Page 1

que

facer

perante unha

?

detencion

EMBATE edici贸ns


Que facer perante unha detención? Tirado do Petit llibre roig del/la jove independentista, pp. 38-44 Editado polo Moviment de Defensa de la Terra, Países Cataláns Traducido por: ADIANTE 1ª edición: xuño de 2007 Colección Ferramentas, nº 1 EMBATE Edicions embate@adiantegz.org www.adiantegz.org


M I binomio no punto de mira da represión ocidade e ndependentismo: un

Historicamente

o privilexiado, o opresor, o explotador non quere perder os seus privilexios. É capaz de todo con tal de non os perder. Con tal de seguir saqueando ás clases populares, ás mulleres, aos pobos, ás pequenas nacións, ás/aos febles.

O

independentismo galego de clase somos un movemento antagónico, revolucionario, anti-sistema, que tentamos remover da nosa nación ao opresor do noso pobo traballador. É por iso que de sempre, o opresor, o Estado Imperialista Español (EIE), foi especialmente punitivo coa esquerda independentista galega.

A mocidade, nomeadamente a mocidade da clase obreira, é tamén un sector etario historicamente motor de cambios, moitas veces cambios de raíz, irreversíbeis. A reacción conservadora sempre teme á mocidade. Por iso lle interesa adormecela, atontala e reprimila.

No

noso País, cando se xuntan estes dous factores, sermos independentistas e sermos nov@s, é entón cando o opresor, o EIE, amosa a súa face máis violenta. As organizacións xuvenís patrióticas que nos precederon na loita sofriron todo tipo de acometidas represivas, que inclúen desde agresións persoais até a invención de grupos armados para aplicar a chamada "Lei Anti-terrorista".

Non

é a intención de ADIANTE nin de EMBATE EDICIÓNS asustar a ninguén. Precisamente moitos dos acosos, ataques e represalias que sofrimos as organizacións xuvenís revolucionarias teñen como cometido espaventar á xente nova para que non se organice. Pero si que nos parece importante dar a coñecer e difundir entre a mocidade traballadora e rebelde unhas nocións básicas para saber como actuar no caso de caír nas gadoupas da represión.

Tras cotexar varios manuais, tanto de Galiza coma de fóra, optamos por difundir unha tradución feita por nós dun texto do manual da

3


esquerda independentista catalá Petit llibre roig del/la jove independentista por ser o máis didáctico e o máis doado de asimilar de todos os que atopamos. Alén deste, podedes atopar máis información sobre o tema en publicacións e textos das organizacións anti-represivas ou de defensa dos dereitos civís.

Agardamos que vos preste, e xa sabedes: Que ninguén nos colla por sorpresa. Que ninguén pare os nosos anceios de independencia e liberdade.

4


Introdución Este apartado pretende axudar a tod@ aquel/a que nun intre determinado poida ser identificad@ ou detid@ a exixir os dereitos que a lexislación vixente prevén para estes casos. Previsións que, segundo os diversos testemuños, en poucas ocasións son compracidas. Pretende, tamén, ofrecer unha serie de consellos prácticos para aquelas/es familiares ou colegas que habitualmente andan absolutamente desorientad@s cando se produce unha detención ao seu redor. Tendo en conta as numerosas denuncias de tortura d@s detid@s baixo lexislación "antiterrorista" (á que cabería calificar de terrorista, xa que o seu obxectivo é aterrorrizar á/ao detid@), queremos ofrecer tamén unha serie de consellos prácticos basados na experiencia destas persoas detidas e torturadas coa fin de evitar que o dereito de tod@ detid@ a non declarar non se vexa violentado pola práctica da tortura, sexa esta física ou psicolóxica. Para rematar, queriamos remarcar a importancia deste capítulo do libro1. @ militante debería de asumir ben o contido, téndoo ben presente no caso de que se vexa inmers@ nalgunhas das situacións que se describen. A impunidade coa que actúan os aparellos represivos do Estado vese favorecida polo descoñecemento da legalidade que a miúdo amosan @s represaliad@s.

