Issuu on Google+

A LEDICIA DE LER “Escolma posible de Castelao” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 7 de marzo de 1976

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.


Escolma posible de Castelao CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 7 DE MARZO DE 1976

No ano 1964, a Editorial Galaxia tirou do prelo unha colección de textos antolóxicos de Castelao dispostos por Marino Dónega co significativo título de Escolma posible. Tratábase dun volume dunhas trescentas páxinas no que se recollían algúns dos fragmentos máis representativos da rica personalidade creadora de Castelao. Non obstante, no prólogo que lle puxo á fronte, Dónega confesaba as dificultades que pechaba dentro de si unha tal empresa. En primeiro lugar o carácter selectivo (antolóxico) que ten a produción enteira de Castelao, pois el mesmo, dado o seu talante artístico, esixente consigo mesmo e responsabilizado co destinatario da súa obra (Galicia), someteuna ao longo da súa vida a un proceso de depuración rigoroso e implacable. En segundo lugar, un problema técnico: o sistema de traballo importantísima na obra de Castelao como é a plástica. Finalmente, a esas limitacións internas hai que engadir as que Marino Dónega chama “esóxenas” e que son fáciles de comprender. Estas derradeiras, simbolizadas na censura, pesaban moitísimo (e seguen pesando) á hora de escolmar os anacos máis representativos dese libro que un gran número de galegos teñen lido, pero que segue sendo ilegal: Sempre en Galiza. Por iso a escolma preparada por Marino Dónega é soamente unha escolma posible. Serían posibles outras tamén, pero dificilmente as posibilidades se poderían aproveitar mellor na época en que se publicou, cos condicionamentos indicados. Alí estaba Castelao excelentemente representado, dentro do que se podía. Así o deberon

A LEDICIA DE LER. “Escolma posible de Castelao” La Voz de Galicia 7 de marzo de 1976

elixido polo antólogo tiña que deixar fóra necesariamente unha faceta tan

entender os lectores, pois hai xa varios anos que este libro, que puxo ás xeracións

1


novas no camiño de acceso á obra do xenio rianxeiro, estaba convertido en peza rara. A súa reedición , dada a función introdutoria que seguirá cumprindo ou que podería cumprir nos medios escolares, quizais sexa un acerto, aínda que será discutida. Sae novamente a Escolma posible en iguais condicións e coas mesmas características que nacerai. Nela figuran, ademais do xa citado prólogo de Marino Dónega, os textos que representan aos distintos Castelaos que bulían dentro da figura desgairada daquel home intelixente e bo, que desapareceu hai vinteseis anos, pero cuxa presenza espiritual será sempre un regueiro de frescor para este país, que el amou misticamente e polo que tanto loitou. Nas súas páxinas está o Castelao crítico de arte, conferenciante e viaxeiro, o Castelao investigador, o xornalista, o creador dun xénero literario (Cousas), o contista (Un ollo de vidro, Retrincos), o novelista (Os dous de sempre), o ensaísta (Sempre en Galiza), o dramaturgo (Os vellos non deben de namorarse), o orador (Alba de Groria). Todos estes Castelaos xuntos forman o Castelao verdadeiro. A escolma de Dónega tivo a virtude de recompoñelo con fidelidade. Coa fidelidade que era hoxe por hoxe é o que máis lle interesa a unha chea de mozos, e cuxa lectura segue sendo un acto prohibido. Ese é aínda o Castelao dunha escolma imposible. Pero non sería xa posible outra diferente, aproveitando as posibilidades ao máximo, na procura do Castelao que por motivos administrativos tivo que quedar do lado de alá? Algúns pensarán que si. * * *

i

Castelao, Escolma posible, Galaxia, Vigo, 1975. Prólogo e selección de Marino Dónega.

A LEDICIA DE LER. “Escolma posible de Castelao” La Voz de Galicia 7 de marzo de 1976

posible, porque fóra queda inevitablemente un bo anaco do Castelao político, que

2


A Ledicia de Ler - Escolma posible de Castelao