a product message image
{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade
1 minute read

Carlos Blanco

«Na TVG consideraron que había demasiado churrasco na grella»

Carlos Blanco é o señor Paco. O señor Paco traballou de «camareiro» no programa O Fiadeiro, da Radio Galega. Tamén repartiu xuvencas entre os mellores xogadores de chave do desaparecido programa de Antón Reixa na TVG, Sitio Distinto.

—O señor Paco vai ao paro? —Non, o señor Paco nunca vai ao paro.

—Por que os botaron da televisión? —É que consideraron que xa había demasiado churrasco na grella.

—Estase mellor na radio ou na televisión? —Estase mellor na casa.

—O señor Reixa pagáballe ben? —O señor Reixa paghaba moi ben.

—Que tal se levaba vostede coas Incansables de Canghas? —Tiñamos unha relación de amor incansable.

—Aínda ten xuvencas na casa? —Teño; aínda repartín o outro día en Canghas sincuenta e sinco. E sobraron.

—Xoga á chave nos seus ratos libres? —Xogho, moitas veces mesmo na miña churrasquería xoghamos á chave ós sábados pola tarde.

—Disque a algunha xente non lle gustaba a súa forma de falar. —Seica si, espesialmente aos xordo-mudos, pero xordo-mudos houbos, hainos e haberaos.

—Nunca o felicitou o alcalde da Coruña? —Pois non, e mira que somos tocaios, eh!

—Volverá algún día o señor Paco? —Home, non se foi, como non ha volver!

This story is from: