Issuu on Google+

CARTAFOL IES DE COTOBADE

CURSO 2012 - 13 1

Nยบ 13


1ยบ ESO A

1ยบ ESO B

2ยบ ESO

2


ÍNDICE Fotos cursos 2 Índice 3 Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño 4 As letras no noso centro 5 As caras de Roberto 6 O noso blog 7 Samaín 8 Un Nadal de libro 9 Un Nadal de festival 10 Febreiro namoradeiro 11 A fraga das verbas 12 Xogos tradicionais 13 150 anos de Cantares Gallegos 14 O entroidiño 2013 15,16, 17 Competicións deportivas Cotobade vs Forcarei 18 O clube de lectura: As estrelas do libro 19 “Nélida Piñón”, cada día máis frecuentada 20 Taller de poesía con Lucía Novas 21 Encontro con Alfredo Gómez Cerdá / Coloquio con Xesús Constela Doce 22 O clube de lectura: toda unha viaxe 23 De portas para dentro 24,25 De portas para fóra 26, 27,28 De portas para fóra: crónicas de alta mar 29, 30 De Fisterre a Fisterre 31,32 Test e pasatempos 33,34 Fotos cursos 35

3


Letras galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002) A Real Academia Galega decidiu hoPara alén da calidade actorial e puramenaxear ao santiagués Roberto Vidal Bola- mente escenográfica, Roberto Vidal Bolaño ño. destaca como escritor. Moderniza as técnicas teatrais e inclúe temáticas que mesturan a modernidade coa nosa tradición. A súa preocupación pola lingua, por Galicia e pola sociedade na que vive, está presente en toda a súa produción. A dimensión máis crítica, a denuncia dos males que asolan o seu tempo, agochábase a máis das veces detrás Actor, director, escenógrafo e escritor, Rodo seu nariz de pallaberto Vidal Bolaño é un home polifacético so; tras a máscara que que dedicou toda a súa vida ao teatro. Forusa para dignificar a mou parte do denominado “Grupo Abrente” función do bufón. O que renovou o panorama dramático galego na merecido recoñecedécada dos 70, cando a ditadura estaba a es- mento non só lle vén tras a morte; en vida morecer para dar paso á democracia. Demo- fíxose con importantes galardóns, tanto galecráticas foron tamén as dinámicas que apli- gos como internacionais, como “Abrente”´, cou ao feito teatral. No ano 1978 foi un dos “Ciudad de Valladolid”, “Rafael Dieste”, que deron pasos definitivos para a profesio- “Eixo Atlántico” nalización do teatro, co que se pretendía su- ou o “María Caperar o período de teatro amateur en prol da sares”, entre oudignificación da profesión. Creou as súas tros propias compañías, primeiro co “Grupo Entroido” e despois con “Teatro de aquí”. Obra:

Roberto Vidal Bolaño posúe unha obra extensa. Agora é posible consultala toda na recompilación que está a sacar á luz Edicións Positivas (Obras Completas). Algúns dos títulos máis emblemáticos son: A burla do galo, Agasallos de sombras, Animaliños, Bailadela de morte ditosa, Criaturas, Anxeliños, Saxo tenor, Cochos, Rastros, Días sen gloria, Laudamuco, Señor de ningures - ladaíñas pola morte do meco, Mar revolto, Integral, Touporroutou da lúa e do sol… Como ensaísta tamén ten colaborado á análise do teatro galego con achegas como Perspectivas do teatro galego actual. 4


As letras no noso centro O alumnado de 1º A representounos un fragmento de Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño… presentado por unha aparición moi especial...

Tamén contamos cun espectáculo de monólogos

E non faltou un desfile modas!!! As mellores camisetas galegas. E para poñerlle o ramo á festa, unha actuación ben misteriosa… Quen sería?

5


As caras de Roberto A creatividade chama pola creatividade. Así é que os rapaces e rapazas do centro puxéronse mans á obra en Plástica para agasallarnos con estes resultados. Retrato realizado por Noelia Varela Sánchez de 1º B

Os alumnos e alumnas de 3º A puxéronlle a mellor cara a Roberto.

