Page 1

EMBATE Voceiro Nacional de ADIANTE

nยบ 9

primavera / 2008


EMBATE 2 LIBRARIA ANDEL · Rúa Pintor Lugrís, 10 · Vigo

O BARDO · Cervantes 5, Baixo · Vigo

LIBRERIA MENDINHO · Avda. Castelao, 7 · Vigo

ANIL PERRUQUEIROS· Praza de Feixóo, nº 3

Tameiga-Mos

embate@adiantegz.org A TULLA · Entrerrúas, 1· Compostela

Compostela

a ALJAMA · Ribadavia

ESPADELA ARTESANATO · Rúa do Vilar, 58-B Compostela

A POLA NA POLA · Rúa Cervantes, 19 · Vigo

PUBLICIDADE

a GRÁFICAS PLANETA · Pedraucha 9 ·


Editorial O ano 2008 sementa un ano presaxiador. A coincidencia de eleccións en distintos países claves para o noso destino como o goberno español, Estados Unidos, as administrativas en Francia, as recentes eleccións en Italia... deixan ver as tendencias coas que nos teremos que enfrontar nos próximos anos. O resultado é claro: os partidos minoritarios e aqueles de esquerda non teñen cabida nas “pseudo-democracias” organizadas segundo as esixencias do capitalismo mundial. A forte caída en representación de partidos como Esquerra Republicana e a absoluta derrota da esquerda parlamentar en Italia constitúen claros exemplos sintomáticos dos nosos tempos: camiñamos cara un modelo político de tipo americano (mellor diríamos estadounidense), bipartidista e onde os dous grandes partidos, exactamente iguais en sustancia, se reparten o poder para manter a “estabilidade” da orde económica mundial. A estratexia é, con matices, similar en toda Europa: o mantemento do status quo como arma política para perpetuarse no poder; a non-resolución dos problemas como principio perpetuador dunha clase dirixente que, noutras circunstancias históricas e sociais, sería impensábel. Por outra parte, non podemos deixar a un lado a situación da esquerda en Europa. A súa práctica desaparición a nivel de representación política non pode deixarnos indiferentes, inda que concordemos en que na meirande parte dos casos esta esquerda ten xa ben pouco de esquerda. O problema vai máis alá, xa que non existe nos diferentes países unha forte esquerda social, que aglutine á xente na loita contra o capital, contra a explotación e en prol dos seus dereitos. A derrota da articulación da esquerda, a época da “desideoloxización” social para defender a GRAN IDEOLOXÍA, a do capitalismo, a da explotación, a do precariado, a da discriminación da muller... Como mozas e mozos galeg@s revolucionari@s, que loitamos pola independencia do noso país, pola emancipación da clase operaria e pola igualdade de xénero, non podemos máis que facer unha fonda reflexión. Onde está a esquerda? E a esquerda está; está na mocidade precaria; está na mocidade oprimida por un poder colonial; está en cada traballador/a do mundo... Está pero non existe como representación social. Eis o noso cometido: reestruturar a esquerda en Galiza, crear as bases do novo movemento nacional-popular, dar a voz que non se escoita, para ser capaces de crear a única posibilidade de alternativa social. Saír á rúa, como neste Primeiro de Maio, para dicir que si, que seguimos sendo clase proletaria, que somos conscientes da nosa explotación e que non daremos un paso atrás na loita contra o imperialismo e o sistema do capital que nos vende a súa ideoloxía como a “non-ideoloxía”. E neste ambicioso e necesario proxecto de futuro non sobra ninguén, tod@s teremos que arrimar o ombro con xenerosidade, agás con quen sempre, onte coma hoxe, só arelou controlar e dirixir mesmo chegando ao boicot e ao liquidacionismo ou con quen siga teimando de xeito irresponsábel en certo aventureirismo infantil. Só así seremos quen de rectificar a Historia.

contidos_________

EMBATE número 9 - primavera 2008

[páx.3] [páx. 4]

Editorial Contra España e o capitalismo

[páx. 5 - 7]

Transxénicos, a nova cociña

[páx. 8 - 11]

Referentes históricos da loita xuvenil - Regüelta

[páx. 12 - 13]

Por que lhe chamam democracia quando querem dizer capitalismo?

[páx. 14 - 15] Entrevista a Xabier Espasandín

y Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y www.adiantegz.org embate@adiantegz.org

y

EMBATE non ten por que compartir necesariamente a totalidade das opinións aquí expresadas

y Pódense reproducir os artigos citando a fonte

y Dep. Legal: C-1813-2005

EMBATE 3


CONTRA ESPAÑA E O CAPITALISMO

º o i 1a

INDEPENDENCIA E SOCIALISMO!

