de Monforte no que recentemente

se realizaron melloras que afectaron tanto á súa iluminación, como a mobiliario e accesos”. Tamén indicou que neste caso de intensas choivas a canalización do río facilitou o discorrer das augas e evitou asolagamentos maiores.


6 • EC // Nº 118 Enero 2011

Comercio

Iniciativas para o fortalecemento do comercio no local

Mercadillos en alza Monforte e Sarria apostaron con éxito por esta fórmula que busca atraer xente á rúa Malia os condicionantes meteorolóxicos, a organización valora positivamente esta experiencia A intención agora é a de darlle continuidade a este tipo de iniciativas durante todo o ano, unha tarefa na que xa están a traballar dende o Centro Comercial Urbano. FEIRA DE ARTESANÍA E AGASALLOS Pola súa parte, o concello de Sarria acolleu a celebración dunha Feira de artesanía e agasallos os pasados 17, 18 e 19 de decembro, unha actividade que se desenvolveu na Praza da Vila e que contou con distintas áreas

“Sempre é beneficioso para a vila que existan Un dos atractivos dos mercadillos é o seu carácter temático. ARQUIVO EC este tipo de inique nós agardábamos debido ciativas”, Xermán á pouca axuda que tivemos en Redacción Monforte canto á publicidade, ao moArias, concelleiro • Durante este Nadal foron va- mento e sobre todo á climato- “Trátase de crear rios os Concellos que organiza- loxía” explicou Vázquez. de Cultura sarriaron distintos mercadillos como Pese a isto, dende o Centro Co- unha marca para complento ao fomento do co- mercial Urbano entenden que no mercio nas súas vilas. Unhas se trata dunha experiencia que atraer á xente destas iniciativas tivo lugar en debe seguir desenvolvéndose e Monforte, que acolleu o 26, 27 que por suposto debe celebrar- de fóra”, Germán temáticas como por exemplo os e 28 de novembro un mercado se de novo cada ano. “Ainda así oficios artesáns, os xogos para Vázquez, CCU valoramos a iniciativa como temático de complementos, o nenos e unha queimada popu3, 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro positiva porque se conseguiu lar. Na súa organización colaoutro de decoración de Nadal, sacar a xente á rúa así como Monforte os días 10, 11 e 12 de decembro outro de produtos agroecolóxicos e outro de regalos de Nadal do 16 ao 24 de decembro. Unha iniciativa valorada de xeito positivo dende o Centro Comercial Urbano de Monforte tal e como indicou o xerente, Germán Vázquez. “En principio ben, ainda que un pouco por debaixo das expectativas

incrementar o comercio nestes mercados. Agora trátase de facer unha marca que poida atraer a xente de toda a comarca hacia Monforte, para que iso redunde no noso comercio”. En canto á afluencia de público, dende a xerencia do CCU de Monforte destacaron o feito de que a mellor acollida foi para os últimos mercadillos debido a que as condicións

metereolóxicas tamén acompañaron. Asimesmo achegábanse as datas propias de Nadal, unhas datas nas que a xente tende máis a sair á rúa. “A ubicación das casetas, que todo estivera máis decorado e máis cerrado tamén axudou a subir a afluencia de xente nestes mercados”, puntualizou Vázquez.

boraron a asociación cultural Génesis e o Concello de Sarria, a través da concelleira de Turismo, Paula Vázquez, que foi a encargada de xestionar e tratar directamente cos representantes da feira. Foron en total 12 postos, que a maiores do apartado comercial, con venda de artigos de artesanía en barro, coiro ou madeira, permitiu tamén certo ache-

gamento aos distintos oficios tradicionais. A feira instalouse en Sarria despois de ter visitado xa outros municipios como Arzúa. Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Xermán Arias, consistiu nunha feira de produtos artesanais na que se puido atopar dende todo tipo de agasallos ata doces. “O balance é positivo pese a que fixo bastante frío, cuestión que non nos axudou en nada nin ás persoas que se encargaban dos postos nin aos visitantes, pero en xeral bastante ben”, explicou o concelleiro de Cultura. Dende a concellería de Cultura tamén quixeron engadir que non se tratou en ningún momento dunha competencia directa para o mercado da vila. “Non era unha competencia directa co comercio porque as cousas que se ofertaron non se venden nos comercios, ainda así supoño que sempre é beneficioso para o pobo que se leven a cabo este tipo de iniciativas”, engadiu Arias. Tratase do segundo evento destas características celebrado nos últimos meses na Praza da Vila, i é que o anterior tivo lugar a finais de setembro e comezos de outubro grazas ao evento organizado pola asociación Artesanía e Curiosidades do Mundo. Desa vez foran 15 os expositores que se decidiran a poñer á venda produtos de España, Arxentina, Brasil, India ou Rumanía, tales como doces, bisutería, complementos, obxectos de decoración ou xoguetes. En calquera dos dous casos, tanto en Monforte como en Sarria, os mercados serviron para dinamizar un pouco máis o comercio e as súas vendas nestas datas.


Clínica TorreSalud:

su salud, lo más importante

LUMBALGIA Hoy hablaremos con Alberto, el fisioterapeuta de la clínica Torresalud, sobre un problema de salud que afecta a gran parte de la población: la lumbalgia.

¿Qué es la lumbalgia? La lumbalgia es un término empleado para referirse al dolor de la zona inferior de la espalda, en la zona lumbar, causado por un síndrome músculo esquelético, es decir, trastornos relacionados con las vértebras lumbares y las estructuras de los tejidos blandos como músculos, ligamentos, nervios y discos intervertebrales.

¿Por qué se produce una lumbalgia? En la mayoría de los casos no es posible definir cuál es la causa exacta del dolor de espalda. Frecuentemente estos pacientes sufren una hernia discal, o una osteoporosis (disminución de la calcificación de los huesos), o una curva anormal de la columna vertebral (escoliosis), y en raras ocasiones, una lesión esquelética provocada por un tumor o una infección.

¿Cuáles son los síntomas de una lumbalgia? •Dolor en la región

lumbar, que en ocasiones irradia hacia las nalgas, la parte posterior de los muslos y la ingle. El dolor empeora con el movimiento. •Limitación en la movilidad de la columna, especialmente al inclinarse hacia adelante o hacia atrás. •Contracturas de los músculos que rodean la columna, provocando rigidez de espalda. •Cuando existe dolor y contractura, la espalda puede inclinarse hacia un lado, provocando un cambio de postura. •El dolor a veces se acompaña de una sensación de hormigueo o

pérdida de sensibilidad en la región lumbar, en las nalgas o en las piernas.

¿Se puede prevenir la lumbalgia? La lumbalgia se puede prevenir adoptando posiciones correctas, evitando movimientos bruscos, evitando el sobrepeso y, sobre todo, con una serie de ejercicios para fortalecer la musculatura de la faja abdominal que le serán indicados por el fisioterapeuta, adaptándolos a cada caso en concreto.

¿Cómo se trata la lumbalgia?

Cuando se sospecha de padecer una lumbalgia lo más adecuado es acudir al médico y al fisioterapeuta, ya que un trabajo combinado de estos dos profesionales nos ayudará a resolver el proceso.

¿Cómo evoluciona la lumbalgia? La evolución suele ser buena, siempre que la persona reciba un tratamiento adecuado en fases tempranas del cuadro. Un programa de fortalecimiento de la musculatura abdominal y lumbar dirigido por un fisioterapeuta evita que se produzcan nuevos episodios de lumbalgia.


8 • EC // Nº 118 Enero 2011

Flashes ●●●

Os vehículos lixeiros pasan a ITV estes días

• O Concello de Chantada informou de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos está desprazada estes días na vila para realizar as inspeccións técnicas de vehículos lixeiros. Dende o pasado 31 de decembro e ata o vindeiro 18 de xaneiro, agás os días sábado 15 e domingo 16, realizaranse as revisións pertinentes en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía, así como de tres e media a seis da tarde, agás o último día de traballo

que se realizarán en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía. É Non se pasará a inspección a vehículos con carga, nin a vehículos de tara superior a 3.500 kg (excepto agrícolas ou obras e servizos), vehículos de anchura superior a dous metros, nin tampouco a autobuses, motos e ciclomotores.Aos interesados asignaráselle día e hora directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada ou chamando ao número 609.107.306.

Os últimos coletazos do canon de Chantada

O equipo de Xadrez en primeira

Aprobada a segunda fase da construcción do agardado auditorio

Os chantadinos estrearon categoría ante os de Moaña

Os xadrecistas chantadinos nunha partida . (Circulo de Xadrez)

Un dos inmobles do complexo en construcción. EC

• A contrataión da segunda fase das obras do auditorio municipal de Chantada por valor de 902.443 euros foi aprobada nos últimos días de decembro por parte da Xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo. A primeira execútase cos fondos do Plan E de 2010. Esta actuación inclúese dentro do canon de 2010. Segundo valoraron novamente dende o goberno local e provincial, trátase dunha actuación moi importante porque este municipio, que é cabeceira de comarca leva anos demandando un edificio destas características. O inmoble que se prantexa con este investimento en concreto disporá de dúas prantas funcionais con capacidade para unhas 300 persoas. Ten

un prazo de execución de 6 meses, de tal xeito que estará rematado para o verán de 2011, segundo valoraron dende o goberno provincial que executa a última parte da débeda do canon. O centro dispón dun deseño especial, xa que a cuberta comunicará a Praza de Galicia coa Avenida de Lugo. RECONTO DO CANON En total, investíronse neste municipio ó longo destes tres anos preto de 5 millóns de euros, dos que máis de 1,6 corresponden á anualidade de 2010, que contempla outras tres actuacións a parte da mencionada: demolición da Casa Sindical, acondicionamento da praza de Galicia (90.000 euros), desenvolvemento de novas tecnoloxías (160.000

euros), e rexeneración e adecentamento de espazos públicos e de viais, fundamentalmente nas parroquias do rural (426.802 euros). HISTÓRICO O Concello de Chantada presentou en setembro de 1992 un recurso contencioso-administrativo sobre a distribución do canon de enerxía hidroeléctrica dos exercicios 1981 a 1985. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou este recurso e condenou á Deputación ó seu pagamento. Tras numerosos obstáculos e a negativa do anterior equipo de Goberno a cumprir a sentenza, en 2008, a Deputación e o Concello de Chantada chegaronm a un acordo que puxo fin ó histórico conflito mediante un acordo extraxudicial.

