Page 1

FOLLAS NOSAS REVISTA201 3201 4


OS NENOS E NENAS DE 6º DE ED. INFANTIL CRIAMOS VERMES DE SEDA

SANIÑOS ESTES GU ! MONTÓN!!! COMEN UN

COMÍAN UN MONTÓN!

OS VERMES SÓ COMEN FOLLAS DE MORERA

AO CABO DUN TEMPO OS VERMES FIXERON O CASULO DE SEDA E DESPOIS DE 22 DÍAS SAIU A BOLBORETA

QUEDAMOS ABRAIADOS!

A BOLBORETA PON OS OVOS E DESPOIS MORRE. OS OVOS OS OS GARDAMOS ATA A PRIMAVERA QUE VEN.

OVOS


TRABALLAMOS AS ABELLAS

O PAPÁ DE HÉITOR ENSINOUNOS UN MÓNTÓN DE COUSAS SOBRE AS ABELLAS. TIPOS DE ABELLAS

A COLMEA

COMO LEVAN O POLEN E O NECTAR A COLMEA

QUE CHULADA!!!!

UN POUQUIÑO DE FUME E XA PODEMOS MIRAR OS PANAIS

GUAU!

QUE BEN CHEIRA...


TAMÉN

FOMOS

PREHI

A COVA

STÓRI

COS

PASÁMOLO XENIAL EN CAMPO LAMEIRO!

PETRÓGLIFOS

ENCANTOUNOS A VISITA Á BIBLIOTECA


PLANTAMOS FRESAS QUE RICAS VAN ESTAR ESTAS FRESITAS

MEDIMOS

INVESTIGAMOS FIXEMOS TROCO ESTÁ BEN,TOMA UN ANACO DE BISCOITO


EU SON VIAXEIRO. 1º A – 1º B.


Na nosa segunda saída fomos á granxa Apípolis, alí descubrimos o marabilloso mundo das abellas e tamén fixemos un montón de actividades. -Contáronos a historia de Xan e as súas abellas e aprendemos moitas cousas sobre elas:

- Mostráronos o mundo das abellas a través de paneis interactivos.

- Vestimos o traxe dos apicultores e fomos ver unha colmea.


- Probamos as cousas ricas que nos dan as abellas.

- Fixemos galletas con mel.

- E divert铆monos un mont贸n.


Os nenos do 1º ciclo fomos de excursión aos muiños da Barosa, alí decubrimos como se elaboraba o pan antigamente e fixemos unha chea de cousas:

Por fin chegamos!

Están tod@s moi atent@s. Que lle estarán a contar?…

Cantos tipos de cereais!!


Así que é aquí onde o gran se convirte en fariña..

Coas mans na masa!

Unha voltiña no forno e listo para comer!!

FIN


TRABALLOS 3ยบ CURSO

2013-2014


Boas a tod@s: Durante

este

curso

escolar

alumnado

de

terceiro

diferentes

actividades

203-2014,

curso como

o

fixemos as

que

describiremos a continuación. Comezamos: • Polo Samaín, fixémonos escritores/as por un momento e fumos os creadores dun conto de medo.

• Pola

Festa

do

Marisco,

coñecemos

e

traballamos os diferentes aparellos de pesca que se empregan na nosa vila mariñeira “ O Grove”.


• Creamos a nosa propia Roda dos alimentos para

seguir unha

alimentación

do máis

variada e san.

• Escribimos os nosos mensaxes de Paz e o que significa para nós ese día e plasmámolo no muro do noso corredor.


• Por San Valentín creamos a nosa propia tarxeta e agasallamos con ela a unha das persoas que queremos.

• Expresamos os nosos mellores pensamentos e sentimentos polo día do Pai.

• Inventamos o lema da nosa propia aula relacionándoo co PDI deste ano.


• Polo

Dia

xornalistas,

da

Prensa

redatando

convertímonos as

nosas

en

propias

novas.

• E traballamos os Castros e os significados dos diferentes símbolos celtas para o PDI “Galicia De Pedra”. Coñecemos moitas cousas e pasámolo en grande montando os murais!!


