Page 1

XENEALOXÍA DA ESPECIE A nosa orixe

1


Fragmento dun capítulo da serie Cosmos, de Carl Sagan, onde se propón a analoxía (símil) do calendario cósmico Para ver directamente na rede O seguinte enlace levaravos ate a coñecidísima analoxía do calendario cósmico ideada polo astrofísico Carl Sagan (wikipedia).

O tempo xeolóxico exprésase en millóns de anos

O calendario cósmico, de Carl Sagan.

2


Os cambios xeol贸xicos e clim谩ticos

3


As probas fósiles Ilustración explicativa do proceso de formación de fósiles nun xacemento Aquí reconstrúese a través do desenterramento toda a historia arqueolóxica do xacemento. Ese é o obxecto da Paleoarqueoloxía.

Vídeo didáctico. Como se fai unha excavación

Para ver o vídeo on line 4


Esquema de 谩rbore xeneal贸xica

5


Clasificaci贸n dos simios

6


7


Fases do proceso de hominización O proceso de hominización é a progresiva adquisición das características que acabaron diferenciando os homínidos do resto de primates (monos). Cales son as características que nos diferencian dos primates? •A posición ergueita. •O bipedismo (camiñar sobre dúas pernas e non a 4 patas), o que permitiu a liberación das mans (capacidade técnolóxica) e a ampliación do campo de visión. •O aumento do tamaño do cerebro e a diminución do tamaño das mandíbulas e os dentes. •A linguaxe simbólica, é dicir, a capacidade de expresar ideas por medio de sons e expresións faciais. •Autoconciencia (ser consciente da propia existencia como ser diferente aos demais).

8


O berce africano O xénero australopithecus Austrolopithecus é un xénero extinto de homínidos. Os fósiles máis antigos teñen unha antigüídade de 4,2 millóns de anos. O cerebro da maioría das especies de Austrolopithecus era un 35% do dos modernos humanos, entre 400 e 500 cm³, e a altura variaba entre 1,3 e 1,6 m.

9


Australopithecus Anamensis Australopithecus Anamensis, de 3,9 a 4,2 millóns de anos, foi atopado en Kenia por Meave Leakey. As moas posuían un groso esmalte que fan pensar nunha alimentación a base non só de follas senón tamén de alimentos máis duros. Viviu nun ambiente forestal aberto. Bipedalismo e Dimorfismo sexual son as súas características máis importantes.

10


Australopithecus afarensis Asutralopithecus afarensis, de 3,5 millóns de anos, ten unha distribución máis ampla có anterior: Etiopía e Tanzania. Donald Johanson atopou a Lucy, un esqueleto moi completo dunha femia que vivía nun bosque seco no cauce dalgún río con sabanas no seu entorno (cambio climático). Gran dimorfismo sexual.

11


Australopithecus afarensis II Esqueleto incompleto de Australopithecus afarensis de Hadar, en EtiopĂ­a, apodado por Don Johanson Lucy.

12


Australopithecus afarensis III

13


Australopithecus africanus (mono africano do sur).

Australopithecus africanus, craneo atopado en Taung, Sudáfrica, por Raymond Dart. Cráneo fósil coñecido polo nome do neno de Taung (1925)

Viviu hai 3 e 2 millóns de anos nun medio forestal seco con espazos abertos. O feito de que se atoparan en covas non significa que viviran alí senón que foron levados logo de seren cazados por outros animais. Claro dimorfismo sexual. Comunidades de varios machos con harén de femias.

14


Os primeiros Homo Trataríase dos primeiros individuos do noso xénero cun cerebro máis desenvolvido que xa comezaban a fabricar instrumentos de pedra. Viviron hai 2,6 millóns de anos progresivamente adaptados a ecosistemas máis abertos (sabana arbustiva) e un clima máis seco. Posuían caracteres simiescos (brazos curtos) e outros máis parecidos aos humanos (pernas longas), a súa dentadura vaise diferenciando da dos simios e os instrumentos asociados aos fósiles fan pensar nunha forma de vida basada no carroñeo. A estes primeiros exemplares atopados en Etiopía (hoxe un deserto onde antes había floresta e un lago) chámaselle Australopithecus Garhi.

15


Homo habilis Homo habilis ou Homo Rudolphensis. Foron Mary e Louis Leakey quen atoparon os restos f贸siles desta especie en Olduvai, 1960. Viviron durante dous mill贸ns de anos, dende 1,8 m.a. Desenvolveron unha rudimentaria industria de pedra (Modo 1). A s煤a capacidade craneal era de 510 cc, aprox. Pode que fora o antecesor do Homo Ergaster.

16


Homo ergaster Homo ergaster ou Homo erectus antigo É o homo máis humano no sentido de que posuía un gran cerebro e unha estatura e proporcións semellantes ás humanas. O seu cráneo é de 800 a 950 cc. Crese que tiña unha forma complexa de organización social debido á súa neotenia. A súa tecnoloxía (Modo 2) denominada Achelense, consiste en núcleos bifaces, fendedores e picos, de gran utilidade. Foi o primeiro homínido que saiu de África, polo menos dende hai 1 m.a..

