Issuu on Google+

As rochas e os minerais As rochas son os materiais que forman a codia:formada por rochas sólidas e o manto:formado por rochas moi quentes e algunhas rochas fundidas da xeosfera. Compóñense de minerais que poden ter cores e formas xeométricas diferentes.

codia manto

núcleo

EN QUE SE DIFERENCIAN UNHAS ROCHAS DE OUTRAS? Na variedade de minerais que as compoñen. Ex.: A calcaria so está composta dun tipo de mineral. O granito está composta por varios tipos de minerais. No tamaño que teñen os grans dos minerais que as compoñen. Ex.: O granito esta formado por grans grandes O basalto esta formado por grans moi pequenos. Na súa dureza. Ex.: A cuarcita esta formada por minerais duros e unidos entre si. A arxila esta formada por minerais menos duros e unidos entre si.

Coñecemos algunhas rochas O granito que está composto de tres minerais que son: O feldespato,a mica e o cuarzo.

O basalto é unha rocha dura composta por grans pequenos de varios minerais que non se ven a simple vista.

A calcaria é unha rocha de dureza media composta soamente por calcita.


A arxila é unha rocha branda formada por varios minerais que non están moi unidos entre si.

Anxo Cortés Torres

nº22

As rochas e a superficie da terra. AS ROCHAS CAMBIAN Parécenos que as rochas non cambian; están continuamente cambiando formándose destruíndose é desprazándose. Estes cambios son moi lentos, prodúcense en millóns de anos.Non notamos que ocorren.

AS ROCHAS DA SUPERFICIE TERRESTRE DESGASTANSE. 1.As rochas da superficie terrestre rompen e desgástanse por diversas causas. Exemplo a auga da chuvia fai que se desprendan grans e fragmentos de rochas. Tamén disolve e desgasta algunhas delas. 2.Os grans e os fragmentos de rochas desprendidos delas son transportados dun lugar a outro. Son arrastrados por augas de ríos e poden chegar ata lugares donde se depositan, o fondo do mar e dun lago. 3.Todos os grans e fragmentos de rochas depositados chámanse sedimentos,acumúlanse uns enriba doutros é forman capas. A repetición do proceso durante miles é millóns de anos fai que o relevo se volva mais chan e no fondo do mar os sedimentos se transformen en rochas.

O RELEVO VÓLVESE MÁIS CHAN. As rochas da superficie desgastase e vaise erosionando vaise facendo mais chan O proceso e moi lento é non nos decatamos de que ocorre e cremos que sempre está igual.

OS SEDIMENTOS TRANSFÓRMANSE EN ROCHAS O continuo depósito de grans e fragmentos de rochas durante miles e millóns de anos. Forma capas de sedimentos. Os sedimentos das capas máis profundas quedan esmagados polo peso dos sedimentos que teñen enriba .Ao estaren esmagados , os sedimentos das capas máis profundas , únense aos outros é formanse rochas sedimentarias. Hai millóns de anos...


1.As montañas eran altas. 2.A chuvia desprendeu fragmentos de rochas. 3.Os ríos transportan fragmentos de rocha. 4.Os fragmentos de rocha ou sedimentos depositáronse no fondo do mar. Despois de millóns de anos temos: As montañas desgastadas. Os sedimentos das capas profundas xa son rochas sedimentarias. Cynthia Álvarez Alarcón nº 3

A calor e o interior da Terra A CALOR DO INTERIOR DA TERRA A calor do interior da Terra pode fundir as rochas,formar volcáns e provocar terremotos.

AS ROCHAS FÚNDENSE E ORIXINAN VOLCÁNS As rochas fundidas chámanse magmas; estas, ascenden a superficie polas gretas. O magma que ascende e esvara chámase lava; con tempo, solidifícase e forma rochas. Tamén saen cinzas e gases, a isto chámaselle erupción volcánica. As veces o magma arrefría antes de chegar a superficie formase unha rocha sólida,así se forma o granito. As rochas que se forman cando o magma se solidifica chámanse rochas magmáticas.

A CALOR DO INTERIOR DA TERRA PROVOCA TERREMOTOS A enerxía calorífica do interior da Terra pode xerar o movemento de grandes masas de rochas; se as rochas rompen producirase un terremoto.

OS VOLCÁNS E OS TERREMOTOS CAMBIAN O RELEVO Nas erupcións volcánicas,a lava e a cinza cobren o terreo;a lava acumulase formando un cono o cono volcánico. Nos terremotos,afúndense uns terreos e elévanse outros,os ríos desvíanse...

Os volcáns en erupción son bonitos,pero mellor miralos de lonxe,non te vaias queimar.

María Bello Fernández nº 12


As rochas e os minerais son útiles. UTILIZAMOS AS ROCHAS E OS MINERAIS. Nos utilizamos rochas e minerais para distintos fins: Como materiais de construción: Con bloques de rochas levántanse muros. Exemplo granito. Con rochas fabrícanse ladrillos e tellas. Exemplo: arxila. Como materiais de decoración: Con rochas como o mármore fanse estatuas,recóbrense chans... Minerais, como os diamantes e rubís(xemas),úsanse en xoiería. Para obter materiais: Metais como ferro, cobre e aluminio obtense de minerais que hai nas rochas. As persoas utilizamos as rochas e os minerais como materiais de construción,de decoración e para obter materiais como o ferro, o cobre...

EXTRAEMOS AS ROCHAS E OS MINERAIS Os depósitos son lugares onde se acumulan rochas e minerais que teñen utilidades para as persoas. Encóntranse na superficie ou no interior da Terra, e serve para extraer rochas e minerais. As canteiras(minas de ceo aberto): Son buratos no terreo para extraer rochas e minerais. As minas subterráneas: Son túneles e galerías onde se extrae rochas e minerais. As rochas e minerais útiles acumúlanse en depósitos. Para extraelos, escavamos canteiras e minas subterráneas.

A EXTRACCIÓN DAS ROCHAS INFLÚE NAS PERSOAS: As minas proporcionan postos de traballo e mellora a economía,pero ten inconvenientes: Destrúe paisaxes,vexetación e fauna. Xera ruídos, po e son moi daniños para as persoas.

Ilustración 1: Vese ao lonxe unha mina a ceo aberto.

Jorge Conde Blanco nº 19


AS ROCHAS E OS MINERAIS.