Page 1

EMBATE xullo-agosto-setembro 2006

nUmero 4

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)


Editorial

a

Por terceiro ano consecutivo, ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) sae á rúa nun novo Día da Patria Galega de reivindicación, celebración e loita. Desta vez, logo dun duro ano de mobilizacións e alternativas xuvenís no que, alén de facermos campañas nacionais e comarcais, nos centramos sobre todo na formación política e na expansión organizativa, temos que lembrar unha efeméride que non se nos pode pasar por alto a ningún/ha militante ou simpatizante do independentismo galego de clase.

ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) é aínda unha organización cativa, unha organización en formación, en continua construción. Estamos cargad@s de ilusión e de optimismo revolucionario, e somos conscientes de que debemos fuxir do voluntarismo kamikaze que queime á nosa militancia e das falsas apariencias de forza e de radicalismo que tapen as nosas carencias e enganen á nosa mocidade traballadora. E somos, por suposto, conscientes disto porque sabemos que a loita é dura e longa e que vai precisar de moitas e diversas mans e moitas mentes valiosas e organizadas coerentemente.

CONtidos [páx. 2]

Editorial

[páx. 3]

Adiante na defensa da terra Adiante na defensa da lingua

[páx. 4]

Ante o XX aniversario do PCLN

[páx.5]

A voltas coa historia

[páx. 6-7] Día da Patria ‘ 06: Decidimos a independencia, escollemos o socialismo [páx. 8-9]

Entrevista a... Breogán Ruibal

[páx. 10-11]

Os “límites constitucionais” segundo o discurso españolista

[páx. 12-13]

Música escrava

[páx. 15]

Música/libros/www

Despois dun ano de goberno bipartito “progresista” na sucursal colonial que é a Xunta da CAG, podemos dicir sen lugar a nos trabucar que, desgrazadamente e tal como vaticinábamos hai xa un ano, non se cumpriron os anceios de cambio do pobo traballador galego. Como diciamos daquela, o único troco que ía traer o novo goberno PsoE-BnG era o de non ter a un fascista da anterior versión do réxime á fronte do poder “autonómico”. Todo segue igual. No caso da mocidade da clase obreira segue todo igual porque a pior xa non pode ir. Seguimos sen poder desenvolver alternativas de lecer, estudamos durante anos para rematar nas piores condicións de precariedade laboral de toda Europa, seguimos a emigrar como antano, e agora, todavía sen vivendas, nos queren vender contentores marítimos para que nos acinemos dentro deles. Está claro que necesitamos un cambio de verdade, de raíz, a fondo, que nos arrede do desengano, da marxinación e do desacougo. Un cambio revolucionario. Por outra banda, este é xa o cuarto número do EMBATE. No número 1 encetabamos xa as nosas intencións e obxectivos coa edición do EMBATE. Despois dun ano, podemos dicir que non só as cumprimos, senón que as superamos, conseguindo un voceiro estábel, puntual na súa saída e que, para ben ou para mal, está a crear interese entre o público receptor do mesmo. En próximos meses tentaremos mellorar o voceiro de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) facendo que chegue a máis lugares e a máis xente. Sen máis, agardamos que desfrutedes da lectura do EMBATE e, como dicía o noso Daniel, “non lle poñades chatas á obra namentras non se remate, quen pense que vai mal que traballe nela, hai sitio para todos”. Nós seguimos tamén convidándovos a construír a liberdade: EMBATE ORGANÍZATE E LOITA!

2

EMBATE número 4 − xullo, agosto, setembro 2006

y

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y

www.adiantegz.org embate@adiantegz.org

y

EMBATE non ten por que compartir necesariamente a totalidade das opinións aquí expresadas

y

Pódense reproducir os artigos citando a fonte

y

Dep. Legal: C-1813-2005


Nos últimos meses véñense de destapar toda unha serie de escándalos en varios

do país en torno ás concellarías de urbanismo. Parece que finalmente a ADIANTE concellos situación de corrupción e especulación urbanística sobordou os límites do politicamente correcto, e dunha vez a sociedade comeza a concienciarse de que NA todas as irregularidades e ilegalidades ás que estaba en certa maneira acostumada, e que mesmo transixía, son feitos intolerábeis e totalmente puníbeis. DEFENSA ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) non podía ficar calada ante o escándalo urbanístico destapado en Nigrán, e por iso asistimos o 17 de xuño pasado á convocatoria veciñal en contra do Plan Xeral de Ordenación Municipal DA (PXOM), unha mobilización que supuxo un fito histórico na comarca pola grande afluencia de veciñ@s chegados doutras comarcas, TERRA mais sobre todo de nigranesas e nigraneses que saíron á rúa para exixiren a retirada do PXOM e a demisión do Goberno Municipal, encabezado polo alcalde do PP Alfredo Rodríguez e en minoría tras a ruptura cos seus socios de goberno do PINN (Partido dos Independentes de Nigrán), con Antonio Fernández á cabeza.

Á mobilización tamén asistiron outras organizacións vinculadas á defensa da terra e contra a especulación urbanística, como o Foro Social de Cangas, pioneiro na tarefa popular de botar embaixo plans xerais que atentan directamente contra os intereses do pobo traballador galego. Sabemos que isto acaba de comezar e que serán moitos os concellos nos que o pobo ha pór cabo a prácticas que até o de agora moita xente tiña por normais e agardábeis dos caciques de turno, e por iso facemos un chamamento a toda a mocidade galega a participar combativamente nas vindeiras mobilizacións. ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) asistiu o pasado 17 de maio á

convocada pola MESA na defensa da lingua galega. Un día, o 17, ADIANTE manifestación que aínda ten que ser unha data reivindicativa para as galegas e galegos, na defensa da plena normalización NA do noso idioma para procurar, a pé de obra, algún día Galiza DEFENSA que poida unirse enteira á festa do noso idioma no canto de ter que DA reclamar os dereitos que lle son negados. lingua Desde ADIANTE

