Revista Galeoska

Page 1

Galeoska Nยบ1 Ano 2020


,,,_.

�r¡¡

Coral do Mar a¡:xJrtamentos � Coral do Mar "'J; O{XJrtamentos

Edición: Martina Bugallo Sergio Ribeiro Edición técnica: Rita Bugallo González ISSN: 2695-6616 Depósito legal: PO 794-2019 Lugar de edición: Pontevedra Entidad Editora: Galeoska © GALEOSKA Cuberta: Rosa Caneliña Manuel Quintana Martelo Óleo / tela 130x97 2011


Sumario

Limiar 4 Entrevista a QUINTANA MARTELO 5 Orientalismo 8 A arte e o pracer dun espirito que penetra na natureza e descobre que tamén esta ten alma 11 O oficio do fotógrafo xornalístico 12 Entrevista a FRANCISCO REMISEIRO 13 Galegos no estranxeiro: PEDRO BARBEITO Entrevista a LULA GOCE Abraham Pinto. Workshop Alberto Fernández Hurtado. Workshop 36 olladas de artistas de GALEOSKA Eduardo Rivo Marisé Canda Bengua Sou Too Ana Cancela Bernardo Seoane Mavi Castañeiras Marga Santiago Teresa Caramés Abel Barandela Carnen Sampedro Nieves Castrolara Josef Méndez

17 19 22 24 27 28 30 32 34 36 38 40 42 44 46 48 50 52

Berta Lima 54 Josecho González 56 María José Puente Vázquez 58 Alain Fondo 60 Paco Ventoso 62 Elisa Caride 64 Tono Lorenzo 66 María José Rodríguez 68 Encarna Salas 70 Jorge Garrido 72 José Luiz Oubiña 74 Anetadocamilo 76 Fernando Figueira del Horcajo 78 María Romero 80 Rosa Alonso 82 José Peón 84 Manuel Boullosa 86 María José Sánchez 88 Antonio Feijoo 90 Sergio Cancela 92 Jose Miranda 94 Martina Bugallo 96 Sergio Ribeiro 98 GALEOSKA made in Galicia 101 I mostra de Galeoska 103 Artistas efímeros con obras perdurables 104


LIMIAR Galegos e Galegas Koa Arte

Galeoska é un grupo de artistas de diferentes disciplinas que se aúnan cunha mesma paixón, a Arte. Galeoska nace no ano 2017 da man de dous artistas Martina Bugallo (Manselle-1978) e de Sergio Ribeiro (Lisboa-1962). Este grupo organiza dende os seus comezos xornadas formativas e informativas sobre arte en xeral, feiras de arte, mostras colectivas e individuais para os seus membros, baixo un lema de igualdade e cooperación entre os seus integrantes. Galeoska non é unha asociación ao uso pero este feito non impide que este grupo artístico desenvolva actividades comúns ao longo do ano. Galeoska tamén participa con outros grupos e asociacións en diversas actividades conxuntas. No Grupo Galeoska (Galegos/as Koa Arte) todos/as os/as artistas son valorados e respectados por igual. Avógase pola non discriminación pola idade, o xénero, ou os anos de experiencia na súa disciplina. Galeoska valora moito os/as artistas, e máis a aqueles que se involucran en proxectos de interese común, a aqueles que participan activamente, ben nas diferentes actividades que o grupo organiza ou apoiando e aportando ideas, iniciativas propias ou con outras intervencións que contribúen ao cooperativismo. Esta revista anual non foi tarefa doada de levar adiante, foi feita con moita ilusión e é unha forma máis de promover os/as artistas galegos/as e tamén un xeito máis de achegar a arte Galega ao público en xeral. Sen esta mancomunidade de membros e patrocinadores esta revista non sería o que hoxe é, unha aposta polas artes e a cultura galega e un exemplo pola unidade e a cooperación entre creadores.


QUINTANA MARTELO

Foto: Ramón Vaamonde

Quintana Martelo, naceu en Roxos e trasladouse a vivir a Santiago de Compostela aos 10 anos, onde posteriormente realizou os seus estudos de bacharelato. A pesar da súa grande afección pola pintura e o debuxo, estudaba na Escola de Peritos de Vigo, a especialidade de electricidade, cando ao pouco tempo, abandonou os seus estudos para matricularse na Escola de Belas Artes de Barcelona. Durante estes anos obtivo becas en San Cugat do Vallés, Granada, así como noutras cidades como París, Ámsterdam e Londres. En 1970 fixo a súas primeiras exposicións individuais na Caixa de Aforros de Vigo e no Hostal dos Reis Católicos. Traballou con Jaume Muxart no Grup dels Set, onde aprendeu sobre o traballo nas galerías de arte. No ano 1978 trasladouse a Barcelona, xa que conseguiu traballar na Cátedra de Debuxo, con destino no Instituto de Bacharelato Joaquim Rubió e Ors de Sant Boi de LLobregat. En 1979 trasladouse ao Instituto Matí i Franqués de Tarragona. A finais de 1981 regresou a Galicia, para traballar na Cátedra de Debuxo no Instituto Arcebispo Xelmírez, en Santiago de Compostela.

Participou na exposición de arte nos 80 “Imaxes dos 80” do Grupo Atlántica. En 1992 abandona a Cátedra de Debuxo e trasládase a Nova York. No ano 2000 é nomeado presidente da Asociación Galega de Artistas Visuais, integrada na Unión de Asociacións do Estado Español e no EVAN (Unión de Asociacións da Comunidade Europea), cargo que ocupou ata o 2003. En 2004 fundou xunto aos seus compañeiros a revista Art Notes, e nese mesmo ano foi elexido e nomeado Académico de Número na Real Academia Gallega de Bellas Artes. En 2008 entra a formar parte da Colección de Grandes Pintores Galegos. En 2012 recibiu o Premio de Cultura de Galicia nas Artes Plásticas, patrocinado pola Xunta de Galicia. En 2014 é nomeado presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. onde pon en marcha o Día das Artes de Galicia. En 2016 a Real Academia Galega de Belas Artes organizou, conxuntamente co Museo del Prado e a Fundación Catedral de Santiago, unha exposición, monográfica para a catedral de Santiago de Compostela.


6 ENTREVISTA A MANUEL QUINTANA MARTELO Que recordos ten dos seus comezos? Lembro a miña infancia na aldea de Roxos, onde nacín, e alí, na casa do meu avó, fixen os meus primeiros debuxos e as miñas primeiras manifestacións artísticas xa de ben neno. Tentaba de debuxar aquilo que atopaba nos libros ou ben en fotos e preocupábame moito saber como estaban feitas as ilustracións que me servía de referencia: os meus descoñecementos eran soberanos, así que sempre fracasaba cando intentaba reproducir o que era un gravado e aquelas liñas tan limpas e perfectas… Despois en Santiago, durante o bacharelato, comecei a empregar plumillas de tinta e acuarelas, aínda que mantiña unha curiosidade grande coa pintura ao óleo, que non empreguei ata a mocidade, en Vigo, cando facía peritaxe eléctrica na Escola de Peritos da cidade. Un día, no segundo curso, vin unha exposición de Juan Luís, pintor de certo recoñecemento en Galicia, e vendo aquilo, fixei a miña atención no uso e empaste da cor, e con máis insolencia que outra cousa, pensei de contado que eu tamén o podía facer. A miña carreira de peritos rematou naquel instante, merquei uns óleos, unha tea, un libro de técnicas e debuxo, e xa non parei, podendo dicir que ata hoxe. Un dos grandes recordos daqueles anos foi o meu ingreso na Escola de Belas Artes de Barcelona. Cando volvín de Vigo sen facer ningún exame final, p uxen aos meus pais ante unha “valente alternativa”: ou ía a Belas Artes ou me dedicaba ao ciclismo. Por lóxica fun a Belas Artes, e sen apenas formación, tan só unas coordenadas que me deu un amigo que atopei na Escola de Artes de Santiago, onde me permitiron ir debuxar no verán e coa perspectiva segundo lle dixo un profesor a meu pai de que non ía aprobar o ingreso, pero que “fose e aprendese”. Alá fun, e podo dicir que puxen todo o meu empeño niso, acadei o número un, coa máxima nota de entre todos os presentados e a partir de entón xa non abandonei este mundo da arte que me apaixoa. Cal e a mensaxe que hai detrás da súa obra? En que dirección vai o seu traballo? Que nos quere contar? Falar de mensaxes é, moitas veces, un recurso de non moita consistencia, porque o interesante é falar de pintura. Hai xa unha boa chea de anos lin unha máxima que quedou gravada na niña mente: “Ter algo que dicir e saber como dicilo”. E esta afirmación, para min axeitadísima, foi un camiño que tratei de seguir no meu traballo. Entendo que ter algo que dicir non se refire só a unha cuestión literaria, senón á posta en escena dentro do plano de traballo dunha proposta determinada, decididamente (ben está) orixinal e buscando un relato que estea conforme coas liñas de actuación persoal. Que é máis importante o relato

historicista nas Meninas, ou na Familia de Carlos IV ou na Ronda de noite? Estou ben seguro que tanto Velázquez, como Goya ou Rembrandt, e iso podémolo traspasar a calquera artista, buscaron unha información con relación ao “motivo”, pero teño por certo, que unha vez posicionados nese punto, a súa imaxe vai buscar a relación entre o espazo de traballo e a visualización deste; a xeometría arquitectónica da pintura. Así, entendo que isto é o fundamental, máis aló da narrativa literaria. Detrás da miña obra hai todo ese mundo que me inquieta e que determina o meu proceso creativo: disposición espacial, comprensión do plano, distribución do trasunto narrativo… en fin, nada singular mais aló do que cada un queira facer. E se falo de singularidade, digo que iso para min é a resolución dun plano, e un plano sustentase de dúas dimensións, alto e ancho; non trato de furar o cadro, non trato de “ver o mundo a través dunha xanela”. O meu traballo vai, xa hai un tempo diso, na procura dun entendemento persoal da relación entre o mundo visual e a niña percepción del, é dicir, a posta en escena dunha construción figurativa situada nun contexto e con debate coa abstracción. Pero é a miña posición ante a pintura, nada máis. Se me poño a pensar seriamente, realmente non quero contar nada, agás poñer ese mundo visual ao servizo dos meus intereses, cousa por outra banda, moi egoísta, pero é o que hai. Que é para vostede ser artista? Que fai que un deixe de ser pintor ou escultor para converterse en artista? Ser artista? Penso que isto nin se define nin está escrito en ningures. É un mesmo o que toma a súa decisión, a primeira delas, quizais sexa, ser ou estar no tempo que nos toca vivir e levar adiante a nosa contenda persoal co mundo actual, sen ollar nada máis que cara un, asinar ese


7 entendemento persoal porque sen iso ningunha outra razón pode ser válida, agás converterse nun remendo dun estilo ou dunha maneira allea de facer. Un debería “ser artista” só polo mero feito de tomar esa decisión, de ser valente, case insolente, de ser o suficientemente capaz para esquecerse do contorno xeral artístico e de atender a unha singularidade. A verdade non se me ocorre nada mellor. Todos, nun momento ou noutro, pasamos por situacións confusas, por dúbidas, incluso por medos, pero iso non debe ser preocupante. Eu teño por certo, cando menos co meu traballo, que resolver as dúbidas é o mellor camiño para atopar ese feito que nos faga cómplices da nosa tranquilidade, e podo dicir que fago da dúbida unha razón primordial na niña obra. Picasso dicía que ao día seguinte lle gustaría saber os distintos camiños que podía tomar a obra. Ao final, hai que apostar por un e aí está o punto de encontro, saber tomar a decisión. Isto é ser artista? Pode ser, e como todo, tamén pode ser cuestionable.

En que proxetos se atopa na actualidade? Estou cun proxecto que presentarei na vindeira feira de Arte de Madrid no mes de febreiro e, co voso permiso, gárdome a súa natureza porque está na cociña e non me gusta falar das cousas no momento que se están cocendo. Si podo dicir que é un proxecto no que teño esperanza de saír ben parado, pero se non fose así tampouco ía pasar nada; un ten que aprender dos fracasos. Hai un tempo pasei, no meu estudo de Madrid, traballando durante seis anos nun proxecto que chamei “Containers”, e foi unha experiencia importante que poda dicir, aínda non tivo a saída pública que me tivese gustado, pero confío en amosar todo ese traballo máis cedo que tarde e de feito estou traballando nunha proposta expositiva para todo o conxunto, un conxunto do que hai tres anos, máis ou menos, presentei unha parte deles en Ourense, na sala da Deputación, pero quédame amosalos todos, ollar seis anos de traballo xunto e visible.

Cree que Galicia é patria de artistas? En caso afirmativo, considera que en Galicia hai opcións de futuro para un artista? Galicia igual que calquera outro lugar do mundo ten a súa cota de patria, pero nada máis. Non creo, nin crin nunca, e quizais iso aprendino na niña estadía catalá, en arte de lugar e si crin sempre nos artistas e nos lugares. Non me interesan para nada os tópicos, os rexionalismos, ningún tipo de nacionalismo pictórico, interésame a universalidade da arte, unha patria sen fronteiras, ese lugar onde non hai cotas de mercado definidas por un culto paisaxístico, literario ou folclórico. Galicia é lugar de moitos e bos artistas, lugar de traballo para todos eles e se hai que aceptar que nalgúns casos, por circunstancias peculiares, algúns tomaron iniciativas próximas aos tópicos lugareños ou sentimento de pobo costumista e niso, sen renunciar á pintura, fixeron da súa obra un obxecto trasmisor dunha cultura determinada. Houbo uns máis que outros, uns máis comprometidos e uns menos, e iso queda reflectido na obra conxunta deles mesmo, así que cómpre respectar ese traballo e esa ollada persoal porque, coido firmemente, que ningún deles renunciou á universalidade. As opcións dos artistas hoxe en día están en relación coa cota de mercado e pouco máis habería que dicir. A min faime certa gracia, ou faime ter unha pose de certo sorriso cando oio falar das dificultades de hoxe, sabedes cantas galerías de arte había hai pouco máis de 25 ou 30 anos? Sabedes cantas bolsas había hai esa mesma relación de anos? Non falemos entón de opcións ou oportunidades: cada unha no seu tempo e sempre a dificultade para saír adiante. Non é un terreo doado. Non hai tampouco regras nin escritos que digan “cando e como”, ou “onde está a liña a seguir”. Hai que ter ousadía, confianza e non sentirse abatido porque exista unha dificultade ante nós, hai que traballar sen tregua, sen desánimo e, sinceramente, non coñezo outro modo de acadar unha opción: teño, si, a seguridade que sempre hai un punto de partida e unha saída.