• O Círculo Chantadino de Xadrez ven de debutar a pasada fin de semana en primeira división ante o Fischer de Moaña. Sen embargo a vitoria non puido ser xa que ao final da partida os de Moaña impuxéronse por 1-3 aos da capital do Asma. Por parte do Círculo Chantadino xogaron Hoffman, Gotera, Gutián e Ricardo, mentres que polo Fischer concurriron Bachiller, Ogando, Gonzalo e Alberto Costa. Desta maneira o Círculo Chantadino de Xadrez só puido salvar un dos catro puntos en disputa, pero ten a ocasión de desquitarse a vindeira semana, na que se despraza ata Bueu. Alí os anfitrións veñen de gañar pola mínima na primeira xornada, pero as expec-

tativas de acadar unha boa clasificación en primeira división ao final da tempada que acaba de empezar mantéñense intactas para os locais. Pola súa parte, na terceira división a xornada inaugural enfrontou ao Círculo Chantadino B co Círculo Chantadino C. Foi, segundo representantes do Círculo, un duelo fraticida no que ambos delegados aproveitaron para facelo con xogadores dos postos baixos do taboleiro a fin de dar oportunidade de xogar ao maior número posible dos compoñentes da plantilla. Ao final o Círculo B, que inicialmente aspira a ascender a segunda división, impúxose ao Circulo C por 4-0.


EC // Nº 118 Enero 2011 • 9

Investimentos

Renovado o Plan de Comunidades Veciñais na Provincia

Nova oportunidade para as obras veciñais A Deputación abre o prazo para solicitar as axudas do Plan de Comunidades Veciñais 2011 Mantense o investimento de 2,3 millóns de euros e adiántase a convocatoria

por exemplo pequenos abastecementos de auga, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais. Veciños da parroquia de San Vicente de Argozón durante un acto no local social. EC

• O modelo de solicitude para a concesión das subvencións do Plan de Comunidades Veciñais de 2011 foi aprobado recentemente na xunta de goberno da Deputación provincial. Desta maneira faise posible a cooperaciñón cos concellos nas pequenas obras relacionadas co ámbito veciñal. Deste xeito, ata o 15 de febreiro, manterase aberto o prazo para que todas as entidades asociativas soliciten as súas obras. Dende o goberno provincial indicaron que se intenta adiantar en tempos este ano todas as iniciativas destinadas aos concellos. É o caso deste plan xa que “ se trata dun bo modelo para axudar ós Concellos nestes momentos nos que teñen tantos problemas de liquidez”, indicaron. Ao mesmo tempo fixeron fincapé en que o Orzamento de

2011 é precisamente “o da máxima cooperación cos municipios, xa que non recortamos en nin un só euro as partidas destinadas a este fin”.

cha como o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes do que en 2010 se beneficiaron 41 nunicipios.

MANTÉÑENSE OS 2,3 MILLÓNS O organismo provincial mantén en 2011 o presuposto do Plan, 2,3 millóns de euros, o que supón algo máis do 65% do investimento total das obras. As axudas que concede a Deputación para calquera das actuacións non supera os 12.000 euros, é dicir, o 75% do importe total da obra. O 25% restante é aportado, como en anteriores ocasións, polos colectivos veciñais. O goberno provincial vincula o Plan de Comunidades veciais, a outras iniciativas que o organismo provincial puxo en mar-

CASE 300 PROXECTOS VECIÑAIS EN 2010 En 2010 concedéronse 298 subvencións. O 65% están tramitadas ou en tramitación. Polo que respecta a 2009, o Plan estivo dotado con 100.000 euros menos, e subvencionáronse 295. Neste caso, están tramitadas o 94% das mesmas. Asimesmo, as de 2008, un total de 291, están rematadas o 100%. PEQUENAS INFRAESTRUCTURAS O Plan de Comunidades Veciñais subvenciona pequenas obras que os Concellos non poderían acometer sen a colaboración da Deputación, como

En 2010 concedéronse axudas que en Sarria se centran en solicitudes para locais sociais, fontes e espazos comúns nos núcleos rurais Este tipo de actuacións, moi demandadas nos núcleos rurais, complétanse con outras

como a habilitación de locais sociais, a rehabilitación de espazos de encontro. ACTUACIÓNS EN SARRIA No plan do ano que deixamos atrás serán atendidas varias demandas veciñais que en municipios como o de Sarria, pasan pola rehabilitación da antiga escola da parroquia de San Martiño de 7.600 euros. O arranxo do muro do souto da festa, na mesma parroquia tén tamén un investimento do plan de comunidades veciñais que contribúe a financiar o total do seu custe, uns 8.500 euros. Por outra parte, e no mesmo municipio, falando do plan de 2010, concedeuse a axuda para a reparación da fonte do Vilar, na que se gastan un total de 11.000 euros. A restauración da igrexa de San Pedro de Maside, cun investimento de 33.000 euros, conta tamén cunha axuda do departamento provincial. As restantes actuacións veciñais en Sarria concedidas para a anualidade 2010 están na instalación da protección para as fiestras no colexio de Corbelle e na escola pública de Fonteabuín.


10 • EC // Nº 118 Enero 2011

Flashes ●●●

Remata a exposición de fotografía antigua en Monforte

•O concurso de fotografía antigua de Monforte de Lemos e comarca, organizado pola Asociación Cultural Amigos da Pandeireta deu a coñecer ós seus gañadores: Claudio Pombo Pérez, con 600 euros (1º premio); Emilia Quiroga López, con 400 euros (2º premio); e Miguel Ángel Pérez González, con 200 euros (3º premio). O xurado tamén otorgou un premio especial á fotografía máis antiga, que foi para María Pilar López Martínez, con 150

euros. A asociación Amigos da Pandeireta naceu en Monforte hai máis dun ano para difundir o folclore tradicional galego. A súa presidenta, Eugenia Barbagelata, e os demais integrantes traballan para sacar adiante iniciativas abertas ao público, como este concurso de fotografía, que reuniu nunha exposición 165 imaxes anteriores a 1970, sobre vestimenta, festas ou labores campesiñas.

A Xunta anuncia prazos e Monforte reabriu importes para o porto seco a Biblioteca Agustín Hernández explicou estes aspectos ós axentes sociais da zona

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, na reunión da CEL en Monforte. EC

Redacción Monforte

• O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantiveron o pasado mes de decembro unha reunión con axentes sociais e representantes do empresariado, de asociacións veciñais e entidades de carácter social da Comarca de Lemos; unha xuntanza que tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Lugo en Monforte e na que o conselleiro anunciou a aprobación dunha partida de 5,5 millóns de euros para a primeira fase de urbanización do porto seco monfortino, obras que comezarán este ano 2011 e que se prevé estén

O conselleiro anunciou unha inversión de 2,5 millóns de euros para a nova potabilizadora rematadas no 2013. Máis tarde, Hernández informou do mesmo asunto aos afiliados do Partido Popular neste concello, nun acto no que estivo presente a candidata a alcaldía de Monforte, Julia Rodríguez. O conselleiro de Medio Ambiente sinalou que “a Xunta

cumpre cos seus compromisos, e un deles é o do porto seco”. Na primeira fase de urbanización está previsto traballar sobre 130.000 dos 307.000 metros cadrados dos que dispón a área loxística intermodal de Monforte. En canto aos accesos, o representante da Xunta tamén anunciou unha inversión de preto de 20 millóns de euros nas conexións da plataforma coas vías de alta capacidade, cuxa licitación de obras farase efectiva no primeiro semestre deste ano. Finalmente, en canto a obras hidráulicas na zona sur da provincia, Hernández sinalou a inversión duns 26 millóns de euros, “dos cales 2,5 millóns irán destinados ao apoio da construción da nova estación potabilizadora de auga de Monforte”.

• Tras máis de medio ano pechada para facer unha serie de obras de remodelación, a biblioteca de Monforte xa abriu de novo as súas portas. Tal e

maiores arranxouse a parte do tellado que tamén estaba mal aillado. “Todo isto coa idea de que o espazo sexa máis confortable e ao mesmo tempo se

A Casa da Cultura beneficiouse das aportacións do Plan E. EC

como explicou a concelleira de Cultura, Alicia Cadarso, a biblioteca tiña un problema de moita calor no verán e moito frío no inverno, é dicir, mal aillamento tanto na zona do tellado como na zona das fiestras. “Tratase dun edificio que ten moitos anos e as súas fiestras eran de ferro con cristal simple, e como ao mesmo tempo estaba moi iluminada con tanto ventanal, isto facía que non reunira as mellores condicións, facendo así moito frío no inverno e moita calor no verán”, indicou. Ante esta situación pecháronse as instalacións para levar a cabo unha serie de reformas que consistiron no cambio de fiestras por outras con dobre cristal e ponte térmica, e no aillamento dos distintos ocos con material axeitado. A

aforre enerxía, xa que quentar esa zona era máis costoso antes”, engadiu a concelleira de Cultura. En canto ao retraso nas obras, Cadarso explicou que un dos motivos foi que ao tratarse dun edificio de interés cultural, había que ter un proxecto determinado, xa que se estaba afectando á estética da construcción. “Tivemos que solucionar unha serie de peculariedades como por exemplo os marcos que precisaba a biblioteca”. Na actualidade xa funciona perfectamente e ten as súas portas abertas aos usuarios con horario normal. As obras foron financiadas íntegramente con fondos estatais aportados a través do segundo Plan E. Deste xeito, a reforma da Casa da Cultura foi adxudicada por 89.100 euros.


