Page 1

3ยบpremio

Os lobos mutantes en Cerceda

Belarmino Vello Villaverde


Sobre o monte de Queixas pasaba un helicóptero moi a présa, por riba de Luís, que ía de camiño á casa na bicicleta. Cando dou a curva moi cerrada ao arredor duns pinos, ao helicóptero caeulle un bidón dun gran saco que tiña colgado, e cando este tocou o chan, produciuse unha explosión moi grande, cunha onda expansiva que case tira a Luís da súa bicicleta. O helicóptero, que era un do exército pintado de cor do deserto, intentou escapar a toda présa, xa que, da nada saíu un helicóptero da policía pintado de cor azul e branca, que o perseguiu polo ceo ata que se perderon da vista de Luís. Este decidiu ir investigar qué pasara e cando chegou ao lugar do suceso atopouse cun gran cráter de dez metros de diámetro e dous metros de profundidade. No interior do burato, atopábase un lobo, pero non un lobo convencional, senón un lobo dúas veces máis grande do que son os lobos, con grandes dentes afiados como coitelos e constitución dun oso. Luís, no momento pensou que cómo non morrera o lobo coa explosión, pero ao ver semellante panorama, pedaleou con todas as súas forzas, porque pensaba que o lobo non ía ser nada amistoso, e chegou á casa, que se atopaba a bastante distancia de Queixas, xa que estaba no Piñeiro, ao lado do campo de fútbol, na metade de tempo que tardaba normalmente en chegar. E encanto viu a seus pais díxolles, mais ben gritando: - Acabo de pasar polo Pau do Lobo cando se produciu unha gran explosión debido a que caeu un bidón dun helicóptero do exército, e no lugar da explosión había un cráter de cinco metros de radio e dous de profundidade, e no seu interior atopábase un lobo moito máis grande do normal e que metía moitísimo medo, e ao helicóptero do exército empezouno a perseguir un helicóptero da policía, e foi entón cando volvín – relatou Luís dunha tirada, aínda cansado da carreira que se pegara ata a casa. - E cando viches isto ? – preguntoulle a nai, sabendo como era o rapaz. - Vino cando volvía de volta de ir á Estación – respondeu Luís, xa cansado de que nunca lle creran nada. E o que pasa é que Luís non é un rapaz que conte a verdade a miúdo, pero non coma as pequenas mentiras como non lavar os dentes e demais, senón que intenta, e dicimos intenta, explicar cousas que eran inexplicables con mentiras, pero como é normal, seus pais non lle crían, e co paso do tempo pararon de facerlle caso, e agora cando el contaba a verdade ao pobre non lle crían nada. E por iso Luís pasaba tanto tempo fóra da casa, e pasando tanto tempo


fóra da casa non falamos de estar todo o tempo comendo lambonadas nin estar sen facer nada, senón de andar na bicicleta, xogar ao fútbol e mais cousas polo estilo, polo que se granxeara con todo este esforzo un corpo que era forte, pero como tamén lle gustaba comer, non era un figurín. E tampouco era que só tivera bo corpo, porque as rapazas da vila non era que non lle deran a espalda, pero o pobre só estaba namorado dunha, e esta non lle facía caso. Ben, pero como nos estamos a desviar do tema, volvamos á conversa: - Ti que cres Fran ? – preguntou a nai de Luís ao seu pai. - Pois paréceme que está volvendo a mentir, coma sempre. - NON É MENTIRA, ESTA VEZ NON VOS MINTO – gritou Luís moi enfadado, e como vendo que seus pais non lle facían caso, saíu da casa e foi cara á comisaría contar o que vira, porque pensaba que eles estarían ao tanto da situación. Cando chegou á comisaría atopou alí a dous locais de servizo, xogando ás cartas, e ademais pareceulle ver luz na oficina do xefe. Luís dirixiuse a este lugar, e contoulle os feitos. O xefe da policía tampouco lle creu. - Tes que pensar que é moi difícil crerche Luís. Luís, despois de asentir, dirixiuse, un pouco entristecido porque ninguén llo crera, cara á porta, e de repente por ela entrou un oficial da Garda Civil con cascos de aviador postos, e dirixiuse cara ao xefe local e díxolle en voz alta: - Bos días local, como xa deberiades saber hoxe ás catro perseguimos un helicóptero roubado con armamento bioquímico por enriba do voso concello, e derribámolo no monte da Silva, polo que me parece. - Ai si? Pois a nós non se nos informou de nada, e como é iso de que o derribastes? – preguntou o xefe un pouco aturulado. - Pois deberíalo saber. Ben, o que importa é que os contrabandistas foron arrestados, ben, arrestados daquela maneira, e a mercancía foi rescatada, grazas a Deus- rematou o que debía ser o piloto que estaba ao mando dos que acaban de vir, que serían uns catro.