José Carlos Lameiro Bea (2º)

Retrato realizado por Martín Godoy González (1º A) 6


O Equipo de normalización da lingua galega do IES de Cotobade segue a súa andadura en internet. A comezos do curso 2012, o Equipo de Dinamización botou a andar o blogue: http:// equipodenormalizacionlinguisticaiesdecotobade.blogaliza.org/. Este curso 2013, seguimos poñendo as nosas actividades para que toda a comunidade escolar poida compartir a ilusión do noso traballo. Algunhas das entradas que se incorporaron foron:         

O folleto un Nadal de Libro, onde se recomendaban algunhas lecturas en galego. Todos os números da revista “Ollos de Aula” da CGENDL. O vídeo gañador do concurso de disfraces: as nosas Nucha e Mucha particulares. O vídeo co recitado dun poema de Rosalía de Castro. As novidades do centro. O nosos certames. Escoitar música, da boa Ah! e mesmo podedes comentar todo o que queirades. E como non, o pracer de facelo EN GALEGO!!! Non o dubides e fai aquí clic!!! ou escanea o noso código QR

…E

NON SÓ EN INTERNET; SEGUIMOS COS PÉS NA TERRA.

Para seguir tirando do galego, para alén de asentar a nosa presenza no mundo virtual, queremos seguir sendo un referente virtuoso na nosa contorna. Para iso sementamos cada día na vida escolar a ilusión da continuidade da nosa lingua.

http://www.coordinadoraendl.org/ No curso 2013, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega incorporouse á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística CGNDL. Trátase de optimizar o traballo que se realiza en toda a comunidade, nomeadamente na comarca na que se integra cada un dos centro, no noso caso, na de Pontevedra. 7


SAMAÍN 2012

Paz de 1º.

Como vén sendo habitual, festexamos o Samaín cun concurso de cabazas, cun concurso de postres terroríficamente sabrosos, cunha festa de disfraces monstruosa e cun concurso de relatos de medo. Colaboraron na organización o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os Departamentos de Inglés, Francés e Plástica.

En canto aos postres, os galardóns foron como seguen:  

No certame de relatos de medo, moitos deles presentados e lidos nun inglés perfecto, os O premio á “Cabaza Máis Terrorífica premios foron para Nicolás Fernández, Ana 2012” levouno Alba Tajes de 1º da Muñoz e Adriana Sendino de 1º. ESO. A “Cabaza Máis Orixinal 2012” foi a de Laura Barros de 2º. A “Cabaza Máis Traballada 2012” foi a presentada por María

Os gañadores foron: 

 

Premio ao “Doce máis orixinal” para Adrián Lado de 1º. Premio ao “Postre máis terrorífico” para Noelia Dios de 1º.

8


UN NADAL DE LIBRO Unha das actividades que se realizaron en colaboración cos centros educativos da nosa comarca, foi a elaboración dun folleto con recomendacións de lecturas en galego. Cada un dos membros da comunidade educativa levou de agasallo de Nadal un exemplar á súa casa… lecer en galego para a familia coa mellor oferta cultural, e ideas alternativas para regalar.

http://cenlpontevedra.blogspot.com.es/

9


UN NADAL DE FESTIVAL O alumnado de 1º A amenizounos a festa de nadal cunha obra de teatro que conxuga tradición e modernidade. En Rapeando o Nadal un grupo de rapaces de Cotobade, previa recomendación da avoa dun deles, vai pedir o aguinaldo de Reis polas casas para repartilo entre os veciños que máis o necesitan. Para acompañar a petición cantan polas portas un Cantar de Reis rapeado: Aguinaldo pido Con disposición Ovos e torresmos Caixas de turrón Ao aguinaldo imos E ao aguinaldo andamos Se nos dan as fabas Tamén as tomamos

Os alumnos de inglés de 1º tamén nos agasallaron cun vilancico e unha coreografía ben chusca. Pena non poder incluír aquí o vídeo onde bailan o “Santa Claus is coming in town”!!! E no concurso de postais que organiza o concello, gañou un alumno do noso centro: Pedro Adrián..

E o alumnado de música interpretounos en directo unha versión da Noite de Paz. Velaquí o noso nacemento, grazas ao Departamento da Relixión

Tamén tivo lugar o certame de postais que se podían realizar en galego, castelán, inglés e francés. Os premiados foron: Nicolás Fernández, Ana Muñoz e Taha Baait. Os mencións especiais reaceron en Alba Ramos, Ángela Fernández e María Paz. 10


FEBREIRO NAMORADEIRO Febreiro é o mes no que casan os paxaros, disque polo día 2, o día das Candeas. Tamén hai un San Valentín disparando frechas ás cegas. Para festexar tanta efusión amorosa, o Equipo de Dinamización Lingüística convocou o segundo certame de sms

de amor en galego.

Souben amar Hai unha longa espera igual que un rito. Ti chegabas na tarde. Foron rúas escuras coma bosques de cedros que non volven. No fondal dos recordos pasaba o vento escuro. Os labios que besaban. Un mar azul e tépedo resumía crepúsculos e esbaraba no tempo. Os labios que besaban lenzos de amor na tarde. A bris recolle o pranto e fuxe. (…) Luz Pozo Garza, Códice Calixtino.