Que consellos lles daría ás xeracións máis novas ou aos artistas noveis? Non son moi dado a dar consellos porque, entre outras razóns, teño bastante con resolver todos os días o trasunto do meu traballo e as dúbidas que asoman decotío. Así que sendo voluntarioso, diríalles que tomen o traballo como a súa esencia vital, que non desesperen, e que atopen ese camiño polo que seguir camiñando, deixando de ollar a carón porque, ao final, son eles, unicamente eles, quen darán resposta á súa maneira expresiva. Non esquezamos que este oficio é un dos últimos oficios onde conxugan o artesán e o singular dun xeito profundamente persoal, por moito que as mecánicas e tecnoloxías novas tenten facer desaparecer a raíz persoal e peculiar do xesto humano; creo nisto profundamente.


8

Orientalismo

A gran odalisca 91x162, Jean-Auguste-Dominique Ingres. 1814

Podemos atopar representacións do mito de oriente en obras medievais, renacentistas e barrocas. Pero ata o século XIX o orientalismo non se converte nun tema establecido. Foron as campañas francesas de Exipto (1798-1802) e de Arxelia (1830), e máis tarde a apertura do canal de Suez (1869), o que fixo que Oriente resultara máis accesible para os galos. E foi entón cando estes lugares e xentes tomaron gran relevancia, sendo un tema que causaba fascinación. Estas culturas tiveron un novo empuxe tras o descubrimento da pedra de Rosetta en 1799 (estela exipcia de gran relevancia para o descifrado de xeroglifos exipcios). A posibilidade de emprender viaxes por eses territorios estimulou os artistas, que acompañaban as misións diplomáticas ou científicas, para describir o visto e facer representacións máis documentadas de Oriente. Este tipo de produción visual tivo tal aceptación que, cara mediados do século XIX, a pintura orientalista abundaba nos salóns anuais de París, e en 1893 creouse la Société des Peintres Orientalistes con Jean-Léon Gérôme como presidente honorario. Dentro dos pintores orientalistas podemos destacar a Eugène Delacroix (1798-1863), Auguste Dominique Ingres (1780-1867), Alexandre Roubtzoff (1884-1949), Gustave Guillaumet (1840-1887), Willem de Famars Testas (18341896) ou Théodore Chassériau (1819-1856). Representaban todo tipo de escenas que evocaban países árabes do norte de África e Oriente Medio, tanto con paisaxes como en interiores. Representaban o mito do

oriente exótico e sensual con baños, haréns e odaliscas entre teas sinuosas e mesmo espidos, con representacións cargadas de erotismo. Este estilo tivo o seu momento álxido nas Exposicións Universais de París de 1855 e 1867. En España o principal exemplo foi Mariano Fortuny (18381874), que viaxou a Marrocos onde quedou fascinado das cores e ambientes desa cultura. Temas marroquís foron igualmente tratados por Josep Tapiró (1836-1913), Antonio Fabrés (1854-1938), Mariano Bertuchi (1884-1955) e, xa no ocaso colonial, José Cruz Herrera (1890-1972). Pero cando se fala dos inicios do orientalismo español debemos citar o sevillano José María Escacena y Daza (1800-1858), que representou a realidade cotiá da

O encantador de serpes, Jean-Leon Gerôme, 1870


9 sociedade marroquí. Pero a pesar de reflectir fielmente esta realidade non foi un pintor de gran repercusión fóra de Sevilla. Quen si gozou desta repercusión foi o galego Jenaro Pérez Villaamil (1807-1854). Este pintor ferrolán, a pesar de representar de xeito máis fantasioso o pobo marroquí, gozou de moito máis recoñecemento. Ambos os dous pintores tiveron o mesmo mestre, xa que coñeceron o pintor romántico escocés David Roberts (1796-1864) quen, durante a súa viaxe a España entre o 1832-1833 iniciou amizade con eles. Pérez Villaamil foi un neno prodixio, cando tiña soamente oito anos xa desempeñaba o cargo de axudante de profesor de debuxo no Colexio Militar de Santiago ás ordes do seu propio pai, que era mestre de fortificacións, topografía e debuxo. Con dezaseis anos incorporouse ao movemento liberal e alistouse no exército para repeler a invasión conservadora dos Cen Mill Fillos de San Luis. Tras resultar ferido en Sevilla, fano prisioneiro de guerra e lévano a Cádiz, a súa cautividade non foi impedimento para realizar estudos de pintura na academia desta cidade. Cando quedou libre (1830) trasladouse a Porto Rico onde realizou decoracións no Teatro Tapia de San Xoán. Á súa volta a España, e percorrendo Andalucía, é cando vai coñecer a David Roberts que lle transmitirá o concepto de paisaxismo romántico inglés. En 1835 ingresa na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

O soño do neno, José Cruz Herrera.

En 1837 véndelle cadros ao rei Luís Filipe I de Francia e tamén á raíña Isabel de España, e pasa a ser un dos mellores paisaxistas do momento. A figura de Jenaro Pérez Villaamil xogou un papel moi importante na introdución de temas orientais en España a pesar de que nunca viaxou a Marrocos nin ao Oriente Medio. Mariano Fortuny e Joan Tapiró si o farían impulsados pola guerra de África.

Xuramento de Alvar Fáñez Minaya tras a conquista de Cuenca, Jenaro Pérez Villaamil 146x223, 1847.

Parache, o bailador , José Tapiró y Baró, 68x47.


A tristura do Pasha alias Tigre Morto, 92,7x73,6cm Jean-LeĂłn GerĂ´me, 1882.

A perla do mercader Alfredo Valenzuela Puelma, 1884.

O vendedor de tapices, Mariano Fortuny, 59x85cm,1870


11

A ARTE E O PRACER DUN ESPÍRITO QUE PENETRA NA NATUREZA E DESCOBRE QUE TAMÉN ESTA TEN ALMA (A. Rodin) A recuperación da nosa cultura e identidade, o amor á nosa Terra foi o que levou aos primeiros artistas galegos a impulsar o desenvolvemento de todos os medios de creación cultural, e grazas a eles, a arte galega aséntase nunhas bases consolidadas e as novas xeracións emerxentes gozan hoxe en día, dunha gran proxección, tanto no ámbito nacional coma no internacional. A arte coma bagaxe da memoria cultural, evoluciona seguindo as grandes correntes artísticas. A produción artística galega é froito dunha mestura social e cultural dos pobos que deixaron a súa pegada en Galicia ao longo da historia. Os primeiros vestixios atopámolos na cultura castrexa, e non foi ata a consolidación do Reino de Galicia, que comezou un período enormemente frutífero no desenvolvemento artístico nun sublime Románico, cunha vigorosa arquitectura e unha refinada escultura que dominan a esfera das artes. Logo dun período de certo declive como son os Séculos Escuros, chegouse aos albores do século XIX, onde xurdiu una nova conciencia de pertenza e de valoración do noso territorio e cultura, un período de reconstrución da identidade colectiva, o Rexurdimento. Así a paisaxe e as xentes de Galicia, a nosa lingua e cultura van constituír o eixo esencial de todos os xéneros artísticos: Rosalía de Castro, Murguía, Curros, Pondal… destacaron neste período, así coma Soutomaior ou Villaamil, verdadeiros precursores da renovación pictórica. No primeiro terzo do século XX xermolou unha nova arte de compromiso e denuncia social emprendido por Castelao que se erixiu no referente para recuperar a identidade dunha nova xeración. Este período foi truncado polos acontecementos do 36 o que levou ao exilio a moitos dos nosos creadores. Dende alí convertéronse na sabia dun renovado pulo da cultura galega e impuxéronse a dura tarefa de construír a Galicia que soñaran, alén dos mares: Lugrís, Llorens, Avendaño, Laxeiro, Masside, Vieitez, Colmeiro, Seoane, Díaz Pardo, Maruja Mayo, Granell, Minguillón, Leiro, Quesada, Colmeiro, Souto, Torres entre outros moitos, constitúen unha mostra da incrible calidade da nosa riqueza cultural. Posteriormente xurdiron figuras da talla de Jorge Castillo L. Novo, Patiño Curuncho, Labra, Quesada, Quintana Martelo, Ruibal, Torres… os cales seguiron a engrosar unha lista de artistas de inusitado prestixio.

A fada e o dragón, 2006, no Paseo de Alfonso XII de Vigo. Xaime Quessada Na década dos 80 emerxe o grupo “Atlántica” co obxectivo de participar das novas correntes estéticas e que destaca na promoción e divulgación da arte galega, tanto en Galicia como fóra dela. Leiro, Lamazares, Menchu Lamas, Patiño, Huete, Monroy, Berta Cáccamo… son algunhas das súas figuras máis representativas. Na actualidade, contamos cunha cultura rica e viva e as artes plásticas aséntanse sobre unhas bases consolidadas, cun elenco creativo moi significativo e cunha pluralidade de enfoques que constitúe unha neta proba da calidade da nosa produción artística. A Galicia da arte segue estando, en boa medida e como estivo ao longo de todo o século, suxeita ás dificultades de proxección dos creadores plásticos xa que o número de galerías, centros de arte e fundacións dedicadas a este fin, seguen sendo insuficientes. O artista está desamparado e non existe unha estrutura na que institucións, axentes e coleccionistas colaboren para xerar un contexto artístico sostible que permita dedicarse a tempo completo a este oficio. Malia que é certo que existen bolsas e premios, é moi difícil sosterse só con eles. Os creadores emerxentes actuais utilizan os recursos que as novas tecnoloxías da información e as redes sociais lles ofrecen para mostrar e expoñer as súas obras, realizando exposicións colectivas en ámbitos non institucionais ou creando as nosas propias canles de comunicación como é a revista GALEOSKA, cuxo primeiro número aquí mostramos.

Carmen Sampedro Artista gráfica


12

O oficio

do fotoxornalista

Foto premiada en 2008 no Certamen Galicia en Foco de Fotografías de Prensa

O oficio do fotógrafo de prensa é estar atento e aberto á información que xorde no día a día; é estar permanentemente conectado coas túas emocións e sentidos; é traballar as 24 horas do día, os 365 días do ano; é non desconectar nunca o teléfono móbil; é cargar 6 quilos ao lombo todos os días, é non ser recoñecido pola rúa se non levas ese bolso; é padecer de lumbalxia e cervicais, é levar esa mesma cámara (e bolso) tamén en vacacións. É ser os ollos e a voz dos que non teñen voz, é escoitar o pulsar da xente; é tentar ser transmisor dos anhelos e desexos, é ser o altofalante dos problemas e alegrías do pobo; é poñer en dúas dimensións, seres e problemas

en tres dimensións; é encher os ollos de información e sentimento para parilas na forma fotográfica; é de fotografar pola rúa mesmo sen ter a cámara; é deixar os teus problemas na casa para facer as fotos cos ollos e corazón limpos... É como dicía o gran mestre da fotografía Henri CartierBresson (1908-2004): “Fotografar é poñer a cabeza, os ollos e o corazón no mesmo punto de mira e é conter a respiración cando todos os sentidos converxen ante a realidade fugaz”. Foto e texto: José Luiz Oubiña, outono, 2019


13

Francisco

Remiseiro

(Escultor)

FRANCISCO REMISEIRO. 1975 (Barro) Formación autodidacta. Dende a súa infancia entra en contacto con oficios tradicionais ancestrais relacionados co traballo da pedra e da madeira. Estes marcarán profundamente a súa maneira de entender e relacionarse coa materia. Na súa obra escultórica a figuración sempre foi unha constante. Algunhas das súas pezas establecen unha relación entre a entidade humana e o obxecto, explorando o carácter emocional das súas figuras e tratando de que o espectador sexa capaz de recoñecer nelas, máis que un corpo, unha emoción humana. Un forte e constante contido narrativo sempre marca a súa obra, este, unido ao contexto que as rodea, fai que a súa linguaxe figurativa estea cargada dun profundo significado. A obra gráfica é

unha faceta que explora paralelamente á escultura. No ano 2014 realiza unha xilografía para a edición especial do “Método Cardiofónico” do músico Germán Díaz. No ano 2012 realiza a súa obra Forgotten arm of Christ unha peza de máis de dous metros que sería roubada ese mesmo ano na cidade de Poznan (Polonia). Complementan a súa produción artística proxectos tan singulares como a construción dunha nora de sangue Hispanoárabe do século X, instalada en Morón de la Frontera no ano 2010, reconstrución de instrumentos musicais antigos, deseño de mobiliario, ou intervencións de reconstrución en obras de imaxinería e patrimonio arquitectónico.


14 Como che naceu esa inquietude pola escultura ou cando soubeches que ías ser escultor? Lembro que de neno disfrutaba moito facendo xoguetes con toda clase de materiais, de xeito inconsciente manipular ou transformar materia converteuse en algo vital para min. Tamén influíu moito o xeito de nacer nunha familia na que varios oficios tradicionais estaban presentes, contemplar dende neno esa maxia de transformar a materia bruta en forma predispúxome a entender o mundo da escultura.

Cres que a túa obra goza do recoñecemento esperado en Galicia ou consideras que teñen mellor acollida noutras zonas de España e mesmo no extranxeiro? A verdade é que non son moi consciente de se o meu traballo ten recoñecemento ou non, considero que a miña obra aínda está nun proceso de latencia, aínda non é algo pleno. Descoñezo a trascendencia que poida ter nun futuro, non é algo que me inquiete. O que si puiden apreciar é que o meu traballo desperta certo interese entre o público, en xeral foi moi ben acollido nas poucas mostras individuais que fixen ata o de agora. Opinas que o mercado de obras de arte, neste caso escultura, se ve afectada pola crise económica? Si que pode afectar, pero tamén afecta o xeito en que a sociedade actual se relaciona coa arte, hoxe en día gran parte da sociedade non ten ningún tipo de conexión coa arte, esta conexión non existe nin existirá por falta de pedagoxía. O que está a triunfar nestes tempos é a arte espectáculo, o ruído, a maquinaria pesada da industria do ocio e o entretemento. Non son tempos para a arte que se pode seducir na distancia curta, no silencio, tampouco se dá soporte económico para que esa forma de arte exista. Pola contra, e por poñer un exemplo que contradí a crise, as orquestas de moda que todos coñecemos, son contratadas moitas veces con diñeiro público, non abonda con culpar a crise económica, hai outra crise mais profunda, non sei se me explico...

Quen cres que foi fundamental para chegares a ser o artista que eres hoxe en día? Tiven varios referentes, algúns artistas contemporáneos, outros clásicos, pero non podo citar ningún que fose realmente determinante, durante a miña aprendizaxe os meus intereses mudaban e a influencia que estes referentes podían exercer sobre min foi sendo máis ou menos intensa. Consideras que é importante para un artista formarse mais alá das súas fronteiras? No teu caso, tiveches formación fora das nosas fronteiras? Eu non teño unha formación académica, pero si tiven contacto con artistas aos que considero os meus mestres, algúns non son españois pero isto non ten por que ser mellor ou peor. Foron as circunstancias, sen máis. O que si é importante é o proceso de busca, peregrinar cara ao coñecemento de xeito activo.