Luís mirou impresionado a escena e o que pensaba era en saír de alí a fume de carozo, pois se os oficiais do helicóptero sabían o que el sabía pois o primeiro que lle farían sería unha serie completa de preguntas, e a Luís non lle apetecía nada, porque non estaba moi seguro do que vira. - Espere un momento – dixo o xefe – este rapaz di saber algo dun helicóptero que sobrevoaba Queixas ao que lle caera un bidón dun arnés. - Iso é imposible, os bandidos tiñan apuntado o número de bidóns que levaban e nós contámolos despois e era exacto, non tiñan un de menos. Luís dispúxose a saír, e polo desconcerto dos policías, parecía que non se ían decatar que marchaba. Dirixiuse pouco a pouco cara á porta, e saíu tamén amodiño, e os locais mais os civís non se deron de conta que saíra. Luís dou a volta máis tranquilo ata que viu diante de si un helicóptero moi parecido ao que vira que lle caera ao bidón, só que este era de cores verdes. Dirixiuse cara á bicicleta e unha vez que estaba encima dos pedais, dirixiuse a toda présa á casa da súa amiga Aroa. Mentres ía cara á casa de Aroa, o rapaz pensou nela, coma noutras tantas veces. E Aroa era unha rapaza máis ben tirando a pequena, co pelo roxiño case castaño ondulado que lle chegaba case ata as cadeiras, xa que o levaba moi longo. Tiña unha figura esvelta, e era tirando a fraca. O que a Luís máis lle gustaba eran os ollos da rapaza, non por ser extraordinarios, senón porque eran de cor marrón, pero unha cor marrón que non se esquece facilmente. Chegou á casa desta rapaza e xa a viu fóra, cousa que o fixo rir, pero cando chegou xunta ela, logo de saudarse, contoulle todo o que vira. - Onde viches isto Luís? - En Queixas, xusto ao lado do Pau do Lobo, temos que ir o máis rápido posible, o lobo pode seguir alí… - Tranquilo Luís, aínda temos tempo e ademais vai anoitecer, terás que volver á casa -observou ela. - Non creo que na casa estean preocupados, nunca me fan caso. - Ben, pois entón podes vir para aquí durmir e así mañá pola mañá sairemos buscar ese tal Lobo.