12 • EC // Nº 118 Enero 2011

Enerxía

Presentado o Plan Renove de Equipos de Climatización

A Xunta mantén a súa política de aforro enerxético co Plan Renove de Equipos de Climatización Nesta segunda edición, o Plan Renove que presenta o Inega ten un orzamento de 1 millón de euros A consellería de Economía e Industria estima que esta medida vai xerar un investimento asociado de 3,5 millóns de euros

Eliseo Diéguez, director do Inega, na presentación do Plan Renove de Equipos de Climatización. GPI.

Redacción Monforte

• O pasado 28 de decembro, a consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), presentou en Santiago a nova edición do Plan Renove de Equipos de Climatización, correspondente ó ano 2011. O director do Inega, Eliseo Dié-

guez, explicou que con esta nova liña de axudas a Xunta de Galica segue a manter a súa aposta estratéxica pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, e que nesta ocasión concretarase nunha liña orzamentaria dun total de 1 millón de euros. Asimesmo, o responsable do Inega manifestou que o seu departamento prevé que este Plan Renove xenere un investimento asociado de 3,5

millóns de euros, e que ten como obxectivo chegar a máis de 1.000 vivendas e edificios, así como a máis de 200 establecementos adheridos. EQUIPOS SUBVENCIONABLES POLO PLAN RENOVE Segundo expuxo Eliseo Diéguez, director do Inega, esta segunda edición do Plan Renove de Equipos de Climatización

trata de incentivar a sustitución de caldeiras, equipos de climatización e bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipos de alta eficiencia con potencial nominal térmica maior ou igual que 5 kw e menor ou igual a 70 kw que cumpran os requisitos técnicos establecidos nas bases reguladoras que, ao igual que as marcas e modelos subvencionables, poden consultarse na páxina web do Inega, www. inega.es. O Plan Renove establece ademais que os aparatos antigos substituidos deberanse

do custo da instalación (equipos, instalación e IVE, no caso de que sexan subvencionables), con máximos establecidos en función da potencia nominal, de acordo co detalle establecido nas bases reguladoras. No caso de equipos de frío ou bombas de calor, enténdese como custo de instalación tanto a unidade exterior como as unidades interiores. Como exemplo, e aínda que se debe ter en conta o dato da potencia nominal, as axudas para caldeiras de condensación poden chegar a alcanzar os 1.320 euros e os 3.840 no caso de substitución de equipos de aire acondicionado e bombas de calor.

A política enerxética do Inega prevé para este exercicio un aforro económico de preto de 16 millóns de euros anuais

BENEFICIARIOS E PROCESO DE XESTIÓN Poderán acceder a esta nova liña de axudas as persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, propietarias de vivendas ou edificios do sector terciario sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario da súa titularidade sitos na comunidade autónoma de Galicia. Deberán tramitar a solicitude a través das entidades colaboradoras adheridas a este Plan. Para facer efectiva a solicitude, o comprador deberá dirixirse a un instalador adherido a este Plan, adquirir o equipo, e será o instalador quen realice a solicitude de fondos mediante a aplicación web correspondente, imprima a documentación e a someta á firma do comprador. A continuación, o instalador terá un prazo de 90 días naturais para realizar a instalación, cobrar o importe da factura e o desconto da axuda e, por último, remitir toda a documentación ao Inega para o cobro da subvención.

entregar aos xestores autorizados para o seu correcto tratamento como residuo voluminoso conforme á normativa vixente. PRAZOS E CONTÍAS Este Plan Renove estará en vigor ata o 30 de xuño de 2011, ou ata esgotar os fondos correspondentes, e as axudas poderán solicitarse a partir do próximo 3 de febreiro. A contía da subvención non poderá supoñer máis do 25%


EC // Nº 118 Enero 2011 • 13

Flashes ●●●

Os comerciantes sarrianos premian aos consumidores

• O sorteo da Campaña de Nadal 2010-11 da asociación de co-

merciantes e empesarios de Sarria-ACES- foi celebrado este martes dando como resultado os nomes dos gañadores de 15 vales de compra, 5 de cen euros e 10 de cincuenta euros. Este venres, 14 de xaneiro, terá lugar a entega destes premios a partires das 17:00 horas na sede de ACES. Os consumidores dos establecementos sarrianos premiados con

vales de 100 euros son Maria del Carmen Rodríguez, Jerusa García de Pablo, Sonia Fernández Vizcaíno, Antonio García García e Belén Fernández Díaz. Mentres, os que recibirán o de 50 euros son Isabel Sánchez García, Ana Rodríguez Tallos, Lucía López Díaz, Teresa García, Cristina Vázquez López, María Melle Goyanes, Mayte López López, Beatriz López López e Sara Leizán López e José Antonio Aira.

O legado do Xacobeo 2010 en Sarria

Novo espazo para a Cultura

A comarca conta cun novo albergue na que fora a casa de Queipo de Llano

O proxecto para a nova Casa da Cultura admite propostas cidadás

peregrinos no concello de Samos. Cun orzamento de 2,4 millóns de euros, a rehabilitación do inmoble, construído en 1551 e cunha superficie de 1.710 metros cadrados, respondeu a criterios de recuperación histórica e posta en valor do patrimonio. Da traza señorial da casa sobresae unha torre de dúas plantas e destacan os arcos característicos da construcción e a muralla que fortifica o inmoble. O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no albergue de Lusío a edición especial da revista Biblos Clube de Lectura adicada ao Xacobeo.

•A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo puxo en servizo durante o Ano Santo 2010 dez novos albergues dirixidos a peregrinos, un deles situado na comarca de Sarria, na Casa Forte de Lusío (Samos). Albergue dos Mercedarios Neste senso, ademáis, e segundo o balance feito a finais de ano pola Xunta en relación a estas infraestruturas, engádense tamén nesta área a amplia-

ción do albergue habilitado polo convento dos Mercedarios de Sarria, que deron cobixo aos camiñantes nas tempadas máis altas. A Casa Forte de Lusío No mes de abril de 2010, abriuse ao público a Casa Forte de Lusío, no concello de Samos, que foi rehabilitada para o seu uso como albergue e museo. Estas novas instalacións supuxeron a incorporación de 60 novas prazas para

A actuación completouse coa urbanización do entorno, a mellora dos pavimentos e da vía pública de acceso nun total de 3.000 metros cadradros intervencións para as que a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinou preto de 340.000 euros. Na finca, propiedade da familia Vázquez Queipo de Llano, naceu o físico, matemático e político Vicente Vázquez Queipo de Llano (18041893), membro da Real Academia Española da Historia e das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais así como doutros institutos científicos e academias estranxeiras.

• O colectivo de arquitectura Juvis manterá aberto deica finais de xaneiro un foro no que os veciños poderán opinar sobre a proposta presentada recentemente para a actualización e mellora da Casa da Cultura. A través do blog (http://casaculturasarria.blogspot.com/) creado polos cinco estudantes que elaboraron este proxecto, a cidadanía poderá aportar a súa opinión e novas ideas e, de feito, xa o están a facer coas numerosas visitas e posts introducidos nesta páxina. Na memoria elaborada polos profesionais relatanse entre outras as necesidades dun edificio un tanto obsoleto dende o punto de vista funcional. Neste blog tamén se pode coñecer a recreación do que será o novo edificio segundo o prantexa o colectivo. A reorganización dos espazos exteriores e interiores pasa por unha mudanza moi importante con respecto ao concepto actual. Entre as máis evidentes necesidades está a de ampliar o salón de actos e o

espazo escénico co que conta. En canto a outras zonas como a sala de exposicións, a idea é a de conferirlle tamén unha maior funcionalidade que permita usos a maiores do propiamente expositivo como pode ser a realización de reunións ou presentacións. Doutro lado, a biblioteca, precisaría, no criterio do grupo de arquitectos, unha maior superficie tanto para a colocación de fondos como para os postos de lectura. En resumidas contas, segundo se explica na memoria, coa mesma superficie construída, pódese duplicar o espazo do salón de actos, da biblioteca, e da sala expositiva e isto conséguese reducinto os espazos de circulación, residuais e secundarios. A renovación do exterior pretende abrir este edificio á vila e integralo coas rúas. Entre outros detalles podemos ver un salón de actos coas butacas configuradas en dúas alturas ou unha nova praza e entrada para o inmoble dende a rúa Cervantes.


14 • EC // Nº 118 Enero 2011

Flashes ●●●

Fomento do cooperativismo para o alumnado chantadino

• Alumnos de formación profesional, ocupacional e bacharelato participaron no último trimestre de 2010 na campaña didáctica “Cooperativízate”, promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, para divulgar as vantaxes do modelo cooperativo e animar aos mozos a acceder ao mercado laboral a través da posta en marcha de proxectos emprendedores.

O principal elemento desta iniciativa é unha “aula móbil” que se achega aos centros educativos das catro provincias galegas, e que visitou o Instituto Val do Asma nos pasados días. Os alumnos reciben charlas sobre a alternativa que representa o cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral da man de dous monitores especializados na materia. As técnicas de aprendizaxe son participativas e lúdicas con contidos didácticos.

