Actas do Simposio Internacional Carlos Casares

Page 254

Os mortos daquel verán vinte anos despois da súa publicación

drés Fuentes Iglesias. Cando se produciu a folga xeral revolucionaria, sufriu un ataque ao corazón polo desgusto de ver que a fábrica se esfarelaba por culpa do porcoteixo, do merdaseca do seu home, tirado da miseria e convertido en señorito por ela (os adxectivos de porcoteixo e merdaseca outórgallos Abelardo Pampín cando é interrogado). Declara que as calumnias levantadas contra o seu home lle foron sopradas interesadamente a Abelardo Pampín, porque este é incapaz de inventar cousas semellantes. VII. (13 páxinas). Informe do interrogatorio de Isolino Madarro Fernández, de 43 anos, natural de Gomesende e veciño da localidade, pai de cinco fillos, capataz da Fábrica. É o encargado de negociar directamente cos revolucionarios o desexo de Rosa Lorenzo Sulleiro de ser sacramentada. VIII. (14 páxinas). Informe sobre o testemuño do Ciudadano Peseta, de 29 anos, casado e con familia, presidente do comité revolucionario e actualmente encarcerado na antiga fábrica de Ubaldo García López. Pola declaración de Anunciata Romero sábese que se chama Antonio Pérez Cid. IX. (16 páxinas). Informe que recolle as declaracións de Isidoro Couto Sotelo, presidente da Comisión Investigadora do Milagre. X.

(11 páxinas). Informe sobre as circunstancias que rodearon a desaparición de Abelardo Pampín González do convento onde estaba detido —digo desa­parición e non fuga como astutamente sostén a Xefatura— e posterior aparición do seu cadáver. Complétase coa importantísima información proporcionada por Anselmo Vidal Dafonte, labrador, de 35 anos, veciño do lugar de Zapeaus, distante dúas leguas da vila, e as respostas que o seu cuñado, Florencio Suárez Naveira, deu cando foi interrogado. En definitiva, Os mortos daquel verán ten unha clara estrutura temporal lineal,

minimamente alterada, de índole acumulativa, á que se superpón unha estrutura circular máis difícil de detectar. Esta aparece cando un escritor consegue dalgunha maneira nun relato enlazar ou empatar o final co principio mediante unha repetición deste naquel. A repetición non ten que ser necesariamente verbal; pode ser temática, e esta incluso, ao non ter que ser obrigatoriamente mimética, pode abrollar disimulada con algunha variante. Creo que Carlos Casares tivo

253


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.