Issuu on Google+

Equipo de Dinamizaci贸n da Lingua Galega CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo


Escolma de poemas de Manuel María

Escolma de poemas de Manuel María, ilustrados polas alumnas e alumnos do CEIP Ponte dos Brozos, con motivo da celebración do 10º cabodano da morte do poeta.


O Equipo de Dinamizaci贸n da Lingua Galega da as grazas a todos os alumnos, alumnas, mestres e mestras que participaron na realizaci贸n desta actividade. Este libro 茅 o resultado do voso traballo. Moitas grazas.


POEMAS ILUSTRADOS. Terra Cha, 1954. Home. Aula de Audición e Linguaxe do 3º ciclo de Ed.Primaria.

Labrego. Aula de 5ºD de Ed.Primaria.

O carro. Aula de Audición e Linguaxe do 1º ciclo de Ed.Primaria.

O galo. Aula de 6ºB de Ed. Infantil.

Inverno. Aula de 4ºE de Ed. Infantil.

Noite. Aula de 5ºD de Ed. Infantil.

Carballos. Aula de 2ºA de Ed.Primaria.


O cuco. Aula de 4ºC de Ed. Infantil.

Os soños na gaiola, 1968 Galicia. Aula de 5ºA de Ed.Primaria.

O sol. Aula de 2ºC de Ed.Primaria.

A lúa . Aula de 5ºB de Ed. Infantil.

O arco da vella Aula de 3ºA de Ed.Primaria.

O mar. Aula de 3ºE de Ed.Primaria.

Campás. Aula de 5ºB de Ed.Primaria.


O meu barco. Aula de 3ºE de Ed.Primaria.

O chifre. Aula de 5ºD de Ed. Infantil.

O foguete. Aula de 4ºB de Ed. Infantil.

O arado. Aula de 4ºD de Ed. Infantil.

O carro. Aula de 6ºD de Ed. Infantil.

O soñador. Aula de 3ºC de Ed.Primaria.

Xogos. Aula de 3ºD de Ed.Primaria.

O lume novo. Aula de 2ºB de Ed.Primaria.


A boneca. Aula de 6ºC de Ed. Infantil.

O meu año. Aula de 5ºA de Ed. Infantil.

O caracol. Aula de 1ºC de Ed.Primaria.

A pita choca. Aula de 6ºE de Ed. Infantil.

O meu burriño Aula de 5ºC de Ed. Infantil.

Señor Gato. Aula de 4ºA de Ed. Infantil.

Paspallár. Aula de 6ºA de Ed. Infantil.


As rúas do vento ceibe, 1979 A fala. Aula de 6ºC de Ed.Primaria.

O lar. Aula de 4ºA de Ed.Primaria.

O circo. Aula de 4ºC de Ed.Primaria.

A natureza. Aula de 5ºC de Ed.Primaria.

Dorna. Aula de 6ºD de Ed.Primaria.

Hórreo. Aula de 4ºD de Ed.Primaria.

O can. Aula de 6ºA de Ed.Primaria.

Conto de medo . Aula de 4ºE de Ed.Primaria.


A luz resucitada, 1984 Rosas. Aula de 2ºE de Ed.Primaria.

A tribo ten catro ríos, 1991 Como naceu o regato do Cepelo. Aula de 6ºB de Ed.Primaria.

ILUSTRACIÓN PORTADA: Nicolás Paradela, 6ºD de Ed. Infantil.