quixémonos sumar ao evento canda outras 155 asociacións e partidos políticos, malia a que nel se facía do presumíbel “Novo Estatutiño” o motivo central do discurso, e séndomos plenamente conscientes de que ningún Estatuto emanado directamente da Constitución española vai poder arranxar de raíz os problemas de Galiza, nin nos vai recoñecer o dereito de decidirmos o noso futuro libremente. Mais fixémolo igualmente, porque consideramos que no caso da lingua a reforma estatutaria si pode ser de relativa importancia, asentando definitivamente o feble e ambiguo marco legal do que dispomos na actualidade. É o momento de axuntarmos forzas para que ao galego se lle recoñeza a condición de lingua obrigatoria. Porque o “deber” de coñecer unha lingua vai inevitabelmente parello á oficialidade da mesma. Exiximos, así mesmo, que o actual goberniño da Comunidade Autónoma aproveite as ferramentas das que dispón xa en materia lingüística e pule con firmeza e seriedade na aplicación do actual Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado en 2004 por unanimidade parlamentar e do que un ano despois do “cambio” aínda non se encetaron nin os preliminares, e mantémonos alerta ante as previsíbeis mobilizacións que A MESA poida promover neste sentido nos vindeiros meses. Máis unha vez coma tantas outras na nosa historia, terá que ser a mobilización popular a que turre pola defensa dos intereses do país. Adiante logo!

EMBATE 3


Ante o XX Aniversario do PCLN

Día da Patria como o deste 2006, hai vinte anos, celebrábase o Congreso Constituínte do Partido Comunista vFUCO GONZÁLEZ Nun de Liberación Nacional (PCLN), sen lugar a dúbidas, a máis importante organización da esquerda independentista ao longo da nosa historia, tanto pola súa forza política e sectorial, como pola súa influencia social, como pola súa expansión territorial, como pola importancia cualitatativa e cuantitativa da súa militancia.

Un dos motivos desa importancia, alén da súa composición obreira, foi a grande impronta xuvenil daquel partido. De feito nese congreso de hai vinte anos, a organización comunista patriótica analisaba a importancia do artellamento dunha organización xuvenil independentista, revolucionaria e de clase. Necesaria estrutura na que "as mocidades teñen que ser unha organización dos/as rapaces/as obreiros, labregos, mariñeiros e estudantes, que nunca poidan perder o seu espírito de clase, é dicir, proletario, comunista". Unha organización da mocidade "onde as/os militantes vanse formar combativa e ideoloxicamente como comunistas revolucionarias/os galegas/os" porque "só a loita organizada educa á clase explotada, descóbrelle a magnitude da súa forza e amplía os seus horizontes". E advertía o PCLN que "sen traballo, sen loita, o coñecemento libresco do Comunismo adquirido nos folletos e obras Comunistas, non ten ningún valor, porque non faría máis que continuar o antigo divorcio entre a teoría e a práctica". Ese traballo viría coa creación das células de estudo, traballo e axitación específicas da mocidade; coa coordinación da acción entre as distintas células da mocidade; co estabelecemento da propia alternativa no ensino, no agro, no asociacionismo, no paro (nunha época de grande impacto), na problemática delincuencia-droga (eran os anos do cabalo), no deporte, na ecoloxía, na frente, na mili (na que se comezaba a loita pola insubmisión), no sindicato e na liberación da muller. Ofrecendo tamén alternativas ao lecer dirixido desde o Poder; formando a organización da mocidade con xente tanto contactada como allea, integrándoa na dinámica progresivamente coa relación persoal e a discusión política, coa invitación á participación nos numerosos actos políticos (foran culturais ou reivindicativos)… Porque eses eran daquela, e son tamén agora, potenciadores dunha concienciación e politización que a bo seguro rematará cun compromiso de loita e traballo nunha mocidade condeada ao desarraigo social e ao afastamento da Terra. Os propios avatares internos e externos da loita fixeron que non puidera callar en toda a súa imensa potencialidade nin o proxecto comunista independentista nin, por extensión, o da organización da mocidade revolucionaria galega. Os golpes da represión policial e do aventureirismo liquidacionista obrigaron durante un tempo ao independentismo socialista a reaxeitar a estratexia na resistencia orgánica (a través da frente), sectorial (sindical, cultural, veciñal…) e na reestruturación do movemento.

EMBATE 4

Tras tres anos de actividade do proxecto ADIANTE, case dous xa formalmente como ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), estamos cada vez máis decididas/os a continuar aquel traballo inconcluso daquelas/es camaradas aprendendo dos seus erros e mellorando os seus acertos para remozar a loita de liberación nacional contra o imperialismo español.


A VOLTAS COA HISTORIA De novo os cans furiosos do capital arremeten e envisten coma animais feridos. Esta vez tócalle o turno a Mao Tse-Tung: xa Berlusconi nos tiña amedrentado na campaña electoral italiana con historias de nenos cocidos para aboar os campos e das terríbeis consecuencias do comunismo no mundo. Agora tócalle o turno ao libro editado polos f a l s i f i c a d o r e s norteamericanos Jon Halliday e a súa muller Jung Chang próximos ás posturas neoconservadoras da ala republicana máis radical, amigos persoais de Bush e aférrimos anticomunistas. Atopámonos ante un pasquín cheo de incoerencias e de parvadas, datos e informacións inventados sobre a marcha que tentan elevar a Mao ás alturas da criminalidade e da brutalidade absolutas. Os autores no seu delirio anticomunista chegan afirmar que durante a revolución na China o propio Mao tiña prohibido ler: indudabelmente os autores non profundizaron moito nas súas afirmacións. Son indiscutíbeis os pasos dados pola China Popular no eido das ciencias e das artes, abríronse escolas, universidades, bibliotecas, iniciáronse campañas masivas de alfabetización co obxectivo de desterrar para sempre a ignorancia e as supersticións feudais que aínda dominaban amplas rexións da China. Mediante a Revolución Cultural construíron un sistema educativo novo de caracter popular, laico e científico do cal temos moito que aprender. Os autores ocultan deliberadamente a realidade, quizais porque na etapa comunista (non podemos dicir que agora o sexa) perderon algúns privilexios propios da súa condición de clase dominante: a autora menciona que a súa propia nai estivo presa nun cine, o que non menciona é por que. Mao non foi ningún terríbel criminal como nos queren facer ver os autores do libro (se é que se lle pode chamar así). Foi un líder revolucionario querido e respectado polo seu pobo que sacou ao pobo chino da miseria e da ignorancia no que o mantiveran sometido durante séculos, soubo conducilos cara os albores do século XX , Mao xunto con Marx, con Lenin, con Che

vFRAN ANEIROS

Guevara e con tantos outros pensadores axudou a construir e a desenvolver a ideoloxía liberadora da clase obreira, fortaleceu, teórica e tacticamente a alternativa políticoideolóxica dos explotados e das nacións oprimidas: o comunismo, ese foi o seu único e grande delito.

