Page 1

abril-maio-xuno 2007

numero 6

EMBATE

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)


EMBATE 2

Tameiga-Mos

GRÁFICAS PLANETA · Pedraucha 9 ·

embate@adiantegz.org

ALJAMA · Ribadavia

LIBRERIA MENDINHO · Avda. Castelao, 7 · Vigo

LIBRARIA ANDEL · Rúa Pintor Lugrís, 10 · Vigo

CASA DAS CRECHAS · Vía Sacra, 3 · Compostela Compostela

Compostela

ANIL PERRUQUEIROS· Praza de Feixóo, nº 3

O BARDO · Cervantes 5, Baixo · Vigo

EMBORA · Rúa Tras Fiz de Solovio, 2·

Compostela

ESPADELA ARTESANATO · Rúa do Vilar, 58-B

A POLA NA POLA · Rúa Cervantes, 19 · Vigo

A TULLA · Entrerrúas, 1· Compostela

PUBLICIDADE


Editorial Non van ser os próximos anos bos tempos para o pobo traballador galego, se é que o foron algunha vez. Os principais indicadores sociais e económicos elaborados nos distintos servizos de estatística do inimigo así o confirman e as tendencias que prevén deseñan un panorama desolador cara o horizonte (non tan afastado) do 2020. As bases materiais da nación están en serio perigo. E mentres resistimos. Resistimos @s que podemos, onde podemos, precarizad@s, rodead@s, na paciencia revolucionaria do día a día, saturad@s, asfixiad@s, moitas veces reprimid@s. E porén resistimos. Resistimos organizándonos nos sindicatos nacionais e de clase ou mesmo na clandestinidade reticular no interior dos centros de traballo. Intentamos resistir defendendo o que queda dun sistema público de educación, cada vez máis atacado polas directivas das oligarquías organizadas na Europa dos mercaderes. E, como sempre, non deixamos de reclamar unha escola nacional e popular, alicerce de pedagoxías liberadoras. Resistimos creativamente erguendo asociacións culturais e centros sociais, pequenos espazos liberados, que devagar vanse espallando por toda a xeografía nacional. Ou facendo frente na batalla mediática coas nosas dispersas forzas, desde distintas barricadas, con distintas voces. Ou as mozas que porque si, porque nos peta, queremos vivir libres. Libres nunha Galiza liberada. Ou, sempre, na defensa da terra porque Galiza nin se compra nin se vende. Resistimos organizando candidaturas populares nos concellos que con ser poucas, apenas en tres concellos ou, o que é o mesmo, non chegan ao 1% dos concellos do conxunto da nación, indican o camiño a seguir. Desde ADIANTE tamén chamamos a ocupar os concellos en maio, a apoiar activamente as candidaturas populares de Vigo, Cangas ou Ponteareas. Resistimos, e contodo, desde ADIANTE cremos na necesidade de crear ferramentas políticas amplas e plurais, nacional-populares, que permitan á nosa xeración seguir empuxando cara a Galiza liberada, que, máis alá da utopía, é hoxe unha necesidade vital. Desde a base, desde a construción nacional no día a día, temos que elevarnos a maiores cuotas de organización. Cos obxectivos estratéxicos da Independencia Nacional e o Socialismo enriba da mesa, sen buscarlles agocho, e como principios básicos a Autodeterminación e o Poder Popular, deberiamos @s revolucionari@s galeg@s ir cara un congreso nacional-popular, no que todo sexa posíbel, sen condicións nin partidismos. Un congreso que represente o punto de partida dunha nova etapa do movemento soberanista. Só así poderiamos seguir turrando de Galiza coas suficientes garantías para que tamén aquí a primavera sexa algo máis que un anaco do calendario e que podamos desfrutar mil primaveras máis como galegas e galegos libres, soberan@s, camiñando con alegría cara o socialismo do século XXI.

EMBATE

CONtidos

número 6 - abril, maio, xuño 2007 [páx.3] [páx. 4--6] [páx. 7]

Editorial A independencia de Escocia? Unha lección de democracia Que acontece coa Núria?

[páx. 8-9]

Loita contra a precariedade

[páx. 10-13]

Entrevista a Fuga em Rede

[páx. 14--17]

Referentes históricos da loita xuvenil - Ógra Shinn Féin

[páx. 18]

Do movemento de okupación

[páx. 19]

Música/libros/www

y Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y www.adiantegz.org embate@adiantegz.org

y

EMBATE non ten por que compartir necesariamente a totalidade das opinións aquí expresadas

y Pódense reproducir os artigos citando a fonte

y Dep. Legal: C-1813-2005

EMBATE 3


A Independencia dE Escocia??Unha lección de democracia.

Un novo Estado na Europa occidental? BRAIS FIDALGO O 1º de maio deste ano 2007 a Acta de Unión entre Escocia e Inglaterra cumprirá 300 anos. Nas eleccións do 3 de maio, o Partido Nacional Escocés (SNP) pode chegar a converterse no partido máis votado de Escocia (segundo o xornal inglés e conservador The Times, o SNP conseguiría 45 escanos fronte aos 42 dos laboristas de Escocia, dun total de 129), dominando o parlamento de Hollyrood en Edinburgh (restituído desde 1998). Aínda que a priori parece que o sistema proporcional vaille impedir obter unha maioría EMBATE 4

absoluta de escanos, pretende convocar un referendo democrático sobre a vontade dos e das cidadás de Escocia de elixir o seu futuro, isto é, a independencia da nación escocesa ou a súa continuidade no Reino Unido xunto con Inglaterra, Gales e o Ulster irlandés. Ademais, o SNP non estará só; respáldano os Partidos Socialista, Verde e Solidarity, tamén independentistas. O nacionalismo escocés (Socialistas, Verdes, e tamén o SNP) caracterízase polas súas posicións progresistas e de intervención pública a través de políticas sociais. Ademais, posiciónase contra a invasión de Iraq e as centrais nucleares, apostando por unha Escocia ecolóxica e socialmente máis xusta. O nacionalismo de esquerda, representado polo SSP (Partido Socialista Escocés) e agora o novo partido Solidarity (constituído a partires dunha escisión do SSP no transcurso de 2006 feita polo anterior líder Tom Sheridan, debido a un escándalo na súa vida privada) defende tamén o dereito democrático de todas as


