Guía comprensiva da nova formación profesional

Page 15

Guía comprensiva da nova formación profesional

3. De onde partimos?

No capítulo anterior vimos como o ano 2002 foi crucial no desenvolvemento da moderna formación profesional en España pola publicación da Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional. Esta lei foi a resposta de España ás decisións adoptadas pola Unión Europea para tratar de unificar criterios que permitisen o acordado no Tratado de Schengen de 1985 polo que se suprimiron as fronteiras de case todos os países da Unión permitindo así a libre circulación de persoas. De feito, a consecuencia lóxica, plasmada como obxectivo da Unión Europea, foi a libre circulación de traballadores/as acordada en 1997 no Tratado de Amsterdam que introduce un novo artigo, o 45, no Tratado de Funcionamento da Unión Europea que establece que os cidadáns da Unión Europea teñen dereito a:  Buscar emprego e traballar noutro país sen necesidade de permiso de traballo  Residir noutro país por motivos de traballo e permanecer no mesmo cando teñan deixado de traballar  Recibir o mesmo trato que os cidadáns dese país no que respecta ao acceso ao emprego, ás condicións de traballo e ás vantaxes sociais e fiscais •Tratado de Funcionamento da Unión Europea

Enlace •http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2010:083: 0047:0200:es:PDF Sen embargo, a existencia de diferentes sistemas educativos e formativos que non permiten a validación inmediata de titulacións, obrigou a deseñar un referente común a todos os países para a aplicación eficaz do dereito que implica a libre circulación de traballadores/as. Este referente común plásmase no Marco Europeo das Cualificacións EQF-MEC cuxos obxectivos principais son relacionar os diferentes sistemas de cualificacións dos países da UE, fomentar a mobilidade dos cidadáns e o acceso á aprendizaxe permanente. •Marco Europeo das Cualificacións

Enlace •http://ec.europa.eu/education/pub/pdf/general/eqf/broch_es.pdf Do mesmo xeito que existe o EQF-MEC, cada pais establece o seu propio marco nacional e así en España se están a desenvolver dous marcos.

¿? Marco Europeo das Cualificacións (EQF-MEC): Instrumento de referencia que permite describir e comparar niveis de cualificación nos sistemas de cualificacións elaborados a escala nacional, sectorial ou internacional. Os compoñentes principais do EQF (siglas en inglés) son un conxunto de oito niveis de referencia formulados como resultados de aprendizaxe (combinación de coñecementos, capacidades e/ou competencias), xunto con determinados mecanismos e principios de cooperación voluntaria

I E S L e i x a | 15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.