Issuu on Google+

Celso Emilio Ferreiro 1.- INTRODUCIÓN 2.- TAREFA 3.- PROCESO 4.- RECURSOS 5.- AVALIACIÓN 6.- CONCLUSIÓNS 7.- CRÉDITOS 2012: Centenario do seu nacemento


1.- INTRODUCIÓN

Este ano 2012, celebramos o Centenario do nacemento

dun

dos

poetas

máis

comprometidos co seu tempo, da literatura galega. Celso Emilio Ferreiro, celanovés ao igual que Curros Enríquez, naceu o 6 de xaneiro de 1912, falecendo en Vigo o 31 de agosto de 1989. Con infinidade de poemas musicados, que

aínda hoxe podemos escoitar; é o autor sobre o que deberás realizar un pequeno traballo de investigación que a continuación

expoñemos


2.- TAREFA

Realizar un traballo sobre a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro


3.- PROCESO 1.- O traballo farase individualmente ou por parellas 2.-Desenvolverรก os seguintes aspectos:


a) Elaborar unha pequena biografía de Celso Emilio Ferreiro

b) Facer unha relación das súas obras máis importantes, indicando o ano, lugar de publicación , xénero literario e temática das mesmas. c) Recoller un poema de Celso Emilio ao que algún grupo musical lle teña posta música ( indicando que grupo, cando o fixo e en que disco foi publicado). Poñendo o enlace ao vídeo ou audio de o houber na internet. Facer unha pequena valoración do texto do mesmo. d) Elaborar unha pequena información que recolla os datos máis importantes do concello onde naceu. ( Situación xeográfica, que personaxes importantes naceron nel, monumentos e lugares que se deben visitar…)


3.- Elaboración do traballo respectando as seguintes normas: 1ª) Procesador de textos: Open Office , Libre Office ou Word

2ª) Tipo de letra: Arial, negra, de 12 puntos

3ª) Texto xustificado e títulos centrados

4ª) Espazo entre liñas de 1,5


4.- Deberá levar: -- Portada ---Índice – a continuación da portada--Bibliografía empregada --

-- Índice ( ver isto) -- Bibliografía (ler isto) --Débese engadir algunha fotografía -- A portada, índice e bibliografía deben ir en follas independentes --Todo

o

traballo

“Nome_Apelido”

deberá

estar

nun

único

arquivo

co

título:

( dun dos alumnos que fan o traballo)

--Entregarase por correo ( ticfriol@gmail.com) ou nun lapis de memoria. --Entregarase antes do 9 de marzo ás 10.35 h. ( este é o último día).


5.- Sen contar a portada, o índice e a bibliografía, que irán cada un nunha folla; o traballo deberá ter unha extensión mínima de dous

folios completos. 6.- Completar un cuestionario que estará colgado en “Será por lingua…! o día 9 de marzo na clase de galego. Nel preguntaranse aspectos desenvoltos no traballo 7.- Presentación posterior na clase. A orde de presentación realizarase mediante sorteo.


4.- RECURSOS Por correo electrónico achegarásevos esta Web-Quest. Tamén estará colgada no Servidor do Centro e no blog Será por lingua…!


Fontes de informaci贸n : Ano de Celso Emilio Fundaci贸n Celso Emilio M谩is sobre Celso Emilio Celso Emilio na Biblioteca Virtual Galega

Celso Emilio Ferreiro na Wikipedia Enciclopedia Galega Universal Concello de Celanova Celanova na Wikipedia


1.- Suso Vaamonde canta a C. Emilio 2.- Dios que te crew canta a C. Emilio 3.- Fuxan os Ventos cantan a C. Emilio 4.- Luís E. Batallán canta a C. Emilio 5.- Carla Capeáns recita a C. Emilio


5.- AVALIACIÓN

Ver táboa de avaliación


6.- CONCLUSIÓNS Ao rematar a tarefa deberías:

--Recoñecer a importancia de Celso Emilio na literatura galega. --Saber falar dalgunha das súas obras. --Coñecer algún dos seus poemas musicados por algún grupo galego.


7.- CRÉDITOS Autores : Departamento de Lingua Galega José María Carricoba Armesto C.P.I. Dr. López Suárez Friol Data: 11 de febreiro de 2012


A Bibliografía

É necesario incluír unha bibliografía, onde anotes os libros, revistas ou páxinas web que consultaches para o traballo, ordenados alfabeticamente segundo o apelido dos autores. Os libros póñense deste xeito: APELIDOS, Nome (Ano): Título. Editorial, cidade. Por exemplo: REI-DOVAL, Gabriel (2007): A lingua galega na cidade no século XX. Edicións Xerais de Galicia, Vigo. As páxinas web deste xeito: Título da páxina: enderezo web Por exemplo: Alvaro Cunqueiro: http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81lvaro_Cunqueiro


O Ă­ndice debe ir despois da portada ( na pĂĄxina seguinte) seguindo este modelo



Web Quest sobre Celso Emilio Ferreiro