Page 1

Nº 5

EDICIÓN EN GALEGO http://galiciabilingue.es/gb/colabora/

TRALOS PAZOS

TURISMO

Colabora connosco

ABELARDO MIGUEL,

A SANTA

O PINTOR DE MARIÑEIROS

COMPAÑA IMAXES DA

TEÑEN UN PLAN PARA NÓS

NOSA HISTORIA

LUCIANO GÓMEZ DIRECTOR DO CONSERVATORIO DE DANZA, BAILARÍN E PROFESOR

CARA E CRUZ

VIGO FRONTE A GALICIA

QUERES

RECIBIR

QUE SE FAI NO ENSINO

PARA VOSOTROS… RECETAS, BATIDO DESINTOXICANTE E DEPURATIVO FRESEIROS QUE LOCEN TODO O ANO

A REVISTA

NOS DEMAIS PAÍSES CON

MÁIS DUNHA LINGUA OFICIAL? (II)

NA TÚA CASA? BÓS E XENEROSOS

OS BIOSBARDOS ELES TAMÉN O MERECEN

INFORMACIÓN NA PÁXINA 43


OS OBXECTIVOS DE GALICIA BILINGÜE SON:

Esta revista edítase e distribúese sen subvencións públicas, grazas a as achegas dos seus subscritores

PROMOVER E APOIAR: A conservación e difusión do patrimonio cultural e paisaxístico de Galicia A creación cultural en Galicia nas súas dúas linguas, con especial atención aos novos creadores

e dos socios e colaboradores de Galicia Bilingüe. Con ela queremos analizar e difundir o patrimonio e a cultura de Galicia, xerar debate, e contrapoñer ideas.

LOGRAR: A elección de lingua vehicular no ensino seguindo os modelos que existen nas democracias con máis dunha lingua oficial Unha educación libre de adoutrinamento ideolóxico partidista ou identitario Unha administración galega bilingüe nas súas informacións e documentos Unha administración pública galega na que non se prime o coñecemento dunha lingua á competencia profesional A apertura do apoio oficial á cultura tamén en español por parte das institucións públicas de Galicia

Gloria Lago

Que as subvencións públicas aos cidadáns se concedan en Galicia independentemente da lingua utilizada

Edita: Galicia Bilingüe · Directora: Gloria Lago · Deseño e maquetación: MRA · Contacto: info@galiciabilingue.es Todos os dereitos reservados · ISSN: 2254-3953 Edición dixital en español e en galego dispoñibles en www.galiciabilingue.es


ÍNDICE

ABELARDO MIGUEL, “O PINTOR DE MARIÑEIROS” 04 María Fidalgo Casares. Doutora en Historia da Arte IMAXES DA NOSA HISTORIA. O BALNEARIO DE RIAZOR Salvador Fernández de la Cigoña Fraga

09

LUCIANO GÓMEZ, DIRECTOR DO CONSERVATORIO DE DANZA, BAILARÍN E PROFESOR Sol Santos

10

QUE SE FAI NO ENSINO NOS DEMAIS PAÍSES CON MÁIS DUNHA LINGUA OFICIAL? (II) José Manuel Pousada

12

A SANTA COMPAÑA Alfonso de la Vega. Enxeñeiro e escritor

16

TRALOS PAZOS Texto y fotos MatRecio

22

TEÑEN UN PLAN PARA NÓS Gloria Lago

38

BÓS E XENEROSOS. OS BIOSBARDOS. ELES TAMÉN O MERECEN Gloria Lago

44

VIGO FRONTE A GALICIA Andrés Freire. Profesor de lingua española e literatura

46

CARA E CRUZ Atrapados. Cisneros Inquedanza. Tartarín de Tarascón

50

PARA VOSOTROS...

52

3


PINTURA

ABELARDO MIGUEL,

“O PINTOR DE MARIÑEIROS”

MARÍA FIDALGO CASARES. Doutora en Historia da Arte

Abelardo Miguel López Leira (Pontedeume 1918-1991), “Abelardo Miguel”, foi un artista de talle excepcional e extraordinariamente prolífico que dedicou a súa vida á proxección pictórica de Galicia e as súas xentes. Desenvolveu dentro da súa xeración unha das traxectorias menos coñecidas pero máis autónomas, persoais e representativas da pintura galega dos últimos séculos. O rigor conceptual e formal da súa técnica, o seu compromiso existencial e social co colectivo mariñeiro e unha intensa identificación con Galicia caracterizan a obra e a personalidade dunha figura case descoñecida no discurso estético da cultura galega contemporánea. Hai que sumar aos seus grandes méritos artísticos, que as obras de Abelardo Miguel presentan unha singularidade que potencia aínda máis o seu legado: un valor intanxible que as etiqueta como Patrimonio Etnográfico e Antropolóxico xa que representa os valores intemporais e representativos que dende cronoloxías inmemoriais se transmitiron e permaneceron na memoria colectiva de Galicia. Lamentablemente subxacer o matiz tráxico de que o seu recoñecemento fose post-mortem e que o seu camiño discreto e solitario non lle faga ocupar o posto que en xustiza lle correspondería entre os artistas hoxe consagrados, as exposicións institucionais e as coleccións de referencia da cultura galega.

Biografía Abelardo Miguel López Leira naceu pintor en Pontedeume en 1918 no seo dunha humilde e numerosa familia de pescadores. Pontedeume era entón unha vila mariñeira como tantas outras da costa galega, coa estrutura socioeconómica propia do século XIX e principios do XX na que con4

Feira do 21

vivían a emigración a ultramar, a maioritaria dedicación á pesca e actividades agropecuarias complementarias. Excepcionalmente dotado para a arte, debuxou dende a máis tenra infancia. As súas calidades foron innatas e a pintura foi o seu acto vital por excelencia. A valía do neno chamou a atención de Jesito, profesor de debuxo na Coruña, que convenceu a familia das posibilidades do pequeno e Abelardo deixa o seu Pontedeume natal e cursa estudos brillantemente na Escola de Artes da Coruña. Os seus logros alí fixérono merecedor dunha bolsa da Deputación nunha das escolas da arte máis prestixiosas de Europa: a Real Academia de Belas Artes de San Fernando. A concesión desta bolsa di moito do talento do neno pintor, xa que non tiña padriños nin influencias e as Deputacións eran moi estritas, de feito esta bolsa foi negada a consagrados como Imeldo Corral, Bello Piñeiro, ou ao propio Laxeiro. O mozo Abelardo Miguel tivo que pospoñer a súa entrada na Academia polo estalido da guerra. É ferido gravemente en Brunete por unha granada e soportará unha dura con-


valecencia. Esta lesión bélica deixaralle secuelas que arrastrará o resto da súa vida. O máis significativo na súa traxectoria é que dende que nace e desenvolve as súas formulacións estéticas volverá a elas de forma recorrente e as máis emblemáticas non sufrirán grandes variacións. Os alicerces do seu universo plástico fórxanse na súa infancia, e os posteriores estudos académicos, a apertura de horizontes no estranxeiro, o contacto coas vangardas, a súa admiración polos clásicos, non farán que varíen os seus conceptos iniciais, chegando a plasmar os últimos días da súa vida apuntamentos e retratos moi semellantes conceptualmente aos que pintou sendo un neno. Para Abelardo o punto de chegada e de partida sempre acontecerá sen solución de continuidade: Galicia. Tras estudar en San Fernando viaxou a Italia internado na Escola Española de Arte de Roma e perfeccionou estudos en París e Países Baixos. Tras as súas viaxes ao estranxeiro, o pintor lánzase a un vórtice de exposicións e eventos. En 1959, sucedeu un feito anecdótico que lle deu certa repercusión: o ditador Francisco Franco, nunha das súas frecuentes visitas ao Eume, quedou cativado polo lenzo do pintor “O patrón”. Este interese nesta época tiña que significar o regalo inmediato do artista, e non obstante Abelardo negouse a entregarllo, o que foi moi comentado en ámbitos artísticos e políticos. Durante a década dos 50 e 60, preséntase en todas as capitais galegas cun sorprendente éxito de público. Aínda que evitaba as saídas de Galicia, tamén expuxo en León, Bilbao, Oviedo, Madrid, Salamanca e en cidades lusitanas como Porto e Lisboa. Os seus elevados prezos, e as seguras vendas en todos os foros onde presentaba a súa obra, ían avalando a súa carreira como pintor. Tamén nestas datas obterá os encargos máis importantes da súa carreira: Centro Galego da Habana, Complexo turístico “As Torres” en Salamanca e a decoración da Cooperativa de Santa María de Castro, un traballo audaz e independente no que abordará o tema mitolóxico dunha Galicia Arcádica. Todas as as súas exposicións sempre as titulaba “Xentes e cousas de mar”, subliñando a súa vinculación á temática mariñeira. Tamén independentemente de onde as presentase, Galicia ou fóra dela, sempre resaltaba a súa identidade co título en galego, algo pouco frecuente nos pintores da época. Estas décadas foron os seus anos máis prolíficos, afianzou o seu estilo e o seu repertorio iconográfico quedou establecido. O artista estaba abocado a unha exitosa proxección nacional e internacional. Non obstante o seu espírito individualista non encaixaba na militancia en filas estéticas e non quixo entrar en disciplinas de grupo. Automarxinouse do mundo da arte, e decidiu instalar o seu estudo definiti-

vamente en Pontedeume, como un acto profundamente reflexivo e o converteu no esquema primordial da súa visión do mundo. Evitou a marchantes e a asistencia a certames e premios, aínda que como feito excepcional, atraído por poder executar unha gran pintura mural en 1961, concorreu motivo da? celebración da Feira do Mar. Obtivo o primeiro premio pola decoración mural do pavillón de Vigo, unha espectacular decoración que desgraciadamente non se conserva. A mediados dos 70 deixa de expoñer, pero non abandona a pintura ata marzo de 1991, data na que morre en Pontedeume. En 2003, o Concello da Vila concédelle a Medalla de ouro ao Mérito artístico. En 2008 preséntase na Universidade de Sevilla unha Tese Doutoral sobre a súa vida e obra. En 2013 concédeselle a distinción de Fillo Predilecto. Na actualidade está en trámite a petición para o pintor da Medalla Castelao.

O patrón

Estilo pictórico. Unha plástica de características propias. Abelardo Miguel é un artista con maiúsculas porque posúe incuestionablemente o que os historiadores da arte chaman idiolecto estético: unha pegada indeleble, trazos que distinguen un xenio creador. Achégase á escola galega de pintura do XIX, cuxos eixes serán Sotomayor e Llorens, coa exaltación do autóctono baseado nas xentes, as paisaxes e os acontecementos populares, pero non é un académico nin hai resabios literarios na súa pintura. Abelardo mostra tamén intensas coincidencias con “Os Novos”, como Laxeiro, Colmeiro ou Seoane, pero estes paralelismos son puramente estéticos e temáticos, porque Abelardo aínda que? chega ao seu mesmo destino da plasmación da identidade galega, non é en absoluto consecuencia dunha formulación teórica. É quizais máis auténtico porque non ten que buscalo como eles, o fai de forma instintiva e espontánea. 5


De gran forza dibuxística, arrebatador dominio da cor e un persoal tratamento do espazo, o artista evolucionará do clasicismo a un estilo completamente postimpresionista. Aínda nas súas obras máis vangardistas estarán sempre presentes o peso da tradición e dos clásicos. A gran flexión da obra de Abelardo producirase na década dos 50, cando a cor gañe a partida ao debuxo e se converta en protagonista da composición, unha cor de paleta moi acendida e persoal, de gama intensa e moi matizada por atmosferas luminosas de raizame sorollesca. Baseará dende entón o plástico no cromatismo e non na liña como determinante de formas e o espazo. A decantación pola espátula engadirá aos seus lenzos un compoñente de gran forza expresiva que, dada a pericia do seu debuxo, aínda na mancha non chegará nunca a descorporeizar as formas. Nos últimos anos da súa vida, cando a lesión que arrastraba se agudiza, a súa pintura toma unha vertente expresionista, impregnando as caras dos seus mariñeiros cunha estraña coloración verdirroja?. É a chamada “etapa das caras verdes” que será o broche de ouro á súa longa traxectoria.

máis claramente a identidade do pobo galego. Foi testemuña de excepción destes mercados xa que acompañaba a súa nai peixeira a vender peixe. As obras de Abelardo convértense en documentos únicos á hora de estudar antropoloxicamente estes acontecementos lúdico-mercantís que afunden as súas raíces en elementos telúricos e lendarios, coa plasmación de arquetipos laborais propios dunha sociedade ancestral. Oficios hoxe desaparecidos como ferreiros, curtidores, zoqueiros, quincalleiros, caldeireiros, así como pulpeiras, queixeiras aparecen representados cunhas relacións que se plasman en toda a súa pureza.

Familia mariscando

Peirao de Pontedeume

Repertorio iconográfico O seu repertorio estará caracterizado por unha sorprendente versatilidade. En todos os xéneros que cultiva alcanza valores máximos de calidade e creación, con variacións que foron conformando unha poética de gran personalidade. Articúlase en catro grandes apartados: paisaxe, naturezas mortas, feirón agrogandeiro e temática mariñeira, e mesmo un orixinal xénero mixto onde aparecen mesturados. Significativamente, todos e cada un traducen dun xeito contundente o sentimento de adhesión a Galicia. Tamén fixo unha única pero importante incursión no mundo mitolóxico. As feiras agrogandeiras, que el chamaba “feiróns”, son un dos eventos que segundo os etnógrafos galegos afirman 6

Nas súas feiras sempre animais e produtos son tan protagonistas como o home, que aparece complementado cos apeiros, indumentarias, produtos e escenarios, tanto no espazo do intercambio, coma no espazo de produción, neste caso a paisaxe agraria, tan patrimonial como o resto dos aspectos. Todo iso resulta fiel testemuño dunha realidade etnoantropolóxica desaparecida. Os feiróns teñen a marabillosa particularidade de situar o espectador en medio da feira facéndoo percibir as relacións lúdico-mercantís con toda nitidez. O espectador convértese nun ente activo do proceso creador, e as imaxes teñen un ritmo, o da vida fluíndo. A paisaxe. Abelardo destaca como paisaxista excepcional... vales, bosques, montes, rías... son obxecto de identificación e emblema do seu pobo, metáforas da permanencia no tempo. A Natureza ten unha dimensión simbólica. Galicia aparece como un Edén primitivo, unha Natureza privilexiada portadora de valores espirituais. As súas paisaxes aparecen hoxe como Árcades pagáns próximos ao paraíso. Fronte a tradicional estampa dunha Galicia gris e monocorde, Abelardo impregna os seus pinceis na plenitude da luz e unha radiante efusión dunhas sorprendentes cores que alcanzan o luminismo sorollesco.


Naturezas Mortas. Foi o xénero máis recoñecido pola crítica do seu tempo. Cultivou todos os tipos de naturezas mortas, de flores, caza, de produtos de terra e mar. As súas composicións aparecen acompañadas de cacharraría e mantelería variada: cuncas, xerros, potas de barro, recipientes de cristal, con maxistrais calidades matéricas que exhiben o seu dominio técnico, impregnados con toques líricos que subliman o vulgar coa roupaxe do poético. Mostra ecos zurbaranescos nos seus bodegóns de poucos obxectos e resabios noreuropeos nos bodegóns de caza que chegan ao recargamento ou mesmo a certo horror vacui. A xenialidade do pintor no tratamento do tema radica en dúas persoais achegas: iconograficamente recrea o bodegón mariñeiro e compositivamente desmárcase da tradición cos seus orixinais tratamentos plenairistas. Nos bodegóns plenairistas os obxectos representados saen ao exterior, normalmente a pé de praia ou a unha paraxe costeira de amplos horizontes, e mostran unha evidente exaltación das tonalidades das cores ao contacto coa luz. Nos bodegóns de mar: peixes, cunchas e mariscos, teñen toda a xenuínidade? da emoción que lle espertaban o pintor, unha experiencia arrancada da entraña mesma da vida mariñeira. Abelardo dálles a todos eles un tratamento excepcional, cales obxectos suntuosos ou o manxar máis delicado, indiferentemente á minusvaloración popular da época dalgúns deles, como os berberechos ou sardiñas que? se converten en principais protagonistas de lenzos exquisitos. Poucos artistas na plástica da súa época chegaron a conseguir tanta orixinalidade, variedade, perfección técnica e sentimento lírico. Por iso podería considerárselle quizais o mellor bodegonista galego do século vinte. Xentes do mar. É a temática pola que sentía máis predilección, e, nas poucas veces que expresou o seu desexo de pasar á posteridade, dixo “gustaríame ser recordado polos meus mariñeiros”. É o seu xénero primixenio, e a partir desta raíz realiza unha profunda reflexión sobre a condición humana. Descendente dunha antiga familia de mareantes, a súa herdanza sanguínea xorde con efervescencia nos seus pinceis, dispensando aos mariñeiros para a posteridade todo o amor e veneración que lle inspiraron. As súas pinturas de mariñeiros eran representacións sinxelas, atractivas e populares, e esta sensibilidade na súa esencia máis pura fixo que conectase perfectamente co público do seu tempo, un público formado por todo tipo de xente e condición e non só os habituais compradores de arte. O pintor alcanza neste xénero a plenitude creadora. Unha forte descarga emocional na que, en termos de acendida

Sardiñeira

paixón e imaxinación fervente, Abelardo desprega un relato realista de absoluta autenticidade e verdade humanas. Encontramos unha dobre influencia: holandesa e española. O sentimento de grupo está emparentado con Rembrandt e Halls, e nos rostros dos pescadores ten unha marcada pegada da escola clásica española. O seu carácter de crónica testemuñal é inherente e non buscada polo autor. A súa concepción humano-vital descobre o espírito da súa época, representando a vella face do mariñeiro e o seu ámbito, sen o concurso de manifestos. Fíxoo pintando. Logrou con eficacia descritiva articular a complexa dialéctica do individual cun prisma antropolóxico xenérico que busca no retratado que sexa o portaestandarte dunha colectividade, a mariñeira, e con facilidade executiva virtuosística encontra diferentes solucións compositivas, dende recios retratos individuais a animados lenzos de grupos numerosos onde plasma escenas moi variadas: remendando redes, recollida de peixe, mariscando, esperando a chegada dos barcos... Malia o seu idealismo de espírito, non idealizou os seus personaxes, “non os viu como desexaba que fosen, senón como realmente eran, e as caras non eran só reflexo do carácter senón da profesión.” Presenta unha integración total co contexto, e as imaxes compleméntanse con paisaxes mariñeiras, fisionomías de 7


homes e mulleres, embarcacións, indumentarias, instrumentos, aparellos de mariñeiría e produtos do mar, elementos que aparecen inseridos no espazo natural no que xorden e desenvolven, neste caso o mar de Galicia e os portos das súas vilas costeiras. Testemuña tamén a pesca artesanal que se executaba entón coa súa específica tipoloxía de embarcacións, aparatos e redes, indumentarias da profesión, pero tamén as relacións intersociais e as ocupacións subsidiarias. Mariñeiros, peixeiras, carpinteiros de ribeira.. O material humano das súas corporacións mariñeiras, está formado por eumeses reais do seu tempo, homes e mulleres, vellos e maduros, nenos, patróns e grumetes con nomes e apelidos e aínda hoxe recoñecibles polos máis vellos do lugar. Entre os recios e curtidos rostros de mariñeiros veteranos acostumaba a incluír a nota doce do grumetiño imberbe, cunha reflexión sobre a condición humana, homenaxeando aos nenos que debían de traballar como adultos, e aos anciáns no fin dos seus días. Marcaba as dúas parénteses do acontecer humano cos seus cadros de composición avó-neto... Hai un rotundo carácter épico,Abelardo Miguel transformou en heroes os mariñeiros de Galicia polas súas accións meritorias. Os seus personaxes nunca son dignos de pena ou conmiseración, senón todo o contrario, e aínda que trata de evitar a retórica do heroísmo, exhibe que o duro traballo cotián é? o que dignifica. Sempre subxacer un marcado sentido poético da antigüidade clásica, sendo neste caso o máis destacable o tratamento da muller, de prestancia comparable ás heroínas clásicas do Olimpo, criaturas cun acusado carácter de cosmicidade?. Aparecen enraizadas na máis profunda simboloxía de Galicia, formas femininas naturais transfiguradas na versión

Vellos 8

dunha emoción intensa, a Terra Nai, Galicia, e un recordo á súa propia nai. Unha conexión cos primitivistas galegos que considerarán a muller como un emblema da cultura galega. Todos os seus cadros mariñeiros son retratos colectivos dun pobo, dunha comunidade, teñen unha categoría universal que desborda o marco local. Máis que ningún outro artista galego plasmou a intensa identidade mariñeira, tan forte como a labrega, resaltando o sentimento corporativo que segundo Steffan Morling é un dos trazos máis acusados da identidade galega.