- De acordo, vou á casa nunha carreira, e volvo en nada. Luís chegou á casa en pouco tempo, e despois de pedirlle a seus pais se podía ir durmir á casa de Aroa, saíu rapidamente cara alí, e cando chegou, Aroa xa lles dixera aos seus que Luís viñera para facer un “suposto” traballo de castelán. Despois de cear, Luís mais Aroa despedíronse dos pais, e foron para a habitación, supostamente durmir. Ao de asegurarse de que os pais de Aroa se deitaran, puxéronse a organizar o plan para o día seguinte: marcharían ás dez da casa de Aroa, irían directos ao lugar da explosión buscarían o lobo. Non era un plan moi elaborado, pero era o que tiñan. Despois de falar un anaco de temas sen importancia acordaron que era hora de durmir, Luís ía ter que durmir nun saco de durmir, no mesmo cuarto de Aroa. Logo duns vinte minutos de estar deitado, Luís notou que a respiración de Aroa na cama estaba a ir máis amodo, e pensou que era hora de durmir el tamén, foi quedando durmido, quedando durmido, quedando durmido... Espertou no medio da noite cunha forte dor na espalda máis no peito, e o da espalda entendíao, pero o do peito non, e cando se intentou incorporar soubo o da dor no peito, xa que era que Aroa estaba enriba del. O máis seguro é que caera da cama, e lle caera enriba, que foi cando Luís espertou. Luís, sendo o máis coidadoso posible, sacou a Aroa de enriba del e púxoa na cama co máximo coidado posible, para non a espertar, claro está. Pero este pequeno percorrido xa fixo que a rapaza espertase, e ao verse no aire, agarrouse a Luís, o que fixo que acabasen os dous outra vez tirados no chan, Aroa outra vez enriba de Luís. - Síntoo Luís- dixo a pobre rapaza, que aínda que non levara golpe fora porque a parara Luís, estaba moi arrepentida. - No pasa nada, un fallo técnico teno calquera – dixo Luís rindo e un pouco e avergoñado, soportando o pequeno peso de Aroa enriba súa. - Ben, vale, pero agora durme ti enriba, na cama, e eu durmo abaixo, no saco. - Non, porque xa teño dor na espalda, é non e necesario que ti tamén a teñas – sentenciou Luís, e volveu a meterse no saco.


- Ben, pois durmimos os dous no chan, e nadie na cama – e Aroa deitouse no súelo, o lado de Luís, el dentro do saco e ela fora. - Que che parece eh – dixo Luís – agora ti vas morrer de frío por culpa de que non tes nada para cubrirte. - Ben pero achégome a ti e xa está – dixo Aroa mentres se arrimaba o saco por fóra. Este comentario fixo que a Luís lle subiran os graos da temperatura, que lle pasaron de 36.5, a 50 en cinco segundo; e Aroa debeuno notar, porque fixo o que sabía que o rapaz levaba esperando moito tempo, e ela tamén: Para Luís foi o seu primeiro bico, e sabía que non sería o último, pero algo si sabía, que o bico que lle acababa de dar Aroa sería o mellor que recibiría na súa vida. Un pouco despois, Luís quedou profundamente durmido. Pola mañá, espertou e decatouse que Aroa estaba de novo enriba del, acurrucadiña. Luís levantouse, colleu á Aroa en brazos e levouna á cama, e logo tapouna. Vestiuse e despois espertou a Aroa, que tamén se vestiu e os dous despois de almorzar, dixéronlles aos pais de Aroa que ían dar unha volta na bicicleta. De camiño non conversaron, estiveron sumidos cada un nos seus pensamentos, ata que chegaron ao lugar da explosión, e alí atoparon unha sorpresa, que a zona estaba acordoada, pero que non había ningún policía na zona, o que aínda os estrañou máis. Decidiron dar unha volta para buscar o lobo, e atopárono un pouco lonxe da explosión, pero non atoparon un, senón dous, iguais, e iguais de aterradores. Levaran unha cámara de fotos, e parecía o momento idóneo para poñela a funcionar, pero non para sacar fotos, senón para facer un vídeo, e despois de gravar aos lobos un anaco, no que o único que fixeron foi meterse un acubillo e despois saír, gardaron a cámara e dispuxéronse a marchar coas probas. De repente, Luís notou que un lobo o mirou fixamente, e logo botouse a correr cara onde estaban eles, polo que Luís gritou, xa sen precaución: - Aroa, corre que veñen os lobos detrás nosaaaaaa – e mentres subiu á bicicleta a todo correr, e Aroa gardaba a cámara e subía á súa. Na casa, antes se saír, decidiran que se o Lobo, agora os Lobos, os descubrían non podían ir á casa de Aroa, porque era costas arriba e costas abaixo, polo que decidiran ir á casa dun amigo, Xavier, que cando os viu chegar a toda pastilla abriulles o portal mais a porta, e cando o portal dianteiro da casa se volvía a cerrar, con Luís e Aroa


