Actas do Simposio Internacional Carlos Casares

Page 171

Carmen Mejía Ruiz

Ademais deste drama social e político, o protagonista é fundamentalmente verdugo e vítima dun auténtico drama sentimental. A historia de amor-desamor que o autor insire na vida do protagonista cobra, desde a miña perspectiva, un papel relevante no universo narrativo. Ela, nos últimos anos da súa vida, preséntanolo rodeado de obxectos, entre os que se atopa a súa esposa, Mariana, quen parece formar parte da decoración da casa. Unha decoración decadente, desaliñada, desordenada. Pero no pasado o protagonista coñeceu dúas mulleres opostas. Unha, delicada, bela, educada e submisa; a outra, ela, unha intelectual, coma el. Por que elixe compartir a súa vida con Mariana? Con este triángulo amoroso o autor está a contrastar dúas formas de concibir o mundo. Por unha banda, o mundo de Mariana é un mundo onde o cotián, rodeado de detalles cariñosos, prevale­ce. Doutra banda, simboliza o mundo rural da Gasa Grande do Miño. Unha vida onde nada se cuestiona e vívese gozando o día a día, onde facer un leite frito riquísimo é motivo de algarabía. Unha vida onde os sentimentos afloran desde o propio fluír cotián: El e Mariana coñecíanse desde nenos, cando el pasaba as tempadas do verán na Casa Grande do Miño e patinaban xuntos sobre baetas dúas veces ó día polo salón para sacárenlle brillo na cera do piso de madeira, sempre brillante e impoluto como os espellos do comedor. Desde aquela, fórase tecendo entre el e a súa prima unha sólida relación personal, cimentada en vivencias e sentimentos compartidos; desde os lonxanos xogos infantís, non sempre edificantes, e a asistencia a todas as festas populares da comarca, acompañados da criada Isaura, ata as longas conversas no ceador da horta, á beira do pozo, durante os atardeceres inesquecibles do mes de xullo ou os paseos a cabalo polo monte, cando Mariana saía a respirar o aire fresco das alturas por prescrición dos médicos. Precisamente pola clase desta relación, el nunca conseguira comprender a verdadeira índole dos sentimentos que con tanta forza ataban a ambos (Deus sentado nun sillón azul: 57). (A cursiva é nosa)

O mundo dela simboliza unha concepción ideolóxica enfrontada á del, unha ideoloxía na que a crueldade e a inxustiza non teñen cabida. Un mundo

170


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.