Velaí van algúns textos que se presentaron ao concurso 11


A FRAGA DAS VERBAS O día 21 de febreiro é o Día das Linguas Maternas. Para festexalo, sementamos a nosa. Queremos que agromen flores en cada unha das “Mil primaveras máis” que Álvaro Cunqueiro soñou para a o galego. Con este motivo, no recreo do xoves 21 deste mes, cada rapaz e rapaza engadiu dúas verbas á árbore da lingua: a que considerou máis fermosa, e a que considerou máis curiosa do ámbito da tecnoloxía e das ciencias.

parafuso

folerpa

Tod@s aquel@s que queirades engadir verdor neste bosque seguides estando convidados.

acachoupar

jujel

12


XOGOS TRADICIONAIS Para sacurdinos o entume- lle á chave. Iso sen esquecer a comba, cemento do inverno, que mellor que as carreiras de sacos, a mariola, as mover o esquelete ao ritmo dos xogos chapas, as catro esquinas ou o pano... tradicionais. Aló por marzo quixemos poñerlle ao mal tempo boa cara; escachamos coa risa e desconxuntamos os ósos tirando da corda, bailando co aro e a buxaina, mareando a ra, ou dándo-

13


150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS 

No 2013 festéxanse os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Por este e outros moitos motivos, o día que cumpriría anos Rosalía, o 24 de febreiro, tiveron lugar unha serie de iniciativas en toda Galicia para homenaxear a unha das nosas escritoras máis universais.

No noso centro festexámolo o luns 25 de febreiro cunha exposición sobre a súa obra e co recitado no recreo dalgúns dos seus poemas.

Para alén disto, o noso centro colaborou cunha iniciativa proposta pola AELG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, que consiste nunha lectura colectiva, por parte de diferentes centros de ensino de Galicia, do poemario Cantares Gallegos. Gravamos a lectura que fixern algúns dos nosos alumnos e alumnas para subila despois á páxina web da AELG. Podedes ver toda a información nos seguintes enderezos. Na última ligazón, se buscades na segunda lectura colectiva, veredes que o poema 36 está adxudicado ao IES de Cotobade: http://www.aelg.org/ «Has de cantar, que . Has

de cantar, meniña gaitera; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta,daréiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, daréiche unha proia da pedra do lar.

14


O ENTROIDIÑO 2013 O Entroido deste ano veu cargado de sorpresas. Os disfraces máis variados, as caretas máis divertidas e os postres máis enxebres fixeron as ledicias dos nosos choqueiriños preferidos. Os premiados no certame de disfraces foron:      

Primeiro premio ao mellor disfraz individual: “Chica guapa” (Jorge Monteagudo) Primeiro premio ao mellor disfraz en parella: “As vellas” (Francisco Caramés e Adrián Lado). Primeiro premio ao mellor disfraz en grupo: “Abellas” (Sheila Sueiro, Sara Vidal, Sonia Gil e Nati Baliñas) Segundo premio ao mellor disfraz individual: “Grumete” (Isaac González) Segundo premio ao mellor disfraz en parella: “Científico loco e mascota” (Alberto Ventín e Breixo Maciel) Segundo premio ao mellor disfraz en grupo: “Os dálmatas” (Noelia Domatos, Antía Gondariz e Ángela Fernández)

15


ENTROIDO-BOOK 16


Os gañadores do premio aos mellores postres foron para Noelia Dios, Alba Tajes e Ernesto Rivas

As mellore caretas foron as de Raquel Duarte (4º), Alba Tajes e Alba Ramos (1º) 17


COMPETICIÓNS DEPORTIVAS 2013 COTOBADE vs FORCAREI Unha vez máis os nosos alumnos responderon con gran deportividade nos xogos celebrados no mes de abril contra o IES de Forcarei. Na maioría das modalidades conseguimos vitorias destacando sobre todo as de vóleibol e bádminton e conseguindo outras que normalmente se resisten coma fútbol. Pero o máis importante é que de novo volveron ser estes días unha gran festa deportiva de confraternización sen deixar á parte a gran competitividade amosada que afianza a gran amizade consolidada xa tras moitos anos co IES Chano Piñeiro de Forcarei. Gústanos ver gañar os nosos, loitar na pista pero o que nos enriquece máis é a diversidade das probas e a máxima participación de alumnado nelas: Bádminton, Vóleibol, Balonmán, Fútbol, Xadrez, Tenis de mesa, Baloncesto e a proba cultural (que engloba coñecementos dos dous concellos) constitúen a esencia dos dez anos que levamos competindo co IES de Forcarei.