Os capitalistas tentan sempre voltar a historia do revés para encobriren os verdadeiros crimes cometidos contra a humanidade: a pobreza, a miseria, a explotación, o anafabetismo, a fame (a día de hoxe sigue a haber milleiros de persoas no mundo que morren de fame), as guerras, os xenocidios, o racismo, a discriminación sexual, a destrución da natureza... son só algúns exemplos. Dicía Lenin que a verdade é sempre revolucionaria, por iso por moito que tenten mostrar a historia do revés a realidade será sempre moi distinta a como nola presentan, por exemplo siguen a existir países no mundo nos que a pertenza a un partido comunista está penado co cárcere citemos por exemplo alguns dos novos "socios" da UE: Lituania, Letonia, Polonia, Turquía, Checoslovaquia, países onde os comunistas son perseguidos: ilegalizacion de partidos, peche de periódicos, detencións, etc. Eles preferirían, por exemplo, falar do "rexime de Fidel Castro" ao cal, por certo, agora teñen a vergoñenta ousadía de adxudicarlle nada máis e nada menos que unha fortuna de 500 millóns de dolares repartidos en diversas contas bancarias no estranxeiro (a onde imos parar). Os auténticos criminais, os verdugos do capital, os que financian estes libros, os que controlan medios de comunicacion de masas, son os mesmos que defenden ou fan oidos xordos ante as matanzas en Iraq e en Palestina, os que lexitiman a tortura na loita contra o terrorismo e crean campos de detención que vulneran as suas propias leis internacionais, en Guantánamo e alí onde lles pete. Como diría Eduardo Galeano este mundo ten a esquerda na dereita e a cabeza nos pés.

d

EMBATE 5


b

25 de Xullo,

DECIDIMOS A INDEPENDENCIA,

Neste novo Día da Patria Galega, as mozas e mozos de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), como xovens da esquerda independentista, abordamos unha nova xornada de celebración e orgullo nacional, pero sobre todo unha xornada de reivindicación, loita de clase e denuncia. Que é o que denunciamos? Pois denunciamos a explotación infantil e xuvenil en todas as súas expresións: prostitución, pornografía, sub-emprego e malos tratos. Exiximos que remate dunha vez a impunidade dos clérigos, e do resto de relixiosos, que sistemáticamente abusan de cativ@s e menores. Denunciamos o escravismo empresarial, escravismo que ten nomes e apelidos, que está apoiado por unha lexislación á súa medida, que "trapichea" traballadoras/es xovens coas ETT´s, que produce milleiros de mortes cos accidentes laborais, e que agora pretende exportar a explotación e a precariedade coa Directiva europea Bolkestein. Denunciamos os milleiros de mortes diarias de moz@s por causa da fame no mundo. Repudiamos aliás o cinismo das ONG´s e organismos semellantes, que trafican con esa "solidariedade" hipócrita que evita os remorsos d@s culpábeis e maquilla o rostro dun imperialismo mal-chamado globalización. Denunciamos a promoción do turismo como reprodutor de precariedade xuvenil e como causante do aumento acelerado da nosa dependencia colonial. Estamos fart@s de servirlles vermús ás clases acomodadas de occidente mentres nos dan unha esmola e nos ameazan por utilizar a nosa lingua. Estamos queimad@s por non ter acceso a unha vivenda mentres proliferan urbanizacións luxosas. Denunciamos as accións militares que deixan sen mocidade aos pobos que queren ser ceibes, e que se nos presente como saída laboral "digna", aproveitándose da nosa desesperación, facer parte de institucións ocupantes tan desprezábeis e con traxectorias tan escuras coma o exército español, os corpos policiais (estatais, autonómicos ou municipais), a seguridade privada ou a garda civil. Denunciamos a cumplicidade consciente dos medios do sistema nos ataques á mocidade proletaria e o conseguinte silenciamento mediático perante as propias iniciativas xuvenís autoxeridas. Os mass-media do réxime pretenden idiotizarnos, españolizarnos, convertirnos en consumidoras/es efermiz@s… De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) denunciamos as mortes por enfermidade entre a mocidade do planeta provocadas pola interrupción da fabricación de medicamentos non beneficiosos para @s monopolistas. @s comunistas denunciamos ao capitalismo desde hai xa case dous séculos. Antes por ser un sistema inxusto, agora ademáis, por criminal. Denunciamos o consumismo que nos fai participar do sistema que nos oprime, que nos obriga a perder a dignidade no traballo facendo actos contrarios á nosa vontade, actuando de forma vergoñenta ou vestindo uniformes ridículos. O marketing e a empresa xa están por riba das persoas. Denunciamos o sexismo, a homofobia, o racismo, a violencia contra as mulleres, as mozas, @s desfavorecidos. Denunciamos o drama da emigración e inmigración, o tráfico de drogas, o paro, a corrupción, a exclusión e a marxinación que golpean duramente á mocidade do planeta. Denunciamos a reprodución do auto-odio estrutural que existe na sociedade galega, auto-odio de sermos galegos e de ser filla ou fillo de traballadoras/es. Por moito que se esforcen PRISA, a COPE & Cía. non somos de "la roja", nin nos gustan os "valores" de O.T. e outras movidas, nin a xente trepa que chega á fama e á riqueza dun xeito mais que dubidoso. Denunciamos a invasión selvaxe da lingua española sobre a galega, violando mesmo a ridícula lei actual do galego no ensino. O galego ten o trato de lingua estranxeira e o español de lingua propia. A invasión selvaxe do resto de valores da cultura española sobre a cultura galega ven a través dos temarios impostos polos gobernos colonialista (central) e sucursal (Xunta). De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) denunciamos o ensino elitista, o destinado a criar man de obra para os empresarios, o fanático-relixioso e o que nos ven da man do Proceso de Boloña. Queremos un esino nacional, científico, popular e democrático. Un ensino público ao servizo da clase traballadora e do pobo galego.