Os nosos poemas ilustrados


Poemas de Manuel María

Terra Cha 1954

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

HOME Ao home da terra Chá non se lle oe cantar. É home moi de verdá, mesurado no falar. É home de moita calma, sufrido, traballador: quéimalle no Vrao a alma un duro sol feridor e no Inverno virá a esmorecerlla a xeada. O home da terra Chá ten a alma mancada!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Juliana Cediel. A.L. 3º ciclo de EP.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

LABREGO Pra escravo o labrador! No Inverno móllase. No Vrao derréteo o calor. A súa vida é incerta: ao sementar non sabe se acerta ou non acerta. Pra lograr lograr unha anada ten que contar co sol coa auga, coa xeada... Como a terra é cega se lle da froito un ano o que ven, xa llo nega. Así vive o labrador: comendo pan regado con sangue e con sudor!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Lucía Vidal, 5º D de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O CARRO Non canta na Chá ninguén. Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío. Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: Sábese carballo e freixo. Que fermosa a súa feitura! Que lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. Carrétame herba pró gando! Traime a colleita pra casa!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Alumnas e alumnos de A.L. do 1º ciclo de E. P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O GALO Espertas as estrelas co teu quiquiriquí. Tes plumas amarelas coas que presumes ti. Eres un gran señor, orgulloso, sen diñeiro! Meu galo galeador! Fachenda do galiñeiro!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Noa Fernández, 6ºB de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

INVERNO Están os campos nevados, a xente xunto ás lareiras, os gandos encortellados e os capós nas capoeiras. As bandadas de aves frías a berrar polos nabales. Son moi pequenos os días e grandes os temporales!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Alumnas e alumnos de 4ºE de Ed. Infantil.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

NOITE A terra colle medo cando a noite ven. A lúa dálle luz, outra cousa non ten. Inda que a terra chore non o sabe ninguén!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Daniela Meiras, 5ºD de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

CARBALLOS Carballos rexos, potentes, calados ou musicais: que loitades como valentes coas xistras e os vendavais! Duros carballos verdeados, petrucios e sedentarios! Estades na Chá chantados solemnes e centenarios! Como amo a vosa beleza da máis baril sobriedade! Que sensación de forteza ollando prá eternidade !

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: José Amado, 2ºA de E. P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O CUCO O cuco, cuco cuqueiro. O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro! Cantareiro e madrugón! Óese pola carballeira o vello cuco souril ao nacer a Primaveira entre o Marzo e o Abril: O vello cuco, cucou e moito máis cucará! O cuco non me capou e nunca me capará! Polas mañás ben cediño o cuco canta: “cú-cú...”. Como o teño por veciño eu trato ao cuco de tú!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Alumnas e alumnos de 4ºC de E. I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Os soños na gaiola 1968

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

GALICIA Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento... Pro hai outra Galicia que vai no sentimento!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Galicia somos nós: a xente e máis a fala Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!

ILUSTRACIÓN: Iago Abelenda, 5ºA de E. P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O SOL O sol chámase Lourenzo e é un señor moi finchado que está no alto do ceo todo o día rebrillando. Vai vestido de marelo, leva chaleque encarnado. Moi seguro de si mesmo a súa calor nos vai dando. O sol chámase Lourenzo e é un señor moi sinalado. Se non fora polo sol estaría o mundo xeado! Só o sol manda no ceo, moi solemne, moi barbado. As súas barbas son os raios con que nos vai alumando!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Bilal Najib, 2ºC de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A LÚA A señora Lúa aínda está solteira, A señora Lúa: a Lúa lueira! A Lúa lueira, a señora Lúa: ten gana de troula e quer ir de rúa! E quere ir de rúa, de troula ir quería, que sinte morriña e melancolía! A señora Lúa a Lúa rueira como anda de noite, sempre está tristeira. Sempre con tristura e melancolía

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

que anda pola noite e dorme de día. Que a señora Lúa co sol quer casar. E ándao buscando sen podelo achar! A señora Lúa a Lúa tristeira: se non da co Sol quedará solteira.