17


Homo Erectus De orixe africana e de gran parecido ao Homo Ergaster, esta especie estendeuse por Eurasia dando lugar a diferenciación local: Erectus africanos (Olduvai), asiáticos Home de Xava e Home de Pekín. O exemplar máis antigo ten 1 millón de anos e o máis xove, 10.000 anos. A súa capacidade craneal oscila entre 750 e 1300 cc.

18


Homo Erectus Algúns restos de Homo Erectus están asociados ao uso do lume, que permitiu a adquisición de rasgos evolutivos característicos dos Homo.

Consulta no Aquis: o Erectus e a conquista do lume

19


Homo Antecessor O Homo antecessor O Que Antecede aos Demais (Atapuerca, 1997) foi descuberto por Bermúdez de Castro, Arsuaga, Carbonell, Rosas, Martínez e Mosquera. Revela que en Europa xa existían seres humanos hai máis de 800.000 anos. De elevada capacidade craneal ten tamén unha cara moi moderna: mandíbulas e dentes totalmente diferentes ás especies anteriores. Non se atoparon coetáneos africanos e os exemplares deste idade atopados en Asia emparéntanse co Homo Erectus. Podería ser o eslabón perdido que enlaza o Homo ergaster con especies máis próximas a nós.

20


Colonizaci贸n de Eurasia

21


Homo Heidelbergensis O Homo Heidelbergensis (Heilderberg, 1908) ten 500.000 anos. A súa capacidade craneal é de entre 1.000 e 1.400 cc. Pódese tratar dunha forma arcaica de Homo sapiens ou de de Homo Neanderthalis; en todo caso é un prototipo das especies que aparecerán máis tarde en Europa e Oriente Medio. En Atapuerca, na Sima de los Huesos atopóuse o maior xacemento de esqueletos desta especie (32 individuos de diferente idade e sexo) o cal fai pensar nunha posible práctica funeraria.

22


Homo Neanderthalis O Homo Neanderthalis, Homo do val de Neander, é o humano antigo mellor coñecido (habitante de covas en Europa). Data de entre 70.000 e 35.000 anos e chegou a convivir cos primeiros homo sapiens, os CroMagnon. Posuía unha estrutura corporal forte e unha estatura pequena, ombros e cadeiras anchas, peito corpulento e brazos e tibias curto. Conservaba certo dimorfismo sexual. O seu cerebro era grande e a cavidade cranial era alongada, ancha e baixa. Abertura nasal voluminosa e arco supraorbital. Dentes frontais grandes que presentan gran desgaste (curtido de pies). A súa estrutura corporal estaba adaptada a climas fríos (última Idade de Xeo en Europa). A súa extinción definitiva estímase hai 25.000 anos. 23


Ă rea de influencia dos Neanderthais

24


Dúas especies coetáneas Causas da extinción dos Neanderthais: •Inadaptación ao cambio climático •Loita canibalística •Hibridación

25


Comparativa Neanderthal e Sapiens

26


Homo sapiens Cro-Magnon Os Homo Sapiens -130.000-30.000 anos- son os humanos modernos primitivos que habitaron Europa. De orixe africana, posiblemente emigraron a Asia durante o período interglaciar que comezou hai 125.000 anos. Dende alí parece que chegaron a Europa hai 35.000 anos. A cara curta, plana e ancha, de nariz moito máis pequena cá do neanderthal. A súa anatomía estaba adaptada a climas cálidos (estilización). A súa forma de vida cultural era moi complexa: caza, pesca, comercio, arte (gravados, pinturas rupestres, estatuillas…), rexistro do tempo, rituais espirituais… 27


Humรกn de Cro-Magnon II

28


Homo Floresiensis Homo floresensis. Leva sobre os ombros un especimen da especie Rata de Flores que aínda existe na illa. “Cando os Neanderthalis se extinguiron hai 28.000 anos, os 'Homo sapiens' non nos quedamos sós. Compartimos o planeta durante 10.000 anos máis con outra Humanidade que viviu na illa de Flores, en Indonesia. Eran homes dun metro de altura -a estatura dun 'hobbit' de J.R.R. Tolkien- que encolleran a partir dunha poboación de 'Homo erectus'. A súa capacidade cranial era de só 380 centímetros cúbicos, menos que un chimpancé e equiparable á de Toumaï, que viviu hai máis de 6 millóns de anos en África e é o máis antigo dos homínidos. Non obstante, tiñan útiles de pedra e, moi posiblemente, cazaban en grupo. «É un descubrimento único, excepcional!». Eudald Carbonell, arqueólogo e codirector das escavacións de Atapuerca, Burgos. 29


Colonización do planeta simios e humanos

ENLACE a colonización do planeta á luz das investigacións xenéticas 30

Xenealoxiahumanarevisada2014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you