Actas do Simposio Internacional Carlos Casares

Page 87

Xavier Carro

estaba triste”. O cambio iniciábase, cando o arrepentido propuña un rosario de propósitos para mudar de vida como era “non ler libros malos nin ver películas que inciten ó pecado, espanta-los malos pensamentos, facer obras de caridade, facer sacrificios, estudar máis, estar atento nas clases”. Todo isto dentro do común e usual do repertorio de boas intención daqueles anos de férreo catolicismo. Pero hai algúns propósitos que chocan e que nos fan pensar que só poden vir dunha formación recibida nun seminario ou dun noviciado e que enumero: […] evitar o encontro con Chedes, ler en voz alta a crónica de Martín Descalzo sobre o Concilio, contar o que dixo o cardeal Rugambaw, pegar a foto de Suenens na parede, rezar para que Deus ilumine ós padres conciliares e escribirlle a don Ambrosio pedíndolle perdón por tantas cousas e agradecer os anos pasados naquela santa casa e á hora da verdade, dar gracias a Deus polos avisos que manda cando hai mortes repentinas, decirlle a Chicha que é unha asquerosa (p. 77).

Nesta declaración de intencións encontramos por unha banda a moral tradicional que se inculcaba nos rapaces e, pola outra, a preocupación pola marcha do concilio, algo que non era corrente que entrase nas preocupacións dun adolescente a non ser que estivese moi formado e informado do que supuña tal evento para a vida da Igrexa. Ademais o autor fai notar a simpatía de Elías polo sector máis progresista nas sesións do concilio a través das alusións á figura de Suenens ou de Häring, un teólogo silenciado pola súa polémica visión da moral.

A cidade chuviosa O ciclo formativo de Elías segue nesta terceira unidade e corresponde aos anos universitarios, outra vez lonxe dos pais e fóra do seu mundo habitual. Se a etapa anterior se caracterizaba pola ríxida disciplina e control das conciencias, nesta a liberdade e as decisións serán decisivas para o protagonista. Elías vaise enfrontar a novas experiencias, novos amigos e a unha nova maneira

86


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.