M

Neste 1º de Maio de 2008, desde ADIANTE, como organización da mocidade comunista e independentista de Galiza, queremos manifestar a nosa convicción renovada diariamente de organizar máis e máis xoves traballadoras/es, estudantes e desempregadas/os da clase obreira na loita por destruír a explotación, a precariedade e a desigualdade en todas as súas expresións. España e o capitalismo condéannos a emigrar fóra da nosa terra para traballar, a facer xornadas interminábeis sen dereitos, a encher as colas do paro tras estudar dúas décadas da nosas vidas, a vendernos a escravistas sen escrúpulos que España e o capitalismo protexen. España e o capitalismo obrígannos a caer na súa alienación, a sucumbir ao consumismo que nos hipnotiza, a ignorar á nosa Nación e á nosa Clase, a recrutarnos nas forzas violentas que aseguran a continuidade de España e do capitalismo. España e o capitalismo condéannos a pagar medio século de hipotecas para poder acceder a unha vivenda propia, a enmascarar os seus circos mediáticos, a participar no seu xenocidio silencioso de milleiros de seres humanos nos países máis pobres que o noso, a extraer as nosas riquezas para enriquecer a España e ao capitalismo. España e o capitalismo encadeánnos por loitar polos nosos dereitos, por defender os nosos ríos, mares e montes, por solidarizarnos con outros pobos asoballados, por reaxir contra o machismo e o patriarcado, por ser nós mesm@s, por pensar diferente a España e ao capitalismo. Por todo isto, a mocidade revolucionaria sabemos que tan só unha Galiza ceibe, soberana, xusta, igualitaria e sen clases pode garantirnos un futuro digno e realmente noso. Sabemos que debemos camiñar con afouteza cara a subversión xuvenil na destrución de España e do capitalismo, e na construción desde a base obreira da independencia e o socialismo.

Viva o internacionalismo proletario! Viva o independentismo revolucionario! Galiza Ceibe, Poder Popular! EMBATE 4


Transxénicos, a nova cociña

ROSA NEGRA Este artigo non quere ser unha continuación do aparecido anteriormente, senón que se trata de facer un chamamento perante a recente aprobación do Ministerio de Medio Ambiente para pór en marcha campos experimentais de transxénicos no Val do Dubra, Touro, Mesía, o Ribeiro, Arteixo,Vilalba, Castro de Rei e Lalín. Os campos serán de millo transxénico MON-810 e NK-603, sometidos a manipulación xenética para seren resistentes ao herbicida glisofato, ás pragas de taladros e a certos vermes. Ante iso, os medios de comunicación fanse eco con pequenas reseñas na "súa" prensa que pasan totalmente desapercibidas para o común dos mortais. Estamos polo tanto ante unha realidade da que case non se escoita falar pero que nos pon xa a perna enriba. A política do Ministerio e de Medio Rural deixa moito que desexar, por unha banda deixa nas mans da Comisión de Biodiversidade a suposta aprobación destes experimentos pero por outra dá vía libre ás 75.000 Ha. de millo modificado que permite o medre das grandes multinacionais.

O negocio dos OMX (Organismos Modificados Xeneticamente) é tal que non só move millóns de euros, senón que exerce un control total sobre os alimentos. Os consorcios teñen lobbies importantes nos órganos executivos da U.E. e dos seus estados membros, de modo que a lexislación faise cada vez máis permeábel a esta tecnoloxía. O límite do 0,9% que fixou a U.E. no 2004 é un claro exemplo; significa que, por unha parte, os alimentos convencionais e ecolóxicos poden estar contaminados xeneticamente até esta porcentaxe sen ter que se certificar como tais, e por outra banda, se algún agricultor resulta perxudicado non ten dereito a unha indemnización. O Estado Español cumpre en Europa o papel de pioneiro, non só na superficie, senón coa maioría dos campos experimentais de toda a U.E.

Transxénicos que curan? Tomarse a molestia en lexislar responsabelmente non calla cos beneficios económicos, que, en fin, xa sabemos quen son os que movem o cotarro. Europa puxo fin á moratoria vixente dende 1998, cando a prudencia de varios estados levou a deter EMBATE 5


a entrada do millo de Monsanto BT11, á espera de que se realizaran estudos de salubridade. Preocupaba sobre todo a presenza dun xen resistente aos antibióticos. O 19 de abril do 2004 deuse o visto bo á entrada do millo e o 24 de maio a Comisión tomou a decisión final. Entón unha comisión do goberno francés sostiña que as ratas alimentadas con millo transxénico

Monsanto presentaban unha cantidade anormal de alteracións en comparacion co grupo alimentado de xeito natural. Os científicos atoparon malformacións, anomalías no ril,… e isto non é Iker Jiménez. A conclusión destes expertos foi "non nos é posíbel afirmar unha ausencia de riscos para a saúde dos animais en relación a este millo".

O millo de Monsanto non é o único transxénico que disparou as alarmas. A Axencia Alimentaria Europea prohibiu o cultivo do millo Syngenta BT176 actualmente denominado BT11 do cal hai 20.000 Ha. no Estado Español, primeira potencia continental neste ámbito. Por outra parte outros tres alimentos transxénicos presentaban tamén anomalías. O estudo sobre o millo NK 603 (un dos do caso galego) amosou frecuencias estatísticas en 50 variábeis fisiolóxicas.

Argumentos científicos A pretensión de que as técnicas de enxeñaría xenética son unha metodoloxía precisa cuxas consecuencias son perfectamente coñecidas e previsíbeis non se sostén cando se aplica a organismos complexos. O debate sobre os efectos na saúde estivo centrado até agora nos alimentos. Porén, existe outro ámbito que merece a mesma atención.

ALERXIAS Os OMX tamén poden estar implicados no incremento das alerxias por dous motivos:

1)En primeiro lugar, poden causar a proliferación no ambiente de novos axentes alerxénicos ou multiplicar a de outros coñecidos. 2)En segundo lugar, as alerxias poden aparecer pola presenza dos AT (Axentes Transxénicos) dos virus promotores empregados na manipulación xenética para favorecer a expresión dos xens extranos introducidos nas plantas.. EMBATE 6


Que pasa en Galiza?