5


Identificación A identificación é a situación máis común coa que nos podemos atopar cando tropezamos coas forzas de ocupación. É un procedemento que pode ficar nunha identificación rutineira ou facer parte dun proceso máis amplo, é dicir, unha detención. Nun principio trataremos o primeiro caso, é dicir, o da identificación nunha situación que non vai máis aló. No primeiro lugar, hai que dicir que @s únic@s que poden pedir o Documento Nacional de Identidade (DNI) son os corpos represivos do Estado, é dicir, as diferentes policías e gardas. Un particular ou un garda de seguridade non cho pode exixir endexamais; se o fai, dilles que non tes por que amosalo. Neste caso, pode pasar que avisen á policía e te manteñan retido até a súa chegada, sempre que se tratar dunha situación de infracción flagrante. Un exemplo ilustrativo atopámolo cando te collan sen o carné nun transporte público e non queres ou non podes identificarte. Unha vez chegad@ @ axente de policía, a forma de actuar depende de ti e tamén da prepotencia d@ axente. Outro aspecto que é importante lembrar é que cada vez que te identifiquen terán que che especificar por que o fan, xa que segundo a súa legalidade só poden pedirche a documentación cando se poida producir un suposto delicto ou se acaeceu algunha infracción coa que te poidan relacionar. Unha vez que che devolvan o DNI, comprobarán os teus datos por radio e é probábel que os anoten nunha libreta adxuntando algunha descripción física ou da túa forma de vestir. Teoricamente, deberían devolverche inmediatamente o DNI, mais acostuman alongar a espera, e aproveitanno para avisar a outras unidades que pululen pola zona para que fagan acto de presenza. Deste xeito intentan

6


intimidarte. Conserva a calma e non dubides en amolalos preguntándolles porqué te están a identificar, exixindo que che devolvan o DNI ou o que se che ocorra. No caso de que non leves o DNI, pódente levar á comisaría (acostuma ser a que estea máis preto) para comprobar os datos. Tamén o poden facer coa excusa do mal estado do DNI, do pasaporte ou do permiso de conducir, ou poden alegar que sospeitan de que é falso. Nas dependencias policiais comproban os datos que lles proporcionaches introducíndoos nun computador (nome e apelido, nome do pai e da nai, data e lugar de nacemento e número do DNI). É posíbel que non se fien dos datos e queiran verificar a túa identidade tomándoche as pegadas dactilares. Para realizar este tramite lévante a comisarías meirandes, onde haxa policía científica. Lembra que desde o primeiro intre no que a policía te para, considérase retención; enténdese por retención o feito de que a policía te manteña baixo o seu control para conseguir identificarte. Mais tamén se trata dunha práctica intimidatoria xeralizada entre as diferentes policías que a retención serva para amosar quen manda e abusar do poder que teñen. Se te queixas ou te rebotas, poden alongar o tempo, poden enviarte á policía científica e, finalmente, poden rematar por te deter baixo falsas acusacións. Namentras esteas na comisaría retid@ pensa que eles se atoparán co compromiso de especificar por escrito a causa da identificación nun libro de rexistro que che farán asinar denantes de saír. Pódeste negar se queres, xa que o do libro tampouco serve para nada. Pregúntalles sobre o motivo e exixe que cho deixen ben claro. Legalmente, o tempo da retención terá que durar o "mínimo de tempo imprescindíbel". Se comezas a sospeitar que a retención se está a alongar inxustificadamente e veste con ánimos de facelo, podes comezar a ameazalos dicindo que avisarás á/ao túa/teu avogad@ para que presente un Habeas corpus por detención ilegal. Lembra que non estás detid@ e que, polo tanto, tes todos os dereitos: se, por exemplo, levas un móbil, teoricamente tes todo o dereito a chamar. A única cousa que tes restrinxida é a liberdade de movemento. É moi importante que conserves o acougo, que sexas moi consciente do que che están a facer e do que iso conleva.

7


Nun principio non te están a acusar de nada, sinxelamente che están a identificar. Non estás obrigad@ a contestar pregunta algunha. Non estás obrigad@ a asinar nada. Por exemplo, se estás a pasear e te exixen a identificación, non a tes enriba e te levan a comisaría, é moi probábel que estean a cometer un delicto de detención ilegal. Aínda así, é case imposíbel que prospere unha denuncia por un feito coma este. Agora ben, tamén se teñen dado casos nos que, coa excusa de identificarte na comisaría, a retención fixo parte dunha montaxe policial coa intención de deter a outra xente. No tempo que te teñen apartad@, poden procurar ou inventar provas que te impliquen nalgunha infracción. Un exemplo atopámolo durante as 14 detencións realizadas2 recentemente despois dunha acción contra a Europa do Capital: despois dun batifondo reterivéron@s baixo a excusa de identifical@s para comprobar se estiveran implicad@s. Pasadas tres horas, o tempo abondo para construír provas en contra súa, formalizarían a detención. Para rematar, cabe dicir que a Lei de Seguridade Cidadá prevén un sistema de indemnización polos perxuizos que puidera causar un traslado por identificación; por exemplo, cando te reteñen indo ao choio. Para solicitalo terás que facer un escrito á Delegación do Goberno español. Como é obvio, trátase dun procedemento longo e tortuoso.

