Issuu on Google+

Actividade 2 - Transcrición Locutor: Pero o que non é tan habitual é atopar albaneis que, ao rematar a xornada, aínda teñan ánimo para ir ao ximnasio. Este é o caso de Javier. Javier: É coma quen sae de traballar e vai tomar unha cervexa. Se vai tomar unha cervexa, é porque lle gusta ir tomar unha cervexa. A min… Prefiro mellor ir pegarme unha hora ou dúas ao ximnasio que estar no bar. Locutor: Podémoslles asegurar que Javier non ten nada en contra dos establecementos hostaleiros, e por suposto tampouco en contra daqueles que os frecuentan (0). Pero non me digan que non é curioso que alguén, despois de descargar un camión de tella, aínda teña a enerxía suficiente como para ir a unha clase de bodybike, por exemplo. Pero, que é iso do bodybike? Monitor do ximnasio: Basicamente, é un traballo cardiovascular puro e duro. Intentamos variar a intensidade, en función da... Inténtase simular o que é unha carreira de ciclismo (1). Locutor: Pois, con todo, a clase xa comezou e a bici do noso prota está baleira. Sería un camión de tella quen de arredar a un deportista coma Javier? Monitor do bodybike: É un habitual de todas as clases, vén sempre, pero chega un pouquiño xusto a esta primeira clase porque vén de traballar xusto e vén correndo para aquí (2). Sempre lla deixamos lista. Se non vén é por causa de traballo, que ao mellor ten que enredar un pouquiño máis da conta, pero á segunda clase non falla, ás nove, ás oito sempre chega un pouquiño xusto (2). Locutor: En Boiro xa comezou a seguinte clase, de bodycombat. Bodybike, bodycombat, o caso é mover o body, non si? Monitora do bodycombat: É unha clase aeróbica, imita un pouco o que é o boxeo, o Muay Thai, para que a xente se motive, sobre todo a música, a música inflúe moitísimo nas coreografías, e aínda que non teñas nin idea do que é a técnica do bodycombat, con vir a clase e golpear e soltar enerxía (3), pois a xente xa… Xenial. Javier: Eu practiquei deporte dende sempre pero despois ao partir a perna pois, eu levei seis meses con ela enxesada, entón perdín todo o cuadríceps, díxome a rapaza que me levaba o da rehabilitación: “Levas aquí un mes e como non busquemos outro remedio, non es capaz porque o cuadríceps non o tes”. Ía á mañá a rehabilitación de dez a unha, e despois viña para o ximnasio aquí, de catro a dez da noite. Todos os días durante... Case dous anos. Collín a alta, fun para traballar pero isto xa... Nunca o deixei, eh...(4) Locutor: Javier segue imparable a súa pelexa contra a cansazo e contra os rivais imaxinarios que o rodean. E digo eu: é necesario poñer guantes para lle dar trompadas ao aire?


Monitora do bodycombat: Para calquera tipo de... De boxeo sempre tes que ter a cara protexida, entón as mans hainas que ter protexidas e… Home, non é necesario para esta clase pero como que che axuda a colocar as mans e meterte nun personaxe (5). O que teñen estas clases é un pouco de parodia ou de meterte nun personaxe. Métenche unha canción de Piratas do Caribe e simulas que tes unha espada na man. Anima bastante! (6).

Autoría do audio: CRTVG Fonte: www.crtvg.com Audio adaptado


Actividade 2 transcricion_Lecer