Que beleza natural!

Hai que restauralo!

CURSOS: 3ºA – 3º B -4º A – 4º B

Parecen as “Cataratas do Niagara!”


A ver se saio guapo.

OUU! Estou nunha fotooooooo o!

Este Diego é a monda, meu!

Imos de excursión. Que guai!!!

Eu son o Rei!!! Victoria!

Oh non! Non hai cintos de seguridade!!!

Para que poñemos tantos dediños?

Ei, que saia eu!!

Podemos bañarnos no río?

Non o sei! Non estamos atendendo, vai berrarnos a monitora. Ji, JI, JI.


Estou nun castro? Non, estou nun muíño!! Ja, Ja, Ja.

OUU!! Cantas cousas!! Que interesantes!!! Isto é alucinante!!! E con isto fan o pan?

E o zume!

Que bo está o chocolate coas galletas!!

Que interesante esta explicación! Agora xa podo facer pan na casa!! Ji,JI,JI.

Que sairá de aquí?

Que ben se pasa aprendendo a facer trenzas coa masa!!!


!

EXCURSIÓN A SANTIAGO

! ! !

O día 6 de maio os nenos e nenas de 5º fomos a SANTIAGO!!! que ben…!!! Estabamos moi nerviosos pero tamén desexando facer unja excursión tan longaaaaaa!!! !

ÁS 08:00 DA MAÑÁ XA ESPERABAMOS DIANTE DO COLE AOS PROFES E AO AUTOBÚS, POR SUPOSTO COAS NOSAS MOCHILAS!!!!

! !

1ª PARADA: O MUSEO PEDAGÓXICO, (MUPEGA).

Cando chegamos entramos a unha sala onde vimos un video onde se explicaba como era a escola á que foron os nodos avós e os nosos país, despois, sala por sala fomos mirando xoguetes, mesas, cadeiras, libros… que se empregaban antiguamente no cole. Estabamos moi atentos!!!!

!

Todo era descoñecido!!!

! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !


! !

2ª PARADA: MUSEO DO POBO GALEGO.

Ao chegar ao museo visitamos en primeiro lugar o xardín exterior. Nas súas columnas había froitas de pedra. Despois visitamos unha sala onde había distintos oficios que antes se levaban a cabo e que ágora están desaparecidos. Un deles era o oficio de canteiro: que consiste en traballar a pedra e darlle forma. Logo de ver estos oficios, fomos ver as tumbas de Rosalía de Castro e Castelao, na igrexa de Santo Domingo de Bonaval.

!

!

!

! ! !

! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !

!

Aquí neste museo hai unhas escaleiras de caracol feitas de pedra,

m e n u d o m a re o

cando as vimos!!!!

!


! MIRA A ONDE NOS LEVARON AS ESCALEIRAS!!!

! !

A unha sala onde había moitas maquetas de diferentes casas, feitas de distíntos materias.

! ! !

3ª PARADA: PARLAMENTO DE GALICIA.

Este edificio sí que é grande!!! Chegamos e vimos un vídeo, outra vez!!! Logo, visitamos diferentes salas: biblioteca, sala de xuntas dos diferentes partidos, entrada principal… Foi mii ferroso, pasámolo moi ben, QUEREMOS VOLVER!!!

Ata vimos o debate dos políticos en direto!!!!!!!!Que guay!!!Nós, eramos público naquela sala tan grande, a que sae na TELE!!!!


!

! ! ! ÚLTIMA VISITA DO DÍA. CIDADE DA CULTURA. Xa se acaba a tarde!!!!que pena!!!!


Para finalizar fomos ver a exposici贸n da AUGA que hai na Cidade da Cultura. Moi interesante incluso fixemos un xogo!!!!!!

! !

! Esta foi a nos a visita a Santiago!!!!

!

Pero que ben o pasamos!!!!!!

! !

FEITO POLOS NEN@S DE 5潞 A


Empezou o curso! A primeira excursión que fixemos foi á unha exposición na carpa da Festa do Marisco, no Grove. Logo fomos aos xogos populares xa que nos portamos moi, moi ben.........

