Page 1

Visita a fervenza de Dombodán

O xoves 28 de febreiro os alumnos de 1ª de ciclo superior de xestión forestal e do medio natural fomos visitar a fervenza das Hortas na parroquia de Dombodán. Esta visita partiu dende o modulo de técnicas de educación ambiental para mostrarnos a tarefa dun guía na súa tarefa de mostrar o patrimonio natural dun lugar así como técnicas para mellorar a expresividade a hora de ensinar un determinado lugar e os seus arredores dende un punto de vista ambiental e educativo. O noso compañeiro Samuel actúo de guía da visita mostrándonos en primer lugar a cascada que conta cunha altura de 30 metros aproximadamente. Tamén e chamada cascada de santa marta polo milagre que alí ocorreu. Pero o mais interesante do lugar foi ver a cascada cos ollos cerrados podendo comprobar como se poden sentir cousas mais ala da vista, co cal se consigue atraer a atención do publico con técnicas orixinais como estas. Logo de ver a cascada e explicarnos un pouco sobre as especies arbóreas e fauna deste lugar como os ameneiros, avellanos, coellos, lobos…etc; pasamos a camiñar un pouco ata un pequeno muíño restaurado que funcionaba mediante a auga da cascada que se utilizaba para moer o gran de cereais. Neste lugar paramos un momento para a explicación sobre os seus arredores. Logo da explicación e dun pequeno paseo seguindo o río regresamos a o punto de saída e falamos un pouco sobre o cartel onde se explicaba a cascada. A modo de conclusión pódese dicir que foi unha visita amena e moi educativa e tamén foi un gran traballo o que realizou Samuel ensinándonos todo aquilo dunha maneira breve pero concisa atendendo a todo o visto en clase.

visita a fervenza  

visita a fervenza

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you