Segundo dados da Sociedade Española de Biotecnoloxía, a industria farmaceútica internacional é, cun 72%, o principal inversor en transxenia. Entre estes medicamentos está a insulina, as hormonas de crecemento, anticallantes, vacinas,…

Pois dase a autorización para que 11 multinacionais como Monsanto e Painer comecen os seus experimentos,… Agora nace a Plataforma Galega Contra os Tranxénicos que engloba a grupos ecolóxistas e agrarios pero que ten un complexo proceso de información e acción por diante.

Protestas e logros Resulta curioso que, inda que só unha minoría dos europeos aprobe a manipulación xenética non se teña producido todavía ningún movemento masivo para frear o seu auxe. Trátase, sobre todo, de sindicatos agrarios, especialmente de agricultores ecolóxicos e ecoloxistas.Na Alemaña, a iniciativa Gendreck Weg ('fóra a roña xenética') organiza dende 2005 liberacións de campos transxénicos. Pero o movemento transxénico máis importante faise na Franza, son os "segadores voluntarios", protestan en grandes superficies e atacando silos transxénicos. Tamén no Estado Español había actividades desta índole preparadas pola Asamblea Payesa e Transgenic Fora, pero os seus portavoces foron criminalizados.

Que facer para evitar o seu consumo? Información e autoformación. Son as únicas claves para evitar caír nas redes destas industrias, xa que non contamos co axudas legais nin gozamos dunha boa lexislación posto que non obriga a etiquetar os derivados de animais alimentados con tranxénicos (leite, carne, ovos,…). Así que a única garantía absoluta, excepto que pasen desapercibidas contaminacións por cercanía, son os produtos que amosan a súa garantía ecolóxica.

RECURSOS QUE NOS PODEN AXUDAR Plataforma Galega Antitransxénicos: http://galizasentransxenicos.org Greenpeace: Guía vermella e verde de produtos alimentarios, onde especifican unha serie de alimentos con e sen tranxénicos. Independent Science Panel: Grupo de científicos que defenden a proibición dos transxénicos (www.indsp.org). Sarce: Organización non gobernamental filipina que denuncia os efectos do millo modificado nos labregos filipinos (www.searce.org.ph). Libros ConSuma Responsabilidade. Editorial Traficantes de Soños. 2007. É interesante un documentario de Transgénic Forá que se emitíu no progama Linea 900 de TVE-2. EMBATE 7


REFERENTES HISTÓRICOS INTERNACIONAIS DA LOITA XUVENIL REVOLUCIONARIA (IV)

Falamos con...

EMBATE 8

regüelta AS MOCIDADES REVOLUCIONARIAS DE CANTABRIA

Na cuarta entrega do noso dossier sobre a loita xuvenil internacional achegámosvos a nosa conversa con Diegu San Gabriel, Responsabli d'Enternacional de Regüelta, organización cántabra que loita pola independencia e o socialismo no seu país. - Contádenos un pouco como naceu Regüelta e cal foi a súa posterior evolución até hoxe. Regüelta é o movemento socialista revolucionario da mocidade cántabra. Tras uns meses de reunións, fixo a súa aparición pública o 1u Mayu de 1998, así que este ano toca conmemorar o 10º Aniversario. Foi formada por xente independente, aínda que con experiencia propia noutros colectivos xuvenís, como a Asociación de Mozos Antifascistas de Cantabria (AJAC) ou o Colectivo de Mozos Comunistas. Desde entón até hoxe, o crecemento foi exponencial en militancia e actividade. Actualmente Regüelta ten asembleas en tres comarcas que concentran a meirande parte de poboación de Cantabria, cunha sede nacional na súa capital chamada Llar Mozu, e unha innegábel presenza e traxectoria de loita. - Que máis organizacións hai no movemento soberanista cántabro e como é a relación con elas? Regüelta traballa para tecer unha Muvición

Popular Cántabru de Liberación (MPCL), unha frente emancipadora estruturada e organizada que tome forma actualmente de movemento de liberación nacional, con distintas organizacións sectoriais coordenadas, no que ocupar o espazo xuvenil. Organizacións abertamente independentistas coas que hai trato fluído, están Abora (de recente creación) e L'Argayu (asociación cultural centrada na lingua cántabra). A relación loxicamente é estreita. De feito, na creación de Abora formou parte xente de Regüelta unha vez foi cumprindo unha idade "impropia" dunha organización xuvenil, e fixemos de forma conxunta a recente campaña pola abstención. Xunto a L'Argayu coorganizamos por exemplo un cursu de cántabru e un grupo de falantes, o ano pasado. Tamén xurdiu unha distribuidora de material independentista, chamada Cadíu. Dentro do soberanismo poderiamos tamén incluír ao Conceju Cántabru Popular (organización marxista-leninista) e ao Conceju-CNC, un partido político que se autodefine como de "esquerda cantabrista".