ILUSTRACIÓN: Antón Esmorís, 5ºB de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O ARCO DA VELLA O arco da vella no ceo subido co seu colorín, co seu colorido. O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores. O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado. O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O arco da vella de luz feito é. Resulta un milagre que siga de pé! ILUSTRACIÓN: Candela Ramos 3ºA de E P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O MAR Ti nunca viches o mar cos seus berros bruadores, coas súas escumas de prata, cos barcos e os pescadores. — Ti nunca viches o mar a tecer e a destecer ondas azuis que van á praia mansa morrer? —E ti non sabes que o mar é unha inmensa longura, auga e ceo, ceo e auga, maxestade e fermosura? —Ti nunca viches o mar? E sabes que non repousa. —Se nunca viches o mar non viches ningunha cousa!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Hugo Toja, 3ºE de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

CAMPÁS Ergue, meu neniño; ergue, lacazán; que as campás xa tocan con ledo din-dan. —Ledas campaíñas xa tocando están que chegou a ialba chamando á mañán! —Tocan as campás e andan a falar cousas moi fermosas por todo o lugar. —Falan as campás con voz de metal: o seu canto voa dende o monte ao val!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

—Érguete, meu neno, porque o campaneiro deixa de tocar se eres preguiceiro! —As ledas campás xa non tocarán, se eres preguiceiro, se eres nugallán!

ILUSTRACIÓN: Fátima Martínez, 5ºB de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O MEU BARCO Teño un barco de xoguete e nel me quero embarcar. Polos mares dos meus soños quen me verá navegar! Navegarei por mil ríos sete mares hei cruzar. No meu barco de xoguete cansarei de viaxar...! No meu barco de xoguete, mariñeiro e capitán...! Non teño medo ao trebón nen me asusta o furacán! O meu barco de xoguete! O meu barco moito val: verei terras, verei illas, verei mares de coral...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Andei todos os mares! Xa cansei de navegar co meu barco de xoguete sen saír do meu fogar! ILUSTRACIÓN: José Correa, 3ºB de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O CHIFRE Eu teño un chifre chifreiro. Eu teño un chifre chifrón, tan chifrador e algareiro que a todos chama a atención. Eu teño un chifre chifreiro que mo mercaron na feira. O seu alegre asubío resoa na aldea enteira...! Eu dou ordes co meu chifre, ando a ordenar con chifrazos: —Que florezan as roseiras, que chíen ben os paxaros...! —Que maduren as cerdeiras, as figueiras e os mazairos! E que veñan ben cargados de xoguetes os Reis Magos...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

—Teño un chifre de verdade! Teño un chifre verdadeiro! Non quero chifres de palla nen de casca de salgueiro...!

ILUSTRACIÓN: Celia Souza, 5ºE de E.I. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O FOGUETE O foguete sobe ao ceo coma un raio Perde forza e cae ao chan nun desmaio. O foguete chega ás nubes! Que bravura! Que de estalos! Que ruído! Pouco dura! Mais a cana do foguete cae de plano. Que aguillada de xoguete! Que galano!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Alumnas e alumnos de 4ºB de E.I. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O ARADO Labrado da miña mau fixen, coa miña navalla, un aradillo de pau... Leva temón e chavella e unha rella furadora feita dunha lata vella! Ten orelleiras; rabela tan luída e rematada que namora mirar para ela! O meu arado é tan feito que pode mesmo esfender labradíos a barbeito...! Teño que darlle estreno ao meu arado arador, ao meu arado pequeno...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

E non sei a onde hei de ir buscar os bois que preciso, buscar os bois para xunguir!

ILUSTRACIÓN: Alumnas e alumnos de 4ºD de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O CARRO Teño un carriño cantor, teño un carro cantareiro con fungueiros afiados e con eixo de amieiro! O meu carro canta ben, non pode cantar mellor. Meu carriño cantareiro, meu carriño cantador! O meu carro canta, canta; nunca cansa de cantar. De día cántalle ao sol; de noite, canta ao luar! Ouh, meu carriño cantor: cantas agora e despois. Con que fachenda te leva a parelliña de bois...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Érika Rodríguez, 6ºD de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O SOÑADOR Quixera ser muiñeiro pra me enfoular de fariña. Levaría branca a pucha, non cobraría a maquía! Eu quixera ser ferreiro e o ferro ardente forxar. Cun martelo nunha man petaría sen parar! Quixera ser mariñeiro, mariñeiro e pescador: tería un barco veleiro e unha dorna con motor! Quixera ser fogueteiro e, nas festas patronais, tirar foguetes, foguetes de estalos fenomenais...! E se eu fose canteiro faría un pazo sen igual:

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

o pombal había de ser o salón máis principal! Mais son un pobre gaiteiro, mais son un gaiteiro pobre! Quéimame o sol no agosto; móllame a choiva, se chove! Un pobre gaiteiro eu son, pequeniño e soñador. Teño por mestre a música o merlo máis cantador!