15 A túa obra é realista e expresiva, causa un impacto inmediato no espectador. Hai un fío condutor nas túas obras ou cada peza por si mesma conta unha historia propia? En xeral cada unha das miñas obras é como unha cápsula que contén unha historia, certamente a figuración facilita ese “contar”, isto explica que sexa unha constante na miña obra. Pero hai algo que tamén está presente no meu traballo, é o feito de empregar formas que fan referencia directa a períodos pasados da escultura, no meu traballo non cuestiono esas formas ou xeitos de traballar, o que si cuestiono é o significado das mesmas, o que intento é resignificar a escultura.

Explícanos como é a túa forma de traballar. Adoitas traballar para un mercado concreto? Cal? Baixo encargo? E por outra banda, tes obra dispoñible ao alcance de posibles compradores? De ambos xeitos. Algunhas obras son encargos que case sempre consigo achegar ao meu terreo para traballar con máis comodidade, pero a maioría son proxectos meus, fago poucas pezas ao ano, en parte polo tempo que adico a pensar e realizar cada obra. Sempre teño algunha obra que poder ofrecer, a verdade non gasto moito esforzo en “existir” como escultor, pero nunca perdo a esperanza de que a miña obra teña voz para falar por min. Algunhas obras saíron por galerías de arte, outras directamente do meu obradoiro, e os encargos xa chegan cun cliente. Podes adiantarnos algo dos teus próximos proxectos? En xaneiro comezarei a desenvolver varias ideas que teño pendentes para completar unha exposición individual que está previsto inaugurar en setembro do vindeiro ano.


_s TOCO L M O 2. ยบ-


17

Galegos no extranxeiro

Pedro

Barbeito PEDRO BARBEITO naceu na Coruña, en 1969. Vive e traballa en Pennsylvania, Estados Unidos, onde é profesor de arte e director do Lafayette’s Experimental Printmaking Institute (Instituto de Impresión Experimental de Lafayette). Recibiu a súa licenciatura na Universidade de Brandeis en 1992; asistiu ao Skowhegan Escola de Pintura e Escultura e recibiu a súa MFA da Escola de Yale de Arte en 1996. Barbeito exhibiu o seu traballo internacionalmente durante os últimos vinte anos. Entre as súas mostras máis salientables destacamos: a realizada n; Museo de Arte Contemporánea Aldrich en Connecticut, Basilico Fine Arts e Lehmann Maupin Gallery en Nova York, Mario Diacono Gallery en Boston, Parra-Galería Romero en Madrid, Galería Charest- Weinberg en Miami, 101 / Exposición en Los Ángeles e Galerie Richard en París. Participou en exposicións colectivas no Frist Art Museum en Nashville, Tennessee; Rose Art Museum en Massachusetts; o museo de arte moderna en Arnhem, Holanda; o Instituto de Arte Contemporánea de Palm Beach en Florida; o Museo Rufino Tamayo na Cidade de México, Galería Salon 94 en Nova York; Galería ACME e na Whitechapel Gallery en Londres entre outras.


18 Moitas das súas exposicións apareceron en medios tan importantes como o New York Times, Art in America, Art on Paper, The Village Voice, Artpulse, Frieze, Art / Text, Art Nexus, Examiner, así como outras publicacións nos Estados Unidos e Europa. O seu traballo está en numerosas coleccións públicas e privadas. Ensinou na Escola da Universidade de Yale de Arte, Queens College, Suffolk College, Cornell University, Purchase College, SVA e Colexio Ursinus. Vive e traballa en Easton, PA e actualmente é profesor asistente de Arte en Lafayette College, onde tamén é o Director do Gravado Experimental Instituto. As súas obras presentan imaxes do universo como buracos negros, materia escura, nacementos estelares, fenómenos que se están visualizando de diversas maneiras e mesmo formas que aínda non teñen unha estrutura normalizada. A tecnoloxía e a imaxe dixital cambiaron os nosos conceptos previos do mundo; xa non definimos as cousas só polo que podemos ver. A pintura, en particular, ilustra tanto a representación como a abstracción en termos moi simplistas: polo que é recoñecible e polo que non. Pedro Barbeito considera que cada vez dependemos máis da tecnoloxía para ver o universo no que vivimos. A tecnoloxía pasa tamén a redefinir o formato de creación artística. Moitas das pezas de Barbeito incorporan impresión 3D, comezou a empregala a finais dos noventa. Por aquel entón as impresoras 3D eran menos asequibles, pero uns anos máis tarde, estas fóronse facendo máis asequibles, o que propiciou que as incorporase como ferramenta para a súa creación artística.


LULA GOCE Nacida en Baiona, licenciada en Belas Artes en Salamanca e cun máster en Produción Artística en Barcelona onde vivíu durante 10 anos. Volve a Galicia en 2010. Dedicouse á docencia e ao deseño gráfico para axencias e cine, algún premio en certames de arte etc. Entre as súas obras máis internacionais varios murais realizados en Estados Unidos, Bélxica, Alemania, Italia, Irlanda…, entre eles un de gran repercusión mediática, realizado en Nova York empregando como modelo á actriz Blanca Suárez. En Galicia podemos observar algúns dos seus traballos en lugares como Vigo, Santiago, Cambados, Carballo, Ordes… Aquí en Ordes deixou a súa pegada dentro do Rexenera Fest, un dos festivais máis importantes dentro da arte urbana do noso país.


20 Como foron os teus comezos? Como os de calquera artista supoño... Cal consideras a túa obra máis importante ata o momento? Téñolle especial cariño ao mural de Vigo por que desaparecerá en breve, así como a outro que fixen en Bélxica e xa non existe, para o Werchter Rock Festival. Cal consideras que é sinal de identidade nas obras de Lula Goce (temática recorrente, técnica, paleta de cor, simboloxía...)? Creo que é moi importante establecer un dialogo co lugar e as persoas onde se vai pintar. De todos os xeitos as miñas obras son plenamente identificables polos elementos que uso, (natureza, a figura humana feminina, nenos, monstros medievais son bastante recorrentes) e pola técnica mixta que emprego. Logo existen traballos e encargos que requiren unha integración nunha contorna moi determinada, xa sexa a fachada dun Teatro, por unha petición do cliente, un barrio marxinal... ese tipo de traballo adoita estar máis limitado en canto á temática. Que vantaxes e desvantaxes lle atopas á realización dun gran formato? A maior vantaxe do gran formato é a visibilidade que ten o que estas facendo. Creo que esa exposición aos demais é interesante. A desvantaxe máis grande, tal vez sexa, o esforzo en algo que esta destinado a desaparecer, xa sexa pola acción dos elementos etc.

Que che levou a dar ou paso ao muralismo? A vida está chea de casualidades. No meu caso foi unha colaboración con Arne Quinze, aínda que desde sempre me sentín cómoda facendo intervencións no espazo en gran formato. Como ves o panorama galego actual do grafiti e da pintura mural? A diferenza dos artistas doutras épocas que se agrupaban por correntes, escolas etc., neste momento a arte está máis globalizada. O costumismo morreu!!! Hai tantas opcións para pintar fóra, como que veña xente de fóra pintar a Galicia... eu vívoo como unha oportunidade!!! Consideras que a muller xa ocupa un lugar importante neste panorama, tanto a nivel galego como español? Obviamente hai máis homes que mulleres pintando. Nalgunha ocasión sufriches algún tipo de discriminación ou situación na que consideras que se che tivo de menos por ser artista muller? Na rúa, cando baixo do guindastre, homes, mulleres, operarios... pregúntanme onde está O ARTISTA (masculino), e explícolles que son eu... adoitan poñer xesto de incredulidade. Adoitan ser discriminacións sutís, non lles adoito prestar grande atención... Que mulleres grafiteiras ou muralistas actuais destacarías e por que? Por sorte hai bastantes, Faith47, Swoon, Paola Defin, Hyuro.... encántame o que fai Lidia Cao aquí en Galicia. Cal sería para ti a máxima aspiración como artista? Seguir vivindo disto, poder comunicarme co meu traballo e que haxa público que o goce.


21 Que opinas do fenómeno Banksy, é un produto de mercado ou un artista comprometido coas desigualdades? O mercado é capaz de fagocitar unha imaxe do CHE nunha camiseta... case todo é mercado hoxe en día. Hoxe en día Banksy é mercado, independentemente do seu traballo!! E no fondo non sabemos se existe, se é unha soa persoa, un grupo ou simplemente é un fake producido por un departamento de márketing!!! Consideras que é complicado abrirse paso e vivir da arte no noso país? Creo que como en todas as carreiras de perfil creativo/artístico, a situación laboral sempre vai estar complicada. Hai que aprender a vivir coa precariedade mantendo o espírito de loita. Só o que resiste gana. O máis importante é ter confianza no que un fai. En canto ás políticas culturais, non podo falar por que non existen, a cultura non lle interesa ao político, basta con repasar nos debates das últimas eleccións e por outra banda, a diferenza de Estados Unidos, en España a iniciativa privada en propostas culturais é case nula!! Que opinas do Rexenera Fest de Carballo? Que outros encontros de street art destacarías? Téñolles moito cariño aos mozos de Mutante Creativo (Sokram e Mou). Teñen moito mérito, traer ás figuras que trouxeron ao longo destes anos, e son un exemplo de como ás veces querer é o máis importante. Como pioneiros deséxolles o mellor!!! Hai moitos festivais, normalmente os mais pequenos, eses que teñen menos medios adoitan ser os máis acolledores. Cales son os teus próximos proxectos? Neste momento estou en Miami pintando unhas futuras oficinas e asistindo ás feiras de arte que se celebran aquí! Estou a pechar a axenda de 2019 que espero sexa como este ano, haberá sorpresas!!!!


22

ABRAHAM

PINTO Utrera (Sevilla, 1976) Pintor autodidacta, a inquietude artística venlle dende moi novo a través dunha gran vocación polas artes plásticas, herdada quizais do seu pai, grande afeccionado á pintura e á necesidade de experimentar de primeira man. Realiza varios cursos de pintura ao óleo, debuxo e técnicas mixtas e conferencias de arte contemporánea. Actualmente móvese por toda a xeografía española participando en concursos de pintura rápida onde acada innumerables premios. Expón en diversas galerías nacionais e internacionais. Vén de gañar o primeiro premio no concurso de pintura rápida de Noia Juan José Fernández Leiceaga 2019. É un artista en constante cambio e caracterízase polas súas perspectivas aéreas ou pola representación de casas ou lugares ruinosos. De trazo rápido e formulacións pouco tradicionais, as súas obras de grande impacto visual, amosan monumentos ou construcións centenarias cunha contemporaneidade e encadre vertixinoso.


23

O termo life long learning ou aprendizaxe ao longo da vida define un dos obxectivos principais do colectivo Galeoska. Consiste na mellora persoal continua, nunha aprendizaxe totalmente voluntaria, que se produce polo interese, pola motivación. É unha formación permanente, aberta e accesible a todos e todas, sen restrición ningunha. Este tipo de aprendizaxe realízase normalmente fóra de institucións educativas, e nos últimos tempos está en auxe pola súa interactividade. Os workshops son a materialización ou concreción desta maneira de aprender personalizada, onde cada un elixe o que desexa aprender ou mellorar. O artista non só transmite a súa maneira de realizar unha obra senón unha visión ou percepción concreta do mundo.

Abraham Pinto foi un dos primeiros en vir compartir con nós os seus coñecementos, a súa visión do mundo. No workshop que el impartiu para GALEOSKA en Dodro, puidemos ver como configura un cadro desde un bosquexo rápido a lápis ata a finalización en acrílicos dun hórreo cunha perspectiva de fugas moi exaxeradas. Baixo as explicacións técnicas deste pintor sevillano realizáronse obras pintadas plein air como se dun concurso de pintura rápida se tratase. Cómpre agradecer a colaboración do leCRAs de Dodro que nos facilitou un local para o desenvolvemento do obradoiro.


ALBERTO FERNÁNDEZ HURTADO Workshop

Comeza a desenvolver a súa actividade como artista multidisciplinar despois de estudar ilustración na Escola de Arte Superior de Deseño “Casa de los Picos” de Segovia. Despois dunha formación autodidacta, na que intercala os Estudos Superiores de Deseño de Produto, ingresa na faculte de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. É becado en 2007 pola Real Academia de Historia e Arte de San Quirce. A súa obra foi recoñecida con máis dun centenar de distincións nos últimos anos, sendo premiado en certames de prestixio como o de Sainte-Maure de Touraine, Exército de Terra, AXA, El Pardo, Valladolid, Ciudad Real, Palencia, Lugo, Ferrol… Entre os seus proxectos máis salientables destaca o que realizou en colaboración co programa de televisión Mi casa es la tuya presentado por Bertín Osborne, onde retrataba aos personaxes invitados.

El grito, óleo sobre táboa, 120x168 cms


Alberto sempre recorda a súa carreira como ciclista profesional, onde era coñecido como Colombia, alcume polo que moitos o indentificarían na pintura. Aos 27 anos deixa o ciclismo para dedicarse de cheo á súa carreira artística. Considerado un dos grandes retratistas españois contemporáneos. Entre as súas series destacan a representación de cans, moitos enxaulados, atados, “esperando el domingo” que viría a ser como unha metáfora de como a maioría de nós esperamos a que chegue a fin de semana para sentirnos liberados.

Fernández Hurtado é un artista de gran simboloxía en todas as súas obras. O seu workshop centrado no retrato tivo lugar no mes de febreiro en Dodro, nas instalacións de leCRAs. Alberto é un mestre con gran dominio da figura humana e que cando ensina emprega explicacións argumentadas teoricamente. De maneira sosegada ilustra o seu discurso, exemplificándoo de maneira que todos poidan entender os conceptos que el intenta transmitir.


l<RATOS restaurante

Tlf. 981 942 399


36 olladas de

artistas de GALEOSKA ÷ÿÄúÿ ú «® 4 G#OlE


Eduardo Rivo

http://eduardorivo.com


Eduardo

Rivo Fotógrafo e médico (O Doutógrafo) Lugar e ano de nacemento Ourense, 1976.Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo Manselle (Dodro, A Coruña). Como foron os teus comezos? Pois dende moi pequeno, fascinado polo prodixio tecnolóxico de premer un botón e obter unha imaxe. Despois veu descubrir os clásicos e tamén a alquimia do positivado na penumbra do laboratorio. Penso que así foi que, pouco a pouco, fun desenvolvendo unha adicción e unha intencionalidade no acto de fotografar. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Nunca penso para min nunha traxectoria fotográfica. Prefiro vagar pola fotografía demorándome naquilo que me chama. Gozo particularmente dos encontros: unha exposición colectiva, alguén que che amosa o seu interese pedíndoche unha exposición, que o retrates, que trates un determinado tema ou que ilustres o seu libro ou disco. Paradoxalmente, prefiro camiñar en solitario pola fotografía mais valoro moito eses intres de conexión porque a fin de contas a fotografía é un acto comunicativo. A que artistas admiras e por que? Ós honestos consigo mesmos, que chegaron ó éxito porque se lles cruzou no camiño, pero que non se afastarían dese camiño en ningún caso. Por que? Pois porque o éxito e o fracaso son dous impostores e, por outra banda, non considero posíbel a arte dende a impostura. Como definirías a túa obra? O panorama actual é, afortunadamente, extensísimo. Máis accesíbel que nunca tanto para crear como para consumir. Pero, evidentemente, tanto trafego xera moito ruído. En canto á miña obra, penso que neste intre olla máis para os clásicos que para os contemporáneos. Especialmente para os clásicos contemporáneos. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Por exemplo cando os mariñeiros da Arousa me pediron que decorase o seu local coas fotos que lles fixen. Aí decátaste de que comprendiches algo do que viches. Aí hai conexión. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Levo moitas cousas a un tempo, pero o que me está a ocupar máis neste intre é o Que inchadiña branca vela!

