Page 1

FEIRA DO MARISCO SETEMBRO 2013

Os rapaces e rapazas de 6º visitamos a famosísima FEIRA DO MARISCO do Grove. Saímos do cole acompañados polos mestres Esteban, Tere e Paula, e disfrutamos dunha mañá diferente.

Pasámolo moi ben, aínda que quixemos quedar a ver os xogos populares que estaban alí, pero non tivemos tempo... outra vez será!! Na carpa había moita información acerca do mexillón, os bateeiros e tódalas artes de pesca, así que apuntamos un montón de cousas para despois poder facerlle á bruxa Catuxa este mural tan chulo!

Alumnos e alumnas de 6ºA e 6ºB

14feira do marisco