nacións á autodeterminación, entendida coma a construción dunha estrutura política (Estado) encargada de facer políticas públicas para as clases populares e traballadoras escocesas. No seu programa o SSP propón o referendo sobre a independencia para finais deste mesmo ano, reclamando a oportunidade de ouro que se lle presenta os favorábeis do SI, e acusando ao SNP de cometer un erro histórico para Escocia se non o fai así. Por outra banda, Alex Salmond, líder dos nacionalistas e o SNP, conta non só co poder que lle outorgan as enquisas como gañador para arrancar coa campaña electoral, senón tamén co apoio financeiro das empresas máis importantes de Escocia como o Royal Bank of Scotland (que é a terceira entidade máis importante do mundo) e o seu director, e con estrelas da grande pantalla que fan ao SNP e á súa causa moi popular, coma Sean Connery.

Programa do SNP:

u Referendo 2010. uComida gratis nas escolas aos nenos/as de ata 5 anos o primeiro ano, feito que se espallaría e a todas as idades no futuro. uArranxo de infraestruturas (en concreto estradas) uRetirada de todas as plantas nucleares de Escocia e oposición ao gasto público neste senso, que sería substituído por enerxías renovábeis. uAumento de impostos nos salarios substituíndo o alto imposto dos concellos sobre os inquilinos das vivendas. u1000 políticas públicas máis, entre elas unha grande maioría de carácter social, algunhas tamén preparatorias para o referendo e a autonomía de Escocia.

Escocia conta cun importante recurso que a fai da, pero si a existencia dunha consulta popular coñecida en Europa e que é unha arma irresistible que lle vai permitir a máis de cinco millóns de que o independentismo escocés non pode obviar: cidadáns de Escocia expresar a súa vontade demoo petróleo do mar do Norte que foi descuberto crática sobre o seu futuro, como pobo que pode nos anos 70 e que decidir. levanta unha importanOs inquéritos que se “ O SSP propón o referendo sobre a tísima industria no manexan falan dun 52% Reino Unido ao non de apoio á independencia independencia para finais de ano” ter que depender de no caso da convocatoria importacións deste do referendo, e dun 35% tipo. de apoio á continuidade no Reino Unido. A independencia, a pesares de que o nacionalismo (sinónimo de independentismo no caso escocés) gañe as eleccións do 3 de maio, non está garanti-

A estrutura territorial do Reino Unido foi sempre a dun Estado unitario, non nos enganemos, non existindo, até datas recentes, ningún nivel de EMBATE 5


goberno entre o poder central e local. Aínda así, tas Comunidades Autónomas e sendo o Reino os entes locais sempre gozaron de amplas compe- Unido un Estado fortemente centralizado en Londres. tencias, desenvolvidas aínda máis como conse- “Esta posibilidade de consulta popular b)Desde o sociocuencia da expansión no século XX do "estado nas nacións sen soberanía do Estado político: de benestar", sendo Español sería un imposíbel” As enquisas feitas na estas as encargadas de propia Inglaterra, non só en implementar numerosas políticas Escocia, móstrannos tamén públicas. unha maioría de opcións favorábeis á independencia Esta posibilidade de consulta dos seus veciños do norte. popular nas nacións sen Así, de acordo coa enquisa soberanía do Estado feita pola empresa ICM e Español sería un imposípublicada en The Sunday bel, e isto a pesares de ser Telegraph, o 48% dos inglepresuntamente un dos Estados ses estaría a favor da posibilicunha maior "descentralizadade de que Inglaterra se sepación" territorial da Europa. re de Escocia, Gales e o Ulster Cómpre aclarar irlandés. E o 59% dos e das ingleneste punto que sas aceptan a independencia de unha cousa é desEscocia, sendo rexeitada por centralización polísó 28%. Ademais, o 68% tica e outra descendos e das inglesas destralización administratiexarían que o seu país va, e unha cousa é un tivera un parlaEstado plurinacional e outra un Estado mento propio (do nacionalista; no caso do Reino da estilo que teñen España, as segundas das opcións son as Escocia, Gales e o paradigmáticas. Ulster), sendo o 25% as que non o Así, facendo unha análise comparaticonsideran necesava dos dous Estados dende diferenrio. tes eidos pódemolo visualizar mellor: a)Desde o políticoinstitucional: O Reino Unido é un Estado cunha forte compoñente plurinacional Así, Escocia, Gales e Irlanda do Norte (aínda que este caso é distinto ás outras dúas por ser parte da nación irlandesa) son denominadas nacións, e iso a pesares de dispor de moita menor autonomía administrativa que moi-

O máis sorprendente para as e os cidadáns das nacións sen estado que habitamos no Reino da España é que este debate se trata entre os políticos profesionais británicos, nas institucións, medios de comunicación e, en xeral, na opinión pública da illa, con total naturalidade, certa normalidade e sen dramatismos demagóxicos nin ruídos de sabres golpistas.