8


Detención Desde o momento no que és detid@ perdeches a túa liberdade e atópaste nun mundo descoñecido no que te quererán facer sentir como un/ha monicreque coa vontade e a dignidade secuestradas. Aínda así, tes toda unha serie de dereitos que podes exixir de acordo coa lexislación actual. Convén que os exixas para amosar a quen che detén, que polo feito de estar detid@, non estás vencid@ nin sometid@ aos seus caprichos. Para facer máis comprensíbel todo o que habitualmente arrodea a unha detención, consideramos máis axeitado e pedagóxico presentar a situación tal coma se adoita dar habitualmente en orde cronolóxica. Para iso, dividimos a exposición nos apartados seguintes: > Rexistro domiciliario. > Tipos de detención. > Declaración policial. > A tortura e os seus métodos. > @ médico forense. > Declaración xudicial. > Denuncia xudicial. > Que pode facer @ familiar ou colega?

Rexistro

domiciliario.

Os dereitos aos que fai referencia

están recollidos na lei de Enxuizamento Criminal (desde o artigo 569 até o 575). Se te deteñen no teu domicilio, a detención adoita ir acompañada,

9


normalmente, dun rexistro domiciliario. Nesta situación tes os seguintes dereitos: - Á presentación de orde xudicial para o rexistro. Nesta orde terá que figurar o nome e a sinatura d@ xuíz/a que autoriza o rexistro, o teu nome e o enderezo do teu domicilio. Se non cho ensinan pódeste negar a que o rexistro mencionado sexa realizado. - Á túa presenza durante o rexistro, ou á de alguén n@ que ti delegues. - Á presenza de como mínimo dúas testemuñas. - Á sinatura de acta despois da súa lectura -feita pol@ policía que se encarga-, onde terá que constar tamén, ademáis da túa sinatura, a das testemuñas e a d@ mencionad@ policía. Ademáis, é moi importante que esteas atent@ aos seguintes detalles: - Vixía o rexistro e asegúrate de que conste en acta todo o que se leven. - Controla a duración desde o inicio até o final. - Se o rexistro se producira de forma irregular, podes exixir que conste en acta e denuncialo posteriormente ao xuíz. En caso de que o rexistro se produza por motivos relacionados co que chaman loita "antiterrorista", a policía non ten a obriga de presentar unha orde xudicial do rexistro e nin sequera comunicalo á/ao xuíz/a no intervalo de vintecatro horas. Continúan vixentes, sen embargo, o resto dos dereitos mentados en caso de rexistro domiciliario.

Tipos de detención. En caso de que sexas detid@, deberás ter en conta que a detención pode ser de dous tipos: ora trátase dunha detención ordinaria, ora trátase dunha detención relacionada coa actividade de "bandas e grupos armados", razón pola que che aplicarán a lexislación mal chamada "antiterrorista" (terrorista a

10


partir de agora). Que dereitos podes reclamar en cada caso? a) Detención ordinaria. Os dereitos que a continuación sinalamos están recollidos no artigo 520 da lei de Enxuizamento Criminal. En caso de que se che deteña en aplicación da lexislación ordinaria, esta non se poderá prorrogar por máis de tres días, e tes dereito: - Á presentación da orde de detención. É o habitual, aínda que se poidan producir detencións nas que non faga falla presentar esta orde. Isto pasa en casos de detención "in fraganti" ("nas patacas") ou en casos nos que hai elementos obxectivos que acrediten que se cometeu un delicto, que o cometiches ti e que existe perigo de que fuxas. Aínda así, convén que exixas a mentada orde. En todo caso, se non existira esta orde a policía ten a obriga de informar da túa detención á/ao xuíz/a no intervalo de vintecatro horas. - A ser informad@ de contado das razóns da túa detención, especificando os feitos dos que se che acusa. - Á identificación d@s axentes que te deteñen (número de placa). - A comunicarte telefonicamente coa túa familia para informala do lugar onde estás detid@. - A chamar a un/ha avogad@ da túa confianza para que estea presente cando declares. - A manter unha entrevista reservada co/a túa/teu avogad@, que seguramente che indicará se has de declarar de acordo ou non coa defensa dos teus dereitos e intereses e te aconsellará sobre como has de facelo diante d@ xuiz/a, coa fin de preservar os teus intereses. b) Detención en aplicación da lexislación terrorista. Se @ xuíz/a de turno autoriza que che sexa aplicada esta lexislación, o que autoriza é a túa incomunicación até un prazo que pode chegar até os CINCO DÍAS en dependencias policiais (a prórroga da detención e a incomunicación de tres a cinco días terá que ser autorizada igualmente pol@ xuíz/a). Esta incomunicación pódese alongar até