29


MarisĂŠ Canda

www.marisecanda.es


31

Marisé Canda

Cimadevila Pintora Lugar e ano de nacemento. Caldas de Reis, 4 de setembro de 1968. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Caldas de Reis. Como foron os teus comezos? Eu comecei de forma autodidacta, desde nena atraíame a pintura e o debuxo pero non foi ata xa na idade adulta cando comecei a formarme con libros e talleres de mestres de recoñecido prestixio. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Empecei xa de maior a meterme máis de cheo, neste mundo da arte, pintando, expoñendo e na actualidade insinando con obradoiros de pintura e actividades extraescolares a nenos. Eu aínda que probo con todos os materiais e técnicas, as que máis uso son o óleo, acrílico e pastel. Os temas van por series, aínda que a máis recurrente é a figura femenina que a uso para, dalgunha maneira, desvestir a Alma e os sentimentos máis profundos e ás veces escuros. Outras agrego elementos tan comúns como paraugas, que aínda que é algo común, a min transmíteme moitas sensacións, será por ser esta terra galega onde case sempre chove. Outras veces agrego un sombreiro. Tratando sempre a figura con moito mimo e buscando a forma de transmitir un sentimento, que o espectador ao ver a obra, sinta o que eu quero expresar. Outra serie que é a que estou desenvolvendo na actualidade é a paisaxe urbana, pero metendo na escena figura e algún paraugas porque a choiva é a que máis me inspira. A que artistas admiras e por que? Teño unha lista moi longa pero así de admirar máis pois a Quintana Martelo polo seu hiperrealismo e como cousas cotiás que vemos todos os días, el as amosa dun xeito que che fai pensar e observar detidamente. Tamén me gusta moito Antonio López. Galegos máis antigos Sotomaior o que máis, pero bueno!! Hai moitísimos aos que admiro. Como definirías a túa obra? A miña obra non sabería como definila quizais sexa expresionista pola forma na que trato a figura para expresar o que quero transmitir ao observador, que non se quede co concepto de que a obra é bonita ou fea quero que sinta ao vela o que eu quixen transmitir.

Cal é o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Para min calquera evento é importante por moi sinxelo que sexa, dende unha simple exposición colectiva ata unha individual nunha boa sala de exposicións. Se teño que destacar algo que me gustou enormemente foi o galardón do Galo de ouro que me concedeu o concello de Portas pola miña traxectoria, teño moi bo recordo dese detalle e dese día. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Seguir traballando, formándome con cursos, talleres e expoñer.


Bengua

https://www.facebook.com/hugomario.pereirabengua


Bengua Escultor e pintor Lugar e ano de nacemento. Paysandú, Uruguay, 20/05/58. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. O Grove. Como foron os teus comezos? Taller Torres García 1980-1985. Belas Artes 1987-1989. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Sempre fixen a s d úas a rtes, e n i nverno p intura e n o verán escultura. Ambas as dúas foron progresando á par. Galicia permitiume facer esculturas en granito, unha pedra moi abrasiva. Gústanme os desafios, basta que me digan, non se pode facer e antes ou despois sei que o lograrei. A que artistas admiras e por que? A Picasso e a Torres García. Admíroos pola súa grande aportación ás artes plásticas. Como de inirías a túa obra? A miña obra é figurativa. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Primera Bienal Escultura O Grove 2011. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Vl Bienal Escultura O Grove 2021.

33


Sou Too

www.soutoo.es


Sou Too

35

Pintora

Lugar e ano de nacemento. Cuntis o 17 de outubro de 1963. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Cuntis. Como foron os teus comezos? Os meus comezos foron no obradoiro de Alberto Castro Couso e na escola de artes e oficions de Vigo. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Sempre me recordo con lápices de cores e papel como todos os artistas, aos 16 anos comecei a pintar no obradoiro dese gran pintor, Alberto Castro, ao mesmo tempo asistín á escola de artes e oficios, agora estou nunha etapa na que a pintura e o debuxo ocupan unha parte do día a día, pertenzo ao grupo GALEOSKA formado por grandes artistas. A que artistas admiras e por que? Admiro aos impresionistas: Monet, Paul Cézanne, Pierre-Auguste Renoir…, entre outros. Como definirías a túa obra? Crear libremente eso é para min arte contemporáneo, deixar ao artista plasmar a súa obra sin necesidade de guiarse por algo establecido anteriormente. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Un dos últimos, a exposición colectiva de Galeoska no auditorio de Vilagarcía.

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Estou facendo debuxos de fotografías tomadas ao azar das que tomo por modelo a unha das persoas que aparecen nela. Debuxo con grafito e lápises de cores. Proximamente experimentarei con diversos materiais e formas.


Ana Cancela

www.anacancela.com


37

Ana

Cancela Pintora Lugar e ano de nacemento. Santiago de Compostela, 1957. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Sanxenxo. Como foron os teus comezos? Os meus primeiros pasos na pintura foron con 19 anos, cando me instalei en Santiago de Compostela para estudiar psicoloxía. Asisto á Escola de Arte dun pintor moi reconocido en Santiago, Xoan Pardiñas, do Grupo Matisse. Desta escola quedoume a experiencia de traballar con texturas e area, que logo utilicei moito na miña etapa costumista. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña primeira exposición individual sería na antiga Caixa de Pontevedra en Raxó, no 1999. Unha fase na que predominaban os desnudos. A miña etapa máis creativa foi desde o 2000 ao 2005. Neste período todas as miñas exposicións foron individuais e movinme moito por Santiago. Foi unha época costumista, na que trataba de reflectir a vida da muller do rural de antaño, seguindo a liña da “Vanguarda histórica galega”, que admiraba, me inspiraba e me liberaba da pintura academicista. Despois dun parón desde o 2005 ao 2009, por motivos persoais, ingreso en Belas Artes, o que me deu a oportunidade de experimentar noutros campos. A que artistas admiras e por que? Na miña fase costumista tiven como referencia a toda a vangarda galega. Na abstracción o meu pintor favorito é Gerhard Richter, gústame o seu traballo co proceso e a materia e como a través da abstracción, pura e dura, chega a cadros que nos falan de paisaxes e de naturezas especiais. Aínda que na actualidade estou facendo unha aproximación ao hiperrealismo séguenme fascinando os pintores que con poucas manchas son capaces de expresar todo como Fernández Hurtado ou Sorolla. Gústame Quintana Martelo e esa forma de combinar o hiperrealismo ou os fondos abstractos.

Como definirías a túa obra? Pasei polo realismo, impresionismo, expresionismo, abstracción e agora hiperrealismo. Quizais, nestes momentos apetéceme traballar no realismo e en proxectos de arte subxectiva, ligada ás emocións e ao simbolismo, con temática feminina. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demáis? Sen dúbida a exposición na Sala Torrado, en Cambados, en 2018, “Conversas inesperadas”. A importancia da Sala, o feito de ser comisaria da mesma, a participación do meu grupo de Belas Artes e pola axuda en todo momento de Xosé Vaamonde que nos ensinou moitísimo. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Neste momento traballo nunha serie de cadros de temática feminina, na que predomina a idea subxectiva das emocións e o mundo simbólico que a acompaña. O meu próximo traballo será adentrarme no mundo da paisaxe, na que traballei moi pouco.


Bernardo Seoane

https://www.facebook.com/bernardo.seoanesobral


Bernardo

Seoane Escultor Lugar e ano de nacemento. Vigo, 1947. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Arcade. Como foron os teus comezos? Fragüei as miñas inquietudes pola escultura na escola de artes e oficios “maestría” de Pontevedra. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Escomencei con obras de reciclaxe de dimensións medias, e o tempo foime levando a tocar outros materiais dentro da escultura. A que artistas admiras e por que? Sen dubida Leonardo da Vinci. Xa non solo pola súa obra, claro exponencial do renacemento, admiro a capacidade inventiva, a imaxinación infinita recollida nos seus arquivos. Como definirías a túa obra? Teño obras con tendencias dispares. Unha con clara liña realista, outra lévame a realizacións máis abstractas, e por último unha serie de esculturas que son unha homenaxe ao absurdo da sociedade. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Mostra das miñas esculturas de locomotoras na estación de trens de Vigo, pola afluencia e repercusión desta. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Ampliación e melloras no meu museo particular.

39


Mavi CastaĂąeiras

https://www.mavicastaneiras.com


Mavi

41

Castañeiras Pintora Lugar e ano de nacemento Vilagarcía de Arousa en 1965 Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vilagarcía e Pontevedra Como foron os teus comezos? A miña relación coa pintura vén dende a infancia. Dende moi nova quedei atraída e fascinada pola arte. Pintaba, facía pequenos bustos e frores con modelado de arxila, barro, xeso, miga de pan... Sempre autodidacta. Cando tiña 14 anos, fíxenme cun maletín con óleos e comecei a dar os meus primeiros pasos. Naquel momento asistín a algúns talleres de pintura, onde aprendín a manexar os óleos, a mesturar cores, a facer sombras, volumes... A partir de aí seguín só facendo o que me pedía o corazón. Aínda que o meu desexo era estudar Belas Artes, o destino fíxo que me licenciara en Pedagoxía na Universidade de Santiago. Nesa cidade, fascinante e inspiradora, estiven sempre en contacto con artistas e estudantes do mestre Mateo cos que seguín pintando e experimentando. Foi en Novembro de 2002 cando realicei a miña primeira exposición. Falanos da túa traxectoria artística? Dende o 2002 que comecei a expoñer, realicei exposicións individuais e colectivas en diferentes cidades de Galicia e Portugal. Este ano 2019 participei na mostra internacional de arte contemporanea “Art in Lima” en Ponte da Lima, en GoisOrosoArte, nunha exposición colectiva do grupo de artistas galegos Galeoska na sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e fixen dúas exposicións individuais: “Onde comezan os meus soños” na gastrotaberna “Churruca” en Vilagarcía e “Dos soños á imaxinación” no Centro Artístico Deportivo “CAD Gato Negro”, Vilagarcía. A que artistas admiras e por que? Como dixen antes amo a arte, polo tanto estou atraída por moitos estilos de pintura. Podo citar os clásicos da pintura Leonardo da Vinci, Caravaggio, Turner, Velázquez, Goya, o Greco, que, entre outros, son quen de facerme sentir fóra do tempo e do mundo ao contemplar as súas obras. Son apaixonada por Picasso, Cézanne, Modigliani, Matisse, Gauguin, Klimt... Como definirías a túa obra? Aínda que non me gusta encaixarme, e tendo en conta que todo ou case todo está inventado na arte, facendo referencia con isto a que neste momento é moi difícil presentar unha obra sen poder relacionala con algunha influencia do que xa existe. Nestes momentos podería definirme como expresionista moderna. Digo

agora mesmo porque sigo buscando e experimentando sen fin, polo que non podo dicir cara a onde evolucionará o meu estilo. O que sei é que a pintura fascíname, móveme e seguirei traballando para expresar as emocións e inquedanzas que necesito transmitir. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? A participación na mostra internacional de arte contemporáneo Art in Lima 2019. Cales son os teus próximos proxectos? Actualmente teño a honra e sorte de que, a fabulosa e internacional artista Carmen Tóuza, á que admiro profundamente, me convidou a pintar no seu estudo dende xullo do ano pasado. En novembro unha mostra individual no “Sistrel” en Cambados e participación en tres mostras colectivas unha do grupo de artistas galegos “Galeoska” no Centro Artístico Deportivo “CAD Gato negro” en Carril, na “Tenda da Ponte” en Cuntis, a na Casa da cultura de Bandeira.


Marga Santiago

margasantiago@ga


Marga

43

Santiago Acuarelista

Joseph Mallord, William Turner, pola súa experimentación, polo uso da luz e da cor nas súas obras.

Lugar e ano de nacemento. Vigo, 1964. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Traballo en Santiago de Compostela. Como foron os teus comezos? Comecei na miña infancia facendo as fotografías familiares e pintando paisaxes abstractas en acuarela. Na universidade tiven a sorte de desfrutar dun laboratorio de fotografía en branco e negro e moitas tardes e noites pasábaas nel, en detrimento dos meus estudos de Matemáticas. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A fotografia acompañoume sempre, mais o cambio a dixital supuxo unha crise na miña produción. Hai 5 anos decidín mergullarme no mundo da acuarela, lembraba con intensidade a transparencia e a fusión de cores da miña infancia. Coñecín a un mestre chinés, e a miña vida mudou por completo, era incrible ver como Li Chi Pang, plasmaba miles de anos de sabiduría co seu pincel e tinta chinesa. Ese día souben que a acuarela se instalara na miña vida para sempre. Comecei a asistir a obradoiros de acuarela cos mellores acuarelistas, como Paco Castro, Manolo Jimenez, Cesc Farré, Nícolas López, Dario Percy Ccallo, Mustapha Ben Lahmar, etc. Son membro de Boscquejeros dende 2016 e cofundadora da agrupación de acuarelistas de Galicia. ACUGA dende 2018. A que artistas admiras e por que? Francisco de Goya, aos nove anos coñecín as súas obras negras e impresionáronme profundamente, a súa composición era moi moderna, con figuras descentradas. Ese desequilibrio, a oscuridade e a temática e a pincelada solta, conseguían producir en min unha desazón e ao mesmo tempo unha grande admiración.

Como definirías a túa obra? Intento plasmar a esencia do que me rodea, da xente e das paisaxes ou simplemente do que imaxino. Prefiro traballar ao aire libre e esencialmente con acuarela.O meu camiño artístico vai dende o puramente figurativo ata o máis abstracto e minimalista. Tento cada día experimentar novas formas de expresión a través da auga, o pigmento e a luz, aproximando a miña obra a un poema visual. Cal é o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? O encontro de urbansketchers en Porto en 2018, ver a cidade chea de debuxantes foi unha experiencia marabillosa. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estas a traballar? Estou comezando cun caderno de viaxe sobre o camiño de Santiago que realicei con 3 pintores chineses. Outro proxecto é en formato grande, sobre a emigración e o mar que xa está iniciado, e tamén hai tempo que teño en mente ilustrar un libro de carácter científico.