ORGANIZATE E LOITA! www.adiantegz.org EMBATE 6


Que acontece coa Núria? XENÍZAR V.G. Núria Pòrtulas é unha educadora social de 26 anos natural da vila catalá de Sarrià de Ter. A Núria leva secuestrada nunha cadea española dende o pasado 7 de Febreiro acusada baixo a chamada "lei anti-terrorista". A falsa imputación foi executada pola Área Central de Información dos Mossos d´Esquadra, dependentes dos membros de ICV-EUiA Joan Saura e Joan Boada, "comunistas" arrepentidos. Os "motivos" da súa detención serían, por unha banda, a presunta relación da Núria co activista Surroche, acusado da sabotaxe dos trens italianos que deportan emigrantes, e pola outra, os contidos da axenda persoal da rapariga, axenda na que se relatarían preparativos e contactos "terroristas". Así, con ese termo. Todo o mundo sabe que @s terroristas consideran coma tal ás súas accións e a si mesm@s. É todo demasiado absurdo… Pois iso, con tan grandes "evidencias", Núria foi secuestrada e incomunicada, o seu domicilio en Can Rusc (Casa Colmea) e o dos seus parentes foron literalmente saqueados, e o seu barrio foi ocupado baixo unha especie de estado de excepción por ducias de carros "anti-disturbios" (ten coña o nome). O propio xuíz Pedraz, do tribunal político "Audiencia Nacional" (antigo TOP franquista), perante a evidencia pola cagada da montaxe dos Mossos de Saura, retirou os cargos. Pero @s ex-comunistas (e non hai peor fascista que @ convers@…) convenceron ao xuíz de que "algo atoparían". Escadaloso. Primeiro deténse e despois procúranse as probas… O caso é que perante a claridade da pantochada toda a veciñanza da Núria e todos os colectivos e partidos (excepto ICV-EUiA e o PP) levan case dous meses botándose á rúa para exixir a inmediata liberación da súa compañeira, amiga, familiar, veciña,… Aquí, á Galiza, non chegou ningún tipo de información. Iso que agora "estamos en democracia" e isto "non é Cuba nin Venezuela", que dirían @s progre-fachas de PRISA. Pero se non chegou nada é, sobre todo, porque non convén descubrir estes grandes casos de represión. Porque o que está a acontecer coa Núria é un verdadeiro caso de represión política, dos de verdade. Non é esa "repressom" que padecen de cando en vez algún/has universitári@s en "vacacións revolucionarias" por iren tras a madeira para que @s leven a durmir ao caldeiro e seren as estrelas do internet ao día seguinte. Non. Este é un auténtico ataque, unha auténtica represalia, ao corazón e á esencia das persoas autenticamente antagonistas, loitadoras, críticas, con espírito transformador. O caso da Núria é tamén un aviso a esas/es compatriotas nos@s que se fan pallas pensando na inminente creación dunha policía "galega" por parte do bipartido PsoE-BNG. Os ICV-EuiA eran até hai pouco asídu@s manifestantes contra a lei "anti-terrorista" e en contra dos abusos policiais. Pensamos que non vai a acontecer o mesmo co/as nos@s "amig@s" bloqueir@s rexindo un corpo cipaio nunha "Consellería de Interior"? Mudará algo cunha "Ertzainza galaica"? O caso da Núria é un de tantos… Tarde ou cedo Núria estará na casa. O seu secuestro é un xigante con pés de barro. E a Núria seguirá a traballar, de seguro, dende a base por unha Catalunya igualitaria nun mundo libre e sen clases. Pero namentres precisa de todo o noso alento. E despois precisaremos seguirmos en garda. Porque nun mundo que aínda é capitalista, seguirán as manipulacións, as montaxes, a chantaxe, a distorsión, a represión e o crime. Pero con solidariedade e firmeza de clase, co exemplo da Núria Pòrtulas, a nosa loita é imparábel. E o saben. NÚRIA PÒRTULAS OLIVERAS CENTRO PENITENCIARIO MADRID AP 200 COLMENAR VIEJO MÒDULO 12 28770 MADRID (CASTELA)

EMBATE 7


LOITA CONTRA A

Folga en P SABELA ROMERA compatibilidade cos estudos, un dereito que recolle o mesmo convenio laboral deste tipo de empresas, pouco a pouco deixa de respectarse atendendo, por exemplo, a necesidades de produción. A promoción e ascenso dentro da empresa é outro dos cebos publicitarios que chama a atención, @s moz@s que confían nesta posibilidade acostuman atoparse coa cruenta realidade: os contratos temporais. A promoción na empresa resulta complicada cando é difícil superar os seis meses traballando na mesma. Vai facer dous anos que un grupo de traballador@s de Compostela protagonizan unha intensa loita sindical a favor dos seu dereitos laborais. Falamos con Xosé Manuel Mahía Cotón, representante d@s traballador@s de Pizza Hut:

É xa coñecida por tod@s a práctica habitual do capitalismo por afogar á clase obreira. Unha práctica que ó longo do tempo, pouco a Cómo foron os teus comezos nesta loita? pouco, foise perfeccionando e especializando na Eu levaba traballando dez anos na empresa e un explotación por sectores de poboación. É o caso grupo de traballador@s decidimos asesorarnos dalgunhas multinacionais que invisten grandes no sindicado (a CIG) cando xa non aguatábamos cantidades de capital en campañas publicitarias máis. O primeiro paso que demos, e fundamenadicadas ao "reclutamento" da mocidade para así tal, foi elixir un representante sindical, cargo que conseguir man de ata entón ocupaba o obra dócil e barata. xerente da tenda. Nin A folga foi positiva, pero de todos os Desta maneira podeimaxinábamos o que se mos entender a prolinos viña enriba, a convoxeitos, seguimos na loita feración de grandes catoria de eleccións foi multinacionais colotomada pola empresa nialistas como McDonalds, Telepizza, Pizza Hut, como unha declaración de guerra en toda regra, Burguer King, e demais empresas da xa chamada até o punto de que a algúns compañeiros chegoucomida-lixo. lles a custar o despido. O auxe económico destas grandes multinacionais vése sustentado basicamente por dous piares: Houbo algún detonante que vos impulsaoferta dun produto, que obteñen a moi baixo ra a dar este paso? custe debido á nefasta calidade do mesmo; xunto O detonante foron as horas extras que facíamos e coa explotación do seu persoal - que non supera a non cobrabamos, ou que se nos dera tan só un día media de 27 anos de idade-. Dous factores que libre á semana, dos dous que nos correspondían xuntos resultan unha fórmula maxistral para ama- por convenio. Así de mal estaban as cousas. Así sar grandes cantidades de beneficios económicos. que cando fixemos as eleccións, a miña candidatuA oferta de media xornada laboral xunto coa ra foi votada por tod@s @s meus compañeir@s. compatibilidade cos estudos resulta un cebo moi A partires de aí comezamos un largo camiño que apetecíbel para a mocidade. Sen embargo a reali- se iniciou con sucesivas demandas á Inspección de dade dista moito destas campañas publicitarias. O Traballo, pero os avances eran lentos e a empresa, certo é que as medias xornadas acaban alongándo- lonxe de entrar en razón, cada vez radicalizaba se ata converterse en xornadas case completas e a máis a súa postura. O ambiente pouco a pouco

