Page 128

FRASQUIÑO DE ESENCIA – CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

IV Semana Intercultural O noso centro é moi rico, inmensamente rico, nel convivimos persoas de case todos os continentes, fáltanos Oceanía. Este ano, pasamos de ser multiculturais a ser interculturais, non queremos ser un conxunto de persoas negras, brancas de ollos máis ou menos resgados cada unha no seu recunchiño sen relacionármonos, sen interactuar, sen coñecérmonos. Non, non e non, queremos bailar xuntos as distintas melodías da vida unhas veces ledas e outras moi tristes. O vieiro máis axeitado e aprender idiomas, coñecer as lendas o vestiario, as comidas, os contos, os pensamentos, é dicir facer do planeta unha casa coas fiestras abertas, na que somentes se lle peche a porta á insolidariedade e á intolerancia. Hai diversas Entidades e ONGs que nos acompañan na nosa andaina. Dende hai tres anos estamos na “Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de AI”, e cada curso invitamos a unha ou máis para que nos acompañen na descuberta doutras culturas e outras formas de pensar, para atinxir o que todos desexamos de verdade vivir en paz. Este ano agradecemos a colaboración de Ecos do Sur e das mediadoras sociais, Noura e Ana, do Concello de Arteixo, sen elas non serían posibles moitas das nosas actividades. A coordinadora de Convivencia Marga González

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

2013-2014

Profile for Galegopdb

Frasquiño de esencia 2014  

Ponte dos Brozos - Revista Frasquiño de Esencia

Frasquiño de esencia 2014  

Ponte dos Brozos - Revista Frasquiño de Esencia

Profile for galegopdb
Advertisement