18


O CLUBE DE LECTURA: AS ESTRELAS DO LIBRO. http://asestrelasdolibro.blogspot.com.es/

O noso clube de lectura segue a súa andaina. Este ano incorporánronse algunhas novidades ben exitosas: o rincón de lectura e as charlas cos escritores.

O arco da vella entrou pola fiestra para sentar na nosa biblioteca...

Pero quen realmente lle dou cor, foron os lectores que iluminan cada día este espazo mentre se mergullan na lectura.

Un ano máis fixemos a nosa particular Feira do Libro, pero de carácter gratuíto. No noso centro o intercambio de libros e emocións non ten prezo. 19


“Nélida

Piñón”, cada día máis frecuentada…

Malia a crise, este ano a biblioteca continuou a renovación dos seus fondos bibliográficos e cinematográficos. Catalogáronse 311 libros –contamos cun total de 2844-, e 85 películas –dun total de 119-. O número de empréstitos foi elevado, e segundo as táboas de estatísticas, imos destacar os 10 lectores máis avezados, por orde: Verónica Gavián, Carla Rey, Ángela Fernández, Nuria Bouzas, Irene González, Iria Riveiro, Miguel Novoa, Ana Muñoz, Noelia Dios e Cristina Gómez. Tomade exemplo, mozos e mozas; isto é ler! Os máis cinéfilos foron, nesta orde: das profes, Rosa, Patricia, Mª José e Cristina e máis a bedel Mónica Costas; e dos alumnos, Gabriel Martínez, Carla Rey, Denis Gontad, Noelia Varela e Sara Caballero. Pero… a que non sabedes cal foi o libro máis lido e a película máis visionada? Pois a película máis vista, The queen. Os libros máis prestados, por esta orde, foron: 1º Cartas de inverno 2º Asesinato dun seareiro 3º Corredores de sombra 4º O diario vermello de Carlota 5º O inferno de Marta

6.– Unha branca de cobre para Martiño 7.– Noites de voraces sombras 8.– A escura luz do Tíber 9.-Donde los árboles cantan 10.– Ás de bolboretas

Fixádesvos? A maior porcentaxe lévaa a lingua galega. Parabéns! Naqueles fríos recreos do inverno, que ben sentaba asistir a unha charla sobre temáticas tan diversas e de actualidade! Ángela e Irene co “Maltrato animal”; Nuria cos “Xóvenes e o alcohol”; Noelia coa “Violencia de xénero” e “A publicidade”; Alberto coas “Novas tecnoloxías”; e Pedro coa “Compoñentes e cañas de pesca” fixéronnos pasar moi bos momentos, ademais de aprender da man dos propios compañeiros. E como non, tamén gozamos dos divertidísimos monólogos a cargo de Fran, Taha, Fátima e Raúl. NA NOSA BIBLIOTECA

MEDALLA DE OURO, PRATA E BRONCE

Como novidades este ano, contamos coa inversión nun par de ordenadores –calquera os pillaba libres!, pois os alumnos de 1º ESO corrían que bulían para ocupar os seus postos, e de alí non había quen os quitara-. No recuncho de lectura, cuns pufs moi xeitosiños que impoñen co seu corido a ledicia entre as estanterías tan ateigadas de libros, cando chegaban os do club de lectura, os demais de seguido liscaban para facer sitio, e a algún incluso o matou a curiosidade e quedou a ver que facían eses tolos do club. E como non… o deporte! Nos últimos meses instaurouse a afección polo xadrez. Non podemos esquecernos dun grupiño de rapaces que colaboraron de xeito altruísta, realizando empréstitos e devolucións de libros… Algúns incluso exercían de alguaciles polo patio adiante, na procura dos compañeiros morosos. Eles son Rut, Sara, Noelia, Miguel, Nicolás, Alba, Lis, Nuria, Fátima, Irene, Cristina e Carla. Que fariamos as profes sen vós! Para todos os que facedes posible que a biblioteca se convirta nun espazo de lecer, parabéns! 20


TALLER DE POESÍA CON LUCÍA NOVAS O 20 de novembro visitou o noso centro a poeta Lucía Novas. Falounos da súa obra, de como comezou a escribir motivada polos seus profesores cando nena, do seu proceso de creación poética e dos temas máis habituais no seus poemarios. Despois das súas palabras todos e todas quixemos sentirnos un pouco poetas e puxémono man á obra, ou mellor man ao papel. Así, partindo de sensacións persoais e de emocións particulares, guiados pola propia Lucía, fomos poetas unha tarde de outono… Pódense consultar todos os textos poéticos no blogue do clube: http://asestrelasdolibro.blogspot.com.es/2012/11/oamor-taller-de-poesia-con-lucia-novas.html