EMBATE 8


A PRECARIEDADE

Pizza Hut foise quentando, así que despois de varias asembleas decidimos que o único camiño era a folga. Cales eran as reivindicacións desa folga? Pedimos a retribución e compensación das horas extra, o cumprimento dos calendarios de vacacións, dous días libres á semana. Exiximos un mínimo dun 80% de contratacións indefinidas na plantilla, ter fins de semana libres… Como foi o comportamento por parte da empresa? E cal é a vosa valoración do resultado da folga? A empresa, sinxelamente, non o podía crer. O primeiro día que saímos á rúa todo o equipo de xerencia era "un alabar a dios". E a verdade e que isto beneficiounos. A situación resultoulles tan grave que aos catro días de folga o "ninguneo" inicial de “no tenemos absolutamente nada que hablar con vosotros”, converteuse na aceptación de todas e cada unha das nosas reivindicacións. Polo tanto, para nós a folga foi, por suposto, positiva. De todos xeitos, seguimos na loita. Tralo remate da folga e despois de seis meses de calma viñeron as represalias. Varios compañeiros foron sancionados, unha compañeira que traballaba nunha academia impartindo clases, perdeu o traballo porque non lle foron respectados os horarios do outro chollo, e eu mesmo fun despedido. Cal é agora a vosa situación? O meu despido foi declarado nulo pola xuíza e inmediatamente incorporeime ó meu posto de traballo nas mesmas condicións que tiña. A situación dos outr@s compañeir@s tamén se normalizou, iso si, pola vía xudicial. Dende a folga ata aquí moit@s compañeir@s foron marchando, pero inda resistimos uns cant@s. A verdade e que a empresa fixo unha forte e lucrativa campaña na nosa contra, e todo aquel que se nos achega é tachado de "radical" e a súa renovación periga. Por outro lado tamén o esquirolismo está á orde do día. Con todo, somos optimistas. Dende que comezou a loita ata o de agora a nosa situación laboral mellorou, e era iso o que pretendíamos, temos polo tanto razóns para ser optimistas. Saúde e boa sorte!

Sorte tamén para todos/as os/as mozos/as que dende empresas similares a esta ( e n C o m p o s t e l a Te l e p i z z a e Pizza Móvil estivéronse mobilizando recentemente), están a loitar organizados/as para demostrar que a mocidade non somos man de obra barata e mansa doada de controlar.

l o i t a m o s unid@s, venceremos loitando!! EMBATE 9


Entrevistamos a...

Aprendemos doutras luitas, mas para crear movimento aqui

Desta volta conversamos com umha jovem integrante do colectivo brigadista Fuga em Rede. Este grupo trabalha por espalhar na Galiza as aprendizagens colheitadas nas suas viagens internacionalistas a zonas em resistência como Chiapas ou Palestina. A nossa convidada relata-nos as suas impressões durante a sua estadia de meio ano nas comunidades indigenistas que luitam por criar espaços colectivos autónomos ao Governo do Estado Mexicano. Centra a sua crítica especialmente no fenómeno do "turismo político" que é practicado por certas/os mal-chamadas/os brigadistas.

EMBATE - Como se formou Fuga em Rede? FeR - Fuga em Rede jurdiu realmente da Corunha, dum grupo de gente do A Treu.Tinham ganhas de há tempo de fazer um colectivo de solidariedade internacional que criara também umha rede galaica. Figerom umha primeira viagem a Palestina três pessoas, e ai se lança Fuga em Rede. Forom-se plantejando todas as dimensões do projecto. Por um lado, a faze telemática, a web. Parece-nos importante o trabalho local, que todo o que fagamos se visualice. Porque, com todo, o que se pode debater e falar sobre se há muito ou pouco movimento antagonista na Galiza, eu creo que nom se EMBATE 10

vê. Entóm o plantejamento também era o de que isto se veja. Depois, a parte, também estám as brigadas, os projectos directamente de colaboraçom, que nom quere dizer que seja "turismo político". A história é que a gente já militante, com umha trajectória antagonista, entre a fazer parte de brigadas para que nós aprendamos delas/es para reverter logo aquí e que poidamos entrar em diversas colaborações. O projecto há pouco que comezou a andar. EMBATE - Traer isso e amossa-lo... FeR - Amossa-lo, sim. Nom só na web, senóm em palestras, nos centros sociais aqui. Amossar a realidade galega, à gente de a pé, e à gente do movi-


fuga em rede

mento também. Tiramos aprendizagens que nos figerom vêr as cousas ou incorporar jeitos de actuar ou dinámicas do movimento distintas das que conheciamos até agora. E a nossa ideia é também pôder brindar-lhe e compartir isso com todo o mundo.

galaico, que comprenda a toda Galiza mas descentralizadamente, porque cremos nesse modelo.

EMBATE - Conta-nos mais algo sobre a tua estadia em México. FeR - As pessoas que estivemos em México fomos previamente ao projecto de Fuga em Rede. EMBATE - Que trabalho fam as brigadas? Eu estivem um dia em Oaxaca, conhecim a gente FeR - A brigada do ano passado a Palestina era do circo, e depois estivem três meses em Chiapas para estabelecer contactos, basicamente. Porque vivindo numha comunidade e conhecendo o era a primeira vez Caracol.As que se ia. Entom comunidades Somos todo o contrário a umha ONG seleccionarom-se seriam umha aqueles projectos espécie de com os que se queria colaborar, a maoiria no aldeinhas no rural galego. Logo, diversos municíEstado de Israel, movimentos da sociedade civil pios autónomos e outras comunidades, que todaorganizada, alguns de apoio directo à causa via nom som completamente zapatistas mas nas palestina como Anarquistas contra o muro. que há um 50% de zapatistas (eu estivem, por Começarom sendo um movimento Queer, um exemplo, numha comunidade na que havia um movimento de libertaçom sexual. Rematarom 50% de zapatistas e um 50% de "perredistas" também por fazer um campamento contra o PRD é o partido de pseudo-esquerda-) formam muro da vergonha, vinculando-se aos campos um território englobado de todos estes municípalestinos. Desde elas/es até ISM (Movimento pios e estas comunidades híbridas, que estám conS o l i d a r i o glomeradas em Caracois. Internacional) , que se adicam à EMBATE - Caracois? Interessa-nos o trabalho nos acçom directa FeR - Os Caracois som nom-violenta. como umha espécie de centros sociais autogestionados E agora este ano centro social enorme no pretende-se seguir que representantes de a trabalhar com elas/es com vistas a poder fazer todas as comunidades vam, assembleiam-se e um trabalho de contínuo no que se supere o tomam decissões. A estrutura é mais descentrali"turismo político" e no que o movimento de zada, há decissões que se tomam directamente nas solidariedade seja mútuo. Nom ir a salvar-lhe a comunidades. Eu puidem vida a ninguém, porque sabem perfeitamente assistir a muitas assemcomo salva-la. Mas sim para compartir e apren- bleias de comunidader. des nas que há desde crianças EMBATE - Nom vos preocupa que se vos de três anos confunda com umha ONG? até velhas/os FeR - Somos todo o contrário a umha ONG. A de 90. questom é fazer as cousas bem para para que S e n t a m - s e nom se nos confunda com umha ONG. Ser coe- em círculo e rentes. alí se tomam as Desde que se botou a andar, queremos que se decissões mais nos vexa com qualidade galega, queremos que se pragmáticas ou as veja que se viaja e que se aprende doutras luitas, decissões de que promas para criar movimento aqui. E movimento postas de cada comunidade se

