Page 1

Sei expresar os meus sentimentos persoais, así como as miñas preferencias e os meus desexos en canto ás actividades recreativas. Ao facer esas cousas, enlazo convenientemente unhas frases con outras. Sei explicar brevemente as miñas opinións e plans de lecer. Ao facer esas cousas, enlazo convenientemente unhas frases con outras. Son capaz de describir acontecementos e experiencias persoais relativas a momentos lúdicos. Ao facer esas cousas, enlazo convenientemente unhas frases con outras. Sei adoptar a actitude e o comportamento axeitados ao tipo de interlocutor (amizade). Podo falar con xente do barrio ou da cidade, cara a cara ou por teléfono, acerca de plans e intencións de lecer, gustos e intereses, puntos de vista e opinións sobre actividades de tempo libre. Na televisión, cando falan de tempo libre, podo entender o sentido xeral do que din, sempre que non falen moi rápido e sempre que non usen expresións dialectais que descoñeza, nin palabras complicadas. Comprendo a idea principal de moitos programas de televisión sobre temas cotiáns, como o deporte, ou de interese persoal, como os videoxogos.


Escribo textos sinxelos e ben enlazados sobre temas cotiáns, como as actividades de ocio miñas e das persoas da miña contorna. Sei escribir descricións e narracións sinxelas sobre temas cotiáns, como o papel da televisión, a lectura e o deporte na miña vida e na contorna onde vivo. Escribo estes textos enlazando as frases e establecendo diferentes partes ou apartados lóxicos; cometo algunhas faltas de ortografía. Sei escribir descricións sinxelas sobre tema cotiáns, como os meus pasatempos ou as actividades de lecer das persoas do meu entorno. Escribo cartas persoais nas que relato as miñas experiencias de lecer ou expreso as miñas impresións, por exemplo aceptando ou rexeitando invitacións para actividades de lecer. Comprendo a información principal de textos escritos moi habituais e cotiáns, como as noticias deportivas na prensa escrita; nestes textos comprendo a descrición de acontecementos e a expresión de sentimentos persoais. Sei atopar a información que me interesa en textos cotiáns, como en resumos de películas da carteleira cinematográfica ou recomendacións literarias en páxinas web.

Pel_lecer  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you