.........e pasámolo aínda mellor. Menudas risas!!!


A segunda excursión foi ao concerto de Caixanova; logo de aí merendamos nos xardíns da Avenida de Montero Ríos (Pontevedra) e fomos a Combarro para ver as casas mariñeiras.

O P.D.I. Do noso cole este ano é “A pedra en Galiza”, e nós escollemos o tema das casas mariñeiras, así que desta excursión sacamos MOITO proveito, aparte de divertírmonos claro está.


A terceira excursión foi a Santiago de Compostela; pero desta xa vos darán conta os nosos compañeiros de 5ºA......

........E mais....aínda haberá unha cuarta excursión que a levaremos a cabo o 5 de xuño aos Muíños de Ribadumia – Meis ( “A ruta da pedra e da auga”) o 5 de xuño. Pero non todo foron excursións. Ao longo do curso tamén fixemos un Taller de Poesía. Tratábase de facer unha biografía e un poema de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Xosé Díaz Castro, a nosa biografía e un poema inventado por nós. É un poema no que cada un de nós fixo un verso. Tamén levamos a cabo un Taller de Contos. Era en grupo e cada un de nós desempeñaba un papel diferente: coordinador de grupo, debuxantes, correctores lingüísticos, escritores e todos do grupo a súa vez éramos creadores da historia.

Taller de poesía

Taller de contos


O 2 de abril foi o Día do Autismo. Nese día vimos un vídeo moi bonito e emotivo sobre os nenos que teñen este problema. Logo pintamos globiños azuis con témperas, nas ventás; fixémolo porque é o símbolo do Autismo. Despois tivemos que facer un traballo sobre este tema. Buscamos en blogs de familias que falaban de como era o día a día deles; tamén demos opinión sobre o tema. A continuación colgamos os traballos na porta da nosa clase. En resumo, foi un día diferente con varias cousas especiais e emotivas.


E pechamos a travesía de 5º cunha das nosas obras de arte xa que algún de nós estudar non estudaremos pero somos uns artistas! Felices VACACIÓNS a todos/as!!!


Este ano fixemos un P.D.I. (Proxecto Documental Integrado) sobre as contruccions de pedra en Galicia. Traballamos da seguinte meneira: 1º Buscamos información en moitos medios. 2º Na clase fixemos varios grupos, e a cada un tocoulle organizar a información recollida. 3º Na hora de plástica construímos un castelo cunha caixa ..., un cruceiro de rilla-rilla, e debuxamos un máis grande para adornar a porta. 4º E escribimos un gran documento , que é tan extenso, que nos darían o premio de literatura. Algúns dos temas que tratamos foron: PALLOZAS CRUCEIROS

DOLMENS

MENHIRES LA TORRE DE HÉRCULES

MOSTEIRO DA ARMENTEIRA

MUÍÑOS

CASTRO DE BAROÑA


ESTE É UN DOS DOCUMENTOS TRABALLADOS

A muralla de LUGO

É unha fortificación que data do Imperio Romano, situada na cidade de Lugo, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezouse a construir probablemente arredor do ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti coma centro de comunicación e comercial do norte peninsular. A construción da muralla durou ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12 metros, sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións. Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen


textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi. A xente visita moito Lugo grazas a esa muralla, porque é moi famosa en Galiza sobretodo. Aínda que os romanos fundaron a antiga Lucus Augusti ao redor do ano 25 a.C.,non foi ata os séculos III e IV, entre os anos 260 e 325, que construíron unha barreira defensiva que rodeaba todo o núcleo da cidade. A muralla finalmente acadou unha lonxitude total de 2.266 metros, sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. Esta muralla foi erixida debido a que eran uns tempos críticos para este enclave romano, tanto dende o punto de vista militar como político. Cómpre destacar que é a única muralla das que construíron os romanos que se conserva íntegra no mundo. Parece ser que nesta época a muralla non tiña a altura que se coñece hoxe en día, senón que estaba coroada por 85 grandes torres con grandes xanelas, desta coroación hoxe en día só se conserva unha destas torres parcialmente, a coñecida como A Mosqueira, quizais hoxe en día un dos símbolos da cidade. Semella ademais que a muralla tiña ameas entre as torres e estaba rodeada por foxos duns vinte metros de ancho e cinco de fondo, complicando aínda máis a tarefa nunha suposta invasión da cidade. Co paso dos séculos e de múltiples conflitos sucedidos na cidade, pouco a pouco as torres da cidade foron caendo e foi perdendo a súa función militar, co que se foron abrindo sucesivamente novas portas ata chegar ás dez que hai actualmente.