Escena de Redes

A arte de Castelao adquire matices desgarradores produto dunha sociedade desigual e sometida. Abelardo presenta unha Galicia arcádica e intemporal, unha Galicia eterna de mulleres e homes dignos e aguerridos que viven en comuñón espiritual coa terra, marcando sempre o binomio clásico da etnografía galega Terra- Pobo, un concepto de “aristocracia moral” xerado no “Rexurdimento”. As súas escenas xa non pertencen ao espazo, senón ao tempo, e mostran á posteridade fraccións milagrosas dun tempo detido que xa non volverá, e os seus lenzos son unha inmersión na densa corrente da eternidade, o valor máis puro e auténtico da obra de arte. Os valores galegos de Sotomayor, Llorens, Castelao e Seoane consolidáronos como os creadores da plástica galega. Abelardo Miguel debe adquirir todo o seu significado entre estes pintores consagrados polo seu persoal e valiosa, aínda que silenciosa achega, tan afastada dos rutilantes circuítos artísticos. Porque a realidade é que Abelardo Miguel, o humilde “pintor de mariñeiros”, foi un artista galego e universal, que a través da súa profunda manifestación de vida, memoria e patrimonio do seu pobo, escribiu dende o seu pequeno taller da vila de Pontedeume, unha das páxinas máis brillantes da Historia da Arte de Galicia.


IMAXES DA

NOSA HISTORIA O BALNEARIO DE RIAZOR

SALVADOR FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA

Nesta ocasión a nosa postal está datada en A Coruña, no ano 1908. O Balneario de Riazor era un lugar de encontro dos coruñeses. Nesta zona, onde xa se atopaban o campo de fútbol do Deportivo, e un fielato nas súas proximidades, a burguesía coruñesa e os visitantes da cidaed herculina disfrutaban dos baños de mar. No ano de nuestra postal, o balneario tivo uns ingresos que ascenderon a 9.837 pesetas dos que 4.600 correspondían aos baños de tempada, o que siñifica que se trataba dun balneario con gran éxito entre os coruñeses. Como ainda sucede hoxe en día con algunhas praias antes do comezo da tempada, podían lerse algunhas criticas na prensa, sobre o estado das instalacións, como a aparecida en maio no Eco de Galicia, advirtindo ao alcalde de que na

praia y no paseo podía atoparse cascallos e fragmentos de vasillas de porcelana e ferro. Supomos que se correxiría a situación e que, como os bañistas da postal, os coruñeses de entón disfrutarían da fantástica praia e dos conciertos que se daban á tardiña. O ano seguinte ao que foi cursada esta postal a tempada de baños rematou mal. Así, o Correo de Galicia, no seu número do 2 de setembro de 1910, informaba do gran rebumbio que se deu no Balneario de Riazor, maltratando un tal Don Francisco Gantes López á súa dona de tal xeito, que o público manifestouse en contra del en forma de motín, o que requeríu a intervención de la policía. Hoxe o Balneario xa soamente podemos imaxinalo, alzado no seu emplazamento de entón, entre a coraza do Orzán e o actual Praia Club, 9


LUCIANO GÓMEZ,

DIRECTOR DO CONSERVATORIO DE DANZA, BAILARÍN E PROFESOR. REALIZOU A ENTREVISTA, SOL SANTOS un ambiente de serenidade e tamén de entusiasmo e superación; o son de fondo do piano, sempre presente, combínase a finais de curso co trafego e as voces nerviosas dos alumnos preparándose para un exame, probándose os seus traxes para a gala final. Todos no conservatorio viven eses momentos con emoción e vértigo, os alumnos, os profesores, o director, e tamén Fina, a responsable de recepción, sempre disposta a colaborar arranxando moños ás nenas ou cosendo o lazo a unha zapatilla de ballet. Deberíanse enfocar as artes como unha industria; se está ben xestionada, pode dar beneficios.

O Conservatorio Profesional de danza da Coruña está situado na Rúa da Franxa, na Casa Martelo. O edificio de fachada de cantería construído no século XVIII, foi inicialmente unha vivenda privada e máis tarde, durante boa parte do século XIX, sede do concello coruñés. Na actualidade pertence á Deputación Provincial.

Conversamos con Luciano Gómez, Director do Conservatorio de Danza, bailarín e profesor. Ao seu cargo están un selecto grupo de profesores que desfrutan do privilexio de poder xuntar paixón e traballo, e os xóvenes alumnos, que lle rouban horas ao descanso e ao lecer para formarse como futuros bailaríns. No conservatorio respírase 10

Luciano, toda a túa vida adicada á danza, cántos anos levas bailando? Comecéi estudando folclore con Rey de Viana cando tiña dezasete anos. En 1976 marchei a Bruxelas para continuar a miña formación durante tres anos con Victor Ullate e Carmen Roche, despois con Dolores Laga no Conservatorio do Teatro da Moeda, e tamén na Escola Mudra Maurice Bejart. En 1979 trasladeime a EEUU e alí bailei durante once anos en diversas compañías como Tulsa Ballet, Dallas Ballet e Hartford Ballet. Regresei a España catro anos despois, en 1990. Dende entón, son Director deste Conservatorio e aquí tamén imparto clases de danza aos alumnos do grao profesional.

Despois de estar 11 anos bailando en América ...non custa volver? O mundo da danza é moi competitivo, e ademais de necesitar unhas cualidades físicas especiais, tenche que apaixonar porque o sacrificio é moi grande. Requírese moitísimo esforzo para chegar a trunfar e soamente uns poucos acádano. A carreira dun bailarín nos escenarios é curta. Considérome moi afortunado por adicarme ao que me gusta. Regresei a España nun bo momento, presenteime a unha praza no Conservatorio de Danza e dende entón adícome ao ensino, é unha satisfacción enorme poder formar alumnos, que saian adiante, e mesmo ver que bailan mellor ca ti. Luciano Gómez ten uns ollos risoños e expresivos, e a calma que da atoparse no seu medio natural. Transmite proximidade e paixón polo seu traballo. Os seus alumnos adórano; cando din del que é esixente e perfeccionista fano como un afago. Por que cres ti que en España no hai máis compañías de danza Luciano? Temos magníficos teatros pero curiosamente adoitan actuar neles compañías estranxeiras. Deberíanse enfocar as artes como unha industria; se está ben xestionada, pode dar beneficios. O Conservatorio ofrece espectáculos de gran calidade, como a gala de fin de curso no teatro Colón, perfecta para


facer desfrutar e sentir ao espectador a arte da danza. Co gallo do Día Internacional da Danza, os alumnos do conservatorio ofrecerán en Lugo un espectáculo no encontro de centros organizado polo Conservatorio de Lugo, na súa cuarta edición. Tamén participarán en Pontendanza, organizado por Deborah Alfaya en Pontevedra. Cantos alumnos estudan no Conservatorio? Cada ano matricúlanse unha media de cento sesenta alumnos, a maioría deles do grao elemental. Aquí impártense dez anos de formación, catro deles corresponden ao grao elemental e seis ao profesional.

nea. E a deputación ofrece becas de verán para que poidan facer cursos noutros centros dentro e fóra de España.

Para rematar, que consello lles darías aos xóvenes que desexen iniciarse neste mundo?

Haberíamos de deducir que é importante para chegar a ser un bo bailarín formarse fóra de España?

Primeiro ter claro que lles apaixona a danza e despois estar dispostos a traballar e seren constantes na súa formación para poder desfrutar dos resultados que a cotío se van acadando.

A danza coma calquera outro tipo de expresión artística ou cultural vai máis alá de calquera fronteira, e une a bailarins e artistas de todo o mundo.

Que cursos ofrecedes? A especialidade é danza clásica, malia que tamén se imparten clases de danza contemporánea con Armando Martens, danza galega, danza de carácter, repertorio, paso a dous, música, anatomía, historia da danza, pantomima e interpretación, coreografía, e acondicionamento físico. Concretamente o sexto curso de Profesional ten un total de nove asignaturas, o que supón unhas catro horas diarias de clase, e non é sinxelo compaxinar isto cos estudos. Tamén traemos profesores invitados como Gonzalo Zaragoza ou Ángel Rodríguez, para ofrecer aos alumnos un curso de danza clásica ou contemporá-

Hai alumnos que destacaran especialmente tralo seu paso polo Conservatorio? Si. Hai alumnos impartindo clases no conservatorio de Lugo, outros están bailando en Costa Rica, tamén en EEUU, no Tulsa Ballet, Hubbard Street Dance Chicago. Outros abren escolas, hai antigos alumnos que agora son profesores en Madrid tras ter feito o grao Superior. O noso último éxito é que Sofía Liñares, con tan só 14 anos, foi seleccionada pola prestixiosa escola londinense Royal Ballet, onde estudará o vindeiro curso Educación Secundaria Obrigatoria e danza e poderá realizar colaboracións coa Compañía do Royal Ballet e Birmingham Ballet

A danza coma calquera outro tipo de expresión artística ou cultural vai máis alá de calquera fronteira, e une a bailarins e artistas de todo o mundo.

Fotografías realizada por Manuel Lemos 11


QUE SE FAI

NO ENSINO NOS DEMAIS PAÍSES

CON MÁIS DUNHA LINGUA OFICIAL? (II) JOSÉ MANUEL POUSADA

Nun artigo publicado no número anterior desta revista tratei sobre a política lingüística que se aplica no ensino nalgúns países nos que existen dúas comunidades lingüísticas apreciables nun mesmo territorio, formadas por nacionais, caso no que adoitase recoñecer as respectivas linguas como oficiais. Xa en dito artigo sinalaba que sería insuficiente unha soa entrega e anunciaba nel a publicación dunha segunda parte que tratase das políticas seguidas en países que non foron analizados nesa primeira entrega. Chegou o momento de publicar a segunda parte e demostrar que, tal como xa anunciei na primeira, España é un caso anómalo sen parangón no mundo civilizado. Nesta segunda entrega trataremos especialmente os casos de países que, de maneira moi falaz e tramposa, son invocados para xustificar o que se está a facer nalgunhas partes de España e que serven para que “os nosos” pertinaces e escasamente demócratas planificadores lingüísticos enganen a moitos inxenuos ou pouco documentados.

Suíza.

12

Imos comezar analizando o caso de Suíza, moi invocado de xeoto trampón polos nosos “normalizadores”. Segundo eles, a aplicación do modelo suízo suporía, no caso de Galicia, que a única lingua oficial en Galicia fose o galego. É verdade que en Suíza é moi raro que nun mesmo territorio haxa dúas linguas oficiais, pero, excepcións á parte, a oficialidade dunha soa lingua nun determinado territorio débese a que nel esa lingua é a de polo menos o 85 % dos nacionais residentes nel. É dicir, non existe ningún distrito de Suíza no que non sexa oficial unha lingua que o sexa de, por exemplo, o 25 % da poboación nacional, xa non digamos se é a lingua de máis do 70 % da mesma, como ocorre con español en case que todas as localidades galegas de máis de 30.000 habitantes. É dicir, que o modelo suízo, aplicado a Galicia, no mellor dos casos para os galegófonos, suporía que o galego fose oficial, xunto col español, nas principais localidades e, de declararse unha soa lingua oficial, esta sería o español. Isto é o que suporía o modelo suízo aplicado a Galicia e mente quen afirme o contrario. A modo de exemplo diremos que en Suíza hai tres cantóns nos que existen dúas linguas oficiais e un no que existen tres. E no cantón bilingüe de Berna encontrámonos cun distrito, o de Biel-Bienne, no, dado que as dúas comunidades lingüísticas, francófona e xermanófona, son apreciables, ambas as dúas linguas son oficiais, a web oficial do distrito está dispoñible en francés, alemán e inglés, e os pais poden elixir para os seus fillos entre seis modelos lingüísticos na escola, e iso que o distrito non excede por apenas dos 50.000 habitantes. No o cantón dos Grisóns atopámonos con catro distritos bilingües e dous trilingües. O grisón o romanche é unha lingua que non ten moitos falantes e ápenas se fala fora dese cantón, e témome que os xermanófonos, ou os italófonos, non están polo labor de ter que estudar, sequera


en parte en grisón, e ata non son moi proclives a aprendelo coma materia.

Quebec (Canadá).

Pasemos ao terceiro dos paradigmas para “os nosos” normalizadores, Quebec, outro referente desta escola de “defensoBélxica. res” dunha lingua a custa da liberdade das persoas e morada de non poucos auténticos fanáticos que chegan ata a denunciar que nunha paxarería vendían un loro que non “falaba” francés, senón inglés, e outros disparates polo estilo, e Dutch (Flemish) que ben que o experimentou o xa falecido piloto quebequés de Fórmula 1 Gilles Villeneuve. Pero vaiamos aos feitos: en Quebec só hai unha lingua oficial, o francés, e a porcentaxe German de anglófonos non chega ao 10 % da poboación nacional. Pois aínda así, resulta que o Tribunal Supremo paroulles os French pes a os máis fanáticos “defensores do francés” e determinou que os anglófonos canadienses tiñan dereito a recibir todo o ensino en inglés e subvencionado, porque pagándoo, por suposto que calquera pode recibilo nesta lingua. Pero é que, como dixen, os nacionais anglófonos non chegan ao 10 % da poboación. Imaxinanse que acontecería se máis do 70 % da poboación das áreas Montreal, Laval e Montérégie (3,5 Pasemos agora ao caso “belga”, outro dos paradigmas dos millóns de habitantes dos 7,5 de la provincia) fose anglónosos “normalizadores”, e non é que nese país non existan fona? Pois algo parecido ao que ocorre na veciña provincia xentes moi fanatizadas no ámbito da imposición lingüísti- de Novo Brunswick (32 % de francófonos e 61 % de anglóca; pero non se chega a consentir o que se consente aquí. fonos): as dúas linguas son oficiais e cada quen pode estuEn concreto, analicemos o caso de Flandres, onde existe un dar na súa, sendo a inmersión voluntaria. Pois xa se poden resentimento histórico cara o uso do francés. Para empezar, vostedes imaxinar en que acabaría o modelo “quebequés” a rexión de Bruxelas está xeográficamente enclavada en aplicado a Galicia se facemos extrapolacións. Mala sorte de Flandres, pero o 70 % da súa poboación é francófona; con- novo para “os nosos” normalizadores. secuencia: hai dúas linguas oficiais e cada quen recibe o en- É dicir, que por unha parte poñen como exemplos territosino na que prefire, e a inmersión é voluntaria. Que acontece rios nos que non existen, ao contrario que en Galicia, dúas no resto de Flandres? Pois resulta que a porcentaxe de fran- linguas oficiais, senón unha soa. E o feito de que haxa só cófonos – agás nalgúnos municipios da “fronteira lingüística” unha é consecuencia de que a comunidade lingüística co– en conxunto non excede do 5 % e a única lingua oficial é o rrespondente é máis que aplastantemente maioritaria, porneerlandés (flamengo). Á parte do feito de que nalgúns mu- que non existe país civilizado no que non sexa oficial nun nicipios da “fronteira lingüística” está recoñecido o dereito a territorio unha lingua que é a de máis do 25 % da poboación recibir o ensino en francés, con obriga de aprender moi ben nacional residente sendo unha lingua falada comoamaterna como materia o neerlandés, e de que en Antuerpen incluso por centos de millóns existe un liceo que imparte o ensino en francés, alguén no de persoas no mundo É dicir, que o modelo seu sano xuízo cre que se a porcentaxe de francófonos das para implantar como suízo, aplicado a Galicia, seis cidades de Flandres máis importantes fose semellante única oficial unha de no mellor dos casos para ao de hispanófonos das oito principais cidades galegas, o carácter rexional e os galegófonos, suporía francés, ao igual que na “flamenga” Bruxelas, non sería lingua falada como materna que o galego fose oficial, oficial e non estaría garantido o dereito a recibir o ensino só nese territorio e xunto col español, nas nese idioma? Por suposto que non; ocorrería o mesmo que por menos de 1,5 miprincipais localidades e, na rexión de Bruxelas. Xa sabemos, pois, en que remataría o llóns; e maior é o disde declararse unha soa modelo “belga” transplantado a Galicia; o mesmo que o suí- parate que pretenden lingua oficial, esta sería zo: quen quixiese estudar en español, podería facelo, e nas certos fanáticos para o español cidades os que poderían ter problemas para estudar na súa Galicia e outras partes de España. lingua serían os galegófonos. 13


Luxemburgo. Vaiamos agora a un pequeno país, Luxemburgo, no que se dá o caso curioso de que sendo a lingua materna de máis do 90 % dos nacionais o luxemburgués, son oficiais tamén o francés e o alemán, linguas que se falan moi maioritariamente nos países que fan fronteira con Luxemburgo. Que ocorre no ensino? Pois que, a pesar de que o luxemburgués é a lingua materna de máis do 90 % da poboación nacional, non se emprega coma lingua vehicular no ensino, senón que simplemente se estuda coma materia obrigatoria dúas horas á semana. É dicir, que conscientes de que o luxemburgués é unha lingua moi pouco falada no mundo, e a pesar da dificultade que iso implica para a aprendizaxe, os alumnos luxemburgueses reciben o ensino primario en alemán (suponse que é porque o luxemburgués parécese máis ao alemán que ao francés) e o francés, xunto co inglés estúdsea coma materia. A partir de secundaria comeza a utilizarse coma vehicular o francés, que acaba sendo a lingua vehicular que predomina ao final desta etapa. É dicir, que o modelo de Luxemburgo aplicado a Galicia, teniendo en conta ademais que o galego non é a lingua materna de máis do 90 % dos gallegos, e menos dos que están en idade escolar, abocaría a que o galego fose simplemente materia obrigatoria, e o español, a semellanza do francés ou o alemán en Luxemburgo, sería a lingua vehicular, sobre todo tendo en conta que é a materna de máis do 50 % da poboación en idade escolar. A todo isto hai que engadir que estamos falando do ensono sostido con fondos públicos, porque no privada si que pode haber escolas ns que se use como vehicular unha soa das linguas. Guste ou non guste, o galego sería a Galicia o que o luxemburgués a Luxemburgo, e con maior razón dada a proporción de galegófonos de Galicia e a de luxemburgófonos de Luxemburgo.

o modelo de Luxemburgo aplicado a Galicia, teniendo en conta ademais que o galego non é a lingua materna de máis do 90 % dos gallegos, e menos dos que están en idade escolar, abocaría a que o galego fose simplemente materia obrigatoria, e o español, a semellanza do francés ou o alemán en Luxemburgo, sería a lingua vehicular

14

Alto Adige (Italia).

