Page 1

RESUMO DA MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO DE “MELLORAS

NA

XESTIÓN

DE

INFRAESTRUTURAS

MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MANZANEDA DESTINADAS A PUNTO DE TRANSFERENCIA DE RCD´S INERTES DE OBRAS MENORES E PLÁSTICOS AGRÍCOLAS ”    


“ Proxecto de Melloras Infraestrutura Municipal de Transferencia de RCD´S e Plásticos Agrícolas no Concello de Manzaneda”

-

Proxecto de Introdución de Melloras na Xestión de Infraestruturas Municipais do Concello de Manzaneda destinadas a Punto de Transferencia dos Residuos Plásticos Agrícolas e os RCD´s Inertes procedentes de obras menores”

As actividades que se van desenvolver dentro do prazo de execución do proxecto podémolas dividir en tres tipos de actuacións, descritas secuencialmente no seguintes parágrafos: -

II.1 Eliminación e restauración de pequenos focos vertedoiros ilegais de RCD´S: limpeza, carga e transporte dos actuais residuos incontrolados ata planta de tratamento de RCD´S autorizada, e acondicionamento e recheo con terra vexetal dos terreos para o crecemento de vexetación autóctona da zona. Así como a colocación de cartaces sinalando a prohibición de verter nesas zonas e informando do servizo e ubicación do centro de transferencia proxectado.

-

II.2 Execución das obras de construción do punto de transferencia: O proxecto do punto

de

transferencia,

comprende

o

ordenamento

do

proceso

de

descarga,

almacenamento temporal e retiro periódico por xestor autorizado dos RDCs procedentes de obras menores e plásticos agrícolas, producidos no ámbito do Concello de Manzaneda.

O programa do proxecto ten en conta os seguintes usos e espazos destinados para os fins propios do proceso antes descrito: . Área de ingreso e recepción . Área de descarga . Área de colectores de RDC´S inertes non perigosos . Área de Contenedor plásticos agrícolas . Área de circulación vehículos externos . Área de circulación camións do xestor . Área control saída. . Perímetro de area total . Perímetro subarea almacenamento temporal. . Caseta de control. •

Excavación e Acondicionamento: A primeira actividade que se realizara será o acondicionamento da finca. Trátase de executar as tarefas de escavacion, movementos de chans e nivelación. Aprovéitase a diferenza de nivel entre o camiño e a estrada para diferenciar o área de ingreso e recepción.

Muro de Contención e Dock: A diferenza de niveis dá forma ó peirao-dock que estará contido por medio dun muro de mamposteria executado en pedra dunha altura aproximada de 1,50 m a 1,80 de acordo á altura dos colectores metálicos que se estacionarán no área de descarga.


“ Proxecto de Melloras Infraestrutura Municipal de Transferencia de RCD´S e Plásticos Agrícolas no Concello de Manzaneda”

Peche Perimetral: A parcela estará delimitada ó exterior por medio dun cerco perimetral de acordo a regulamento, combinado coa plantación de vexetación e arboredo autóctono. Un segundo recinto, limita directamente a área de descarga e controis, e resolverase cun cerco metálico-varanda anticaída nas áreas de diferenza de altura. Finalmente nos ingresos e egresos proxéctanse portais metálicos de dimensións acordes para o tránsito dos distintos tipos de vehículos autorizados

Circulación ingreso-estacionamento: as circulacións de ingreso prevénse tratar con pisos do tipo celosía formigón perforada de alta resistencia con sementeira nos seus vacíos para amortecer o impacto visual. Xunto ó peirao reforzásese o encontro por medio dun elemento garda roda.

Área de descarga: o área de descarga estará situada no nivel inferior con acceso directo á estrada de San Vicenzo para o ingreso dos camións que retiraran os colectores cheos. Esta área delimitada polo peirao será pavimentada utilizando unha mestura de asfalto con capacidade drenante e reforzo de formigón armado e raís de ferro nas zonas de fricción e maniebra dos colectores metálicos. o

Caseta de Control: dispondrase dun área onde se monta unha caseta prefabricada e removible, equipada cun área de sanitarios e unha oficina, con autonomía no seu funcionamento.

o

Iluminación do predio: proponse a instalación de farois de iluminación de baixo impacto visual alimentadas por medio de paneis solares autónomos montados en cada equipo.

o

Sumunistro de Auga: proponse a instalación dun equipo de bombas para a

extracción de auga de rego e limpeza. Para a subministración eléctrica destes equipos

propoñemos

a instalación de

paneis

solares

e baterías de

acumulación, para a súa autonomía enerxética. −

II.3

Educación

e

Sensibilización/Compromiso

Ambiental:

O

proxecto

complementarase ca redacción e aprobación de dúas Ordeanzas Municipais que regulen estes aspectos: Ordenanza Municipal sobre Xestión de Residuos Plásticos Agrícolas e Ordenanza Municipal sobre Xestión de RCD´s provenientes de obras menores. Do mesmo xeito dentro do prazo de execución do proxecto realizaranse medidas de educación e sensibilización/compromiso ambiental, en prol da prevención e diminución na xeración de plásticos agrícolas e RCD´S e da divulgación do proxecto e o acondicionamento das infraestruturas municipais destinadas á xestión destes residuos


PROYECTO TRANSFERENCIA RCDS INERTES E PLASTICOS AGRÍCOLAS EN MANZANEDA  

PROYECTO TRANSFERENCIA RCDS INERTES E PLASTICOS AGRÍCOLAS EN MANZANEDA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you