EMBATE 6


Día da Patria

ESCOLLEMOS O SOCIALISMO Denunciamos e estamos dispost@s a loitar. Porque detrás da imaxe de gualtrapas, individualistas e "borreg@s" que se nos quere amosar da mocidade currante, hai unha mocidade que pensa, que reaxe, que se ergue, que está farta de aturar tanta miseria, tanta ostentación do poder. As revoltas xuvenís nos barrios obreiros do Estado francés e as mobilizacións estudantís que removeron á súa dereita, a resistencia okupa nas vilas e cidades catalás, os combates da mocidade chilena no 1º de Maio desenmascarando a falacia da socialdemocracia, ou o protagonismo d@s xovens galeg@s na folga do metal polas rúas de Vigo, son boa proba de que non nos imos resignar a un mundo de explotación, escravitude e crime. É dicir, capitalista. De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) facemos un chamado a resistir para contraatacar, a organizarnos para loitar, a propoñer para avanzar. Sabemos que só coa independencia total dunha Galiza en igualdade de condicións co resto de pobos nun planeta comunista e sen clases poderemos pór freo á destrución capitalista, ao abuso do imperialismo. Por iso, como entidade xuvenil do independentismo galego de clase, como revolucionari@s, dirixímonos á mocidade traballadora e estudante da clase obreira e convidámosvos a subir ao barco da organización e a botar man desta ferramenta de loita. Porque decidimos a independencia, porque escollemos o socialismo.

Adiante, sen tregua, República Galega! Viva Galiza independente e socialista! Organízate e loita!

CONSTRUÍNDO A NACIÓN DESDE A ESQUERDA

POLO NOSO DEREITO A DECIDIR

Un grupo de cidadás e cidadáns convoca Manifestación Nacional o Día da Patria Galega baixo o lema "Construíndo a nación desde a esquerda. POLO NOSO DEREITO A DECIDIR". A mobilización partirá ás 12:30 horas da Alameda de Compostela. ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) APOIA activamente a convocatoria e chama á mocidade galega a acudir o 25 de Xullo a Compostela a manifestarse polos nosos dereitos nacionais, PORQUE DECIDIMOS A INDEPENDENCIA, PORQUE ESCOLLEMOS O SOCIALISMO. http://25xullo06.blog.com

EMBATE 7


Entrevista a... Ofrecémosvos desta volta unha conversa co compañeiro Breogán Ruibal sobre a recente folga do metal nas comarcas do suroeste galego. Breogán, xoven traballador deste sector, é membro da nova Executiva Comarcal da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) en Vigo. Este cangués afincado na cidade viguesa, vivíu activamente e desde dentro a mobilización obreira máis numerosa e tensionada dos últimos anos. Cóntanos de primeira man para o EMBATE como foi todo do punto de vista do novo sindicalismo nacional e de clase. Salienta que por culpa dos sindicatos maioritarios se perdeu unha grande oportunidade de conquerir algo importante para o proletariado galego e que tras a brutal carga policial do terceiro día houbo mais de 60 persoas feridas de consideración e non 20, como espallou a prensa do réxime. Indícanos tamén que a CUT saíu moi reforzada grazas aos seus posicionamentos coerentes e combativos durante a loita, o que permitíu aumentar a afiliación no sector e constutír unha Coordenadora do metal dentro da Unión Comarcal de Vigo. Boa tarde compañeiro. Para comezar a conversa, cales foron os antecedentes que levaron á folga? E dicir, os prolegómenos. Primeiro, o retraso dos sindicatos maioritarios, CIG, CCOO e UXT, en entrar a negociar, axudando así aos asteleiros, como Vulcano ou Barreras, a entegar os seus pedidos a tempo. Pedidos como botaduras e entregas de parte dos barcos. E así estiraron unha mesa de doce negociacións na mesa paritaria. Iso é o que provocou que os traballadores foramos á folga. Con iso quero dicir que os sindicatos tiveron a culpa no principio das negociacións por teren axudado á patronal a liberar as súas cargas económicas. Os sindicatos maioritarios son os que se sentan na mesa, e desta volta a UXT fixo unha plataforma distinta para a negociación do convenio, querendo ser así a esquerda do sindicalismo. CCOO e CIG, a CIG coa maioría de representantes, entraron en conflito entre elas e provocaron pouca definición nas negociacións para chegar a un acordo. Pero iso sabendo xa que se ía ir á folga. Todos os traballadores sabiamos que se ía ir á folga, porque había moito traballador no sector e era o momento clave para conseguir os obxectivos da clase traballadora, para incrementar dunha vez por todas o noso salario, tendo en conta o risco que sufrimos a diario no noso posto de traballo, os turnos maratonianos, as horas excesivas e as demasiadas horas extra. Que xa non tiña que haber horas extra.

Como foi o transcurso de cada unha das xornadas de folga? Fixeron unha asemblea xeral para todo o sector, con pouca asistencia, e decidiuse cortar a velada como primeiro paso para ter como medida de forza en seguintes reunións. Pero sabemos que iso non nos libera do esquirolismo e de que a xente teña que pagar o seu ao final do mes. Houbo dúas reunións no Concello de Vigo antes de comezar a folga. Unha para cortar a velada e outra para pedir a convocatoria de folga, que precisa cinco días de antelación. Así se fixo, pedíuse a convocatoria de folga e o día 3 todos os traballadores asisitiron aos seus postos de traballo e estiveron facendo piquetes e levando a situación, dirixida polos tres sindicatos. Aínda que a CUT, como sindicato todavía pequeno con intención de medrar neste sector cun sindicalismo de clase, tamén estivo presente. De feito xa contamos con 65 afiliados do metal en Vigo. A CUT estivo en todo momento colaborando nesta folga como traballadores, aproveitando a multitudinaria convocatoria que se fixo aquí en Vigo. Cada día ás 11:00, despois de facer piquetes polas distintas empresas, e con bastante eficacia como convocatoria xa que a xente cumpriu coa folga, manifestábamonos polas rúas. A folga do metal tiña unha marcha que saía de Barreras e Freire, outra de Vulcano e outra dos polígonos dos arrabaldos, e xuntábamonos todos nunha rotonda. Entón dalí marchábamos até as 11:00 por Vigo adiante. Ás 11:00 había unha asemblea cada día que durou a folga para dar as explicacións de como se ía levando a folga e facer unha análise breve. Sempre nun senso partidista, posto que se lles miraba o plumeiro. E iso foi así durante todos os días. Adícabase tempo a planificar o día seguinte. Pero nos sindicatos maioritarios só se reunian os delegados sindicais, para levar a cousa como eles quixeran. Por ese lado a CUT fixo dúas reunións aquí no local de información. Se non se fixeron máis foi porque non se nos deu informacion desde outros sindicatos e entón non se puido convocar para falar de que facer ao día seguinte, porque non se tiña información, e tampouco se pode andar a cegas. Entón duarnte eses días repartimos catro follas voandeiras do sindicato informando da situación e tamén sobre a represión policial. Noutra pedíase un NON á sinatura do convenio.

