Issuu on Google+

Sei expresar os meus sentimentos persoais e os meus desexos sobre diferentes temas sociais, como a igualdade, a homofobia e o machismo. Ao facer esas cousas, enlazo convenientemente unhas frases con outras. Sei explicar brevemente as miñas opinións sobre cuestións como a intolerancia, os prexuízos e os comportamentos discriminatorios. Ao facer esas cousas, enlazo convenientemente unhas frases con outras. Sei describir experiencias e acontecementos relacionados coa igualdade e a tolerancia. Ao facer esas cousas, enlazo convenientemente unhas frases con outras. Sei adoptar a actitude e o comportamento axeitados ao tipo de interlocutor (amizade). Podo falar con xente do barrio ou da cidade, cara a cara ou por teléfono, acerca de puntos de vista e opinións sobre valores sociais, como a convivencia, a tolerancia e a xustiza. Na televisión, cando falan de entendemento entre culturas diferentes, podo entender o sentido xeral do que din, sempre que non falen moi rápido e sempre que non usen expresións dialectais que descoñeza, nin palabras complicadas. Comprendo a idea principal de moitos programas de televisión sobre temas actuais ou de interese persoal, como o coñecemento de culturas diferentes á miña. Escribo textos sinxelos e ben enlazados sobre temas do meu interese, como a tolerancia e a loita contra os prexuízos. Sei escribir descricións e narracións sinxelas sobre temas cotiáns, como as discriminacións sociais contra persoas consideradas diferentes. Escribo estes textos enlazando as frases e establecendo diferentes partes ou apartados lóxicos; cometo algunhas faltas de ortografía. Escribo cartas persoais nas que relato as miñas experiencias ou expreso as miñas impresións sobre temas como a igualdade na casa, ou dando consellos en relación coa convivencia e o contacto con culturas diferentes da miña.


Escribo estes textos enlazando as frases e establecendo diferentes partes ou apartados lóxicos; cometo algunhas faltas de ortografía. Comprendo a información principal de textos escritos moi habituais e cotiáns, como noticias en páxinas web sobre igualdade e sobre a comunicación entre diferentes culturas; nestes textos comprendo a descrición de acontecementos e a expresión de sentimentos persoais. Sei atopar a información que me interesa en textos cotiáns, como biografías de personaxes importantes para o fomento dunha relación igualitaria entre culturas.


Pel_vivir no mundo