11


oito días máis en prisión. Se che aplican a lexislación terrorista a meirande parte dos dereitos que te acoden quedan en suspenso. Así pois, o primeiro que terás que facer é exixir que se te comunique se realmente @ xuíz/a autorizou a túa incomunicación mediante a presentación do documento xudicial que así o acredita. Se non cho amosan podes exixir automaticamente o respecto de todos os dereitos que sinalamos no apartado no que falabamos da detención ordinaria. O mesmo sucede coa prórroga da detención e/ou incomunicación a partires das setenta e dúas horas. En caso de que se che prorrogue tes dereito a exixir que se che amose o documento xudicial que así o autoriza. Os dereitos que en virtude desta lexislación queden en suspenso son os seguintes: - Non tes dereito á chamada telefónica para informar do lugar onde estás detid@. - Non tes dereito a exixir a presenza dun/ha avogad@ da túa confianza. En principio, o único que te pode acudir na declaración (policial e xudicial) é un/ha avogad@ de oficio. Dependendo das circunstancias e dos casos, na declaración xudicial @ xuíz/a pode permitir que esteas asistid@ por un avogado designado por ti ou pola túa familia. Por iso, é conveniente que a túa familia avise un avogado de confianza por se @ xuíz/a autoriza a súa presenza durante a declaración xudicial. - Non tes dereito á entrevista reservada co avogado para que te asesoren. Todos os outros dereitos recollidos no capítulo referente á detención ordinaria fican vixentes.

Declaración diante da policía. Os dereitos que expoñemos están recollidos no artigo 17.3 da Constitución española e no artigo

12


520 da lei de Enxuizamento Criminal. O primeiro que ten que quedar ben claro é que tes dereito a non declarar, a non declarar en contra túa ou a declarar negativamente ás preguntas que se che formulen. Sabendo que é difícil non abrir a bico durante todos os interrogatorios aos que adoitan ser sometid@s @s detid@s -e que sen a presenza dun avogado son ilegais-, queremos lembrar que a declaración fundamental e a única que ten valor diante d@ xuíz/a é a declaración diante da policía en presenza d@ avogad@. Non tén ningún valor xurídico o que dixeras ou asumiras obrigado pola policía e que non estivera ratificado diante dun/ha avogad@. En caso de que sexas vítima dunha detención ordinaria, xa sinalamos que tes dereito á presenza dun/ha avogad@ de confianza. Ademais, tes dereito: - A facer a túa declaración en galego3 . - A ditar a declaración que queres facer. - A lela antes de ser asinada. - A exixir a rectificación da declaración se non te convence. En caso de que a detención se producira en aplicación da lexislación terrorista, perdes o dereito a ser asistido durante a declaración policial por un/ha avogado da túa confianza. No seu lugar, sen embargo, asistirache un/ha avogad@ de oficio. (Cabe ter en conta que esta/e avogad@ de oficio tende a ter unha actitude de indiferenza cara @ detid@ e o seu estado físico ou psíquico; ás veces incluso mantén certa connivencia cos corpos represivos. Por tanto, en xeral, non cabe esperar nada.) Mantéñense, ademais, o resto dos dereitos antes mentados. No intre de declarar diante da policía en presenza d@ avogad@ de oficio, lembra e pon en práctica os consellos seguintes: - Exixe que @ avogad@ se identifique ensinándoche o seu carné profesional para evitar que a policía monte unha declaración