A muralla non só era un elemento defensivo. Tamén servía para delimitar o foro e con el os impostos da cidade.


Despois xa comezamos a camiñar para empezar a nosa pequena ruta por Pontevedra. Coñecimos moitas curiosidades, coma os escudos que forman parte das paredes dalgunhas casas, e vimos moitos monumentos relacionados coa pedra, que é o noso tema deste ano do PDI, así que tivemos que prestar moita atención para poder facer o traballo final. Aquí tendes algunhas fotos da nosa excursión, na que o pasamos pipa!!


Concerto grupo “Odaiko” e roteiro por Pontevedra A segunda semana de marzo, os alumnos de 5º e 6º fixemos unha excursión xuntos (aínda que non revoltos) a Pontevedra.

Saímos moi cediño para que dese tempo a todo, así que subimos no bus ás 8:45.

Chegamos e o primeiro que fixemos foi asistir ó concerto dun grupo chamado Odaiko, que fai música con instrumentos de percusión. Eran moi simpáticos e non deixamos de rir e dar palmas en todo o tempo. Despois os de 5º marcharon para Combarro, e os de 6º quedamos en Pontevedra porque tiñamos programada unha visita pola zona antiga da cidade, aínda que antes aproveitamos para “merendar” e sacarnos unha foto todos xuntos:


FEIRA DO MARISCO SETEMBRO 2013

Os rapaces e rapazas de 6º visitamos a famosísima FEIRA DO MARISCO do Grove. Saímos do cole acompañados polos mestres Esteban, Tere e Paula, e disfrutamos dunha mañá diferente.

Pasámolo moi ben, aínda que quixemos quedar a ver os xogos populares que estaban alí, pero non tivemos tempo... outra vez será!! Na carpa había moita información acerca do mexillón, os bateeiros e tódalas artes de pesca, así que apuntamos un montón de cousas para despois poder facerlle á bruxa Catuxa este mural tan chulo!

Alumnos e alumnas de 6ºA e 6ºB


Semana da Prensa A segunda semana de febreiro, os de sexto celebramos “a semana da prensa” e por uns días convertémonos en pequenos periodistas. Tivemos unha charla na que unha periodista de “A voz de Galicia” nos explicou como se edita o xornal, que pasos hai que seguir e canto tempo leva facelo, e... a verdade é que teñen unhas plantillas coas que resulta bastante doado! Logo veu unha fotógrafa do mesmo xornal e sacounos unha foto que despois saiu publicada. Fíxonos moita ilusión!!

Tamén redactamos entre todos unha noticia pedindo melloras para o noso cole. E saiu publicada ó día seguinte!!


Visitamos o instituto O pasado martes, 27 de maio fi xemos unha visita ó instituto “Monte da Vila”, xa que este ano é o último que pasamos no cole e hai que coñecer ó que nos imos enfrontamr! Estabamos moi nerviosos, porque xa case acabou o curso e cada vez achégase máis o esperado momento... Cando chegamos, recibiunos Simón, o xefe de estudos, e Estrella, a orientadora. Explicáronnos as asignaturas que iamos ter, as normas, etc. Logo fi xemos unha pequena “excursión” polas diferentes aulas, vendo as instalacións e todo o que iamos facer nelas. Ó fi nal, acabamos na cafetería e invitáronnos a unha bolsa de chuches e unhas piruletas! Así da gusto ir para o insti!


Revista Follas Nosas 2014  

Revista do CEIP Rosalía de Castro de O Grove