A visita das musas

21


ENCONTRO CON ALFREDO GÓMEZ CERDÁ O día 21 de marzo veu ao noso centro o escritor madrileño para partillar connosco cuestión relativas á súa obra e, máis concretamente, ao libro El rostro de la sombra que lemos no clube. Foi moi interesante descubrir as teimas doutro autor, os seus inicios no mundo do teatro e a insistencia, unha vez máis, de que para ser escritor antes hai que ser un lector avezado. A temática realista e os personaxes adolescentes, acapararon a atención de todos nós.

COLOQUIO CON XESÚS CONSTELA DOCE A semana das letras estivo adicada a diversas actividades lúdico-culturais. Tivemos a sorte de abrir esta xeira coa presenza de Xesús Constela Doce que veu compartir connosco impresións sobre o Libro das Alquimias que lemos tamén no clube. Foi unha gran oportunidade para intercambiar opinión de xeito tan agradable: autor e obra estiveron máis perto dos lectores ese 13 de maio.

Con esta novela aprendimos que os libros son bos compañeiros; seguimos o ronsel da Biblioteca de Alexandría e imaxinámonos que Hipatia estivo cando nós por uns momentos. 22


O Club de Lectura: toda unha viaxe. A miña viaxe polo club de lectura “As estrelas do libro” comezou cando eu estaba en primeiro, diso xa vai 4 anos, e non me parece que pasara tanto… O meu paso polo Club encantoume, foi moi divertido e entretido, pero non só iso senón que tamén aprendín outras maneiras de disfrutar un libro: comentalo con outras persoas, pensar que nos gustaría cambiar do libro, pornos na pel do personaxe para imaxinar a nosa reacción nesa situación… Son cousas que fan moi amenas e divertidas as nosas pequenas reunións. Unha das mellores partes do Club de Lectura é que tes unha pauta libre para ler o libro no tempo que precises, porque somos nós os que dicidimos ata onde ler, o que nos deixa moita libertade se estamos atarefados con outras cousas. Se tivera que elixir un libro que me gustase dos que lin no Club de Lectura serían varios, pero un que de verdade me chamou a atención é Zapatos de tacón, foi o libro que primeiro lin no Club de Lectura e mostra moi ben a dureza coa que te pode tratar a vida, está cheo de emocións e inocencia. Tamén houbo libros que non me gustaron, pero iso é unha das partes boas do Club, xa que non estás obrigado a ler nada que non che guste e ademais con isto vas definindo os teus gustos literarios na compaña dos teus amigos. Outra das cousas que tamén me gusta moito son as películas que poñen pola tarde (aínda que agora non tanto coma antes). A película que máis me gustou foi Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie, unha das mellores películas que vin na miña vida, onde de verdade non te esperas ese tipo de final. Para a xente a que non lle gusta perder ningún recreo (son realmente curtos) a prefesora Rosa creou un blog do Club en internet para poder comentar os libros de forma non presencial, no que actualmente tamén poden participar os pais. En definitiva creo que “As estrelas do libro” é unha das mellores cousas que hai neste centro e esperemos que as profesoras implicadas non se cansen nunca de facelo. Irene González Ferreiro (4º ESO)

23


DE PORTAS PARA DENTRO De fóra chegaron para traernos novas do que se coce alén da nosa cancela. Á parte da visita dos autores que nos trouxeron páxinas cheas de fantasía, non descoidamos a realidade extraliteraria… É importante que esteamos cos ollos ben abertos para mirar de xeito crítico o mundo que nos rodea. O 21 de decembro contamos no centro coa presenza de Elena Marcos, licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, e diplomada en Nutrición Humana e Dietética. Con ela revisamos os nosos hábitos alimenticios e dounos pautas para melloralos.

Un dos obradoiros máis exitosos foi o que se realizou co motivo da exposición itinerante “El viaje de Allikay”, a cargo da Cruz Vermella, que tiña como tema a saúde como dereito universal. A partir de experiencias moi afastadas, propias dun Terceiro Mundo que consideramos alleo desde a perspectiva europea, reflexionamos sobre un axioma irrenunciable. A saúde é un dereito universal. O día 20 de marzo tivo lugar un obradoiro sobre “Hábitos nocivos” no que participou o alumnado de 2º ciclo, no marco da Educación para a Saúde, mentres que en decembro tivemos unha charla sobre delitos informáticos, ciberacoso e perigos de internet, a cargo do experto da Garda Civil neste tipo de cuestións, D. José Torres.