Comezan as rebaixas na vila do Asma

Varela confirma a súa candidatura

Os comerciantes agardan que a nova Lei de Comercio os beneficie

O ex alcalde de Chantada forma unha lista independente de cara ás municipais

Varela e dous compañeiros no Pleno da corporación chantadina. EC Rúa comercial en Chantada EC

• A campaña de rebaixas xa está en marcha na totalidade dos municipios e aínda que comezou fai poucos días, en Chantada as expectativas son semellantes ás de outros anos. Así o indicou o presidente do Centro Comercial Aberto, José Manuel Lage, quen afirmou que “pese a non saber o que espera a xente, dende os comercios sí contamos con que a campaña sexa igual ou moi parecida á de outros anos”. “Hai moita xente que espera e aproveita esta época do ano para facer unha gran parte das compras, polo que se prevén unhas rebaixas máis ou menos igual”, engadiu. En canto aos descontos, Lage tamén asegurou que non haberá grandes diferenzas, “porque a situación económica sexa esta vez un pouco máis complicada

non creo que haxa necesidade de rebaixar ainda máis os prezos, a cuestión non é rebaixar tanto que en vez de gañar ou manternos ao final perdamos”. Por outra parte, e despois de que a Consellería de Economía e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, xa comezara cos traballos de supervisión e información encamiñados a garantir o cumprimento da nova Lei de Comercio de Galicia dende o mesmo momento da súa entrada en vigor, a partires do vindeiro 18 de xaneiro, o presidente do comercio chantadino explicou que esta nova lei traerá cousas positivas. “Por un lado hai cousas que me parecen ben, que dalgunha maneira van axudar a que o pequeno comercio loite en igualdade de condicións con

outras superficies comerciais”, manifestou Lage referíndose a condicións que haberá que cumprir, como por exemplo os períodos de rebaixas. “Nunha reunión que mantivemos con distintos responsables da Xunta, tratouse o tema de que os bancos deixarán de vender todo tipo de electrodomésticos ou semellantes, porque cada un ten que adicarse ao seu”, engadiu. Mentras, a Consellería de Economía ten creado e activado o corpo de Inspectores de Comercio, regulado pola normativa aprobada en decembro. “Ainda que non entrou en vigor a tempo para estas rebaixas, finalmente esperemos que contribúa a mellorar as condicións, sobre todo, do pequeno comercio”, concluiu Lage.

• O ex alcalde chantadino Manuel Lorenzo Varela encabezará unha nova formación política que se presentará ás vindeiras eleccións municipais. Acompañarano os compañeiros na corporación que no seu momento pasaron a formar parte do grupo dos non adscritos da corporación chanatdina abandoando o Partido Popular. PARTIDO INDEPENDENTE Manuel Varela será o cabeza de lista, confirmando un feito intuído dende a sociedade e a política local, pero que ata o momento estaba en dúbida.A nova puxérona de manifesto os impulsores da novo partido independente nunha nota de prensa remitida ós medios. Na mesma resaltan a inten-

ción deste grupo de seguir traballando polo concello de Chantada. Os membros da formación de Varela queren deixar claro que o feito de presentarse a ditas eleccións é co ánimo de prestarlle o mellor servizo ós veciños e veciñas do concello de Chantada. “Unha forma de traballo que xurde polo respaldo de gran cantidade de persoas” que llo amosan día a día, segundo indican. A nova forza política xa está rexistrada en notaría e enviada a documentación ó Ministerio do Interior, que debe confirmar a oficialidade da formación que se presentará nos comicios do mes de maio. Polo momento, Varela e os seus compañeiros declinan facer máis declaracións ata rematar os tramites de constitución.


EC // Nº 118 Enero 2011 • 15

Flashes ●●●

F

En Sober os Reis Magos desafiaron ó mal tempo

• Sober foi outro dos municipios que decidiu facer fronte á choiva e finalmente desenvolveu a cabalgata dos Reis Magos. As súas maxestades visitaron a residencia da terceira idade e a gardería, rematando o percorrido na Casa da Cultura, onde entregaron os premios dos concursos de postais e poesía de Nadal, xunto co de Beléns. Houbo visita e regalos para maiores e pequenos, xa que

Melchor, Gaspar e Baltasar charlaron animadamente cos membros e usuarios da residencia de maiores, para despois satisfacer e tratar de cumplir os desexos dos máis cativos na gardería. Pola súa parte, a entrega de premios dos concursos tivo lugar na biblioteca municipal, onde poideron contemplarse os mellores traballos de cada especialidade.

Luis Fernández Guitián, candidato do PP a alcaldía de Sober:

Charlas sobre a banda ancha para internet en Sober

“Asumo este reto con responsabilidade e con optimismo”

O Concello de Sober ven de elaborar recentemente un programa de charlas para dar a coñecer entre os seus veciños a implantación do servizo de internet no medio rural, a partir de enlaces de banda ancha. A información que recibiron os veciños mediante estas charlas consistiu fundamentalmente na explicación da cobertura actual desta zona, nas distintas modalidades existentes, nas tarifas mensuais e nas modalidades de contratación do acceso a internet. Tal e como indicaron dende o Concello, “foi importante a asistencia dos veciños a estas charlas para que no futuro aproveiten da mellor maneira posible a existencia do novo servizo”. Pola súa parte, as primeiras charlas celebráronse o pasado mes de decembro nos centros socioculturais de Sober e de Neiras, con gran afluencia de participación. Tras eses encontros e dadas as festas de Nadal, as seguintes reunións mantivéronse a comezos do mes de xaneiro. Deste xeito, o pasado día 3 foi o turno dos veciños de Bolmente e de Pinol, concretamente no centro sociocultural de Cadeiras. Xa por último, o día 4 pechouse o ciclo con charlas en Amandi, na adega Rectoral, e despois no centro social de Doade. Toda unha serie de charlas baixo unha campaña informativa que os membros do Concello quixeron abrir a todas as persoas interesadas. A posibilidade da banda ancha no medio rural ven de ampliarse na zona sur de Lugo, despois de que a Xunta de Galicia puxera en marcha unha serie de axudas para a extensión de acceso a Internet de banda longa do Plan de Banda Larga 2010-2013 da Administración autonómica.

O Partido Popular de Lugo ven de designar a Luis Fernández Guitián como candidato ás vindeiras eleccións municipais en Sober, unha decisión respaldada entre outros, polo presidente e o secretario provincial do partido, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente, a presidenta e exalcaldesa da localidade Raquel Arias e o secretario do comité local e actual rexedor José Gómez. Como afronta o feito de ser cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais? Por un lado é un orgullo, unha satisfacción que o Partido Popular confíe en mín para encabezar a candidatura, e por outro lado tamén é un compromiso moi grande porque sei que me esperan anos difíciles. Está claro que a situación tanto económica como social do Estado, e polo tanto de Sober, non é a mellor para afrontar un reto como o de chegar a ser alcalde no caso de gañar as eleccións, pero eu penso que ese orgullo, esa satisfacción e esas gañas que teño de traballar por Sober, poderán contrarrestar a situación actual. Un reto no que é importante contar co respaldo do partido. Sí, loxicamente. Hai que pensar que o Partido Popular de Sober é un partido gañador, elección tras elección. E ao mesmo tempo tamén é outro reto, acadar como mínimo o resultado das eleccións anteriores. Eu vou a contar co respaldo dunha persoa fundamental, que é Raquel Arias, que tamén é en quen me teño que fixar e na labor que ela realizou. E tamén quero agradecer a labor que fixo José nestes dous últimos anos, unha

persoa que estivo toda a vida vinculado ao concello e vinculado ao partido. Agora tócame coller o relevo de dúas persoas, pero principalmente de Raquel Arias que foi a que puxo o liston máis alto. E asumo este reto con responsabilidade e con optimismo. Como ve as perspectivas? É moito máis fácil estar nun partido que acada uns malos resultados e melloralos, que para un partido que acada sempre uns bos resultados e mantelos. Eu sei tamén que vou intentar aportar todo o que poda, para que os resultados sigan como mínimo como en anos anteriores, pero tamén é certo que me da moito máis o PP a min que eu ao PP. Sei que se me presento baixo outras siglas ou sen siglas, eu non faría absolutamente nada, eso seino eu e sábeo todo o mundo, polo que contar cun partido, neste caso en Sober, como é o Partido Popular case é unha garantía de gañar as eleccións.

“Gustaríame facer unha candidatura o máis equilibrada posible” Algún compromiso electoral destacable? Nun principio só está nomeado o cabeza de lista. A min gustaríame facer unha candidatura o máis homoxenea posible, na que houbera homes e mulleres, xente da que está na actual cor-

O candidado do PP en Sober Luis Fernández Guitián. (Cedida por LFG.)

poración e xente da que non está, e unha representación territorial do concello o máis equilibrada posible. Son 22 parroquias, e xa sei que só van 11 persoas na lista así que é imposible que estén representadas as 22, pero gustaríame que fora o máis distribuido posible por todo o territorio municipal. E cando teñamos a lista feita, faremos xa o programa electoral. Eu na cabeza teño un montón de proxectos, porque sempre traballei por Sober, pero bueno, hai que ser absolutamente realistas. Por exemplo, é fundamental mellorar a rede viaria de Sober, a carretera que une Sober con Doade, a de Sober a Gundivós, e máis que son importantes pero que dependen da Deputación provincial. Intentarei traballar cos membros do meu equipo de goberno e con todas as persoas do Concello para as pequenas cousas no día a día, pero as grandes obras hai que conseguilas de admi-

nistracións superiores como Xunta ou Deputación. Se un partido como o noso está gobernando na Xunta, esperamos que goberne tamén na Deputación, e se dende o equipo de goberno do Concello se presentan propostas convincentes ante outras administracións, será entón cando poidamos conseguir moitas cousas. Pese a todo, creo que o máis fundamental é o tema das infraestruturas viarias, o tema turístico e o sector do viño. Vostede é músico, vai a seguir compaxinando esta afección? Teño que deixar o profesorado, pero nunca deixarei a música. Seguirei vinculado á Banda de Música de Sober, tocando na banda cando poda, e incluso na Banda Municipal de Ourense da que tamén formo parte. A miña inteción será intentar compaxinar a alcaldía coas dúas bandas.


16 • EC // Nº 118 Enero 2011

Flashes ●●●

Reordenación do campo da feira de Sarria

• O mercado da feira do concello de Sarria xa funciona segundo a súa nova reordenación. Tal e como explicou o concelleiro de Obras, Manuel López, “dentro do Plan E contábamos con dúas actuacións, unha delas a mellora e o saneamento da zona das pulpeiras, e a outra a mellora do saneamento das augas fluviais de todo o recinto, coa consecuente mellora de todo o firme tamén”. A maiores da renovación do firme, pintouse a delimitación dos

postos dos feirantes. “Como consecuencia aproveitouse para minimizar os postos de venda ambulante que acoden a esta feira, aspecto que serve para ordenar a venda ambulante delimitando os postos”, indicou López. Anteriormente non existía ningún tipo de delimitación, polo que a ubicación dos vendedores orixinaba algúns problemas. O seguinte obxectivo será mellorar a zona onde se ubican as pulpeiras.