EMBATE 11


Referentes históricos internacionais da loita xuvenil revolucionaria EMBATE 12

vam levar à assembleia do Caracol. Há um total de cinco Caracois em todo Chiapas. Cobre um território bastante grande que inclue a zona dos altos, a zona da selva, etc,... e depois está o EZLN e o Comité Indígena, que som os que coordinam que entre esses cinco Caracois nom se produza um desenvolvimento desequilibrado. EMBATE - Que importancia tem a educaçom nos Caracois? FeR - Elas/es escapam da educaçom oficial e nos Caracois há escolas para formar a "promotores de educaçom", que assím se chamam. E o que fam é montar às suas próprias escolas, porque o governo federal mexicano aprénde-lhes a história desde que os espanhois "descobrirom" México. Nom conhezem nada do seu passado maia nem se lhes aprende a sua língua. Onde eu estava mui pouca gente sabia falar "castilla", que é como lhe chamam ali ao castelhano.A maioría falava tzotzil, que é umha língua milenária. A parte aplicam pedagogias visuais, já que mui poucas crianças sabiam "castilla". E nós si que nos ponhemos a aprender tzotzil, mas como comprenderás nom é como para que numha semana... nom é como umha língua latina.

“Pretendemos fazer um trabalho de contínuo no que se supere o turismo

político

EMBATE - Em México da-se mais o que chamas "turismo político"? FeR - Em Chiapas si. De feito conhecim alguns personagens que chegarom a dizer que como essa gente nom sabia quem era Lenine nom se podia dizer que eram políticos. A mim isto parece-me umha garrulada tremenda. Estamos a falar de gente que adica a sua vida à resistência e a construir umha vida alternativa,e, estejas de acordo ou nom, é legítimo. Ademais nom podes julgalas/os como se nom foram políticos porque teriam umha vida muito mais doada doutro jeito. EMBATE - Pretendem ir a aprender-lhes a elas/es... FeR - Pretendem ir de occidentais "sabe-lotodo" que lerom muitos livros e a maioría das/os que falam assim nom moverom um dedo na sua vida por mudar a sua realidade, e chegam ali a

México a julgar o que está a fazer essa gente, que obviamente som lavradoras/es, e que obviamente nom sabem quem é Nietzsche nem Lenine, pero que nom o precissam para mudar a sua realidade. EMBATE - Ocorre isto também em Palestina? FeR - Nom, porque se trabalha com gente de Israel, mais occidental em quanto à cultura. Tampouco me atrevo a ser categórica nesta resposta porque ainda nom estivem em Palestina. Entóm tampouco me atrevo a dizer se isso é distinto. Mas creio que sim, porque nom se trata de movimentos lavregos. EMBATE - Como som os os colectivos de Palestina e Israel? FeR - Eu agora vou ir a um campo de refugiados em Nablus. Ai está gestionado pola universidade. Mas o trabalho que se fai em Israel está mui relacionado com o movimento Queer, e é um movimento de acçom directa nom-violenta, que vai desde entrar numha casa ocupada militarmente polo Exército israelita, até exercer de intermediárias/os ou interceder polas/os palestinas/os no valado quando há umha cárrega. Quando as/os própias/os palestinas/os vam fazer umha acçom e vai haver umha agressom, consistiria em fazer de escudos humanos. Ao igual que em México havia umha funçom que era a de "observadoras/es internacionais", que no fundo era exercer de protecçom. EMBATE - Em Palestina nom se corre o perigo de levar hóstias por ambos lados? FeR - Já nom só em Palestina. Isto foi algo que se


reflexionou. O discurso que O discurso que se tenta manter desde Fuga se tenta manter desde Fuga em Rede pode chegar a ser mui polémico. Porque se em Rede pode chegar a ser mui polémico trabalhas desde a sociedade civil israelita e só pensas em dinámicas de branco Oaxaca pola situaçom que está a haver de represe preto, sem matiz de gris, pensam que nom estás som, e saimos. Forom acções na Corunha, a prol de Palestina, quando o trabalho realmente Compostela, Ourense e Vigo. se orienta a intentar ver umha saída do conflito Dependendo das posibilidades logísticas de cada que passe por ver à tua gente cum trabalho hori- sítio fíjo-se dum jeito ou doutro. Em Vigo e em zontal a prol dos povos e em contra dos estados. Compostela saímos com vídeos e figemos umha Isso também implica que antes que trabalhar cum projecçom repartindo flyers com texto. movimento palestino completamente vertical, se prefire trabalhar cum movimento israelita hori- EMBATE - Hai colectivos similares a Fuga zontal. E si que se corre o perigo de levar hóstias em Rede noutros países? FeR - Colectivos de solidariedade conhezo basde todos os lados. tantes. Em Itália há YA BASTA, em Barna o EMBATE - Que tedes pensado fazer proxi- Colectiu Zapatista, a travês do qual me fum eu a Chiapas; há plataformas de apoio ao povo palestimamente aqui no País? FeR - Temos projectada umha viagem ao norleste no em diversos sítios, mesmo Galiza por italiano. À volta de Itália vai-se intentar difundir Palestina, etc,… mas que reunam todas as dimenssões, nom conhezo a nengúm. Porque, por essa mensagem por palestras. Até hai pouco se fôrom difundindo tanto a viagem exemplo, o Colectiu Zapatista de Barna apoia a Palestina como a de Chiapas-Nicaragua; na exclusivamente à loita zapatista, e logo a nível Revolta, na Cova dos Ratos, na Formiga local apoia cousas coma a Plataforma contra a Guerra, mas nom tem umha vissom de projecto (Redondela),… local.