Moitas destas actividades foron organizadas grazas á colaboración entre o Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares e o Departamento de Orientación. 24


DE PORTAS PARA DENTRO O departamento de Historia brindounos a oportunidade de poder saber máis cousas de Sarmiento, vencellado a Pontevedra e a súa contorna. O Día Internacional da Muller,o 8 de marzo, celebrámolo por todo o alto. O alumnado de Atención Educativa realizou un traballo sobre galegas ilustres que depois plasmou nun póster exposto na entrada do centro. Nel figuraban imáxenes das mulleres sobre as que investigaron e frases en defensa da muller.

Este ano houbo que escoller os representantes do Consello Escolar. O alumnado tamén participou no que os políticos e medios de comunicación chaman “A festa da democracia..”. A verdade é que dá gusto votar xa no noso centro, malia non ter os 18!! 25


DE PORTAS PARA FÓRA Achegámonos ao IES de Montecelo para coñecer a oferta educativa deste centro con respecto aos ciclos de Formación Profesional o 24 de abril co Departamento de Orientación. Alí atopámonos con antigos compañeiros xa totalmente encarreirados. O 22 de marzo o alumnado de 2º da ESO visitou co Departamento de Tecnoloxía a Central Hidroeléctrica de Campo Lameiro para celebrar o Día Mundial da Auga.

O 21 de marzo unha delegación cotobadesa achegouse ao cencello estradense para participar nunha competicón de bádminton. Visto o éxito da expedición deportiva, outra delegación de 8 alumnos participou tamén nunha competición en Tomiño. 26


DE PORTAS PARA FÓRA O 27 de febreiro foi un día ben completo. Cos Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega visitamos o salón de plenos da Real Academia Galega e a casamuseo de Emilia Par-

Tamén na Coruña aproveitamos para visitar o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Á tarde achegámonos a Santiago para perdernos na Cidade da Cultura. Como xente que somos de terra de canteiros, gozamos especialmente da exposición “Gallaecia Petrea”.

27


DE PORTAS PARA FÓRA O 12 de xuño o alumando de PROA realizou unha visita ao ecoparque da Atalaia para vivir unha tarde de aventuras xogando ao paint–ball ao mesmo tempo que gozaban do marabilloso medio natural… Aínda que algún aproveitou a ocasión para pintar o profesor, ao cal non lle pareceu mal xa que o merecían despois de traballar tanto todo o curso. APÚNTATE!!!!!!!

M O I T A S

José Antonio, o profe de PROA, quere aproveitar para darlle as grazas a todos os alumnos do centro… ah, xa se me esquecía.. e aos profesores tamén. Un saúdo 28

G R A Z A S


DE PORTAS PARA FÓRA: AS CRÓNICAS DE ALTA MAR O primeiro que pensamos ao entrar no instituto é que comezamos unha nova etapa da nosa vida, que comezamos a madurar e a formarnos como os adultos do mañá. Comezamos esta etapa con emoción, pero tamén cun certo temor, producido polo cambio de ambiente, e sen embargo o tempo no instituto voa. Todos recordamos ese primeiro día de instituto, facilmente impresionables, e cando te dás conta xa estas comezando e rematando cuarto. Comezas cuarto con aínda máis ilusión, pensando no fin desta etapa, e non se pode pensar en cuarto sen unha boa excursión de fin de curso con todos os teus compañeiros, a cal supón unha gran oportunidade para desenrolar amistades novas e mellorar as xa existentes. A excursión comeza moito antes do primeiro desprazamento desta aventura, comeza coa venta de produtos, busca de viaxes, compra de billetes e como non, a discusión sobre o destino. Parece que esta excursión queda moi lonxe, pero cando te dás conta xa é o día anterior á saída e a maleta non pecha. A nosa viaxe comezou un sábado, máis concretamente o día trece de abril, tendo que madrugar bastante, sendo moitos os que xa nin cinco minutos durmiron pola ilusión e os nervios. Chegamos todos puntuais, pola conta que nos tiña, e collemos o autobús cara Santiago, para despois voar ata Barcelona. Unha vez que chegamos a esta cidade, cargamos coas maletas e encamiñámonos ao porto para coller o cruceiro, encabezando a expedición as profesoras Rosa e Inma, nun dos días máis calurosos do que levábamos de ano. Despois de subir ao Grand Celebration, e de ver os camarotes e comezar a descubrir o barco, todos con cara de abraio, e realizar o simulacro de emerxencia, puxémonos en marcha. Esa primeira noite, durante a comidela nocturna coñecemos a quen sería o noso camareiro das ceas, unha persoa con moito sentido do humor e coa que pronto entablamos amizade. Ao día seguinte, ao espertar, aínda un pouco descolocados, foi cando nos demos conta de que a viaxe era unha realidade . Ese mesmo día atracamos por primeira vez e visitamos Porto Torres, en Cerdeña, unha pequena vila mariñeira cunha torre, aínda que moi pouco habitada, polo que se podería comparar con algunha vila galega. Tras visitar Porto Torres e despois de facer as primeiras fotos e mercar os primeiros recordos, regresamos ao barco. Ao chegar ao barco aproveitamos o tempo libre para coñecelo e poder situarnos con facilidade, pero o mellor de ese día foi descubrir a primeira festa do barco, deitándonos relativamente tarde, o que se convertería nun habito en días consecutivos, reflectíndose pronto nas nosas caras.