Teresa CaramĂŠs

https://www.facebook.com/teresa.caramesmaceira


45

Teresa

Caramés Pintora Lugar e ano de nacemento. Bandeira (Pontevedra), 10/10/1949. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Bandeira. O meu estudo téñoo na propia casa onde vivo. Un lugar cómodo, con espazo onde aproveito todo o tempo que podo para esta actividade. Como foron os teus comezos? Comecei a pintar nun cursiño que impartiu Francisco Alén, que estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Sempre tiven especial interese pola pintura, coñecementos de como traballala e dos seus complementos. Fixen varias exposicións individuais e colectivas, que gustaron moito e nas que foron vendidas varias obras. Formo parte do grupo de

Artistas do Deza, na Colección do Museo Ramón Aller de Lalín. E estes pequenos recoñecementos animan a seguir pintando e expoñendo. A que artistas admiras e por que? A Monet e a Sorolla, pola luz e polas cores. Como definirías a túa obra? Realista e con predominio da natureza. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Unha clase intensiva de 12 horas co mestre Diego F. Columé. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Unha serie sobre a miña vila, Bandeira.


Abel Barandela

https://www.facebook.com/abel.barandelaelartista


47

Abel

Barandela Pintor Lugar e ano de nacemento. Ourense, 1972. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Sanxenxo. Como foron os teus comezos? No instituto tiña materias optativas de deduxo artístico. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Son un eterno aprendiz de pintor, desde o 2006 estou matriculado no Centro de Artes Plásticas de Sanxenxo, ano no que comencei a expoñer primeiramente participando en distintas exposicións colectivas. No ano 2008 desenvolvín a técnica de mesturar o pouso do viño con cores acrílicas. A pesar de ser pintor afeccionado, esta técnica despertou interese entre o público e en distintos medios de comunicación. A que artistas admiras e por que? Non me quedaría con un, e non teño que visitar un museo para ver obras que me fan estremecer os xeonllos, hai

outras que che deixan coa boca aberta, como as de Raúl Gil, Eduardo Bahamonde, Xandre, Martina Bugallo, Sergio Ribeiro e Triñanes, Carlos Besada e un longo etcétera. Como definirías a túa obra? En proceso de evolución, si é verdade que Galicia é o eixo central dos meus traballos. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Todos os meus eventos son sempre moi discretos polo que non elexiría ningún en concreto. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? O próximo decembro no Liceo de Noia farei unha exposición con Chus onde representamos os rostros no panorama.


Carmen Sampedro

https://www.facebook.com/carmen.sampedrolopez


Carmen

49

Sampedro Pintora A que artistas admiras e por que? A primeira vez que visitei o Museo do Prado quedei abraiada polo mundo que alí se me abría: Rubens coas súas formas e volumes, Sorolla coa súa luz e cor intensa, Bacon co seu mundo fantástico, imaxinativo, reflectindo a vulnerabilidade humana, tantos e tantos… Hoxe en día non podo nin debo nomear a ningún en concreto! Hainos tan bos! de todos eles intento aprender un chisquiño. Como definirías a túa obra? Defínome como pintora figurativa pero non realista dun xeito total. En cada cadro poño moito de min, e sempre son un reflexo do meu estado de ánimo, pinto por impulsos e iso lévame a ter un sinfín de estilos, aínda que descubrín que grazas á pintura cada día son un chisquiño máis serena e reflexiva. Gústame utilizar indistintamente óleo ou acrílico. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Gardo un especial recordo da niña primeira exposición individual e aínda que se di que “ninguén é profeta na súa terra” eu decidín facela en Ribeira, arroupada dos meus veciños, amigos e familiares, esa exposición foi o punto de partida da niña traxectoria artística.

Lugar e ano de nacemento. Nacín en Santa Uxía de Ribeira en 1956. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Traballo en Santiago de Compostela. Como foron os teus comezos? A pintura, sempre estivo presente dende que eu recordo pero non puiden adicarme a ela ata que as miñas obrigas familiares me deixaron tempo libre. Aínda así, compatibilizo a miña profesión como docente coa miña gran afección e espero poder adicarme a ela ao 100% algún día. Os meus comezos foron autodidactas e máis tarde ampliei a niña formación nos talleres dos artistas Xurxo Martiño e Raúl Gil. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Comecei pintando as miñas vivencias máis cercanas. Medrei á beira do mar o que fixo que as paisaxes de costa, rochas e criaturas mariñas foron temáticas recurrentes de moitos dos meus cadros, aínda que a ansia de experimentar lévame de continuo a buscar temáticas e estilos diferentes.

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Teño previsto en próximas datas, exposicións colectivas en Cuntis, Bandeira e Carril, algunhas delas con artistas do grupo Galeoska e para o mes de agosto, estou preparando unha mostra individual en Cabo de Cruz (Boiro).


Nieves Castro Lara

www.castrolara.com


Castrolara

51

Pintora

viñeron as exposicións, a pouquiño, na medida que me permitía o meu papel de nai. E seguindo a pouquiño, presentándome a algún certame. E entre tanto, coñecendo a personas marabillosas dentro deste mundo. Que tamén as hai. A que artistas admiras e por que? A moitos. Fascinoume sempre coñecer a vida de artistas de diferentes épocas e como loitaron cos seus monstros para manterse fieis á súa necesidade de expresarse. Dá igual a técnica. Así que admiro a tantos que sería complicado enumerar. Pero sempre tiven certa inclinación inexplicable por Klimt. Como definirías a túa obra? Para min é unha búsqueda continua do cadro perfecto. De poder expresar e chegar a transmitir. Experimentei moitas técnicas durante o proceso. É unha búsqueda e unha necesidade ao mesmo tempo porque é o motor do meu dia a dia. Un día sen pintar é como levantarte e non tomar café para a que é cafeteira. Calquera outro tipo de definición, valoración, colorista, expresiva etc., déixoa para quen a ve. Lugar e ano de nacemento. Córdoba, 1975. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Betanzos, A Coruña. Como foron os teus comezos? Comecei a pintar moi pequena no estudio de meu pai, tamén pintor. Daquela, el tiña que manter a familia con outro traballo polo que non me deixaron estudar Belas Artes. Considerábano unha pérdida de tempo. Así que me licenciei en C. Biolóxicas. Pero a miña vocación fixo o resto. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Formeime no estudio doutros pintores cordobeses mentras sacaba a miña licenciatura en Bioloxía. Tiven varios traballos ata que finalmente a miña vocación foime dirixindo a ter cada vez máis clara a miña profesión. Empecei impartindo clases de pintura para poder exercela. Trátase dunha profesión dura, pouco valorada mesmo entre algúns compañeiras e compañeiros de profesión. Esa é a vanidade estúpida do artista, que desgraciadamente hai moita. Logo

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? CREATAS a primeira feira de arte independente que se realizou en Betanzos e da cal fun codirectora do proxecto. Realicei o cartel de presentación e o catálogo. Disfruteino tanto todo, foi tan fermosa e participou tanta xente marabillosa que ten un oco para sempre comigo. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? O meu proxecto (de vida) é continuar creando, aprendendo, experimentando e poder chegar a vivir da miña pintura. Iso significaría que a miña obra fai sentir algún tipo de paixón, esa que no fondo, cualquera artista desea. “Quero esa obra, gústame esa obra, necesítoa”. “El puntito vanidoso ese de todo artista pero sin llegar a la estupidez”.


Josef Méndez

https://www.facebook.com/ArteHorror/


Josef

53

Méndez Pintor Lugar e ano de nacemento. Pontevedra, o ano no que nacín é un segredo. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vigo. Como foron os teus comezos? Sempre debuxando dende neno. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Pois son autodidacta, e cada ano intento expoñer unha vez cada mes en diferentes cidades. A que artistas admiras e por que? Moitos: Arnold Blockin, Gustave Doré, James Ensor, Norman Rockwell, Frank Frazzeta, Basil Gogos, Richard Corben, Berni Wrightson, Juan Giménez etc. Como definirías a túa obra? Terrorífica e speedíca :). Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? O primeiro fóra de España, en Oporto coa miña temática de motor en 2014, o primeiro fóra da península en 2016 en Sheffield (na Horrorcon Uk) e en Dortmund en 2018 cando puiden coñecer o autor dun dos meus personaxes favoritos Freddy Krueger (Robert Englund).

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Pois agora acabo de acabar de expoñer e pintar nun festival aquí en Vigo (GFFF) e en novembro irei expoñer a Bilbao na feira de coches clásicos celebrada no BEC, aínda que antes terei que facer un cadro para o aniversario dunha empresa de aquí de Vigo. E bueno nun futuro próximo ademais de facer máis cadros quero empezar a facer esculturas tamén.


Berta Lima

www.facebook.com/berta.limamilla.7


Berta

Lima

55

Pintora

Como definirías a túa obra? Como a Arte de Ver todo o que me rodea e de transmitir o que sinto... Nacemento ou posta de sol... O transcorrer dun río ou a súa desembocadura no Mar... Desfrutar día a día da Natureza... Observar os seus belísimos Ceos... Impactarse co poder destructivo do Lume. SOL, RÍO, MAR, NATUREZA, CEOS, LUME. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Se tivese que destacar un, quizáis o primeiro que fixen en Sanxenxo. O por que, non o sei… Vinme rodeada da miña familia e amigos, ou tal vez porque era a miña primeira mostra e sentíame feliz de poder ver e compartir a miña obra "El Arte de Ver".

Lugar e ano de nacemento. Sanxenxo, 1946. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Sanxenxo. Como foron os teus comezos? De inquietude, ganas de facer e transmitir todo o que vía. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Sempre me gustou observar, debuxar e pintar todo o que os meus ollos ven pero non sempre, o puiden facer (son profesora e nai de familia numerosa)… pero “nunca es tarde, cuando la dicha es buena"e é agora cando podo desfrutar dos pinceis. A que artistas admiras e por que? Gústanme moito os impresionistas (Monet, Manet, Renoir, Degas, Cezanne, Gauguin) porque é co estilo co que máis me identifico. Podería destacar entre eles a Vicent van Gogh; a súa humanidade; os seus rasgos marcados que indican o seu estado de ánimo, e a vida tormentosa pola que pasou…Nunha palabra, reflicten o seu Eu, por suposto e como española, Sorolla a partir da súa segunda etapa despois do seu contacto cos impresionistas, pintura ao aire libre, a luz e cor do Mediterráneo, ademais da figura humana sobre o fondo da praia.

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Por motivos personales, estoume implicando moito na familia, valores e todo o que me rodea e que observo a través del "ARTE DE VER".


Josecho Gonzรกlez

Josecho_pinceladas


Josecho

57

González Pintor Lugar e ano de nacemento. Carballo, 04/02/1969. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Carballo. Como foron os teus comezos? Sempre me gustou a pintura, pero realmente empecei a pintar como método de relaxación e válvula de escape ante una situación familiar que se alongaba no tempo. Por iso digo que cheguei a isto por causalidade. A raíz disto fun acumulando obras, as cales regalaba aos amigos. Amizades que logo me animaron a ir mais alá e dar un paso para facer unha exposición. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Debido a que acabo de empezar a miña traxectoria é curta. Comezou a través dun amigo que me ofreceu o seu local para facer a miña primeira exposición. Logo foron aparecendo algúns mais. No medio diso atopeime con GALEOSKA (un grupo de artistas de diferentes disciplinas) a través do cal se me foron abrindo novas oportunidades para mostrar os meus traballos, participando en exposicións colectivas e individuais, presentándome a diferentes concursos e bienais. A que artistas admiras e por que? Desde Kandinsky, Malevich, Mondrian... aos latinoamericanos Oiticica, Fanny Sanin... así como os galegos Seoane, CAruncho, Peteiro... Todos influíron dalgunha maneira no meu estulo pictórico, ben polas cores ou pola simplicidade das formas

Como definirías a túa obra? Os meus traballos están influenciados pola abstracción e a xeometría, que se manifesta a través dunhas formas que se definen pola composición minimalista e harmoniosa. Cada cadro exprésase como obra en si mesma, e non como un concepto externo, coa cor e o fondo como protagonista. Un exercicio de pureza visual. Reivindicando, así, as posibilidades da forma e da cor como medio pictórico e rendindo culto á abstracción. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Todos os eventos teñen a súa importancia, sempre que se fagan con ilusión. Pero o máis importante ata o día de hoxe dentro da miña curta traxectoria, foi presentarme por primeira vez á Bienal internacional de arte no Morrazo 2019 e ser seleccionado. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estas a traballar? Continuar coas diferentes exposicións e elaboración de novas obras seguindo coa liña da xeometría e procurando introducir novos elementos.


María José Puente Vázquez


María José

Puente Vázquez Pintora Lugar e ano de nacemento. A Coruña, 1971. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Boiro. Como foron os teus comezos? Siempre tiven a pintura ao meu redor. Varios membros da miña familia pintaban, polo que, foi algo co que sempre convivín. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña pintura é figurativa, con incursións no realismo e hiperrealismo. Pinto ao óleo maioritariamente, aínda que disfruto con calquera técnica pictórica. A miña gran paixón é a pintura ao aire libre. Imparto talleres. E intento seguir formándome, asisto ás clases da pintora hiperrealista Raquel Di Carvallo. A miña traxectoria profesional acolle múltiples premios e exposicións. A que artistas admiras e por que? Diría que á artista Raquel Di Carvallo, polo seu crecemento como artista e a forza das súas obras. Como definirías a túa obra? Pintura figurativa que vai cambiando e evolucionando co tempo, estando sempre moi presente o mar e o meu entorno. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? O primero concurso de pintura ao aire libre de Sanxenxo. Foi onde me dei conta do disfrute da pintura rápida. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Preparándome para iniciar o traballo nunha nova exposición.

59


Alain Fondo

Facebook: alain fondo art Instagram: alainfondoart


61

Alain

Fondo Lugar e ano de nacemento. Avilés (Asturias), 07 de Novembro de 1979. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Iñaño (Cabana de Bergantiños) A Coruña. Como foron os teus comezos? O contacto co debuxo foi xa dende moi neno, e na etapa escolar, participando en concursos escolares. Debuxando e practicando moito como pasatempo, e co tempo chegaría a facer os primeiros encargos e algún traballo mural xa en pintura. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Despois dunha longa inactividade no tempo, hai un par de anos retomei de novo, con moito traballo, encargos, cursos presenciais, cursos en liña, moita lectura, práctica e con algunha exposición individual feita. A que artistas admiras e por que? Os meus gustos de pintura son bastante amplos en referencia a artistas e estilo tanto clásicos como contemporáneos pero desde sempre tiven especial admiración polo pintor valenciano Joaquín Sorolla, del gústame toda a sua obra, esa pincelada, o trato da cor, a luz que lle achegaba, e o motivo cotiá das mesmas. Como definirías a túa obra? Comecei de forma figurativa e indo o realismo buscando o parecido no representado porque me era mais sinxelo reproducir pero pouco a pouco vou cara ao figurativismo abstracto, fuxindo do realismo. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? De momento aínda estamos facendo camiño pero por mencionar un, a primeira exposición que fixen en Vilalba (Lugo) no 2017, foi especial, como algo que tiña pendente. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Teño moitos en mente e en proceso, como encargos pero a falta de poder dispoñer de máis tempo, a vida, o traballo do que dependo neste intre, non me dá para máis, pero proximamente desexo organizar unha exposición de traballos feitos ata hoxe e novos, na localidade onde pasei a maior parte da infancia e na que hoxe estou máis a miúdo que é Cabana de Bergantiños.


Paco Ventoso

https://www.facebook.com/francisco.ventosocardalda


Paco

63

Ventoso Fotógrafo Lugar e ano de nacemento. Vilanova de Arousa, 30 xuño 1966. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vilagarcia de Arousa-ATorre. Como foron os teus comezos? Comezamos o meu actual compañeiro de búceo Angel Manuel Rey no ano 2002 a facer algunha fotografía con unha cámara pequeniña de carrete. Fomos evolucionando cos anos ata hoxe con cámaras de vídeo de alta definición e fotografía reflex. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Fomos campeóns de España por equipos con Galicia 2011-2018 e 2019, subcampeóns 2017 en Tenerife, vídeo medalla de bronce 2018 en Murcia, individual en vídeo e este ano fomos quintos en Girona. Hai moita competitividade. En fotografia-submariña tamén gañamos varios campeonatos os últimos anos dentro do circuíto galego de fotografía que organiza a federación galega FEGAS. A que artistas admiras e por que? Non teño a ninguén en concreto. Como definirías a túa obra? Un hobby moi bonito.

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? CEVISUB (campeonato de España de video submarino) un documental. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Teño en mente un documental sobre a nosa ría.


Elisa Caride


E.

65

Caride súas obras, atráenme entre outras cousas. Artistas admirables, hai moitos, menos importantes (en fama) e máis próximos. Como definirías a túa obra? A miña obra é sinxela, sen definirse demasiado, algún estilo en concreto pinto o que me atrae no momento no que estou, e pode ser moi variado segundo o que surxa. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? O meu evento máis especial foi a primeira vez que participei en rápida, na rúa, en Noia. Coa xente pasando, vendo, preguntando. Pensei “a ver como saio desta”. Emocionalmente foi intenso, non me podía crer que acabara o cuadro (risas). Lugar e ano de nacemento. En Gondomar, o 16 de decembro 1964. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Esparela, Gondomar. Como foron os teus comezos? No colexio “mis primeros trabajitos”, que retomei aos veinte anos cando me regalaron un maletín completo de pintura con moito medo de estropear o lenzo (non me atrevía) ata que o fixen e sorprendinme do resultado, e aí empecei. Son autodidacta. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Autodidacta, pero necesitaba técnica, e estiven un curso con Claudio Maseiro, os meus primeiros cadros bastante realistas, algúns por series, figura, paisaxe etc. Pintaba de maneira non continuada no tempo, deixando e retomando, ata que me encontrei con Solveira “Chicho”, que me animou a saír á rúa a pintar, en grupo e pasalo ben. Paseime do óleo ao acrílico e xa me viciei con el. Participei co grupo nalgún concurso de rápida, e en algunha exposición colectiva, e enriquéceme estar en grupos de pintura, onde aprendo, divírtome, e coñezo persoas encantadoras. A que artistas admiras e por que? Pois a moitos, por decir algo, anteriores: a Sorolla e Vermeer, basicamente pola luz na súa obra. Actual, gústame Lita Cabellut, creo que pola súa valentía, expresividade e o gran tamaño das

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Os meus próximos proxectos son seguir pintando sempre que poida, sen grandes ambicións, seguir en contacto co mundillo que rodea a pintura, para seguir aprendendo e desfrutando da compañía de xente interesante e estupenda da que podo aprender.


Tono Lorenzo

Facebook Tono Lorenzo Guisado


Tono

67

Lorenzo Guisado Pintor Lugar e ano de nacemento. Mondariz Balneario 1967, Ourense. Como foron os teus comezos? De neno dábaseme ben debuxar, e de mozo nin estudaba nin pintaba e nin interés tiña, sumado á economía familiar que era nula, as perspectivas de facer estudos eran complicados. Non foi ata os 30 anos cando tomei contacto coa pintura, óleos e demais, nun grupo de empresa onde traballaba como enfermeiro. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Comecei a formarme asistindo a clases particulares no estudo de diversos pintores en distintas cidades, debido á mobilidade polo meu traballo. Un par de anos na aula de pintura da Escola de Artes e Oficios de Ourense. E cando empecei a tomalo en serio fixen moitos talleres ou workshops de pintores dos que gosto e aos que coñecín principalmente polo Facebook. Aprendendo deles técnicas, estilos e modos de facer que eu ía levando ao meu terreo. Algunha exposición individual e unhas cantas colectivas mais un par de recoñecementos forman a miña traxectoria. A que artistas admiras e por qué? Admiro a moitos pintores españois vivos que non vou nombrar, e dos que teño aprendido moito. Dos outros, están entre os meus preferidos: Sorolla, Velázquez, Hopper... e algún máis, pola luz, cor, forza, limpeza... da súa obra. Como definirías a túa obra? É difícil, deixaríao na man dos críticos. O meu facer mudou bastante dende o inicio ata agora. Actualmente interésame máis a expresión mediante a cor, a textura, a luz ou o movemento da pintura que a definición en si. Aínda que segundo o día fago o que me peta, sen estar suxeito a modas ou tendencias, podo ir do realismo ata a abstracción. Cal e o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Pois ese evento foi cando me deron o premio “Novos Valores 2011” da Deputación de Pontevedra, foi cando comecei a tomarme isto un pouco máis en serio. Tamén me prestou o recoñecemento por parte doutros pintores, ou que simplemente conten comigo para unha colectiva.

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estas a traballar? Seguir formándome, aprendendo, experimentado e deisfrutar coa pintura. Con que unha persoa se pare diante da miña obra para min xa é importante, que exista atracción. Teño proxectado unha exposición individual en León para o 2021, e algunha máis hai por aí sen concretar.


María José Rodríguez

https://m.facebook.com/todoenartemjr/


María José

69

Rodríguez Pintora Lugar e ano de nacemento. A Coruña,1961. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vilagarcía de Arousa. Como foron os teus comezos? Comecei dende nena, sempre me gustou pintar, coser, crear, e facer actividades artísticas e creativas. O meu coas artes é algo intrínseco e innato, se ben co paso dos anos fun adquirindo e ampliando coñecementos de xeito autodidacta. Pero por dicir unha data, foi no curso de oitavo de EXB, cando o profesor de plástica creou o Club Carlos Maside, para potenciar e darlles visibilidade aos alumnos que tiñan habilidades especiais para o debuxo e a pintura, e eu fun escollida para ser parte deste grupo de nenos artistas. Pero os inicios, verdadeiramente foron dentro do seo familiar, cando meus pais me mercaron os primeiros lapiceiros de cores, ou o encerado na que fixen os primeiros garabatos.

Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña traxectoria, como ben dixen na resposta anterior, poida que comece nese curso de EXB, despois durante o instituto e a miña carreira de Pedagoxía a actividade artística quedou nun segundo plano por falta de tempo. Cando a retomei lembro c on moita delicia os meus primeiros premios en cartelismo, e o meu cartaz foi o gañador para anunciar as festas dos callos de Meis. Despois seguiron outros, o da empanada de Bandeira, o do carneiro en Dodro, o do lacón con grelos en Cuntis, o da cerámica en Ponferrada polas festas da Encina… Logo distintos premios, pintura ao aire libre, en reciclaxe, en artesanía.... A que artistas admiras e por que? Son moitos artistas os que me gustan, pero por nombrar algúns: Monet, Renoir, porque a pintura impresionista sempre foi do meu agrado; Van Gogh, porque penso que é un xenio da pintura; Cézanne, polo colorido da súa obra; Constable, pola forma tan fermosa e maxistral que ten de plasmar as paisaxes... Como definirías a túa obra? A miña obra é multidisciplinar, ecléctica, tanto na forma, como na técnica, como no uso de materiais.... Por iso non teño un estilo definido, se ben no tema cor, decántome polas cores alegres e vivas. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Moitísimos tamén! As Balconadas de Betanzos; algunhas exposicións individuais moi gratificantes: a que fixen na igrexa de Santa María de Lagostelle con motivo do 50 aniversario da súa consagración; a que fixen no Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa; a que fixen no aeroporto Adolfo Suárez - Madrid Barajas... Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Proximamente unha exposición colectiva en Bandeira, na casa de cultura Vista Alegre. Outra colectiva, organizada por membros de colectivo Galeoska no Gato Negro de Carril; e a nivel individual, no mes de febreiro, teño unha exposición na casa de Galicia en Madrid.


Encarna Salas

Esalagu@gmail.com


Encarna

71

Salas Pintora e escultora con materiais de diversas formas, tanto “correctas”, como “incorrectas”, por si sos ou con outros materiais. Un punto de reencontro.

Lugar e ano de nacemento. Ferrol 5/10/1956. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Pontevedra Como foron os teus comezos? Os meus primeiros contactos coa a pintura foron nunha academia dirixida polo pintor Norberto Olmedo. Empezábamos aprendendo a debuxar, e pouco a pouco a pintar con óleo e acrílico, fundamentalmente bodegóns do natural que el mesmo instalaba. Despois un grupo de alumnos máis interesados, pasamos a realizar traballos pictóricos menos académicos, partindo de conceptos concretos para levar unha idea ao territorio plástico. Foi unha experiencia moi interesante. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña traxectoria comeza cando xa me independizo da academia e dos talleres esporádicos. Empezo a experimentar con diferentes materiais sen abandoar o lenzo, primeiro con area de mar tinguida con lacas, cristais, follas secas, telas, resinas etc. Despois prescindo do bastidor e inicio una serie de traballos de ensamblaxe combinando materias pictóricas con materiais pobres como: caixas de madeira, rótulos de metacrilato, obxectos de uso cotidián etc. Ao tomar esta dirección é cando decido facer Belas Artes. Tras finalizar, retomo o traballo de taller e de novo volvo á pintura e á exploración técnica máis consciente, experimentando

A que artistas admiras e por que? Robert Rauschenberg, c o cal me identifico pola súa capacidade de experimentación, polos materiais e soportes que usaba, así como polas súas técnicas de ensamblaxe. Richter, porque me sitúo no territorio da abstracción, e as súas opinións traducen o meu sentir artístico cando di da súa obra: “Son como modelos ficticios porque visualizan unha realidade que non podemos ver nin describir, pero de todos xeitos, existe(…) é unha necesidade (…) realizamos estas imaxes como posible explicación do inexplicable ou polo menos dunha maneira de lidiar con iso”. Elliot Hunddley, co que comparto a necesidade de expandirme polo espacio, e a proxección dun mundo fantástico. Como definirías a túa obra? Sitúome dentro da abstracción, aínda que non podo precisar unha definición concreta. Gústame investigar sobre os materiais e as súas posibilidades de expresión. Cal é o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? 2011. Proxectos de Espacio para 1 Espacio. Cambados Pontevedra. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estas a traballar? Estou traballando sobre as texturas e a súa clasificación, o tratamento que se lle pode dar a unha superficie a través dos materiais e o seu significado (suave, áspera, rugosa etc.).


Jorge Garrido

Instagram: phor.art


PHoR

73

Pintor Lugar e ano de nacemento. Madrid, 1981. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Pontevedra.

Como foron os teus comezos? Foron nos 90 en graffiti e con amigos. A continuación facía outras disciplinas artísticas Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Estudei nunha escola, ESDIP ilustración editorial e cómic; e en CBA estudei debuxo de modelo ao natural. Desde entón fixen expos, proxectos privados etc. A que artistas admiras e por que? A innumerables. De distintas disciplinas. A DAIM polo desenvolvemento que acadou o graffiti, a arte urbana alemáa finais de século. A Frazetta como precursor do estilo da arte fantástica. E artistas contemporáneos de nivel como Tibor Nagy, Schmid, Aspevig, Boedges, Chung-Wei, Mann, Jacob Dhein, Henrik Aa U., Casey Baugh etc. Como definirías a túa obra? Moi diversa. Retratista. Paisaxista e colorista, actualmente con unha serie de tendencia aos tonos fríos. Diversa con tendencia realista e figurativa. Agora unha liña de retratos a carbón de lendas musicais. Outra de paisaxe e arquitectura galega. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Supoño que calquera de pintura rápida ou lenta de certo calibre a nivel nacional e/ou calquera de pintura de certa importancia a nivel nacional polo seu número de participación ou historia. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Desenvolvemento e aumento da paisaxe con tonalidades reducidas.


Jose Luiz OubiĂąa

www.joseluizoubina.com


75

Jose Luiz

Oubiña Fotógrafo Lugar e ano de nacemento. Curitiba-Paraná-Brasil, 1959. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vilagarcía de Arousa. Como foron os teus comezos? A arte sempre estivo presente na miña vida, fixen a Facultade de Educación Artística na Universidade Federal de Paraná. Na propia facultade comecei a fotografiar e expoñer... Co tempo descubrín que a miña paixón podería ser a miña profesión e isto foi marabilloso. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Na arte practicamente toquei todos os paus, fixen algo de cine en 16mm, estudei teatro, participei nunha Orquestra de Harmónicas, e na facultade fun monitor de Fotografia (auxiliaba ao profesor de Fotografía). A que artistas admiras e por que? Cartier Bresson e o seu instante decisivo, Sebastião Salgado o maior fotodocumentalista do mundo, Elliott Erwitt o mestre da “fotografia callejera”. Como definirías a túa obra? Procuro que a miña fotografía conte sempre unha pequena historia, creando no espectador unha emoción... Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Festival Internacional de Fotografía Proxecta e a organización ao longo de 13 anos de Caritarte. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Estou preparando unha exposición sobre os meus trinta anos de fotografía.