Fagamos agora escala nunha provincia alpina de Italia de bela paisaxe, o Alto Adige, onde existen dúas linguas oficiais, o italiano e o alemán. A lexislación garante que os alumnos reciban o ensino na súa lingua materna se esta é italiano ou alemán; pero, de facto, un italófono pode recibir o ensino en alemán e viceversa.

República de Sudáfrica.

Cambiemos de continente e deixemos quedar aínda máis en ridículo aos “nosos” normalizadores, sobre todo cando se empeñan en manipular de forma burda o significado das palabras e chegar ao espantoso ridículo de equiparar a liberdade de elección de lingua no ensino cun acto nada


menos que de segregacionismo. Viaxemos pois á República de Sudáfrica, na cal hai, en conxunto, ata once linguas oficiais, dúas delas orixinadas en Europa, o inglés e o afrikaans. Durante o repugnante réxime do apartheid si que o goberno aprobou normas para que o afrikaans fose lingua vehicular en polo menos a metade das materias (dicían que era a lingua que identificaba á nación máis ou menos; non sei se lles soa isto), pero os estudantes negros, moi maioritariamente, dicían non ter maior interese en aprender afrikaans e preferían o ensino en inglés, a pesar de non ser a lingua materna de case que ningún, e, en todo caso, estudar parte das materias na súa propia lingua. Isto, xunto con outras medidas provocou unha revolta estudantil en 1976 que tivo como consecuencia da represión policial un saldo de case 600 nenos asasinados. Cando o réxime do apartheid caeu e chegou ao poder Nelson Mandela, aprobouse a Constitución e resulta que na mesma, no artigo 29.2, recoñeceuse o dereito a recibir o ensino na lingua oficial da provincia que se preferise, habendo entre tres e catro oficiais en cada provincia (das once a que me referín anteriormente). “Casualmente”, e a pesar de ser a lingua materna de non máis do 4 % da poboación, o inglés adoita ser a preferida. Por que será? É dicir, que segundo “os nosos” nacionalistas, Nelson Mandela resultou ser un perigoso “segregacionista”, e xunto con el, entre outros, o premio Nobel da paz, Desmond Tutu, que defendeu a existencia dese dereito. Non me digan que “os nosos” nacionalistas non resultan “simpáticos”. Ou quizais debería dicir patético-ridículos?

Tanzania e Nixeria. Sen cambiar de continente ímonos a Tanzania, e o facemos porque nun libro realmente divertido – moi a pesar dos seus autores o de divertido – que trata de xustificar que o galego sexa a única lingua vehicular en Galicia para todos os nenos galegos (55 mentiras sobre a lingua galega cháamase a colección de ridículas e divertidas falacias) ponnos o exemplo do que se fai neste país. E que se fai en Tanzania? En Tanzania hai dúas linguas oficiais, o inglés e o swahili, sendo esta lingua a que se emprega como vehicular no ciclo de primaria, pero en secundaria a lingua vehicular é o inglés, estudándose o swahili como materia e impartíndose nesta lingua a materia de “educación cívica”. Os indocumentados autores do libro asumen que o swahili é a lingua nacional de Tanzania como se fose a lingua materna maioritaria en Tanzania, e que o seu uso nese país nada ten que ver co uso “forzado” do español en Galicia; pero resulta que o swahili é a lingua materna de non máis do 3 % da poboación e

é/era unha lingua de comerciantes mestizos de Cando o réxime do indios, árabes e africanos apartheid caeu e que se falaba só ao longo chegou ao poder Nelson da costa desde Somalia Mandela aprobouse a Mozambique, e que a Constitución, acabou por converterrecoñeceuse o dereito a se nunha lingua koiné, recibir o ensino na lingua nunha serie de países e oficial da provincia que é a lingua materna de só se preferise, habendo unha parte pequena dos entre tres e catro oficiais seus habitantes; ou sexa, en cada provincia ¡máis ou menos o que pretendía ser o castelán durante a Reconquista na península Ibérica!, e que sería como o árabe no Magreb. O swahili, pola lóxica da súa orixe, escribiuse co alfabeto árabe ata o século XVIII, pero a forma escrita habitual na actualidade utiliza o alfabeto latino. O swahili, que ten tamén orixe bantú, como outras linguas de Tanzania, é a segunda lingua da inmensa maioría da poboación e por iso se emprega coma lingua vehicular en primaria. É dicir, que se aplicamos a España o modelo “tanzano” (e con máis razón porque o español é a primeira lingua, ou lingua materna, da inmensa maioría dos españois), o español sería o “swahili” de Tanzania, mentres que o galego, catalán, vasco, etc., serían, como moito: o sukuma (15,5 %), gogo (4,1 %), haia (3,7 %), etc., que non se usan no ensino. Notar que a pesar de que o sukuma é a lingua materna do 15,5 % da poboación de Tanzania, o que representa máis de 5 millóns de falantes, non se usa como lingua vehicular. E exemplos similares encontrámonolos por toda África, como o caso de Nixeria, onde o goberno recoñece ata 27 linguas autóctonas, aínda que a única oficial é o inglés. No ensino primario procúrase que os primeiros cursos sexan impartidos na lingua materna dos alumnos para proseguir co uso coma vehicular dunha das tres máis faladas no país, ioruba (19 %), hausa (18 %) e ibo (17 %), e apréndese inglés coma materia obrigatoria e tamén árabe clásico nas escolas coránicas. En secundaría a lingua vehicular predominante é o inglés, aínda que se segue usando como tal o ioruba. O francés tamén goza de relativa importancia no país por diferentes motivos. Quedan máis exemplos ilustrativos e interesantes que tratar, pero o espazo acábase, co cal haberán de ser tratados nunha terceira entrega, se a dirección desta revista o considera oportuno. Ata entón, se é o caso só queda despedirme e espero que vos resultase interesante esta segunda entrega.

15


HISTORIA

A SANTA

COMPAÑA

ALFONSO DE LA VEGA. Enxeñeiro e escritor

Entre as nove e as dez Deixa a noite para quen é “Do que non se pode falar mellor é calarse” advírtenos Wittgenstein na contundente proposición que pecha o seu famoso Tractatus. Pero esta vez non imos facer demasiado caso a don Luwding porque se non apenas poderiamos falar de nada. Ben polas dificultades epistemolóxicas de acceso ao coñecemento. Ben, (ou mal), por razóns máis pedestres como son a case censura obxectiva e subxectiva con que se adoitan tratar certos temas en España. Baroja dicía que o éxito rápido non se pode conseguir máis que adulando o público. É dicir, mentindo. Non obstante, como acostumo e os lectores de Vosotros merecen, vou expoñer aquí o que penso. Así, nas liñas seguintes propoño ao amable lector unha breve revisión dun dos mitos galegos máis famosos, considerado como mera superstición polos racionalistas con decisión, o da Santa Compaña. Cuxa interpretación constitúe todo un desafío epistemolóxico. Quizais o primeiro que cabería dicir é que aínda que se trata dunha das xoias da Antropoloxía galega non é un feito diferencial. Con variados aspectos formais ou de detalle, dun modo ou outro, encóntrase presente como unha invariante da Cultura universal en relación coa morte. Un mito, dicían os gregos, é a expresión dunha realidade espiritual que o transcende. Non obstante, modernamente non é esa a acepción dominante. O noso Ortega sostiña, ao meu xuízo de modo errado, que o mito era inimigo da ciencia. Digo de modo errado porque para entendelo é preciso separar a realidade do fenómeno da forma ou expresión continxente que poida adoptar nas diferentes sociedades e culturas e da interpretación que se fai deste segundo as crenzas relixiosas ou intelectuais dominantes. 16

Modalidade dun mito universal Relacionado de modo moi estreito co mito galego da Santa Compaña encóntrase o asturiano da Boa Xente ou Huestia, termo que vén de hoste, exército, compaña, neste caso de fantasmas. Pero xa o considerado pai da lingua española como idioma culto, o rioxano Gonzalo de Berceo, se fai eco dunha variante desta tradición nun dos milagres Da nosa Señora, o relacionado con Teófilo. E tamén é frecuente con algunha variante noutros lugares de España. E dun modo máis xenérico aseméllase a outros moitos de gran valor estético con notable influencia na Historia da Arte: así por exemplo, o comendador que en corpo astral invita a Don Juan a acompañalo, as huríes coránicas que reciben os caídos da guerra santa. As valquirias de mitos nórdicos que recollen aos guerreiros mortos en combate como ilustraba musicalmente Wagner na súa famosa cabalgata da segunda entrega da Tetraloxía do Nibelungo. Ou a variante de Eros e Tanatos, a Alma rescatada da Morte polo Amor do belo e inspirador mito de Orfeo. Tamén os cortexos astrais retratados polo noso gran Cervantes en senllas pasaxes Del quijote: Na cova de Montesinos co cortexo de Belerma e o corazón de Durandarte. Mito que, por certo, ten unha imitación galega na vida real: ao igual que Belerma, Juana de Vega, a viúva de Espoz y Mina, tamén gardaba o corazón do seu esposo metido nun cofre. Outro máis, cando don Quijote ve a procesión do mago Merlín e lle explican que debe facer para desencantar a Dulcinea. Ou cando acomete aos disciplinantes que escoltan un corpo morto dende Baeza ata Segovia. Copia evidente dun coñecido feito histórico, o traslado do cadáver de San Juan de la Cruz. Para rematar esta breve relación, outra variante literaria: Despois dunha noite tenebrosa, Espronceda tamén fai vivir o seu propio enterro a El estudiante de Salamanca:


“Era máis de medianoite...os vivos mortos parecen, os mortos a tumba deixan... “ Dentro da Arqueoloxía española cabe entender tamén que quizais moitas das figuras da Fraternidade de Elo, anterior ao Cristianismo, como as descubertas no cigurat natural de Montealegre (Albacete) puidesen representar algunha forma de cortexo ou procesión astral relacionados con antiquísimos ritos mesopotámicos, introducidos en España polo pitagorismo. Quizais o primeiro que cabería dicir é que aínda que se trata dunha das xoias da Antropoloxía galega non é un feito diferencial.

Versións galegas do mito Entre as descricións ou interpretacións persoais relativas á Santa Compaña, que poden presentar diferentes variantes máis ou menos de detalle, podemos traer aquí a de Claudio Cuviero escrita a finais do XIX e baseada nos seus recordos da nenez: “Hai unha hora na noite, a máis triste e fatídica; nela os espíritos, fantasmas e visións deixan as súas ocultas moradas e veñen a este mundo a expiar as súas culpas, bañando de terror as mentes dos sinxelos labradores. Esta hora está entre as nove e as dez. De aquí o adagio galego que tan ben observan os fillos do país. Entre as nove e as dez Deixa a noite para quen é E en efecto, pouco despois das nove, empezan a distinguirse en lontananza multitude de luces que, pausada e maxestosamente, camiñan sen rumbo nin dirección fixa. Apenas estas luces divísanse na aldea, cando un pánico terror se apodera de todos os veciños; péchanse as ventás, atráncase as portas, cada un encoméndase ao santo da súa maior devoción e entre a consternación e espanto xeral escóitanse as voces de: A Compaña! A Compaña! Motivo hai, efectivamente para unha tan grande confusión, porque as que levan aquelas luces son almas en pena, que despois de entrar na igrexa de onde toman a cruz e o escano (peto das ánimas) empezan a vagar polos contornos, penetran nos cuartos, apodéranse das persoas durmidas, sácanas polo ollo do fecho, e entregándolles un machado de cera, fanas acompañar á lúgubre procesión. Se, por acaso, no seu tránsito, encontran algunha persoa que non tivese a precaución de botarse en terra finxíndose morta, apodéranse dela e entregándolle un machado obrígana a formar parte do acompañamento”.

Outras versións recollen que a dobre fileira procesional acompaña catro carrexadores dun féretro baleiro aínda pero no que se pode identificar a figura do próximo falecido en corpo astral. Dentro dos ritos antropolóxicos tradicionais galegos relacionados de modo moi estreito coa morte, ademais do da Santa Compaña, destacan tamén outros non menos populares, así as procesións de ataúdes como as de Santa Marta de Ribarteme ou as mortallas do Nazareno na Pobra do Caramiñal. Na primeira, dedicado á irmá de Lázaro o Resucitado, os “ofrecidos” mesmo son transportados dentro dos féretros abertos, polos seus parentes. Na do Nazareno, os ataúdes son levados polos devotos e o “ofrecido” vai detrás do féretro, de cor branca no caso dos nenos, sobre a cabeza da súa nai ou pai. Creo que estas tradicións rituais máis ou menos deformadas se poden encadrar dentro da chamada maxia simpática. Preténdese evitar con elas que o cortexo da Santa Compaña, considerado maléfico senón terrorífico, se leve ao posible defunto no féretro pois xa o fan por ela outros axentes benfeitores ou máis afíns por amizade ou parentela ao que puidese falecer. Non obstante, estas manifestacións populares tradicionais acaso poidan ser reminiscencias ou deformacións, das antigas cerimonias litúrxicas iniciáticas propias das antigas escolas dos Misterios ou certas ordes monásticas nas que os recipendiarios han de morrer e renacer simbolicamente a unha nova vida, en pseudo tumbas que tanto abundan en antigos templos ou mosteiros prerrománicos e románicos. Tamén cabe relacionar estas procesións ou as da Santa Compaña coas de Semana Santa onde os nazarenos ou confrades cos seus caparuchos e uniformes asemellan manifestacións no plano material de cortexos doutros diferentes planos. Pero na súa orixe simbólica o Camiño de Santiago é unha procesión de estrelas, A Vía Láctea. E para a tradición grega as almas heroicas convértense en estrelas. Outra versión mitolóxica sostén que primeiro xunto ao cabo Ortegal, en san Andrés de Teixido, e logo, unha vez reelaborada polo Cristianismo, en Compostela estaba unha entrada ao “inferos”. Sexa como for, certos clarividentes, explican que en san Andrés habería unha especie de hospital de almas en espera ou transición, de onde viría as crenzas en que alí vai de morto quen non fóra de vivo ou en que durante a peregrinación ao santuario hai que ter coidado de non pisar lagartas, cobras ou outros réptiles non fosen a ser manifestacións da alma dalgún desorientado galeguista en busca de redención. Como pode verse existe unha gran semellanza co hilozoísmo como concepción do mundo: a xeneralización da idea 17


da vida a todos os seres. O intento de referir a unha orixe psíquica o conxunto das cousas e dos fenómenos naturais. O mito da concientización progresiva do Todo a través da evolución crecente das súas criaturas dende o mineral ata o anxo. Nas belas palabras dun soneto do poeta tráxico portugués Antero de Quintal: Almas no albor da existencia; espertaredes un día na Consciencia; e flotando, xa puro pensamento; veredes caer desfeitas, lentamente; as vas formas que creou a mente; e rematará, por fin, o voso tormento! Un fenómeno con explicación metapsíquica Que fenómeno é o que se transmite co mito da santa Compaña? O que se expresa é un fenómeno metapsíquico: a experiencia da percepción do plano astral por persoas en estado de hipersensibilidade que pode facerse máis xeral mediante unha persoa dotada de facultades mediúmnicas ou especiais. Esta percepción astral asóciase á morte. Cousa que enunciada así, tan de súpeto, pode mover a incredulidade senón sorriso abondo do lector máis racionalista, que non investigador ecuánime racional. Pero este tipo de fenómenos foron estudados por moitos científicos de talle internacional, que nun principio trataban de demostrar que se trataba de fraudes ou enganos, ata decatarse que a devandita hipótese da fraude ben puidera explicar algúns, ou moitos, casos pero non todos. Así, por exemplo, entre outros, Sir William Crookes, descubridor do elemento químico talio, o naturalista Russell Wallace,Geley, o reverendo Stainton Moses, o astrónomo Flammarion, o alienista Lombroso, Oliver Lodge ou o Profesor Richet, catedrático e Premio Nobel de Medicina de 1913. Este notable e valente profesor de Fisioloxía na Sorbona dedicou gran parte da súa vida á investigación destes fenómenos estraños que o bautizou co nome de metapsíquicos. Non obstante, o termo Metapsíquica que vou seguir utilizando comezou a ser substituído dende o congreso de Utrech en 1953 polo máis coñecido hoxe de Parapsicoloxía, empregado en Alemaña. Pretendíase desligalo etimolóxica e simbolicamente da metafísica para mellor resaltar o empírico ou fenomenal. O doutor Richet define a Metapsíquica como a ciencia que ten por obxecto os fenómenos mecánicos e psíquicos debidos a forzas que parecen intelixentes ou a potencias descoñecidas latentes na intelixencia humana. A Metapsíquica pode ser obxectiva e subxectiva: A primeira menciona, clasifica, analiza certos fenómenos externos, perceptibles polos nosos sentidos, de natureza mecánica, física ou química, que non dependen de forzas coñecidas na actualidade e que parecen ter carácter intelixente. A Metapsíquica subxectiva estuda os fenómenos que son exclusivamente intelectuais. Estes caracterízanse pola noción de certas rea18