- Cal é para vós a función de Regüelta meranu, cabuérnigu, pejinu... como organización xuvenil? sectorial? O cántabru é ninguneado polo goberno provinciapolítica? escola de militantes? no, en materia educativa, toponímica, administraTratamos de construír e dinamizar un tiva... como recoñecemento legal tan só existe espazo novo insubmiso, asembleario, crítico, soli- unha referencia nunha Lei de Patrimonio, que na dario, cántabro e combativo; que sirva para arti- práctica é o mesmo que nada. Aínda por riba, o cular á mocidade na nosa terra e, deste xeito, bufón populista que temos metido a Presidente convertela nun referente na vida de Cantabria Autonómico, apareceu recentemente nun xornal cara á consecución dos nosos obxectivos e reivin- dereitista dicindo que "o cántabro só é castelán dicacións como moz@s e como cántabr@s. mal falado". Estas declaracións enmárcanse denO traballo é político, tro dunha estratexia social, laboral, cultupolítica de españolizar Os mozos xa non son golpeados como ral... en todos os ámbicompletamente tos, evidentemente cun durante o franquismo, pero seguen sendo Cantabria, e no lingüísenfoque xuvenil. Si que tico ten como baluarte "corrixidos" na escola quizais poderiamos ter o que denominan o desenvolvido unha "proxecto do século", maior especificidade, mais a ausencia de organiza- unha Universidade do Castelán en Comillas. cións, por exemplo, un sindicato de estudantes, Recentemente a Plataforma Esclave (na que se fai que teñamos que abranguer eses espazos integra L'Argayu xunto a outras asociacións preotamén, na medida do posíbel. Esperemos que cupadas pola protección e difusión do cántabru) sexan ocos que co tempo se vaian tapando. sacou un manifesto de mínimos, que leva xa recoTamén somos conscientes da importancia que ten llidas máis de 500 sinaturas, no que entre outras a formación en calquera organización, e máis se é cousas solicítase a declaración do patrimonio linxuvenil, xa que a militancia de Regüelta posterior- güístico cántabro como Ben de Interese Cultural, mente enriquecerá outras organizacións do que para que vos fagades á idea de como estamos, movemento. sería conseguir o recoñecemento que ten o galego de Estremadura ou Xalimegu. A partir dun - En que situación se atopa a lingua cánta- marco legal de protección, trátase de avanzar na bra, que nivel de aceptación ten entre o dignificación e normativización da nosa lingua pobo, e cal é a súa situación legal? autóctona, para normalizala entre a sociedade Os poucos estudos de tipo sociolingüísti- cántabra. co que sobre o cántabru se fixeron, adoitan coin- Como "luga" (palabra cántabra que fai referencia cidir na extrema gravidade da situación, e en pre- a un feixe de luz que se abre paso entre as nubes) ver que, en aproximadamente dúas xeracións, o que nos dea esperanza, o nivel de conciencia proceso de castelanización lingüística do País sexa social coa nosa lingua autóctona é cada vez maior, irreversíbel. comezando polos movementos sociais non especiNas cidades fálase practicamente xa castelán con ficamente soberanistas, cousa que fai anos custaba algúns trazos autóctonos. No medio rural, o cán- ver. Así, por exemplo, a Coordinaora Antifacista tabru segue vivo, aínda que ameazado pola diglo- de Cantabria denomínase en cántabru e adoita sia e polo sistema españolizador que lles rodea. expresarse de forma bilingüe, o Centro Social Os mozos xa non son golpeados como durante o Ítaca organiza un cursu, as casas okupadas levan franquismo, pero seguen sendo "corrixidos" na nomes cántabros: El Toju, L'Apeaéru... escola (xa se sabe que a represión velada ás veces é máis eficaz que a imposta), os maiores tratan de - Falarnos un pouco de como funciona o "falar ben" cando teñen que tratar cos turistas, e caciquismo en Cantabria e as demais insticalquera parecido entre a toponimia oficial e a tucións de poder colonial. O caciquismo é un fenómeno antidemopopular é pura coincidencia. Os falantes patrimoniais, teñen conciencia de crático que durante o franquismo consolídase, e falar algo diferenciado do castelán, aínda que o no actual período predemocrático especializouse adscriben case sempre a un marco comarcal, en materia urbanística, pero que en todo caso dicindo falar pasiegu, lebaniegu, campurrianu, tres- segue plenamente vixente.