dentro, viron que os Lobos xa se podían ver no horizonte, e cando chegaron á casa, Xavier xa cerrara o portal, pero entre as reixas destes podíanse seguir vendo os lobos. Tiñan todas as propiedades que xa lles vira Luís, parecían que botaban un líquido pola boca, e os ollos tíñanos inxectados en sangue - Non me contarades nada duns lobos mutantes- dixo Xavier. - Pois eu ata agora non o sabía moi ben, pero agora podo dicilo, Luís créoche- sentenciou Aroa, buscando o perdón de Luís na mirada. - Ben, tes imaxes non? – preguntou Luís a Aroa. - Si que as teño, pero sería interesante recoller unhas mostras do líquido que botan pola boca, Xavier pódesnos traer un tarro? – preguntou Aroa. - Si espera un momento- dixo Xavier, mentres marchaba, pois pensaba que ademais Aroa mais Luís necesitaban un momento a soas. - Perdón por non che crer, de verdade. - Non pasa nada, eu tampouco o crería- dixo Luís, pero como seguiu vendo a pena nos ollos de Aroa, notou que el tamén sentía o arrepentimento de Aroa, pero Xavier xa viña co tarro. - Ben, os tarros xa os temos, como collemos as mostras? – preguntou. - Moi fácil, trae unhas raxás de chourizo e tirámosllas lonxe, e mentres van por elas nós collemos o líquido do chan – dixo Aroa. - De acordo, tardo cero coma cinco – dixo Xavier. Mentres esperaban a Xavier, Luís e Aroa estiveron en silencio, mirando os Lobos, que aínda rosmaban. - Aquí teño o chourizo- dixo Xavier mentres viña. - Ben, que cada un colla dúas raxás e tirámolas o máis lonxe posible en diferentes direccións – observou Aroa – Ben imos alá, una, dúas e tres. Cando os lobos marcharon correndo detrás do chourizo, Luís saíu rápido fóra do portal e colleu pouco líquido do que expulsaban


pola boca os lobos, e despois díxolle a Xavier que chamara aos municipais para que viñeran e visen os lobos. Mentres tardaban en chegar os municipais, os lobos volveron, pero esta vez, non lles rosmaban aos rapaces, senón que os miraban como se pedisen máis chourizos. En dez minutos chegou a policía, pero os municipais non se atreveron a saír do coche, por medo aos lobos. Entón os rapaces tiráronlle outra vez chourizos e os lobos marcharon rapidamente detrás deste. Neste intre, os municipais entraron dentro do cerrado da casa de Xavier, e preguntaron de inmediato: - Quen son eses lobos? - Son os que lles caera o bidón que transportaba helicóptero roubado, ben, polo menos un. - Ben, pois entón xa se sabe o que hai que facer – dixo un policía, mentres sacaba a pistola. - Non ! – dixo Aroa – teño outra idea, chamade a reforzos e encerrádelos, e así poderedes saber a súa anatomía e demais. - Gústame como pensa esta rapariga – riu o outro policía, e despois colleu o walky- talky e dixo por el – traede reforzos á casa que viñemos do aviso, e que os reforzos veñan con dardos tranquilizantes e xaulas. - De acordo, estaremos aí en dez minutos coas unidades. Mentres isto ocorría, os lobos deitáranse diante do portal da casa de Xavier, e empezaban a durmir. En dez minutos chegaron as patrullas e despois de tirarlle un par de dardos tranquilizantes aos lobos e metelos nas xaulas que levaban con eles, levaron a Aroa, Luís e Xavier á comisaría, onde lles fixeron un montón de preguntas. Uns días despois de todo isto, fíxose unha cerimonia no auditorio de Cerceda onde se lles entregou aos tres unha medalla ao valor e á verdade por ter atrapado os lobos que atopara Luís uns días atrás. FIN

Os lobos mutantes de Cerceda  

Concurso de relatos do CPI O Cruce

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you