EMBATE - Trabalhades muito com os centros sociais… FeR - Basicamente pretende-se a difussom desta mensagem n o s centros sociais.

Figerom-se palestras na faculdade de CC´s Políticas em Compostela ou no local de Amarante em Ponte-Vedra. Hai veces que se abrem outros espaços que podem resultar interessantes. Mas antes nos interessa o trabalho nos centros sociais autogestionados. EMBATE - E na rua… FeR - E na rua mesmo. De feito figerom-se acções conjuntas descentralizadas o 22 de Dezembro, que era a acçom internacional global de apoio a

EMBATE - E vos coordinades também com colectivos doutros países? FeR - Sim. É um trabalho que estamos começando a fazer. Essa é a intençom, estabelecer contactos com distintos colectivos. Agora em Itália vaise a um Global Meeting que vai a haver, um encontro global e já há uns contactos previos estabelecidos. Pretende-se estabelecelos e que se dea umha relaçom mais forte entre nós e, por suposto,

que i s t o t e n h a umha continuidade. EMBATE 13


REFERENTES HISTÓRICOS INTERNACIONAIS DA LOITA XUVENIL REVOLUCIONARIA (II)

2 de Xuño de 2004 Ógra Shinn Féin é a sección xuvenil do Sinn Féin. Estamos entregadas/os ao establecemento dunha república democrática socialista de 32 condados. A nosa filosofía é que toda a xente que habita na illa de Irlanda teña o dereito a vivir nunha sociedade alicerzada no principio de igualdade.

MANIFESTO/PROGRAM

Participación en política A xente nova está interesada nos temas políticos, pero moitos pensan que os políticos non representan os seus intereses. Isto non significa que as/os nosas/os mozas/os sexan apolíticas/os. A boa vontade que teñen moitas/os mozas/os para participar na acción política reflectiuse nas protestas contra a guerra do Iraq, xa que as cifras de mozas/os manifestantes foron moi elevadas. Ógra Shinn Féin ten como obxectivo construír un movemento de xente nova que traballe cara unha sociedade moito máis equitativa. Estivemos a ampliar os nosos plans para conseguilo e agora hai mozas/os delegadas/os sindicais vencellados por todo o país, cinco delegadas/os rexionais da mocidade e un executivo nacional. As decisións que afectan ás/aos mozas/os tómaas o goberno e, que estas/es non estean representadas/os a ese nivel é discriminatorio. Teñen que vivir coas decisións do goberno, e este é o motivo polo cal deben tomar parte en ditas decisións. Cremos que é preciso que se dirixa un certo número de actividades á xente nova para lles dar unha participación xusta na sociedade irlandesa e rematar coa desilusión e a falla de dereitos que sinten moitas/os.

Respectar a nosa diversidade

Como dicíamos no número anterior, con cionamos amosar unha pequena mostra nacionais da mocidade anti-sistema na h

Todas/os as/os habitantes de Irlanda deben ter dereito á cidadanía irlandesa. Irlanda debe ser un facho de esperanza para as persoas oprimidas. Non se poden tolerar as leis racistas de inmigración; cómpre oporse a elas.

Tras a primeira entrega, adicada a Jarra Féin (OSF), mocidades do movemento r e máis importantes organizacións xuvení

Deben respectarse as variedades relixiosas, lingüísticas e políticas das/os irlandesas/es, así como as súas diferenzas étnicas. Non se debe fomentar ningunha idea de "irlandés/a" sobre outra. Isto ten unha importancia obvia para a poboación unionista do norte de Irlanda. Cómpre rexeitar o racismo e as sectas.

EMBATE 14

ÓGRA SHI

O texto consiste nun manifesto realizado motivo das eleccións de 2004 no que se xuventude da illa e as alternativas que o

É salientábel a firmeza da mocidade org mocidade irlandesa sen atender a fronte Eire coma dos condados ocupados polo


HINN FÉIN

A ELECTORAL DO 2004

esta nova sección da nosa revista tena dalgúns dos principais referentes interhistoria recente.

i, presentamos un texto de Ógra Shinn epublicano irlandés, outra das maiores ís da esquerda real europea.

o pola mocidade patriótica irlandesa con e analizan os principais problemas da ofrece OSF.

ganizada en OSF na defensa de TODA a eiras impostas, sexa da República de Reino Unido no Ulster.

Non aceptamos as estruturas patriarcais impostas sobre as mulleres, dentro e fóra do fogar, e comprometémonos a fomentar a igualdade de oportunidades en todas as áreas da vida para todas as mulleres irlandesas. As relacións homosexuais deben ter o mesmo status e a mesma lexitimidade perante a lei que o resto, e as parellas homosexuais deben ter os mesmos dereitos legais que as súas homólogas heterosexuais.

Rexeitar o Referendo É preciso rexeitar o referendo racista e reaccionario do goberno, que impón restricións na cidadanía irlandesa. O referendo viola o Acordo de Belfast e é unha traizón á Proclamación de 1916. Rexeitamos totalmente a opinión do goberno de que esta proposta non é necesaria ou desexada. Se isto ocorre, estímase que dous bebés que nazan na mesma sala de hospital o mesmo día, teñan diferentes dereitos constitucionais. A estes cativos negaráselles o mesmo status ou dereito. A Comisión de Dereitos Humanos descubriu que o ministro McDowell adoitaba apoiar o seu caso para un referendo que non estaba investigado nin analizado dun modo axeitado. Tamén se dixo que o goberno debía ter consultado con outros partidos do Acordo de Belfast o impacto do referendo no Acordo. Ógra Shinn Féin insta á gente a votar "NON" ao referendo racista, feble e mal concibido.