EMBATE 8


Breogán Ruibal Como foi o comportamento da policía durante eses días? De entrada, o helicóptero da policía estaba por riba nosa todo o día. Despois cando nos espallábamos cara os nosos veículos o helicóptero seguía á xente e intentaban localizar o que eles chaman os "radicales", que non deixa de ser un obreiro que está a defender o seu pan. Sempre estiveron moi irascíbeis. Os primeiros días, como lles colleu de sorpresa a magnitude da folga, tanto a policía como o Concello miráronse impotentes para levarnos polo seu rego. Logo, xa se miraba no segundo e no terceiro día que as furgonetas aparcaban ao lado de onde iamos pasar, corpo con corpo, cunha actitude provocadora, sempre con casco e coa escopeta de pelotas de goma na man. Cando se sacaron as follas voandeiras sacouse unha, pedindo desde a CUT o NON á sinatura do convenio e a demisión do Subdelegado do Goberno Delfín Fernández. A policía foi violenta, e se pode entender que as folgas son así. Os sindicatos maioritarios dicían que os que montaban o "lío" eran xente allea ao sector, pero todos sabemos que o sector é suficientemente combativo como para estar na rúa reivindicando sen contos. Estamos na rúa para durar cantos menos días mellor, para que se arranxe a situacíón e se nos dea un incremento salarial e algúns bens sociais. O terceiro día a cousa era xa moi embotelladora. Os sindicatos leváronnos, o día da carga, camiño do Concello, e eles posibelmente saberían xa que ía haber unha carga policial porque a onde nos dirixíamos realmente era cara a RENFE. Era un dos días que máis xente se convocara. Dirixíamonos cara RENFE, algúns compañeiros puxéronse na entrada da RENFE coas mans en alto e os policías estaban xa cunha actitude provocadora en todo momento. Según teño entendido por un compañeiro meu que levou un moquetazo nunha cella e agora mesmo ten sete puntos, denunciou a carga policial e mandáronlle unha carta dicindo que efectivamente a carga policial fora inxustificada pero que quedaba arquivada. Eu vivín persoalmente a carga policial e podo dicir que isto parecía o Iraq cos norteamericanos tomando a cidade. Os policías chegaron a facer dano á xente que baixaba dos autobuses, a obreiros da construción que se estaban a mudar nas súas casetas, entraron nos bares… A min e a outro compañeiro colléronnos no bar do Concello cando estabamos intentando reagruparnos para decidir que se ía facer. Chegaron alí a pelotazo limpo contra a cristaleira... Ese mesmo día, se ías pola rúa, abordábanche, abrían a porta lateral e che disparabn a bocaxarro. Non tiraban as pelotas de goma ao aire, senón que disparaban ao corpo. Non xornais e nos sindicatos maioritarios dixeron que foran 26 feridos, pero eu podo asegurar que foron 60 ou mais. Porque eu mirei moitos pelotazos nos brazos e no peito. Gastaron muita metralla cos obreiros das filiais do sector naval. Referente aos detidos, decidíuse ir cara o xulgado para sacalos pero tivemos que estar na porta agardando a que sairan con cargos. Por parte da CUT, estivemos presentes e agardmos até o último momento a que saíra até o último compañeiro detido, aínda que por desgraza foi con cargos, carhos que terán que demostrar. E por suposto, solidarízamosnos coa causa dos compañeiros represaliados.

Como valora a CUT o resultado da votación final? Ben, pois a votación foi catastrófica. Mirábase de entrada que ía gañar o NON. De feito, un compañeiro próximo á CUT falou e defendeu unha boa causa para os 15.000 traballadores que estaban alí, pedíu un NON. Os sindicatos maioritarios pedían un SI, pero se mirou que había un bloque grande de NON. Pero xase sabe que mentras non saian os resultados que queiran os sindicatos maioritarios, séguese a votar, até que a cousa quede clara para eles. Fíxose a man alzada e dixeron que os estudantes non votaran, como é lóxico. Foron estudantes a apoiar a causa do metal e xente tamén doutros sectores. Pero os sindicatos maioritarios trouxeron compañeiros e delegados de Santiago ou doutros lugares, e eles sí que votaron para o SI. Do meu punto de vista ese tipo de votacións debense facer dun xeito asembleario. Pero debido á imposibilidade de contabilizar deberíase utilizar unha urna e que cada un vote coa súa nómina: "eu traballo aquí, estou de alta, eu voto". Traballadores ou incluso ex-traballadores, porque eu creo que anque un estea parado ou no desemprego, é do metal igual, sentímonos do metal. O metal é unha boa escola para defender uns valores cara a clase obreira, porque a xente é moi reivindicativa e o vive moito.

Cal foi o papel de mocidade do sector? Activa 100% e sempre diante da causa, plantándolle cara á situacuón, boa ou mala. A mocidade traballadora está activa, deixou de ser o que se dí dela, e estamos orgullosos da xuventude e o do resto. Pero a xuventude xogou un papel esencial, anque non se soubo aproveitar.

Para ir rematando, que conclusión sacas da loita? Que non se pode estragar algo como isto. E estragouse. Todo por culpa de Citroën, que tiña convocada unha folga para o día que se asinou o convenio, e se asinou con nocturnidade e alevosía.

Estaba Citroën coa auga ao pescozo? Non, coa auga ao pescozo estaban os tres sindicatos maioritarios, porque a situación se lles foi das mans. Eles estaban coa auga ao pescozo, porque de non ser así igual non poderían amosar que eran capaces de mobilizar Citroën, porque sabemos que é moi difícil, sobre todo, polo sindicalismo amarillista que teñen insatalado nos seo da fábrica.