lidades que as nosas sensacións ou puideron revelarnos. Acontece como se posuísemos unha facultade misteriosa de coñecemento, unha lucidez que a nosa clásica psicoloxía das sensacións non pode aínda explicar. Richet propón o nome de criptestesia para esta facultade de natureza descoñecida. A metapsíquica subxectiva é interna, psíquica e non material. A obxectiva é material e externa. Ás veces o límite entre uns e outros fenómenos resulta incerto. Os fenómenos subxectivos adoitan ser mellor admitidos que os da Metapsíquica obxectiva que resultan máis incoherentes cos paradigmas científicos dominantes. Richet asegura que está establecido, é dicir non é unha simple hipótese senón un feito, que: “existen vibracións ou forzas no Universo que conmoven a nosa sensibilidade e determinan certos coñecementos da realidade que os nosos sentidos normais non puideron dar”.Richet descubriu, grazas ás súas propias experiencias durante décadas como profesor e investigador, polo menos catro importantes fenómenos:Criptestesia. Telequinesia.Ectoplasmia. Premonición. A Criptestesia ou lucidez dos antigos é a facultade de percepción diferente das facultades de coñecemento sensoriais normais. Atelequinesia é unha acción mecánica diferente das coñecidas que se exerce sen contacto, a distancia, sobre obxectos e persoas, en certas condicións. A Ectoplasmia ou materialización dos antigos autores é a formación de obxectos diversos que xeralmente parecen saír do corpo humano e toman a aparencia dunha realidade material, como roupaxes, veos, corpos vivos... A Premonición é unha variante da criptestesia, a capacidade de coñecer fenómenos ou feitos futuros, en consecuencia a facultade de adiviñación, e unha das máis difíciles de explicar. Estas definicións están recollidas do seu Tratado de Metapsíquica de 1922, versión española de Editorial Araluce, prologada polo Doutor Ferrán, que constitúe un dos máis importantes tratados científicos sobre este tema. O mito galego da Santa Compaña tería aspectos metapsíquicos tanto subxectivos coma obxectivos. Interpretacións eclesiásticas A Antigüidade tiña noticias da existencia no home de moitos principios e corpos diferentes. Tal era a crenza dos zorastrinos, a dos exipcios e a dos gregos. Tamén parece encontrarse na iconoloxía sumeria coas súas coñecidas e


inquietantes figuras aladas. E dende logo na Igrexa Católica primitiva, sen esquecer o priscilianismo, aquí en Galicia. Un moderno grande investigador destes fenómenos, Sir Arthur Conan Doyle, autor da famosa saga do investigador Sherlock Holmes, médico, estudoso do mundo do esoterismo, achaca á ignorante beatería hipócrita dominante os ataques do clero cristián que sacrifica o Coñecemento ao Poder xa que “é sorprendente que ao ler os primitivos escritos dos Pais da Igrexa, achemos que estes posuían xa completamente o coñecemento psíquico e das ciencias psíquicas. Os cristiáns primitivos vivían en íntimo e familiar contacto cos seres invisibles, e a súa fe absoluta e constante fundábase no coñecemento positivo e persoal que adquirían co devandito contacto”. Non obstante, a Igrexa Católica conta infinidade de casos, entre eles: San Agustín en A cidade de Deus fala dun caso de desdobramento en forma animal o do pai de Prestantius. Este comera un alimento envelenado e quedou como durmido varios días sen que fose posible espertalo. Cando espertou ao cabo de varios días relatou o que cría ter soñado. Transformárase en cabalo e estivera a levar provisións a uns soldados a Rhetia, dando detalles que se puideron comprobar. San Agustín trata de explicar o feito: non creo que sexan demos. “Máis ben crería que neste home o elemento da imaxinación que se transforma en fantasmas, tomaba o aspecto das cousas exteriores, baixo a acción do pensamento ou dos sonos, e aínda que incorpóreo revestindo con prontitude marabillosa a imaxe dos corpos, crería digo que este elemento, cando os sentidos permanecen amodorrados ou pechados pode de maneira que non se explica, presentarse aos sentidos doutro con forma corporal. Así mentres o seu corpo xace en calquera parte, vivindo aínda, pero cos sentidos encadeados máis fortemente que durante o sono, o fantasma da súa imaxinación, incorporado, por dicilo así aos trazos de calquera animal, aparece ante os sentidos doutras persoas, e este vese, como se ve nos sonos, levando fardos baixo aquela forma... “ (Lib, 18, c23) O papa san Clemente celebraba misa en Roma cando de pronto pareceu que se durmiu con profundo sono, que durou tres horas. Cando espertou dixo ao pobo que por orde de san Pedro fora a Pisa a consagrar un templo. Todos os fieis o viran en Pisa durante o oficio que se celebrara o mesmo día e á mesma hora en que durmía en Roma. En 1571, san Francisco Javier achábase nun navío que ía do Xapón a China e que foi sorprendido por unha tempestade terrible. Quince homes que baixaran a unha chalupa foron arrebatados e desapareceron. Cando o temporal amainou, a tripulación preocupouse polo bote, pero san Francisco Javier que estaba en oración díxolles que non se preocupasen, posto que aparecerían pasados tres días. Efectivamen-

te, así foi. Rescatados os desaparecidos, indicaron que non tiveran medo porque o santo estivera todo o tempo con eles, guiando a pequena embarcación. A tripulación do navío tamén aseguraba que este non abandonara a nave en ningún momento. Tamén é coñecido, e influíu na súa posterior canonización, o desdobramento astral de San Alfonso María de Liborio que lle permitiu asistir á morte do Papa Clemente XIV en Roma mentres permanecía en Nápoles. Para explicar estes estraños fenómenos máis alá do recurso ao milagre barállanse pola Igrexa dous hipóteses: Os partidarios da bicorporeidade real ou desdobramento, que admiten que a alma se pode separar do corpo, afastarse del e aparecer lonxe, tomando a materia do medio para constituírse un corpo que é exactamente o dobre do que permanece inanimado. Os partidarios da representación, a maioría, que cren que a alma non abandona xamais o corpo senón na morte, e que é un anxo o que toma as aparencias do corpo para executar por si mesmo os actos que se atribúen á fantasma. Tamén pode darse o caso que o individuo se traslade en corpo e alma, e entón é o anxo quen toma o seu lugar como dormente. Os partidarios da representación, a maioría, que cren que a alma non abandona xamais o corpo senón na morte, e que é un anxo o que toma as aparencias do corpo para executar por si mesmo os actos que se atribúen á fantasma. Tamén pode darse o caso que o individuo se traslade en corpo e alma, e entón é o anxo quen toma o seu lugar como dormente. O primeiro caso coincidiría coas ancestrais técnicas e prácticas chamánicas de desdobramento inducido, neste caso dos chamáns, de carácter voluntario. De modo semellante o místico extático sumido no sono da éxtase permanece inerte con aparencia de morte, mentres que noutra parte aparece vivo e ocupándose do cumprimento da súa misión. A alma tería a facultade de separarse do corpo mentres a éxtase durase. Talvez os místicos alcanzan a visión deste outro plano dimensional cando falan de ser transportados ao terceiro ceo (San Pablo) ou á sétima morada (Santa Teresa) por citar algúns famosos dentro do ámbito do Cristianismo anque o fenómeno da Mística sexa universal. A antes citada Santa Teresa de Ávila estivo a punto de ser enterrada viva en certa ocasión durante unha éxtase experimentada durante a súa xuventude na que parecía morta. Por que non morre, se non está a alma? Porque non se tería separado totalmente do corpo permanecendo unido a el de forma sutil. Para algúns autores cristiáns hai que distinguir entre alma e espírito. 19


Chámase espírito cando ten conciencia da súa elevación e das marabillas que Deus obrou nela, cando se purifica, sepárase da terra para vivir cara a Deus. Chámase alma cando se une ao seu corpo para animalo para conservar nel a súa vida vexetativa e animal. Constitución do home Como está constituído o home? Evidentemente do corpo material ou bioquímico. Pero existen máis corpos? As relixións establecen que existe tamén unha alma ou espírito, que segundo algúns autores mesmo sería pensable en determinadas condicións. Unha curiosidade: segundo experiencias do Doutor Duncan a diferenza de peso observada no momento da morte do home sería duns 60 ou 70 gramos. As escolas e concepcións esotéricas sosteñen a existencia dunha especie de intermediario entre un e outro que está en comunicación con ambos os dous. Tal sería o Ferner de Zoroastro, o Zelén de Ruach dos cabalistas, o nefest da Biblia, o arqueo de Paracelso, o periespírito dos espiritistas, o corpo astral de teósofos e alquimistas... Agora ben, este elemento intermediario tamén pode dividirse á súa vez segundo as diferentes escolas esotéricas. Adoitan dividir esta tipoloxía ternaria á súa vez noutras tres das que os seus límites contiguos se solaparían dando lugar a unha constitución septenaria do home. A doutrina da multiplicidade de corpos, vehículo cada un dunha alma xa era defendida por Prisciliano e en xeral pola Gnose. Dentro desta visión antropolóxica as almas irían descendendo cada unha no seu plano ata cada vez maior grao de materialización. Tras a morte, o proceso sería contrario, se ben afectado pola metempsicse. Por iso os priscilianistas negaban a resurrección dos corpos como defende o Cristianismo oficial. Segundo Murguía opriscilianismo arraigou en Galicia grazas á tradición panteísta celta, cousa que obxecta Méndez Pelayo, creo que con razón, no sentido de que o segundo era materialista e o primeiro de orde idealista pois a materia era obra defectuosa dun demiúrgo malo. Aforro ao amigo lector a trapalleira enumeración dos distintos termos cos que cada escola os designa porque nos importan máis os fenómenos que as súas teoloxías. Pero, para efectos descritivos para a mellor comprensión do fenómeno, adoptou aquí a seguinte clasificación segundo o nivel de materialización e supervivencia de cada corpo que resulta vehículo de manifestación no seu plano correspondente do superior: Corpo físico. Dobre etéreo. Corpo astral. Corpo mental. Corpo causal. Corpos espirituais superiores ou de alta vibración, inaccesibles á investigación empírica. Segundo a terminoloxía dos teósofos o espírito sería o corpo mental e a alma o corpo astral. O corpo glorioso chamado 20

así por San Pablo sería a combinación de corpo astral e corpo mental. O dobre etérico disólvese poucos días despois da morte do corpo físico. Por iso non se deberían incinerar os cadáveres ata polo menos pasados tres días dende o falecemento. O corpo astral, que posúe forma humana, mantense no seu plano durante moito máis tempo. O corpo mental é unha especie de aura especialmente brillante na cabeza. Ao parecer, o Dr Baraduc teríao fotografado en forma de bóla luminosa. O corpo causal non parece posuír forma definida nin púidose fotografar. Sería a fronteira das manifestacións perceptibles polo presente coñecemento humano. Que é o que se “vería” na Santa Compaña? É difícil contestar a esta pregunta e sempre nos poderá quedar unha dúbida razoable. Os científicos metapsíquicos, unha vez descartado a fraude ou engano como o dos monxes ¿luxuriosos? (traducción de rijosos) do mosteiro de Cornellana, aludirían aos ectoplasmas como realidade experimental. Son moitos os casos coñecidos. Ao longo de decenios, Camilo Flammarion recolleu varias decenas de miles dos que publicou unha vasta selección na súa famosa triloxía A Morte e o Misterio, editada en España por Aguilar. Isto parece claro.

Pero á súa vez estes ectoplasmas poden ser corpos doutros cada vez máis sutís como nunha especie de pulso ruso, envoltorio doutros máis internos. Para os cabalistas cada mundo superior está contido no inferior como modelo e imitación e é influído e rexido polo superior. No conxunto impera a lei divina ou a inmediata presenza de Deus, a Schechinah. O home terreal é o microcosmos. O corpo é a envoltura da alma. O investigador Durville, entre outros, mediante hipnose profunda realizou experimentos de progresivo desdobramento sucesivo. Unha conclusión é a sorprendente exteriorización da sensibilidade. Aquí o que nos interesa é o vehículo etéreo que serviría de primeiro plano á conciencia post mortem e a cuarta dimensión do espazo. Este mundo ou plano astral é o no que os teósofos colocan a primeira actividade da con-


ciencia tras a morte. É moi probable que no cortexo astral que dá lugar ao mito da Santa Compaña o que se perciba sexa unha manifestación de corpos astrais e mentais. Pero a Santa Compaña ten certo compoñente de terror maléfico. Non exento de paradoxo. En efecto. Algúns clarividentes consideran o proceso da morte como un nacemento a outro plano diferente de existencia. Así os corpos sutís do moribundo despois de abandonar o cadáver serían recibidos para axudarlle e confortalo nese transo polos corpos astrais de familiares ou amigos de modo semellante ao modo en que o bebé é recibido polos asistentes ao parto. A este fenómeno achacaríase o frecuente aparente delirio de moitos moribundos que, ante a incredulidade dos seus acompañantes, pretenden ver xunto a si persoas achegadas xa falecidas que veñen a acompañalo e asistilo no transo da morte. A que se debería este aspecto maléfico da Santa Compaña? Aquí si creo que cabería falar de superstición debido ao medo inculcado pola relixión tradicional que subordina o Coñecemento ao Poder. A ignorancia é nai de temores. Na tradición tibetana lense directrices do seu famoso Libro dos Mortos para evitar que os corpos sutís do recén falecido non se extravíen no plano astral e na medida do posible se libren doutra etapa na roda das reencarnacións. Outras tradicións falan dun chamado círculo do espanto dentro do plano astral. Unha especie de pandemonium monstruoso que rodea o globo e que debemos franquear. Formado pola armazón de paixóns incontroladas da humanidade, o corpo astral dos suicidas e por entes astrais retidas na súa evolución espiritual. No Libro dos Mortos do antigo Exipto encóntrase a confesión a Maat, deusa da Verdade, na que o defunto fai unha declaración de non ter vulnerado a Lei Moral. Coa súa cabeza de can ou chacal, Anubis hai as veces de deus psicopompo, do mesmo modo que Fausto recolle un can negro que logo resulta ser Mefistófeles. Tamén cabe recordar as diferenzas de percepción ou interpretación das Noites de Walpurgis en ambas as dúas partes da obra de Goethe. Mentres a Walpurgis medieval, de influencia eclesiástica, aparece como grotesca e maléfica, a de evocación clásica desprega os valores estéticos da mitoloxía grega, onde Eros se mostra como dador de Vida. En todo caso, a Metapsíquica pódenos axudar a coñecernos mellor como microcosmos dentro dun macrocosmos máis amplo do que formamos parte. E ademais que a Metapsíquica tamén a Arte e a Cultura. Interpretación dende a Cultura Velaquí outra vez a gran cuestión. A Cultura non como erudición senón como forma de liberación humana. Os admiradores da antiga civilización clásica deberiamos recupe-

rar os tempos de Eros e Tanatos, dos antigos mitos sobre a natureza da alma, do Amor que nos rescata da morte. Así, o simbólico desencantamento de Dulcinea ou superación do mundo da materia, a Dama que o namorado cabaleiro Don Quixote debe rescatar para recuperar a súa verdadeira forma e natureza. O tempo a-histórico en que Orfeo o civilizador e dador de Cultura atravesaba o Hades en busca de Eurídice nunha das aventuras cenitais da Cultura occidental que máis notables logros estéticos logrou inspirar. Acaso non sexa casualidade que a ópera moderna como renovación dos antigos dramas sacros nace no pazo do duque de Mantua cunha representación ideada por Claudio Monteverdi sobre o mito de Orfeo. Logo a xoia conmovedora de Gluck, pioneira do leit motiv wagneriano, ou a de Haydn entre outras, ligadas á renovación musical e estética. Ou a reelaboración mozartiana do mito órfico combinado co eleusino en A Flauta máxica. O mito do rescate por amor: Proserpina, Eurídice ou Pamina e Dulcinea, simbolizan á alma, a Dama do cabaleiro. E é que necesitamos revivir as formulacións éticas adornadas dos maiores logros estéticos da Cultura occidental. Das mensaxes de moitos dos seus máis grandes autores. Pero as culturas e as formas cambian cos tempos. Para moitos galegos de hoxe o mito da Santa Compaña é cousa dun pasado remoto e supersticioso que convén arrombar. O pertinaz “aparecido” que lle estragaba o negocio ao simpático bandido Fendetestas no seu corredoira atallo e a quen este quería levar coa “Boa xente” sería cousa doutra época superada hoxe pola modernidade das peaxes de AUDASA. Aquí en Galicia, ao igual que no resto de España, o que hoxe mola é a moda anglosaxona do chamado Halloween, que move diñeiro, comercio de máscaras e cachifallos ou festexos lucrativos. Non se trata da negación materialista da espiritualidade ou da supervivencia da alma, senón simplemente da súa frivolización, da súa adaptación á mentalidade infantiloide do novo cidadán disfrazado que vive sen vivir nel, feliz votante ao que lle digan na inopia desta civilización deshabitada. Acaso teña razón Rene Guenon cando sostén que a nosa é unha civilización sen metafísica e por iso xace en crise permanente. A crise espiritual que é a nai de todas as demais, incluída a estética, a política ou a económica. Mais tales cousas parecen relegadas neste século tan frívolo, tan renovadamente supersticioso, tan covarde e incapaz de mirar á morte cara a cara, no que tomar en serio a metapsíquica, as outras dimensións da existencia, a metafísica, considérase algo anticuado, ou propio de xente desatinada con ganas de amolar, enturbar a exemplar Feliz Gobernación do Réxime ou simplemente dar a nota porque non pillan subvencións. 21


TURISMO

TRALOS

PAZOS

MATRECIO Texto y fotos.