O goberno adoece de vontade política A actitude actual respecto ao traballo da mocidade di que debemos conformarnos co que temos e que debemos permitir qua a xente nova caia no esquecemento. O Goberno adoece de vontade política para tratar as principais desigualdades da sociedade irlandesa. Calcúlase que a decisión que tomou o Goberno o pasado ano de reducir o imposto de sociedades custaranos 350 millóns, nun estado que ten o imposto máis baixo de Europa. Por que se enchen as nosas prisións de xente nova, na súa maioría procedentes dunha clase social necesitada, sen títulos académicos e sen ingresos, mentres que ningún/ha evasor/a de impostos ou ningún/ha política/o corrupta/o está en prisión? A xente nova está farta dun sistema político corrupto que está pouco disposto a corrixirse EMBATE 15


pero que sempre quere encarcerar á mocidade, e que non pensa nas graves circunstancias económicas e sociais que son un enorme factor contributivo para o crime. Ógra Shinn Féin apoia o traballo vital que realizan os grupos de mozas/os por todo o país, e estivo en primeira plana en campañas contra a pobreza estudantil, para incrementar a asistencia financeira e outras medidas para terminar coa desigualdade no acceso á educación. Ógra tamén recoñece a necesidade de respaldar á xente nova para que consiga o seu propio fogar. Deploramos as mudanzas que fixo o Goberno nos requisitos para a vivenda, que están feitos para obrigar á mocidade a que se vaia da casa dos seus pais, mentres as/os aliadas/os do Goberno na industria inmobiliaria manipulan os prezos da vivenda para tirar ás/aos mozas/os fóra do mercado.

Ógra cre que o financiamento débese dirixir a afrontar a desigualdade en todos os niveis do sistema educativo. Como parte disto, estamos a facer un chamamento para que se aumenten as bolsas actuais para estudantes.

Os dereitos das/os nenas/os

Protexer a todas/os as/os nenas/os da nación de forma equitativa é un principio fundaO 2% das/os estudantes a tempo commental do republicanismo, pero o índice de pleto de dez universidades e pobreza infantil en institutos de 26 condados proÓgra Shinn Féin propón unha rela- Irlanda é o maior ceden de fogares nos que os de Europa; o seus pais son obreiras/os ción de política internacional que se mesmo acontece medianamente cualificados ou co abismo que hai non cualificados. Como por- opoña ás alianzas militares entre pobres e centaxe da poboación, estes ricas/os. Este Goberno presidiu un dos períodos fogares realizan máis dun 25% da man de obra. máis desiguais da historia irlandesa. Aqueles que A/os que proceden dos fogares máis pobres dos se poden permitir unha educación privada teñen 26 condados teñen maior probabilidade de abandonar o instituto sen conseguir o título de graduado que as/os que proceden de fogares máis ricos. As/os que veñen de fogares máis pobres teñen un Dereito a voto: Ógra Shinn Féin pide 4% máis de posibilidades de conseguir puntos negativos para alcanzar a universidade, e un 3% celebren os fins de semana, para que as/os moz menos de posibilidades de ir, embora teñan a pun- dan exercer o seu dereito. tuación precisa. De acordo coa Unión de Estudantes de Irlanda Falla de vivenda: Ógra Shinn Féin de (USI), a subvención máxima dispoñíbel para universitarios non cubre os custos de aloxamento tifique os edificios públicos que non están util da/o estudante que ten que marchar da súa casa mente ás persoas que viven en malas condición para ir á universidade. O gasto en desvantaxe representa menos dun 5% Emprego: Ógra Shinn Féin pide que do orzamento de educación primaria e secundamínimo. ria. Todas/os as/os nosas/os fillas/os teñen o dereito a unha educación superior, pero moitas/os reciSeguro do motor: Ógra Shinn Féin p ben tratamento de segunda clase por culpa da para proporcionar un seguro a terceiros e por política do goberno.

Acceso á educación

REIVINDICACIÓ

dutoras/es segundo a súa idade.

EMBATE 16


máis posibilidades de conseguir un título universitario, e inda hai sectores da sociedade para os que a educación universitaria é unha quimera. A lei debe protexer os dereitos das/os nenas/os. Un/ha de cada catro nenas/os irlandeses vive na pobreza e temos un dos índices máis altos de malos tratos de Europa. Ógra propón que: y Os pais sexan conscientes do perigo que supón espancar ás/aos nenas/os. y As/os nenas/os teñan o dereito de denunciar calquera abuso que poidan sufrir. y Se proporcionen sistemas axeitados de axuda.

Un/ha presidenta/e para todas/os Ógra Shinn Féin convida ao Goberno de Dublín a que permita votar nas eleccións presi-

ÓNS BÁSICAS

e que todas as futuras eleccións e referendos se zas/os traballadoras/es e que residen fóra poi-

denciais ás/aos cidadán/s que viven nos seis condados. Coma un paso cara a reunificación do noso país, cremos que as/os cidadán/s que viven no Norte deben ter o dereito de escoller un/ha presidenta/e que represente á totalidade da illa de Irlanda. Na actualidade, temos unha presidenta que naceu en Belfast, pero a maioría da xente que medrou con ela (e que vive en Belfast), non a pode votar! Ampliar os dereitos de votar nas eleccións presidenciais aos seis condados é un paso cara unha sociedade moito máis inclusiva. Somentes teremos un/ha presidenta/e que verdadeiramente poida representar a Irlanda na súa totalidade cando el ou ela sexa escollida/o por todas/os as/os irlandesas/es.