Moitas grazas compañeiro. Un saúdo do EMBATE e boa sorte coa nova Coordenadora.

EMBATE 9


OS "LÍMITES CONSTITUCIONAIS" SEGUNDO

vXABIER X. XARDÓN

O DISCURSO ESPAÑOLISTA A moitos oradores de casino éncheselles sempre a boca ao falaren de dereitos humanos, de non discriminación, de igualdade e de tantos outros conceptos aos que se adhiren para arrodearse dunha auréola de progresismo, coma quen se peitea un chisco antes da foto para saír máis guapo. Mais cóntanse cos dedos os que realmente comprenden a importancia e as dimensións que alcanzan os termos que eles baleiran de significado até tornalos inútiles, desgastados, sen contido. O caso dos dereitos lingüísticos é certamente paradigmático. Aquí en Galiza, sen ir máis lonxe, hai moitos que afirman sen pudor ningún e coma se fixesen un favor, que están de acordo en que se defenda e fomente "el gallego", pero que a eles "ni tocarlos". Inda non sei se deberiamos darlles as grazas ou facerlles un monumento ás causas perdidas. Esquecen, malpocados, que para que alguén poida gozar de dereitos lingüísticos é preciso garantir que eses dereitos non sexan nunca vulnerados. Así que todos os galegos e galegas (isto é, todos os que residen en Galiza) teñen o deber de garantir esa situación de igualdade real mediante o coñecemento do idioma que nos é, a todas e a todos, propio. E vai sendo moito horas de proclamarmos os galegofalantes que estamos fartos de pedir que se nos respecte, e de ter que axuntar un feixe de razóns (cando moitas veces o que se nos esixen son pouco menos que desculpas) e verdades evidentes que moitos calan, para sermos dunha vez persoas normais que viven no seu país e falan a súa lingua sen lle ter que dar contas a ninguén, nin de dentro nin de fóra. Non hai que ser moi agudo para decatarse de que por tras de calquera argumento anti-normalización paira a sombra dos prexuízos que inda nestas alturas arrastra boa parte da sociedade galega, cando non un sentimento de inferioridade por parte de moitos galegofalantes que, anestesiados ante o réxime "bilingüístico" surreal que durante vinte anos lles venderon e inculcaron, aceptan a discriminación coma a cousa máis natural do mundo e padecen, inda a estas alturas, un serio síndrome de Estocolmo quase crónico.

EMBATE 10

Cómpre dicir, xa que sae o tema, que o señor Fraga debeu ficar abraiado despois de ver o rotundo fracaso do seu proxecto bilingüe, non só porque a el se lle debe o récor de perda de falantes para o galego,

senón que ademais o ideal folclorista do fifty-fyfty non se atopa por ningures no estudo sociolingüístico que tanto teimou en agochar, e que vén de reflectir a tendencia crecente nos últimos anos cara ao monolingüísmo en galego e en español. Do que se deduce que en Galiza ou se está a prol da normalización plena ou da imposición progresiva da lingua foránea e alleante; ou se é progresista a serio ou se é un falabarato, pero non valen termos medios. Mais volvéndomos ao rego, calquera que non for coñecedor da lista de prexuízos lingüísticos que campan polas rúas do país (repito, inda a estas alturas...) non entendería cómo alguén se pode sentir ofendido por ter que aprender a lingua do seu pobo e do territorio no que vive, e moito menos cando os que se negan a aceptala como deber se criaron falándoa e escoitándoa ou, nos casos de substitución lingüística máis precoces, cando é a lingua natural dos seus pais e/ou dos seus avós. De onde había nacer a negativa de aceptar a situación lingüística de Galiza (con case o 100% de competencia e taxas de falantes monolingües ou maioritariamente en galego por riba do 60% malia os recortes fraguianos) senón dos propios prexuízos que tristemente nos singularizan? Eles son os anormais, por non quereren a normalidade para o que é seu tamén, ancorados no discurso máis ou menos maqueado da imposición do español como lingua dominante, e sacando a colación argumentos coma o de que o español tamén é lingua propia de Galiza, rango que nin sequera o constitucionalismo español ousou outorgarlle: Certo que o español é a lingua oficial de todo o territorio do estado, pero certo é tamén que no Estatuto actual só o galego fica contemplado como "propio" de Galiza, alén de "oficial". E isto foi posible porque o carácter oficial do español e o alcance desa oficialidade fica estipulado na propia constitución, mentres que o recoñecemento e rango das demais linguas pasan a ser competencia dos gobernos autónomos e terán de ser fixados nos Estatutos de Autonomía. Así, o artigo 3 da Constitución do 78 foi concibido como o punto de partida da regulamentación sobre lingua, delegando nas Comunidades Autónomas a capacidade de regular os estatus das linguas respectivas, así como de lexislar en materia lingüística coas miras postas na defensa e difusión das mesmas. E nada se di, xa que logo, de prohibición algunha de ofrecerlle ao galego, catalán e euskera o rango de linguas obrigatorias á par do español. Moi ao contrario, se non se estableceu xa daquela o deber de coñecemento para as demais


linguas do Estado foi por considerar que tiñan que ser as comunidades respectivas as que valorasen a viabilidade práctica de obrigar o coñecemento de linguas nas que a maioría dos falantes eran, na altura, analfabetos. O que aconteceu no caso galego foi que se recolleu a igualdade das dúas linguas oficiais, mais coa suficiente ambigüidade como para que o Tribunal Constitucional recorrese a Lei de Normalización do Idioma Galego de 1983, na cal xa se establecía o carácter obrigatorio da lingua propia (velaquí o antecedente obrigatorio en materia lingüística para a reforma estatutaria que se vén de abrir). O argumento foi que dito deber era anticonstitucional en canto que non aparecía recollido no texto estatutario, mais nada se dixo de incompatibilidades co artigo 3 da Constitución, como recordaba o nada sospeitoso de nacionalista galego Alfredo Pérez Rubalcaba nunha entrevista concedida a El País o 5 de febreiro deste ano.