22


Ciertamente, como decía Martínez Barbeito, prácticamente no existe escritor gallego o ligado a Galicia, que no haya incluido en su obra literaria alguna referencia a los pazos. Valle Inclán, Pardo Bazán, Otero Pedrayo o Torrente Ballester son buenos ejemplos de ello. Y es que el pazo ha anidado profundamente en el imaginario popular como la casa solariega por excelencia de Galicia. “Casa grande, capilla, palomar y ciprés, pazo es”, ha sentenciado la sabiduría del pueblo llano. Si las villas de la Toscana nos evocan la bucólica y estética estampa rural en la campiña italiana, los pazos gallegos nos transportan a la melancólica vida de la pequeña nobleza rural gallega. Aunque el origen de los pazos muchas veces esta en la reforma de antiguas torres medievales, a las que se añadieron grandes caserones que servían a la vez de morada y de centro agropecuario a los “fidalgos” de la época, andando el tiempo, la concentración de patrimonios y rentas permitió la construcción de edificaciones más refinadas. Las casas nobles más ricas solían poseer una residencia urbana para pasar el invierno y la primavera, acudiendo a sus pazos durante el verano y el otoño, coincidiendo con la época de cosecha y cobro de rentas a sus aparceros. La evolución histórica, que tras la llegada de los Reyes Católicos intenta poner fin al modo feudal de entender la vida en Galicia, implica el ocaso de la arquitectura defensiva bajomedieval, para dar paso a los pacíficos pazos. Pero serán los siglos XVII y XVIII los que marquen el apogeo de estas casas solariegas. En consecuencia, será el estilo barroco el que predomine como seña de identidad de estas residencias señoriales en el campo. En esta ocasión nos vamos de visita a dos de los más famosos pazos gallegos. El emblemático Pazo de Oca y el Pazo de Rivadulla, muy cerca el uno del otro, son una buena opción para pasar un agradable día y conocer de primera mano esta característica muestra de la arquitectura y cultura gallegas. Plaza exterior. Pazo de Oca 23


PAZO DE OCA Cuando el turista se asoma a la explanada del Pazo de Oca, situado apenas a 20 km de Santiago de Compostela, se sorprenderá de encontrar un magnifico edificio palaciego en medio del campo. Si conoció la TVE de los años 70, seguramente recordará aquel gran programa titulado Si las piedras hablaran, que con guiones de Antonio Gala, recorría alguno de los grandes monumentos de España, recordando episodios y personajes históricos a ellos ligados. Y es que en el Pazo de Oca, es fácil escuchar a las piedras mientras se pasea por sus jardines, parecidos a los del Real sitio de Aranjuez. Existe abundante documentación histórica sobre el Pazo de Oca, incluso económica, sobre rentas, ingresos y gastos (especialmente referidos al siglo XVIII), que permite conocer la actividad de sus señores y servidores. Pero estese tranquilo el lector, que no queremos abrumarle con una riada de datos.

Escudo de armas. Pazo de Oca 24

En cuanto a su origen, el Pazo esta ligado a los señores de Oca. En el siglo XV Suero de Oca tomó partido por la Beltraneja, y perdió sus señoríos a manos del arzobispo de Santiago, Alonso de Fonseca, partidario de Isabel la Católica. Integrado en el patrimonio de la Corona, en 1586 los dominios de Oca son adquiridos por María de Neira, hija de un regidor de Santiago de Compostela, Juan de Otero y Neira y viuda de otro, Gonzalo de Luaces. Actualmente el pazo pertenece a la casa de Medinaceli, tras un sinfín de nobles propietarios que en mayor o menor medida dejaron su huella en el edificio, y que los curiosos pueden consultar en la pagina web de la Fundación Casa Ducal de Medinaceli. En la explanada exterior nos encontramos con un característico conjunto arquitectónico en forma de L, en un lado el palacio o pazo, y unido a él en ángulo recto, a través de un viaducto con arcos ciegos, la iglesia dedicada a San Antonio de Padua, con un retablo atribuido a José Gambino. Enfrente de esta L, las bien conservadas casas, se supone de antiguos aparceros.


Sala de estar. Pazo de Oca

Dormitorio del prĂ­ncipe. Pazo de Oca 25


Sala de entretenimiento. Pazo de Oca

Sala de entretenimiento. Pazo de Oca 26


Galer铆a noble. Pazo de Oca

Sal贸n. Pazo de Oca 27


A través de una puerta del siglo XVI blasonada con las armas de los Luaces y los Neira, penetramos en un zaguán que da acceso al patio y jardines. En la planta baja hay dos grandes salas, la más interesante dedicada al entretenimiento, con billar e incluso un futbolín de época, y repleta de trofeos cinegéticos. Una noble escalinata nos lleva desde el zaguán a una gran sala, que nos recuerda, entre estandartes y retratos de los insignes antecesores, al sobrio estilo del Escorial. En la planta alta, destaca un dormitorio que en el siglo pasado alojó al príncipe de Asturias, Don Alfonso, hermano del abuelo del rey, Don Juan de Borbón. Llama la atención el dormitorio con cuatro alcobas del siglo XVIII, que representan los cuatro continentes que se conocían entonces, ya que Australia aún no había sido descubierta. De exquisito gusto las dependencias privadas, que amablemente se nos permitió visitar, y que mostramos aquí a nuestros lectores. Según dicen, cuando el Duque de Segorbe se aloja en el pazo, en el exterior del edificio lucen los pendones y ondean las banderas. Si salimos al patio ocupa su vista central una fuente trilobulada, tras la que terreno baja hacia un portal que deja a su derecha un típico hórreo, dejando ver en lontananza el paisaje del valle del Ulla, y lo que habría sido parte de la

La avenida de los tilos. Pazo de Oca

Fuente central. Pazo de Oca

Portal del Valle del Ulla. Pazo de Oca 28


Plaza exterior. Pazo de Oca 29


H贸rreo. Pazo de Oca 30


Laberinto/invernadero. Pazo de Oca

Jardines. Pazo de Oca

Jardines. Pazo de Oca

Enfrente de esta L, las bien conservadas casas, se supone de antiguos aparceros. A través de una puerta del siglo XVI blasonada con las armas de los Luaces y los Neira, penetramos en un zaguán que da acceso al patio y jardines. En la planta baja hay dos grandes salas, la más interesante dedicada al entretenimiento, con billar e incluso un futbolín de época, y repleta de trofeos cinegéticos. Una noble escalinata nos lleva desde el zaguán a una gran sala, que nos recuerda, entre estandartes y retratos de los insignes antecesores, al sobrio estilo del Escorial. En la planta alta, destaca un dormitorio que en el siglo pasado alojó al príncipe de Asturias, Don Alfonso, hermano del abuelo del rey, Don Juan de Borbón. Llama la atención el dormitorio con cuatro alcobas del siglo XVIII, que representan los cuatro continentes que se conocían entonces, ya que Australia aún no había sido descubierta. De exquisito gusto las dependencias privadas, que amablemente se nos permitió visitar, y que mostramos aquí a nuestros lectores. Según dicen, cuando el Duque de Segorbe se aloja en el pazo, en el exterior del edificio lucen los pendones y ondean las banderas. Si salimos al patio ocupa su vista central una fuente trilobulada, tras la que terreno baja hacia un portal que deja a su derecha un típico hórreo, dejando ver en lontananza el paisaje del valle del Ulla, y lo que habría sido parte de la 31


Estanque de las virtudes. Pazo de Oca

32


33


Estanques. Pazo de Oca

Patio. Pazo de Oca 34


antigua jurisdicción de Oca. En un lateral del ala sur del patio, se puede ver labrado sobre un sillar del edificio un antebrazo con una mano señalando con la inscripción “Prosiga 1746”, que habría colocado allí el segundo Marqués de San Miguel das Penas con la intención de que sus descendientes siguiesen ampliando la edificación, para cerrar todo el patio. A la izquierda del patio encontramos uno de los invernaderos más antiguos de España, con grandes cristaleras blancas. A su vera un laberinto de seto de boj inspirado en un dibujo del pavimento de la Catedral de Canterbury. El conocido doble estanque de los jardines del Pazo de Oca fue encargado por Andrés Gayoso, primer Marqués de San Miguel das Penas. En la parte de arriba el estanque de aguas calmas llamado “de las virtudes” y el de aguas turbulentas abajo, que conocemos como “de las vanidades del mundo”. En ambos una barca de piedra. En el estanque de debajo de guerra, representando la vanidad, y el en el de arriba una barca de pesca, que alude al paraíso. Recomendamos deambular por los jardines, donde encontrará un antiguo lavadero del siglo XVIII, arroyos cubiertos por frondosas vegetaciones, exóticas especies arbóreas, entre las que destaca una vieja secuoya y el camelio considerado

como el más antiguo y alto de Europa, fuentes, setos imitando lagartos gigantes y la relajante avenida de los tilos, incorporada al pazo en el siglo XIX y obra de François de Vié, jardinero del Palacio Real. Si busca bien, encontrará incluso a Alicia de las maravillas metiéndose en un frondoso espejo que no sabe bien a donde nos transportará. Pazo de Oca A Estrada - 36685 Pontevedra - Telf: (+34) 986 58 74 35 - Fax: (+34) 986 58 74 39 - pazodeoca@fundacionmedinaceli.org Abierto todos los días de la semana: Visita a los jardines: Invierno (noviembre a marzo): de 9 a 18.30 horas. Verano (abril a octubre): de 9 a 20.30 horas. Visita guiada al interior del Palacio: Viernes, sábados y domingos de 11 a 12.00 horas. Otros horarios previo concierto. Entrada hasta 30 minutos antes del cierre. Precios Entrada individual jardines: 6€ Entrada grupos jardines (Min. 15 pax): 4€ Visita completa, jardines e interior del Palacio: 15€

Jardines y agua. Pazo de Oca 35


Avenida de los Olivos. Pazo de Rivadulla

Pazo de Rivadulla Muy cerca también de Santiago, el pazo de Santa Cruz de Rivadulla, tambien conocido como Pazo de Ortigueira se encuentra al lado de Vedra y del rio Ulla. Inicialmente conocido como la Torre y el Casar de Ortigueira, adquiere relevancia como pazo cuando en el siglo XVI, el canónigo de la Catedral de Santiago, Juan Ibáñez de Mondragón, se hace con las propiedades que se convertirían en el Pazo de Santa Cruz. Actualmente el pazo esta en manos de la familia Armada, a la que pertenecía el famoso General Alfonso Armada Comyn, preceptor del rey Juan Carlos, secretario general de la Casa Real e implicado en el golpe del 23-F. En el Pazo de Rivadulla podemos aún observar la función agropecuaria de estas casas solariegas, una explotación ganadera sigue en activo allí mismo, además de las fincas circundantes dedicadas a la viticultura, también podemos admirar la avenida de olivos, como recuerdo de la producción de aceite de estas heredades que llego hasta el siglo XX. En la capilla del pazo, del siglo XVI, usada hoy como iglesias parroquial, destaca un retablo de Juan Bautista Celme, 36

que recuerda vagamente al estilo de los enclos paroissial de la Bretaña francesa. En el mismo patio del pazo, frente al edificio principal, encontramos una curiosa fuente con extraños seres mitológicos. Fue encargada por el primer Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor. Las insólitas tallas de la fuente representan a la coca, nombre gallego que se da a una especie de dragón, y que forma parte del antiguo símbolo heráldico del linaje Mondragón, tan vinculado al Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. Pero lo más interesante de este Pazo es su exuberante jardín, que reúne, junto a más de 200 variedades de camelios, enormes magnolios, palmeras washingtonias, tulipaneros de Virginia, ombúes, helechos australianos, criptomeria japónica o robles de la variedad fastigiata. Todo ello entre paseos en torno a un arroyo con cascadas que cruza el jardín, estanques y fuentes, bancos y mesas de piedra, que según se dice Jovellanos gustaba de utilizar mientras duró su estancia en el pazo para recuperarse de una afección pulmonar. Hoy, somos nosotros los que podemos disfrutar de este oasis, no se lo pierdan.


Fuente de la Coca. Pazo de Rivadulla 37


Jardines. Pazo de Rivadulla

Camelias. Pazo de Rivadulla 38

Estanque. Pazo de Rivadulla


Cascada. Pazo de Rivadulla 39


TEÑEN UN PLAN

PARA NÓS

GLORIA LAGO

O Instituto Galego de Estatística (IGE) deu a todo un universo de entes, empresas, e coa día de hoxe, tres de a coñecer os últimos datos sobre o coñelectivos subvencionados. cada catro menores de cemento e uso do galego. As cifras amotrece anos ten o español san un acusado descenso do número de 0 PXNLG está estruturado por sectores, e como lingua materna. falantes, máis significativo canto máis novo abarca a “galeguización” de todos os ámbiEste é o dato que máis é o sector analizado, algo que se podería tos da sociedade, dende a Sanidade, a Eduesgrimen os sectores condensar na constatación de que a día cación, ou a Economía, ata a Relixión, as cofavorables á imposición de hoxe, tres de cada catro menores de tremunidades de veciños ou o tempo de lecer de lingua ce anos ten o español como lingua materna. das persoas. Analízanse o que no Plan son Dende a publicación do estudo do IGE, calificados como “puntos febles”, que non son este é o dato que máis esgrimen os sectores favorables á outra cousa que as preferencias que temos os galegos e, imposición de lingua para reclamar a aplicación de políti- a continuación, propóñense medidas para corrixirnos. Excas de monolingüismo social en galego. A súa receita para cepto os prólogos, as restantes 300 páxinas son unha restra que o galego perdure é que se impoña máis. En vez de re- de medidas correctoras, cos seus puntos fortes e febles, os flexionar sobre a escasa utilidade das políticas de normali- seus obxectivos de área, directrices estratéxicas, obxectivos zación lingüística levadas a cabo nos últimos 30 anos, estes específicos, e grupos de medidas. A lectura completa do sectores reclaman a aplicación do Plan Xeral de Normaliza- Plan e moi recomendable se un quere saber ata que punto, ción da Lingua Galega (PXNLG), o catecismo da imposición mediante as políticas de “normalización”, os poderes públilingüística, un texto elaborado cando Manuel Fraga presi- cos non respetan a vontade dos cidadáns nesta materia. día a Xunta e que foi aprobado en 2004, ao remate do seu Estas políticas tamén son contrarias ao sentido común, mandato. O PXNLG non é unha lei, non é un texto xurídico porque están baseadas en crear unha ficción de uso, tanto artellado, senón un compendio de 300 páxinas destinado cando dende os poderes públicos se merca a súa utilizaa cambiar os hábitos lingüísticos dos galegos. O PXNLG foi ción por parte dos axentes sociais, como cando porfían en aprobado por todos os grupos presentes naquel momen- relegar do ámbito educativo á lingua materna dos alumnos to no Parlamento de Galicia e, habería que engadir: para castelán falantes, que teimudamente volven usar a súa lina súa vergoña, porque se trata dun noxento proxecto de gua cando saen do centro de ensino. Dende Vosotros ofreenxeñería social ideado para enganar ao cidadán, coartar cémosvos unha moi breve, unha mínima sinopsse, que nos liberdades, e engordar a conta corrente dos integrantes do custou realizar, xa que a práctica totalidade do Plan podería lobbi da lingua, os grandes beneficiarios da venda de libros ser presentada como exemplo. de texto en galego, da impartición de cursos e cursiños, da realización de traduccións, e da recepción de subvencións 40


O trampantollo costeado con fondos públicos... Área de Comercio. Medida 4.2.1. Campaña nos medios de comunicación que lle dea ao galego unha imaxe de lingua maioritaria, propia e emerxente e que a asocie a progreso social e económico e que faga ver que a lingua ten valor económico. Os usos das linguas en liberdade son... OBSTÁCULOS para a normalización, sendo os pais, segundo parece, uns obstáculos especialmente molestos: aínda que diminuíron, os prexuízos e actitudes negativas nalgúns sectores de pais / nais e de profesorado seguen a ser un grande obstáculo para avanzar na normalización lingüística no ensino. Prexuízos, inercias negativas. Área Xuventude, obxectivos estratéxicos: “Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do gallego, superando vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.” O inquietante “voluntario lingüístico”, ou “axente normalizador”, e o “galegofalante oculto” Área Educación. Medida 2.4.5: desaenvolver un programa estable de voluntariado lingüístico. Punto feble: a formación universitaria dos futuros docentes nos distintos niveis de ensino non os capacita suficientemente para desenvolver o seu labor en galego e para seren axentes normalizadores. Procurar que os traballadores máis cualificados e cadros directivos dos servizos sociais fagan uso habitual do galego, e sempre cos usuarios galegofalantes, mesmo cos galegofalantes ocultos.

En todo caso, a práctica totalidade das medidas ten repercusións económicas positivas para o lobbi da lingua, case todas benefician a editores, filólogos docentes, tradutores, editores, membros de fundacións, de asociacións “normalizadoras”, etc. Algúns curiosos exemplos do que no PXNLG se presentan como puntos fortes ou febles... Área de Servicios Sociais. Punto forte: uso maioritario do galego por parte de boa parte dos discapacitados de Galicia. Área turismo. Punto feble: Os materiais de promoción turística adoitan estar só en castelán, por seren os máis demandados. Obxectivo especifico: conseguir que as entidades do sector turístico utilicen o galego como primeira lingua nas súas comunicacións. Turismo. Medida 6.7.12. Establecer que a competencia profesional en lingua galega sexa un dos obxectivos básicos da Escola Superior de Hostalería e de todos os centros de formación hostaleira e turística de Galicia. Medida 6.7.3. Negociar co Arcebispado de Compostela unha maior presenza do galego na liturxia dos peregrinos. Punto fecble: Uso menor do galego por parte dos donos urbanos de animais domésticos. Área Deporte. Medida 6.5.4. Campaña dirixida aos ximnasios vinculando o perfeccionamento físico coa lingua galega.

Abandonar o castelán é galeguizarse, e ser consecuente... Área economía. Punto feble: persistencia de inercias non galeguizadoras nas clases altas da sociedade. Os empresarios non asumen unha utilización consecuente do idioma galego. As medidas represoras ou coercitivas disfrázanse de medidas para: procurar, fomentar, incentivar, acordar, concienciar. A Xunta mercará o uso da lingua, iso, malia que no propio plan recoñécese que mercar vontades non é efectivo: Area economía, punto feble: “Aproveitamento non sinceiro das axudas” .