Anetadocamilo

www.anetadocamilo.com


77

Anetadocamilo Pintora Lugar e ano de nacemento. Santiago de Compostela1980. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Santiago de Compostela. Como foron os teus comezos? Pinto dende cativa, é a miña forma de espresar o que con palabras non alcanzo a dicir. Comecei pintando paisaxes en carboncillo e pastel, pero “anetadocamilo”comezou cando decido probar algo novo coa técnica de Mixmedia. Experimentaba unha época de cambios na miña vida e na pintura tamén precisaba un novo medio no que soltar o que levaba dentro. Esta técnica permitiume facelo. Falanos sobre a túa traxectoria artística. Anetadocamilo nace non hai demasiados anos animada por xente que me quere moito e que me facían ver que as miñas obras merecían ser expostas. Anetadocamilo nace sen pretensións e expón encantada alíonde a xente se amosa interesada en ver os meus cadros. Anetadocamilo é quen é grazas a todos aqueles que me animaron a arrancar e a seguir. Fun finalista e n v arios c oncursos d e M ixmedia a nivel nacional e finalista no concurso a nivel mundial de Pebeo. A miña traxectoria non é un curriculum, é a suma de cada mirada que se animou a intentar saber que lle contaba nos meus cadros. A que artistas admiras e por qué? Admiro o traballo de cada persoa que colle o pincel e trata de contar algo a través del. Son máis de emocións ca de técnica pura. Emociónome diante dun Afremov pola incrible forma de tratar a luz e a cor... do mesmo xeito que un estilo tan diferente como o de Sorolla me sorprende polo mesmo. Pero o mesmo tempo emociónome diante dun Nadia (a miña sobriña de 4 anos) ou dun Claudia (a miña afillada). Para min a pintura é un medio para transmitir emocións. Como definirías a túa obra? A miña obra son historias, son vivencias persoais, son reivindicacións que non sei soltar doutro xeito... a miña obra é unha sinxela, colorida e transparente formas de soltar as miñas emocións. A miña obra é terra, é amor, é feminismo, é homenaxe, é reivindicacións... a miña obra é loucura.

Cal e o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Pois pode soar absurdo... Pero participei na final do Mixmedia art and prize 2019 na Menier Gallery de Londres e este sería o máis glamouroso... Pero non podería dicir que máis importante para min que expoñer nos pendellos de Agolada ou no bar Moha onde fixen a miña primeira exposición... En calquera lugar onde colgue un cadro e atope alguén diante mirando con ilusión, será igual de importante para min. Agora mesmo estou expoñendo en Silleda e emocioneime tanto coma en Londres. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estas a traballar? Anetadocamilo ten pendentes varias exposicións no 2020 e diversas participacións co grupo Galeoska.


Fernando Figueira del Horcajo

https://flic.kr/s/aHsmH3hHTL


79

Saff Sunset Fotógrafo unha cámara reflex analóxica e tamén me ensinou o revelado e outras técnicas fotográficas. Dende aquela xa non parei de facer fotos e disto xa pasaron 30 anos. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña traxectoria remóntase á era dixital, O meu traballo leva colgado na rede dende hai moitos anos. É o meu campo de traballo. A que artistas admiras e por que? Miguel Riopa, José Luiz Oubiña e Peto porque son moi bos e son un referente cercano para min, dos que aprendo cada día. Como definirías a túa obra? Soroll@grafía sería a palabra que definiría o meu traballo, Sorolla fai cadros con aspecto fotográfico e eu fago fotos con aspecto pictórico.

Lugar e ano de nacemento. Amberes, 1974. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vilagarcía. Como foron os teus comezos? Cando era neno pasaba por diante da tenda de fotografía Foto-América de Vilagarcía e sempre quedaba mirando as cámaras e as fotos que había colgadas no escaparate. Despois o meu amigo Sergio Ribeiro, ensinoume os pasos básicos para manexar

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Como máis disfruto son coas quedadas fotográficas, cos amigos e logo ver os traballos en reunión a carón dunha mesa, unha quente chimenea e unha botella de viño e a compaña de bos amigos. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Agora que estou no grupo Galeoska vou participar en diversas exposicións e teño en mente facer unha reportaxe monográfica sobre a fauna urbana e como convivimos todos en harmonía no asfalto.


MarĂ­a Romero

https://mariaromeromuralista.wixsite.com/mural https://terapiaocupacionalypinturamural.wordpress.com


María

Romero

81

Pintora Lugar e ano de nacemento. Lleida, 6 decembro 1977. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vigo. Como foron os teus comezos? Cheos de ilusión e movemento interno combinados coa terapia ocupacional. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Comecei a debuxar de moi nena. De adulta o estudo e práctica artística está relacionada coa Terapia Ocupacional e as viaxes. O muralismo cativoume da man dos meus dous grandes mestres: Josep Minguell e Gerardo Ciancciolo en Arxentina. Unha prolongada permanencia en América latina permitiume estar en contacto con milenios de fervor cultural e palabras sagradas, pero sobre todo na percura incesante do "devenir muller" e a condición humana. Continuei os meus estudos e práctica profesional en Cataluña, Francia, Bélxica, Italia e Alemaña, onde combinei o traballo artístico individual co desenvolvemento da arte como ferramenta clave na rehabilitación do mundo interno das persoas con enfermidade mental en diversos centros e hospitais de España. Entrégome cara á mística e a luz, susurrando pictóriamente que a vida hai que espremela ata fundirse nela. A miña traxectoria significa compromiso persoal e artístico, á vez inalterable e en constante renovación. A que artistas admiras e por que? Dende as pinturas do megalítico, á pintura do románico, a Goya, David Friedrich e Wilhem Ferdinand, a Picasso. Remedios Varo e Frida Kahlo, ata os contemporáneos Columé, Ouka Leele ou Carlos Morago. Admiro o traballo exhaustivo místico e a mirada persoal de cada un deles e delas. Como definirías a túa obra? O meu reto como artista é sintetizar as percepcións, sensacións e visións que sinto, e achegr a miña pincelada nesta transformación diaria do que temos nas mans, con conciencia e alegría, aceptar todo o que acontece, para crear un hoxe sostible e un mañá mellor.

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Na illa de Sardeña, Italia, no pobo de San Sperate, albergaba un certame de intervencións na rúa xestionado polo desaparecido mestre escultor Pinuccio, foi unha experiencia inesquecible. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Mañá voume a unha casa cultural con aloxamentos no rural galego a pintar oito murais, onde teño que plasmar a esencia e herdanza da familia da casa, é un reto plasmar esa linaxe, a súa forza e o seu amor, selalo coas pinturas. Tamén estou montando a asociación AMA, para traballar a autoestima e autonomía das persoas a través da arte.


Rosa Alonso

www.facebook.com/rosaira2012


83

Rosa I.

Rodríguez Alonso

Lugar e ano de nacemento. Vigo, abril 1964. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Bouzas (Vigo).Como foron os teus comezos? Casuales e absolutamente abrumadores! Un lenzo, pinceis, acrilicos, trapos etc. Levarme a un concurso de pintura e decirme: “Sólo por hoy, mira, fíjate, prueba. Haz algo y luego hablamos”. Así pasei de acompañar ao artista a pintar, a interesarme polo como se fai!!... E a curiosidade… matou o medo, despertou ao “monstruito” (risas). A partir de aí, aproveito cada ocasión, taller, encontro entre artistas para avanzar. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Por todo o dito, falar de traxectoria artística é absurdo. Estouna creando. Estou lista, traballando para por en práctica absolutamente todo o que afortunadamente, artistas como os de esta revista me achegan para crear a miña propia obra. A que artistas admiras e por que? Innumerables. Un artista podes chegar a coñecelo pola súa técnica, estilo, a súa forma de elaborar, as súas cores.... o que che leva a establecer formalmente que artista é admirable. Obviamente sin eludir ningún destes conceptos.... Admiro o que vexo, o que resoa conmigo, o que produce unha emoción, unha sensacion e iso amplia considerablemente o concepto de admiración. Así son dúas obras, sempre presentes Primavera e La Medusa.

Como definirías a túa obra? Undefined, a miña obra está en proceso de creación”. Hoxe próobo case todo. Principalmente traballo con acrílicos e acuarela.Traballos experimentais. En acuarela gústame traballar sobre papel húmido e a miña tendencia son os motivos de reseña xaponesa (bambú, cerezos, paxaros…) En acrilico, gústame utilizar paletas e crear texturas no lenzo. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Evidentemente a miña primeira asistencia a un concurso de pintura ao aire libre. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Na miña cabeza hai tantas ideas como imaxinación teño! Pero o proxecto máis inminente é traballar en equilibrar técnica, debuxo e visión.


José Peón

www.joyasmadeira.com


José

85

Peón Xoieiro, orfebre deseñador.

Lugar e ano de nacemento. Zúrich. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vilagarcía de Arousa. Como foron os teus comezos? Con 15 anos empecei traballando nunha xoiaria e logo fun a Barcelona a formarme. Á volta montei o meu propio taller. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Hai un ano saquei a miña propia firma de Xoias Madeira. A que artistas admiras e por que? Admiro a calquera artista autodidacta. Como definirías a túa obra? Madeira e a combinación dos dous materiais que forman parte de miña vida. A madeira e o mundo da xoiaría. A prata

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Madeira e o proxecto no que estou traballando, e no que seguirei.


Manuel Boullosa

https://www.facebook.com/Manuel-BoullosaBoveda-834206493343775/


Manuel

87

Boullosa Bóveda Pintor Lugar e ano de nacemento. Canicouva-Pontevedra, 04-11-1948. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Canicouva-Pontevedra. Como foron os teus comezos? Penso que como a maioría dos artista ou pintores autodidactas. Gustábame pintar dende cativo aproveitaba calquera momento para facelo, xa de máis maior era a miña vía de escape cando quería relaxarme, disfrutábao... Ao empezar a traballar tiven que facer unha paréntese polo volume de traballo o que estaba sometido, quedando así relegado o meu hobbie uns quince anos, e no ano 1977 finalmente volvín retomalo, prometendome non volver a deixalo de lado. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Nunca sentira a necesidade de expor os meus traballos en público, pintaba ou debuxaba para min, porque me facía sentir feliz, pero a insistencia tanto da familia como de un dos meus mellores amigos, conseguiron que no ano 1998 cedera un dos meus traballos (Igrexa de Canicouba) ao periódico Mercavedra, conformando así o sinal de identidade do meu pobo para os seus lectores mensuais, e meses máis tarde atopeime participando nunha exposición colectiva de artistas no Castelo de Soutomaior, a partir de aí comecei a miña andadura. A que artistas admiras e por que? Non teño unha predilección directa por algún determinado artista do meu campo, non é fácil atopar xente que se dedique a pintar de unha maneira máis ou menos continua o meu estilo, o puntillismo. Aínda que deisfruto moito vendo e admirando traballos en xeral dos artistas que me vou atopando neste camiño, tanto do meu coma de outros campos, e non hai mellor cousa que ver unha obra co creador ou creadora ao lado falándoche dela. Como definirías a túa obra? A maioría dos meus debuxos conservan rasgos fundamentais do realismo, ao achegarse o posible aos obxectos ou paisaxes, ao mesmo tempo sacando a beleza que aprecio en todo o que vexo, nun carballo centenario corroido pola podredume, nun canastro que a duras penas aguanta o paso do tempo, un lagar coa súa viga e fuso corroidos.... esas testemuñas mudas do paso das tradicións de pais a fillos.

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Para min son varios, dende a primeira exposición, que penso que é a que máis te marca, ata cada presentación de libros que vou, na que algún debuxo meu se colou entre as páxinas a modo de ilustración, e as palabras do escritor. Cales son os teus próximos proxectos? Seguir debuxando canastros esquecidos nas matorreiras, moitas obras artísticas dos nosos canteiros, así como o restante patrimonio herdado dos nosos antergos.


María José Sanchez

https://mjbolboreta.es


89

MJ.

Bolboreta Fotógrafa nalgunhas fotografías, mergúllome de cheo nela. É aquí onde me gusta profundar e investigar sobre o que hai máis aló do aparente, do que podemos ver e tocar. Como foron os teus comezos? Comecei nun grupo de montaña en Palma de Mallorca, cunha cámara compacta moi pequena. Logo as fotos comezaron a chamar a atención dos meus compañeiros, que me animaron a participar en concursos fotográficos. E chegou en forma de agasallo a miña primeira cámara analóxica, espertando en min a curiosidade pola parte técnica, polo cal realicei unha serie de cursos.

Lugar e ano de nacemento. Pontevedra, 1966. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Pontevedra. A que artistas admiras e por que? Fotógrafo Pierre Gonnord. Encántame a maneira de captar os rostros tan auténticos e persoais. Fotógrafo Steve McCurry. Os seus rostros captan a mirada de maneira impresionante, a súa fotografía xornalística fainos vivir en 1º persoa a escena. Pintores Joaquín Sorolla, Claude Monet, gústame o seu colorido, luminosidade, plasmando unha realidade máis subxectiva que obxectiva. Como definirías a túa obra? Por unha banda, están os temas referentes ao tanxible, impregnados dunha visión nítida, tenra e próxima cara ao inmediato, cara a esas situacións que para moitos pasan desapercibidas. Doutra banda, está ese gusto polo intanxible, con temas que rozan a abstracción, e

Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña traxectoria remóntase a moitos anos antes pero narro desde Pontevedra en 2017, cando decidín darlle un enfoque máis profesional á miña obra e creei a miña exposición “PISCES as augas da vida” 2018. Agosto. Palacete de Mendoza-Turismo Rías Baixas. Barro Pontevedra. 2018. Outubro. Concello de Barro. Pontevedra 2019. Xaneiro. Museo Municipal Manuel Torres. Marín Pontevedra 2019. Febreiro. Musart galería de arte. Pontevedra 2019. Marzo. Exposición conxunta (amigos do camiño portugués) Camiños “Ou Camiño en tempo de camelias) Ponte Lima. Portugal 2019. Abril. Liceo Casino de Pontevedra. 2019. Maio. Exposición Camiños “Ou Camiño en tempo de camelias. Escola Superior de Conservación de Bens Culturais de Galicia. Pontevedra 2019. Xuño. Casa dá luz. Pontevedra 2019. Julio-agosto. Casino da Toxa. O Grove Pontevedra. 2019. Outubro. Audacia - Cidade da Cultura. Santiago de Compostela 2019. Novembro. Exposición conxunta grupo Galeoska. Cuntis, Carril, Sanxenxo. Cal foi o evento non que participaches que destacarías sobre os demais? A miña primeira exposición en Pontevedra. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estas a traballar? Nestes momentos estou a emprender o meu proxecto fotográfico MJ. Bolboreta. Deseñando o meu modelo de negocio e planificando.


Antonio Feijรณo

http://acuarelasfeijoo.blogspot.com/


Antonio

91

Feijóo Acuarelista

Lugar e ano de nacemento. Vigo, 1966. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vigo. Como foron os teus comezos? Totalmente autodidacta. De pequeno, no colexio, leváabanme a clase dos maiores para debuxar no encerado, pintaba ao óleo e realicei a miña primeira exposición no Banco de Bilbao aos 13 anos. No instituto gañaba concursos. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. De formación autodidacta. Comencei a expoñer en serio no 1994, facía moitas expos ao ano. Empecei no BBV Vigo e Ponferrada, Náutico de Vigo, Mercantil de Vigo, algunhas galerías de Galicia como as de Sargadelos, Fundación Aragüaney de Santiago, Paradores de Turismo como o de Toledo, Centro Galego de Madrid etc. A que artistas admiras e por que? Non teño a ninguén en especial. Aos autodidactas porque nos sae de dentro. Como definirías a túa obra? Única, xa que ninguén me ensinou nada, todo o aprendín só, pintando todos estes anos. Tamén a defino alegre, con moita luz, limpa, forte, transparente…

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Unha vez doei un cuadro a Médicos sin fronteiras na Coruña, o cal foi subastado nunha xoiería, e por el logrouse o diñeiro para construír 2 pozos de auga potable en Bolivia. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Ahora é pintar e recuperar stock, xa que me saíu un bo ano.