Velaquí a oportunidade que se abre coa reforma do Estatuto en materia lingüística, a falta dun marco de pleno autogoberno do pobo galego. Só fica por ver se a actual clase política galega estará á altura dun reto tan importante e de tal transcendencia para Galiza, ou se ao final se vai impor outra vez a lei da ideoloxía dominante castrapeiro-españolista e nos deixan a todos coa verdade na boca e os dereitos no tinteiro. E é que cousiñas coma esta cómpre aclaralas ben antes de enfrontar un debate serio sobre a reforma do Estatuto para que nin boinas, nin birretes, nin pseudoprogres "socialistas" poidan esbardallar ao seu antollo argumentos que caen polo propio peso, en contra da igualdade que o pobo galego ten que reclamar sen reservas para abrir camiño de xeito decidido á normalización plena da única lingua de noso. E, por que non, por ver se algúns deixan o cinismo de lado e dunha vez se desenmascaran ideoloxías, actitudes, vergoñas e prexuízos varios. Porque, á fin e ao resto, ao electorado galego non se gaña en español...

12 de agosto de 1975

O independentista galego Xosé Ramón Reboiras cae

en combate contra as forzas da

policía española en Ferrol. Tiña

25 anos. Hoxe, 31 anos despois, a mocidade revolucionaria galega NON ESQUECE.

y

A LOITA CONTINUA ! 12 de agosto de 2006 EMBATE 11


MÚSICA ESCRAVA Quen recibe unha idea de min, recibe instrución sen diminuír a miña; igual que quen acende a súa vela coa miña, recibe luz sen que eu quede a escuras. Thomas Jefferson Hoxe en día cando se fala de cultura fálase de creación e de industria, unha cousa sen a outra xa non existe. Carmen Calvo "A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) é unha entidade española de xestión colectiva dedicada á defensa dos dereitos de autor dos seus socios/as, entre os que se contan toda clase de artistas e empresarios/as do negocio da cultura. Segundo os seus estatutos, é unha organización "sen ánimo de lucro" que xestiona o cobro e a distribución dos dereitos de autor dos autores e á vez vela polos intereses dos editores. O actual presidente do seu consello de dirección é Teddy Bautista." .-Definición da SGAE da WIKIPEDIA. Para a SGAE "todo ten un prezo", "a música é un produto, igual que un refresco ou unha bolsa de flocos", "compartir é malo", "se falas vas a xuízo", "todo ten un dono", "non cantes, non respires, non olles, tan só consume". O surrealista mundo da SGAE e similares propón a dexeneración completa da música. Devaluala cara ao concepto de produto, eliminando as suas connotacións culturais e a súa aura de ben social. Aplicándolle o concepto do kleenex crea música de usar e tirar, facilmente creable e esquecible, para ter unha novidade perene e perpetua. Segundo un artigo reproducido sen rubor nesa web, "facer unha copia dun CD para darlla a outra persoa (a un amigo) ou mandarlle as cancións por e-mail si é unha práctica penalmente perseguible. [...] Asemade, tampouco está permitido difundir a música sen permiso do autor. Poderia castigarse penalmente, por exemplo, por CD´s grabados nunha festa". Como se pode percebir, non se refire a unha festa que teña necesariamente un fin lucrativo, se non que a túa festa de aniversario podería servir para asignarte unha cela a pensión completa.- (Referindose á web de ACAM - "Cópia este Libro" por David Bravo). Pero son precisamente entes como a S.G.A.E. as que fan posible a súa propia alternativa. De igual forma que grazas ao mal entendemos o ben, grazas aos que intentan evitalo coñecemos outra forma de facer música. Os inícios da música libre. A música libre non é algo novidoso, a música naceu libre pero foi escravizada, hoxe a idea é volver a liberala. Toda canción, toda melodía ten un autor/a, un creador/a. Pero como concepto, non ten dono, sería como patentar o aire, inviable, impensable, imposible. Se a música naceu libre, pode volver a selo , e debe volver a selo. Comezou antes das Sociedades de Xestión e continuará moito despois de que estas caian. Actualmente estase a librar unha guerra pola liberdade da música, por romper unhas cadeas de ouro que favorecen só aos catro que antes tiñan voz. Hoxe Internet deu voz a todo o mundo, todo o mundo pode falar e hai quen intentan impedilo. É moi difícil definir a arte; o que me gusta non ten por que lle gustar a outras persoas, as sociedades nos impoñen uns gustos que non temos por que ter, Operación Triunfo, Alejandro Sanz, etc. "A arte xamais debe intentar ser popular. O público é o que debe intentar ser artista."(Oscar Wilde).

EMBATE 12

Como non me gusta ese tipo de música (é máis, na miña definición de música nin sequera entran), busco alternativas pola rede. Moitos, comparan o meu ánimo de atopar a beleza co saqueo, o roubo. Ignorantes, mentireiros, ladróns.