Sarria recupera o pulo da emblemática rúa Calvo Sotelo

Volta ciclista a España en Sarria A vila acollerá unha das etapas deste evento deportivo Finalmente o concello de Sarria acollerá unha das etapas da Volta Ciclista a España, así o confirmou o concelleiro de Deportes, Luis Amadeo López, quen se amosou moi satisfeito ante esta nova. “Faltan por concretar algúns detalles, pero podemos confirmar que Sarria acollerá unha das etapas da Volta a España, con todo o que iso vai conlevar para o municipio”.

• A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, foron as encargadas de inaugurar o pasado mes de decembro a rúa Calvo Sotelo, que foi obxecto dunha remodelación. Unha serie de obras desenvolvidas en dúas fases con cargo ao financiamento de sendos departamentos da Xunta de Galicia, que aportou para isto 1,2 millóns de euros. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, investiu 300.000 euros na segunda fase da obra, recén rematada, e que abarcou o tramo comprendido entre Ciguñeira e Catro Camiños. O departamento autonómico, asumiu o 79,3% do custo total da obra a través do programa de colaboración cos concellos incluído no Plan Agora Re-comercia 2010-2013. Pola súa parte, a intervención de peonalización deste tramo da rúa Calvo Sotelo implicou a substitución do antigo pavimento por un novo de adoquín, a instalación de novas beirarrúas e a colocación dun-

ha fonte ornamental. Así mesmo, foi necesario actuar sobre a canalización para o abastecemento de augas e a rede de saneamento. “MOTOR COMERCIAL DE SARRIA” O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, quixo destacar que tal e como se preveía o deseño, a rúa está a cumplir cos obxectivos marcados dende o grupo de goberno. “Pasou a ser o motor comercial de Sarria, unha rúa que está a ter unha aceptación moi boa entre a xente, motivos polos que estamos moi satisfeitos desta obra”, e engadiu que a rúa Calvo Sotelo estase a convertir nun “centro de facer sociedade”. Garrido tamén sinalou que “o centro comercial tamén debe sentirse satisfeito porque ao haber xente foméntase o comercio, polo tanto ese desexo que había para que a rúa Calvo Sotelo se convertise nun centro comercial, visuse materializado coa súa inauguración”. Mentras tanto, Raquel Arias quixo subliñar o día da inauguración que esta obra “ven a

completar a actuación desenvolvida nunha primeira fase con cargo a unha partida da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na mesma rúa, no tramo entre o cruce de Ciguñeira e a estación do ferrocarril”. A través deste proxecto de infraestruturas, iniciado no mes de xullo do ano 2009 e xa listo para o seu uso a inicio do presente ano, investíronse arredor de 900.000 euros na modernización de servizos, pavimentación do firme, beirarrúas e demais elementos urbanos; unha actuación coa que se pretendía a transformación dunha estrada nun verdadeiro espazo comercial, que sirva de punto de encontro dos veciños e veciñas do concello e da súa contorna. Deste xeito, ese mesmo día Nava Castro afirmou que a Consellería de Economía e Industria oferta varias liñas de subvencións, tanto para entidades como para comerciantes particulares, destinadas a crear “entornos comerciais atractivos”, no convencemento de que o comercio “contribúe en gran medida á dinamización

dunha localidade”. Pola súa banda, José Manuel Cerviño, do CCU de Sarria, quixo puntualizar que durante o principio da obra foron numerosos os problemas para o comercio. “Está claro que as obras resultaron molestas, sen embargo, tal e como quedou ao final entendemos que está bastante ben, ainda que veremos o resultado despois das chuvias dos últimos días. É dicir, non é unha cousa que se poida valorar xa dende o mes de decembro, haberá que agardar a que pase o tempo, pero eu creo que nalgúns aspectos será boa xa que vai a ser unha rúa na que a xente pode pasear máis tranquilamente contemplando escaparates”, indicou Cerviño. Pero dende o Centro Comercial de Sarria tamén valoraron unha serie de aspectos negativos, como o feito de contar con poucas prazas de aparcamento, que tamén perxudica á hora de facer o reparto nas distintas empresas. “Ainda con todo, esperemos que co paso do tempo resulte unha rúa agradable para todo o mundo”, concluiu.

SERÁ EN SETEMBRO O concelleiro de Deportes tamén engadiu que ainda non coñecen a data desta etapa con exactitude pero que nun principio está prevista para o vindeiro mes de setembro. OPORTUNIDADE DE PROMOCION DO CAMIÑO FRANCÉS Dende o concello consideraron dito acontecemento deportivo como un evento moi positivo para o municipio, e para promocionar ainda máis o Camiño Francés, motivo polo que xa propuxeron aos responsables da organización da proba “que os participantes saian da vila en dirección a Samos para pasar por Triacastela e chegar ata O Cebreiro, facendo así varias etapas do percorrido do Xacobeo ao revés”, explicou López. ULTIMOS DETALLES Agora toca agardar á reunión prevista para este mes de xaneiro que terá lugar en Alacante, para cerrar todos os detalles pendentes e facer a presentación oficial das etapas.


EC // Nº 118 Enero 2011 • 17

Flashes ●●●

Os Reis Magos chegaron a Chantada a pesares da choiva

•As condicións meteorolóxicas podían alterar considerablemente o programa de celebracións do día de Reis nas principais localidades do sur de Lugo. Pero os Reis Magos de Chantada deixaron a un lado a ameaza de choivas e finalmente sí chegaron a este concello. Xa dende o principio non se contemplou a posibilidade de introducir cambios no programa da cabalgata, cuxo inicio se fixou para as seis da tarde xunto á residencia da terceira idade. E

Xosé Manuel Silva, fillo predilecto de Chantada

así foi, pese ás previsións de choiva de Meteogalicia o desfile desenvolveuse sin ningún problema. O percorrido dos Reis Magos partiu ás seis da tarde da residencia da terceira idade para rematar xunto á Casa da Cultura despois de pasar tamén polas principais rúas da localidade. Os máis cativos disfrutaron coa visita das súas maxestades de Oriente que recolleron todas as súas peticións para facelas realidade ao longo da noite.

Máis medios para Protección Civil

O director de Agricultura da UE foi Un novo vehículo para nomeado nun acto moi emotivo o Grumir de Chantada

Silva acudiu á Casa da Cultura moi emocioando e amosouse moi agradecido polo recoñecemento que acababa de recibir. Concello de Chantada

• O concello de Chantada xa conta con fillo predilecto; nin máis nin menos que Xosé Manuel Silva Rodríguez, chantadino de toda a vida e director xeral de Agricultura da Unión

Europea. O acto, que tivo lugar o pasado decembro e permitiu que o consistorio estreara o regulamento de distincións oficiais, comezou coa benvida a Silva

e á súa familia por parte das autoridades locais e numerosos público que alí se congregou, para dar paso á lectura do acordo por parte do Alcalde, Manuel Taboada, para o seu nomeamento como fillo predilecto. Acto seguido foi o tenente alcalde, Ildefonso Piñeiro, quen pronunciou unhas palabras nas que quixo destacar que “é un dos mellores, e a súa presenza vai pasar á historia”, ao mesmo tempo que sonou unha canción composta por Silva e cantada por Andrés Dobarro, e proxectouse un DVD no que o protagonista lembraba momentos da súa vida. O acto rematou cun discurso de Xosé Manuel Silva moi emotivo, no que lembrou a familiares e amigos, e no que amosou o seu agradecemento a todos aqueles que nunca o consideraron un “forasteiro”.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu o pasado mes de decembro o acto de entrega de 60 vehículos de Protección Civil para as Asociacións de Voluntarios doutros tantos municipios galegos, entre eles o de Chantada, que foron adquiridos pola Xunta e agora cedidos aos concellos grazas ao Fondo de Compensación Ambiental. No caso dos vehículos entregados, trátase de todoterreos que están especialmente equipados con dispositivos para recoller mostras, tanto sólidas como líquidas, para actuar ante supostos de residuos e vertidos. Ademais, contribúen a traballar no reequilibrio territorial, xa que na maioría dos casos os vehículos están destinados a pequenos

Saborea nuestra nueva variedad:

Café PERÚ de comercio justo

100% ecológico

Tostadero: Avda. Luis Moure Mariño, 132 Tlfno: 982.400.550 Degustación y Venta: c/ Roberto Baamonde, 41 Tlfno: 982.411.196 info@cafesconti.com Monforte de Lemos - Lugo

municipios do interior da Comunidade Autónoma. Rueda destacou finalmente o compromiso cos municipios, que desta vez participan dos beneficios das explotacións eólicas. No acto o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Administración Local, Norberto Uzal; polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e polos delegados territoriais da Xunta e alcaldes que se desprazaron a Santiago a recoller os vehículos concedidos ás súas Agrupacións de Protección Civil. É de destacar que entre os demais Concellos que tamén recibiron un novo vehículo atópanse algúns dos arredores e da provincia de Lugo tales como Carballedo, Fonsagrada, Guitiriz, O Incio, Pol, A Pontenova, Quiroga e Taboada.


18 • EC // Nº 118 Enero 2011

Publicidad ●●●

Centro de Estudios


EC // Nº 118 Enero 2011 • 19

Flashes ●●●

F

Homenaxe a César Carnero, sacerdote de San Vicente

O sábado día 15 de xaneiro o sacerdote César Carnero Rodríguez, actual coengo da Santa Igrexa Catedral Basílica de Lugo, recibirá unha homenaxe ás doce e media, que terá lugar na igrexa da Compañía. Oficiarase unha misa presidida polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, e que contará coa actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte. Ás dúas da tarde ce-

lebrarase un xantar no restaurante Don Manuel. O acto está organizado pola Real Cofradía Nosa Señora de Montserrat e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, xunto coa Boutique Milu Ventura, o Casino Ateneo, o Centro do Viño, a perruquería Tea, e o Restaurante Don Manuel; establecementos onde xa están á venda as tarxetas para asistir o acto de homenaxe.