Sergio Cancela

https://www.flickr.com/photos/sergiogonzalezcancela/


Sergio

93

Cancela Fotógrafo Lugar e ano de nacemento. Barro (Pontevedra), 1994. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Pontevedra Como foron os teus comezos? Comecei a sacar fotografías cunha Nikon D40 analóxica do meu pai. A miña única referencia para comezar na fotografía era o cine. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Non teño unha traxectoria artística. A que artistas admiras e por que? Sven Nykvist, foi o colaborador de Bergman durante cuarenta anos. Iluminaba os rostros coma ninguén o fixera antes no cine, Como definirías a túa obra? Fotografía calexeira. Sen preparación.

Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Desfruto con cada click. Todos os momentos foron importantes. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? A fotografía por agora non é o meu plan de futuro.


Jose Miranda

www.facebook.com/mirandaartistaplastico/


95

Jose

Miranda Pintor Lugar e ano de nacemento. Vigo, 1975. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Vigo. Como foron os teus comezos? O meu interese pola arte remóntase á miña infancia, cando copiaba e coleccionaba todo tipo de ilustracións, a publicidade e as viñetas de humor das revistas, etiquetas de roupa, pegatina, etc. Son en gran medida todos eses referentes visuais o caldo de cultivo co que conformei o meu imaxinario. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Sen deixar nunca a miña faceta creativa, é sobre o 2001 cando comezo a pintar xa dunha forma máis rigorosa, e realizo as primeiras exposicións e encargos. O tema principal da miña primeira obra é a muller, que tomo prestadas de revistas de moda sobre todo, mesturando con logotipos e tipografías e reinterpretando con certa ironía e cunha marcada linguaxe publicitaria de estética pop. Entre 2003 e 2004 traballo como humorista gráfico nun periódico local. Nestes anos tamén participo coa galería American Prints nos supermercados da arte en Madrid e Barcelona. No 2007 expoño no hotel Palacio del Carmen e a Galería Jose Lorenzo en Santiago de Compostela. En 2009 comezo o grao de Escenografía

na ESAD (Escola de Arte Dramática de Galicia) onde afondo en materias como debuxo técnico e artístico, historia da arte e estética. Tamén realizo estudos de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Dende o 2014 empezo a participar nos concursos de pintura rápida, obtendo diversos premios. A que artistas admiras e por que? Os meus primeiros referentes por un tema de afinidade estética, de estilo foron os Warhol, Lichestein, Hockney, etc. En Galicia sería Seoane, e nacionais serían Eduardo Arroyo, Úrculo, Ouka Leele. Como definirías a túa obra? A miña obra actual móvese entre o expresionismo e o pop, de forma conxunta ou por separado, onde os temas principais son a paisaxe e a figura, na primeira case sempre do natural e mesturando normalmente papeis e pintura. Gústame reinterpretar a paisaxe e non copiala dunha forma literal, tentanto darlle certo ambiente fantástico. Onde grazas o collage presento figuras e texturas que nos existen realmente no modelo orixinal. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Son varios, pero seguramente me quedaría, aparte da primeira vez que gañei un concurso de pintura no 2016 en Cuntis, con todos os momentos que compartín en concursos e exposicións co meu amigo Chicho Solveira. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Teño varios, pero prefiro non develalos polo momento. Gústame manter en min esa enerxía e forza das ideas ata que vaian vendo a luz. Se as conto, dispérsanse.


Martina Bugallo

www.martinabugallo.es


97

Bugallo Pintora A que artistas admiras e por que? Gústanme moito Johanna Harmon, Jeremy Mann, Laura Knight, Tibor Nagy..., pero destacaría especialmente a mulleres artistas que tiveron máis difícil abrirse paso e ter o recoñecemento merecido, posto que son sempre as grandes esquecidas. Como de inirías a túa obra? Paisaxe urbana é o meu tema máis habitual, aínda que tamén me gusta pintar figura femenina. Adoito pintar rúas chuviosas en cromías grises, pero ultimamente teño moito interés polo grafiti, no que me estou adentrando. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Tería que nomear moitos que por un motivo ou outro foron especiais para min. Pero gardo moi bos recordos dunha exposición na que participei en Paris no Carrousel du Louvre porque puiden coñecer artistas de todo o mundo e ver obras moi diversas. E como non, os concursos de pintura rápida nos que se aprende tanto, e se poden ver as obras de grandes artistas a nivel nacional.

Lugar e ano de nacemento. Manselle, 1978. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Brión. Como foron os teus comezos? Sempre me gustou pintar, desde moi pequena. Tiña como referente a meu pai, pintor amateur, co que pintaba moitas horas tanto en Galicia como en Holanda onde parte da miña familia estivo emigrada. Fálanos sobre a túa traxectoria artística. Cando estudiaba en Santiago comecei a formarme da man da pintora Maribel Bujía no taller de pintura e esmalte Nuada. Máis tarde asistín a clases co mestre Raúl Gil Burés. Da man de Sergio Ribeiro comecei a pintar ao aire libre asistindo a diferentes consursos de pintura rápida celebrados no norte de España, así como exposicións comisariadas por este artista. Todo isto intercalado con diferentes talleres impartidos por pintores como Diego Columé, Cristina Sabaite, Lolo Serantes, Alberto Fernández Hurtado, Abraham Pinto...

Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Neste momento estou traballando na serie titulada “camiños borrosos” e experimentando cos aerosoles noutra serie de crítica social que denomino “graffitis autorizados”, estes adoitan conter personaxes dos 80. Tamén colaboro con Galeoska na medida das miñas posibilidades.


Sergio Ribeiro

www.sergioribeiro.es


Sergio

99

Ribeiro Pintor Lugar e ano de nacemento. Lisboa, 1962 e vilagarcián por adopción. Localidade do teu estudo ou do teu lugar de traballo. Barro cando chove e o Universo cando vai Sol Como foron os teus comezos? Desgraciadamente ou non, depende de como se mire e senón que llo digan a Van Gogh, comecei moi tarde pero por sorte, arranquei con dedicación plena dende o primeiro día ata hoxe, o que me permitiu adquirir grandes coñecementos do oficio en poucos anos.

Fálanos sobre a túa traxectoria artística. A miña traxectoria vai en constante evolución. “Isto da arte é un longo e solitario camiño”. e non hai vida, nin cartos que cheguen para facer todo o que teño na miña cabeza. A que artistas admiras e por qué? Admiro a todos/as aqueles/las artistas aos que vin traballar en todo o seu proceso creativo. Admiro aos puristas, aos auténticos/as, aqueles/ as, que saen á rúa co seu cabalete e os pinceis e se poñen a pintar. Admíroos porque non precisan máis que a natureza para crear unha obra de arte da nada, sen ter que recorrer a trucos que están fóra dos canons pictóricos auténticos. Valoro moito a autenticidade da obra e do artista. Como definirías a túa obra? A obra identifícase co autor da mesma. A miña obra que comezou sendo ecléctica foi sufrindo evolucións ordenadas cara a unha definición clara do que quero transmitir. Cal foi o evento no que participaches que destacarías sobre os demais? Todo na vida ten a súa parte positiva e outra negativa, pero recordo con especial agarimo a exposición no Carrousell du Louvre ArtShoping París. Estar no medio de tantos e tantos artistas vangardistas de todo o mundo foi unha experiencia enriquecedora. Sentinme orgulloso de representar a España e a Galicia. Tamén destacaría a exposición individual na Sala Rivas Briones de Vilagarcía, por aquilo de romper coa norma que di inequivocamente, que ninguén é profeta na súa terra. Eu, síntome profeta en Vilagarcía de Arousa. Cales son os teus próximos proxectos ou en que proxectos estás a traballar? Sigo moi interesado na pintura ao natural e tamén me estou centrando no estudo en profundidade da anatomía humana. Co grupo Galeoska temos moitos proxectos, algo co que disfruto moito pero que me absorbe o máis valioso que teño, o tempo.


Lar da Moura 2.0 RESTAURANTE Almirante 4,Lantaño. Portas 986680100

605 968 202

ZAFIRO TOURS

Gondomar Q

el Eduardo Iglesias 10 bajo

.e::::::.. 36380 Gondomar (Pontevedra)

--ft 986 36 99 34

� 66088 3762

� gondomar@zafirotours.es


GalEOSKA made in Galicia

101


Anuario 2019 Exposición Colectiva Auditorio de Vilagarcía Exposición Colectiva O Gato Negro (Carril) Exposición Colectiva A Tenda da Ponte (Cuntis) Exposición Colectiva Expresión Combinada VII A Tenda da Ponte Xuntanza en Pontesampaio Xuntanza pictórica en Bandeira Drink&Draw en A Tenda da Ponte (Cuntis) Xuntanza pictórica en Praia Compostela (Vilagarcía) Taller de pintura con Abraham Pinto. leCRAs. (Dodro) Taller de pintura con Alberto Fdez. Hurtado. leCRAs. (Dodro) Arte postal de Nadal 2019


103

I Exposición Colectiva GALEOSKA

A primeira mostra Colectiva de Galeoska celebrouse no auditorio de Vilagarcía de Arousa nos meses de agosto e setembro de 2019. Nesta primeira exposición acudiron 35 artistas das tres disciplinas que predominan dentro do grupo: pintura, fotografía e escultura. Foi a exposición con maior número de participantes na historia artística de Vilagarcía. GALEOSKA é heteroxénea, diversa, e así se manifestou nesta primeira mostra cunha gran variedade de obras. O público puido contemplar un amplo especto de estilos e técnicas que ían dende cadros hiperrealistas a obras máis conceptuais, fotografías de temática galega, aves de ferro reciclado, mariñas, paisaxes urbanas, e mesmo retratos das xentes de Vilagarcía.

Estes foron os e as artistas participantes: Abel Barandela, Abraham Pinto, Alexandre Otero Paz, Ana Cancela, Andrea Fdez Maneiro, Bernardo Seoane, Berta Lima, Carmela Taboada, Carmen Cuervo, Carmen Sampedro, Eduardo Rivo, Encarna Salas, Esther Molinero, Francisco Ventoso, Josef Méndez, Jose Cuervo, Josecho González, José Luiz Oubiña, Pepa Mariño, Juan Liñares, Lola Sanz, Mavi Castañeiras, Manuel Boullosa, Marga Santiago, Marisé Canda, María José Puente, María José Rodríguez, María Martínez Redondo, Soutoo, Bugallo, CastroLara, Pilar G. Buhigas, Ralf Glasz, Rosana Boullosa, Ruth Ospino, Sergio Cancela, Sergio Ribeiro e T. Caramés.

Esta mostra foi posible grazas á colaboración da concelleira de Cultura de Vilagarcía, o técnico de cultura do Concello e os operarios que conforman o equipo de montaxe das exposicións.


104

Obras perdurables Recordando a

O concepto de fugacidade marca a nosa existencia, a non perdurabilidade, somos creadores perecedeiros con obras que pervivirán alén de nós. O expresionismo é a deformación da realidade para expresar formas máis subxectivas da natureza e do ser humano, dándolle primacía á expresión dos sentimentos máis que a descrición obxectiva do que nos rodea. Marina Cocós foi unha artista expresionista no máis puro estado. As súas creacións caracterízanse pola búsqueda da expresión dos sentimentos, buscan o impacto emocional do espectador distorsionando e exaxerando os temas. Cadros cargados de expresividade e forza psicolóxica a través de cores fortes e puras que adoitan retratar mulleres. Moitos destes retratos son adornados cunha gran flor no pelo de grande relevancia para ela pois ven a ser como unha marca de identidade propia, que evoca a ela mesma.

Marina Cocós e Chicho Solveira

A súa obra é ela, e ela é a súa obra.


105 Muller de personalidade arroladora, que non deixaba indiferente a ninguén, mesmo de apariencia excéntrica sempre caracterizada con elementos pouco cotiás, sombreiros, adornos… Que configuraban unha artista de temas mitolóxicos e como tema recurrente mulleres que por algún motivo eran relevantes para ela: Pecadora apegada á pedra, A Sibila de Cesantes... Chicho Solveira foi outro destes artistas que recordamos con nostalxia. Alguén que arrastraba e movía a outros cunha forza desmesurada como se do mar se tratase, o mar de Vigo que tantas veces pintou. Buscaba un hiperrealismo que para el era a máxima do que tiña que ser un bo pintor. Ser quen de plasmar nun lenzo con todo detalle todo o que o noso ollo capta e mesmo detalles que soen pasar desapercibidos. E nesa búsqueda da perfección absoluta, da representación exacta da realidade, introducía fondos de materiais diversos pero rotundos, como el era. Os que compartiron con el concursos, exposicións, feiras de arte e mesmo vivencias, saben que o seu recordo non é efímero, e perdurable en cada un de nós, de feito aínda segue entre nós como membro de Galeoska. Entre as súas obras cómpre destacar o mural na igrexa de Belesar.

Eu tiven a sorte de pintar ao seu lado... o certo é que, coincidimos nalgún que outro concurso e nalgunha reunión de grupo. Non sei de onde vén nin se se dedica profesionalmente ao oficio de pintor, pero o talento é innegable! Onte deime conta que este tipo, de bo corazón e animosidade envexable, tan protestón e sempre descontento con todos e con todo, agochado detrás dunha sarta de perlas literarias e esixencias e excesos varios.... e é a primeira vez que o observo dende unha perspectiva diferente, inmiscido nas súas técnicas, nos seus materiais, na súa visión, máis calado que de costume, tranquilo, seguro do seu dominio, concentrado pero solto, aplomado, onte, a collóns, tivo que ler unha mensaxe na súa fronte: “...Eu, a vida, non me burlo de ti, non che mostro o que che falta, móstroche o que xa é teu, alineate co que é innato en ti!” Certamente nunca deixou de asombrarme ese talento que vin no tipo este xa cando o descubrín noutro evento coa obra A muller en popa, es peculiar, es Pintor, es Artista. Certamente onte vino artista só artista. Sen medo, sen esperar gañar, sen esperar resultados...(outra cousa é despois a espera aos premios) pero alí,no peirao.. díxenme… este tipo é grande e non o sabe!! (aínda que se crea Deus en moitas ocasións). Texto: Rosa Alonso


106

Somos artistas efĂ­meros con obras perdurables


Non quedes sen a tĂşa camiseta Galeoska SolicĂ­taa en galeoska@gmail.com



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.