Issuu on Google+

Visitamos o instituto O pasado martes, 27 de maio fixemos unha visita ó instituto “Monte da Vila”, xa que este ano é o último que pasamos no cole e hai que coñecer ó que nos imos enfrontamr! Estabamos moi nerviosos, porque xa case acabou o curso e cada vez achégase máis o esperado momento... Cando chegamos, recibiunos Simón, o xefe de estudos, e Estrella, a orientadora. Explicáronnos as asignaturas que iamos ter, as normas, etc. Logo fixemos unha pequena “excursión” polas diferentes aulas, vendo as instalacións e todo o que iamos facer nelas. Ó final, acabamos na cafetería e invitáronnos a unha bolsa de chuches e unhas piruletas! Así da gusto ir para o insti!


16visita ao instituto