Poesía curativa durante o confinamento

Page 1

PoesĂ­a

curativa


Denise Ambroa


A ESPERANZA

Nos tempos máis difíciles ela apareceu. O que me restaba, non era nada. Nas mañás, sen esperanza miraba ao ceo. Polas noites buscando axuda. E a luz dos bos momentos, encandéaa. Recordando os instantes das risas. Coas bágoas caíndo do anceio. Agora, o que me resta, é saír na ventá. Mais a miña esperanza non rematou O que soaba eran as palmadas Sen dúbida, marcas a todos deixou Ah! mais ela apareceu …. Eu non me renderei, non rematou. So temos que esperar na casa . Para sermos así, unhas estrelas. E poñer o noso gran de area. Recoñecer o meu deber de na casa ficar Aínda que veña o vento que sexa.


Nunca a perderemos a ela Zonas pechadas, parecendo que todo acabou…. Ah! mais ela aparece… a ESPERANZA. Nos tempos máis difíciles ela apareceu. O que me restaba non era nada. Nas mañás sen esperanza miraba ao ceo. Pero non esquecemos dos protagonistas. Eles que loitan por dar a vida . Recuperando e loitando por nosa vivencia. E aínda por riba deixando a súa casa. Zapadores facendo o mellor para as persoas. A nosa disposición, a todas horas. Mesmo chorando pola súa familia. O protagonista vai todos os dias traballar. Sabe e ten esperanza que todo vai pasar. Jenifer de Souza



SAÍREMOS Só na miña habitación. Afastado de toda a poboación. Intentado loitar contra a enfermidade. Rúas sen xente. Entón imaxina o que se sente. Moitas ganas de volver saír. O mundo vai resistir. Saíremos, xuntos saíremos Bruno Castiñeira


Estaba eu xogando fútbol, Soamente disfrutando, Tiña a vista no balón O sufrimento estaba chegando Un centro pasoume por diante, xa pensaba na portería Alí estaba de verdade TIña pensada unha vaselina Ai! Escapoume a bóla, corrín moito detrás dela, Observaba como chegaba Sabía que pagaba a pena Entón dinlle a bóla, Non sentía nada Aínda que eso si, Rápido cambioume a cara Intuín que algo pasara Zafar non podía Estaba con moita dor Sentía a man durmida Viñeron axudarme Daquela non pensaba A dor impedíamo o sufrimento non cesaba. Cheguei o hospital Oh, a proba confirmouno Rompera o radio Estiven 3 meses de baixa


Non podía facer deporte Tiña os meus amigos Eles eran o meu soporte Nada mais quitar o xeso Atrofiado estaba o meu pulso agora teño máis mobilidade coa recuperación en curso. José Ardao


Coronavirus Con coidadiño pasea o Coronavirus, infectando a millóns de persoas. Obrigándoas a permanecer no fogar, Rezan e rezan pola saúde dos seus queridos. Ollos esperanzados dos nosos sanitarios e profesionais que, Nas noites escuras, choran e choran de esgotamento. A paso pequeno sobrevivimos a esta tortura, Vivindo como osos nas covas mentres, Imaxinamos a nosa vida despois do confinamento.

Ruídos e griterío facemos nós en sinal de apoio, Unidos por deter esta pandemia que Será recordada e permanecerá nos recorodos de cada un de nós. Lucía Vázquez


Cando acabou o inverno O goberno fixo un bloqueo eterno Rezaba por o verano poder velo Ou al menos olelo eu non quero perdelo Na casa quedei atrapado Ao principio aconsellado Vimos as noticias e quedei obligado Illa era miĂąa casa e eu o pirata encallado Remando eu queria estar pero a marea foume atrapando Unha noticia boa estaba esperando Sorprendentemente sigo esperando.

Gonzalo Hermida


N unca imaxinei O que está a suceder: Rúas baleiras, Meniños na casa, Anciáns asustados, Locais pechados... Imos conseguilo Debemos quedar na casa Ata conseguir Deixar de lado Esta enfermidade. David Antón


CORONAVIRUS Cando nas clases estamos, O profesor anuncia que nos imos. Rosmando nos din, O instituto está pechado. Nós contentos para a casa, Ata que unha semana pasa. Vivimos encerrados, Isto non o soportamos. Rescátame desta prisión, Un século pasará Sen outra opción. Mireia Pena


Coroado sen ser rei opresor das nosas vidas represión no lugar da lei obriga das xentes queridas náufragos dun mar de xeo ausencia de estrelas no ceo vida triste que nos une ira, soños e pesadume retorno fráxil e lento usurpador do noso pensamento soupésemos nós adiantar o tempo. Lucía Gestoso


XIMNASIA RÍTMICA Isto non é só un deporte,

é un tipo de vida. Senón fose por ela, eu estaría máis que perdida. Xerar esa emoción, impósibel de imaxinar.


É capaz de mergullar na miña mente, nada mais comezar. As veces non é fácil, non é só entrenar, se non sentir iso, que faiche brillar. Non sempre sae o que esperas, nin algo parecido. Saes chorando do tapiz, pensando que todo rematou. Mais ao final deste túnel, alguén te está a esperar. É ela, a túa segunda nai, a que sempre confiará en ti. Pensando que a súa nena, volverá volar. A mellor sensación que tiven na miña vida, foi grazas a esta familia. Cando antes de salir a competir, a túa entrenadora date un bico e te dí, “faino como so ti sabes”. Neste momento e cando comezo a sorrir Sabela Martínez


Diego Boquete


Con este confinamento o día está cheo de aburrimento, resistiremos en todo momento os problemas que nos traia o tempo nestes días o tempo pasa moi lento algún minuto parece eterno. Vivir estando encerrado inhibe o teu mellor lado, recemos para salir ben parados unámonos como irmáns, saíremos desta reforzados. Raúl Montes


Érika Sexto





Medos fรณra. Cando ocorre algo malo, As bรกgoas non caen en van. Rimos noutros momentos Pensando nun futuro incerto. Esperanza non nos falta Dentro da nosa casa. Imaxinaciรณn permanente E sen medos latentes. Medos fรณra, nunha etapa nova. Marta Vรกzquez


Traballo realizado polo alumnado de 3Âş ESO do IESP XosĂŠ Neira Vilas de Oleiros durante o confinamento da primavera de 2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.