Issuu on Google+

A LEDICIA DE LER “A situación da literatura galega é insostible” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 15 de xaneiro de 1981

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.


A situación situación da literatura galega é insostible CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 15 DE XANEIRO DE 1981

O costume quere que por esta época se fagan resumos sobre o acontecido durante o ano ou que se anuncien os propósitos para o que vén. En xeral, tal convención, que empezou sendo cousa obrigada no mundo dos negocios, é hoxe práctica frecuente en case todos os dominios da actividade social. Tamén nos da literatura, aínda que menos, debido ao peculiar calendario que Europa adiante, as editoriais aproveitan os últimos meses do verán para dar a coñecer os seus programas. Dado que o mundo editorial galego vive na improvisación e que a vida literaria no noso país é aínda un fenómeno illado, non ha ter importancia que alteremos o costume e nos poñamos tamén nós a facer balance. E para empezar, xa que falamos de illamento, digamos que a situación en que se atopa a literatura galega é insostible. Non se pode seguir máis tempo, sen riscos mortais cara ao futuro, nesta especie de cantonalismo autosuficiente, froito máis da rutina e da ignorancia que da pobreza. Non temos unha soa revista literaria, carecemos de crítica e as relacións con escritores doutros países ou áreas lingüísticas son inexistentes, mesmo cos máis próximos. O resultado é a atonía desesperante en que se desenvolve o noso pequeno mundo literario.

A LEDICIA DE LER. “A situaciión da literatura galega é insostible” La Voz de Galicia, 15 de xaneiro de 1981

rexe no mundo cultural, en parte paralelo ao curso escolar. Normalmente, por

1


A literatura casa mal coa incultura, coas lecturas de moda ou coa autarquía estética. O oficio de escritor ten moito de traballo artesanal ou de métier aprendido. Desde sempre, a vella e tan inxustamente desprezada retórica aconsellaba o contacto frecuente cos mestres para aprender deles. E mestres hainos hoxe tamén, moitos deles próximos a nós, preto da nosa sensibilidade, fillos da mesma terra, vítimas de angustias semellantes ás que padecemos aquí… A súa mestría consiste en ter atopado formas expresivas adecuadas e en dar coa linguaxe apropiada para o noso tempo, que non ten que ser necesariamente unha linguaxe experimental. As especiais circunstancias en que se desenvolve a nosa cultura, minoritaria, acosada e marxinal, abríganos a rachar o cinto que nos aperta e nos abafa, para o cal estamos paradoxalmente nunha situación privilexiada. A través do portugués e do español (a ver se pasa pronto a infantil furia antiespañolista que padecemos; a a renuncia do castelán como segunda lingua) temos acceso a dúas grandes literaturas coas súas respectivas traducións. Se nos próximos anos, o inglés, vehículo dunha espléndida literatura, acaba por impoñerse ao francés (lingua para inflar unha literatura moralista, formal e pouco imaxinativa) nos estudos de bacharelato, as posibilidades que se abren diante da literatura galega son realmente excepcionais. Que ignore isto a administración, resulta penoso, pero que os escritores galegos sigan pechados na miseria tendo a riqueza nas mans resulta incompresible.

*

*

*

A LEDICIA DE LER. “A situación da literatura galega é insostible” La Voz de Galicia, 15 de xaneiro de 1981

recuperación do galego como primeira lingua de todos os galegos non pode implicar

2


A Ledicia de Ler - A situación da literatura galega é insostible