EMBATE 9


Entre a fauna política que arrasa Cantabria, fíxose celta que significa "pobo que habita nas montañas, endémica a especie do alcalde-construtor. En oca- montañeses", non se entende se estas son comidas sións, era alcalde xa durante o franquismo polas canteiras, se os nosos bosques son substitumesmo, perpetuándose durante a transición ao ídos por monocultivos de eucalipto, os cantís cosintroducirse nun dos tres partidos hexemónicos teiros tápanse de formigón, e extínguense o oso en Cantabria (PP, PSC, PRC), existindo casos de pardo ou a pita do monte cantábrica. E o pobo que aquí traballa, merece un digno nivel de vida, alcaldes que pasaron polos tres. A entrada do Estado Español na UE, provocou o nunha contorna sostíbel, porque se non a longo afundimento dos sectores económicos tradicio- prazo esta non será posíbel. nais de Cantabria: agricultura, pesca e sobre todo gandaría. O que fixo o cacique foi: a) a través de - A que se deben as tensións coa esquerda empresas construtoras afíns, comprar os prados castelanista? É só por negarse a aceptar a que vendían a un baixo prezo (18.000 gandeiros vosa existencia nacional ou hai algo máis? que tiveron que pechar a súa explotación nestes En Cantabria, a principios dos 80, as anos de "reconversión"), b) recalificalos en solo familias da grande burguesía comercial santandeurbano multiplicando o seu valor, e c) masificalos rina tiñan interese económico en permanecer vinde vivendas de veraculadas a neo para a burguesía Desde Regüelta, entendemos a defensa do territorio Castela, para vasca e castelá prinun alicerce fundamental na loita pola independencia e o exportar os cipalmente. Por seus produtos suposto, para iso sal- socialismo. O pobo que aquí traballa, merece un digno polo porto e táronse as poucas nivel de vida, nunha contorna sostíbel, porque se non a d e s e n v o l v e r leis ambientais que aquí un chirinlongo prazo esta non será posíbel houbese. guito de veraMais atopáronse co neo para os que é sen dúbida o movemento social con máis casteláns. Fixéronse chamar "unionistas", e trataforza e capacidade en Cantabria: o ecoloxismo, ron de impedir a consecución da autonomía, concuxa loita propiciou a redacción dun Plan de seguindo o apoio de Alianza Popular. Con todo, o Ordenación de Litoral e unhas Normas resto de partidos, presionados polas mobilizaUrbanísticas "Rexionais", que planifican os usos cións sociais máis importantes da historia recente do solo e obrigan a seguir uns indicadores da de Cantabria, tiveron que situarse a favor da autoarquitectura tradicional cántabra, respectivamen- nomía, a pesar das ordes que lles chegaban de te. Ademais, a través de denuncias, hai concellos Madrid. en Cantabria que teñen centos de chalés _destina- Pola súa banda, o conxunto de organizacións polídos a segunda vivenda_ sentenciados a demoli- ticas, xuvenís e sindicatos de esquerda transforción, o que supón unha maior densidade de irre- madora de Cantabria, agrupáronse para esixir un gularidades urbanísticas sentenciadas que a que estatuto democrático que puidésemos votar, "cun houbo mesmo en Marbella. "Curiosamente", as verdadeiro autogoberno", sen supeditación a resolucións xudiciais en materia ambiental non se España. cumpren coa presteza das antiterroristas; pero Estes dous proxectos políticos e identitarios, a estes precedentes, xunto a outros acontecemen- grandes trazos, son os que veñen puxando neste tos como accións directas de boicot a obras, puxe- País. O cántabro, que defende a cultura, o folcloron un relativo freo á depredación insostíbel do re ou a lingua autóctonas desta terra, e a soberanoso Medio Ambiente. nía para o seu pobo traballador, fronte ao español, Detrás de cada un dos grandes partidos, hai unha que trata impor nesta terra a aculturación españoempresa construtora, que financia a súa campaña la, dentro do actual proceso de globalización neoe recibe en troco obras públicas e outro tipo de liberal que vive o capitalismo, para que se acomofavores. Hai anos, un xornal que denunciou todo de con facilidade no artificio estatal de acumulaisto, o semanario independente "La Realidad", foi ción de capital que é España. pechado polo PP. O unionismo en Cantabria, anecdótico en apoio Desde Regüelta, entendemos a defensa do territo- social, pero poderoso económica e mediaticario un alicerce fundamental na loita pola indepen- mente, non é máis que o contrapeso españolista dencia e o socialismo. Cantabria, voz de orixe para quen expomos un discurso de superación do

EMBATE 10


marco autonómico e constitucional. A asociación quera comunicación, ambas as partes teñen que visíbel deste movemento, a AICC (autodefinida recoñecerse. como "unha organización de políticos, empresa- Tampouco é un tema que por aquí "quite o sono", rios e construtores" (sic) na prensa) aliouse coa nós bastante temos con traballar pola indepensucursal cántabra de Ciutadans constituíndo un dencia e o socialismo no noso País; mais si que confiamos en que partido "Ciudadanos por La o transcorrer do Unión" para, desde formulaAfundiron os nosos sectores económicos tempo leve a cións sempre burguesas (supostos intereses economi- tradicionais, desmantelaron a industria, e madurez a certas cistas) ou románticos (recu- miles de mozos cántabros teñen que emigrar organizacións castelás. De momenperación de posturas acientíao estranxeiro cada ano to, a súa última ficas de Albornoz sobre a actuación foi preorixe de Castela ou o castelán) expor a colaboración de Cantabria con sentar nas Eleccións Xerais do 2008 unha lista Castela "para revertebrar España freando a actual "paracaidista" en Cantabria (con xente que non disgregación, segregación e egoísmo" (palabras vive nin traballa aquí) e cun resultado cando do seu dirixente, cuxo discurso "sóanos", non menos patético. si?). Por fortuna, os resultados que obteñen son Pola contra, si que mantemos boas relacións persempre ínfimos (por baixo do propio Conceju que soais con algúns militantes desas e outras organinon ten apenas medios), debido á fidelidade do zacións de esquerda castelá, e por exemplo os voto de dereita españolista ao PP, e a que en delegados casteláns que puidemos coñecer en Cantabria ninguén sente nin se sentiu nunca cas- diversos encontros internacionalistas, sempre nos expresaron o seu desacordo persoal con esa incotelán. Conscientes de que a esquerda castelanista non herente reclamación territorial, así que espereten ningún militante nin implantación en mos que estes problemas, impropios de organizaCantabria, e que quizais as súas formulacións cións verdadeiramente revolucionarias e internadebíanse a un profundo descoñecemento da histo- cionalistas, poidan solucionarse no futuro. ria ou realidade actual cántabra, puxémonos en contacto con eles a través dun escrito, coa inten- - Como vedes o futuro da esquerda indeción de superar as diferenzas existentes e avanzar pendentista cántabra? Desde Madrid/Bruxelas, coa conivencia cara un futuro de lóxica colaboración entre dous movementos ideoloxicamente afíns en dous do goberno sucursal de Santander, puxeron a pobos xeograficamente veciños. A súa contesta- chincheta de "turismo" na parte do mapa que ción foi francamente desoladora, dando lugar a un corresponde a Cantabria. Afundiron os nosos seccomunicado no que sinalabamos que non iamos tores económicos tradicionais, desmantelaron a ter relacións con quen nos ninguneara e dese industria, e miles de mozos cántabros teñen que cobertura ideolóxica ao españolismo en emigrar ao estranxeiro cada ano para poder atoCantabria, pois loxicamente para que haxa cal- par un traballo digno. A nosa cultura e lingua popular son arrinconadas, e o noso medio ambiente expoliado e depredado polo desenvolvismo capitalista. Adoitamos dicir que "Cantabria sedrá libri y socialista ou nu sedrá", porque no marco actual, de capitalismo e dependencia, non vemos futuro, nin como moz@s, nin como traballadores, nin como cántabros. Ante iso, só fica organizarse e loitar. Loitar pola xustiza social, polos dereitos colectivos e as liberdades individuais, pola liberación sexual e de xénero, polo ecoloxismo, pola xestión popular e democrática dos medios de produción, pola soberanía, pola pervivencia da nosa cultura e lingua populares... en definitiva, por unha CANTABRIA LIBRI Y SOCIALISTA!