Neutralidade positiva na acción A decisión de transferir o aeroporto de Shannon para a guerra de Estados Unidos no Iraq amosou exactamente o que este Goberno pensa sobre a neutralidade irlandesa. O Goberno ignorou as protestas da xente e puxo en perigo a neutralidade de Irlanda. Ógra Shinn Féin propón unha relación de política internacional independente e progresiva que se opoña ás alianzas militares e que traballe na cooperación internacional e na negociación nos conflitos. Esta política debe dirixirse cara unha mudanza social democrática e cara o respecto polos dereitos humanos; tamén cara a desmilitarización universal e o desarme nuclear. Con esta fin, a neutralidade debe figurar na Constitución Irlandesa e contemplarse na lexislación. Non nos debemos involucrar coa Forza Rápida de Reacción dos Estados Unidos nin coa OTAN para conseguir a paz

emanda unha axencia regulamentaria que idenizados e que os prepare para aloxar temporalns. se incremente dun xeito substancial o salario

pide que se estableza un patrocinador público fin ao timo que se lle está a facer ás/aos conEMBATE 17


Ante a apropiación de vivendas ou locais que teñen donas ou donos, nace a evidente preocupación das propietarias do mundo de ser elas as seguintes. Quero deixar claro que as vivendas ou locais que se adoitan okupar levan anos e anos abandonadas, en mal estado e totalmente esquecidas polos seus propietarios ou na espera de poder especular con elas. O sistema de cousas fainos sentir seguridade ante a consecución de obxectos, ter e ter máis é o que move á sociedade do consumo... ante isto, a eterna pregunta: habendo tantas casas baleiras e tanta xente sen casa, non sería mellor que esas casas tiveran xente, que facer e facer máis casas? é sostíbel?. É sostíbel para as empresas da construción e especuladores que se lucran con este negocio e mesmo ás veces, ultimamente de xeito maioritario, chegan a métodos mafiosos para poder botar á xente que non lle convén das propiedades que eles ansían.

Do movemento de okupación xosefa vázquez O movemento de okupación lonxe de ser algo novo e innovador é unha experiencia que se materializou ao longo do tempo, é unha forma máis de perpetuar a expropiación, de nos apropiar o que nos pertence; con isto non quero dicir que se entenda como a necesidade de ter algo en propiedade, senón ao contrario, a necesidade de colectivizar os espazos individuais, deixar dun lado a insolidariedade e abrirnos aos lazos de afinidade e interrelación, que por exemplo existían na Galiza, no rural.Todo isto abandonouse en prol do progreso e, consubstancialmente en detrimento, empeora a nosa calidade de vida. A okupación enténdese como a creación de espazos de voz, de expresión de ideas, de confronto ao poder establecido, e son un pulso á orde predeterminada. É tempo de soñar, e facer realidade os nosos soños, que coma moitas paredes reflicten, son os seus pesadelos (os deles). EMBATE 18

Ao mesmo tempo que se okupa eu non podo concibir unha vida sen un pouco máis de cor, explícome: non so é ter unha casa bonitiña, é crear un espazo social, onde se desenvolvan actividades, onde os cartos non o sexan todo, intentando xerar unhas relacións de igual a igual, horizontais. Inténtase loitar contra a explotación das nosas vidas, en todos os sensos e materias, sen nos esquecer que fomos educadas neste sistema e que temos moito que traballar dentro de nós mesmas para poder mudar algo, xa que hai moitos estereotipos que temos interiorizados e practicamente non somos conscientes de tal.Tamén ás veces, cáese nunha endogamia, e pérdese relación entre a xente e "movementos" que, por non ser do noso, deixamos de lado sen decatarnos que compartimos moitas loitas.. poño por exemplo organizacións veciñais; aínda que o seu modo non sexa o mesmo si que comparten a inquedanza por un mundo mellor. O importante dende logo non son os espazos senón as sementes que alí agroman, cada centro social desaloxado, cada casa queda no noso corazón e na memoria colectiva, para min Casa Encantada, Hamsa e un longo etcétera non son só nomes senón sementes que un día agromaron e que seguen a medrar, noutros espazos, noutros proxectos... Isto non fixo máis que comezar...


MU SI CA

nada, de 28

As paisaxes e ambientes sonoros que factura o pontevedrés Javier Méndez Ubeda baixo o alcume de Nada apenas teñen precedente na Galiza, tan falta de pulo vangardista no musical. Por iso este seu disco de electrónica experimental -28- vén ser unha onda de ar fresco para a música instrumental feita no país. Nada bebe de fontes que van dende Wagner a Aphex Twin. De John Cage a Mogwai. De Third Eye Foundation a Ryoji Ikeda. De Sun Ra a Tortoise. Do sinfónico ao minimalismo. Do harmónico ao ruidismo. Da música electrónica á música concreta.

libros

mulheres em açao: práticas discursivas, práticas políticas Tania Navarro Swain (coord), ed. Mulheres, 2005

Que diferencia é esta que aprisiona ás mulheres aos seus destino biolóxico, a unha “condición

condición

inferior no

social, que

corpos, a un pasa a ser a

feminina”?

A loita dos feminismos contemporáneos foi, coma dende o século pasado, expor os mecanismos que crean e articulan o social en termos de inferior/superior,a construción dos axentes e papeis sociais, os valores que crean representacións e as recitan incansabelmente, apoiando nesta repetición os seus fundamentos. Neste volume, publicado pola editorial brasileira Mulheres (que poderás atopar en internet), afóndase nos estudos de xénero, propoñendo tamén novas visións e novas alternativas para derrocar ao sistema patriarcal que, día a día, nos conforma e nos oprime.

arxilosa Elvira Riveiro Tobío , ed. Litoral das Rías, 2005 Segundo poemario individual desta autora, que fixo as súas primeiras achegas artísticas no mundo da arxila. Na súa obra introdúcenos na linguaxe da olería para poñela ao servizo do poema, do sentimento, da epiderme, da sexualidade. “Gústame escribir sen trabas nin censuras”, asegura a poeta. “Arxilosa” desliza as nosas mans polo tacto húmido e suave da arxila, da pel; conforma figuras, desfainas e crea outras... “Esgromo e festexo cada barro/ branco/ negro/ vermello/ son devota/ da arxilosa poligamia.”.

www

http://www.aregueifa.net

A Regueifa é unha plataforma adicada á cultura galega. Órgao de expresión d@s nov@s creadores, esta plataforma defínese como un netlabel “sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra. Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada..)”.

EMBATE 19


EMBATE 6  

Voceiro de Adiante Mocidade Revolucionaria Galega

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you