Page 1

PROGRAMA ESPECÍFICO EN COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE MANZANEDA E DA POBRA DE TRIVES EN CANTO A PASEOS MUNICIPAIS E INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO

I.2.1.REXIMES CONXUNTOS E COMPROMISOS PARA O DESENVOLVEMENTO DA DINAMIZACIÓN CA PLANIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS EN CANTO A PASEOS MUNICIPAIS E INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO Polo que respecta o detalle de réxime de actuacións conxuntas en canto ao proxecto de ambos concellos polo que se pide a axuda da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia para a realización de infraestruturas de uso público; así como os compromisos de todos para o seu desenvolvemento mencionamos, redáctanse a continuación:

A) A execución das obras parte do Programa de Planificación en conxunto de infraestruturas de uso público para serdes utilizadas tanto pòla poboación de Manzaneda coma da Pobra de Trivés. Polo tanto servímonos dunha planificación de construccións de infraestruturas de uso público en común, aumentando por tanto a prestación de servizos e actividades dos cidadáns dos respectivos ámbitos de poboación

en

relación

se

as

infraestruturas

xurdinaran

de

necesidades

independientes e non cooperativas de cada un dos concellos. Do mesmo xeito que se adquiriu o compromiso de colaboración entre os dous concellos para a consesuación das necesidades das actuacións a realizar

e a coordinación nas

memorias de ditas actividades, adquirese o compromiso de realizar un cronograma das actuacións das obras en conxunto.

B) Servizos e Actividades en Común na Área da Lenda na praza Gabino García de Manzaneda: -

Adquírese o compromiso de creardes un convenio entre o colexio infantil de Manzaneda e o de Trivés, para que unha vez por mes leven os nenos/as dende marzo ata xuño, ao espazo da Área da Lenda, se dedique unhas horas semanais na que maiores voluntarios da comarca, relaten no espazo “Área da Lenda“ vivencias e valores do pasado.

-

Adquírese o compromiso de conformar un grupo de voluntarios que nos meses de verán organicen dúas mañas á semana na que se continúe ca actividade de conta lendas e transvase de vivencias e valores do pasado; e realizar actividades con xogos tradicionais.


PROGRAMA ESPECÍFICO EN COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE MANZANEDA E DA POBRA DE TRIVES EN CANTO A PASEOS MUNICIPAIS E INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO

C) Servizos e Actividades en Común no Itinerario Interpretativo Histórico. -

Adquírese o compromiso de creardes un convenio entre o colexio infantil de Manzaneda e o de Trivés, para que realicen actividades ao longo do ano centradas na historia da vila medieval de Manzaneda e da pegada romana en Trives; e que se asomen ao casco histórico de Manzaneda e de Trives e utilicen as infraestruturas de interpretación nas prazas e lares do casco histórico que configuran as actuacións neste senso para as que solicita a presente axuda.

-

Créase un grupo de voluntarios para organizar talleres de teatro infantil; mediante talleres, contarase a historia das vilas de Manzaneda e de Trives aos cativos .A súa vez os cativos responderán dende as súas vivencias a estas historias que definen o carácter e identidade de hoxe en día. O obxectivo é de poñer en contacto a xeración máis nova cas tradicións máis fortes da nosa zona

-

No mes de maio organizarase a fin de semana do Camiño do Desenrolo Local entre Manzaneda e de Trives, no que dentro das súas actividades interpretarase dentro do casco histórico de Manzaneda e de Trives a obra de teatro infantil da historia da vila de Manzaneda e de Trivés ensaiada por voluntarios durante todo o ano. D) Servizos e Actividades en Común na praza do reloxo e no casco histórico de A Pobra de Trives

-

Adquírese o compromiso de acondicionar o casco histórico a través do seu peche ao tráfico rodado para o uso lúdico. Poderán realizarse actividades escolares que poñan en valor o carácter histórico do casco e outro tipo de actividades lúdicas. Pénsase neste espazo, así como no casco histórico de Manzaneda, como principio e final do acercamento dos dous municipios gracias o proxecto de “Camiños para o Desenrolo Local entre Manzaneda e Trivés”,

-

Acondicionarase a zona da praza do reloxo para o uso peonil e a posta en valor do seu carácter histórico como punto neurálxico do municipio. A través da incorporación do mobiliario urbano oportuno, acentuarase o carácter de praza na que poderán realizarse actividades durante todo o ano, xa que agora é máis un estacionamento que unha praza.

-

Adquírese o compromiso de incorporación da señaléctica oportuna con información sobre o casco histórico e sobre o proxecto “Camiños para o Desenrolo Local entre Manzaneda e Trivés”que une os dos municipios. Valorarase a utilización de códigos QR para poder facer referencia a unha páxina web na que o interesado poda recadar máis información sobre o tema.


PROGRAMA ESPECÍFICO EN COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE MANZANEDA E DA POBRA DE TRIVES EN CANTO A PASEOS MUNICIPAIS E INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO

H) Servizos e Actividades en Común na Recuperación do Paseo Municipal da Antigo Ponte de San Lázaro:

Os servizos en común que se ofrecen con esta actuación sería a posibilidade de utilizar este paseo de modo lúdico-recreativo tanto polos nenos e maiores da zona de Manzaneda e de Trives, así como por calquera persoa ou visitante destas terras. Polo tanto a recuperación deste tramo é de vital importancia cara conseguirdes realizar as actividades e servizos comúns de Manzaneda e Trives, de recuperación de sendas e camiños de uso público no seu trazado orixinal, restaurando e acondicionando lares de valor cultural do percorrido e das localidades ao mesmo tempo que se crea un novo produto turístico co que se busca a diversificación da oferta turística, cada vez máis demandada polos visitantes que acoden a este destino.

PRESENTACION PROGRAMA COLABORACION  

PRESENTACION PROGRAMA COLABORACION

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you