EMBATE 11


Referentes históricos internacionais da loita xuvenil revolucionaria EMBATE 12

A chamada Guerra Fria dos blocos, além de nom ter nada de "fria" -contabilizou milheiros de vítimas em centenas de regiões do mundo- polo que tamém se lhe chama 3ª Guerra Mundial (3ª GM), nom se tratava tam só dum embate de forças militares, políticas e económicas entre o imperialcapitalismo liderado polos EEUU e o socialismo (mais ou menos) real encabeçado pola URSS.

Porque lhe chamam " querem dizer moncho lareu

A frente ideológica, "informativa" e mediática foi umha trincheira de primeira importáncia em ambos blocos. Ao rematar 2ª GM, os serviços secretos estadounidenses da CIA implicárom-se com notável esforço em meter em nómina a escritoras/es, intelectuais e jornalistas de renome para que puxéram o seu inegável talento ao serviço do mal chamado "mundo livre". Até nom hai muito esta aseveraçom era umha "fantasia de roj@s", mas da-se a circunstáncia de que hai uns anos desclasificárom-se os papeis desta nómina de "inteligentsia" capitalista encabeçada, entre outr@s, polo autor de 1984 e Rebelióm na granja, George Orwell. Para aprofundar neste tema hai um par de trabalhos interessantíssimos no domínio galego de (in)formaçom e debate marxista-leninista Estoutras Notas Políticas completamente contrastados. É doado de topar com qualquer buscador da internet. Tras o colapso económico do bloco soviético, em processo de apodrecemento interno desde 1953 nom creio que tenha que explicar a data-, o colapso foi apresentado pola nómina de mercenári@s da informaçom como a "queda do comunismo". E é que som especialistas em tentar fazer-nos confundir o touzinho coa velozidade, é dizer, os sistemas políticos cos económicos.

ra. Sistemas políticos com sistemas económicos. Até o ponto de eliminar na primeira parelha o sistema económico -capitalismo- e na segunda (nom tanto) o sistema político -ditadura- (por certo, no mundo hai um cento e meio de ditaduras capitalistas…) polo que criam um antagonismo surrealista, perverso, falaz, perniciosso, o antagonismo democracia vs. (ditadura) comunismo.

Eis o quid da questom deste artigo, a confusom meditada e consciente dos sistemas políticos cos económicos por parte d@s mercenári@s da "informaçom" e do pensamento do imperialcapitalismo. Levam décadas, e o seguem a fazer hoje em dia, identificando teimudamente capitalismo com democracia, e comunismo com ditadu-

Aquí, nos países e nações submetidas ao jugo do Estado Imperialista Espanhol (EIE) -a Jugoespanha-, a caterva de mercenários em nómina é extensa e com relevo geracional garantido. Os Sardás, Miralles, Sistiagas… som dignos sucessores dos Gabilondos, Olmos e Savateres, ainda em activo. Grupos como Planeta, PRISA,


"democracia" quando r capitalismo?

nário jornalista?) Sistiaga, tras o "sucesso" do seu vergonhento documentário sobre a metade independente de Coreia (RDP de Coreia), vai fazer outro dos seus "grandes trabalhos" sobre a situaçom de Colómbia e das guerrilhas "terroristas". Sabemos o que nos vai vir da mão deste elemento que soubo tirar benefício morboso e sensacionalista, e polo tanto fama, "tours" televisivos e audiência, até da morte dum companheiro seu na guerra do Iraque. Já o veremos. Mas a obsesom enfermiça destes enterados segue a ser Cuba. O Santo Graal dos imperialistas fracassados, a pedra no sapato do capitalismo mundial, a grande frustraçom dos neo-colonialistas, a vergonha para quen, desde a hipocrisia cínica da progresia, asegura que foi "comunista", "anarquista" ou "hippi" na sua mocidade, mas que agora isso som utopias "desfasadas". Desde que o Presidente do Conselho de Estado de Cuba e líder revolucionário Fidel Castro Ruz tivesse que deixar o seu cárrego por umha doença, @s jornalistas mercenári@s, além de nom ocultar a sua ledicia, começárom a falar de "transiçom à democracia em Cuba". Esquecem que esta transiçom começou desde o momento no que @s revolucionárias cuban@s entrárom n'A Havana tras derrocar, co apoio do povo, ao tirano pro-ianque Batista.