Alberto Núñez Feijóo, Presidente de la Xunta de Galicia 41


Área Relixión. Punto débil. Predominio multisecular do castelán nas notas necrolóxicas, recordatorios, cintas das coroas florais, lápidas dos cemiterios. Obxectivo específico: Incorporar as empresas de servizos fúnebres ao proceso de normalización do galego (lápidas, cintas, coroas, esquelas). A área de Relixión é, coma todas, moi completa... Área Relixión. Medida 6.1.12. Elaboración e difusión dun libro no que se recollan razóns de orde teolóxica, canónica, pastoral e cultural do deber de utilizar con normali­dade a lingua galega na liturxia e de como a pluralidade lingüística é signo distintivo da verdadeira tradición cristiá, a diferenza doutras relixións coma o xudaísmo ou o Islam. Editar en galego e a baixo prezo, os materiais para a catequese en galego negociando coa xerarquía a súa utilización preferente. Gran parte do contido das vinteunha páxinas adicadas ao área de Sanidade xa se atopa nun estado de aplicación avanzado. No Plan formúlanse todo tipo de medidas correctoras, e sinálanse como puntos febles dende o “mal costume” por parte dos médicos de redactar as súas receitas en español, ata o problema que supón que a maioría dos farmacéuticos sexan castelán falantes. Aquí algúns exemplos. Área Sanidade. Punto feble: Mobilidade dos profesionais sanitarios, chegada cada vez de maior número de profesionais de fóra, sobre todo especialistas, que dificulta o crecemento da porcentaxe de uso da nosa lingua no sector. Obxectivo específico: conseguir que o galego sexa a única lingua visible oficialmente e promover que sexa a lingua habitualmente utilizada na redacción dos informes, incluídos os informes médicos, de todos os centros da rede pública asistencial. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística 42

Obxectivos específicos: Impulsar que os estudos de Ciencias da Saúde se impartan habitualmente en galego. Promover a utilización do galego como lingua de uso habitual en todas as actividades de formación do persoal sanitario. Establecer un sistema de axudas para os estudantes e profesionais de Ciencias da Saúde que realicen estudos, publicacións ou traballos da súa especialidade en lingua galega. Medida 5.1.5: crear un premio anual de recoñecemento a aqueles establecementos sanitarios que máis se destaquen na tarefa da normalización lingüística. As páxinas adicadas ao área de Educación céntranse basicamente, en ir eliminando o castelán como lingua vehicular. Non incluiremos ningún exemplo, xa que os obxectivos “normalizadores” neste ámbito son amplamente coñecidos. Esta área complétase cun extenso apartado adicado a galeguizar aos xóvenes, tamén no seu tempo de lecer, e a conseguir eliminar a visibilidade do castelán no ámbito deportivo. Algúns exemplos: Área Xuventude. Medida 2.4.5. Establecer nas actividades de lecer da Xunta de Galicia unha normativa semellante á que existe para os centros educativos sobre o uso da lingua galega. Área Xuventude. Punto feble: presenza maioritaria do castelán no ámbito do tempo libre xuvenil en Galicia. Medida 2.4.2. Fomentar o uso do galego nos ámbitos sociais de máis impacto e utilización por parte dos máis novos (pubs, discos, bares musicais, etc.), establecendo convenios coas asociacións de hostaleiros e outras entidades e colectivos implicados, Medida 6.7.7. Promover o galego en zonas de bares e copas. Medida 6.6.8. Fomentar o uso do galego nas tendas de roupa xuvenil. Medida. 6.6.9 Establecer que nas actividades de lecer con axuda pública, os monitores teñan bo coñecemento do galego e unha actitude de compromiso coa promoción da lingua nesta actividade Medida 2.4.11. Fomentar a utilización do galego nas actuacións e actividades musicais, establecendo convenios de colaboración coas asociacións profesionais pertinentes. Medida 2.4.13. Ampliar as axudas existentes para galeguizar o funcionamento e as actividades das asociacións xuvenís.


Medida 2.4.14. Primar o uso da lingua galega nas subvencións que se lles outorguen ás entidades que organizan actividades de lecer para a infancia e a mocidade. Negociación con deportistas de elite galego-falantes para que fagan sempre en galego as súas declaracións aos medios de comunicación de Galicia.

PXNLG, cuxas medidas para o ámbito económico son similares ás das demais áreas: impoñer, pagar e premiar ao lobbi. Amosámoslles o borrador do novo plan que está aberto a consultas. Galicia Bilingüe estará presente no debate e tentará que non se vulneren os dereitos lingüísticos das persoas.

Medida 6.5.6. Establecer unha cláusula de uso preferente na rotulación e comunicación dos estadios e centros deportivos e tamén nas declaracións á prensa dos grandes dirixentes e xogadores de aqueles equipos que queiran optar ás axudas públicas. Directrices estratéxicas: aproveitar que moitas entidades deportivas necesitan axuda pública para desenvolver a súa actividade. Punto feble: inexistencia en Galicia dunha entidade deportiva importante que non se contente con ser o símbolo dunha cidade, que queira ser algo máis ca un club, que queira ser símbolo dun país asumindo o sinal de identidade de todo o país, que é a lingua galega. Área inmigración. Punto feble: Hábito de usar o castelán por cortesía con calquera persoa que non sexa galega por favorecer a comunicación e por humanidade cos inmigrantes. Medida 6.3.6 Creación dun premio anual á integración lingüística, que distinga o inmigrante que acade maior nivel no dominio da lingua ou que máis destaque no seu uso.

Lobilingüe es la antimascota de Galicia Bilingüe

Medida 6.3.14 Facilitar institucionalmente a creación de casas de América, de África, Árabe e Eslava en Galicia, nas que os inmigrantes poidan manter as súas raíces, establecer vínculos afectivos, celebrar as súas festas, pero nas que teñan cursos de lingua e cultura galega dados en clave de identidade. Medida 6.3.4. Campaña dirixida aos inmigrantes motivándoos a aprender o galego no prazo de tres anos e crear un documento que acredite ese coñecemento e que puntúe á hora de optar a un traballo. Trala publicación dos datos do IGE, a Xunta anunciou a elaboración dun plan dirixido a “normalizar” o ámbito socioeconómico. Está previsto que sexa aprobado no último trimestre de 2015 e que estea baseado no disposto no

PLAN DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO TECIDO ECONÓMICO 2015-20 Medidas transversais 1. Apoio á creación dunha rede de empresas para o fomento do galego 43


2. Colaboración e coordinación con entidades e organismos públicos 3. Colaboración con entidades asociativas para apoialas e promover actividades 4. Visibilidade do emprego da lingua galega a través da publicidade e a sinalización interna e externa das empresas e as áreas comerciais 5. Promoción e posta en valor das vantaxes do galego como lingua que lle abre as portas á lusofonía 6. Actividades informativas para visibilizar as potencialidades do galego como lingua internacional de negocios 7. Actividades de promoción nos medios de comunicación para o reforzamento do galego no ámbito socioeconómico 8. Actividades para instituír o Día da Galeguidade Empresarial coa finalidade de crear unha referencia cronolóxica importante para conmemorar o uso do galego nas empresas 9. Promoción do galego na etiquetaxe 10. Establecemento dun proceso de participación para recoller propostas de dinamización 11. Accións de promoción da lingua no marco da responsabilidade social empresarial (RSE) 12. Bases terminolóxicas para as diferentes ramas profesionais 13. Decálogo de vantaxes a prol do galego na empresa 14. Guía de boas prácticas/casos 15. Certificados/selos 16. Apoio a colectivos que traducen software para empresas 17. Servizo de apoio á xestión de contidos nas webs e nas redes sociais 18. Punto de atención á empresa en temas de lingua

Hostalería 19. Actividades de información sobre a importancia do galego como lingua vehicular cos clientes 20. Deseño de materiais de uso do cliente en galego 21. Elaboración de materiais e ferramentas de apoio 22. Promoción do galego na imaxe e na comunicación de bares e restaurantes 23. Actividades de difusión do galego específicas en datas sinaladas 24. Web con recursos lingüísticos específicos para o ámbito da hostalería 25. Promoción da creación de grupos de bares e restaurantes que usen o galego

44

26. Apoio á galeguización das webs das empresas de referencia/tractoras 27. Aplicacións TIC (apps ou servizos web) de menús ou outras utilidades prácticas 28. Colaboración con entidades hostaleiras do sector turístico vinculadas ao Camiño de Santiago

Comercio 29. Difusión da importancia de utilizar o galego como lingua vehicular con clientes 30. Deseño de materiais de uso polo cliente en galego 31. Actividades de comunicación para promover o uso do galego no pequenocomercio 32. Actividades de comunicación estacionais 33. Premios de recoñecemento 34. Web con recursos específicos 35. Promoción da creación de grupos que usan o galego na súa actividade 36. Achegamento ás grandes marcas para normalizar o galego

Alimentación 37. Promoción da etiquetaxe en galego dalgún subsector estratéxico ou prioritario 38. Premios de recoñecemento 39. Creación de web con empresas da industria alimentaria 40. Promoción nos medios de comunicación dos produtos alimentarios de calidade 41. Contacto/convenio a través do Consello Galego de Cooperativas 42. Editar un catálogo plurilingüe de produtos galegos 43. Colaboración con entidades xestoras da calidade Banca 44. Acordo coas principais entidades bancarias 45. Elaboración de carteis para as sucursais 46. Colaboración coas fundacións das entidades bancarias de Galicia

Xestorías e asesorías, aseguradoras, despachos de avogados, inmobiliarias, administración de comunidades de propietarios...)


47. Web con recursos específicos 48. Carteis que informen do dereito a expresarse oralmente ou por escrito en galego 49. Colaboración cos colexios profesionais deste sector 50. Motivación ás xestorías para que os escritos ás cooperativas e ás sociedades agrarias de transformación (SAT) estean en galego

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS E OPERATIVOS Obxectivos estratéxicos: Crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relacións laborais, comerciais e bancarias. Estender o uso da lingua galega no ámbito económico e nas relacións laborais, comerciais e empresariais.

Axencias de publicidade 51. Actividades informativas que salienten a posibilidade de facer a publicidade en galego 52. Colaboración en premios

Fomentar nos clientes e consumidores o hábito de usar e reclamar a atención comercial en galego. Estimular a creación e mantemento dunha demanda real e efectiva de produtos en galego. Obxectivos operativos: Evidenciar que o uso do galego é un importante factor de calidade no trato e na relación coa clientela.

Outras actividades 53. Campaña de promoción do uso da lingua no transporte de viaxeiros 54. Elaboración de materiais turísticos en galego 55. Elaboración de materiais turísticos sobre Galicia en lingua galega 56. Edición de folletos turísticos para empregar en conversas básicas

Facer visibles as vantaxes que pode supor o emprego do galego tanto para a empresa individual (proximidade, diferenciación, innovación, etc.) como para o conxunto socioeconómico. Promover decididamente o establecemiento da oferta positiva nas relacións coa clientela. Facer visible o uso do galego nas actividades empresariais de uso cotián.

Área de traballo 57. Acordo específico no diálogo social de promoción do galego 58. Valoración do coñecemento do galego nos procesos de selección de persoal 59. Promoción da redacción da documentación interna e externa das empresas en galego (orzamentos, follas de pedido, albarás, nóminas e outros) 60. Actividades formativas para que o persoal poida desenvolver a súa actividade en galego

Cooperativismo 62. Impulso do uso do galego como lingua corporativa

Crear unha dinámica de desenvolvemento crecente de actuacións a prol da lingua no sector da economía, que sexa sostible a medio y longo prazo. Mostrar estas actuacións, aos seus actores e os seus resultados. Implicar ás propias empresas e entidades empresariais no desenvolvemento de actuacións a prol da lingua galega. Establecer unha dinámica de participación e coordinación das empresas e entidades (privadas e públicas) que están traballando a prol do galego. Apoialas decididamente e recoñecer o seu su traballo. Contribuír dende as administracións públicas á promoción da lingua galega nas relacións contractuais, de tal xeito que a contratación pública inspire un modelo de boas prácticas para normalizar un uso cotián do galego na documentación interna e externa que xera. 45


e

BÓS XENEROSOS Quen protagonizan esta sección son persoas descoñecidas fóra do seu círculo. Poucos saben da grandeza do seu esforzo e dedicación, a maioría das veces destiñados a mellorar a vida de quen as rodean.

Os Biosbardos. Eles tamén o merecen.

GLORIA LAGO

Nun claro do bosque do monte da Picaraña, un grupo de soñadores puxeron en marcha un refuxio para cans sen fogar. Na actualidade, Os Biosbardos, constituído xa en asociación, é un referente na protección de animais na provincia de Pontevedra. Chegamos ao refuxio guiados por Leticia, unha das voluntarias máis veteranas. A uns metros da entrada, unha cadeliña podenco ládranos brevemente. Deseguido desaparece entre a vexetación que bordea o camiño. Natalia explícanos que a abandonaron hai pouco diante da porta e que está demasiado asustada para deixarse guiar ao interior; “imos deixándolle comida e ela tómaa cando nadie a ve”. Tardará pouco en unirse aos demais. Impresiona ver o gran número de cans que hai tralo valado, cada un representa a un ser humán que nalgún momento deixóu a un lado a decencia e a compaixón. Preguntamos se é perigoso entrar. “Tranquilos, que son moi bos”, dínos unha das voluntarias. Entramos e deseguido sentímonos un pouco abraiados polo recebemento de decenas de canciños que nos fan a festa. Vemos varias ringleiras de casetiñas e un espazo central. Á dereita, un valado divide esta parte do refuxio doutra 46

zona onde están os cans de maior tamaño. Os voluntarios túrnanse para atender a estes cans, e para dar soporte aos que están en casas de acollida. Non soamente hai que alimentar e limpar, tamén hai que recoller aos animais despois dun aviso de abandono ou maltrato, levalos ao veterinario, atender ás persoas que buscan un can en adopción, realizar as labores administrativas, mesmo xestionar as redes sociais; neste momento o contacto co exterior tal vez máis efectivo para atopar con urxencia un fogar definitivo, ou unha casa de acollida para un can ferido ou abandonado que non ten sitio no refuxio. E ademais, teñen que reunir o necesario para sufragar os custes derivados do seu labor, un diñeiro que, principalmente, se destina a comida e gastos de veterinario. Os cinco voluntarios que están hoxe acuden á súa cita unha tarde cada semana. Son Andrea, Natalia, Leticia e Guadalupe, que ven dende Cangas co seu fillo Iago, un rapaz a quen a súa nai acabou por contaxiarlle o seu entusiasmo. Ademais dos voluntarios que traballan no refuxio, están as familias de acollida, que coidan aos cans que están enfermos ou recuperándose dun maltrato ou un atropelo. Cando o refuxio está tan saturado como agora, as familias de acollida tamén se fan cargo dos cans que veñen de chegar. Unha vez ao mes teñen ocasión de verse todos a

mañá dun domingo, cando se reúnen para levar a pasear aos cans polo monte, cada un coa súa correa. Facémoslles a primeira foto. Non fai falta pedirlles que posen, os cans adóranos. Explícannos que a pesares do desbarate de agarimo, desa expresividade no afecto que amosan agora, cando chegan ao refuxio son moi receosos. Para algúns, a chegada foi especialmente dura, porque tiveron a mala fortuna de que os seus antigos donos tiráronos por riba do valado do refuxio en plena noite, como lles pasou aos cachorriños Choco e Late. Os voluntarios atopáronos ao día seguinte tremendo de medo, despois de pasar a noite entre extranos. Unha vez que son parte do grupo, os cans adoitan integrarse sen problemas. Entre os abandonados e maltratados abundan os podencos, unha raza moi utilizada polos cazadores. Cando sacamos o tema, os voluntarios atropelánse ao falar para amosar a súa indignación. “Aos que se lles poida demostrar que maltrataron, deberían retirarlles a licencia”, dinnos. Iso ás veces resulta difícil porque é frecuente que antes de abandonalo mutilen ao can para facer desaparecer o microchip que os poida relacionar con ese animaliño que abandonaron, ás veces mesmo atado a unha árbore no monte, porque xa non lles serve. Por iso, por todo o que levan visto e vivido, dende Os Biosbardos tamén colaboran


con iniciativas que promoven unha lexislación que protexa aos animais, e a súas contas en redes sociais son un altofalante para recollidas de sinaturas e difusión de propostas.

Chámanos a atención o ben que se levan os cans entre si e o agarimosos que son cos recén chegados coma nós. “De aquí saen educados e socializados para que as persoas que os adopten poidan integralos axiña, e nós recomendámoslles ao can que polo seu carácter ou características poida adaptarse mellor con eles”. Esa é a finalidade primordial dos Biosbardos. Nin o agarimo que lles teñen, nin o relativo benestar de que desfrutan os animaliños no refuxio, afasta aos voluntarios do seu principal obxectivo: atoparlles un fogar. “Por moi ben que estean eiquí, nada se compara con ter unha familia”, di Leticia; “da moita pena velos no inverno, cando marchamos e os deixamos eiquí, chovendo e con frío”. Ademais, hai que facer sitio para os que seguen a chegar, porque tanto nos Biosbardos coma nos outros refuxios que non son xestionados por concellos ou deputacións, non se sacrifica aos cans despois dos 21 días preceptivos. O que chega quédase ata atopar un fogar. Hai cans que foron recollidos en condicións moi duras que non relataremos ao lector; eles adoitan ser os que máis conmoven aos voluntarios. Pregúntolle a Leticia se sente debilidade por

algún. “Por Lucky”, “leva eiquí toda a vida. Hai outro máis novo que quere ocupar a súa caseta, así que non sae dela”. Algúns dos cans do refuxio son xa velliños e serálles máis difícil atopar unha familia, e é unha mágoa porque os cans que sufriron adoitan ser especialmente agarimosos e agradecidos. Unha posibilidade de colaboración que ofrece Os Biosbardos e que resulta eficaz non soamente para os cans noviños, senón tamén para estes cans maiores, é o apadriñamento, por unha pequena cantidade ao mes, póde axudar á súa manutención e aos seus coidados. Na web da asociación hai fotografías dos cans co seu nome e a súa historia para que poidamos elixir ao que queremos adoptar ou apadriñar. Son historias intensas, detrás de cada can, hai un ser humano sen escrúpulos, e detrás de cada relato, moito agarimo. Sorprende a capacidade dos voluntarios para atoparlles un nome, Adara, Coralina, Bibi, Ginger, a miúdo regálanlles un nome asociado á súa cor, Canelita, Melaza, Tosta, Alba, Luna Lunera, ou adórnanos con nomes poéticos como Orballo, Xeo, Vento. Ás veces, para as camadas, recorren a un campo semántico case completo: Habichuelo, Frijolito, Garbancita, Lentejita, Quinoa.. Tal vez sexa lendo as historias que escribiron sobre os cans do refuxio como mellor se comprende o agarimo que move a estes voluntarios, a tenrura, a súa capacidade para atopar algo atractivo mesmo no máis feuchiño dos cans, e a habilidade para incluír sempre unha nota positiva ou de esperanza. Non sabemos que pensarán os voluntarios dos Biosbardos cando escoitan a alguén facer de menos, mesmo deostar, o labor en favor dos animais co recorrente argumento de que antes hai que axudar á xente necesitada. O certo é que o tempo que outros adican ao lecer e os recursos que adican a si

mesmos, eles invísteno en realizar un labor que cren que pouca xente faría, e que é positivo e necesario para o conxunto da sociedade. Eles son quen se apiadan do can atropelado que leva horas esperando axuda na beirarrúa, os que recollen ao que leva semanas ou meses mendigando polas rúas ou desnutrido e ferido no monte. Son eles quen evitan moitos accidentes retirando das autovías aos cans que deambulan por elas desorientados, e quen recollen das rúas a esas calamidades que nos fan sufrir a quen os atopamos. Nesta sección adicada ás persoas que fan algo sobresaínte polos demais, hoxe rendemos homenaxe aos integrantes desta asociación e a todos os voluntarios que adican o seu esforzo a axudar e protexer aos animais abandonados.

