Page 1

TITO LIVIO 1.1. OBRA. Só coñecemos a Tito Livio - nado no 64 ou 59 a. C. e morto no 12/17 d. C.pola súa fundamental obra Ab Urbe Condita Libri, que comezou a escribir polo ano 30 a. C. aproximadamente e que con toda probabilidade quedou inconclusa a súa morte. Trata da historia de Roma desde as orixes (fundación de Roma, precedidas de algunhas páxinas sobre a chegada de Eneas e Antenor a Italia) ata o ano 9 a. C. Esta historia constaba de 142 libros e chegounos dividida en grupos de 10 libros ou décadas, división esta non debida a Livio probablemente. Só as décadas I, III, e IV, así como a primeira metade da V (libros XLI - XLV), téñensenos conservado. Desde moi pronto foi obxecto de abreviacións máis ou menos orixinais, particularmente por parte de Floro (s. II), e o seu contido chegounos case na súa totalidade (agás 136-137) por Periochae, resumos desiguais e mal compostos, redactados por un ou varios abreviadores descoñecidos que contan o esencial de cada libro. A división en décadas está cuestionada desde Petrarca, e desde o punto de vista do contido esperariamos mellor una división en cinco libros – péntadas –. Esta división tradicional e cómoda foi adoptada por todos os escritores. O contido da obra vai desde as orixes de Roma (lib. I) ata a elevación de Octavio a Augustus e as honras fúnebres concedidas a Druso (lib. CXXXIVCXLII), pasando polas guerras púnicas (lib. XVI-XX; XXI-XXX: XLIX-LII), a guerra social e o conficto entre Mario e Sila (lib. LXXI-XC), conquista defnitiva da Galia por César (lib. CIV-CVIII), etc. A obra foi composta pero non completamente publicada baixo o goberno de Augusto. Certas alusións a sucesos contemporáneos do autor permiten pensar que o libro I e II-V foron escritos antes do ano 29 e reeditados con modifcacións entre o 27 e o 25. Ademais é probable que Tito Livio agardase a morte de Augusto para publicar os libros posteriores a CXX (acontecementos posteriores á morte de Cicerón). 1.2. TITO LIVIO NO SEU TEMPO. O reinado de Augusto permitiu a Livio escribir nunha atmosfera favorable. Arredor del desenvolveuse unha literatura un pouco ofcial, pero era unha literatura libre, sinxela e fervente. Neste sentido Livio é completamente seguidor de Augusto. Foi certamente amigo do emperador (parece que o chamaba cariñosamente "pompeiano"), pero non parece que frecuentase moito os medios ofciais. Republicano declarado, era conservador, non só na política, senón tamén na literatura. No seu Prefacio non oculta o seu interese profundo polos tempos


antigos e o desgusto que lle inspira a corrupción moderna. Ciceroniano en política, tamén o é en materia de gustos e estilo. Aínda que non segue a Cicerón nas súas preferencias pola historia contemporánea e monográfca, realizará o ideal de historia do gran orador, oratorium opus maxime , e poñerá en práctica a súa distinción entre verdade obxectiva e verdade poética. 1.3.TITO LIVIO COMO HISTORIADOR Como historiador Livio insírese nunha longa tradición grega e romana. En Grecia, despois de Herodoto e sobre todo de Tucídides (modelo de historiador "científco"), a Historia se convertera cada vez máis nun xénero literario. No que á forma se refre, os historiadores gregos adicáronse polo xeral a tratar un tema limitado e concreto. Na época helenística e romana conciben a Historia como universal, tendo en conta, claro está, o feito romano. Ao termo desta evolución, Livio adicase a traballar coa intención de "relatar de cabo a rabo e desde as orixes da Cidade a historia do pobo romano" (Prefacio). A elección da forma é igualmente signifcativa. Escribirá seguindo os métodos da analística tradicional, é dicir, relatando os sucesos ano tras ano, mentres poida, e, se non pode, aproximándose o máis posible a ese método. En canto ás fontes, case nunca recorreu a documentos orixinais. Nunca saíu, parece ser, do seu estudio para consultar os arquivos que na mesma Roma eran accesibles ao público. A súa única documentación baséase nos escritores que o antecederon. Tito Livio é un escritor de segunda man. O seu método de traballo é simple: segue a un autor principal, completándoo e corrixíndoo coa axuda de fontes secundarias cando estas están en desacordo co primeiro ou dan datos descoñecidos por este. As difcultades con que se atopou foron considerables: contradicións a miúdo graves dos seus modelos, incertezas ou desfasamentos cronolóxicos. Ten outros defectos deliberados: son innumerables os episodios nos que a verdade é conscientemente falseada – por deformación ou por silencio - no nome do patriotismo: no lib. I cala, por exemplo, intencionadamente toda unha tradición que facía de Servio Tulio un xefe etrusco, para conservarlle unha orixe latina. Tito Livio escribe unha historia colectiva: son as res gestae populi Romani as que forman a trama do seu relato e constitúen a súa xustifcación. A Historia supón, entre outras cousas, un conxunto de exempla. Cada gran período da Historia está, para Tito Livio, dominado por algunhas fguras de primeiro plano das que nos deixou relatos inesquecibles, tanto de romanos como de estranxeiros (Lib. V, Camilo; década III, Aníbal, Quinto Fabio Máximo, Escipión o Africano). Como historiador Livio non debe ser xulgado segundo as concepcións modernas da Historia. Sen dúbida o seu espíritu crítico, o seu método de documentación e de exposición non é intachable, pero tampouco o dos outros historiadores antigos. O seu gusto pola Antigüidade conservounos moitas tradicións que sen el perderíanse. 1.4. ASPECTOS LITERARIOS DO AB URBE CONDITA Tito Livio compartía a concepción ciceroniana da Historia como opus oratorium maxime .


