Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

Page 18

Iñaki Gil de San Vicentee

debate e decisión entre as fraccións burguesas, selectos e privados, apenas coñecidos a maioría deles, así como o máis recóndito dos alicerces do Estado, os seus esgotos e sumidoiros, son lugares nos que o neofascismo deambula ás súas anchas, especialmente entre as forzas represivas. Frecuentemente, resulta moi difícil distinguir nestes lugares o neofascismo do fascismo, porque son o mesmos nos actos cotiáns que a prensa burguesa non publicita, xurdindo as diferenzas só canto os dirixentes máis lúcidos ou menos obtusos deciden seguir camuflados baixo a protección da democracia real e privada da burguesía, e até seguir baixo o paraugas protector da democracia “formal”. 36. O sensacionalismo da prensa burguesa axuda a falsear ou ocultar estas realidades ao centrar a atención da xente atónica no tópico dos grupos fascistas con toda a súa parafernalia de xestos, posturas, vestimentas, rituais e violencias machistas e racistas. Todo isto é certo e debe ser coñecido, requisito imprescindíbel para ser combatido nas rúas mediante a mobilización social ofensiva. Pero a trampa radica en que se só se ve esta parte do problema, a punta de iceberg, se ignora a estrutura do fascismo e do neofascismo imbricada con máis forza do que sospeitamos dentro do cerebro do capitalismo, dentro desas organizacións privadas, clubes, fundacións burguesas, dentro do Estado, etc. 37. Un exemplo respecto diso témolo na proliferación de “empresas de seguridade” en mans de sectores fascistas da burguesía española, sectores que non dubidan en endurecer a represión e en recortar os dereitos, mentres xuran e prometen ser “demócratas” de toda a vida, á espera de mostrarse tal cal son. Moitos fascistas de base, carne de canón, foron formados nesas empresas ou en institucións do Estado, e dominan áreas importantes do negocio da diversión, o pracer e a noite. Existen investigacións clásicas sobre a formación das primeiras bandas armadas protofascistas formadas por xentes do lumpen proletariado, do precariado, da pequena burguesía arruinada, de soldados desmovilizados, dos baixos fondos e das mafias, etc., pero organizadas, disciplinadas e mandadas por respectábeis organizacións burguesas cunha visión moi clara de que grao de terror letal aleatorio tiñan que aplicar en determinados momentos, case sempre en conexión coa centralidade represiva do Estado. Logo, sobre esta experiencia e integrando a moitos destes grupos, aparecería o fascismo. 38. Mais polo xeral, a diferenza do fascismo clásico, que esmaga todo a golpes, o neofascismo busca moverse dentro da normalidade o tempo que sexa posíbel. Mentres que o fascismo vangloriábase da represión, o neofascismo busca protexerse na democracia “formal” mentres non sexa

|18|


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.