Como colaborar · Non mirando cara a outro lado ante un can abandonado · Denunciando o maltrato · Cunha micro aportación de 1 euro ao mes · Doando alimentos, produtos de hixiene, cueiros para canciños enfermos, etc. · Apadriñando · Asociándote · Sendo familia de acollida · Facéndote voluntario http://protectoraosbiosbardos.org/ 47


VIGO FRONTE A GALICIA ANDRÉS FREIRE. Profesor de lingua española e literatura

Chegados a este punto, todos somos galeguistas. O que importa é Galicia, explícannos, e quen alza a súa su mirada no mapa é un facha españolista; quen cara abaixo, un localista estreito de miras. E Galicia é unha e sagrada. As diferenzas e os conflitos internos son proscritos entre nós. A única querela que interesa -tanto para o presente como cando se lembra o pasado- é a dos partidarios de “eles”, os de fóra, e os “nosos”. A división norte e sur está en Galicia especialmente marcada: dous grupos de rías ben diferenciados, separados polo cabo Fisterra, que non é soamente marca psicolóxica, senón tamén farallón difícil de dobrar. E porén, as loitas internas entre galegos teñen sido constantes. Non máis cá eterna loita do rural contra o urbán, a terra e o mar, norte e sur. Na súa expresión galega, a aldea resinte á vila, coveira da canalla1. E unha falla chamada depresión meridián escinde as rías co interior, ao trazar unha liña de Tui a Carballo. A división norte e sur está en Galicia especialmente marcada: dous grupos de rías ben diferenciados, separados polo cabo Fisterra, que non é soamente marca psicolóxica, senón tamén farallón difícil de dobrar. A costa norte tende cara ao Cantábrico e as Illas 48

Británicas; a do sur, cara a Portugal e o Mediterráneo. Hoxe quero lembrar as vellas liortas entre norte e sur, afanosamente agochadas pola historia oficial. A miña visión é parcial, que soy de Vijo y no lo niejo. Sen dúbida, é necesario. A nosa foi sempre unha historia narrada dende o norte. Coruñesa é a bandeira do galeguismo2, coruñés o himno e o mito que o conforma. 1. No principio era o celta, contáronnos, e ainda hoxe os expertos polemizan sobre iso. A tirapuxa ten algo de fraudulenta, xa que asume a premisa de que a antiga Gallaecia era unha terra homoxénea. Porén, había nela moitas tribus -unhas 40-, e estas eran, probablemente, de diversas orixes. É casi seguro que houbese celtas entre Ferrol e A Coruña, e na zona de Barbanza e Fisterra3. O resto non está nada claro. Tan diversas eran as xentes que nin sequera había un territorio común. A Gallaecia é un constructo tardío do imperio, que reuníu, sen unificar, tres conventos distintos -dous deles, xa considerados galaicos-, os de Lugo, Braga e Astorga. Un dato decisivo e coidadosamente agochado: a fronteira entre os dous primeiros non era o Miño, senón o río Verdugo, o que dá comezo á ría de Vigo4. Que razóns explican que o sur de Galicia non estivese incluído no mesmo convento que o norte? A arqueoloxía

dános pistas: o suroeste de Galicia e o noroeste de Portugal destacan pola súa similitude e integración5. Os castros das rías baixas aparecen vencellados desde cedo co comercio mediterráneo6. Recentemente, durante as obras do Museo do Mar de Vigo, os arqueólogos quedaron abraiados ante a achega dun altar fenicio. Plinio o Vello, que tiña boas razóns para saber quen habitaba a zona, engádenos un dato moi misterioso: A partir dos celenos (río Verdugo), o convento dos brácaros, helenos, grovios, o castelo de Tyde (Tui), todos da estirpe dos gregos7. O celtismo decimonónico borrou a memoria mediterránea e helénica de Galicia. O debate entre a facción coruñesa de Murguía e a intelectualidade de Pontevedra, que defendía o vello helenismo, acabou coa victoria da obsesiva celtofilia dos primeiros. 2. É tarefa traballosa averiguar que ocorreu en Galicia trala caída dos romanos. Son os tempos dos suevos e vándalos, dos godos e árabes, mentres o mar traíanos do norte hordas vikingas. Foron séculos verdadeiramente escuros, e a Galicia norte parece ter sido máis afortunada; os suevos instaláronse na rexión de Braga, e é tamén no sur onde alcanzaron os bereberes, antes de estoupar en guerra civil contra os árabes e desaloxar Galicia.


O celtismo decimonónico borrou a memoria mediterránea e helénica de Galicia. O debate entre a facción coruñesa de Murguía e a intelectualidade de Pontevedra, acabou coa victoria dos primeiros. Resulta polémico determinar ata que punto foi rota a continuidade histórica con estas invasións. A nova historiografía prefire agora negar a ruptura -algúns negan mesmo a conquista árabe- e considera que houbo continuidade entre a Galicia xermana e a medieval. Porén, non está explicado por completo por que os bispados do sur quedaron vacantes durante séculos. Por que o norte conserva as parroquias que aparecen no Parroquial Suevo, mentres que case que todas as do sur desapareceron. López Carrera, o historiador galeguista que máis o ten estudado, explícao “en virtude dun maior dinamismo histórico”8, o cal non explica nada. O dinamismo fai medrar os pobos; non cambia os seus nomes. Dous topónimos en Vigo son indicios de distintas repoboacións con xentes de fóra: Isturáns (Asturianos) e a rúa Poboadores, precioso resto lingüístico dunha puebla/póvoa que fixo Juan II alá no XV. A evolución histórica da Galicia medieval vai romper coa irrupción dun elemento exóxeno: o poderosísimo Arcebispado de Santiago, que haberá de converterse no maior poder do reino. Xelmírez, no seu afán por ascender a Arcebispo e metropolitano, é un dos factores máis importantes na escisión de Braga e a súas diócesis. As dúas Galicias rómpense e nace Portugal, herdeiro da bracarense e a Lusitania. Outra consecuencia inexorable do éxito do Camiño: a estratexia santiaguesa vai estar vencellada para sempre a manter a conexión coa meseta. O seu Arcebispado, sede

privilexiada da monarquía e do patrón de España, vai ser o bastión da facción castelanista en toda liorta sucesoria9. Pola súa banda, os outros reinos hispánicos (Portugal, Castela, o condado de Aragón) seguían obsesionados por avanzar cara o sur dominado polos árabes. A ruptura con Portugal implicou un debate apenas lembrado hoxe: Onde remataba Galicia? A monarquía portuguesa reclamaba como súa a diócese de Tui, que estendía os seus dominios por ambas as dúas beiras do Miño. De aí que vexamos ao rei Afonso de Portugal legando os seus barcos na ría de Vigo ao bispo10 e asinando o contrato matrimonial da súa filla Mafalda co herdeiro do conde de Barcelona en Tui11. Tras case un século de constantes cambios de mans, os reis portugueses, afanados na conquista do sur, abandonan o seu flanco norte. As lindes relixiosas e vitais son distintas. O arcebispo de Santiago crea a súa universidade nunha das súas afastadas dióceses: Salamanca. Os estudantes tudenses e ourensáns seguen a marchar a Coimbra. E no mar, a frontera seguía a ser Fisterra. Mentres o norte rexíase coas normas cantábricas e a moeda franca, o sur de Fisterra atíñase aos costumes portugueses e andaluces, e á moeda aragonesa12. 3. Os reis católicos van traer a España os rudimentos do estado moderno, entre eles a solidificación das fronteiras. O seu principal apoio en Galicia viñera -cómo non?- da man do Arcebispo Fonseca II; o líder da facción portuguesista será o conde de Camiña, Pedro “Madruga” Álvarez de Soutomaior, nobre que vivía a ambos os dous lados do Miño. Venceu Isabel, e venceu o norte, que vai acoller as institucións galegas creadas polos Austrias, con sede, tras breve paso por Santiago, na Coruña. Ao

sur, Pontevedra brilaba como capital pesqueira. Pero Baiona, o outro porto real de Galicia, esmorecía, incapaz de adaptarse aos grandes barcos e cunha reputación xeral de porto pirata. Por entón, Vigo era propiedade do Arcebispado de Santiago, que tiña como porto de referencia o de Noia, máis próximo. No XVI, os comerciantes estranxeiros redescubriron a súa ría, e deseguido dirixíronse alí a deixar os seus produtos. En repetidas ocasións, Baiona e A Coruña protestaron a Felipe II este comercio. E o prudente rei prohibíu a chegada de mercaderes foráneos a Vigo, temendo, ademais da perda de ingresos, “la licencia y libertad en sus costumbres y tratos”13 que tiñan alí. 1 Así chamaba ás vilas o himno do movemento agrario allego, escrito polo poeta Ramón Cabanillas. 2 A bandeIra de Galicia é a do porto da Coruña, oficializado - igual que o himno- como emblema común gracias ap control que o grupo coruñés de Murguía tiña sobre as institucións culturais de Galicia. 3 Francisco Calo. Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia. Vigo. 2010. 323. 4 Sigo en isto a opinión de Tranoy, que é maioritaria; hai quen eleva a fronteira ao Lérez, mesmo ao Ulla. 5 González Ruibal. Galaicos. Poder y comunidad en el noroeste de la península ibérica (1200 a.C -50 d.c) Brigantium. Vol 18. 2006. 55. 6 González Ruibal, Rodríguez Martínez, Ayán Vila. Buscando a los púnicos en el Noroeste. Mainake, XXXII(I). 2010. 7 A historiografía moderna desdeña esta frase e sitúa a Plinio xunto a outras fontes clásicas que falan de ouvidas da nosa terra. Non é tan sincelo facelo: o vello Plinio fora procurador da provincia onde estaban os conventos galaicos, probablemente viaxara ás Médulas, escribíu o seu texto cun meticuloso censo ante os seus ollos. A explicación de que Plinio, o maior erudito do seu tempo, confundise grovios e gregos non resulta nada convincente. 8 Anselmo López Carrera. O Reino medieval de Galicia. Vigo. 2005. 188. 9 É abraiante ata que punto esta obviedade foi iñorada entre nós. Quen se laie pola “españolización” de Galicia debe abandoar as gratas mentiras e sinalar ao principal responsable: Santiago e a súa Catedral. 10 Un historiador local vigués explica isto por que Afonso “ocupaba” Vigo. Outra proba de ata que punto os nativos iñoran a súa historia local. 11 Iglesias Almeida. O antigo bispado de Tui en Portugal. Noia. 2008. 35-6. 12 Elisa Ferreira Priegue. Galicia en el comercio marítimo medieval. Coruña. 1988. 50. 13 Citado en José de Santiago. Historia de Vigo. 1886 (reed. 2005) . Nt 1. 282.

49


Pronto deixaron de ser necesarias as prohibicións reais. Durante a guerra con Inglaterra, cando á Armada Invencible seguíu a Contra Armada de Drake, o marqués de Cerralbo, capitán xeral de Galicia, decide que é imposible defender Vigo14. Cando Drake regresa ás illas Británicas, fracasado na Coruña e Lisboa, Cerralbo reclama as tropas que instalara en Pontevedra. Temía un novo ataque a Santiago ou á Coruña15. A indefensa Vigo é sacrificada, e a vila, destruída con xenreira por Drake. É comezo doutra época escura, cando os piratas refuxiábanse nas Cíes e asaltaban a capricho os barcos que alí ousaban aparecer. 4. A vitoria do candidato Borbón sobre o dos Austrias na guerra de Sucesión permitíu a Galicia conservar a súa integridade territorial. Os portugueses aínda non desistiran das súas aspiracións a Tui e pactaron a provincia no caso de vencer o seu candidato. Aquel non foi o seu derradeiro intento: o marqués de Ensenada impedíu que Fernando VI cedese a diócese tudense a Portugal. Cos Borbóns, España vai asistir a unha novidade: a creación de infraestruturas por parte do Estado. En Galicia, a máis importante é a dos asteleiros de Ferrol onde, cos métodos de Jorge Juan, vanse construír algúns dos mellores barcos do mundo. A polémica vai chegar coa construcción de camiños reais. É unha contenda apaixoada que vai dividir Galicia e cuxas formulacións reiteraranse cos séculos. Onde ha ir a estrada, ao norte (Coruña) ou ao sur (Vigo)? Os ilustrados galegos (Sarmiento, Cornide, Suárez Freire) defenden a opción sur, con dous ramais que conectarían Coruña e Tui. Facilitaría ademáis a exportación da riqueza vitícola de Ourense, que contrastaba co “ermo” -a palabra é deles- que atravesaba a estrada do norte. 50

Ao final, a liorta será cousa de franceses. O capitán xeral de Galicia prefire A Coruña; o enxeñeiro prefire Vigo. Este vai ser despedido e a estrada irá á Coruña por decisión política. Máis tarde, decídese construír unha estrada norte-sur sobre a mencionada depresión meridiana galega, pero non puido ser rematada. O seu final, a pesares da indignación viguesa, será a vella fronteira do Verdugo16. Vigo e a súa ría seguirán condenados ao illamento. Abandonada polo resto de Galicia, a salvación viguesa virá de fóra. As posibilidades do seu porto e a súa ría non se lles escapan a unha multitude de foráneos17 (cataláns, vascos, mesetarios) que se achegaron alí a facer fortuna. Por iso, se Vigo tivese “lingua propia”, esta non sería outra que o castelán. É a lingua coa que pasou de aldea a vila, e de vila a cidade. A aceptación do galego normativo como lingua “auténtica” viguesa non é máis que outra traizón ao seu pasado e á súa identidade. A polémica vai chegar coa construcción de camiños reais. É unha contenda apaixoada que vai dividir Galicia. Onde ha ir a estrada, ao norte (Coruña) ou ao sur (Vigo)? O crecemento vigués seguía atrancado pola carencia de comunicacións. Nin sequera tiña peirao. Tal investimento correspondía ao recén instituído Consulado Marítimo de Galicia, que axiña se converteu nun arma da burguesía coruñesa para manter os seus privilexios e o seu predominio18. Negouse a financiar o peirao vigués e mesmo protestou a apertura do porto ao comercio coas Indias. Ao tempo, “los artificios de los enemigos naturales”19 bloqueaban o camiño carreteiro do sur cara Madrid. Non o facían por maldade; buscaban sinxelamente manter o seu monopolio.

5. A instalación final do liberalismo trouxo a Galicia o novo mapa provincial. Coruña pasou a ser unha máis entre as capitales galegas. Pontevedra logrou, gracias aos seus mellores contactos en Madrid, liderar a súa provincia. Despois, cando Vigo conseguíu reverter esta decisión, unha “man amiga” fixo desaparecer nos corredores ministeriais o decreto que lla restituía. A tensión entre ambas as dúas cidades culminou en 1840. A milicia viguesa, alzándose con Espartero, acercouse a Pontevedra e bombardeou a igrexa da Peregrina ata que os capitalinos alzaron a bandeira branca. Historia local, ignorada hoxe por case que todos. O ferrocarril renovará as vellas polémicas. Un emprendedor vigués, Eduardo Chao, tenta construír unha vía que una meseta con Ourense e Vigo. Era a liña preferida por Madrid. O resto de Galicia rechazouno con carraxe. “Se Vigo chegase a ter ferrocarril, non o terá o resto de Galicia senón por incidencia”20, asegura un periódico coruñés. A Deputación de Pontevedra tardou en apoialo. As de A Coruña e Lugo obstruírono. A liorta concluíu co retraso do ferrocarril galego. Un historiador vigués, de impecable pedigrí galeguista, diranos que “os obstáculos maiores para a súa realización (....) atopounos Chao en Galicia, en rivalidades, en mañas, en celos de localidade”21. Castelao ten unha excusa mellor: as terribles maquinacións22 de Madrid. A pesares disto, algo vai cambiar co estado centralista. Por primeira vez en séculos, norte e sur de Galicia van ser tratados con relativa igualdade. Hai un recoñecemento tácito por parte do estado dunha Galicia bifronte, cun espolón norte na Coruña, e outro sur, en Vigo. E haberá dous trazados de tren, dúas autopistas, dous aeroportos. Mágoa que este último equilibro rompese ao convencer o Arcebispo de Santiago a Franco da necesidade dun aeroporto alí por se viña o Papa...


Non é casualidade, non pode selo, que o despegue de Vigo coincida coa centralización política en Madrid. Tampouco que o discurso galeguista xurda e arraigue nunha minoría de coruñeses23. O seu elaborador -o verdadeiro pai da patria- será Manuel Murguía, quen amaba a Galicia, pero a unha Galicia que non incluía Vigo. En Galicia: a súa historia e os seus monumentos, adíca unhas 140 páxinas á Coruña; outras tantas ás terras de Santiago e ás provincias de Ourense e Lugo. A cidade olívica merece 12 ..... liñas24. Non é o único. Otero Pedrayo explícanos que, durante o tempo románico, remátase o mapa histórico de Galicia, e o plano esencial das súas ciudades25. Vigo e Ferrol, aparentemente, non forman parte da esencia de Galicia... E Castelao, como bó pontevedrés, láiase de que o proxecto dun lazareto en Tambo impedise que fose Marín e non Vigo a porta galega cara a América: E por isto, o outro y o de máis alá, Pontevedra deixou de ser o que hoxe é Vigo26. O rexionalismo será durante décadas a incómoda alianza de liberais coruñeses, doídos pola perda dunhas institucións políticas galegas que eles dominaban, e fidalgos e clérigos do interior, asustados ante a modernidade de Vigo, que, por aquel entón, era unha cidade briosa e valente, e está conspicuamente ausente da Idea. 6. O trunfo definitivo do discurso galeguista chega coa autonomía. Non por persuasión, senón polo pacto sagrado entre a intelectualidade galega co poder autonómico. A Idea galeguista -a lingua, a cultura, todo iso - permite ao Estado mobilizar almas e impostos, aos intelectuais atopar sentido e soldo á súa vida. Como non van adorala ambos os dous grupos?, como non unirse en simbiosis para expandirse xuntos? O noso nacionalismo é unha idea vella e, como tal, aspira a construír un estado

centralista ao estilo século XIX. O mapa imaxinado polo galeguismo é como o do tempo: unha Galicia illada e soa no mundo. Por iso, constrúe e deseña un territorio xirando en torno a un centro-capital Santiago. E dende logo, desconfía de que a súa cidade máis poboada27 estea nunha esquina na fronteira. O eixo rural/ urbano, a autonomía é un trunfo do rural e a súa cultura. .O eixo interior/ costa, é unha victoria do interior, cunha capital sen acceso ao mar; e no eixo norte e sur, tampouco hai dúbidas: O poder regresou ao norte. Esta lóxica territorial estrutura cada unha das políticas autonómicas: infraestructuras, sanidade, educación, cultura, turismo... O eixo urbano da Xunta é agora o Ourense-Santiago-Coruña -unidas apresuradamente as dúas primeiras por autopista e AVE-, que resultan, non por casualidade, as tres grandes cidades do galeguismo histórico. O sur quedou sen tren de alta velocidade, trala aposta da Xunta por que suba a Santiago quen queira dirixirse a Madrid. O porto nodal de Galicia é agora o exterior de Coruña, a instancias do goberno autonómico, quen tampouco agocha o seu soño dun só e gran aeroporto en Santiago. E as rías do Sur esmorecen, e acéptano. A vella Tui devida en vila decadente; Baiona, ofrecendo quietude aos turistas; Pontevedra, a culta e helénica Pontevedra, contenta hoxe con ser boa-vila, e dependencia cultural de Santiago; e Vigo, a que soñaba, ai, que risa, con ser a Barcelona do Atlántico, perdendo o pulso do futuro día a día, aferrada ás industrias que radicaron alí en tempos mellores. Non queda tampouco dereito a patexar, que iso sería “localismo”; non queda quen se queixe, que o autonomismo concentrou todo o poder en Santiago, e converteu aos políticos locais en subsidiarios da cúpula santiaguesa dos seus partidos.