COPE, Recoletos ou Vocento (com bancos e grandes empresas por tras) nom ocultam nunca a sua vocaçom de adoutrinamento na defesa do sistema capitalista, do neo-colonialismo -sobretodo em América Latina-, e da teoria da fim da história…, "a loita de classes já nom tem sentido". Hai dous meses saltava a nova nos meios independentes e alternativos (eu topei-no no jornal Diagonal) de que Planeta e PRISA -que controla a Rádio Caracol colombiana- assináram um contrato co narcogoverno de Colómbia para fazer campanha propagandística internacional contra a resistência popular das FARC-EP. Isto nom saíu em nengum dos "grandes meios", mas um mês depois sae a nova na SER e Cuatro (ambas de PRISA) de que o jornalista mercenário (ou merce-

Mas… que transiçom querem para Cuba estes notas? Umha transiçom cara umha sanidade como a estadounidense -no que hai que pagar para que che atendam depois de que che atropele um carro-? Umha transiçom cara um sistema educativo como o espanhol -com nen@s gravando com telemóvel as malheiras que lhes metem a outr@s nen@s-? Umha transiçom cara um eleitoralismo como o occidental -com sistemas bipartidistas entre duas opções apoiadas e financiadas polas mesmas oligarquias monopolistas-? Umha transiçom… "à espanhola"? Permitam-me que escache amargamente coa risa. Pois isso companheir@s... porque lhe chamam "democracia" quando querem dizer capitalismo? EMBATE 13


... a a t s i entrev

0

Xabier Espasandín

Co remate do ano 1975 e a morte de Franco chega a Galiza un tempo de longa convulsión política, loita obreira e sindical, e profundos cambios sociais... será este o momento no que mozos e mozas revolucionari@s senten moitas das bases da sociedade que agora coñecemos. O ámbito cultural e musical sumarase tamén ao tren das reformas. Nun ambiente sumamente hostil ao galeguismo, á lingua galega e a todo o que tivera que ver co rural e co labrego xúntanse un grupo de moz@s dispostos a coñecer de primeira man a cultura tradicional galega. Falamos con Xabier Espasandín, mestre de cultura tradicional e un dos pioneiros, nada máis e nada menos, que da historiografía do folclore galego.

- Empezemos polo principio. Como foron os teus comezos no folclore? Os comezos no folclore? Foron no ano 1964. - Como é iso? Naciches coas castañolas na man? Na miña casa aínda se bailaba, e aínda se cantaba, e aínda se tocaba. Na casa de meu pai eran moitos irmáns e aínda montaban a festa na casa, incluso competían coa orquestra que traían para a festa en Carreira ou en Loroño, ou polo entorno…e ahí foi onde empecei - Con todo…Hai un momento no que entras nunha asociación de folclore… Cando cheguei á Coruña, en San Pedro de Mezonzo, que era unha igrexa, onde se bailaba para o día da parroquia. Aquilo era o máis parecido ao que eu vira, na miña casa. Bailabamos cunha profesora que era da Sección Feminina….e nada…o que pasa e que dinme conta de que aquilo non era a tradición que eu mamara e vivira e fun buscando donde encontrala… - Que foi o que che fixo pensar que esa non era a tradición que ti aprenderas? Pois non tiña moito que ver. O que se facía coa Sección Feminina, sen sacarlles por suposto ningún mérito, non tiña nada que ver co que eu vivira…faltáballe sen-

EMBATE 14

timento, fáltaballe raza… non sei se os puntos eran tradicionais, nin tampouco me importa moito, non tiña nada que ver, faltáballe sentimento. E sen embargo iso presentábasenos como se fose folclore, tradición… naquelas asociacións non se cantaba, os gaiteiros tocaban sempre as mesmas pezas, bailábase "remos y nasas"…a min todo aquilo non me enchía… - Entón hai un momento, no que a experiencia de San Pedro non che convence… Até que pasado un tempo, encontrei un grupo de xente, que tamén proviña da experiencia da Sección Feminina. Entón, como agora, o mundo do folclore era pequeniño, fómonos coñecendo en actuacións…e de ahí decidimos xuntarnos unha serie de xente que aínda que participabamos do que se estaba facendo, tiñamos ademais unha inquedanza política moi importante, un sentimento polo tradicional moi forte e tiñamos sobretodo ganas de saber de verdade que era o baile, e o folclore en estado puro. - É aquí onde comeza a vosa aportación ao inicio da historiografía do folclore galego… Non sei se da historiografía, pero é así como comezamos a facer un traballo de campo moi precario, sen grabadores nin videocasetes. Inmpesable por aquel entón que houbera unha axuda para algo. As primeiras recollidas que fixemos utilizamos o autobús para desprazarnos…así que os primeiros desprazamentos