29


Tendo que madrugar moito, baixamos outra vez a terra, pero esta vez estabamos en Livorno. O noso paso por Livorno foi breve, pois o noso destino era Florencia, e para iso tivemos que coller un autobús. Unha vez chegamos alí fixemos as visitas de costume: A Praza da Señoría, O Ponte Vecchio... Tras pasear pola cidade, fomos comer un prato moi local, a pizza, nunha terraza. A visita foi relativamente curta, Florencia é unha cidade para visitar con máis tempo, aínda así recibimos unha gran pincelada do espectacular da zona, tendo algún que outro regateo con comerciantes locais e algunha que outra aventurilla. Despois, tras coller o autobús de novo, achegámonos a Pisa, coñecida pola súa famosa torre inclinada, na cal non puido faltar a clásica foto suxeitándoa. Co comezo do cuarto día de viaxe, chagamos a Villefranche, aínda que ao igual que en Livorno, o noso paso por esta cidade foi breve, pois nos diriximos directamente a Mónaco. En canto chegamos ao principado, o primeiro que nos chamou a atención foi a beleza do seu emprazamento e, en canto profundizamos un pouco na cidade, rápido nos demos conta do luxo que se podía observar, destacando os coches de alta gama e as tendas das marcas máis importantes, ademais, coa nosa visita coincidía o comezo dos preparativos do gran premio de Formula 1 e estábase disputando o torneo de Monte-Carlo de tenis. Tras abandonar Mónaco, o noso seguinte destino era de novo Barcelona, cidade que visitamos brevemente, destacando a visita a un mercado tradicional no que puidemos gozar duns batidos de froitas e a deliciosidade de boa comida, aínda que só fora cos ollos (os prezos eran algo prohibitivos)... Finalmente, ese día, o mércores, collemos un avión de regreso, aterrando en Santiago cando xa chegara a noite, onde nos esperaban os nosos pais. En resumo, foron uns días que, ademais de pasar voando nos deixaron centos de recordos, sendo a primeira experiencia de voo de moitos, e o primeiro cruceiro de todos. Por último, queremos dar unha especial mención ás persoas que, facendo por nos un gran sacrificio fixeron posible a viaxe, grazas a Rosa e a Inma e esperamos que elas desfrutaran tamén a viaxe. E caso aparte o do noso titor, Mario, que despois de facer mil xestións, contas e rompecabezas, menos mal que é enxeñeiro, conseguiu poñernos en marcha: moitas grazas a el tamén. Pedro Iglesias Apolinario; Anxo Peleteiro Rey 30


DE FISTERRE A FISTERRE Somos un país atlántico, confín europeo por graza do océano, pero non estamos sós. Somos varias culturas as que estamos ligadas polos fíos invisible dos fisterres. Tamén no noso centro. Aquí vos deixamos algunhas paraxes das sendas da lingua, compoñente esencial dos pobos. O 27 de novembro asistimos á representación de L’ Avare de Molière no Teatro Principal.

Tamén se lle puxo voz francesa a algúns clásicos transformados en banda deseñada.

Desde os nosos fisterres as linguas viaxan cara outros mares e continentes. O galego-portugués chegou a América, África e Asia O inglés, que tamén traspasa as fronteiras europeas, dentro do Vello continente une océano e mar Mediterráneo, como ben se ve na exposición sobre Malta que podemos ver no noso IES, como recordo da estancia da nosa profesora do Departamento de Inglés.