A cidade de Vigo esqueceu a súa historia, e cre que é súa a doutros. Esqueceu que é un porto aberto e algo pirata, refuxio de ambiciosos. Hoxe deixa que falen por ela os coitados e os nostálxicos da aldea, opostos sempre á expansión urbana. Que non nos enganen as nosas propias queixas: non hai maiores culpables do seu devalo que os vigueses do século XXI. A cidade incluso presume de ser galeguista. E podería telo sido... se Galicia continuase sendo a dos romanos, co eixo Tui-Vigo como nódulo central. Ou a Galicia costeira e bifronte da modernidade. No actual mapa, na esquina e a fronteira, baixo un imaxinario colectivo que constrúe unha Galicia pechada e centralista, o galeguismo significa para Vigo seguir aceptando o seu status periférico, a discriminación sistemática, a súa condición de outsider nunha terra que ten por costume serlle hostil. 14 Cóntao Luis Gorrochategui no seu mágnifico Contra Armada. 2011. 319-320. 15 Gorrochategui, 314. 16 Sigo neste relato a García-Fuente de la Fuente. Galicia incomunicada por rede viaria no século XVIII. Coruña. 1999. 17 As dúas persoas claves no crecemento de Vigo foron o catalán Marcó del Pont, audaz líder dos comerciantes, e o rioxano Velázquez Moreno que financiou o Lazareto de San Simón. 18 Isidro Dubert. Comercio e tráfico marítimo na Galicia do Antigo Réximen (1750-1820) Obradoiro de Historia Moderna. 17. 2008. 230. Outros portos como Carril e Ferrol tamén sufriron discriminacións. 19 A frase aparece nun informe de Vázquez del Miso, diputado por Ourense e ardente defensor de Vigo. En Meijide Castro, Aspectos da vida económica de Vigo no século XVIII. Vigo na súa historia. Vigo. 1980. 297. 20 Álvarez Blázquez. A cidade e os días. Vigo. 1960. 96. 21 Álvarez Blázquez. 97. 22 Obras Completas (III). Vigo. 2000. 252. 23 Da lástima ter que deter neles a nosa mirada. Por aquel tempo, Coruña era unha espléndida cidade masónica e republicana, chea de xentes de mérito. 24 Galicia. A súa historia e os seus monumentos. Barcelona, 1888. 735. 25 Otero Pedrayo. Ensaio Histórico sobre a Cultura. Galega. Vigo, 1982. 139-140. 26 Castelao. III. 237-9. 27 Négome a dicir “a máis importante” ou, peor ainda, “a máis puxante”, como ás veces se le na prensa viguesa. A Coruña é hoxe sen disputa a primeira cidade de Galicia.

51


CARA E CRUZ CISNEROS

ATRAPADOS Reflexionando sobre el papel que han protagonizado PP y PSOE en nuestra reciente historia, uno se pregunta si este empeño en mantener dividida a la población entre izquierdas y derechas, realmente va más allá de unos cada día más fragmentarios remiendos ideológicos, y no se trata de una disculpa para lo que auténticamente importa a los partidos: rentabilizar económicamente en provecho propio el ejercicio del poder. Más que al enfrentamiento entre dos concepciones filosóficas de cómo planificar la sociedad a través de la dirección del Estado, nos encontramos con dos grandes lobbies que utilizan los clichés ideológicos en su enfrentamiento por ocupar el Estado. El problema por tanto no es cambiar de partido, el problema es romper con el monocausalismo económico que neoliberales y neomarxistas mantienen contra viento y marea, y que se ha escenificado en el consenso capitalismo-socialdemocracia, que nos ha conducido a esta crisis económica, pero sobre todo ética. Raymon Aron (Démocratie el totalitarisme), decía que la política es “la característica fundamental de una colectividad: condición de la cooperación entre los hombres”. Y esa cooperación es imposible sin un proyecto común. Por ello, mientras en España no seamos capaces de reconocer que todos pertenecemos a una misma comunidad nacional, que está por encima de cualquier diferencia ideológica, seguiremos atrapados en este laberinto de decadencia. Porque por muchas apelaciones que se hagan a la regeneración, la libertad, la democracia, la sociedad civil, la solidaridad, el bien común y a la justicia social, sin ese nomos referencial, siempre se acabará imponiendo el interés egoísta del partido, del sindicato, del empresario, del individuo; de la casta o del corrupto, porque no existirá ninguna razón política superior que anteponer a la cuenta de resultados propia. Por supuesto, en este sentido nada fecundo podemos esperar del PP, que ha demostrado una y otra vez, en sus políticas nacionales y sociales, su soberbia con el débil y su cobardía con el poderoso. Tampoco de un PSOE, prisionero de su irresponsabilidad y de sus prejuicios sectarios, para quien España es un concepto discutido y discutible. 52

Tras la fulgurante irrupción de Podemos en el panorama político español, es evidente que la nueva formación no tiene, ni la grandeza de miras, ni el atrevimiento intelectual para llevar a la realidad aquella consigna tan atractiva de superar la vieja política para hacer una completamente nueva, que su líder Pablo Iglesias sintetizaba diciendo que “el problema de España, va más allá de la etiqueta ideológica de la izquierda y la derecha”. Cantos de sirena. Más allá del intento de capitalizar el hartazgo y el escepticismo que toda la sociedad comparte respecto a los partidos del establishment, en cuanto “rascas” un poco no hay nada nuevo. Detrás de la vendida imagen de frescura del movimiento de indignados, siguen apareciendo los vetustos postulados marxistas como fundamento ideológico, y seguimos encontrándonos, apenas disimulados, con los mismos tics de siempre de la extrema izquierda española. El deplorable juego de los medios de comunicación con UPyD y Ciudadanos, parece que más bien apunta a desactivar ambas alternativas como opciones de reforma seria del régimen. Si ayer era UPyD quien estaba en lo alto de la montaña rusa, hoy parece estarlo Ciudadanos. Ciertamente UPyD no ha sabido consolidar una propuesta lo suficientemente rompedora como para ilusionar a la calle, pero Ciudadanos, aparte de su meritoria labor en Cataluña, tampoco se sabe bien lo que es ideológicamente y si será capaz de ir más allá de aprovechar temporalmente el voto descontento con el PP. Una oportunidad desaprovechada para conseguir una auténtica mayoría transversal capaz de articular un proyecto común para todos los españoles. Y señores, no hay más. Ni parece que lo vaya a haber. La producción intelectual en la presente etapa de la historia política de España no da para articular algo más novedoso. Quizá Fukuyama tenía razón, y el fin de la historia, al menos en lo que a las ideas políticas se refiere, ha llegado.


TARTARÍN DE TARASCÓN

INQUEDANZA Pasaron moitos anos desde que Aristóteles escribise aquilo de que unha democracia que saquea, non é máis honrada que unha oligarquía que explota. Coincidía tamén con Platón en que o fin do Estado ten que ser un propósito ético. Hai moitos menos anos que a socialdemocracia europea ven mantendo que a función principal do Estado radica en garantir a prosperidade económica e o equilibrio entre as clases en pugna. É dicir, o Estado moderno debe ter como un dos seus principais obxectivos, a redistribución xusta da riqueza e a superación das desigualdades. Nada máis lonxe da realidade a partir da crise de 1973 e, sobre todo da actual crise, que xerou en amplas capas sociais, unha profunda insatisfacción. Pero o malestar cidadán e as tensións sociais que van aparecendo, non son soamente unha cuestión económica, a pesar dos altos índices de empobrecemento da poboación e a paulatina destrución da clase media. Son, tamén, unha cuestión política. A perda de calidade democrática, a crecente ruptura do equilibrio entre liberdade e seguridade, o incremento das medidas lexislativas de carácter coercitivo, as pacatas medidas para eliminar os altos índices de corrupción, etc., poñen de manifesto unha notable falta de vontade –ou de valor- dos grandes partidos para levar a cabo a necesaria rexeneración. O xurdimento de movementos de corte radical e populista en España, poñendo en cuestión moitos dos fundamentos do sistema e facendo táboa rasa dos avances que se conseguiron en todas as ordes desde a fin da ditadura, resulta grotesco na medida en que, por razóns puramente tácticas, evitan definirse como de esquerdas (ou dereitas) substituíndoo por un indefinido “os de arriba e os de abaixo”, Nada máis falso e, no fondo, máis ideolóxico, xa que os conceptos esquerda e dereita non indican soamente ideoloxías, o que sería unha simplificación, senón tamén programas contrapostos respecto a moitos problemas cuxa solución pertence á acción política, ao contraste de ideas, de intereses e de valoracións sobre a dirección que habería que dar á sociedade. Contrastes que existen en toda sociedade e que non só

non semella que vaian desaparecer, senón que se agudizaron nos últimos anos. A crecente revolución neoconservadora e desigualitaria que se ten vindo implantando nos países desenvolvidos primeiro, e a crise despois -especialmente no sur de Europa- fracturaron a sociedade e fixeron que emerxan iniquidades, corrupción, desigualdades, empobrecemento e inxustizas que ameazan o benestar e o progreso mediante potenciais convulsións sociais e a posible toma do poder político por estes movementos. Podemos, un de cuxos ideólogos de cabeceira é o vello catedrático Vicenç Navarro, acerta no diagnóstico, ao igual que o profesor Navarro o ven facendo nos súas numerosas publicacións. Pero vénse abaixo á hora de propoñer alternativas e solucións a cada uno dos problemas que acertadamente apuntan. A globalización ou mundialización da economía, que colevou a perda de poder e de soberanía dos vellos Estados, fai moi doado para os gobernos –como veremos en Grecia- a toma de decisións políticas, como consecuencia da enorme dependencia que para manter o benestar, teñen dos mercados financeiros internacionais. A experiencia grega servirá como experimento avanzado para intuir o que podería acontecer en España, a pesar das notables diferenzas entre ambos os dous países. Probablemente, o mapa político o vindeiro ano xa no será igual en España, a pesar de que os mecanismos electorais foron deseñados para reforzar a estabilidade. E pode que sen estabilidade non haxa crecemento. Aínda que probablemente tampouco, sen crecemento e sobre todo, sen redistribución xusta da riqueza, haxa estabilidade. 53


... PARA VOSOTROS TARTA DE QUESO JAPONESA INGREDIENTES: Para la base: · 2 paquetes de galletas Maria (puede ser de otro tipo) · 60 g de mantequilla derretida. Para la tarta: · 140 g de azúcar · 250 g de harina de maíz (maicena) · 60 g de harina de trigo · 100 ml de leche entera · 50 g de mantequilla sin sal (a temperatura ambiente) · 6 huevos · 1 cucharada de zumo de limón · 1 sobre de gasificante para repostería (o 1 cucharadita de cremor tártaro) · Una pizca de sal · 1 tarrina de queso crema. Esta es una de las tartas más exquisitas que he probado en mi vida. Nunca pense que una tarta de queso, con todas las recetas que hay, podría ser una “delicia tan deliciosa”. Perdón por la redundancia, pero es tan buena que no puedes dejar de comer. Es tan delicada y ligera que nunca te llena.

PREPARACIÓN: 1. Triturar las galletas en el robot o aplastándolas en una bolsa plástica hasta conseguir que queden como una harina fina. 2. Mezclar con la mantequilla derretida. 3. Disponer un circulo de papel de horno en un molde y estirar sobre el la mezcla anterior. 4. Hornear a 180º C durante 10 min. y dejar enfriar. 5. Bajar el horno a 160º C y poner una fuente adecuada para horno con un poco de agua (en ella debe caber el molde que usemos). 6. Separar las claras de las yemas. 7. Tamizar

la harina de trigo y de maíz. 8. Poner el queso crema en el bol de la batidora. 9. Añadir la mantequilla sin sal (a temp. ambiente) y la leche entera. 10. Mezclar durante 5 minutos a velocidad media y añadir las yemas, la mezcla de harinas, una cucharada de zumo de limón y una pizca de sal. 11. Batir durante tres minutos a velocidad media, pasar a un bol y reservar. 12. Poner las claras, el sobre gasificante para repostería (o una cdta. de cremor tártaro) y empezar a montarlas a baja velocidad, añadiendo poco a poco el azúcar. 13. Terminar de montar a máxima potencia y añadirlas a la crema de queso anterior, con movimientos envolventes. 14. Introducir la preparación en el molde de base de galleta y este dentro de la fuente con agua del horno. 15. Dejar que se haga durante 55 minutos. Pasado este tiempo parar el horno y dejar la tarta cinco minutos más con el horno entreabierto. 16. Decorar con lo que mas os guste. SUGERENCIAS: Se puede servir con mermelada de fresa, o coulis de frutos rojos o simplemente con espolvoreada con azúcar glas. Yo la decore con fresas .

QUICHE CON ESPÁRRAGOS Y GAMBAS INGREDIENTES: · 400 g de espárragos blancos, (yo utilice un bote de espárragos) · 1 paquete de masa de hojaldre · 150 g de gambas cocidas · 3 huevos · 300 g de nata para cocinar · 50 g de queso parmesano (puede ser otro tipo) · 2 cucharadas soperas de cebollino picado fino · Pimienta blanca y sal. Para los amantes de las empanadas, las pizzas y para los que les gustan comer siempre algo diferente, os dejo una receta de temporada de espárragos. Una verdadera delicatesse…. ñam ñam…….

54

PREPARACIÓN: 1. Precalentar el horno a 180ºC. 2. Utilizar un molde cuadrado de horno (30 x 22 cm) y untarlo de mantequilla y ponerle la masa de hojaldre, pinchar el fondo y reservar en el frigorifico. 3. Poner en un bol la nata de cocinar, los huevos, el queso parmesano, el cebollino y salpimentar. 4. Poner los espárragos sobre el fondo de la tarta, las gambas y repartir la

mezcla anterior por encima. 5. Hornear durante unos 30 minutos aproximadamente (todo depende de su horno). La parte superior debe estar doradita lo mismo que la masa. SUGERENCIAS: Si no te gustan los espárragos sustituyes estos por otro ingrediente, lo mismo que las gambas. Esta receta admite cualquier ingrediente que le pongas. No te olvides, si utilizas espárragos frescos, pelarlos, cortar la parte dura, lavarlos y cocerlos al vapor durante 20 minutos.

Otras recetas en: www.shealf.wordpress.com


BATIDO DESINTOXICANTE Y DEPURATIVO

NICOLÁS DE LA FLOR RUIZ-HERRERA. Naturista y diplomado en dietética y nutrición. Os traigo una combinación de ingredientes perfecta para eliminar toxinas y purificar vuestro organismo. Dado que se trata de un batido singular, os recomiendo que intentéis elaborarlo con ingredientes de calidad. Si podéis conseguir producto de cultivo biológico, el resultado será aún más efectivo. Ingredientes: · 4 hojas de acelga · 4 hojas de espinacas · 4 hojas de lechuga · 1 pepino · 1 manzana · perejil y menta · zumo de 1 limón · 5 cubitos de hielo · 1 vasito de agua mineral. Preparación: Se lavan, se trocean los ingredientes, y se ponen en la batidora. Se mezclan bien durante 1 o dos minutos y se sirve inmediatamente. Si preferís un batido antioxidante, seguid el mismo procedimiento pero sustituyendo los ingredientes por 2 naranjas, las pepitas de 2 granadas, y dos hojas de menta. Coladlo antes de servir.

FRESEROS QUE LUCEN TODO EL AÑO

REDACCIÓN

Las crasas están de moda, y no es de extrañar, porque son plantas agradecidas que están bonitas todo el año. Aquí tenéis una forma vistosa de mostrarlas. Hemos elegido tres variedades y las hemos plantado en freseros para que adornen vuestra terraza o vuestro jardín. Sólo tenéis que rellenar el fresero con turba y piedra volcánica y proteger las plantas de la lluvia.

Queres recibir a revista na túa casa?

Chama a 629 14 04 70, escribe un correo electrónico a info@galiciabilingue.es ou por correo postal enviando este cupón a: Ricardo Torres Quiroga 19 3º A, 36210 Vigo

SUBSCRICIÓN desexo recibir el nº 6 de Vosotros 3 € + 2 € de envío.

DATOS PERSOAIS Nome

Apelidos

Calle CP

Nº Poboación

Tel.

Piso

Porta

Escaleira

Provincia NIF

E-mail

DOMICILIACIÓN BANCARIA Entidade

Titular DC

Oficina

Número de conta

Rogo atendan ata novo aviso os recibos que lles presente Galicia Bilingüe en concepto de subscrición á Revista Vosotros. En cumprimento do previsto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos (LOPD). Os datos persoais que nos facilite con motivo da cumprimentación do presente formulario, serán incorporados a un ficheiro responsabilidade de Galicia Bilingüe co obxectivo de xestionar a súa inscrición na revista e poder remitir esta ao seu domicilio.

Data

Firma do titular

55


Nº 5

http://galiciabilingue.es/gb/colabora/

TRAS LOS PAZOS

ABELARDO MIGUEL,

LA SANTA

EL PINTOR DE MARIÑEIROS

COMPAÑA

TIENEN UN PLAN PARA NOSOTROS

TURISMO

Colabora con nosotros

INSTANTÁNEAS DE

NUESTRA HISTORIA

LUCIANO GÓMEZ DIRECTOR DEL CONSERVATORIO DE DANZA, BAILARÍN Y PROFESOR

CARA Y CRUZ

VIGO FRENTE A GALICIA

¿QUIERES

RECIBIR

¿QUÉ SE HACE EN LA ENSEÑANZA

PARA VOSOTROS… RECETAS, BATIDO DESINTOXICANTE Y DEPURATIVO, FRESEROS QUE LUCEN TODO EL AÑO

LA REVISTA

EN LOS DEMÁS PAÍSES CON MÁS

DE UNA LENGUA OFICIAL? (II)

EN TU CASA? BUENOS Y GENEROSOS

OS BIOSBARDOS ELLOS TAMBIÉN LO MERECEN

INFORMACIÓN EN LA PÁGINA 43

Profile for Galbil

Vosotros 05 Edición en galego  

Revista de cultura e historia de Galicia.

Vosotros 05 Edición en galego  

Revista de cultura e historia de Galicia.

Profile for galbil
Advertisement