UGT Lemos fai balance do O comercio, 2010 na comarca mellor en galego • A concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Monforte, Alicia Cadarso, foi a encargada de entregarlle ao xerente do Centro Comercial Urbano de Monforte, Germán Vázquez, as etiquetas de agasallos e letreiros de rebaixas para este Nadal. Segundo explicou a concelleira de Cultura, tratase dunha serie de material entregado dende a concellería de normalización, dentro da campaña de fomento do galego, que deste xeito tamén permite ao Concello colaborar cos comerciantes.

pero tamén para o resto do ano, como san Valentín, aniversarios, etc”, indicou Cadarso. O acto serviu para que o responsable do CCU recibise todo o material, e posteriormente poder distribuilo en todos os comercios. COLABORACIÓN Pola súa parte, o xerente do Centro Comercial Urbano de Monforte agradeceu a colaboración prestada por parte do Concello. “As etiquetas veñen de normalización lingüística, en galego, un aspecto que ta-

Mario Docasar, secretario comarcal de UGT -Lemos, nun momento da xuntanza de Monforte. EC

Redacción Monforte

• O secretario comarcal de UGT-Lemos, Mario Docasar, foi o encargado de facer o balance dos últimos seis meses en canto a accións levadas a cabo polo sindicato, así como do mercado laboral na comarca, dentro do que foi a segunda xuntanza do Comité Comarcal celebrada a finais de ano en Monforte. Docasar quixo comezar destacando que na actualidade son xa preto de 2.100 os afiliados cos que conta o sindicato, unha cifra que subiu aproximadamente un 5% no último ano a pesar da crise. “Con isto, UGT consolídase como a primeira forza sindical da comarca doblando a CIG e CC.OO., e o mesmo ocorre en canto a delegados sindicais nas empresas”, explicou Mario. MÁIS DE 3.500 PARADOS NA COMARCA Por outra banda, en dita reunión tamén se debatiu a situación dos 3.625 parados que nestes intres hai na comarca

de Lemos-Quiroga-Chantada, unha cifra que preocupa ao sindicato xa que para Docasar “este é o principal problema dos traballadores, un problema que demostra que a reforma laboral imposta por un goberno de esquerdas que está a actuar coma un goberno de dereitas, deixa tamén aos máis desprotexidos sen os 426 euros que ata agora estaba a proporcionar”. O voceiro do sindicato lembrou que por este motivo participaron nas manifestacións de Lugo, Santiago e Madrid contra esta reforma laboral. Asimesmo, tamén se fixo referencia ao retraso na idade de xubilación, “que traerá unha merma das futuras pensións”, engadiu Docasar. “Non entendemos esta forma de lexislar, así que de non rectificar cremos que haberá folga xeral no mes de xaneiro, porque gozando de boa saúde a Seguridade Social e co actual fondo de reserva, cremos que o que pretende o goberno é que todos nós pasemos a facer plans de pensións, sendo así os mercados os que dispoñan as di-

rectrices e o goberno quen as acepte, en contra dos traballadores”, matizou. En relación a unha folga xeral, dende UGTLemos fixeron un balance moi positivo da que tivo lugar o pasado mes de setembro. Tamén houbo tempo para un análise da crise que está afectando ao sector da pizarra, especialmente na comarca de Quiroga. Dacordo coas cifras do sindicato a estimación de emprego desaparecido é do 80%. Por último, dende a organización sindical lembraron que están a realizar cursos para todos os afiliados, cun total de 2.489 horas durante 2010, repartidas en 17 cursos que solicitaron os afiliados e os comités de empresa. Os obxectivos para o 2011 pasan por continuar coa loita e a recollida de firmas en xaneiro para que non se leve a cabo o retraso na idade de xubilación, ademáis de derogar a reforma laboral, así como a posta en marcha dun convenio co balneario de Augas Santas para que os afiliados poidan beneficiarse dos seus servizos con descontos.

Alicia Cadarso, concelleira de Cultura, e Germán Vázquez, presidente do CCU de Monforte . EC.

MATERIAL UTILIZABLE TODO O ANO Trátase das primeiras 70.000 pegatinas; un material que non é específico de Nadal, senon unha serie de etiquetas que servirán para pegar nos envoltorios de regalo en calquera época do ano. “Pegatinas con frases que lle dirixe o que regala ao que recibe que sirven para calquera momento do ano, é dicir, tanto unha cousa como a outra vai servir para a campaña de Nadal e para as rebaixas de xaneiro,

mén ven reflectido na nova lei de comercio, e no comercio como tal agradecemos todo tipo de colaboración porque sempre axuda a relativizar gastos”. Cadarso puntualizou que o Concello realiza esta campaña en colaboración coa Mesa de Normalización Lingüística. Entregáronse en total 70.000 pegatinas pequenas, e 500 letreiros de rebaixas para todo o comercio monfortino, tanto asociados como non asociados.


20 • EC // Nº 118 Enero 2011

Flashes ●●●

Festival animado en Pantón para recibir aos Reis Magos

•O pasado día 2 de xaneiro os máis cativos de todo o concello de Pantón disfrutaron dun festival de reis por todo o alto. Este celebrouse na praza do Concello a partir das cinco da tarde e contou cunha festa para todos os nenos e nenas que decidiron achegarse para recibir ás súas Maxestades de Oriente uns días antes da propia noite de reis. Un grupo de animación foi o encargado de entreter e divertir aos máis pequenos ata as sete da tarde, momento

Nova ruta de sendeirismo para o concello de Pantón

no que os tres Reis Magos fixeron acto de presenza no salón de actos do edificios sociocultural. Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos pola banda de gaitas da Escola de Baile de Gaitas O Castro, que interpretou para eles distinas pezas. Máis tarde foi o momento de repartir agasallos para todos os nenos, que foron entregados polas súas Maxestades a cada un deles, ao tempo que escoitaron os seus desexos e peticións.

Obradoiro de restauración

Son oito quilómetros de percorrido A casa da cultura acolle que a Deputación porá en marcha este curso de dous meses

Rolda de prensa celebrada no Parador de Monforte para presentar as novas rutas de Pantón. EC

• O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acolleu fai unhas semanas a presentación de dúas rutas de sendeirismo que percorrerán dúas das paisaxes máis fermosas que ten a Ribeira Sacra ás beiras dos ríos Miño e Sil. Unha delas terá como protagonista ao concello de Pantón. Segundo indicou Javier González, animador sociocultural do Concello, “trátase dunha nova alternativa de ocio moi atractiva e beneficiosa para o noso concello, de feito, o vindeiro sábado día 15 vamos a facer o seu percorrido, un percorrido ao que pode apuntarse todo aquel que o desexe”. Tal e como explicou Javier González, “o tramo que comprende o concello de Pantón son uns oito quilómetros de dificultade media”. A ruta en sí comeza en Belesar e tras

uns trinta quilómetros remata na parroquia pantonesa de Atán. Durante o percorrido vai definíndose polos concellos de O Saviñao e Pantón, coa particularidade de que dende esta ruta poden verse ao outro lado do Miño os municipios de Chantada e Carballedo. O día da súa presentación, a vicepresidenta terceira da Deputación, María Xosé Vega Buján, sinalou que o obxectivo destas rutas é potenciar o sendeirismo pero con rutas homologadas, “poñer á Ribeira Sacra coas súas rutas a punto, por iso dende a Deputación decidimos apoialas, porque son interesantes e tanto os concellos como o sector turístico creen que son necesarias”. É preciso destacar que o organismo provincial foi o encargado de poñer en marcha as

rutas, un custe que ronda os 15.000 euros, cifra que non inclúe a homologación. Deste xeito, en un primeiro momento, de cara a esta primaveira a Deputación encargarase de definir o proxecto para esta ruta, no que se incluirá a sinalización e indicación do percorrido. Xa máis tarde, será a asociación encargada de promover esta ruta a que se ocupe do seu mantemento. Dende ela, Manuel Sarmiento sinalou que se trata “dun compendio de paisaxe e natureza, con arquitectura popular coidada”. A outra das rutas iniciarase en Augasmestas, en Quiroga, para enlazar, tras 25,5 kilómetros, coa localidade soberina de Doade. Neste caso visitaranse os municipios de Quiroga, A Pobra do Brollón, Monforte e Sober.

A restauración de mobles revaloriza cada peza. ARQUIVO EC.

• A Casa da Cultura do Concello de Pantón, en colaboración con Asaja, está a preparar un obradoiro de restauración de mobles que se celebrará dende o vindeiro 21 de febreiro ata o 4 de marzo. Unha actividade que nun principio contará con horario de sete da tarde a dez da noite. O devandito curso vai dirixido unicamente a persoas que laboralmente estén en activo, e para as idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos de idade. A inscrición está limitada a 15 prazas que se irán adxudicando por rigurosa orde de chegada, mentres que o prazo de presentación de solicitudes xa está aberto dende o pasado mércores día 12. Para apuntarse no obradoiro é preciso que os interesados presen-

ten unha fotocopia do DNI, outra da tarxeta sanitaria, así como da Cabeceira da Nómica (Réxime Xeral) ou dun recibo do último pago (Autónomo ou Agraria). Con isto, todos os interesados poden pasar xa polo segundo piso do edificio sociocultural de luns a venres en horario de dez da mañá a oito da tarde. Pola súa banda, os participantes no obradoiro poderán restaurar durante o curso aqueles mobles de madeira que co paso do tempo ou debido ao uso están máis estropeados, perderon a súa cor, brillo ou teñen algún desperfecto. A renovación será ademáis sinxela e con materiais asequibles que permitirán o acceso ao curso tanto aos que xa coñecen o tema como aos principiantes no mundo da restauración.


EC // Nº 118 Enero 2011 •21

Opinión

Balance de la primera vuelta del Club Lemos

El Lemos, en situación crítica por Gonzalo L. Torres

Imagen de archivo de la directiva candidata a la presidencia del Club Lemos en agosto de 2009, encabezada por Gonzalo López Torres, firmante del artículo. ARCHIVO EC.