13


pantasma, ocupando un/ha policía o lugar dun avogado. Esta fórmula ten sido empregada pola policía en máis dunha ocasión para "comprobar" a actitude d@ detid@ antes dunha posterior declaración. - A presenza comprobada d@ avogad@ de oficio é unha boa oportunidade para facer constar a túa negativa a declarar, para declarar cun "non resposto" a todas as preguntas que se te formulen ou para limitarte a explicar se foches torturad@ ou vexad@, sempre plantexando á/ao avogad@ que te acode que presente un Habeas Corpus diante d@ xuíz/a que autorizou a túa detención e sinalando que tan só pretendes declarar diante d@ xuíz/a. Este feito pode ser de grande importancia para amosar perante @ xuíz/a ou en posterior denuncia xudicial o feito de que as "novas" declaracións policiais fosen tiradas contra a túa vontade. Estas "novas" declaracións poden obedecer ao feito de que a policía non quedara satisfeita coa túa primeira declaración e de que, despois de novas sesións de tortura, pretendan conseguir declaracións auto-inculpatorias. Tanto nos casos de detención ordinaria como nos casos de detención en aplicación da lexislación terrorista, na declaración terán que constar integramente tanto as preguntas como as respostas. Cando declares diante da policía, é moi importante que comprobes que na folla ou follas de declaración non hai espazos en branco que permitan "engadir" cousas que ti non declaraches. Non sería a primeira vez que un/ha detid@ leva un susto de morte ao comprobar que na súa declaración hai cousas que non declarara. En caso que existan ditos espazos, exixe que a declaración se volva a redactar ou coloca a túa sinatura en todos os espazos en branco que olles. Asina, mesmamente, embaixo da derradeira liña da túa declaración (non deixes espazo ningún entre a túa sinatura e o texto) e tamén ás marxes. Non te cortes e lembra que de iso pode depender o teu futuro.

Atortura e os seus métodos. Despois de ler todo o anterior, seredes moit@s @s que esteades a ler este texto con certo nivel de cepticismo, xa que por desgraza unha cousa son os dereitos que

14


están recollidos nas leis e outra moi diferente é a realidade. E se xa é difícil reclamar o respecto dos dereitos de cadaquen na rúa, aínda resulta máis difícil na comisaría, sobretodo se temos en conta a extensión e a brutalidade que conleva a tortura. Unha realidade, a da tortura, que afecta non só ás persoas directamente torturadas, senón a calquera detid@, que comprenderá rapidamente (e así llo lembrarán constantemente @s que @ deteñen) que el/a é unha nova vítima potencial de todo tipo de prácticas de tortura. Todo isto é certo, e non é doado describir o terror que se sinte cando un/ha se atopa total e absolutamente indefenso en mans dos que tantas salvaxadas teñen cometido, e están dispostos a cometer. Tan só, temos que considerar moi importante que nos deixemos de imaxinar a nós mesm@s coma puras vítimas pasivas diante da tortura. Debemos considerar a importancia de que comecemos a nos enfrontar á tortura exixindo os nosos dereitos. Será duro, pero non o será máis que se nos someten pasivamente. Por iso, antes de nada cabe coñecer o que te poden facer, e se ben non faremos aquí un repaso ás diferentes prácticas de tortura existentes (a saca de plástico, o aillamento, os electrodos, as flexións continuas, a alteración constante do son, a permanencia de pé e sen durmir durante moitas horas, os golpes en determinadas partes do corpo, drogas...), si que intentaremos reflectir cal será o comportamento dos torturadores no interior dos cuarteis e comisarías, que mecánica utilizarán, etc. a) Os interrogatorios. O interrogatorio policial terá que se facer sempre en presenza dun/ha avogad@, @ da túa confianza ou @ de oficio, segundo os casos. Aínda así, a realidade é que a presenza d@ avogad@ prodúcese unicamente durante a declaración policial ou xudicial. Os "interrogatorios" teñen como obxectivo escacharte física e psiquicamente para que fagas a declaración que eles queren. Intentarán que te sintas totalmente aillad@ do mundo, que esquezas que na rúa son moit@s @s que se están a interesar por ti. Pretenderán facerche sentir un profundo complexo de inferioridade, de indefensión e de culpabilidade.