ILUSTRACIÓN: Hugo Díaz, 3ºC de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

XOGOS Non quero xogar ao feito e tampouco irei aos niños. Non quero facerlles mal aos coitados paxariños...! —Non quero xogar ás bólas nen ver roular o peón! Tampouco quero correr dando couces a un balón! —Non xogarei ao escondite, nen a xustiza e ladrós anque eu sexa o capitán e teña o mando dos bos! —Dime a que queres xogar? Dime, neno, o teu anceo. —Quero ter un avión pra percorrer todo o ceo!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Emma Cotelo, 3ºD de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O LUME NOVO Hoxe é o lume novo, noite de San Xoán As ledas fogueiras acesas están…! Que gusto, rapaces, saltar as fogueiras, dar brincos, rebrincos e pinchacarneiras! Que gusto, rapaces, correr e saltar, dar brincos e pulos, volver a brincar! Que gusto, que ben saltar as fogueiras coas chamas subindo, medrando lixeiras!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Á mañá, o borrallo terase apagado E sobre el despacio, pasará o gando…! Pasará o gando tripando o borrallo pra que non o pille o mal do meigallo!

ILUSTRACIÓN: Inés López, de 2ºB de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A BONECA A neniña está cosendo un fermoso manteliño. Dá puntadas e puntadas nun branco anaco de liño! A neniña está cosendo, a neniña está bordando: en cada puntada súa un soño vai apreixando! A boneca é unha espiga de maíz con pelo loiro. A boneca hai que vestila que non pode andar en coiro! A neniña é moi probiña. Cose, cose no ourelo, á boneca hai que poñerlle o seu fermoso mantelo...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A boneca é moi fermosa, máis fermosa non a hai! A boneca fai de filla e a neniña fai de nai...!

ILUSTRACIÓN: Sergio Míguéz, 6ºC de E.I. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O MEU AÑO Teño un año branco como outro non hai. Teño un año branco que quedou sen nai! Vén comigo ao prado e ao monte tamén. A onde quer que eu vaia el comigo vén... Sempre vén comigo, sen min non se afai. Eu son seu amigo, que quedou sen nai! El comigo brinca e eu xogo con el, Meu aniño branco, meu amigo fiel...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

El comigo xoga: moi mansiño é! E sei o que fala cando me di: meé...!

ILUSTRACIÓN: Dina Bravo, 5ºA de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

CARACOL Caracol, col, col; caracol, caracoleiro: pon os teus cornos ao sol xa que eres tan frioleiro! Ao lombo levas a casa, caracol, caracoleiro: e deixas cintas de seda engalanando o carreiro! Caracol, col, col; caracol, caracolón: pon os teus cornos ao sol ao sol os teus cornos pon!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

-

ILUSTRACIÓN: Iria García, 1ºE de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A PITA CHOCA A señora Pita leva a súa rolada como unha señora moi señoreada. —Pío, pío, pío... Cada pío un choro. Os pitiños pían en piante coro! Moi señoreada —e a roupa remendada— vai a Pita Choca levando a niñada. —Pío, pío, pío... Con piar inquedo pían os pitiños porque teñen medo! Baixo da galiña os pitos nun fato

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

todos en rolada que vén o miñato! —Non hai pío, pío, non hai pío, pon, que no alto ceo voa o miñatón!