A principios de año, cumplida la jornada 21, completada ya la primera vuelta de la temporada, y transcurrido más de un año y medio desde la llegada de Antonio Feijoo a la presidencia del Club Lemos, ha llegado el momento de analizar la evolución del Club durante su mandato, un Club que actualmente vive sus momentos más bajos, tanto deportiva como socialmente, en sus más de ochenta años de historia. JUSTO RECONOCIMIENTO A ANTONIO FEIJOO POR SU EMPEÑO INICIAL Antes que nada, hay que hacer un justo ejercicio de memoria y retrotraerse al mes de agosto de 2009, con un club a la deriva, sin junta directiva, abandonado a su suerte por todo el fútbol comarcal y abocado a su desaparición. De ello puedo dar fe personalmente, pues por aquel entonces encabecé un equipo para tratar de dar un cambio de rumbo en el Lemos, aportando savia nueva, presentando un proyecto de junta directiva numerosa y capaz, llena de ilusión y también ingenuidad, que con total transparencia trató de aglutinar a todo el mundillo

del fútbol comarcal, que con el diálogo como bandera trató de devolver al Club por donde solía. Tuvimos entonces reuniones con jugadores, directivos, quipos, entrenadores, políticos, etc. El resumen de todo lo que conseguimos fue ni una mala palabra ni una buena obra. Nadie nos apoyó, e incapaces de confeccionar un plantel con el que salir a jugar, tuvimos que renunciar a presentarnos a presidir el Club. En este punto quiero agradecer, como socio número 3, la decisión de Antonio Feijoo de embarcarse en una tarea que parecía condenada al fracaso. No solo se atrevió a coger el equipo in extremis, sino que con el apoyo fundamental del ex presidente lemista Antonio Pérez, lograron salir a jugar e incluso hacer una digna campaña en lo deportivo, salvando la categoría. Muchas cuestiones podrían objetarse al Sr. Pérez, entre las que, desde luego, la demanda y posterior embargo al Club no es tema menor, pero no sería justo negarle el haber sido pieza básica en la junta que presidió Feijoo en 2009-2010, y auténtico alma mater de la confección de una plantilla capaz de compe-

tir dignamente durante toda la temporada. IDAS Y VENIDAS DE LOS DIRIGENTES Desconozco los motivos que llevaron a Antonio Pérez a abandonar el Club, y romper la relación con el actual presidente, pero una vez libre de la tutela de Chico, se puede decir que la presidencia de Feijoo en el Club Lemos, empieza realmente esta temporada, que planifica con antelación, y cuya parcela deportiva entrega a Escalza, toda vez que Stroni, hombre de confianza de Antonio Pérez, decide acompañar al Vicepresidente y no seguir en el equipo, aduciendo la imposibilidad de hacer una plantilla competitiva con el presupuesto manejado por Feijoo. Curioso es ver las cosas con el paso del tiempo. Recuerdo las largas conversaciones que tuve con Escalza aquel mes de agosto de 2009, y de las que él puede dar fe, tratando de conseguir su colaboración para salvar al Lemos, y cómo entonces aquel ambicioso Bóveda que él dirigía, y que después no terminó de resultar, no dio ni un solo paso para ceder a algún jugador

al Lemos. Curioso es, reitero, verlo ahora en el banquillo local, aunque uno, que ya está en la cuarentena, ya no se sorprende por nada. CATÁSTROFE ACTUAL Pero no perdamos el hilo. Una vez comentado el mérito de Feijoo para coger el Club en un momento crítico, un año y medio es tiempo más que suficiente para poder poner encima de la mesa una triste realidad: su gestión es errática y los resultados decepcionantes. Sin una Junta Directiva fuerte, el Club no está trabajando adecuadamente, sobre todo en lo social. No basta gestionar los ingresos de subvenciones y de los escasos y sempiternos socios. Era y es necesario crear un proyecto que trabaje con todos los estamentos sociales de la comarca, que sea ilusionante, y que busque nuevos recursos económicos en patrocinios, publicidad y captación de nuevos abonados. Únicamente de esa forma se puede reanimar una sociedad deportiva que agoniza desde hace varios años. Feijoo y su equipo se han desentendido, o no han sido capaces, de materializar esta faceta tan

básica para el futuro del Club. Nos guste o no, el equipo no engancha con la gente. Muchos veteranos aficionados vivimos anclados en los viejos tiempos del vetusto Luis Bodegas, y los más jóvenes pasan de un Lemos mendigando por Preferente. Nos guste o no, esto es una realidad. Como lo es el hecho de que este Club está condenado a entenderse con el Calasancio, un equipo que está bordando el trabajo con la cantera y en vez de hacerlo, se pone en marcha un Lemos juvenil como alternativa al trabajo formativo de los equipos colegiales. ¿No sería más idóneo retomar el proyecto del Lemos B, que tan buen resultado tuvo en la época en que la parcela deportiva estaba liderada por Francis? También se echa de menos una mayor presencia del Club en la vida social de Monforte, algo que se consiguiría con trabajo y perseverancia, dejando de lado acusaciones conspirativas, seguramente carentes de fundamento. Feijoo señaló en una reciente entrevista a un medio local que “el Lemos no tiene liquidez, la entidad no genera suficiente dinero para configurar un proyecto más ambicioso, ni tampoco para reforzar el equipo con futbolistas que puedan marcar las diferencias”. Habla como si él no fuese responsable de esa falta de liquidez. No entiende que la solución no es pagar de su bolsillo, para posteriormente, como hizo Antonio Pérez, dejar la deuda colgando en el Club para futuras directivas. La solución es buscar recursos, tanto en instituciones públicas como patrocinadores y nuevos socios. Creo que en estos aspectos la gestión de Feijoo está siendo deficiente, y necesita rectificar. En otro caso,me temo que en breve nos encontraremos en otra situación límite para la supervivencia del Club Lemos, incluso peor que la anterior, si además la cuestión deportiva no se endereza y el equipo descendiese de categoría. Crítica sigue siendo por tanto la situación del Club y alguna responsabilidad tenemos también los socios, si no por acción sí por omisión. Sr. Feijoo, rectifique por favor.


22 • EC // Nº 118 Enero 2011

Flashes ●●●

Éxito da Milla Urbana Sarria e Torneo de Reis de Baloncesto

• O concelleiro de Deportes fixo un balance moi positivo da última edición da Milla Urbana celebrada en Sarria o 31 de decembro, na que participaron centos de persoas. “Tivemos bo tempo e participaron moitas persoas en todas as categorías. A maiores dos premios tamén houbo recoñecementos para o participante máis maior, de 65 anos, e o máis novo, duns 5 anos”. Para a concellería de Deportes, este evento gaña en calidade ano tras ano. Amadeo

López destacou o Torneo de Reis que organizou o Clube Baloncesto Sarria. “É admirable o seu traballo, porque non se trata de gañar nin perder, senón dun torneo organizado para pasar un bo rato”. O Clube Baloncesto Sarria organizou o I Torneo de Reis coa colaboración do Concello, e participaron equipos como o C.B.Corpi Gijón, C.B.Sarria MGR, Pío XII de Santiago de Compostela, Ensino de Lugo e C.B.Sarria Cementos Cosmos.

Balance exitoso da primera volta da liga no fútbol de Sarria e Chantada A boa marcha da Sarria SD incrementa o número de socios, e os equipos chantadinos suben con forza en todas as categorías

A plantilla completa da Sociedade Deportiva Sarria na temporada 2010-2011. (Cedida por SDSarria).

Redacción Sarria/Chantada

Rematou o ano e toca facer balance dos éxitos acadados e tamén dos obxectivos para a vindeira tempada, neste caso con dous equipos de fútbol: o Sarria SD e a SD Chantada. SARRIA DOBRA O NÚMERO DE SOCIOS Por parte do conxunto sarriano, o seu presidente, Manuel Somoza, quixo facer un balance positivo de todas as categorías. “Acadamos bos resultados en todos os niveis, tanto xuvenís, como cadetes ou infatís e demáis”, sinalou. “E tamén hai que destacar o número de inscritos e o número de socios, que case se dobrou neste último ano. En liñas xerais estamos moi satisfeitos con todo o

traballo realizado”. Pola súa banda, “os obxectivos para o presente ano pasan por seguir acadando bos resultados con cada un dos equipos e tamén por suposto por seguir aumentando na cifra de socios”. Somoza quixo destacar que no plano deportivo o balance foi durante o 2010 totalmente positivo. O CHANTADA REAFÍRMASE NO LIDERATO A PESARES DAS DIFICULTADES En canto ao conxunto chantadino, dende a directiva, José Manuel Aguiar quixo comezar pola primeira rexional. “Estamos contentos porque cumprimos os obxectivos, xa estamos primeiros na táboa e cunha diferenza de puntos bastante boa con respecto a outros cla-

sificados. Un logro se temos en conta que nunca tivemos a plantilla ao completo e que o que buscamos é o ascenso”, explicou. GRANDES OBXECTIVOS PARA AS CATEGORÍAS INFERIORES DE CHANTADA Pola súa banda, nas categorías inferiores da SD Chantada, Aguiar destacou o “salto de calidade” que deu o Chantada B e remarcou que a intención última será tamén a de acadar o ascenso. Mentras tanto, o Xuvenil A atópase competindo “por encima das súas expectativas”, indicou Aguiar, “pelexando con granes equipos doutras ciudades como poden ser Lugo, o Pabellón de Ourense, o Celta B, o Depor B ou As Pontes,

e neste caso o noso obxectivo será o de salvarse e tentar quedar fora dos cinco primeiros pola cola”. Para rematar, Aguiar tamén se referiu á competición do Xuvenil B e dos Cadetes. “O Xuvenil B vai de colista, pero temos que ter en conta que o seu fin é o de que compitan e que se preparen para dar o salto ao Xuvenil A. Por dicilio así, están nunha categoría quizais un pouco máis arriba do equipo que temos, pero o único que teñen que facer é estar preparados para cando o adestrador os chame”. Finalmente, dende a directiva da SD Chantada destacaron o liderato durante algunha das xornadas do equio dos Cadetes, “equipo que ten que tratar de meterse nos primeiros postos para xogarse o ascenso”.