15


Intentarán facerche crer que o "saben todo", independentemente do feito de que iso que din saber sexa certo ou sexa falso. Diranche que hai outr@s compañeir@s detid@s que xa "cantaron", que non sexas parv@, que @s outr@s aforráronse a tortura porque falaron antes, etc. Na grande maioría dos casos acostuma a ser todo falso, e en todo caso que cho demostren eles. Ti non tes que demostrar nada, nin xustificar nada; son eles os que terán que provar as súas acusacións e, sobretodo, son eles os que queren que te autoinculpes. Diranche que digas algo ("dime algo"), que con iso xa te deixarán en paz. É falso, este "algo" para o único que serve é para lles dar un fío do que turrar e turrar, e non para atallar a tortura. É fundamental que intentes manter o teu estado de ánimo, que lembres que na rúa te agarda moita xente e que, como moito, son cinco días. Cinco días dos que depende o teu futuro, poida que de moitos anos. b) O policía "bo". Son moitísimas as persoas detidas que explican que no medio da máis brután tortura se atoparon co policía que vai de bo. Normalmente é este o que te aconsella declarar para que os outros sigan a che torturar. É o que che adoita dicir que compañeir@s ou amig@s, normalmente afectivamente vinculad@s a ti, poden ser detid@s e torturad@s pola túa teimosía. É este o que indirectamente ameaza con novas brutalidades, que, por descontado, cometerán os outros se non declaras o que o policía bo che aconsella que "declares". Pode resultar fácil caír na tentación de nos refuxiar na figura deste policía no medio da brutalidade que nos arrodea, pero lembra que iso non é nada máis que unha técnica de interrogatorio e que o que contigo fai de bo, puido ter esnaquizado a outr@ compañeir@. En todo caso, este policía persegue os mesmos obxectivos que os outros: procurar a túa perdición e unha declaración que os satisfaga. c) Como actuar? - Non deas credibilidade a nada do que che poidan dicir os policías. - Intenta non perder o control da realidade e da situación na que te

16


atopas. - Intenta falar o mínimo posíbel. - Intenta non perder a noción do tempo. - Lembra que en cinco días pódeste estar a xogar moitos anos. - Tenta non comer nin beber para evitar que che poidan ser administradas drogas. - Non amoses feblezas persoais, xa que lles dan as pistas para que se crezan. - Lembra que na declaración policial diante d@ avogad@ tes dereito a non declarar e que é esta a única que ten valor xurídico.

@médico forense. Ao longo da túa detención é probábel que, ou ben todos os días, ou ben durante algúns dos días durante os cales permanezas detid@, recibas a visita dun/ha médico forense. Neste caso, o primeiro que terás de facer é solicitar que acredite documentalmente a súa identidade. Unha vez comprobado iso, é conveniente que lle denuncies as torturas ou os maltratos físicos ou psíquicos aos que estiveras sometid@. Se tes sinais, ensínallas e asegúrate de que o que denuncias consta nun informe que esta/e médico redixe. É probábel que a policía te ameace con toda clase de represalias se denuncias diante desta/e médico a tortura sofrida. Diante disto, lembra que o trato que recibas na comisaría non depende de que te sometas ou non aos caprichos dos teus torturadores, senón da súa vontade. Así como "dicirlles algo" é, de feito, axudalos a concretar máis os obxectivos que persiguen coa tortura, non denunciar o que che está a pasar diante d@ médico forense serve para asegurar, máis aínda, a súa impunidade. Máis aínda, unha denuncia diante d@ médico forense pode servir para que se paren as torturas e, en todo caso, sempre serven para reforzar a denuncia de tortura tanto na

17


Audiencia Nacional coma nunha posterior denuncia xudicial.

Adeclaración

xudicial.

Os dereitos que expoñemos están

recollidos no artigo 17.3 da Constitución española a no 520 da lei de Enxuizamento Criminal. Se és vítima dunha detención ordinaria prestarás declaración diante do xuíz natural, que é o xuíz competente no lugar onde se terían desenvolto os supostos feitos delictivos e é o que se atopa de garda cando se producen. Se a detención se produce en aplicación da lexislación terrorista terás que facelo na Audiencia "Nacional" de Madrid (España). Neste segundo caso, o xuíz que che toca comunicarache que te atopas na Audiencia "Nacional", identificará @ fiscal e @ avogado e lerache os teus dereitos, entre os que se inclúe o dereito a non declarar. Aínda que che pareza incríbel, @ avogad@ que che acude non pode falar contigo até que declares perante @ xuíz/a, para que todavía continúes en situación de incomunicación. Se declaraches diante da policía, @ xuíz/a preguntarache se te ratificas na túa declaración. Neste momento lembra que a declaración xudicial ten moito máis valor e prevalece sobre a policial. É o intre de negar calquer declaración policial autoinculpatoria que che fora tirada no cuartel ou na comisaría. Lembra que, aínda que a policía che diga o contrario, unha vez post@ a disposición xudicial non che poden voltar a levar a comisaría e que neste intre estás a te xogar de novo o futuro. Lembra que a negación diante do xuíz dunha declaración auto-inculpatoria é a maior e mellor garantía para recuperar a liberdade. Un derradeiro consello en relación coa declaración diante do xuíz: non baixes a garda. Lembra que malia que xa abandonaras a comisaría, aínda non estás en liberdade e que perante o xuíz tes o