ILUSTRACIÓN: Natalia Vilar, 6ºE de Ed. Infantil.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O MEU BURRIÑO Arre, corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño bon! —Corre meu burriño; non galopes, voa! A ver si lle gañas ao vento que zoa! —Arre meu burriño, que es un preguiceiro! ¡A ver se lle gañas ao vento lixeiro...! —Corre, meu burriño, nos cascos pon ás! ¡Se queres, o vento deixarás atrás...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

—Arre, meu burriño! Corre máis deprisa! Que se perde o vento xa verás que risa...!

ILUSTRACIÓN: Daniela Maceiras, 5ºC de E.I. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

SEÑOR GATO Señor gato:

ten nun puño

atención;

o corazón!

no rincón hai un burato;

—Non dubido

no burato

Señor Gato

está o rato

bigotudo,

caladiño,

que está o rato

acochadiño,

no burato.

sen falar

Ten as unllas

nen respirar.

afiadas, cravuñadas,

—Señor Gato,

preparadas:

pon sentido,

bule axiña

que metido

que se non

no burato

Señor Gato

está o rato.

bigotón, do burato

—Señor Gato:

fuxe o rato.

está o rato no burato do rincón: EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Alumnas e alumnos de 4ºA de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

PAZPALLAR Pazpallar que cantas ledo no centeo floreado: milagre que lle dás voz á luz do maio emaiado! Pazpallar: eu só escoito o teu cantar no verán. No inverno, as túas cancións, meu pazpallar, onde están? Onde van as túas cancións cando chega o tempo frío? É que chas tapan as néboas? Tómache a voz o resío...? Se non oio o teu cantar estou tristeiro, moi soio. Dime ónde estás pazpallar, e non te fagas o tolo...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Simón Guiance, 6ºA de E.I.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

As rúas do vento ceibe 1979

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A FALA O idioma é a chave

O idioma é a patria,

coa que abrimos o mundo:

a esencia máis nosa,

o salouco máis feble,

a creación común

o pesar máis profundo.

meirande e poderosa.

O idioma é a vida,

O idioma é a forza

o coitelo da dor,

que nos xungue e sostén.

o marmurio do vento,

Se perdemos a fala

a palabra de amor.

non seremos ninguén!

O idioma é o tempo,

O idioma é o amor,

é a voz dos avós

o latexo, a verdade,

e ese breve ronsel

a fonte da que agroma

que deixaremos nós.

a máis forte irmandade.

O idioma é un herdo,

Renunciar ao idioma

patrimonio do pobo,

é ser mudo e morrer.

maxicamente vello,

Precisamos a lingua

eternamente novo.

se queremos vencer!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Sergio Pazos, 6ºC de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O LAR Vivimos nun bloque enorme ocupando o cuarto andar. Neste edificio disforme nós temos o noso lar. Xanelas cuadriculadas sen horizonte ou paisaxe. No portal os ascensores e no sótano o garaxe. Dende as xanelas eu vexo, con certo medo e receo, antenas de televexo e as nubes que están no ceo. Non temos porcos, nin vacas, nin lareira, pozo e aira. Non temos hórreo, nin horta, nin cerdeira, nin mazaira.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Mais temos aspiradora, xiradiscos, fregadeira, televexo, batidora e unha estupenda neveira. Eu teño unha habitación toda chea de brinquedos: ié cómo un reino fadado onde gardo os meus segredos!

ILUSTRACIÓN: Ainhoa Carnota, 4ºA de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O CIRCO Que marabillaé o circo! Frol aberta a pantasía na xorda vulgaridade da vida de cada día! O circo é unha maxia, un engado solprendente unha ledicia sinxela que contaxa a toda a xente. Qué cousas tan formidables logran os malabaristas! E que brincos imposibles os que dan os trapecistas! Pallasos e domadores fan gracias e habilidades. Baixo da carpa do circo non caben as soedades!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Incruso a música forte e barulleira da orquesta: mata a melancolía e ten un aire de festa! Cando remata a función queda un engado no ar: a sombra morna dun soño que hai que acabar de soñar!