foron máis ben para falar coa xente maior, mais que unha recollida como se coñece hoxe en día. O que nos importaba era coñecer a cultura do rural, as experiencias, a historia da xente... e foi un traballo que nos enganchou, o que comezou como unha viaxe de fin de semana, acabou por ocupar a maior parte do noso tempo libre. - Cales eran os vosos obxectivos? O que queríamos era aprender, era unha experiencia máis aló do baile ou da música, estabamos ávidos de aprender. Visto dende agora quizais sexa difícil de entender, pero cando eu estudaba non se aprendía Coñecemento do Medio, non se estudaba Galiza. A nós abríusenos un mundo totalmente distinto… era a volta á aldea, a volta á nosa cultura, que estaba moi machacada, era a volta a escoitar falar en galego…e por suposto a volta para saber como se cantaba na Galiza, como se bailaba na Galiza. Cando viaxabamos a bailar co grupo da sección feminina a estes lugares onde sabiamos que se cantaba e se bailaba comezabamos a sentir incluso vergoña pensando no que se debían de rir aqueles bailadores véndonos bailar a nós. Así que comezamos a traballar con todo aquel material que estabamos recollendo, e da maneira máis honrada posible intentamos amosalo e trasladalo a un escenario, a pesar de ser unha tarefa sumamente complexa. Daquela montamos as primeiras cantareiras de escenario, que apareceron na música galega. Porque a pesar de toda a fama que acarrexan os gaiteiros, o instrumento tradicional en Galiza era a voz e a pandeireta, todo o mundo cantaba, este grupo de pandereteiras nace nun intento de mostrar parte desta cultura tradicional que estabamos a aprender, e de sacar á luz o máis representativo. - En que desenvoca este traballo? Desa inquedanza naceu Xacarandaina, que foi onde empezamos a traballar en todo iso… - Pero por aquel entón non existía xa Xacarandaina? Xacarandaina existía, pero existía como unha excisión de Coros y Danzas. Ao remataren as axudas do réxime franquista, da OJE e toda aquela parafernalia, unha serie de xente montou o que era a Asociación Juvenil Xacarandaina, que foi unha continuación do que facía a Sección Feminina. Por aquel entón xuntámonos alí unha serie de xente, o actual director de Xacarandaina, Quique Peón, a súa irmá Mercedes, Fernando… - Ese foi o grupo que vos xuntáchedes, non había máis xente? Si, pero ahí nace a iniciativa na que eu, persoalmente me involucrei. Hai que dicir que todo este movemento é simultáneo en Xacarandaina e en Compostela, co grupo Cantigas e Agarimos. Foi todo un pouco en con-

xunto. A calidade que tiñan os dous grupos, amosar bailes tradicionais. Isto forzou a que moitos outros grupos se visen obrigados a presentar, sobretodo aos concursos, bailes recollidos, pezas tradicionais... - Esa foi a vosa aportación cara as asociacións que se adicaban ao folclore, até o punto de que se empezou a ensinar cultura tradicional. Ti que traballas en asociacións nas que se imparte folclore, faríalles algunha crítica concreta? O que hai que recoñecerlle ás asociacións é que todo o traballo que se fixo de recollida fora amosado. Determinadas asociacións potenciáronno e dende esas asociacións sairon moitísimos mestres que estallaron toda esa recollida, todo ese traballo que se estaba facendo. Que teñen desvantaxas? Posiblemente, pero as desvantaxas veñen da man da falta de medios, de falta de preparación dos mestres e tamén hai outras asociacións que viviron de dicir que o que facían era tradicional, cando o que fan é calquera outra historia... - Dende hai dous anos, está traballando Galiza Século 21 (GS-21), un grupo de bailadores que intenta romper con ese tipo de espetáculo que vós propuxéchedes no voso momento e que diciamos que todavía segue vixente. Que opinas desta proposta nova? Pois paréceme ben, paréceme moi positivo. Sobretodo entendendo que a xente que se meteu nesa tendencia é xente que viviu e mamou as fontes tradicionais, tanto coma min. Paréceme unha tendencia moi positiva sempre e cando nos demos conta de que é unha evolución da nosa tradición, posiblemente máis acertada que a dos grupos que presentamos un baile como tradicional encima dun escenario, porque témonos que dar conta que en canto quitamos o baile dun vello do seu entorno deixa inmediatamente de ser tradición.O mellor que lles podo dicir é que recoñezo o seu espectáculo como galego, recoñézoo como a miña cultura, mesmo cando se introducen ritmos foráneos. No GS-21 vin un tango, o tango é bonairense, pero o que se bailaba no escenario era un tango galego. Detrás do espectáculo hai xente que está traballando moi serio e paréceme unha aposta moi boa e moi digna, sobretodo moi digna. - Non lles farías ningunha crítica?...dende o punto de vista tradicional? Desde o punto de vista tradicional? Non, porque non se presenta como un espectáculo de baile tradicional, presentan unha evolución máis adicada seguramente cara o mundo do espectáculo…o único que me gustaría e que toda esa evolución non nos faga esquecer as fontes de onde naceu, e que sexamos capaces de educar ao espectador para que aprecie esa diferenza.

EMBATE 15


EMBATE 9  

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), nº 9, primavera 2008.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you