Glosario de artes gráficas

Page 51

Glosario XORDOS AAGG final GAL.qxp:Maquetación 1

23/6/09

12:36

Página 51

Espazo de traballo / Espectro visible 51 Espazo de traballo En xestión ou administración de cor chámase 'espazo (de cor) de traballo' (Colour working space) ao espazo elixido polo usuario para tratar as imaxes. É unha terminoloxía especialmente aplicada en programas de Adobe como Photoshop. Non se debe confundir o espazo de traballo co perfil do monitor.

Espectrofotómetro Aparato de alta precisión que se usa en colorimetría para analizar a composición espectral dunha mostra de luz (reflectida ou incidente). O funcionamento dos espectrofotómetros de reflectancia baséase en en iluminar algo con luz branca e calcular a cantidade de luz que reflicte.

Espectro visible Zona do espectro electromagnético que vai dende os 380 aos 720 nanómetros de lonxitude de onda. As ondas situadas dentro deste marco producen estímulos que o ollo humano medio percibe como 'luz' e 'cor'.Tamén se denomina "espectro luminoso".


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.