ILUSTRACIÓN: Martín Gómez, 4ºC de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A NATUREZA Temos que amar a campía e non lle facer aldraxe. Non encher de porquería a beleza da paisaxe...! O que ama a natureza ten que respetarlle a vida. Non hai meirande beleza nin emoción tan cumprida. A natureza é amiga e dános o seu amor: dende a gracia dunha espiga ao río marmurador...! A natureza é un ben é compañeira e irmán. É pró home sempre ten o seu corazón na man...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Ricardo Manuel Pinto, 5ºC de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

DORNA Non hai dorna como a miña tan xentil e tan lixeira. Miña dorna ben feitiña! Miña dorna mariñeira...! Miña dorna destemida non lle tremes ao trebón. Qué valente! Qué belida! Qué potente embarcación! Eres leve como o vento E compites cos baixeles. Qué delicia! Qué portento! Rubes, baixas, fas ronseles...! Miña dorna sempre evante atravesas todo o mar. Qué fermosa! Qué elegante! Qué ben sabes navegar!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Miña dorna que dialogas coas estrelas máis remotas: Cómo corres! Cómo bogas! Cómo vences as gaivotas.

ILUSTRACIÓN: Verónica Rodríguez, 6ºD de E P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

HÓRREO Eu teño un hórreo ou piorno ou tamén un cabaceiro. Non hai en todo o contorno un hórreo tan churrusqueiro! Todo de pedra picada é feito de cantería. Parece cousa soñada! Parece unha fantasía! E estreito e alongado, ten aires de personaxe. Semella un barco ancorado pasmado frente á paisaxe! Ten tornarratos, esqueiras, no lousado un catavento que roula de mil maneiras con gracioso movemento.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Sempre encho de soño aceso o meu hórreo ou cabaceiro, que mesmo vale pra eso que pra bodega ou celeiro!

ILUSTRACIÓN: Nahir Mourín, 4ºD de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

O CAN Teño un canciñomoi bon, teño un canciño rabeno. É bonito e xoguetón o meu canciño pequeno! Teño un canciño xeitoso, teño un canciño rabelo. É un canciño fermoso que mesmo dá xenio velo! Teño un canciño moi vivo, fillo do can do Xaneco. Por ser criado cautivo sempre lle din moito meco! Vive connosco nun piso, non se mete con ninguén! O meu canciño petiso, o meu canciño de ben...!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

non é podenco de caza o meu canciño ”Luceiro”. Máis é cadelo de raza e non un can de palleiro.

ILUSTRACIÓN: Jessica Brando, 6ºA de E.P. EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

CONTO DE MEDO Según rezan contos vellos e moi antigas consellas os lobos feroces comen as inocentes ovellas. Cando as ovellas están en calquer monte ao pasteiro pódense ollar sorprendidas polo lobo carniceiro. E hai lobos tan astutos que,pra acabar cun rebaño, métense entre as ovellas disfrazados de pel de año. E hai lobos tan agudos tan agudos lobos hai que caen sobre as ovellas sen darlles lugar pra un ai!

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

Pro nestes tempos de agora xa hai un invento novo: ié que aparecen ovellas que acaban comendo o lobo.

ILUSTRACIÓN: Anqi Yang, 4ºE de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A luz resucitada 1984

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ROSAS Sempre a rosa. Sempre: a forma, a cor, o recendo, a luz, a perfección da rosa.. Prefiro a rosa vermella. E amo a rosa branca porque, cando lle digo simplemente: ROSA, entrecerra os ollos, treme e ruborece.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Alba Vázquez, 2ºE de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

A tribo ten catro ríos 1991

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

COMO NACEU O REGATO DO CEPELO Regato do Cepelo: naces e morres na milagreira pinga de orballo que se pousa no pétalo de rosa espello dos meus soños, murmurio de frauta e asubío, saluco emocionado e irremprimible, cunco de pureza musical, laverca chiadora, fadada raioliña de lúa deitada docemente nesta terra, humana e vella, só para darlle a túa delicada levidade.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Poemas de Manuel María

ILUSTRACIÓN: Azahara Díaz, 6ºB de E.P.

EDLG CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo


Maio 2014



Manuel María.- Escolma de Poemas