A música está intentando voar. Desde Internet vese de forma tanxíbel a axitación que provoca. Centos de artistas liberan a súa arte; centos de cancións escravas fanse libres polo P2P; os seus secuestradores usan o escudo que deberían protexer aos inocentes, a xustiza, como espada, ameazan cravarlla a todo aquel que se achegue ao seu tesouro, con ollos centelleantes de ira porque resulta que o que crían seu, é de todos. Cada noticia recorre miles de quilómetros a golpe de rato: o furto de mais de 500 euros a uns rapaces que facían teatro (SEN COBRAR); a violación da intimidade dunha voda para proceder logo a estender unha fermosa factura; o afundimento da carreira dun home tan só por dicir que existía o P2P en voz alta; páxinas de humor pechadas por ironizar por algo que é demasiado serio como para ser pronunciado... Por non falar do cobro dos concertos benéficos de recadación de fondos para axudar na crise do Prestige. A xente golpea as cadeas, os seus donos petan aos libertadores, heroes anónimos do presente que forxan a cultura do mañá. As respostas das sociedades de Xestión son varias: - A mentira repetida mil veces para que soe a unha verdade, poñen o berro no ceo cando se interpretan de formas distintas as siglas S.G.A.E. ou cando se lles compara con outro tipo de sociedades organizadas, pero eles aproveitan a menor oportunidade para calificarnos de piratas ("Persoa que, xunto con outras de igual condición, se dedica a abordaxe de barcos no mar para roubar" ou "Persoa cruel e despiadada"). É curioso que unhas persoas que exixiron (segundo eles por erro) a un grupo de rapaces discapacitados, que interpretaban temas protexidos sen ánimo de lucro, medio millar de euros, se crean co dereito moral de chamar a alguen "persoa cruel e despiadada". - O roubo descarado a toda a cidadanía: cando nós mercamos un CD, independentemente do uso, témoslle que pagar unha porcentaxe* (por se acaso o usamos para "piratear") independentemente do uso que vaiamos facer con eles, é dicir, as nosas fotos, o noso traballo, as nosas copias de seguridade... pagámoslles por todo iso. Eles crean esas leis, xúlgannos e executan a sua propia sentenza, unha sentenza que condena á cultura, garantida por unha Constitución (a española) que eles mesmos prefiren ignorar. Tal sentenza prodúcese sen xuízo previo, sen dereito a un avogado e saltándose de paso outro punto da citada Constitución que estabelece que todo cidadán é inocente até que se demostre o contrario. Como logrou unha organización sen ánimo de lucro un poder tal de unir en si mesma os tres poderes e de poder interpretar a constitución de forma surrealista? Como di David Bravo "Os dereitos son como os músculos, se non se exercitan atrofianse" e son precisamente esas reaccións violentas das entidades as que, como punzantes maniotas, nos confirman que levábamos moito tempo sen defender o que non é de ninguén, demasiado, e moitas mans abalanzáronse sobre iso para lle pór un dono, pero tamén indican que aínda que o proceso será doloroso, é beneficioso.

*Canon: O canon é unha cantidade económica porcentual que pode superar o 50% do valor do suporte marcado, e dito ingreso realízao a SGAE para o repartir como considere oportuno. Teoricamente repárteo aos autores dos dereitos das obras (pero a un servidor non lle pagaron os seus dereitos polas fotos que fixo en verán e iso que si que lle cobraron dita taxa). O canon non só o pagan os cidadáns, se non tamén institutos, hospitais e calquera persoa física ou xurídica que merque os suportes gravados por el independentemente do uso.

EMBATE 13


Tameiga-Mos

GRÁFICAS PLANETA · Pedraucha 9 ·

EMBATE 14

embate@adiantegz.org Compostela

EMBORA · Rúa Tras Fiz de Solovio, 2·

O TUTO DE MORA · Entrecercas, 52 ·

Compostela

CASA DAS CRECHAS · Vía Sacra, 3 · Compostela

Compostela

ESPADELA ARTESANATO · Rúa do Vilar, 58-B

LIBRERIA MENDINHO · Avda. Castelao, 7 · Vigo

LIBRARIA ANDEL · Rúa Pintor Lugrís, 10 · Vigo

A VACA LÁCTEA· Rúa Algalia de Arriba, 4·

A POLA NA POLA · Rúa Cervantes, 19 · Vigo

Compostela

A TULLA · Entrerrúas, 1· Compostela ANIL PERRUQUEIROS· Praza de Feixóo, nº 3 Compostela

O BARDO · Cervantes 5, Baixo · Vigo

PUBLICIDADE


TRAPALLADA, O peor de cada casa

MU SI CA

Desde o lexendario barrio que xa vira nacer aos Diplomáticos chéganos agora os TRAPALLADA cunha perfecta combinación de punk e ska con algún que outro toque xamaicano, letras en galego e compromiso co país. Preséntannos unha maqueta autoproducida por eles mesmos en formato CD con 7 temas dos que destacariamos Revóltate e Palestina que contan cunha moi interesante sección de ventos a cargo de xente de Skarnio e dos Tres Trebóns, tamén cómpre destacar o tema Outra vez, que fala dunha das situacións que máis nos afectan como é a precariedade laboral, ou a canción que dá comezo ao CD Galiza baila ska. A maqueta podedes conseguila polos locais da Coruña e nos seus concertos: se tedes a oportunidade acudide a velos en directo que de seguro non van defraudarvos. Desde o EMBATE estamos convencid@s de que sen dúbida atopámonos ante unha das promesas do actual panorama musical galego. Sorte e adiante, Galiza baila ska !!!

(

Máis información na súa web: www.trapallada.tk

libros

A violencia excedente

Francisco Sampedro, ed. Laiovento, 2006

A paz, o pacifismo, a violencia… son palabras moitas veces escoitadas no tempo no que vivimos. Por iso é máis que nunca necesario un estudo sobre a significación delas, Francisco Sampedro, cun rigor analítico excelente, aborda o tema da violencia. Pero a violencia non é un todo igual, e por iso o autor céntrase na agresividade desproporcionada e irracional que excede. O texto é froito dunha conferencia pronunciada polo autor na Universidade de Boloña sobre a paz, e contribúe a construír, desde Galiza, perspectivas para a macroanálise da realidade mundial, sempre entrando dentro do que coñecemos como "literatura de combate". Pois A Violencia Excedente, publicado por Laiovento, non é só un libro de filosofía, senón que a política é tamén o centro.

Contra Maquieiro

X. L. Méndez Ferrín, ed. Xerais, 2006

Un canto desde a emoción á razón. É ese o sentir que Méndez Ferrín transmite no seu novo poemario Contra Maquieiro. Publicado neste mesmo ano por Edicións Xerais, Ferrín dá, a través dos seus poemas, unha volta ao século XX. Os seus simbolismos e a súa capacidade expresiva lévannos da man a un século marcado por guerras e pola voráxine absoluta do monstro do capital, o maquieiro do noso século. Mediante lembranzas emocionadas, a través do sentimento que producen os acontecementos, e vivindo cada palabra, o escritor invoca o retorno da razón ao mundo, onde cada vez queda menos. É así como Ferrín se posiciona, unha vez máis, contra o capitalismo, amosando toda a riqueza expresiva que o caracteriza.

www.venezuelaenvideos.com

www

Nesta web poderás ver e descargar grande cantidade de vídeos da Revolución Bolivariana que está en marcha en Venezuela. Un moi bo xeito de ir rompendo o cerco mediático do Imperio e coñecer de primeira man a realidade dese país irmán e do seu proceso revolucionario nacional-popular.

EMBATE 15


l GZ


EMBATE 4  

Voceiro nacional de Adiante

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you