Monforte compite en natación O vindeiro sábado día 15 a selección absoluta, junior e infantil do Clube de Natación de Monforte competirá na piscina municipal de Xove, na segunda xornada da Copa Galega de Clubes. Deste xeito, por parte do clube monfortino están convocados os nadadores: Cristina González, Tamara González, Javier Martínez, Adrian Otero, Víctor Casanova, Carlos Suñer, Juan José Rodriguez, Miguel Ángel Docampo, Lucas Froufe e Santiago Rodríguez. E entre as probas a disputar, os 1.500 metros libres masculinos, 200 libres feminino ou os 100 espalda tanto masculino como feminino. De cara a esta proba, dende o clube esperan obter novas marcas mínimas con respecto aos nadadores máis destacados. Así mesmo, como novidade, Juan José Rodríguez e Javier Martínez estrearanse na distancia de 1.500 metros libres masculinos. En volei,é preciso destacar á xogadora da AD A Pinguela de Monforte, Sara Díaz, que ven de clasificarse para o Europeo Xuvenil coa selección española de Voleibol. I é que con un balance de tres vitorias e unha soa derrota, a selección española xuvenil femenina de voleibol obtivo o seu pase para o Campionato de Europa. Non é de extrañar que a xogadora se amosase satisfeita da súa primeira participación nun torneo desta categoría e ilusionada por poder participar nun Europeo que terá lugar a primeira semana do vindeiro mes de maio. En relación a esta nova, a xunta directiva da AD A Pinguela quixo aproveitar para felicitar públicamente a Sara Díaz, e tamén ao resto do combinado español por este éxito acadado para o voleibol español, xa que a deportista convértese así nun referente.


EC // Nº 118 Enero 2011 • 23

Agenda/Avisos Continúa a exposición Poligonismo

Sarria, capital da maxia sábado 22 xaneiro 18,00 horas na Casa da Cultura

Ata o 20 xaneiro 9,00h-14,00h e 16,30 h-21,00h. Na Casa da Cultura de Sarria

Chrystian Magic é protagonista desta historia creada xunto con Xoán Babarro e Ana Mª Fernández. Esta festa infantil é unha historia de aventuras da ilusión por facer realidade os soños... porque todos podemos chegar a ser o que desexemos mantendo viva a maxia que se agocha no noso interior. Espectáculo que mistura libros e maxia da man de Chrystyan Magic.

ITV-Chantada

ata o 18 de xaneiro no Mercado Gandeiro información e asignación de citas: 609107306

Últimos días para coñecer a proposta pictórica de Alberto Fernández Abal, baixo o título “Poligonismo: Año Cero”.

O servizo de ITV ven funcionando en Chantada dende o 31 de decembro, e estará en funcionamento ata o próximo martes 18 de xaneiro de 9:00 a 13:30 h. e de 15:30 a 18:00 h, excepto

los de tara superior a 3.500 kg. (excepto agrícolas ou obras e servizos), vehículos de anchura superior a 2 metros, autobuses, motos e ciclomotores.

Contacto e información para citas Segundo informa a web do Concello de Chantada, asigVehículos acollidos a este narase día e hora de atención ao público, directamente na servizo Non se pasara inspección a unidade móbil ou chamanvehículos con carga, vehícu- do ao teléfono 609107306. o último día, que estará ata as 13,30 h. do mediodía.

A ludoteca de Quiroga reanuda o seu servizo

Dende o martes 11 de xaneiro A área de Educación Social do Concello de Quiroga informou na súa páxina web que a ludoteca ven de retomar a súa actividade habitual dende o martes 11 de xaneiro. Este servizo municipal, que presta o concello de Quiroga en colaboración coa Deputación Provincial, ten lugar na aula da ludoteca todos os martes e xoves, en bandas horarias distribuidas segundo idade. Para máis información, chamar ó teléfono 982 435 125.


24 • EC // Nº 118 Enero 2011

Entrevista

Severino Rodríguez, Alcalde de Monforte de Lemos

125 aniversario da cidade de Monforte: “A mensaxe máis importante que se quixo transmitir é que Monforte construímola entre todos e para disfrutar todos” Redacción Monforte

• O Concello de Monforte ven de pechar o 125 aniversario da concesión de título de cidade a Monforte co reparto dun libro aos veciños titulado “Soñando o futuro”. Trátase dunha obra principalmente fotográfica na que en 118 páxinas se recollen a toda cor os principais cambios experimentados na cidade; en palabras do alcalde Severino Rodríguez, “o broche de ouro a esta conmemoración” Deste xeito, e dende o pasado 27 de decembro, estiveron a repartirse os primeiros 7.000 exemplares en cada domicilio de Monforte e parroquias, mentras que nos sitios non que non se atopou a ninguén na casa deixouse un papel con membrete municipal para acudir ás oficinas do Concello a recollelo. Para o alcalde de Monforte trátase da “mellor guía promocional que se puido facer da cidade”, un traballo que quixo agradecer ás empresas, organismos e comerciantes colaboradores, así como aos conferenciantes que ao longo dos últimos meses foron invitados a falar do pasado presente e futuro do municipio. Agora, esgotados os primeiros 7.000 exemplares, xa está en marcha unha segunda edición. Deste e outros aspectos do libro falamos co alcalde de Monforte nunha pequena entrevista. Que balance fai do libro conmemorativo editado recentemente polo Concello? Eu fago un balance moi positivo porque creo que foi un proxecto colectivo onde nun principio se implicou fundamentalmente o sector empresarial, ademáis da Deputación e o Eixo Atlántico e por suposto o Concello, e despois porque supuxo que en base a ese proxecto, por un lado participou moita xente no que foi a visita da exposición, e tamén porque permitiu que un grupo destacado de persoas con cargos importantes en determi-

nados estamentos da sociedade viñeran a Monforte a reafirmala como cidade. E creo que tamén tivo unha importancia destacada nos colexios grazas ás charlas organizadas. A parte disto, teño que dicir que o libro o que fai é recoller a realidade de Monforte e poñer de manifesto todo o que temos, sendo así unha boa postal e carta de presentación da vila. Tal foi a boa acollida que os libros a día de hoxe están xa practicamente esgotados, polo que xa encargamos unha nova reedición de 5.000 exemplares máis que nos vai a permitir, ademáis de completar a distribución en todo o casco urbano, tamén no resto de parroquias a través dos locais sociais. Con todo isto só me queda dicir que si ben a conmemoración do 125 aniversario rematou o 31 de decembro, tanto a exposición

Severino Rodríguez: “Este libro é a mellor guía promocional que puido facerse desta cidade” como o libro, así como as persoas que deron as conferencias, nós vamos a seguir traballando con elas para seguir promocionando Monforte noutros sitios. O feito de encargar unha segunda edición pon de manifesto o éxito e a boa aceptación que está a ter o libro. Bueno, eu creo que a aceptación non é boa, é extraordinaria porque este libro ademáis de recoller o que é Monforte, tamén se convirte nun documento histórico; un documento do que foi Monforte e do que

é Monforte que vai a quedar ahí para moitísimos anos en multitude de casas. Hai que ter en conta que dentro de trinta ou corenta anos as persoas que queiran facer un estudo contar��n con este libro a modo de documento gráfico. Pero para min o máis importante de todo isto é si serviu para que a xente de Monforte poida valorar máis e darlle máis importancia ao que realmente temos e ao que realmente somos. Se serviu para iso, suficiente, porque do resto penso que ninguén pode discutir sobre a calidade do libro. Cales son os principais cambios que destacaría destes 125 anos? O cambio máis importante para min, ou alomenos o que pretendín que así se recollera, é o haber transmitido unha mensaxe de optimismo e de que as cousas as debemos facer entre todos, e que a cidade, se a construimos entre todos, debe ser para disfrutar todos e non só uns cantos. Con isto quero dicir que a mensaxe máis importante para min é que Monforte construímolo entre todos, e sobre todo nas cuestións máis estratéxicas participamos todos, senon a cidade non tería futuro. Eu creo que os intereses de Monforte deben estar por encima de todo interese. Isto é unha historia colectiva, e para min ese é o obxectivo fundamental. Do seu mandato como alcalde que destacaría no libro? Eu son unha persoa normal, ante todo un cidadán de Monforte, e o único que me gustaría ou que pretendo, é que aquilo que fago se valore que o fago con todo o cariño e todo o amor que lle teño á cidade na que nacín. Eu fago o que podo con toda a ilusión e sempre poñendo os intereses de Monforte por diante de todo. Se a xente percibe iso, eu xa estou satisfeito porque eu non son salvador de nada nin de ninguén, nin creo nos salvadores.

O Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, na presentación do libro conmemorativo do 125 aniversario da cidade. EC

En canto ao importante, pois a suma do meu esforzo coa dos meus compañeiros concelleiros e concelleiras, colectivos, empresarios e cidadanía. Iso é o importante. No libro conmemóranse 125 anos de Monforte como cidade, pero nuns meses chegan as eleccións nas que durante outros catro anos se van a seguir producindo cambios. Cales serán os obxectivos de cara a eses vindeiros catro anos? Eu preséntome ás vindeiras eleccións coa idea de repetir os resultados acadados fai case catro anos. Este non é un proxecto meu, senon que é dun grupo de goberno e dun colectivo no que se recollen as opinións de

moita xente. Dito isto, para min os retos máis importantes que ten Monforte son, en primeiro lugar ser capaces de construir entre todos espazos de solo industrial que permitan achegar a Monforte novos inversores para crear emprego, en segundo lugar a posta en marcha definitiva do porto seco e das súas infraestruturas, e despois xa, eu creo que temos que seguir apostando por afianzar a Monforte como punto de referencia e consolidado así como centro de turismo, centro importante de comercio, e tamén centro onde as persoas maiores teñan uns servizos excelentes, refírome a maior atención a domicilio e máis prazas de residencia por exemplo.


EnComún Nº 118