O método de traballo é simple. Segue una fonte principal que lle subministra a materia nunha certa orde. Con eses datos constrúe o seu relato segundo as regras da exaedifcatio ciceroniana (De oratore, II,62): 1. respecto da orde cronolóxica; 2. exposición topográfca; 3. exposición das intencións; 4. exposición dos sucesos mesmos, os resultados e a análise das causas. Os relatos illados teñen unha estrutura aristotélica: posúen un comezo, unha parte media e unha fnal. Destaca nos tres elementos principais da exornatio ciceroniana que son o relato, o discurso e o retrato: 1. RELATO: emprega métodos para evitar a monotonía. 2. DISCURSO: Livio é famoso polos seus discursos dende a antigüidade. Outorgáballe unha grande importancia a súa redacción, na máis pura tradición da historiografía e retóricas gregas. Deste xeito é normal que Livio compoña os seus discursos segundo as regras da retórica, respectando a distinción dos tres xéneros: xudicial, demostrativo e deliberativo. A maior parte dos seus discursos son deliberativos e están construídos segundo os esquemas recomendados polos manuais de retórica. 3. RETRATO: para facer entender cómo era un personaxe, non realiza retratos completos, senón que usa tres medios: 1. transcribe as opinións dos contemporáneos acerca del; 2. mostra o efecto que os actos do personaxe produce sobre os coetáneos; 3. cita afrmacións pronunciadas por él en determinada circunstancia reveladora. A lingua e o estilo de Livio foron obxecto de numerosos estudios. O seu ideal lingüístico era a urbanitas (plasmación dal ingua culta de Roma), ainda que lle foi reprochada a súa patauinitas -- provincianismo de Padua --, da que non se sabe certamente en que consistía. A lingua de Livio non é a lingua clásica de Cicerón ou César: os arcaísmos, as frases e xiros poéticos, as desviacións sintácticas anuncian xa a lingua dos prosistas imperiais. Os arcaísmos e as licencias poéticas son abundantes, sobre todo, na primeira década, en particular, nos cinco primeiros libros. O seu estilo é o mesmo tempo ciceroniano e moi persoal. 1.5. O PENSAMENTO DE TITO LIVIO Tito Livio tiña a súa propia flosofía e ata a súa propia "política" da Historia. Como Cicerón, pensaba que o que mellor respondía ao temperamento romano eran os facta exemplares, modelos polos que se encarnan na Historia os grandes valores morais e espirituais. Segue a relixión tradicional romana. Recoñece o valor social da relixión desde o primeiro libro, atribuíndo a Numa a afrmación da necesidade desta para mandar ao pobo na disciplina e na orde. As virtudes que Livio, xunto cos pensadores de fnais da República e da súa época, consideraba especifcamente romanas son: -concordia: Augusto acaba de establecer a paz despois dun século de loitas intestinas. -prudentia: consiste en prevelo todo, e desterra a temeritas, a lixeireza no xuízo e nos actos. -clementia: para o adversario. É un concepto bastante novo, valorado na época de Augusto. -pudicitia: exalta ás mulleres que saben conterse sexualmente e condena a falta de autodominio sexual nos violentos.


-uirtus: coraxe viril. -frugalitas: simplicidade de vida. -dignitas: sentido do rango. -grauitas: seriedade, responsabilidade. 1.6. VALOR DA OBRA DE TITO LIVIO Livio non é un historiador "científco". Non podemos consideralo unha fonte segura: impídeno o seu moi escaso sentido crítico, a súa subxectividade e o seu excesivo patriotismo. De calquera xeito, poucos historiadores antigos o fxeron mellor ca el e moitos bastante peor. O seu principal mérito consiste en ter posto na práctica, cunha arte superior, a concepción ciceroniana da historia, o opus oratorium maxime. Tamén debemos destacar o feito de que logrou encarnar nun pobo e nos seus representantes unha visión moral do mundo conservadora, pero portadora dun ideal de liberdade, de uirtus, de concordia e de grandeza Fontes: Ciriaca Romano

Tito Livio  

Introducción á obra e pensamento de Tito Livio

Tito Livio  

Introducción á obra e pensamento de Tito Livio

Advertisement