18


mesmo dereito a non declarar e a non facelo na túa contra. Non te deixes enganar por madeixas do tipo "tranquil@ que vas fóra, pero cóntame isto e mailo outro. Recoñece isto ou o outro"4 . Non sería a primeira vez que pola ilusión de mirar tan preto a saída do inferno que alguén se ollou recoñecendo cousas que despois @ levaron á prisión. Fundamental: se che torturaron ou maltrataron, non deixes nunca de denuncialo diante d@ xuíz/a. Se tes sinais, ensínaas, aínda que @ xuíz/a non queira saber nada (como sucede a cotío).

Adenuncia

xudicial.

Xa sinalamos que é fundamental que

denuncies a tortura na declaración policial, diante d@ médico forense e diante d@ xuíz/a (natural ou da Audiencia "Nacional"). Aínda así, tendo en conta sobretodo a actitude de se facer o longuis que os xuíces da Audiencia "Nacional" manteñen perante a tortura, cabe interpoñer unha denuncia xudicial no Xulgado de Instrución competente. O Xulgado competente é aquel que está de garda no día e no lugar no que se terían producido os feitos. Aínda así, a denuncia pódela interpoñer no xulgado da túa provincia para que despois este a tramite ao xulgado competente. Esta denuncia pódela facer ti mesmo na compaña d@ túa/teu avogado, con posterioridade á túa posta en liberdade. No caso de que ingreses na prisión, tamén podes levar a termo esta denuncia, a través dunha instancia na que consten os feitos, que enviarás á/ao xuíz/a competente.

Que pode facer @ familiar ou colega? Alén dos aspectos sinalados en relación co rexistro domiciliario, diante de calquera tipo de detención é fundamental o comportamento dos familiares ou colegas. O primeiro que hai que levar a cabo é facer pública esta detención e porse en contacto cun/ha avogad@ de confianza. Se a detención é de tipo ordinario, a familia pode exixir que se lle

19


comunique o lugar onde será conducid@ @ detid@. Se a detención foi feita en aplicación da lei terrorista, as posibilidades son menores, dado que a policía non ten a obriga de comunicar o lugar onde se atopa @ detid@. De todos os xeitos, convén teimar perante o Goberno Civil, a comandancia ou comisaría da Garda Civil, Policía Nacional ou Policía Autonómica5 -segundo cal fora o corpo que efectuara a detención-, interesándose polo estado e a situación d@ detid@. Outro intre que pode ser de grande axuda para @ detid@ é berrar para enfoutar á/ao detid@ cando esta/e entre na Audiencia "Nacional". Despois duns días arrodead@ de túzar@s, estes azos poden ser reconfortantes. Pódese aproveitar este intre para lle lembrar á/ao detid@ que negue todo diante @ xuíz/a.

NOTAS 1Os

restantes capítulos do libro pódense www.defensadelaterra.org/Estelada/llibreroig.pdf.

baixar

2Nos Países Cataláns (PPCC). 3en català no texto orixinal. 4O fragmento entre aspas está en español no texto orixinal. 5Mossos d´Esquadra no texto orixinal.

20

desde


PÁX.

CONTIDOS

Mocidade e Independentismo: un binomio no punto de mira da represión..3

Introdución ............................................................................5

Identificación .........................................................................6

Detención ..............................................................................9

Rexistro domiciliario .......................................................9 Tipos de detención ........................................................10 Declaración policial .......................................................12 A tortura e os seus métodos .............................................14 @ médico forense .........................................................17 Declaración xudicial ......................................................18 Denuncia xudicial .........................................................19 Que pode facer @ familiar ou colega? .................................19

Notas ..................................................................................20

21


#1 colecci贸n FERRAMENTAS

EMBATE edici贸ns

Que facer perante unha detención?  

Colección ferramentas de Embate Edicións