31

Para a campaña da froita que se desenvolveu en varios períodos do curso escolar coa finalidade de promocinar o seu consumo, o alumnado de francés traballou o léxico relacionado con estes produtos


DE FISTERRE A FISTERRE Tamén no desde o Departamento de Inglés homenaxeouse a Rosalía de Castro neste ano tan especial coa lectura do “Adiós ríos, adiós fontes” neste idioma. Good-bye Rivers, Good-bye Fountains.

Aínda que son moitos os autores galegos traduciodos a outras linguas, desde o xaponés ao sueco, pasando polo inglés, of course, Rosalía de Castro é unha das escritoras que máis congresos, traducións, estudos e seminarios universitarios ocupan no ámbito internacional.

Good-bye rivers, good-bye fountains; Good-bye, little rills; Good-bye, sight of my eyes: Don’t know when we’ll see each other again. Sod of mine, sod of mine, Sod where I was raised, Small orchard I love so, Dear fig trees that I planted, Meadows, streams, groves, Stands of pine waved by the wind, Little chirping birds, Darling cottage of my joy,

Addio fiumi, addio fonti Addio, fiumi; addio, fonti; addio, piccoli ruscelli; addio, vista dei miei occhi: non so quando ci rivedremo.

Mill in the chestnut wood,

Terra mia, terra mia, terra dove son cresciuto, orticello che amo tanto, alberello di fico che ho piantato . (…)

Ao ser o noso centro plurilingüe, o alumnao ten a posibilidade de achegarse ás disciplinas de ciencias en inglés. Ósos do esqueleto Cadril ,cervical, clavícula, cóccix, columna, costela, cranio, cúbito, esterno, falanxe, fémur, frontal, malar, maxilar, occipital, omoplata, parietal, peroné, pómulo, radio, rótula, sacro, temporal, tibia, trapecio, úmero, vértebra Es capaz de relacionar os ósos galegos cos ósos ingleses? 32


TEST E PASATEMPOS

1.- Son unha persoa persistente e constante nas miñas responsabilidades. si

non

2.- Considero importante a miña formación actual. si

non

3.- Fago un plan de traballo para organizar o meu tempo de estudo. si

non

4.- Preocúpame o meu futuro profesional. si

non

5.- Atendo os consellos dos maiores e procuro aplicalos. si

non

6.- Ante as dificultades non me rindo facilmente. si

non

7.- Cando me atopo inseguro/a busco á persoa adecuada que me poida axudar. si

non

8.- Dispoño de medios suficientes para buscar información e facilitar o tempo de estudo. si

non

9.- Cando non entendo algo procuro preguntar para despexar as dúbidas. si

non

10.- Síntome con forzas para rematar a etapa educativa de secundaria. si

non

11.– Os meus intereses persoais están centrados nos estudos. si

non

12.- Cumpro cun horario de estudo todos os días que hai clase. si

non 33

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Responde (con sinceridade) o seguinte cuestionario para descubrir trazos de teu perfil de estudante:


13.- Nas clases procuro estar atento/a para entender as explicacións. si

non

14.- Manteño contacto cos compañeiros/as que teñen ao día o seu traballo escolar. si

non

15.- Cando estou enfermo e non podo asistir as clases, pregunto pola materia que se explicou e polos deberes marcados a algún compañeiro/a. si

non

16.- Día a día vou mellorando a miña capacidade de atención e de resposta no desenvolvemento das clases. si

non

17.- Procuro traballar con interese para aumentar o nivel de responsabilidades. si

non

18.- Considero que o esforzo diario no traballo escolar sempre ten unha boa recompensa. si

non

Se marcaches unha porcentaxe elevada de respostas afirmativas, enhoraboa, es un bo estudante. Se marcaches moitas respostas negativas, ollo! debes mellorar, esforzarte un pouco máis e centrarte no que verdadeiramente é importante. Completa o encrucillado de profesións antigas: 1 1

2 A

3

P

2 3 4 5 6

Horizontais: 1.- canteiro 2.- traballador do ferro 3.- arranxa cóitelos, tixeiras e tamén paraugas 4.- o que vixiaba as rúas pola noite 5.- afeita a barba ou amaña o pelo

C

6.- o que resina Verticais: 1.- persoa que anunciaba en público algún suceso 2.- traballa facendo traballos manuais 3.- elebora productos coa cera.

B

Clasifica as palabras que teñen sinonimia: paciente – bramido – impulso – arroutada - fin – labia – enfermo – verba – propósito – berro doente – pico – esborreco – pulo – obxectivo. 34


3º ESO A

3º ESO B Que teñades moita sorte en futuras singraduras!

4º ESO

35


LETRAS GALEGAS 2013 Roberto Vidal Bolaño

150 anos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

36


Revista 2013b